venres, setembro 30, 2011

4ª Limpeza Simultánea de Rios da Galiza - Domingo 2 de Outubro - En Fene coa Asociación Etnográfica e da Natureza Amigos e Amigas do río Baa -AETNA - En San Sadurniño no Río Xubia

IV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS
Domingo 2 de Outubro de 2011

Este 2 de Outubro celebraráse a IV Simultánea de Ríos. Xa levamos organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.

Animámosvos a participar este ano para que vaiades ao voso río e recollades ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza.

O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.

Se estás interesado en participar podes porte en contacto con nós:

Correo: lucia@adega.info
Tlf. 981 57 00 99 / 669 80 69 08


Domingo 2 de Outubro de 2011

En Fene, desde as 10 da mañá coa Asociación Etnográfica e da Natureza Amigos e Amigas do río Baa -AETNA

AETNA
http://www.aetna.es/

Contactos:

Marela Aguilar Prieto
Xiao Couto García: 981 360 468


No concello de San Sadurniño, soman-se á iniciativa do Proxecto Ríos.

Nova tirada do Diario de Ferrol
:

"San Sadurniño súmase mañá á IV Xornada de limpeza simultánea en ríos, unha campaña que se desenvolverá de forma paralela en numerosas canles da comunidade e na que o Concello sempre tomou parte. En total, unha quincena de voluntarios inscribíronse nesta iniciativa ambiental, segundo os datos facilitados pola Concellaría de Medio Ambiente.

A actividade comezará ás dez da mañá e o grupo de voluntarios sairán do mesón A Granxa. Durante a mañá percorrerán o tramo do río que discorre por Ferreira e Lama. A limpeza concluirá cara á unha e media da tarde.

A edil de Medio Ambiente, Amparo Calvo, destaca o positivo resultado desta acción en edicións anteriores, tanto desde o punto de vista ecolóxico como social. No primeiro aspecto, a limpeza permite recoller todo tipo de residuos, desde plásticos agrícolas ata pneumáticos, así como en ocasións detectar vertedoiros incontrolados. Ademais, engade, o encontro permite aos veciños coñecer mellor a beleza da contorna paisaxística do municipio, cunha poboación moi dispersa nos 100 quilómetros cadrados de superficie local
".


Limpeza de ríos - Qué debemos ter en conta:
http://limpeza.proxectorios.org/limpeza-de-rios/

Qué é o proxecto Ríos?

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

http://proxectorios.org/index.php

ADEGA e o Proxecto Ríos: Móllate polos Ríos

Antón Muñiz. ADEGA-Trasancos
xamute@gmail.com

Delegación de Ferrol (Trasancos)
Apdo Correos 481; 15480 Ferrol
www.adega.info

__________________________

Perdemos todos, ... Por Manuel Dios Diz

Por Manuel Dios Diz [*]
30.09.2011

Corren malos tempos, non só para a lírica, que diría Germán Coppini, senón para as persoas, para a xente, sobre todo, para as que formamos parte do común dos mortais, aquí e en todas partes, aínda que existan grandes diferencias nas distintas áreas do planeta.

As organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, aquelas que conforman o chamado Terceiro Sector, que en Galicia se agrupan maioritariamente arredor da Coordinadora Galega de ONGDs, vivimos momentos de incerteza, cando non de penuria económica. É a triste consecuencia dos enormes recortes que desde as distintas administracións públicas (e tamén das entidades privadas) estamos a sufrir.

Debemos considerar que as ONGDs realizan funcións de axuda humanitaria, en momentos puntuais de catástrofes naturais, e que tamén desenvolven proxectos estables de cooperación ó desenvolvemento nos países máis empobrecidos da terra, xunto con campañas de sensibilización, divulgación, formación ou de educación para a solidariedade e a xustiza.

Vertebran e robustecen a sociedade civil, crean moitos postos de traballo directo, aquí e nas contrapartes de América Latina, de Africa, Asia, etc. e outros moitos traballos indirectos. Son tamén espazos, escolas de colaboración para miles de persoas que achegan o seu tempo libre ó voluntariado.

Na actualidade, e desde hai varios anos, as ONGs, veñen denunciando a crecente diminución das axudas institucionais. Nestes momentos as queixas chegan xa ó Valedor do Pobo. Nos dous últimos anos, a Xunta de Galicia, historicamente á cola da cooperación no Estado, reduciu un 48% do seu orzamento para a cooperación. Non digamos en formación do profesorado ou noutras partidas de axuda e subvención ás actividades das entidades sociais, de política lingüística, de cultura, de educación, de benestar social, de voluntariado.

Os incumprimentos son manifestos. Non teñen dúbida algunha. Son reais e obxectivos. Están no DOG para quen queira velos e vulneran mesmo os acordos acadados, por exemplo, nos programas contra da pobreza e a exclusión, que aumenta cada ano en Galicia, segundo os sucesivos informes de Cáritas. O Pacto Galego contra a Pobreza está morto. Incúmprense os termos e a filosofía que marcaba o II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o 16 de xuño do 2010.

A cooperación, a solidariedade, a xustiza, en tempos de crise, sofren as consecuencias de políticas restritivas miopes e que, polo demais, non son nin equitativas nin igualitarias. Estanse detraendo grandes recursos públicos, de todas e todos nós, cunha escala de prioridades que non compartimos. Para nós a quen temos que rescatar, antes que a ninguén, son ás persoas, especialmente a aquelas que máis sofren, aquí, na propia casa, e lonxe, aínda que sexa unicamente por egoísmo lúcido, pensando en que as asimetrías que temos creado a nivel mundial son insostibles.

Diminuír, recortar drasticamente o gasto social, a cooperación ó desenvolvemento, os programas contra da pobreza e a exclusión, a educación para a solidariedade, desvertebra e anula á nosa máis viva sociedade civil, incrementa o desemprego, corta o feble cordón umbilical que nos mantén unidos coas persoas e organizacións do Terceiro Mundo, e medran as diferencias, aquí e a nivel planetario, aumenta a inxustiza e a discriminación, trunfa o egoísmo, a inseguridade e a violencia, en definitiva, perdemos todos.

[*] Manuel Dios Diz é mestre, licenciado en Xeografía e Historia pola USC, preside o Seminario Galego de Educación para a Paz, membro fundador da Coordinadora Galega de ONGDs para o Desenvolvemento.

Artigos publicados no xornal.com
________________

xoves, setembro 29, 2011

O consumismo potencia un modo de vida escravo que nos fai crer que somos felices - Entrevista a Carlos Taibo


De ascendientes galegos e parte da súa obra escrita na súa lingua materna, o profesor titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, escritor e editor Carlos Taibo vai fiando, a través dos seus frecuentes libros e conferencias, o seu pensamento libertario e decrecentista. Das alternativas ao consumo xerado polo sistema capitalista -que para os decrecentistas non respecta nin os recursos naturais nin os dereitos humanos.

O profesor e escritor Carlos Taibo (Madrid, 1956) fala sobre decrecemento, un movemento que vai cobrando máis forza entre persoas de diversos perfís que formula alternativas a un sistema capitalista que ven obsoleto e inhumano .



Cristina M. Sacritán entrevista ao profesor, escritor e activista libertario Carlos Taibo



Escribe moitos libros, case un por ano. Investiga moito ou está inspirado pola tolemia que nos rodea?

Bo, escribín moitos, pero bastante relacionados entre si, ou son reedicións, ou reelaboracions de materiais vellos ... Recentemente recompilei artigos do ano pasado que beben da discusión sobre as pensións, a conduta dos sindicatos, a folga, o plan de axuste, etc. Agora acaba de saír "O decrecemento explicado con sinxeleza" (Catarata), é un libriño de 130 páxinas.


Con el pretende achegar máis as súas teorías a todo o mundo?

Si, está pensado para xente que aspira a acceder a algo complexo da man de argumentos máis sinxelos.


Parece que moitos camiños levan a Roma, relacionados entre si, como os bancos de tempo, auto-produción, cooperativas de consumo... á vez do decrecentismo.

En realidade o que chamamos decrecemento non é unha cousa nova. É o produto dun amasillo de movementos e iniciativas que teñen xa un lapsus temporal bastante prolongado. Pero é verdade que o decrecemento bebe de moitos deses movementos que mencionas, e de xeito máis preciso da idea de que cada vez é máis urxente xerar espazos autónomos nos cales non dominen as regras dos sistemas que padecemos. Creo que é unha vella idea de cariz libertario, anarquizante.


Precisamente en 2010 publicou Libertari@s. A anarquía sería a fórmula máis total para sentirse libre?

Nese libro recollín o adxectivo libertario, aínda que a maior parte das fontes dese pensamento son anarquistas ou anarquizantes. O de libertario paréceme máis interesante porque non reclama unha adhesión ideolóxico-doctrinal. Hai xentes que deciden apostar con descaro pola democracia de base, pola autogestión, que recelan da delegación do poder, que cuestionan as xerarquías, sen ler a Bakunin.


Moitas voces dixeron ao desencadearse esta crise económica que o sistema capitalista está obsoleto, pero non parece que a clase dirixente estea aplicando outras metodoloxías. Iso abócanos a reincidir, en crises cíclicas?

En efecto. Hai problemas, pero para resolvelos aplícanse as mesmas terapias que nos conduciron a eles, cun escenario en termos ético-morais indefendible. Alguén podería dicir "bo, é que hai que reducir o gasto público en sanidade e educación porque é moi alto". Non, a maioría pensamos que é moi baixo, o que ocorre é que hai que tapar os buracos que deixaron as operacións de especulación financeira, bolsista, inmobiliaria rexistradas nos últimos dez anos. Cando hai beneficios, privatízanse; cando chegan as perdas, en cambio, as perdas se socializan.


Televisións e móbiles que se estragan deliberadamente, eficiencia anulada polo consumo ... Este sistema é demencial.

Si, hai unha maquinaria para enganarnos, a obsolescencia programada, pero é rechamante que a aceptemos resignados. Os nosos gobernantes non están interesados en frear eses abusos e as propias asociacións de consumidores non lles prestan particular atención. Por outra banda, calquera convirá que é preferible que utilicemos coches menos contaminantes, pero claro, hai que preguntarse se a súa elaboración é tan gravosa como a dos convencionais. E máis aló: temos que responder se precisamos obxectivamente de coches. O primeiro paso será non utilizalos, e de facelo, que sexan o máis ecolóxicos posibles.


As armas e as novas tecnoloxías sofistícanse mentres miles de persoas morren por desnutrición ...

O que estamos discutindo son as presuntas virtudes do crecemento económico. Dicimos que non xera necesariamente cohesión social, que tampouco se traduce en creación de emprego, que aboca en moitas ocasións a agresións ambientais irreversibles, que nos países ricos aséntase no espolio dos recursos humanos e materiais dos países pobres e no terreo individual potencia un modo de vida escravo que nos fai pensar que seremos máis felices cantas máis horas traballemos e máis bens consumamos. Dispomos de 20 anos lamentables para demostrar que iso non resolve o escenario de exclusión e pobreza que comentas e sitúanos ante un abismo ambiental.


Como nos salvaría o decrecimiento dos espolios de recursos e as abismais diferenzas entre clases?

Creo que está logrando pór no mapa unha actitude cada vez máis recelosa cara ás promesas que nos fan os dirixentes políticos, os economistas e a abafadora maioría dos sindicalistas. De forma máis precisa, habería que reducir a actividade produtiva; no seu caso, clausurala (do automóbil, a militar, a publicidade...). Alguén replicará de inmediato: "Se facemos iso xeraremos millóns de parados na UE". Como encarar ese innegable problema? Botaremos man de dúas fórmulas. Unha, propiciaremos o desenvolvemento das actividades económicas relacionadas coa atención das necesidades sociais insatisfeitas e o respecto do medio natural. Dous, nos sectores económicos convencionais que persistan procederemos a repartir o traballo. Cal será a secuela? Traballaremos moitas menos horas, disporemos de moito máis tempo libre e reduciremos os nosos a miúdo hilarantes e estúpidos niveis de consumo.


Nun mundo dominado pola cobiza, iso é difícil.

Si, aínda que hai partes virxes na nosa cabeza que convenientemente estimuladas conducen a condutas distintas. Outorgar primacía á vida social fronte á lóxica frenética da produción, do consumo; establecer rendas básicas de cidadanía; recuperar a vida local, fronte á globalización desbocada; restaurar formas de democracia directa e autogestión, e no terreo individual, pronunciarnos en proveito da sinxeleza, a sobriedade. Aínda que este non é un proxecto que invite á infelicidade, falamos dun incremento substancial das relacións sexuais nunha primacía dunha vida social afastada do consumo.


Fai o amor e non a guerra, non?

Si, precisamente a vida que temos hoxe está marcada polo branco e negro, pretendemos ampliar o espectro do arco iris.


Nas súas clases na UAM adoita introducir estes termos?

Non, porque alí do que falo é unha cousa moito máis convencional e técnica, de partidos, de burocracias, de eleccións. Nalgún caso préstase, pero polo xeral a disciplina vai por outros camiños.


Pero, os seus alumnos interésanse por iso?

Hai unha minoría que se interesa, si.


Que lle gustaría transmitir?

(Medita) Gustaríame transmitir a idea de que o do decrecimiento é un proxecto provocador, orixinal e que ten respostas obxectivas a moitos dos problemas que debemos afrontar neste escenario de crise, fronte ao que é común nos discursos oficiais, que me parece que non fan outra cousa que volver unha e outra vez sobre si mesmos e as súas miserias. Creo que non deixa indiferente, e que abre un horizonte de reflexión que é cada día máis urxente.

Fonte: http://www.decrecimiento.info/
Fonte: Cristina M. Sacristán - Luns, 16 de Maio de 2011 - http://www.noticiasdegipuzkoa.com/2011/05/16/sociedad/estado/el-consumismo-potencia-un-modo-de-vida-esclavo-que-nos-hace-creer-que-somos-felices



[*] Carlos Taibo Arias -Madrid 1956, é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, escritor e activista social, partidario activo do movimento polo "Decrecimento". Forma parte do Consello Editorial de "Sin Permiso" e "Altermundo".
[+ info]

Web persoal de Carlos Taibo:
http:// www.carlostaibo.com
___________

Precariedade sen límite, ... Por Suso Díaz

Por Suso Díaz [*]
29.09.2011

O pasado xoves o Parlamento cometeu unha nova tropelía contra as e os traballadores: co voto en contra da esquerda aprobou dúas reformas que permiten, durante dous anos, a precariedade sen límites. A primeira, estende os contratos de formación ata os 30 anos!; a segunda, permite o encadeamento ilimitado dos contratos temporais. As dúas medidas avanzan na precariedade, abaratan os custes laborais e aumentan o poder dos empresarios nas empresas: o que antes era ilegal, agora non, premiando con elo aos infractores. A patronal atópase cun regalo inesperado: todos os contratos poden ser temporais.

Coa existencia dunha patronal que na súa maioría non ten sentido empresarial o resultado será un desastre para o sistema produtivo, a innovación tecnolóxica e a formación da man de obra; o imprescindible cambio de modelo produtivo, hai tantos anos demandado polos sindicatos, para competir nos mercados globalizados pasará a mellor vida. Con estas nefastas medidas o goberno favorece a eses non-empresarios que todo o fían aos baixos salarios e a superexplotación dos traballadores para obter beneficios, que non para competir.

Tampouco é verdade a xustificación de que é mellor que as e os mozos traballen con contratos temporais a que estean no paro; é un argumento falaz. O emprego depende das necesidades das empresas: o empresario contratará traballadores si os necesita para atender os pedidos e non porque haxa unha lexislación que permite a contratación temporal. O único efecto que vai ter é a substitución de traballadores fixos por temporais.

Temos a experiencia dos gobernos de Felipe Gonzaléz; os que xa peitamos canas lembramos a González na TVE interrogando á opinión pública: “¿Qué es mejor que un joven trabaje con un contrato temporal o que esté en el paro?” Resultado da pregunta: España triplica dende aquela a taxa de precariedade da UE-15 e se converteu no pais con máis taxa de paro total e xuvenil. Incluso, cando crecía máis que os demais países e algúns presumían de ser os alumnos avantaxados da UE, o paro en España aproximábase aos dous millóns de persoas.

Cales van ser os resultados destas medidas? Os mesmos que tivo González e a reforma laboral do ano pasado; non haberá máis emprego porque este depende do crecemento da economía e da actividade das empresas e coa aplicación das mal chamadas políticas de austeridade camiñamos cara ao estancamento ou a recesión. O único seguro é que aumentarán os contratos temporais.

Para que enganármonos: o goberno adopta estas medidas pola asunción dos principios neoliberais e a submisión ás imposicións de Merkel-Sarkozy e os organismos internacionais. Con elo pensa que vai evitar os ataques á débeda pública por parte do sistema financeiro especulativo. Craso erro: aos especuladores pouco lles importan as reformas laborais e moito os beneficios obscenos e rápidos. Por iso sube a prima de risco española malia os recortes laborais e sociais contra a maioría da poboación.

Por último, quero expresar a miña oposición ao despido dos traballadores de Xornal.com e rexeitar a actitude da empresa de pechar un xornal dixital que é referencia en Galicia. Nesta situación non me atopo en situación de seguir colaborando con este medio. Síntoo moito pero máis sinto que 38 persoas se queden sen emprego.

Último artigo publicado no Xornal de Galicia 24.09.2011

[*] Suso Díaz, foi Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia
[+ Info]

Miles de traballadores e traballadoras da construción naval percorreron este mércores as rúas de Ferrol en demanda de carga de traballo para os estaleiros da Ría


Miles de traballadores e traballadoras de Navantia e as auxiliares percorren as rúas de Ferrol para esixir a construción do dique flotante

O persoal lembra que 17.000 empregos na comarca dependen da actividade do sector naval

Miles de traballadores e traballadoras de Navantia e da industria auxiliar percorreron este mércores as rúas de Ferrol en demanda de carga de traballo para os estaleiros da ría e para reclamar a construción do dique flotante, unha infraestrutura vital para a supervivencia do sector naval da comarca. Os traballadores/as marcharon até o Concello de Ferrol, onde unha representación sindical mantivo un encontro co alcalde da cidade. A protesta terá continuidade o próximo 5 de outubro, día no que o persoal realizará unha manifestación dende as instalacións do Perlío até o Casa Concello de Fene.


Pouco despois das 10:30 horas, miles de traballadores e traballadoras de Navantia Fene e Ferrol e da industria auxiliar abandonaban as instalacións do Esteiro para encamiñarse cara a Praza de Armas, onde a representación do persoal tiña previsto manter un encontro co alcalde da cidade. A consigna, definida e directa: “Carga de traballo xa. 17.000 postos de traballo en xogo”.

Baixo esta premisa, os traballadores/as marcharon cunha idea clara na cabeza “queremos facer o que sabemos: construír e reparar barcos”. E así o transmitiron coas ducias de barcos de papel que os manifestantes foron depositando nas escaleiras de acceso ao consistorio ferrolán. Dentro, representantes sindicais e os presidentes dos Comités de Navantia expuñan ao alcalde da cidade, José Manuel Rey, e os voceiros municipais dos partidos, as reivindicacións do sector, urxindo ao responsábel do goberno local a pór en marcha toda a maquinaria político-administrativa para esixir da administración pública a construción inmediata do novo dique.

Un dos voceiros da Unión Comarcal da CIG de Ferrol e membro da sección sindical da CIG en Navantia, Manel Grandal, censuraba á saída do encontro (que se prolongou durante case unha hora) que “unha vez máis, houbo que explicarlle ao alcalde que non se trata de realizar estudos nin proxectos, senón de pórse a traballar e defender o que seu propio partido, xunto coas demais forzas políticas con representación no Parlamento galego, aprobaron. Non se trata doutra cousa”. Grandal referíase á proposición aprobada hai unhas semanas no Pazo do Hórreo instando á Xunta e ao goberno estatal a unir esforzos e a dispor os recursos precisos para crear a plataforma na ría.

Podemos entender todos os problemas económicos”, aclaraba, “pero a construción desta infraestrutura non é unha cuestión económica, senón política”. Neste sentido, dende a CIG de Ferrol subliñan que a construción do dique flotante supón unha inversión asumíbel, amortizábel e que permitiría aos estaleiros da ría competir dentro do mercado de reparación de buques ao máximo nivel. Un mercado que, ademais, o sector perderá de non acometerse esta obra, por non ter capacidade para atender aos buques de maior tamaño.

Sen novos contratos

Coas mobilizacións, os traballadores/as queren chamar a atención sobre a crítica situación que atravesa o naval da ría de Ferrol, sumido nun regueiro de despedimentos, que afecta especialmente ás industrias auxiliares, e sen novos contratos de traballo á vista. A construción do novo dique flotante permitiría paliar este problema de xeito inmediato, pois achegaría carga de traballo para Navantia e as subcontratas durante os próximos dous anos.

Calendario de mobilizacións

A mobilización desta mañá enmárcase no calendario de protestas que os traballadores e traballadoras van realizar nas próximas semanas. Así, o mércores 5 de novembro está convocada unha nova manifestación, mais nesta ocasión trasladarase até a outra beira da ría. Arredor das 10:30 horas, o persoal sairá do estaleiro do Perlío cara a Casa Concello de Fene, onde tamén agardan manter un encontro co alcalde da localidade.

O calendario de protestas culminará o domingo 6 de novembro cunha gran manifestación comarcal convocada por CIG, CCOO, UGT e USTG en defensa do emprego e do sector naval. A marcha partirá ás 12:00 horas dende o Inferniño baixo o lema “Polo emprego e o futuro da comarca. O naval é fundamental. Carga de traballo xa”.

Galería de imaxes

Fonte: Avante

A noticia no Diario de Ferrol

A noticia na web de CCOO
____________________

A sorte de Fabra a guapa deséxaa, ... Por Manolo Saco - Vídeo - Enlaces


Por Manolo Saco [*]
29.09.2011

No ano 2000 tócanlle na lotería 113.000 euros. No 2001, 103.000. No 2002, 29.000. No 2003, a fortuna dálle esquinazo, ata que ao ano seguinte prémialle con 23.000 máis. Como alcanzado polo raio da graza divina, en 2008 tócanlle dous millóns de euros no Gordo da Lotería do Neno, esa especie de convocatoria de setembro para os suspensos en Nadal. Escríboo con número, que queda máis lindo: 2.000.000 de euros.

Segundo os inspectores de Facenda que no seu día elaboraron un informe para o xulgado de Nules sobre a fortuna de Carlos Fabra, o ex presidente da Deputación de Castelló, do PP, o protagonista deste conto, e nunca mellor dito, podería defraudar a Facenda case un millón de euros polo bonito método de saírlle negativa, ou sexa ¡a devolver!, a declaración da renda anual.

Non é o caso de Fabra, por suposto, deus me  libre, porque a xente do PP é moi medorenta de deus ... pero hai xente con sorte igual de sospeitosa que se dedica a comprar, coa conivencia criminal dos bancos, boletos de lotería premiados, exentos de impostos, para blanquear diñeiro procedente de operacións inconfesables. Fabra non quere bromas co asunto. Por iso propúxose gañar 30.000 euros máis coa denuncia nos xulgados (que che toque un xuíz máis que amigo tamén é unha lotería) contra unha organización, o Bloc d'Ontinyent, que editou no seu día uns falsos boletos de lotería [**] coa imaxe sinistra do político "con moita sorte" (recoñezamos que Fabra guapo, o que se di guapo, non é, pero recordade que a sorte da fea a rica deséxaa) e co lema de "a Lotería que sempre toca".

Segundo os matemáticos, tiña as mesmas posibilidades de que lle tocase tantas veces a lotería e tal fabulosa cantidade de diñeiro como que lle caese encima o satélite ese de a NASA que non aparece. Pero a sorte, iso que os pescadores de números pretenden atrapar co ditoso cálculo de probabilidades, é impredicible e así de caprichosa. A proba está en que Fabra segue vivo e rico, e os matemáticos son todos uns mortos de fame.

Fonte: Fuego Amigo -Público 29.09.2011.

[*] Manuel Saco Cid -Manolo Saco- Orense 1947, é xornalista. Desde o ano 1970 desempeñou diversas ocupacións entre as que cabe destacar as de primeiro redactor da revista Cambio 16, director da revista Cidadán de defensa do consumidor, xefe da sección de Economía, e, posteriormente, de Cultura e Sociedade dos Servizos Informativos de TVE, subdirector do diario El Sol e outros.

"Aos cinco anos entrei a estudar nas Carmelitas, aos sete, nos Maristas, e aos dez, nos Salesianos. A miña chegada á Universidade coincidiu coa revelación divina de que divos non existía. Son xornalista desde fai 37 anos. Entre outros oficios, fun o primeiro redactor de Cambio 16, director da revista Cidadán, xefe de Cultura dos telexornais de TVE, redactor xefe da Gaceta dos Negocios e subdirector do diario El Sol. E a todos eles sobrevivín. E ademais, son o que se di un saco sen fondo de virtudes".

Na actualidade é columnista de opinión política no diario "Público" e no diario gratuíto "20 Minutos" a través do seu blog, ao que se accede desde ambos os rotativos e que desde novembro de 2009 pasou a estar integrado dentro de "Público".

Saco sen fondo, blogue de Manolo Saco en 20Minutos:
http://blogs.20minutos.es/manolosaco/

Fuego amigo, blogue de Manolo Saco en Público:
http://blogs.publico.es/manolosaco/

De que opina Manolo Saco:
aborto, Aguirre, Aznar, Berlusconi, Bildu, burka, Camps, Carlos-Fabra, controladores-aéreos, Cospedal, crisis, Cuba, Egipto, elecciones, Esperanza-Aguirre, ETA, Francisco-Camps, Garzón, González-Pons, Gürtel, Haidar, huelga, huelga-general, Iglesia, Jaume-Matas, José-Bono, jueces, Libia, Mariano-Rajoy, Obama, Papa, Partido Popular, PP, PSOE, Rajoy, Ratzinger, Rouco-Varela, Rubalcaba, Sarkozy, sindicatos, tabaco, toros, TVE, Vaticano, Zapatero
[**] Os boletos non eran falsos, de feito tocou a pedrea.
_________________

Quen é Carlos Fabra ?

Carlos Fabra Carreiras (Castelló da Plana, 1946) é un coñecido político e empresario valenciano, que exerceu de Presidente da Deputación de Castelló entre 1995 e 2011. Así mesmo, é un dos líderes do Partido Popular na provincia.

É o creador da Fundación Blasco de Alagón. Ten un despacho de avogados, unha correduría de seguros e varias empresas.

Máis info:

Un vídeo clarificador:

Un modo de conseguir financiamento e vender lotería é o que presenta o bloc de Ontinyent, que atopou un reclamo que parece infalible: a imaxe de Fabra. Dado que ao ex presidente da Deputación de Castelló casualmente tocoulle a lotería catro veces nos últimos anos, decidiron vender participacións coa foto de Fabra e o slogan: a lotería que sempre toca.


Fonte: http://youtu.be/Db_OxJ35iLA
______________________

Wangari Muta Maathai, in memoriam, 1940-2011, ... Por Manuel Dios Diz


Wangari Muta Maathai, in memoriam

Por Manuel Dios Diz [*]
29.09.2011

Muller, africana, de Nyieri, en Kenia, activista contra do cambio climático, Premio Nobel da Paz 2004, a muller árbore, deixounos o pasado día 26 de Setembro, vítima dun cáncer de osos que arrastraba desde hai tempo.

Ecoloxista, bióloga, veterinaria, ministra de Medio Ambiente, Wangari Maathai non era exactamente unha pacifista aínda que as súas contribucións a favor do desenvolvemento sostible, desde a perspectiva de estar en paz co medio natural, si que era motivo máis que suficiente para recibir o máximo galardón internacional en relación coa paz, desde logo, moito máis axeitado que o de Al Gore ou o doutros premiados en Oslo e que non merece a pena lembrar.

A vida de Wangari Maathai está chea de primeiros postos, como muller, como africana, licenciada en bioloxía, foi a primeira doutora en medicina veterinaria de África, profesora de anatomía veterinaria na Universidade de Nairobi, e a primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz.

Foi a fundadora dun movemento social africano e internacional de mulleres coñecido como "Cinturón Verde", empeñado en evitar a erosión do chan coa plantación de millóns de árbores e así mellorar tamén a calidade de vida das africanas. De aí ven o seu alcume de "Tree Woman" ou "Muller árbore".

Estivo detida en varias ocasións e foi agredida violentamente por defender eleccións libres e o pluralismo político en Kenia. Elixida deputada co 98% dos votos en 2002, foi Ministra de Medio Ambiente, Recursos Naturais e Vida Salvaxe e un ano despois fundou o Mazinguira Green Party, un partido político de corte ecoloxista. En 2005 pasou a presidir o Consello Económico, Social e Cultural da Unión Africana.

Cando o Comité Nobel deulle o Premio en 2004, destacou a súa traxectoria en defensa do medio natural, da democracia, a liberdade, e o pluralismo, xunto coa súa capacidade de resistencia contra da opresión política e a coraxe persistente na promoción da igualdade de xénero e a mellora da calidade de vida das mulleres.

Non só recibiu o Nobel da Paz, tamén o Nobel alternativo, o de investigación Goldman, o de África, e o Petra Kelly, entre outros.

Wangari Muta Maathai, cando recibiu o Premio Goldman dixo "Ata que caves un burato, plantes unha árbore, a regues e a fagas sobrevivir, non fixeches nada. Só estás falando".

En 2006 estivo en Gernika, e diante da Casa de Xuntas, afirmou: " Alégrame saber que aquí, como acontece en moitos lugares de Africa, cando tedes problemas e necesidade de dialogar, o facedes debaixo da sagrada sombra dunha árbore".

Ten publicado varios libros, algúns poden atoparse en castelán, como Cinturón Verde ou Con la cabeza bien alta.

Foise Wangari Maathai mais quédanos o seu exemplo, o seu traballo, a súa firmeza e alegría, o seu sorriso, pero sobre todo, o seu pensamento. Estamos seguros de que descansará en paz, ao pé dunha árbore maxestosa, alá, en Africa, na Kenia que tanto amou, natureza plena, Parque Uhuru de Nairobi, que ela salvou...

[*] Manuel Dios Diz, é mestre, licenciado en Xeografía e Historia pola USC e preside o Seminario Galego de Educación para a Paz.

Artigos publicados no xornal.com
_____________________

mércores, setembro 28, 2011

Sondaxes arqueolóxicas no castro d'A Insua, parroquia de Boebre, en Pontedeume

Sondaxes arqueolóxicas na Insua

A asociación Ardóbriga ten o gusto de informar que estamos estes días a desenvolver uns traballos arqueolóxicos no castro de A Insua, na parroquia de Boebre (Pontedeume). Estes traballos están dirixidos polo arqueólogo Fidel Méndez, asiduo colaborador de Ardóbriga, e consisten na realización dunhas catas de sondaxe nas que pretendemos atopar os restos da primitiva igrexa parroquial, de cuxa existencia temos constancia grazas ao descubrimento dos desaparecidos libros parroquiais por membros da asociación. Ademáis procuraremos chegar ata niveis de ocupación castrexa coa intención de establecer unha datación do castro, sequera aproximada.

Se queredes podédevos achegar ata o xacemento e vos informaremos do estado dos traballos. Chégase tomando a estrada AC-7803 que vai de Miño a Pontedeume e, no km 5(+-) no extremo da recta de Boebre máis próximo a Perbes, colledes unha pista asfaltada sinalizada co nome de A Insua. Ao final desa pista, e si non chove ou é fin de semana, estaremos algún de nós.

Grazas e un saúdo
Antón Prego
Asociación Ardóbriga
http://www.ardobriga.com/

Enviado por:
Asociación Cultural Ardóbriga
-asc.ardobriga@gmail.com-
28 de setembro de 2011 21:20
_______________

As mentiras da austeridade, ... Por Serge Latouche

Interesante e actual artigo de Serge Latouche que paga a pena ler e difundir. Desde Ártabra 21 recomendamos debater e reflexionar sobre o seu contido.

Serge Latouche [*]
28.09.2011

Fronte á sociedade do crecemento sen crecemento, o autor formula unha entrada na sociedade do decrecemento, ou de prosperidade sen crecemento.

A "ricuperación" é o que se propuxo no cume do G20 de Toronto, un programa que anunciou simultaneamente a recuperación e a austeridade. O acordo final dese cume fíxose baixo unha síntese errada: a continuación da economía controlada polo rigor e a austeridade medida pola recuperación. A ministra de Economía francesa, que non era aínda presidenta do FMI, Christine Lagarde, arriscouse entón ao neoloxismo "ricuperación", unha contracción dos termos rigor e recuperación.

Rexeitamento da austeridade

A crise grega inscríbese no contexto máis amplo da crise do euro e dunha crise de Europa. E por suposto dunha crise da civilización da sociedade de consumo, unha crise que une crise financeira, económica, social, cultural e ecolóxica. A miña convicción é que resolvendo a crise de Europa e do euro, se non a crise da civilización consumista, resolveremos a crise grega, pero mantendo Grecia a golpes de préstamos condicionados por curas de austeridade, non salvaremos nin a Grecia, nin a Europa e afundiriamos os pobos na desesperación.

Rexeitar a austeridade é levantar dous tabús que son a base da construción europea: a inflación e o proteccionismo. As políticas arancelarias sistemáticas de construción e reconstrución do aparello produtivo, de defensa de actividades nacionais e de protección social, e as de financiamento do déficit orzamentario por un recurso razoado á emisión de moeda procreando aquela inflación moderada preconizada por Keynes, acompañaron o crecemento das economías occidentais da posguerra, "en verdade o único período na historia moderna no que as clases traballadoras gozaron dun benestar relativo". Estas dúas ferramentas foron proscritas pola contrarrevolución neoliberal.

Como todas as ferramentas, o proteccionismo e a inflación poden ter efectos negativos e perversos "efectos que se observan a día de hoxe pola súa utilización vergoñosa" pero é indispensable recorrer a estes de xeito intelixente para resolver socialmente de forma satisfactoria as crises actuais. Por iso, hoxe necesítase probablemente saír do euro, a falta de podelo corrixir. A moeda pode ser un bo servidor, pero sempre será un mal amo. Notamos que a recuperación da señora Lagarde non é a recuperación productivista de Joseph Stiglitz, é a recuperación da economía de casino, a da especulación bolsista e inmobiliaria, esencialmente. Para os gobernos vixentes, o slogan "recuperación e austeridade" significa a recuperación para o capital e a austeridade para as poboacións.

En nome da recuperación, amplamente ilusoria, do investimento e do emprego, báixase ou elimina o produto social e o imposto sobre beneficio das empresas. Renúnciase a toda imposición sobre os beneficios bancarios e financeiros, mentres que a austeridade asesta un duro golpe aos asalariados e ás clases medias e inferiores con descensos das remuneracións, redución de prestacións sociais, retroceso da idade de xubilación, etc. Para completalo e preparar a mítica recuperación, desmantélanse máis os servizos públicos e privatizamos de golpe o que aínda non o foi, con supresión masiva de postos (ensino, saúde, etc.).

Asistimos a unha estraña competición masoquista da austeridade. O país A anuncia un descenso dos soldos de 20%, enseguida, o país B anuncia que o fará mellor con 30%, mentres que o país C por non deber nada a ninguén se apresura a engadir medidas aínda máis rigorosas. Esta política de austeridade estúpida non pode procrear outra cousa que un ciclo deflacionista que precipitará a crise que a recuperación puramente especulativa non impedirá; e os Estados, sen substancia, xa non poderán esta vez salvar os bancos a golpes de miles de millóns de dólares. O problema, efectivamente, vén dado polo feito de que na práctica, a crise do endebedamento dos Estados é só unha parte do problema.

Polo que concierne á débeda pública, a súa anulación correría o perigo de afectar non só a bancos e especuladores, senón tamén directamente ou indirectamente aos pequenos aforradores que confiaron no seu Estado e en bancos, que realizaron investimentos complexos ás súas costas. Unha reconversión negociada (o que equivale a unha bancarrota parcial), como ocorreu en Arxentina despois do desmoronamiento do peso, ou logo dunha auditoria, como propón Eric Toussaint que determine a parte abusiva da débeda, é sen ningunha dúbida preferible. Nunha sociedade de crecemento sen crecemento, o que corresponde máis ou menos á situación actual, o Estado está condenado a impor aos cidadáns o inferno da austeridade. É para evitar iso para o que é necesario emprender unha saída da sociedade de crecemento e construír unha sociedade de decrecimiento.

Rexeitamento da "recuperación"

Bos espíritos, como Joseph Stiglitz, preconizan antigas receitas keynesianas de recuperación do consumo e de investimento para que se reparta o crecemento. Esta terapia non é desexable. Non é desexable, porque o planeta xa non o pode soportar, non é posible quizais, polo feito do esgotamento dos recursos naturais. Trátase de saír do imperativo do crecemento. Dito doutro xeito, de rexeitar a procura obsesiva do crecemento. Esta non é (e non ten que selo) unha meta por si mesma; xa que non constitúe o medio de suprimir o desemprego. Débese intentar construír unha sociedade de abundancia frugal, ou para dicilo como Tim Jackson, de "prosperidade sen crecemento".

O primeiro paso da transición tería que ser a procura do pleno emprego co fin de remediar a miseria dunha parte da poboación. Isto podería ser realizado grazas a unha relocalización sistemática das actividades útiles, unha reconversión progresiva das actividades parasitarias como a publicidade ou daniña como a nuclear e o armamento, e unha redución programada e significativa do tempo de traballo. Para o demais, darlle á máquina de facer billetes e establecer unha inflación controlada (digamos máis ou menos 5% ao ano) é o que preconizamos.

Por suposto, este fermoso programa é moito máis fácil de anunciar que de realizar. No caso de Grecia, supón como mínimo saír do euro e restablecer o dracma, probablemente inconvertible, co que iso implica: control dos cambios e restablecemento das aduanas. O necesario proteccionismo selectivo daquela estratexia arrepiaría aos peritos de Bruxelas e da Organización Mundial do Comercio. Desta parte esperaríanse represalias e tentativas de desestabilización exteriores asociadas con sabotaxes de intereses lesionados desde o interior. Este programa parece a día de hoxe moi utópico, pero cando esteamos ao fondo do marasmo e da verdadeira crise que nos está axexando, parecerá desexable e realista.

Conclusión

Na estratexia grega antiga, a catástrofe é a escritura da estrofa final. Aquí estamos. Un pobo vota masivamente por un partido socialista cuxo programa era case socialdemócrata que, sometido á presión dos mercados financeiros, impón unha política de austeridade neoliberal obedecendo ás conminaciones conxuntas de Bruxelas e do Fondo Monetario Internacional. O euro impón a Grecia rexeitar democraticamente esta imposición, como fixo Islandia. Está claro que na súa maioría, o pobo grego probablemente non aceptaría, ou en calquera caso non facilmente, as consecuencias da rupturas co euro (repudio polo menos parcial da débeda pública, expulsión de Europa, embargo dos países "expoliados", fuxida de capitais, etc.). Pero "o sangue e as bágoas" seguindo a fórmula de Churchill, xa están aquí, só que sen esperanza da vitoria. O proxecto do decrecimiento non pode aforrar este sangue e aquelas bágoas, pero polo menos, abre a porta á esperanza. O único xeito de escaparse diso, desexámolo ardentemente, sería lograr sacar a Europa da ditadura dos mercados e construír a Europa da solidariedade, da convivencia, este cemento do lazo social que Aristóteles chamaba "philia".

Fonte: Tradución: Carole Charraud - En Diagonal
Orixinal en francés: 'A double imposture da rialance' - 26 de setembro de 2011
Fonte: http://www.decrecimiento.info/

Texto traducido, ao Galego, por Ártabra 21, apoiando-se nos recursos públicos de tecnoloxía lingüística desenvolvidos polo o Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo.

[*] Serge Latouche, é licenciado en ciencias políticas, filosofía e ciencias económicas. Profesor emérito de economía da Universidade Paris-Sud (Orsay), é especialista en relacións económicas e culturais Norte-Sur e en epistemoloxía das ciencias sociais. É tamén autor de "Sobrevivir ao desenvolvemento" e "A aposta polo decrecimiento".

No buscador de Google: buscar
__________________

Rádio Filispim presenta nova grella para 2011-2012, este Sábado 1 de Outubro en Caranza - Festa e petiscos desde as 12 do mediodía con Quant e Die Tsunami

X Sesión Vermú do Colectivo Opaíí!! - Rádio FilispiM, presentación da súa sétima grella.

O vindeiro sábado 1 de outubro de 2011 a partir das 12 do mediodía, o Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, argalla a súa X [décima] Sesión Vermú. Vai ser no local anexo ao seu estudio, na traseira do Mercado de Caranza.

No transcurso da mesma apresentarase a grella radiofónica 2011/2012 da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, no seu xa sétimo curso radiofónico.

As persoas responsábeis dos programas de produzón propia apresentarán as súas propostas, as que se sumarán as novas incorporacións a grella da radio, dentre delas un programa de literatura, "Literalmente", e outro de música hip-hop, "Ferrolterrap".

Como é habitual a sesión vermú "filispina" estará amenizada por música. Nesta ocasión contamos coa colaboración desinteresada dos grupos locais: Quant [Quant no facebook] e Die Tsunami [Die Tsunami no facebook].

Haberá petiscos, cervexa e, claro, vermú. Como a radio é autoxestionada, quen quixer colaborar no seu sostemento, poderá mercar camisolas co logo da radio e redondas chapas.

Un programa de radio en directo servirá para rexistrar e difundir a toda a comarca a nova grella da Rádio FilispiM, ao través do 93.9 FM e como novidade, tamén para o mundo en directo ao través do streaming, activando o reprodutor que se atopa no blogue do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM, http://opaii.blogspot.com

Máis info en: http://opaii.blogspot.com/2011/09/radio-filispim-comeza-sua-setima-grella.html









OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
Ao Vivo: http://www.ustream.tv/channel/filispina
E-mail: filispina@gmail.com
Direcçom Postal: Avda. Castelao S/N [baixos do mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol


Enviado por:

Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
27 de setembro de 2011 13:08
Para a súa difusión.
Obrigad@s!
_________________

martes, setembro 27, 2011

Segunda xornada de Folga no Ensino, hoxe 27 de Setembro, para frear as agresións contra o sistema educativo público e contra o profesorado - Aulas Indignadas e Comprometidas


Hoxe 27 de Setembro de 2011, @s docentes da Galiza están chamad@s a secundar unha nova xornada de Folga Xeral no Ensino Público, será a segunda para frear as agresións contra o sistema educativo público e contra o profesorado. Estas mobilizacións están convocadas de xeito unitario pola maioría dos sindicatos do ensino con presencia na Galiza.

O profesorado tamén está convocado a unha Manifestación Nacional, pola mañá en Compostela que sairá desde a Alameda de Compostela ás 11:30 hs  e rematará diante dos Edificios Centrais da Xunta de Galicia en San Caetano.

Proposta de manifesto de Aulas Indignadas e Comprometidas:



Fonte: http://youtu.be/j1SKOq-iER8
  • Somos profes indignad@s,
  • somos profes comprometid@s co ensino público!
  • Aulas Indignadas é um colectivo cidadán formado por docentes, un colectivo auto-organizado, plural e aberto, que funciona asembleariamente.
  • Diante dos ataques da Xunta de Galiza contra o ensino público queremos responder con creatividade, acción e voz crítica, nun proceso de participación no que queremos contar contigo.
  • Porque atacan o ensino público, atacan o profesorado e, especialmente, os nosos alumnos e alumnas, os nosos fillos e fillas.
  • Atacan o ensino público porque é un ben público, social, igualitario, e eles defenden os intereses privados, elitistas, supremacistas.
  • Atácannos porque nas nosas escolas nós queremos educar e eles nas súas queren facer negocio.
  • Atácannos porque nas nosas escolas aprendemos os números que eles falsificam e as palabras que eles manipulan,
  • Atácannos porque queremos unha escola laica e a eles queren que aprendamos o seu "padrenuestro",
  • Atácannos porque aprendemos a informarnos descubrindo as manipulacións dos medios que eles pagan e controlan,
  • Atácannos porque nas nosas escolas aprendemos a valorar o noso país, a nosa cultura e a nosa lingua, que eles desprecian,
  • Atácannos porque nas escolas aprendemos a respectar a diversidade cultural e eles defendem o uniformismo
  • Atácannos porque nas escolas aprendemos que o pobo unido xamais será vencido e eles cren na lei do máis forte,
  • Atácannos porque nas nosas escolas aprendemos os dereitos dos trabalhadores e eles apoian a explotación laboral,
  • Atácannos porque nas escolas aprendemos a crear, a imaxinar, a ser os artistas libres que eles desprecian,
  • Atácannos porque nas escolas aprendemos a compartir e a defender a xusticia social, e eles defenden o individualismo,
  • Atácannos porque nas escolas aprendemos a dicir Non ás guerras que eles apoiam,
  • Atácannos porque nas escolas aprendemos a traballar en grupo, a debater e decidir en pé de igualdade e eles son mandóns e autoritaristas,
  • Atácannos porque aprendemos a respectar a natureza que eles agreden e destrúen,
  • Atácannos porque nas nosas escolas aprendemos a ser mulleres libres e eles defenden o poder machista e patriarcal,
  • Atácannos porque queremos cambiar e mellorar este mundo e eles son os que o empeoran.
Somos profes indignad@s

Non á redución da calidade do ensino público.
Comprometid@s coa pública, indignad@s coa administración.

Aulas Indignadas e Comprometidas:
http://aulasindignadas.blogaliza.org/
___________

Protesta pola a entrada na Ría de Ferrol do LNG "Gemmata" para Reganosa - Galería Fotográfica - Video

Tags

O LNG "Gemmata", cargado con miles de toneladas de gas natural licuado -LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa, entrou na Ría de Ferrol, este Luns 26 de Setembro de 2011. Esta entrada, supon xa a 101, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia realizou unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, ás 8 da Tarde, na Praza de Amboaxe, no barrio da Madalena, con moi importante suceso.

Fotos de Susete'70 - Albúns do Comité

Concentración de protesta e denuncia e intervención de Manuel R. Carballeira Coordenador do Coimté Cidadán de Emerxencia


Fonte: http://youtu.be/3rLQKvvI8I0
__________________

Para contactar e apoiar ao Comité:

Blog solidario coa veciñanza de MeáComité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

____________________

luns, setembro 26, 2011

Galería Fotográfica das mesas e asembleia da xornada do Domingo 25 de Setembro de 2011 - Áudios da restransmisión en directo de Rádio Filispim das dúas últimas mesas da Xornada


A Galería Fotográfica pertence á Xornada do Domingo 25 de Setembro de 2011 do Foro Social de Ferrol Terra na que se desenvolveu dúas mesas e unha asemblea en Xornada de mañá:

"Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos? É posíbel outra política, outra xestión municipal? Cara un poder popular constituínte?", presentada por Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulheres e que interviñeron: Secundino García Casal, alcalde de San Sadurniño; Martiño Noriega Sánchez, alcalde de Teo; Juan Manuel Sánchez Gordillo, alcalde de Marinaleda, Sevilla.

"Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? A vida individual e a vida colectiva. Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida?", presentada por Bárbara Primo, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres, na que interviñeron: Tareixa Ledo Regal, socióloga, activista feminista, especialista en Terapia do Reencontro, vinculada ao Sindicato Labrego Galego; Manuel Miragaia Doldán, activista social, escritor e filósofo; Manuel Monereo Pérez, advogado, escritor e investigador do Centro de Estudos Políticos e Sociais (CEPS).

O Colectivo Opaii! de Rádio Filispim restramiteu en directo o Foro Social. A continuación publicamos os audios das dúas últimas: un sobre "Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos? ...", e outro sobre "Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? ...", máis adiante publicaremos os audios das asembleais, pode-se acceder aos mesmos no sitio na rede do Colectivo: http://opaii.blogspot.com/


O Consello Local do FSdeFerrolTerra, tamén publicará na rede, os vídeos das Mesas, do cal daremos conta, no momento da súa edición e o notificaremos por correo-e a todas as persoas inscritas no Foro e a aquelas que no-lo soliciten.


Áudios


Mesa 5: "Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos? É posíbel outra política, outra xestión municipal? Cara un poder popular constituínte?"



Descargar o audio


Mesa 6: "Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? A vida individual e a vida colectiva. Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida?"



Descargar o audio
_______________

Galería Fotográfica das mesas e asembleias do Foro Social de Ferrol Terra da xornada do Sábado 24 de Setembro de 2011 - Áudios da restransmisión en directo de Rádio Filispim das catro mesas da Xornada de mañá e tarde


A Galería Fotográfica pertence á Xornada do Sábado 24 de Setembro de 2011 do Foro Social de Ferrol Terra na que se desenvolveu catro mesas e dúas asembleas:

"O Movemento 15-M , que hai de novo? - Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo 'democrático' actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M", presentada por Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulheres. E na que interviñeron: Sechu Sende, escritor, profesor e activista de Aulas Indignadas e Comprometidas; Martinha Suárez Martínez, activista da #acampadaferrol; Jordi Calvo Rufanges, economista, activista social e investigador sobre os movimentos sociais.

"Son posíbeis outros medios de comunicación? - Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?", presentada por Xesús Manuel Díaz Suárez, activista sindical e do movimento veciñal, na que interviñeron: Lois Rodríguez Martínez, cofundador da Asociación de Medios en Galego; Belén Puñal Rama, xornalista, investigadora, foi redactora da revista Tempos Novos; Mariano E. Fernández Cabarcos, Coordenador Legal da Rede de Medios Comunitarios (ReMC).

"Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético - A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento", presentada por Manuel R. Carballeira, coordenador do Comité Cidadá de Emerxencia, na que interviñeron: Xoán Ramón Doldán García, profesor de economía aplicada e ecoloxista; Manuel Rivera Iglesias, presidente da Asociación de Economía Social Briante e promotor da Cooperativa intercultural Armeria; Isabel Vilalba Seivane, activista sindical agraria, do movimento internacional agrario 'La Via Campesina'.

"Como podemos frear a perda de dereitos? - É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?", presentada por Xoán Lorenzo Lourido, activista social, vinculado a Nova Escola Galega e ao STEG, na que interviñeron: Merche Díaz López, da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, sindicalista; Silvia Bermúdez Pérez, sindicalista da CIG, licenciada en dereito, vinculada á FESGA; Xesús Díaz Díaz, ex-secretario xeral de CCOO-Galicia; Vitoria Iglesias Morales, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.

O Colectivo Opaii! de Rádio Filispim está restramitindo en directo o Foro Social. A continuación publicamos os audios das catro primeiras mesas: un sobre "O Movemento 15-M , que hai de novo? ...", e outro sobre "Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?", "Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético" e "Como podemos frear a perda de dereitos? - É posíbel frear a ofensiva capitalista? ...", máis adiante publicaremos todos os audios incluidos os das asembleais, pode-se acceder aos mesmos no sitio na rede do Colectivo: http://opaii.blogspot.com/


O Consello Local do FSdeFerrolTerra, tamén publicará na rede, os vídeos das Mesas, do cal daremos conta, no momento da súa edición e o notificaremos por correo-e a todas as persoas inscritas no Foro e a aquelas que no-lo soliciten.


Áudios


Xornada de Mañá


Mesa 1: "O Movemento 15-M , que hai de novo? - Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo 'democrático' actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M"



Descargar o audio


Mesa 2: "Son posíbeis outros medios de comunicación? - Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?"



Descargar o audio


Xornada de Tarde


Mesa 3: "Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético - A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento"



Descargar o audio


Mesa 4: "Como podemos frear a perda de dereitos? - É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?"



Descargar o audio
___________

As actuacións musicais no Foro Social de Ferrol Terra do venres 23 de Setembro de 2011 - Vídeos

Foro Social de Ferrol Terra
Ferrol, 23, 24 e 25 de Setembro de 2011

Actuación Musical

O venres 23 de Setembro de 2011, unha vez rematada a manifestación deu comezo un pequeno concerto, no mesmo lugar onde finalizou a manifestación. O concerto de "Voces Indignadas e Comprometidas", contará coa participación de: Jorge Mirancos, Fefi, Manolo Bacallao,  e  Memela d'As Cantareiras de Trasancos..

A continuación presentamos os videos das actuacións:

Memela d'As Cantareiras de Trasancos



"Manolo Bacallao"



"Fefi"



Jorge Mirancos



Cantando os catro Grândola Vila Morena



Canle do Foro Social de Ferrol Terra:
http://www.youtube.com/user/FSdeFerrolTerra


Enlaces relacionados con "Así foi o Foro social de Ferrol Ferra":

Galería Fotográfica das mesas e asembleia da xornada do Domingo 25 de Setembro de 2011 - Áudios da restransmisión en directo de Rádio Filispim das dúas últimas mesas da Xornada

Galería Fotográfica das mesas e asembleias da xornada do Sábado 24 de Setembro de 2011 - Áudios da restransmisión en directo de Rádio Filispim das catro mesas da Xornada de mañá e tarde

Galería Fotográfica dos actos do 23 de Setembro de 2011- Manifestación e Concerto - Áudio da retransmisión en directo desde Rádio Filispim
______________

O LNG "Gemmata", un buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 26 de Setembro - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez na Praza de Amboaxe

Tags

CONCENTRACIÓN NA PRAZA DE AMBOAXE,
NO BARRIO DA MADALENA 

LUNS 26 DE SETEMBRO, ÁS 8 DA TARDE

O LNG "Gemmata", buque de grande porte, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa,  ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 26 de Setembro de 2011. Esta entrada, supon xa a 101, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza de Amboaxe, no barrio da Madalena en Ferrol Centro. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.


Características do buque:
Nome: Gemmata - Bandeira: Singapur - Eslora: 290 m, Manga: 46,28 m - Calado: 11.36 m - Puntal: 25.5 m, Capacidade: 138.104 m3,
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
24 de setembro de 2011 08:56
---
APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________