luns, marzo 31, 2008

Martes, 1 abril: Conferencia Leila Khaled [Militante histórica da causa Palestina e integrante do Consello Nacional Palestino]

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural
- Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de março de 2008 19:42
Asunto: Martes, 1 abril: Conferencia Leila Khaled


Martes, 1 abril: Conferencia Leila Khaled

Organiza
A. C. Fuco Buxán
A situación Palestina, hoxe
Martes, 1 de Abril, 8 tarde
Galería Sargadelos – Ferrol
Interveñen:
Manuel Angel Cendán Dopico
Directivo de Fuco Buxán
Xoán Gabeiras Vérez
Presidente de Galiza por Palestina

Leila Khaled
Militante histórica da causa Palestina
e membro do Consello Nacional Palestino

Colaboran:
Galería Sargadelos - Ferrol
Galiza por Palestina
Deputación de A Coruña
_______________
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

______________


__________

Audio programa especial "5º Conspirando por unha Radio Libre" , do Colectivo Opaii! e Rádio FilispiM

Especial do V Conspirando por unha Radio Libre
___________

Programa especial V Conspirando por unha rádio libre
Rádio FilispiM, 93.9FM. Ferrol [GZ]

Xoves 20 de marzo de 2008

Duración aproximada:
02:30:00

V Conspirando por unha Radio Libre - Colectivo Opaii! - Rádio Filispím .mp3
85.3 MB

-Convertir a outros formatos-

Como todos os anos, o colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, de Ferrol (Terra de Trasancos) vén de argallar o "Conspirando". A semana santa(?) ferrolá, véuse asaltada pola quinta edición deste evento, que desta vez atopou o seu sitio no mesmo "Inferno" (Praza do Inferniño). Mentres os desfiles procesionais tomaban o centro da cidade departalmental, centos de persoas e dúcias de colectivos da comarca, conspiraban, baixo unha inmensa carpa habilitada para a ocasión polo Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, na súa particular penitencia anual, coincidindo co xoves santo(?), para máis inri. Este audio recolle os prolegómenos do Conspirando, con diversas conexións coa Feira de Colectivos, no mesmo Inferniño, horas antes de que os ritmos punk, ska, reggae e funk, anularan son das trompetas e saetas, definitivamente.

A 5º edición do Conspirando por unha rádio libre, argallada polo Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, de Ferrol (Terra de Trasancos), estivo protagonizada en un primeiro termo por unha Feira de Colectivos, na que participaron: a Marcha Mundial das Mulleres de Trasancos, ONG Solidariedade Internacional Galicia, Asociación Cometa (por un trato digno aos animais), Comité Antisida Lazos, Fuco Buxán, Espazo Libertario, Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Ateneo Ferrolán, así como diversos artesáns. Todos eles encheron, coas súas diversas propostas, a carpa instalada na pista polideportiva da praza do Inferniño en Ferrol. Máis tarde, cara as 11:00 da noite, os grupos musicais da comarca, The Sweat, Ta´Crack (funk-rock) e os de Nigrán, Dakidarría (ska, reggae, punk) fixeron danzar, a un ritmo ben diferente ao marcado polas salmodias "semanasanteras", a máis de 500 persoas. Mais, estimamos, que durante toda a xornada chegaron a pasar, polo Conspirando, perto dun milleiro. O Conspirando por unha rádio libre, celébrase todos os xoves santos(?) en Ferrol, co obxecto de autofinanciar (e celebrar) a Rádio FilispiM, libre e comunitaria da Terra de Trasancos (Ferrol), que transmite no 93,9 da FM dende o ano 2005, por obra e graza do Colectivo Opaíí!.


Web relacionada: Rádio FilispiM 93.9FM, libre e comunitária Terra de Trasancos (Ferrol-GZ)

___________
Audio do V Conspirando por unha Radio Libre de_Radio_FilispiM - Colectivo Opaii!
[Ferrol Terra de Trasancos 20 de Marzo de 2008]
___________

venres, marzo 28, 2008

Comunicado "Post-Conspiratorio" do Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM 93.9FM

De: Rádio FilispiM 93.9FM -filispina@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de março de 2008 18:19
Asunto: Comunicado "Post-Conspiratorio" do Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM 93.9FM



COMUNICADO POST-CONSPIRATORIO DO COLECTIVO OPAII - Rádio FilispiM 93.9FM.

O Colectivo Opaii! - RFM, quere co presente comunicado agradecer a resposta á convocatoria da 5ª edición do Conspirando por unha radio libre, do pasado xoves 20 de marzo de 2008.

Agradecemos a participación dos colectivos de base da comarca na Feira de Colectivos: Marcha Mundial das Mulleres, ONG Solidariedade Internacional Galicia, Cometa, Comité Antisida Lazos, Fuco Buxán, Espazo Libertario, Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Ateneo Ferrolán, así como aos diversos artesáns que encheron coas súas diversas propostas a carpa instalada na pista polideportiva do Inferniño.

Agradecemos especialmente a colaboración, polo seu apoio totalmente desinteresado, do colectivo Fervesteiro e Asociacións Culturais, DZINE e Irmandiño de Moeche, que foron quen de aportarnos experiencia, apoio técnico e humán, para poder afrontar o noso primeiro (dos cinco) festivais ao ár libre.

Agradecemos a entrega dos grupos musicais locais: The Sweat e Ta´Krack, que tocaron e trunfaron na noite, de xeito totalmente desinteresado.

Agradecemos a asistencia dos centos de persoas que ao longo da tarde, noite e madrugada, pasaron pola nosa carpa, interesad@s nas propostas que amosaban os colectivos instalados na Feira de Colectivos, primeiro e, xa á noite, disfrutaron coa música dos grupos: Dakidarría, The Sweat e Ta´Krack. Unhas cincocentas persoas chegaron a concentrarse baixo a carpa instalada para a ocasión na praza do Inferniño, en Ferrol, mais, estimamos que perto dun milleiro puideron pasar durante toda a xornada do Conspirando.
En todo caso, todo indica que, esta ten sido a edición que máis xente ten convocado.

Finalmente, nos congratulamos de ter sido partícipes activos desta quinta edición, que ten sido, tan especial pra tod@s nós.

Finalizamos este comunicado con unha petición e unha convocatoria final.

A petición: de terdes tirado fotos ou gravados vídeos, achegádenolos, precisamos documentar o Conspirando, como FilispiM manda. Podedes enviar todos eses documentos gráficos á filispina@gmail.com

A convocatoria: este domingo 30 de marzo a partir das 5 da tarde ao través de Rádio FilispiM, 93.9FM, lembraremos algúns dos mellores momentos do V Conspirando, coa re-difusión do programa especial, que realizamos o mesmo xoves 20 de marzo, dende o estudio de Rádio FilispiM, con múltiples conexións en directo dende a praza do Inferniño e a participación de muitos dos colectivos participantes no Feira de Colectivos.

Ao tempo, emplazámosvos a tod@s a que nos acheguedes as suxerencias que estimedes, pra poder mellorar a vindeira edición do Conspirando que, se ninguén nolo impide, volverá a ser no lugar que semella temos achado como máis axeitado as nosas propostas: o inferno.

Opaii!!!!

Rádio FilispiM 93.9FM
A rádio livre e comunitária da comarca de Trás-Ancos
http://www.opaii.blogspot.com

Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias
http://www.corme.net/regarlic/web/Inicio.html
______________

Enlace relacionado:

A CIG denuncia a criminalización do nacionalismo e a falta de respecto aos máis básicos principios democráticos

De: cig.prensa@galizacig.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de março de 2008
Asunto: A CIG denuncia a criminalización do nacionalismo e a falta de respecto aos máis básicos principios democráticos



CIG-Comunicación-

A CIG denuncia a criminalización do nacionalismo e a falta de respecto aos máis básicos principios democráticos
Exixe do Ministerio do Interior que investigue e adopte medidas por estes graves feitos

A Confederación Intersindical Galega (CIG) manifesta a súa indignación e estupor pola persecución das ideas e a criminalización de colectivos e persoas polo simple feito de seren nacionalistas, tal e como acreditan os documentos internos da Garda Civil aos que tivo acceso o Movemento polos Dereitos Civís.

A CIG denuncia a existencia dun protocolo de actuación do instituto armado para identificar calquera persoa ou colectivo que presente o máis mínimo trazo de ideoloxía nacionalista, manifestada en síntomas tales como levar no seu vehículo un autocolante coas siglas GZ ou ser membro dunha asociación cultural.

Tal protocolo pon de manifesto a precaria situación do pomposamente chamado “Estado de Dereito” e cuestiona a existencia real dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas, ao deixar sen contido principios tan básicos do noso ordenamento xurídico como o pluralismo político, as liberdades de consciencia e expresión e o dereito á presunción de inocencia.
Para a CIG, é indignante que a Garda Civil estea a aplicar procedementos policiais ilegais e clandestinos, de xeito que as persoas que os padecen non teñen dereito a saber que os verdadeiros motivos polos que son sometidos a control son as súas ideas políticas.
Estes feitos están na liña da regresión e perda de dereitos e liberdades que, sob pretexto de garantir unha hipotética seguridade cidadá, se están a producir en todo o mundo. Resulta mesmo paradoxal que un corpo tan anacrónico como a Garda Civil se sitúe na vangarda dos máis modernos métodos de control do pensamento, das ideas, das organizacións e das propias persoas.

A CIG esixe ao Ministerio do Interior que investigue estes gravísimos feitos e tome medidas disciplinarias contra os funcionarios e autoridades da Garda Civil responsábeis da elaboración e posta en práctica do protocolo denunciado. Do contrario, estará a mostrar cumplicidade cunha situación que atenta contra dereitos comúns a todo ser humano, que só con moito esforzo foron incorporados á Carta das Nacións Unidas.

http://www.galizacig.com/
_____________

Enlaces Relacionados:

Primeiras Xornadas sobre Vivenda e Cidade en Ferrol: Día 27 de Marzo de 2008

Primeiras Xornadas sobre Vivenda e Cidade en Ferrol
Do 27 ao 29 de Marzo de 2008
Segundo o publicado no xornal comarcal "Diario de Ferrol"


Diario de Ferrol
Ferrol Venres 28 de Marzo de 2008

Ferrol abre un debate sobre o futuro das políticas públicas de vivenda

Na sesión de onte falouse sobre a vivenda nova e rehabilitada J. S.

REDACCIÓN > FERROL

Abrir un debate máis aló do actual sobre a crise inmobiliaria, coa mirada posta no futuro das políticas de vivenda e dos proxectos de recuperación de barrios, históricos ou non. Con este fin iniciáronse onte as xornadas ?Vivenda e Cidade?, con máis dun centenar de inscritos.

O salón de actos do Vicerreitorado do campus de Esteiro acolleu onte a primeira das tres xornadas deste seminario urbanístico, que organiza a Concellaría que dirixe o edil de EU Miguel Reimúndez e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).

Os discursos inaugurais correron a cargo do alcalde, Vicente Irisarri, e da súa socia de goberno, Yolanda Díaz. O primeiro enmarcou este encontro no debate sobre o futuro da cidade, que está ?absolutamente vivo?, ademais de subliñar que ?é hora de levar á práctica ou que é teoría?. Para iso, Irisarri sinalou que ?necesitamos asesoramento para que as máquinas se poñan a traballar, porque ese é ou desafío dá cidade de face aos próximos anos?.

Pola súa banda, Yolanda Díaz avogou por que Ferrol se converta nunha referencia en Galicia en novas políticas de vivenda, concibida como ?un dereito básico?, fronte ao modelo que a considera como un ben co que especular, na súa opinión, ?xa crebado?. Neste sentido, defendeu o establecemento de gravames para as vivendas baleiras e a rehabilitación, en detrimento de novas iniciativas inmobiliarias sen demanda.

Neste contexto, a primeira tenente de Alcaldía referiuse ao Recimil como ?ou faro que ten que iluminar as políticas de rehabilitación do noso país?.

A presidenta da delegación ferrolá do COAG, María Fernández Lemos, que tamén interveu neste primeiro día, enmarcou as xornadas na necesidade de ?reflexionar sobre o concepto de cidade e de vivenda que queremos nós, como arquitectos, e os usuarios?. Así mesmo, chamou a atención sobre o que considerou ?exceso normativo e edificatorio? de hoxe en día.

Pola súa banda, Reimúndez contrapuxo o traballo das administracións locais en xestión de políticas de vivenda, coa posta en marcha de plans de rehabilitación ou a constitución de empresas municipais, coa ?falta de competencias normativas reais? neste ámbito. Nesta liña, preguntouse que competencias do Estado ou da administración autonómica poderíanse transferir aos entes locais. Así mesmo, apostou por estender as accións de rehabilitación ?a outras zonas dá cidade, máis alá dous núcleos históricos?. Respecto diso, puxo como exemplo a proposta do goberno municipal para o barrio de Recimil e, ao mesmo tempo, instou a ?voltar a mirada á cidade existente e solucionar vos tecidos urbanísticos mal construídos que existen?.

Os novos materiais construtivos, as innovacións tecnolóxicas e os novos tipos de inquilinos -co descenso das familias numerosas e a aparición doutras de carácter monoparental- xustifican que a habitabilidade nas vivendas do século XXI, sexa outro dos temas centrais que se abordan neste encontro. O concelleiro de EU sinalou que se trata de debater sobre ?que tipo de vivenda temos que ter non futuro para abordar vos cambios sociais que se aveciñan?.

Para rematar, destacou que estas xornadas están abertas á participación, non só de profesionais e políticos, senón tamén das AAVV, porque ?teñen moito que achegar a este debate?, manifestou.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

________________

xoves, marzo 27, 2008

Primeiras Xornadas Vivenda e Cidade: Ferrol do 27 ao 29 de Marzo de 2008



















[Para ver o cartaz e o programa,
ampliar clicando acima das imaxes]

________

Enlaces relacionados nos Arquivos Ártabros:

__

Equipas Normalización Lingüística: Por un ano 2009 dedicado a Carvalho Calero

De: Xosé Manuel Pazo Blanco
-manolopazo@gmail.com-
cequipnormalizacion Ferro
-cequipnormalizacion@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de março de 2008 00:26
Asunto:
Por un ano 2009 dedicado a Carvalho Calero

Apoia a campaña dirixida a que o ano 2009 sexa adicado a Ricardo Carvalho Calero enviando a :

presidencia@realacademiagalega.org

Por un ano 2009 dedicado a Carvalho Calero



--
ASOCIACIÓN LINGÜÍSTICO-CULTURAL
"COORDENADORA DE EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA"

http://www.blogoteca.com/cenlf/

Mil primaveras máis para a nosa lingua

A secretaria
Asinado:
Mª ISABEL FACHAL FREIRE
____
Xosé Manuel Pazo Blanco
manolopazo@gmail.com
______________

Hoxe, a Asociación Veciñal de Ferrol Vello, vai intervir no Pleno Municipal, para denunciar, entre outras, a descarga do "clinker" no Porto de Ferrol

De: Asociación Veciñal de Ferrol - Vello
-avvferrolvello@yahoo.e-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 23:22
Asunto: INTERVENCIÓN DA AVV DE FERROL VELLO NO PLENOMUNICIPAL DO XOVES 27 DE MARZO


INTERVENCIÓN DA AVV DE FERROL VELLO NO PLENO MUNICIPAL DO XOVES 27 DE MARZO

Informámoslles de que no pleno de mañá día 27 de marzo as 19:00 horas, un representante da nosa AVV, tras a pertinente autorización do Concello, intervirá para expoñer os problemas que, segundo nós, está a presentar as descargas no muelle Fernández Ladreda de carbón e de distintos materiais contaminantes (achégase, ao final do texto, a nosa última nota sobre o tema).

Esta intervención solicitouse tras constatar que as nosas xuntanzas co presidente da Autoridade Portuaria [unha delas hai mais dun ano e a última hai apenas un mes] non tiveron consecuencia algunha apreciable por nós.

Ademais do contido da intervención, gustaríanos salientar a importancia de que a veciñanza preocupada polo tema acudan mañá ao pleno a apoiar coa súa presenza as nosas reclamacións. Por iso convocamos a todos cantos compartan as nosas inquedanzas polo medio ambiente e a prevención dos riscos para a saúde a achegarse mañá ao Concello. Facemos un chamamento especial á veciñanza de Ferrol Vello, A Cabana, A Graña e Brión.

Moitas grazas polo seu interese.


RESPONSABILIDADE, SEGURIDADE E CONVIVENCIA

A asociación de veciños de -FERROL VELLO- queremos manifestar a nosa preocupación e ao mesmo tempo denunciar unha serie de feitos e accións que lonxe de desaparecer aumentaron nas últimas semanas.

Como ben saben as entidades competentes xunto cos veciños da Cabana , A Graña , Canido e sobre todo de Ferrol Vello, desde fai anos estase producindo no porto de Ferrol unha agresión contra a saúde pública e contra o medio ambiente, con continuas descargas de materiais contaminantes que non fan máis que pór en serio perigo a saúde dos veciños se non se pon as medidas correctoras que a lexislación fixa e define claramente.

Esta asociación veciñal tras manter sucesivas reunións co presidente da Autoridade Portuaria , Amable Dopico Freire e coa súa Directora, Susana Roel Cabal, vémonos defraudados novamente posto que en vez cumprir e facer cumprir as normativas vixentes en materia de carga e descarga de materias perigosas, esta Autoridade Portuaria é a responsable de agravar aínda mais esta situación descargando novamente CARBÓN no peirao interior Fernández Ladreda, en lugar de facelo na terminal de carbón, sen tomar ningún tipo de medidas ambientais, carecendo de depuradora e derramando a recollida de augas directamente ao mar, alertar que un contacto continuo con partículas de carbón en suspensión poden provocar neumoconiosis ou agravar patoloxías respiratorias dos veciños afectados.

CLÍNKER.- A descarga de clínker (compoñente principal para a fabricación de cemento) leva realizando ao descuberto e sen ningunha medida anticontaminante, desprezando unha vez máis unhas medidas ambientais que tanto os consignatarios como a autoridade portuaria desprezan en beneficio duns maiores dividendos, ao abaratar custos supostamente ?INNECESARIOS?, tamén queremos deixar claro que é falso que todo o clínker válase a descargar no porto exterior de Ferrol posto que son dúas concesións as que descargan dito material, unha COP Galicia (Porto exterior) e Perez Torres (Porto interior Fernández Ladreda).

MAGNESITA.- mineral moi volátil e altamente contaminante por conter sílice cristalino en elevadas concentracións, que pode producir a medio prazo silicoses e afeccións pulmonares moi graves.

CHATARRA.- chatarra de recuperación procedente de despezamentos que se importa e descárgase no porto interior de Ferrol con todo tipo de materiais non férreos que aglutina inherentemente devandito material (Metais pesados, combustibles, aceites, etc...).
Advertir que todo o sistema de recollida de augas e rede de sumidoiros verte directamente ao mar carecendo dunha planta depuradora e dun sistema de decantación previo.

A Autoridade Portuaria é consentidora destas malas prácticas e de non esixir aos diferentes consignatarios que se dedican á carga e descarga de devanditos materiais de que instalen e utilicen sistemas para evitar estes riscos para a saúde da veciñanza.

De igual xeito desde esta Asociación parécenos que unha obra como a pasarela que se construirá na entrada do porto na zona da Cabana non teña presente o volume de ciclistas que circulan con fillos menores de idade e non se inclúa no proxecto un carril bici que unha o paseo da Cabana co paseo do peirao de Curuxeiras. Non sería aceptable que pais e fillos circulen coas súas bicicletas por unha das estradas con máis tráfico rodado, saída natural da autoestrada e punto de préstamo de bicicletas. Unha irresponsabilidade ante o perigo que iso leva e unha falta de previsión nun proxecto que debería beneficiar aos cidadáns que pasean e circulan polo barrio de Ferrol Vello.


ESIXIMOS Á AUTORIDADE PORTURIA E ÁS DISTINTAS CONSIGNATARIAS.

1. A compra de tolvas ecolóxicas (Con aspersores, captacións de po e cintas transportadoras pechadas).

2. A construción dunha planta depuradora que recolla as verteduras e as augas residuais que orixinal o almacenamento ao aire libre destas mercancías molestas e insalubres e así evitar a súa vertedura ao mar.

3. A construción dun sistema de abrigo que evite a dispersión de partículas a causa do vento.

4. A construción dun carril bici que unha os paseos da cabana e do peirao proporcionando seguridade aos usuarios.

Ferrol a 8 de marzo de 2008

Xunta directiva da AVV De -FERROL VELLO-
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
http://www.jazztelia.com/ferrol-vello/blog
__________________

Enlaces Relacionados:
_________

A Garda Civil tomará os datos dos conductores de coches con autocolantes GZ ou da bandeira galega coa estrela vermella

De: MpDC -mpdc@movemento.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 11:55
Asunto: A Garda Civil tomará os datos dos conductores de coches con autocolantes GZ ou da bandeira galega coa estrela vermella




A Garda Civil tomará os datos dos conductores de coches con autocolantes GZ ou da bandeira galega coa estrela vermella

Dereitos Civís tivo acceso a documentos de formación interna deste corpo, nos que se relaciona co “MOVIMENTO DE LIBERACION NACIONAL GALEGO” á Coordenadora de Asambleas de Estudantes da USC, a Galiza non se Vende, a PRES.O.S., ou a A Marcha Mundial De Mulleres, entre outros colectivos

[Para ampliar clicar acima da imaxe]

O Movemento polos Dereitos Civís tivo acceso a información facilitada pola Garda Civil en charlas de formación interna realizados, polo menos, na provincia de PONTEVEDRA. Nestas charlas repartíronse unha serie de informacións sobre o que a Garda Civil considera “o segundo maior problema de terrorismo do España” e que se centra nas siglas MLNG (MOVEMENTO DE LIBERACIÓN NACIONAL GALEGO). Na páxina 1 das copias facilitadas aos gardas civís asistentes aparecen un autocolante coas iniciais GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella (bandeira da patria) no centro e o escudo galego de Castelao coa frase “DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS” como distintivos propios do MLNG.

Noutra páxina dese mesmo informe recóllense as iniciais GZ no centro coa bandeira da patria rodeado do que a Garda Civil considera campos de actuacións do MLNG (mulleres, ecoloxismo e medio ambiente, temática cultural e deportiva, lingua, antirrepresiva e dereitos civís, xuvenil, estudantes, partidos políticos e sindicatos) e no que se relaciona co MLNG a PRE.S.O.S, CEIVAR, AMI, BRIGA, ADIANTE, COORDINADORA DE ASEMBLEAS DE ESTUDANTES DA USC, AGIR, GREI, EI, NOS-UP, FPG, CUT, GALIZA NON SE VENDE, MULLERES NACIONALISTAS GALEGAS, A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES, FAZENDO MEMORIA HISTÓRICA, AGRUPACIÓN DE MONTAÑA AUGAS LIMPAS, ERVA, QUERCUS, SCD CONDADO, A.C. CALEIDOSCOPIO, etc. Cada unha das citadas asociacións e colectivos aparece representado cos seus correspondetes logotipos para facilitar o recoñecemento por parte dos axentes.

Noutro documento ao que tivo acceso Dereitos Civís facilítase información sobre centros sociais como a: Baiuca vermelha, O Fresco e a Casa da Triga de Ponteareas, o Social Cultura Deportiva Condado, a Santa Sede e O noso Eido de Salvaterra, o Fervedoiro de Cuntis, A Tiradoura de Cangas, A Revira de Pontevedra, a Revolvía, A Cova dos Ratos, o Caleidoscopio e a Faísca de Vigo e A formiga de Redondela.

Identificacións de persoas e supostos delictos

Xa cara ao final do informe facilítase información sobre persoas por supostos delictos como “daños vidriera ayto - TUI”, “deslucimiento bienes inmuebles – iglesia – SA(L)VATERRA”, “quema fotografía S.M. El Rey – Vigo”, REQUISITORIADO e “OTROS DE INTERÉS POLICIAL”. Do mesmo xeito recóllense as inicias dos identificados nestes supostos delictos, na seguitne orden: A.A.P., A.R.M.Q, I.M.G; A.J.P.R, P.P.G; A.B.E., J.C.P.N, C.M.I, S.M.R.; A.G.M; A.F.S. e M.A.L.C.

Tamén se amosan algunhas das fotos destas persoas na rúa, incluso a de unha considerada de “INTERES POLICIAL” e coa que non se relaciona ningunha falta ou delicto.

Co acceso a esta documentación o MpDC vén de esclarecer as recentes queixas recibidas polos controles realizados polos Corpos e Forzas de Seguridade previos á eleccións xerais, nos que se denunciaban que se estaban identificando a cidadáns que dipuñan de autocolantes de ideoloxía nacionalista no seu coche e obviando aos demais.

O MpDC considera que a Garda Civil debería explicar que significa “OTROS DE INTERÉS POLICIAL” xa que a creacción de bases de datos paralelas e na que se están incluindo fotos e nomes de persoas que non cometeron ningún delicto é ilegal.

Contacto: Renato Núñez | Tel. 881972938 – 610858850
MpDC -mpdc@movemento.org-
http://mpdc.blogspot.com/
___________

Enlace relacionado no xornal dixital GZNacion.com:

A indignada rebelión do condutor investigado
Pasar a formar parte dunha base de datos "DE INTERESE POLICIAL". Renato Núñez, voceiro de MpDC, fala en GzNación sobre as repercusións reais da formación policial en Galiza contra o suposto "Movimiento de Liberación Nacional Gallego".
[GZnación / Lara Graña / 27 Mar 08]
_______________

mércores, marzo 26, 2008

Roteiro Nocturno polo río Belelle, este Sábado 29 de Marzo

De: CARLOS OUTEIRO BAAMONDE -couteiro@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 21:09

Asunto: Roteiro Nocturno polo río Belelle


[Para ampliar o cartaz, clicar acima del]

Ola compas, adxunto arquivo con cartaz do roteiro a celebrar este sábado á noite polo río Belelle. É unha nova experiencia que queremos podamos disfrutar todas e todos. O percorrido será de aproximadamente 2 horas. Ao inicio (ás 19,30 h) realizaremos a plantación dunhas árbores no paseo marítimo de San Valentín.

Comentar asemade que agasallaremos un chaleco reflectante e unha linterna ás persoas participantes. Ao remate do roteiro repartiranse bebidas e petiscos.

Saúdos, Carlos Outeiro.
________________

Suspendida palestra de Nilda Eloi

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 15:38
Asunto: ATENÇOM: SUSPENDIDA PALESTRA DE NILDA ELOI


ATENÇOM: SUSPENDIDA PALESTRA DE NILDA ELOI

Lamentamos ter que comunicar que a palestra "o genocídio na Argentina" que ia ser impartilhada por Nilda Eloi, amanhá quinta-feira, ficou suspendida por problemas de agenda da companheira.

Desculpade as molestias.
A Directiva da Fundaçom Artábria

--
Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

______________
Enlace relacionado:
Palestra sobre o genocídio na Argentina com Nilda Eloi
_____________

Mais um ano, voltamos a lembrar Carvalho Calero no aniversário do seu falecimento, apresentando o novo blogue da campanha 'Carvalho, Letras Galegas 09

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 13:53
Asunto: Mais um ano, voltamos a lembrar Carvalho Calero no aniversário do seu falecimento, apresentando o novo blogue da campanha ‘Carvalho, Letras Galegas 09’


Mais um ano, voltamos a lembrar Carvalho Calero no aniversário do seu falecimento, apresentando o novo blogue da campanha 'Carvalho, Letras Galegas 09'

WEB CAMPANHA DE ADESIONS:
CARVALHO09.AGAL-GZ.ORG


O décimo oitavo aniversário do falecimento de Ricardo Carvalho Calero voltou a servir para lembrarmos a sua importáncia na cultura galega do século XX. Um grupo de sócios, sócias e amizades da Fundaçom Artábria concentramo-nos em frente da casa natal de Carvalho, na rua Sam Francisco do bairro de Ferrol Velho, para fazermos um pequeno acto de homenagem.

[Foto pendurada ontem na fachada da casa natal na rua Sam Francisco (Ferrol) - Clicar acima para ampliar]

O acto contou com umha oferta floral, a leitura de textos literários de Ricardo Carvalho Calero e umhas palavras de lembrança, nas quais se sublinhou nom só os méritos do escritor e o investigador literário e lingüístico, mas também os do intelectual honesto e comprometido com o seu país e com o seu tempo.

Lembrou-se o seu activismo juvenil republicano e nacionalista, a sua adesom ao bando democrático na Guerra Civil, a prisom, o ostracismo a que foi submetido durante o franquismo. Também a coerência com que sempre mantivo as ideias autodeterministas, republicanas e reintegracionistas, com a língua como facho da sua actividade intelectual durante toda a sua longa vida.
Neste ano, o acto de homenagem também incluiu umha referência à nossa campanha para que a Academia Galega reconheça o valor da obra de Carvalho, dedicando-lhe por fim um Dia das Letras que bem pode ser o próximo, em 2009. Assim, coincidindo com este 25 de Março, apresentamos o novo blogue dedicado à campanha 'Carvalho Letras Galegas '09', onde iremos informando de todas as iniciativas relacionadas com a mesma.

Ao concluir a concentraçom da rua Sam Francisco, as e os concentrados dirigimo-nos ao Centro Social da Fundaçom Artábria, em Esteiro, onde se oferecêrom uns petiscos e se continuou com umha agradável conversa na noitinha ferrolana.
--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival
__________

Mañá, xoves 27 de Marzo, celebrase unha nova masa crítica en Ferrol. Partindo coma sempre da praza do Inferniño as 20:15 hrs

De: MasaCritica Ferrol -masacriticaferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 13:02
Asunto: Mañá, xoves 27, celebrase unha nova masa critica en Ferrol. Partindo coma sempre da praza do inferniño as 20:15


[Clicar no cartaz para ampliar]

Masa Crítica Ferrol


Mañá, xoves 27, celebrase unha nova masa crítica en Ferrol. Partindo coma sempre da Praza do Inferniño as 20:15 hrs.

Animádevos a participar e axudade nos a difundir esta convocatoria.

PEDALÉA TODOLOS DÍAS, CELÉBRAO UNHA VEZ AO MES

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes"

Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition,Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facersnos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as?. A idea aceptouse rápidamente e na primeira "quedada" xuntaronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas intersecións nas grandes cidades chinesas definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na origa de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.
________________

Mañá, Xoves, 27 de Marzo, concentración e manifestación ante a chegada do "Mourad Didouche" con GNL para REGANOSA

[Clica acima da imaxe se queres ver unha das Galerías Fotográficas do 30 de Maio de 2007, cando o "Mourad Didouchje" logrou entrar ao segundo intento, na Ría de Ferrol, despois dun grande despliegue policial ]
O pasado, luns 24 de marzo, agardabase que entrara de novo o buque gaseiro "Mourad Didouche", cargado con GNL para a ilegal e perigosa REGANOSA, mais, parece ser que por causa dun forte temporal este retrasou a súa chegada até mañá [27.03.2008], motivo polo cal o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol adiou a concentración e posterior manifestación até mañá que terá lugar ás 7 da tarde diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

Mañá vai ser unha mobilización significativa, pois estamos ante unha nova situación, REGANOSA pasa á ofensiva, anunciando o inicio de actuacións administrativas para conseguir duplicar a súa produción, ampliando para elo a súa capacidade de regasificación, instalando máis vaporizadores e duplicando o número de buques gaseiros que entrarían na Ría. [+ Info]

Xoves, 27 de marzo
ás 7 da tarde
está convocada unha
CONCENTRACIÓN
con cacerolas, buzos brancos,
camisolas vermellas, bandeiras,
ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
desde onde marcharemos en
MANIFESTACIÓN
até a Praza do Concello

Convoca:

[comitecidadan.gif]

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_________

Enlaces relacionados:

martes, marzo 25, 2008

REGANOSA prepara a súa anunciada e temida ampliación

REGANOSA volta á carga, teimando para a súa ampliación, quer producir o doble, para o cal xa ten o visto bon da Comisión de Industria do Congreso dos Diputados en Madrid e pasou a formar parte da Planificación Gasística 2007-2016, a proposta de Xavier Carro, doutrahora opositor á planta regasificadora promovida polo Grupo Tojeiro, hoxe fiel defensor dos interesses de REGANOSA nas Cortes Españolas.

O aumento da capacidade de produción de REGANOSA, significa duplicar a capacidade de vaporización, é dicer máis centos de miles de metros cúbicos de auga morta, enfriada e clorada verquida à Ría e o doble de buques gaseiros cargados con GNL van a entrar en Punta Promontorio, empobrecendo aínda máis a Ría e poñendo en perigo a seguridade e a vida de miles de persoas, por duplicar a probabilidade de sufrir unha catástrofe de irreparables consecuencias. É dicer, o despropósito gasístico, amplia o seu poder amenazante sobre á seguridade e vida das persoas, á vez que duplica o seu poder destructor da riqueza da nosa Ría.

No mes de setembro do pasado ano 2007, Xavier Carro, o antes Diputado e hoxe mesmo elexido Senador por designación do Parlamento da Galiza, anunciaba aos medios de comunicación, a aprobación no Parlamento Español, da súa iniciativa para a ampliación de REGANOSA, así como da ampliación da capacidade do gasoduto coa meseta. Hoxe mesmo o Diario de Ferrol, publica a noticia de que Reganosa comeza os trámites para duplicar a súa capacidade de vaporización e fai mención a que o DOG publicou onte o anuncio de REGANOSA para licitar a redacción do proxecto básico.

[Ría de Ferrol onde se pode contemplar o despropósito gasístico
que significa REGANOSA - Clicar acima da imaxe para ampliar
]


Pola importancia da noticia publicada no Diario de Ferrol, a transcribimos a continuación.

Diario de Ferrol Ferrol Martes 25 de Marzo de 2008
Reganosa comeza os trámites para duplicar a súa capacidade de vaporización
M. MAYORAL > FERROL

Aínda que a nova Planificación Gasística 2007-2016 aínda ten que recibir o visto e prace do Consello de Ministros, Reganosa bota a andar o proxecto de duplicar a súa capacidade de vaporización, unha ampliación contemplada no proxecto do Ministerio e que conta, xa que logo, con todas as bendicións.

A planta de Reganosa ten actualmente dous vaporizadores ORV (Open Rack Vaporizers) que utilizan a auga do mar para quentar e regasificar o gas natural licuado (GNL) dos dous enormes tanques, de 150.000 metros cúbicos cada un, que son visibles desde o outro lado da ría. A empresa naceu, con todo, coa pretensión de contar con outros dous vaporizadores que duplicarían a súa capacidade e o proxecto ponse en marcha apenas cinco meses despois de que a planta de gas comezase a funcionar con todos os permisos. Desde Reganosa indicouse que, de aprobarse a solicitude e desenvolverse cada paso do programa sen contratempos, a ampliación podería ser operativa no ano 2013.

O Diario Oficial de Galicia fixo público onte o anuncio da Regasificadora do Noroeste para licitar a redacción do proxecto básico. O contrato adxudicarase polo procedemento negociado e unha ver asinado a empresa que o conseguiu terá un prazo duns cincuenta meses para realizar todos os estudos e servizos incluídos no mesmo. Os elementos fundamentais da ampliación serán dous novos ORV de 160 toneladas métricas por hora cada un, aínda que o proxecto para a súa posta en marcha debe contemplar todos os sistemas que levan aparellados, desde reixas ata sistemas eléctricos e de seguridade.

Os dous novos vaporizadores aumentarán a capacidade de regasificación, non a de almacenamento, que seguirá limitada aos dous grandes tanques de Punta Promontoiro. A posta en marcha dos dous novos ORV significará, segundo está contemplado na proposta de Planificación Gasista ata 2012, que a produción de Reganosa, actualmente limitada a 412.800 Nm/h, poderá chegar ata os 825.600 Nm/h, algo que contribuirá a paliar o déficit de gas natural que sofre actualmente Galicia.

A Planificación Gasista contempla tamén a construción e ampliación da capacidade do gasoduto que conectará Galicia coa Meseta, outra cuestión que afectará directamente a Reganosa e que, como os novos vaporizadores, foron compromisos adquiridos polo ministro de Industria Joan Clos.

Ambos os puntos forman parte do documento que deberá recibir en breve o visto e prace do Consello de Ministros.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

________

Enlace relacionado:

REGANOSA e o diputado Xavier Carro fan migas
________________

O anuncio no DOG en formato PDF:

DOG, Nº 56 Luns, 24 de marzo de 2008. Obras para a ampliación da terminal de regasificación de GNL no emprazamento de Punta Promontorio, no termo municipal de Mugardos (A Coruña).

Convocatoria do XVIII Certame Fotográfico "Medio Ambiente" - Ateneo Ferrolán

De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de março de 2008 11:41
Asunto: XVIII Certame Fotográfico "Medio Ambiente" - Ateneo Ferrolán




XVIII Certame Fotográfico "Medio Ambiente" - Ateneo Ferrolán



Xa están as bases para o XVIII Certame Certame Fotográfico "Medio Ambiente" que realiza o Ateneo Ferrolán, con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DE MEDIO AMBIENTE.

Bases do Certame
___________
ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)
"UN LUGAR DE ENCONTRO PARA A CULTURA”
Rúa Magdalena 202-204, 1º
FERROL

www.ateneoferrolan.org
_____________

O buque gaseiro "Mourad Didouche" non chegou a Ferrol

[Foto da anterior concentración diante do Edificio da Xunta de Galicia]

O buque gaseiro "Mourad Didouche" que tiña prevista a súa chegada no día de onte [24.03.2008] a Ferrol, non chegou por causas que ainda non coñecemos, mais que o xornal comarcal "Diario de Ferrol" as situa nun retraso na escala que tiña que facer no porto andaluz de Huelva, por causa dun temporal no "Estrecho". Nas próximas horas informaremos deste asunto. Mais foron moitas as persoas que se achegaron até as inmediacións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, para participar na mobilización do Comité Cidadán de Emerxencia, que ao final quedou desconvocada até novo aviso.
__________
Enlace relacionado:
Convocada unha concentración e posterior manifestación, ante a entrada na nosa Ría do "Mourad Didouche", buque gaseiro cargado para REGANOSA
__________

sábado, marzo 22, 2008

A Doctrina do Shock: Charla de Naomi Klein en Madrid [Videos]

29 de octubro de 2007. Organizada por AttacMadrid.Charla: "Tres décadas de ofensiva neoliberal: Agotase o modelo?" Comenta sobre o seu libro "Doctrina do Shock"

[Cinco videos da charla e un corto]

1 de 5 Primeiro Video
____

___

2 de 5 Segundo Video
______


____

3 de 5 Terceiro Video
______

____

4 de 5 Cuarto Video
_______

_____

5 de 5 Quinto Video
Nota.- este video non ten imaxe só ten o son
_______

__________

Corto: A Doctrina do Shock
___________

_____________

Convocada unha concentración e posterior manifestación, ante a entrada na nosa Ría do "Mourad Didouche", buque gaseiro cargado para REGANOSA

Este lunas, 24 de marzo, está prevista a entrada dun novo buque gaseiro na Ría de Ferrol para a ilegal e perigosa REGANOSA. Desde o 9 de maio do pasado ano,con este, serán 17 os buques que cargados con GNL, van entrar na nosa Ría. O metaneiro que está previsto que chegue, é un buque antigo de máis de 28 anos, de 274,4 m de eslora e 42 de manga. O "Mourad Didouche" que é como se chama o buque, foi rexeitado pola mobilización popular a finais de maio dedo ano pasado. O buque consigueu entrar ao día seguinte, 30 de maio, cunha forte presencia policial en terra e da guardia civil no mar, así como un helicóptero, mobilizacións populares foron reprimidas con brutais cargas policiais.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, de novo volta convocar unha concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, para denunciar a irresponsabilidade das autoridades que permiten que se poña en perigo á seguridade e a vida da poboación.

Este
Luns, 24 de marzo

ás 7 da tarde
está convocada unha

CONCENTRACIÓN
con cacerolas, buzos brancos,
camisolas vermellas, bandeiras,
ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
desde onde marcharemos en

MANIFESTACIÓN
até a Praza do Concello

Convoca:


[comitecidadan.gif]
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
____________
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

xoves, marzo 20, 2008

As privatizacións

Acordos da Xunta Directiva da Asociación veciñal de Esteiro “Fontelonga” do luns día 17 de marzo de 2008

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de março de 2008 17:51
Asunto: Acordos da Xunta Directiva da Asociación veciñal de Esteiro “Fontelonga” do luns día 17 de marzo de 2008


Achegámoslles os acordos tomados pola Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" o luns día 17 de marzo de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga"

Acordos da Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga”.

Na primeira xuntanza mantida pola nova Xunta Directiva de Fontelonga xurdida da Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o xoves día 13 de marzo de 2008 e coa asistencia dos seus once compoñentes se tomaron os seguintes acordos:
  • Crear catro áreas de traballo que son: Área de Urbanismo, Obras e Tráfico e Seguridade que estará coordinada polo presidente de Fontelonga, Xosé Miguel López. Área de Servizos Sociais, Voluntariado, Servizos, Parques e Xardíns e Medio Ambientes que estará coordinada por Juan Cervantes. Área de Cultura, Ocio, Tempo Libre, Festas e Actividades que estará coordinada por Vicente Aneiros. Área de Participación Cidadá, Relacións Institucionais e Universidade que estará coordinada por Xesús Manuel Díaz Suárez.
  • O horario de atención a veciños e veciñas no local social de Fontelonga será de luns a venres en horario de tarde de luns a venres.
  • Unha delegación da Asociación Fontelonga participará nas xornadas Vivenda e Cidade que organizadas pola concellería de Vivenda do Concello de Ferrol se celebrarán no Salón de actos do Vicerreitorado de Esteiro os días 27, 28 e 29 de marzo de 2008.
  • Unha delegación da Asociación Fontelonga participará no Congreso Galego de Voluntariado que se celebrará o día 10 de abril no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
  • O vindeiro día 2 de abril manteremos unha xuntanza coa Coordinadora de Seguridade do Concello de Ferrol, Dona Sandra Ríos, co concelleiro de Tráfico, D. Gerardo López Castrillón e cos responsables da Policía Local. A xuntanza, con posterior recorrido polo barrio de Esteiro, será no local de Fontelonga ás 18 horas.
  • Nesa mesma primeira semana de abril manteremos unha xuntanza co Concelleiro de Obras e Vivenda D. Miguel Reimúndez para coñecer o plano de obras que e vai facer por importe de 58.000 euros e varias rúas e beirarrúas do Barrio.
  • Na próxima semana a Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga” entregaremos no Rexistro Municipal as alegacións que esta entidade imos formular á Ordenanza de Convivencia Cidadá que nestes momentos está en fase de alegacións por parte do tecido asociativo da cidade.
Ferrol a 18 de marzo de 2008.

Asdo./ Antonio Ríos Rodríguez, secretario.
______________

ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21

___

Artábria voltará a lembrar Carvalho Calero no XVIII aniversário do seu falecimento

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de março de 2008 16:34
Asunto: Artábria voltará a lembrar Carvalho Calero no XVIII aniversário do seu falecimento


Artábria voltará a lembrar Carvalho Calero no XVIII aniversário do seu falecimento

A Fundaçom Artábria voltará a reivindicar a memória de Ricardo Carvalho Calero e da sua obra, como vimos fazendo cada ano quando se cumpre um novo aniversário do seu falecimento, em 1990. Mais umha vez, na terça-feira dia 25 de Março, realizaremos umha oferta floral na casa natal do intelectual ferrolano, na rua Sam Francisco do bairro de Ferrol Velho, a partir das 20h30.

A seguir, ofereceremos uns petiscos no nosso Centro Social, na Travessa de Batalhons, número 7, no bairro de Esteiro.

Neste ano, a comemoraçom coincide com a campanha que a nossa entidade desenvolve para que a Real Academia Galega reconheça por fim a importáncia de Carvalho Calero dedicando-lhe o Dia das Letras do ano próximo, umha campanha que conta já com numerosas e variadas adesons que coincidem em denunciar o silenciamento de que Carvalho tem sido vítima nas últimas décadas, devido à sua firme defesa da unidade lingüística galego-portuguesa.

Esperamos contar com a presença de muitos ferrolanos e ferrolanas para um novo reconhecimento a Carvalho Calero por parte da sua cidade natal.
___________

mércores, marzo 19, 2008

Resultados da busqueda nos blogs da Plataforma Ártabra 21



domingo, marzo 16, 2008

O Mundo Contra a Guerra

A Conferencia "O Mundo Contra a Guerra" chama por manifestacións globais contra a guerra 1.200 delegadas e delegados, de movementos pola paz e contra a guerra de todo o mundo, reuníronse en Londres o 1 de decembro e acordaron impulsar manifestacións no 5º aniversario da invasión de Iraq, esixindo a retirada de todas as tropas estranxeiras de Iraq e Afganistán, e contra calquera ataque a Irán.


Declaración da conferencia
: "O Mundo Contra a Guerra"

Declaración acordada por 1.200 delegados de 26 países, asistentes á conferencia O Mundo Contra a Guerra, sábado 1 de decembro de 2007:

Esta conferencia de delegadas e delegados de movementos pola paz, contra a guerra, antiimperialistas e de liberación, de todo o mundo, declara a súa oposición á "guerra sen fin" levada a cabo polo goberno estadounidense contra Estados, pobos e movementos en todo o noso planeta.

Opómonos á interferencia de EEUU, e dos seus aliados, en Estados soberanos, e afirmamos o dereito á autodeterminación de todos os pobos. Apoiamos a todos os que loitan pola paz e contra o imperialismo.

En particular, esiximos:
  • O fin inmediato da ocupación militar ilegal de Iraq, que causou centenares de miles de mortos e produciu o desprazamento de millóns de persoas, a retirada de totes lles tropas estranxeiras e a plena transferencia de soberanía ao pobo iraquí e aos seus representantes.

  • Que paren todos os preparativos para un ataque a Irán, así como o compromiso de que se solucione calquera tema exclusivamente mediante a diplomacia.

  • A retirada das tropas estranxeiras de Afganistán, permitindo ao pobo afgán decidir o seu propio futuro.

  • para o pobo palestino, e o final da agresión israelí en todo Oriente Medio.

  • O fin dos plans de EEUU respecto de escudos anti mísiles, e que todos os Estados promovan activamente o desarmamento nuclear.
Reafirmamos a solidariedade entre todos aqueles que loitan pola paz, a xustiza social e a autodeterminación en todo o mundo, e comprometémonos a reforzar a nosa unidade e a desenvolver novas formas de cooperación.

Xa que logo, designamos o aniversario da invasión de Iraq como un día mundial de acción a favor das demandas NINGÚN ATAQUE A IRÁN e TROPAS FÓRA DE IRAQ/AFGANISTÁN.

Chamamos a todos os movementos antiguerra nacionais a convocar protestas e manifestacións masivas para este día.
_______________

The World Against War
_____________


_____________

Información das Asembleas xerais ordinaria e extraordinaria , celebradas pola Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" o día 13 de marzo

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de março de 2008 11:22
Asunto: Asembleas de Fontelonga



Comunicado ós medios

Achegámoslles información das Asembleas xerais ordinaria e extraordinaria , celebradas pola Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" o día 13 de marzo e que foran previamente convocadas a través dos medios de comunicación varias veces, carta persoal a cada socio/a e colocación de 150 carteis en todo o Barrio de Esteiro.

Dámoslles anticipadamente as grazas pola difusión das mesmas.

Un saúdo.

Ferrol 14 de marzo de 2008.
Asdo./Antonio Ríos Rodríguez, secretario

Información das Asembleas xerais ordinaria e extraordinaria , celebradas pola Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" o día 13 de marzo

Asembleas xerais ordinaria e extraordinaria da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga” Celebradas o xoves día 13 de marzo de 2008 e cos seguintes acordos:
  • Foi aprobada a acta da asemblea anterior.
  • Foi aprobado o informe económico .
  • Foi aprobado o informe de xestión, felicitando a asemblea o bo traballo desenvolvido pola Xunta Directiva durante este pasado ano.
  • A asemblea se manifestou a prol de : Apoiar , unha vez máis,o Plano de colocación de bolardos, emprendido pola concellería de Seguridade, nas beirarrúas do barrio e demandar a colocación de moitos máis.
  • Rexeitar que desde a concellería de Tráfico se pretenda instalar un aparcadoiro nunha zona que o PXOM cualifica como zona verde, non entendemos como desde o Concello se pode facer incumpri-la Lei. Demandar desta concellería a ampliación da zona azul entre a rúa Rochel, Avenida de Vigo e Avenida de Esteiro. Demandar desta concellería que destine efectivos da Policía Local a Esteiro para sancionar os condutores que aparcan sobre as beirarrúas.
  • Reclamar que se axilicen os trámites para a creación dunha Area de Rehabilitación Integral da rúa Carlos III e transversais.
  • Seguir demandando que o Cuartel de Dolores sexa destinado a usos universitarios.
  • Demandar a construción dunha Escola Infantil Pública no Barrio de Esteiro na parcela que o Concello de Ferrol ten na Avenida de Esteiro.
  • Esixir a urxente solución o estado de degradación dos baixos e entrecháns das Vivendas de Álvaro Cunqueiro, algúns deles, como xa denunciamos, que están vertendo augas fecais con grave perigo para a saúde das persoas.
  • Reclamar, unha vez máis, a retirada da antena de telefonía móbil da Avenida de Esteiro que é ilegal.
  • Reclamar do Concello a construción dun Centro Cívico Municipal no Barrio de Esteiro.

Na Asemblea extraordinaria :
  • Foi reelixido Presidente da Asociación, D. Xosé Miguel López Pérez.
A Xunta Directiva pasa de 8 a 11 persoas, producíndose un incremento nunha época en que cada vez é máis difícil que as persoas se comprometan a traballar no movemento asociativo.

O resto da Xunta Directiva é :
  • Vicepresidente: Juan Luís Moreda Glez. Continúa da anterior.
  • Secretario: Antonio Ríos Rodríguez. Continúa da anterior.
  • Vicesecretario: Vicente Aneiro López. Continúa da anterior.
  • Tesoureiro:Carlos Aneiros Rico. Continúa da anterior.
  • Vogal: Francisco Fernández Rey. Continúa da anterior.
  • Se incorporan como vogais:
  • Juan Cervantes González.
  • Fernando Naveiras Freire.
  • Juan Garmendia Díaz.
  • Xesús Manuel Díaz Suárez.
  • Alfonso Tellado Sande.
Asdo./ Antonio Ríos Rodríguez, Secretario.
____________
________________
ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21
___________

venres, marzo 14, 2008

5º Conspirando por unha radio libre: Xoves 20 de Marzo

5º Festival CONSPIRANDO por una radio libre. Xoves 20 de marzo 2008 - Praza Inferniño - Ferrol

1º Ataque

"V CONSPIRANDO por unha radio libre!"


Xa está o "V CONSPIRANDO por unha radio libre!"

Como todos os anos o Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM, organiza para o vindeiro xoves "santo", 20 de marzo, una nova edición do festival "CONSPIRANDO por unha radio libre".
Este ano cumprense cinco edicións. Todas as actividades incluidas no "V CONSPIRANDO", terán lugar baixo unha carpa instalada na pista polideportiva da PRAZA do INFERNIÑO en Ferrol.
Dadas as particularidades da organización do festival nunha praza pública, contamos coa colaboración puntual da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.

PROGRAMA do "V CONSPIRANDO por unha radio libre!"

MÚSICA:

Na 5º edición do "CONSPIRANDO", tocarán tres grupos, dous locais e un de fóra. Os estilos musicais serán variados: Funk, Pop e Punk-Rock. A parte músical do festival comezaría cara as 22:00 h. e remataría de madrugada.

* Un dos grupos (do máis aló), xa confirmados, son DAKIDARRÍA. Fan un estupendo punk/reggae/ska. Orixinarios de Nigrán, chegarán nunha furgoneta camuflada, directamente dende Madrid, nunha xira total que os levou por Alacante e Valencia.
+ info en: http://es.myspace.com/dakidarria
* Outro dos grupos locais dos que xa podemos confirmar a súa presenza é THE SWEAT, que executan un irresistíbel funk-rock. Foron teloneiros de Macaco, nas pasadas festas de vrao de Ferrol.
+ info en: http://es.myspace.com/thesweatfunk
* O terceiro nome do cartel e TA'CRACK, fan Pop-Funk Rock e son de Naron:
+ info en: http://myspace.com/tacrack

ACTOS PARALELOS:

* - PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL, en directo dende o estudio de Rádio FilispiM. 93.9FM, con conexións en directo, horas antes do festival.
* - FEIRA DE COLECTIVOS, con postos e material divulgativo de diversos colectivos, sociais, culturais, ecoloxistas, artesáns, da nosa comarca. Esta feira se desenvolverá nos postos que os colectivos instalarán na propia carpa, cara as 6:00 h. do serán e até que desexaren.
* - GRAVACIÓN ÍNTEGRA DO FESTIVAL en formato radiofónico, para a súa futura emisión en Rádio FilispiM, 93.9FM

OBXECTO do "V CONSPIRANDO por unha radio libre!"

O festival, como todos os anos, ten como obxecto a recadazón de fondos para autofinanciar Rádio FilispiM. Emisora, que non pertence a institución nen empresa con ánimo de lucro algunha, autoxestionada e ao servizo da comunidade, de aí que a proposta sexa libre e comunitaria, enmarcada dentro do terceiro sector da comunicación.

Ademáis, pretende a difusión dos artistas e grupos locais e a interelación das asociacións e grupos de base, que desexen participar na "FEIRA DE COLECTIVOS" que estara amenizada por unha Charanga, para a difusión e mostra das iniciativas cidadás, a poboazón en xeral.

http://photos1.blogger.com/blogger/7136/1659/1600/cabeceira1.jpg

Colectivo Opaíí! (Ondas Para Activación Información Independente) - Rádio FilispiM, 93.9FM

Inscrito no rexistro de asociacións culturais da Xunta de Galiza, con nº 2004/007965/1 (AC)
Inscrito no rexistro de asociacións culturais do Concello de Ferrol, con nº 346

www.opaii.blogspot.com
--
Rádio FilispiM
A rádio livre e comunitária da comarca de Trás-Ancos
No 93.9 da FM