mércores, febreiro 29, 2012

Con toda probabilidade os sindicatos CCOO e UGT somaran-se á Folga Xeral do 29 de Marzo


Onte saltou a noticia de que os sindicatos de obediencia estatal, CCOO e UGT, decidan con toda probabilidade somar-se á Folga Xeral e mobilizacións que están convocadas en Galiza e Euskal Herria, polo sindicalismo de clase nacionalista e no resto do Estado por outras organizacións sindicais e diversos colectivos. Polo seu interese publicamos a continuación o artigo tirado do xornal "La República".

A Folga Xeral sería o 29 de Marzo
Os sindicatos quedaron moi satisfeitos do éxito das manifestacións do 19 de febreiro: pouco máis dunha semana logo da aprobación da reforma laboral, a participación dos cidadáns nas marchas en máis de 50 cidades foi multitudinaria. Despois do éxito da convocatoria xa se preparan para a Folga Xeral, e xa buscan unha data, e a máis probable parece a do 29 de marzo.

As organizacións territoriais e sectoriais dos sindicatos recibiron da direccións unha data para o seu estudo: o 29 de marzo. Un día que estiman apropiado por varios motivos: é un día antes de que o goberno aprobe os orzamentos, que suporán unha nova volta de porca nos recortes; é o mesmo día en que varios sindicatos nacionalistas convocaron folgas xerais nos seus territorios; e a protesta celebraríase antes das vacacións de Semana Santa, co que os festivos non restarían participación á convocatoria.

É en todo caso unha proposta, non confirmada aínda polos máximos órganos de dirección dos sindicatos, que a estudarán nas súas próximas reunións. De momento, o calendario é como segue: este mércores concentracións e manifestacións no marco dunha xornada sindical europea contra axústelos, na semana do 8 de marzo (cando se convalida a reforma no Congreso) reunións dos órganos directivos dos sindicatos, nas que se estudará esta proposta de folga xeral, e en todo caso -salga esa data do 29, ou outra, ou ningunha para a folga- novas protestas para ese mesmo fin de semana, o do 10 e 11 de marzo.

Fonte: larepublica.es

Noticia relacionada de interese no "Observatorio Global":

Calendario convulso na España de Rajoy
por David Posada Menéndez (@dposadastur)

____________________

Mobilizacións en Ferrol e no resto de Galiza contra as medidas, do goberno de Nuñez Feijóo, de precarización das empregadas e empregados públicos, aprobadas cos votos dos dereitistas do PP


Unha moi importante concentración nas inmediacións do Hospital Arquitecto Marcide, tivo lugar onte, 28 de Febreiro, centos de traballadoras e traballadores da sanidade pública cortaron o tráfico pola mañá de 11 a 12. Na mobilización estaba presente unha representación da veciñanza afectada polo peche do Consultorio d'A Graña que posteriormente se dirixiron até ás dependencias da Dirección de Área, dentro do recinto Hospitalario acompañados por representantes da Xunta de Persoal e centrais sindicais convocantes das mobilizacións -que neste caso son unitarias- e un numerosos grupo de manifestantes. Mentres, realizaban-se concentracións e accións de protesta por toda Galiza por parte de empregad@s da función pública galega, contra as Medidas de precarización do traballo e emprego público, impostas unilateralmente polo goberno do dereitista Partido Popular, encabezado por Alberto Nuñez Feijóo que fixo da mentira e a manipulación o seu principal xeito de gobernar. [En pouco tempo publicaremos fotos das mobilizacións]

"Os traballadores da administración autonómica con destino en Ferrol mantiveron o pulso até o final. Do mesmo xeito que fixeron outros centos de compañeiros en toda Galicia, os funcionarios desta cidade aínda celebraron onte dúas concentracións en rexeitamento aos recortes que, practicamente á mesma hora, aprobaba o Parlamento cos únicos votos a favor do PP. Un bo número de afectados desprazouse até Santiago para participar na multitudinaria concentración que se desenvolveu ante a cámara autonómica, tanto en coches particulares como en dous autobuses fretados para a ocasión.

Parte dos funcionarios viñan xa dunha noite de peche no edificio administrativo da praza de España, onde permaneceron desde as dúas da tarde do día anterior en rexeitamento aos recortes. Como xa sucedeu noutras ocasións, o persoal do centro hospitalario Arquitecto Marcide protagonizou a concentración máis numerosa na mañá de onte, con preto de 400 persoas, e unha hora despois secundaban outra protesta varias decenas de funcionarios da sede da Xunta" [Montse Mayoral en Diario de Ferrol 29.02.2012]


http://youtu.be/6SfCEC0z6NQ


Desaloxan do Parlamento aos representantes sindicais do sector público por manifestar a súa oposición aos recortes

No exterior, o persoal concentrábase ante un desmesurado dispositivo policial

O persoal do sector público saíu ás rúas a manifestar masivamente o seu rexeitamento ás medidas de recorte das súas condicións laborais, salariais e sociais que hoxe se aprobaban no Parlamento de Galiza cos votos a favor, unicamente, do Partido Popular. Entre mentres, en sede parlamentaria, as e os representantes sindicais eran desaloxados por manifestar a súa oposición a estas medidas levantando uns carteis onde se recollían as denuncias do sector.

As concentracións repetíanse diante dos centros de traballo, á mesma hora, agás nos hospitais onde estaban convocadas para as 11:00 da mañá. En todos os casos, as súas denuncias coincidían “queren reducir o déficit público á nosa costa e que paguemos as consecuencias dunha crise da que non fomos responsábeis e da que tampouco imos saír así”.

Para a secretaria nacional de CIG-Administración, María Carme López Santamariñavimos de asistir a unha nova imposición do PP dentro do Parlamento galego. Imposición que xa nos veu aplicando desde o momento en que se nos presentou este proxecto de lei, sen atender ás demandas dos sindicatos que pedíamos que procedera a retiralo e se estabeleceran canles de comunicación e negociación para falar e poder opinar do seu contido”.

No mesmo sentido se manifestou o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, quen asegurou que é “a mostra máis evidente do talante antidemocrático do Partido Popular, non só polo desaloxo dos representantes sindicais que estabamos no pleno, senón tamén por recorrer á vía de urxencia para aprobar estas medidas”.

Para Louzao estamos ante unha lei que supón “unha involución e un ataque aos dereitos laborais e aos propios servizos públicos, co obxectivo de destruír emprego”. Ao seu entender evidénciase o carácter “autoritario” do PP ao recorrer á vía de urxencia para “nin máis nin menos, modificar aspectos e conquistas históricas que están en lei grazas ás loitas sindicais de hai anos”.

Do mesmo xeito, denunciou que este sistema “é totalmente improcedente e a mostra máis palpábel de que para eles o Parlamento galego é unha institución sen ningún tipo de interese, que pasan o rodillo e transforman unha maioría absoluta nunha ditadura. É totalmente inadmisíbel”. E advertiu que “a mobilización vai seguir en pé e van ter que retirar esta medida”.

Tal e como se lle trasladou aos grupos parlamentarios no día de onte a CIG non entende, por unha banda, que sendo aprobados hai escasamente dous meses os orzamentos de Galiza se fagan agora modificacións nesa lei de orzamentos cando non se prantexaron no seu día. “Por que hai tanta presa en facer estes recortes cando están pendentes de aprobación os orzamentos xerais do estado, dos que a día de hoxe descoñecemos o alcance e o impacto que van ter, canto a recortes, nos servizos públicos?”, pregúntase López Santamariña.

Consecuencias na calidade asistencial

Para Susana Méndez, secretaria de Organización de CIG-Saúde, aínda que en primeira instancia o máis prexudicado é o persoal do sector público, neste caso, “está claro que dada a situación na que está hoxe a sanidade pública, cos recortes e privatizacións previas que se fixeron desde o goberno da Xunta, isto é un ataque directo a un servizo público e os grandes prexudicados van ser os usuarios, que van ver diminuída gravemente a calidade asistencial que se lles presta”.

Méndez alerta de que a aplicación destas medidas vai implicar unha diminución aínda máis drásticas das contratacións, a supresión de moitísimos postos de traballo e máis carga de traballo para o persoal que agora mesmo presta o servizo, o que obviamente repercutirá nos e nas doentes. “desde hai bastante tempo, na Sanidade Pública xa se veñen facendo recortes de xornada e contratos de catro e cinco horas para facer substitucións en determinadas actividades. Agora o que fan é instaurala con obrigatoriedade para a xente que se vai contratar e con posibilidade de aplicala tamén aos fixos se se prestan voluntariamente”.

O feito de suprimir tres días de libre disposición implica, di, que vai aumentar a xornada dos traballadores e traballadoras que están contratados/as como interinos e como fixos. “Vai ser unha bolsa de horas da que van tirar para cubrir as ausencias que teñan co cal diminúe a contratación de novo persoal”. De feito, CIG-Saúde ten calculado que son 500 postos de traballo que deixarán de contratarse.

Galería de imaxes da xornada de mobilizacións

Fontes: Ártabra 21, Avantar e Diario de Ferrol.

* * *


Centrais Sindicais

Confederacións Internacionais

Outras centrais sindicais de interese
___________________

Concentración de Estudantes en Ferrol, hoxe ás 12 do mediodía, contra os recortes e en solidariedade co movimento estudantil de Valencia

O Sindicato de Estudantes convoca unha concentración hoxe, Mércores 29 de Febreiro de 2012, ás 12 do mediodía, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol. A mocidade estudantil convocan esta mobilización, contra os recortes no ensino e en solidariedade cos estudantes de Valencia. Esta concentración enmarca-se dentro dunha Xornada de Loita que convocou este sindicato a nivel estatal.

http://www.sindicatodeestudiantes.net/

____________

O chivatazo: "Anticorrupción avisou á Casa Real antes do rexistro de Nóos", entrervista ao avogado e coautor do interesantisimo libro "Non hai dereito(s)", Jaume Asens - Vídeo - Enlaces

Conexións ICARIA: "Non hai dereito(s) - No hay derecho(s)"

O domingo 27 de febreiro de 2012 foi emitida a entrevista a Jaume Asens, coautor de "Non hai dereito(s) - No hay derecho(s)" no programa "Salvados". A xustiza é igual para todos?

Aquí tendes a entrevista a Jaume Asens de Jordi Evole en Salvados (La Sexta TV).

O chivatazo:"Anticorrupción avisou á Casa Real antes do rexistro de Nóos". Falán con Jaume Asens avogado do 15M que conta que pasou co caso de Carlos Fabra, o de José Luís Nuñez e o de Mario Conde. Teno máis que claro: "Non todo o mundo enfróntase á lei e á xustiza da mesma xeito. Iso de que a xustiza é igual para todos é unha fábula".


http://www.lasexta.com/lasextaon/salvados/


E a información do libro

En tempos de crises, a legalidade e a orde pública son utilizados como argumentos de peso polos responsables políticos para limitar os dereitos da cidadanía a manifestar a súa opinión ante as medidas adoptadas. A conflitividade social que provoca a desigualdade social en momentos de crise profunda como o actual empuxa a restrinxir liberdades para asegurar a implantación de políticas que non favorecen á poboación. A legalidade entra en contradición coa lexitimidade da lei imperante. Neste sentido e por pór un exemplo os desafiuzamentos en tanto medidas legais preséntanse como totalmente ilegitimas a nivel social nun contexto como o actual. Paradoxos como esta son tratadas ao longo do libro co obxectivo de forzar ao poder a cumprir ou modificar a legalidade imperante e crear marcos xurídicos máis igualitarios, inclusivos e libres de violencia.

NON HAI DEREITO(S) - No hay derecho(s)
[MÁIS INFORMACIÓN]

A ilegalidade do poder en tempos de crises

Gerardo Pisarello

Jaume Asens

Cadro de texto: O Dereito e o discurso xurídico desempeñan un papel central na configuración das relacións de poder. Para imporse, unha actuación policial ou un programa de axuste económico necesitan da forza. Pero tamén da súa capacidade para apelar ao dereito, á legalidade, como fonte de xustificación.

Tras a derrota do fascismo, a legalidade que os propios estados invocan nas súas actuacións volveuse esixente. Enriqueceuse con tratados, constitucións e cartas que re­coñecen dereitos humanos e principios garantistas. Estes principios entrañan límites e controis a poderes de todo tipo, públicos e privados, de Estado e de mercado.

Os textos que compón este libro intentan mostrar como, en tempos de crises e mobilizacións, esta legalidade garantista con­verte-se nun espello incómodo. Porque reflicte a arbitrarie­dade xurí­dica, ademais de ético-política, de moitas actuacións do po­der realizadas no nome do Dereito. Pero tamén porque per­mite xulgar doutro xeito os actos de protesta e de desobediencia cidadá que se alzan contra elas. Non xa como actos delituosos, obxecto de criminalización, senón como ferramentas lexítimas, in­clu­­so necesarias, para forzar ao poder a cumprir a súa propia legalidade e para fundar marcos xurídicos máis igualitarios e libres de violencia.

Gerardo Pisarello é profesor de dereito constitucional da Universitat de Barcelona.

Jaume Asens é membro da Comisión de Defensa do Co­lle­gio de Avogados de Barcelona e da ACDDH.

Ambos integran, ademais, o Observatorio de Dereitos Eco­nómicos, Sociais e Culturais (DESC).

www.nohihadret.cat






www.icariaeditorial.com

http://icarialibros.blogspot.com/

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
29 de fevereiro de 2012 00:47
http://lupeces.blogspot.com/
____________

A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño agarda resposta á solicitude de integración no Consello Sectorial de Muller desde hai tres meses

Consello Sectorial de Muller

Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, expresamos a nosa preocupación e queixa motivada a tardanza en non recibir resposta a nosa petición para estar neste consello sectorial da Muller.

Esta Asociación ten solicitada a súa participación por representación de entidades, segundo artigo 27.d) do Regulamento de Participación Cidadá no rexistro xeral municipal dende hai tres meses sen que esta Concellaría dea contestación, incumprindo o establecido no Regulamento de Participación Cidadá.

Esperamos que se dea cumprimento a nosa petición e ao propio Regulamento de Participación Cidadá.

Ferrol, a 27 de Febreiro de 2012
- A directiva.-


--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
http://www.orosario-inferninho.blogspot.com/

Enviado por:
asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
28 de fevereiro de 2012 23:37
___________________

29 de Febreiro -Mércores: Participación Cidadá no Concello de Ferrol - Xuntanza da Comisión de Control Provisional coas entidades veciñais e sociais da Cidade, para abordar a problemática xurdida polo xeito que entende o actual grupo de goberno do Concello de Ferrrol a participación cidadá e acordar unha resposta cidadá contra tal política e a lista de anomalías e incumprimentos

Convocatoria Cidadá.-

29 de Febreiro ás 8 da tarde no Local da Asociación Veciñal de Esteiro

COMISIÓN DE CONTROL PROVISIONAL PARA O DESENVOLVEMENTO DO REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Este pasado día 9 de Febreiro celebramos unha xuntanza a Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC); A. Veciñal de Covas; A. Veciñal de S. Xurxo; Asociación S.C. López Bouza; A.Veciñal de Esteiro; A. Veciñal S. Pablo-Catabois; A.Veciñal O Rosario-Inferniño; A.Veciñal Prioriño; A. Veciñal S.Xoán-O Bertón; A.Veciñal Stª. Mariña; A.C. Fuco Buxán ; Colectivo Ártabra21 e outras persoas a título individuais, acordando celebrar unha nova CONVOCATORIA dirixida a todas as entidades socias, veciñais, colectivos e persoas co obxecto de manter unha reunión o vindeiro día 29 de Febreiro ás 19 h. [ADIOU-SE PARA AS 8 DA TARDE] no local da Asociación veciñal de Esteiro co fin de facer propostas e avaliar os procesos participativos.

Dende o pasado día 30 de Novembro que se celebrou un FORO CÍVICO no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero cos resultados xa coñecidos, esta Comisión de Control decide celebrar reunións co tecido asociativo e os grupos políticos da oposición.

Outra xuntanza foi cos grupos políticos da oposición (PSOE, BNG e EU) este pasado día 16 de febreiro na casa do concello, onde realizamos unha análise da situación actual dos procesos participativos que coincidimos en cualificalos como moi grave posto que a participación cidadá tal e como a concibimos non existe. Lembramos que pedimos a intervención do Sr. Alcalde para apartar desta concellaría de Participación Cidadá ao actual titular, Sr. Vilariño.

Denunciamos a constante NEGATIVA deste concelleiro de Participación Cidadá en facilitar os informes técnicos ante os repetidos requirimentos que reclaman a Comisión de Seguimento dos OP,s-2009 e a Comisión de Seguimento dos OP,S-2010, polo que sería moi grave que o goberno suprimira, alterara ou modificara as PROPOSTAS aprobadas pola ASEMBLEA de CIDADE celebrada o pasado 18 de Decembro-2010.

Quedamos convocados/as para este vindeiro mércores día 29 facendo un chamamento ao tecido asociativo co fin de facer unha análise do actual proceso de Participación.

Saúdos

Ferrol, a 25 de Febreiro de 2012.

- A Comisión de Control Provisional do Regulamento Participación Cidadá.

---

IMPORTANTE

Adiada, até as 8 da tarde, a Xuntanza da Comisión de Control co tecido asociativo de Ferrol.

Retrasamos xuntanza de entidades veciñais e  sociais para ás 8 da tarde do mesmo mércores 29 de Febreiro de 2012.

Comision Veciñal 28 de fevereiro de 2012 21:27

Motivada a CONCENTRACIÓN EUROPEA convocada por varios sindicatos e coincidindo na mesma hora "19:00 h." 7 da tarde-, e a proposta de varios compañeiros e entidades retrasamos a XUNTANZA COAS ENTIDADES SOCIAIS sobre PARTICIPACIÓN CIDADÁ para ás 8 h. da tarde no local da A. Veciñal de Esteiro.

Saúdos

- A comisión.-
comision.gap@gmail.com
www.participacion-ferrol.blogspot.com

Enviado por:
Comision Veciñal
-comision.gap@gmail.com-
28 de fevereiro de 2012 00:34
28 de fevereiro de 2012 21:27

__________________________________

Noticia de interese no Diario de Ferrol:

O Concello tan só executou o 9% do orzamento participativo do ano 2010.
Sábado, 25 de Febreiro de 2012.
Por Lorena Romero - Ferrol .
_______________________________________

martes, febreiro 28, 2012

Domingo 4 de Marzo: Concentración diante do Consultorio da Graña, para impedir o seu peche - Sábado 3 de Marzo: Concentración na Capela en demanda da construción do Centro de Saúde


Consultorio A Graña

O vindeiro domingo día de 4 Marzo ás 12 do mediodía haberá unha concentración cidadá diante do Consultorio da Graña, para impedir que a Consellería de Sanidade, co consentimento do Xerente de Área e da Alcaldía de Ferrol( que non dín nada na súa defensa), poidan pechalo como é a súa pretensión.

O consultorio da Graña leva aberto desde o ano 1940 e presta servizo a 800 usuarios e usuarias, moitos deles maiores de 65 anos.

A concentración está convocada polas entidades veciñais de A Cabana, A Graña, Brión e San Felipe e conta co apoio da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol. Esta concentración foi acordada nunha asemblea veciñal celebrada onte na Graña, cunha numerosa participación.

A noticia no Diario de Ferrol:

Rexeitamento ao peche do consultorio da Graña dos veciños afectados



O sábado día 3 de Marzo ás 11 horas hai unha concentración na Capela para reclamar a construcción do novo Centro de Saúde que estaba comprometido.

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
28 de fevereiro de 2012 08:00
______________________

Propostas de ADEGA ao proxecto de mellora eficiencia enerxética da Area Sanitaria de Ferrol

Proxecto subministración enerxética á Area Sanitaria de Ferrol e posibles melloras có uso de enerxías renovables. Propostas dende ADEGA.

A asociación Adega na comarca de Ferrol, presentou unha solicitude ante a Consellería de Sanidade, para que no actual proxecto de mellora enerxética do Area Sanitaria del Ferrol, que fundamentalmente se basea na renovación do sistema de caldeiras e aprovisionamento a gas, se implemente o uso de enerxías renovables (solar, xeotérmica...) na instalación do novo equipamento en consonancia coas novas directrices estatáis e europeas respecto a aforro e eficiencia enerxética e coa protección do medio ambiente.

-Adxuntamos escrito có rexistro de entrada na Xunta de Galicia- en formato PDF e formato word por se lle es mais cómodo a Vds.

Atentamente:
Antonio García J.
Vogal de Adega-Ferrol
angaji@yahoo.com

Nês Lópes (Presidente ADEGA-Ferrol)
lodergz@gmail.com

Serxio Perille. Secretario ADEGA-Ferrol
serxiocanido@yahoo.es

Nota: Información adicional na web:
www.adega.info

Enlace coa nova e a copia da proposta remitida:

Propostas de Adega ao proxecto de mellora enerxetica da Área Sanitaria Ferrol

Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
27 de fevereiro de 2012 17:17

Convocada Mobilización Europea "Basta xa, existen alternativas, polo emprego e a xustiza social !", este Mércores 29 de Febreiro - En Ferrol as centrais sindicais CCOO, UGT e USTG convocan ás 7 na Praza do Concello


As Centrais Sindicais CCOO, UGT e USTG convocan para o próximo mércores 29 de Febreriro, ás 19 hs, na Praza de Armas, unha concentración co lema: " ¡Basta xa, existen alternativas, polo emprego e a xustiza social !, enmarcada na convocatoria da CES dunha xornada europea de mobilización.
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
27 de fevereiro de 2012 19:59
______________________

luns, febreiro 27, 2012

Concentración en Ferrol Terra no "Día Internacional das Mulleres" convocada pola Rede Internacional "Marcha Mundial das Mulleres"


MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
"EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!"

CONCENTRACIÓN EN FERROL TERRA
XOVES 8 DE MARZO ÁS 8 DA TARDE
CANTÓN DE FERROL

A Coordinadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres convídate a sumáreste á Concentración que terá lugar o xoves 8 de Marzo ás 20.00 horas no Cantón de Molíns de Ferrol, co gallo da celebración do Día Internacional das Mulleres.

Nesta ocasión, como resposta ao recrudecemento do machismo nas institucións e á ausencia de políticas de igualdade reais, a Marcha Mundial das Mulleres, xunto a outros colectivos da Galiza, lanza unha campaña nacional conxunta para o 8 de Marzo baixo o lema MULLERES GALEGAS, EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!.

Nesta campaña realizaranse numerosas actividades nas diversas localidades e comarcas galegas, e rematará nunha gran Manifestación Nacional contra os efectos do capital nas nosas vidas, en defensa dos nosos dereitos políticos, sociais e reprodutivos, para construirmos un mundo máis xusto dende o feminismo e o anticapitalismo.

MANIFESTACIÓN NACIONAL
DOMINGO 11 DE MARZO ÁS 12 DO MEDIODÍA
SAÍDA DA ESTACIÓN DE TRENS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
PARTICIPA!

De haber suficiente xente interesada en acudir a esta Manifestación desde a comarca, a MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES e a CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA fletarán un autobús gratuíto para desprazármonos a Compostela, con saída do edificio de Correos de Ferrol ás 10:30 horas e volta ao remate da Manifestación.

Para apuntarte, chama ao teléfono 667 685 430 antes do 8 de Marzo

TEXTO DO COMUNICADO DA MARCHA:

A estafa que chaman crise económica, xunto a gobernos que lexislan contra os dereitos acadados polas mulleres afianzan o #machismo e a #desigualdade.

Os recortes sociais, as reformas laborais e das pensións, a privatización dos servizos públicos afondan na situación de desigualdade que ocupan as mulleres no mundo laboral e na sociedade en xeral.#menossalario #pensionsreducidas.

Converter outra vez o #aborto nun delito, restrinxir o aceso a #anticonceptivos como a “píldora do día despois”, eliminar os tímidos avances en #educación como foi a implantación da asignatura “Educación para a Cidadanía” son as lindes que os gobernos do #PPatriarcal queren poñer á nosa liberdade e aos nosos dereitos.

Os avanzos en #politicasdeigualdade dos últimos anos están sendo demolidos.

Desaparecen o Servizo Galego de Igualdade, os Centros de Información á Muller...

Aínda que a #violenciamachista segue matando, redúcense os orzamentos e servizos de atención ás vitimas.

A privatización, eliminación e encarecemento de servizos públicos como escolas infantis, comedores escolares... imposibilitan a #conciliacion da vida laboral e familiar.

Xornadas laborais prolongadas; longas e infructuosas búsquedas de emprego, recorte asistencial a #dependencias... están recluindo forzosamente ás mulleres no espazo doméstico con perda de independencia económica e dereito a prestacións.

Empodérase á Ierarquia Católica e organizacións #integristas como ProVida ou Red Madre, promulgando a lei malchamada de Apoio á Familia é á Convivencia, e trátasenos ás mulleres como cidadáns sen #plenosdereitos.

Acentúanse os movementos migratorios entre as mulleres. As que veñen atopanse con #dereitosrecortados, e as que están, sobre todo #mulleresmozas, vense #obrigadasaemigrar para conseguilos noutros países.

Hai avances que non se consolidan, como o das labregas ao aceso á #cotitularidade das explotacións, e outros que se aplican sen ter en conta as #singularidades das mulleres afectadas como é o caso da nova regulación do servizo doméstico.

Os novos lexisladores temen tanto a presenza das mulleres que o único organismo onde queren manter a composición #paritaria de mulleres e homes, semella cómico,é no futuro #ConselloGalegodaMuller.

@feministasgalegas Queremos respecto polos nosos dereitos sexuais e reproductivos. O dereito ao control dos nosos corpos, garantindo o #dereitoaoaborto, gratuíto na sanidade pública.

@feministasgalegas Queremos o dereito a unha atención especializada á saude das
mulleres na sanidade pública, que sexa gratuita e de
carácter universal. #dereitoasaude

@feministasgalegas Queremos servizos públicos e medidas que permitan compatibilizar a vida persoal, familiar e laboral, tanto aos homes coma as mulleres.
#corresponsabilidade Equiparar en dereitos ás mulleres emigrantes.

@feministasgalegas Queremos accións dirixidas a eliminar as desigualdades salariais a temporalidade, a precariedade dos traballos feminizados e a sobreexplotación das mulleres. Creación de emprego público #dereitoslaborais

@feministasgalegas Queremos manter, mellorar e ampliar os servizos públicos que dean cobertura ás necesidades de coidado de familiares e persoas a cargo. #dereitoaocoidado Dereitos reais para as empregadas domésticas.

@feministasgalegas Queremos políticas integrais para a eliminación da violencia
machista,con recursos públicos suficientes. #dereitoaliberdade #dereitoaseguridade
Acabar co tráfico de persoas.

@feministasgalegas Queremos ensino público, gratuíto, non sexista, igualitario e de calidade, que garanta unha educación nos valores da igualdade, da paz, a xustiza e a solidariedade. #dereitoacoeducacion

@feministasgalegas Queremos prestacións sociais e pensións dignas para todas. Acción positiva para evitar as desigualdades na cuantía derivadas de situacións de discriminación no momento da cotización. #dereitoaunhavidadigna

@feministasgalegas Queremos políticas laborais, agrarias, alimentarias, fiscais e sociais en función das necesidades da cidadanía, que freen a emigración da mocidade con accións positivas que poñan fin á discriminación das mulleres.

Frenemos o avance do #machismo e a #desigualdade coa unidade, a loita e a solidariedade #FEMINISMOMAISQUENUNCA

Manifestación DOMINGO 11 de marzo ás 12hs na Alamenda de Compostela 8 de MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

...

Folla Informativa da marcha Mundial das Mulleres para este 8 de Marzo de 2012, no Día Internacional das Mulleres, en formato -pdf:

Que está pasando?
@feministasgalegas A estafa que chaman crise económica, xunto a gobernos que lexislan contra os dereitos acadados polas mulleres afianzan o machismo e a #desigualdade

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
27 de fevereiro de 2012 21:48
http://lupeces.blogspot.com/
____________

A xente do mar bloquea a Ría e manifesta-se no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en defensa dos seus postos de traballo e en demanda dos salarios adebedados pola Xunta desde Novembro do pasado ano 2011


A Xunta de Galicia quere botar aos mariscadores e mariscadoras da Ría de Ferrol
O Sector marisqueiro en perigo.
Máis de 500 postos de traballo, son os que se perderían.
A administración disposta a sacrificar a Ría de Ferrol.
A Xunta debe a mariscadoras e mariscadores sobre uns 600 euros.
A Xunta limitará os día de marisqueo a tres á semana, en lugar dos cinco.


A xente do mar, das Confrarías de Ferrol e Barallobre bloquean a Ría de Ferrol, entre castelos, logo de manifestar-se no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en defensa dos seus postos de traballo e en demanda dos salarios que debe a Xunta de Galicia desde Novembro do pasado. A Xunta de Galicia, debe, segundo as Confrarías, sobre uns 600 € (euros) que corresponden a case catro meses de traballos dentro do plano de dinamización da Ría que a Xunta xa anunciou unilateralmente a súa supresión a partir do vindeiro mes de Marzo.

Pasado o medio día as embarcacións cruzaban a Ría, nun ir e vir, na ponte d'As Pias colgaban-se varios mariscadores, nunha nova acción de protesta, acordando ao final bloquear a Ría até que reciban unha resposta en firme, por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar. A hora de publicar esta nova continuaba o bloqueo das lanchas.

O inicio das accións da xente do mar comezaba esta mañá cunha concentración na Praza Amada Garcia, unha representación dos varios centos de mariscadores e mariscadoras que se concentraban diante do Edificio Administrativo das Xunta, pechaba-se nas dependencias que a Consellería do Medio Rural e do Mar, ten nun dos andares do citado edificio. As persoas que participaron no peche fixeron a entrega simbólica das chaves das Confrarías, pois de aplicar-se os planos da Xunta para o sector na Ría de Ferrol, estas non terían máis remedio que "pechar".

A Xunta debe centos de miles de euros ás Confrarías

As cantidades que debe a Consellería, corresponden a unha partida polos traballos realizados nestes últimos meses, e que xa provocaran unhas accións de protesta da xente do mar, con unha prolongada acampada na Praza Amada Garcia.  Os citados traballos corresponden ás actividades incluídas no Plano de dinamización da Ría de Ferrol, datado en 2007, a raíz da falta de depuración da Ría que obrigou a catalogar a maior parte dos bancos marisqueiros como zonas C, altamente contaminados por verteduras de augas residuais urbanas e industriais que perante anos vimos vertendo na Ría. Esta é un auténtico sumidoiro, agravada a situación desde os recheos de Megasa, a construción do porto carboeiro interior, a construción do Porto Exterior co espigón de máis de 1.000 metros e a instalación da planta e gas de Reganosa.

En Marzo finalizaría o Plano Dinamizador da Ría

A supresión do Plano de Dinamización, en Marzo deste ano, vai acompañada dun plano de marisqueo que mudaría o anterior sistema de marisqueo, no que a ameixa se recollía de augas contaminadas e se depositaba en zonas limpas durante tres meses.  En pasou-se a súa substitución, colocando unha batea no exterior da Ría, en "período  de probas", para depuración intensiva. Sistema que non depuraba o suficiente, no tempo que se prevía. Posteriormente cambiaron  de lugar esta batea e probablemente poñerán outra destas infraestruturas.

Insuficientes ingresos por día, para poder manter a actividade

No mes de Xaneiro, practicamente, non houbo vendas de ameixa, a depuradora non funcionaba coas previsións feitas. En Febreiro, unha vez producidos os cambios,  os ingresos procedentes da ameixa depurada en batea, foron so uns 20 euros ao día. O Patrón Maior da Confrarías de Ferrol, Rubén Ferrer,  manifestou que a depuradora non ten suficiente capacidade para traballar os cinco días da semana, só catro quilos de ameixa por persoa e esta venden-se só a 5 € (euros) por Kg. Con pouco máis de 400 euros ao mes que significa o Plano proposto pola Consellería "non se poden pagar os seguros nin manter as embarcacións".

Só poderían mariscar tres días á semana por incapacidade de depuración das bateas.

As accións de protesta da xente do mar acordaron-se con posterioridade a coñecer-se as intencións da Consellería, comunicadas ás Confrarías que só poderían traballar na ría de luns a mércores, e que o xoves e o venres non poderían faenar, porque a batea non ten capacidade suficiente. Mariscadores como Jaime Gabarri reclamaron que se explique porqué optouse por este sistema, "a que amigos beneficia" e "canto está custando".
_____________

Martes 28 de Febreiro: Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da Rede de Apoio Mutuo - Primeira sesión das Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas - Venres 2 de Marzo ás 7 da tarde no Centro Cívico de Caranza

Proposta de obxectivos e  orde do día da Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Martes 28 de Febreiro.
Lugar: Local Social da Asociación Veciñal de Esteiro.
Horario: de 19 a 21 horas.

Obxectivo da reunión: continuar co proceso de construción, ser informados do traballo das Comisións constituídas e valorizar ese traballo e propostas. Informar das mobilizacións e actos unitarios.

Temas a tratar:

1-Informe da Comisión de Economía Social
  • Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas.
  • Peto de Aforro Solidario.
  • Puntos de Produto Básico Compartido.

2- Informe da Comisión de Diagnose e Comunicación.
  • Blogue do Encontro e outros das Comisións.
  • Imaxe do Encontro.
  • Fichas para a Rede de Apoio Mutuo.
  • Asembleas de Barrio.
  • Comentario de novas e reportaxes publicados no Diario de Ferrol.

3- A Marcha Mundial das Mulleres solicitou uns minutos dentro do Plenario para informar das actividades unitarias organizadas polo Día Internacional das Mulleres.

4- Información da Concentración na Capela, para o Sábado 3 de Marzo, convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol, para denunciar o incumprimento do acordo de construción do Centro de Saúde e continuar coa difusión e recollida de sinaturas para a presentación da Iniciativa Lexislativa Popular pola promoción e defensa da Sanidade Pública.

* * *
Ferrol, 26 de Febreiro de 2012

Notas.-

1 - Achegamos a convocatoria para imprimir en ficheiros anexos, en formato privativo -doc- microsoft-windows e formato libre -odt- gnu-linux.

2 - Ficheiros -en formato jpg- e un cabezallo transparente en formato -png- da  imaxe do Encontro.

3 - Enderezo Blogue: http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com/

---

Primeira sesión das Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas - Venres 2 de Marzo ás 7 da tarde no Centro Cívico de Caranza


Na última xuntanza da Comisión de Economía Social e Calidade de Vida, acordou-se a realización dunhas Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas.

As citadas Xornadas realizaranse os dias 2 e 16 de marzo de 2012.

A primeira xornada terá formato de conferencia-debate. Na segunda xornada desenvolveranse obradoiros que desenvolverán os contidos expostos na primeira xornada.

O día 2, as xornadas realizaranse no Centro Cívico de Caranza. O día 16 no CEIP Manuel Masdías.

Entregarase ás persoas asistentes unha folla para cumprimentar e un limón. Instalarase unha mesa co necesario.

Aproveitarase esta xornada para dar a coñecer os “Espazos de produtos básicos compartidos”, organizando un no mesmo Centro Cívico, que funcionará ao longo da xornada. Pedirase colaboración no plenario do Encontro.

Enviarase información polos correos e utilizarase un pequeno cartaz para anuncialas.

Nota.-

Baixa o cartaz en formato -pdf- ou -jpg- e difunde, sexa a través da rede ou facendo unha ou varias copias para colocar no teu centro de traballo, de ensino ou no local social da túa asociación veciñal, cultural, ecoloxista, ... no local do sindicato, onde compras o pan, ou no mercado, ...
____________

Hoxe, 27 de febreiro, Asemblea Permanente no Complexo Hopitalario Arquitecto Marcide - Prof. Nova Santos - Naval

Asemblea Permanente no CHAMNS

A Asemblea convocada hoxe Luns, 27 de Febreiro de 2012, ás 12 do mediodía no Salón de Actos do Arquitecto Marcide.

decidiu darlle o carácter de permanente á propia asemblea.

Para as 5 da tarde está programado un novo pleno da mesma.

POLA RETIRADA DO PROXECTO DE LEI DE MEDIAS NO EMPREGO PÚBLICO. [Agora di que son temporais]

MARTES, 28 DE FEBREIRO DE 2012, 10:00 H

CONCENTRACIÓN DIANTE DO PARLAMENTO DE GALICIA POLA RETIRADA DO PROXECTO DE LEI DE MEDIAS NO EMPREGO PÚBLICO

Por necesidades do servizo non podes acudir?

Colga no teu posto de traballo este cartaz.


Enviado por:
CIG Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
27 de fevereiro de 2012 13:51 http://www.cig-saude.org/ferrol/
___________________

domingo, febreiro 26, 2012

Quen pechou o diario español Público?, ... Por Pascual Serrano


Por Pascual Serrano [*]
26.02.2012

Finalmente o diario Público desapareceu na súa versión en papel, aínda que se mantén a dixital. Público chegou aos quioscos o 26 de setembro de 2007, editado por Mediapubli, e hoxe levaba perdidos uns 80 millóns de euros cunha débeda total actual que rolda os 21 millóns [1]. Jaime Roures, principal impulsor do rotativo, anunciou ao persoal que a empresa necesitaba uns nove millóns de euros para manter a edición impresa nas actuais condicións, polo que el e os seus socios estaban buscando inversores. Tiñan ao redor dun mes para reunir o capital, prazo que marca a lei para presentar un plan de viabilidade trala suspensión de pagos, pero as xestións levadas a cabo —tanto en España como en América Latina— non prosperaron.

Segundo a empresa, a suspensión de pagos se cadra era debido á “ intensificación da crise publicitaria, a profunda transformación que está sufrindo o sector da prensa escrita e as dificultades para acceder a novo financiamento”. Roures dixo, desde un hotel de Beverly Hills nos Angeles, que as razóns eran “a crise económica, a do papel fronte ao medio dixital e a da política de esquerdas en España[2].

Por que resultou inviable Público? O seu director, Jesús Maraña, nunha despedida repleta de lanzamentos de balóns fóra, aporta razoamentos demasiado imprecisos: “A agudísima crise económica, a publicitaria, a do papel… son factores decisivos que fixeron inviable o proxecto de ‘Público’, como tamén o son os propios erros desde a dirección do diario ou desde a empresa editora[3]. Até o último momento a dirección do xornal alardeaba de vendas e lectores; e si se trata de erros da dirección e da empresa, podería o director precisarnos algo máis.

O colaborador Antonio Avendaño recoñece na súa columna de despedida [4], con metáfora sanitaria incluída, que el non entende moitas cousas:

... da morte de Público, que se fai efectiva hoxe 24 de febreiro do ano de desgraza de 2012, apenas sabemos nada. Por non saber, nin sequera sabemos si morreu ou o mataron (…). Non se sabe moi ben que pasou alí dentro nin quen eran os especialistas chamados a salvar a Público, pero si sabemos que fracasaron, aínda que non sabemos o por que se produciu ese fracaso: si por falta de fe, por falta de pericia ou, simplemente, porque non houbo forma humana de amorear esas poucas pero cruciais bolsas de sangue que había que dar vía transfusión con urxencia ao enfermo, aínda que tamén é verdade que o sangue que gastaba o puñetero é dun tipo moi pouco usual e moi difícil de atopar nos bancos (de plasma sanguíneo).

Morrémos sós ou nos matan? Dalgún modo, todos os que morren antes de tempo morren porque os matan. Público morreu antes de tempo. E si é así, quen o matou? É certo que tamén se pode morrer de morte natural antes de tempo, pero cando se producen tales mortes todos temos a impresión de que non foron mortes naturais en sentido estrito. Con Público pásanos algo diso: morre tan novo que nos cruza velozmente pola cabeza o mesmo pensamento que cando morre unha rapariga no esplendor da súa mocidade: por que diaños vivirán tantos anos algúns que non o merecen e tan poucos anos estoutros que nos facían a vida tan interesante”.

O meu admirado Isaac Rosa tampouco aporta moitas claves do sucedido, en parte polo seu estado de ánimo: “Outro día, si queren, discutimos sobre que hai que facer (e que non hai que facer) para ter un medio crítico, e que leccións hai que aprender de Público. Hoxe, como comprenderán, non teño humor para iso”. Aínda que si insinúa que Público estivo funcionando grazas á heroicidade dos seus traballadores: “Nin a independencia, nin a voz crítica, nin a liberdade nin a valentía xorden espontaneamente por fundar unha cabeceira, nin aparecen da nada porque así o queira a empresa ou porque figuren nunha declaración de principios. Hai que pelexalos día a día, deixándose horas, esforzo, nervios e non pouca saúde, atrevéndose a mirar onde outros non miran e a preguntar onde outros asenten; hai que dar a cara como a deron todos estes traballadores ata o último día (…)”. Pero Rosa tamén insinúa soidade por parte deles: “Xa sei que hoxe é día de lamentar o dano á pluralidade informativa, a perda dunha voz crítica, a orfandade de tantos lectores ou o oco que queda no lado esquerdo do kiosco cando máis falta fai telo cuberto, en tempos de ofensiva reaccionaria. Pero permitiranme que non gaste a miña última columna en repetir tópicos, pois ningún deles salvou o xornal, nin tampouco foron eses lugares comúns e afectados os que fixeron posible que o diario estivese na rúa catro anos e medio”. [5]

Para rematar, os traballadores no seu comunicado falan de “mala xestión da empresa”, sen afondar máis no asunto.

Segundo os últimos datos da OJD, o xornal tiña un promedio de tirada de 129.679 exemplares, e 87.983 de difusión [6]. Si un consulta o listado de diarios de información xeral auditado pola OJD, descobre que, de case un centenar, Público atopábase o sétimo en tirada e oitavo en difusión. É verdade que os rexionais pódense permitir menos tirada porque conlevan menos custo en distribución e en elaboración, pero é indiscutible que a colleita de lectores de Público non era mala. É evidente xa que logo que os datos de vendas e lectores non xustifican por si sós a inviabilidade do proxecto.

Pero creo que a esquerda debería reflexionar sobre o sucedido con Público e aprender algo da experiencia. O primeiro a destacar é que, aínda que se presentaba como unha proposta informativa de esquerdas, os seus propulsores, ou mellor devandito o seu propulsor, era un empresario adiñeirado que asumía economicamente a iniciativa, Jaume Roures. Un financiador que intentou xogar simultaneamente a dúas cartas: seducir á cidadanía máis radical presentando sen ambaxes un xornal de esquerdas e prestar un leal servizo a un sector do entón gobernante partido socialista, excesivamente dependente do grupo PRISA. Os primeiros servían como caladoiro de lectores nun panorama orfo de medios que se situasen na esquerda nacional e internacional, e os segundos para conseguir unhas boas relacións cun poder político que lle garantisen acceso a adxudicacións a súa produtora (RTVE), licenzas de emisión, acceso a diferentes servizos lucrativos (fútbol), etc... O plan parecía estratexicamente acertado pero incluía unha grave contradición: unirse aos rebeldes por unha banda e aceptar as regras de xogo por outro. É dicir, como se diría en castelán antigo, querían estar en misa e repicando.

Como resultado deste dobre xogo aparecían cousas curiosas que resultaban imperdoables para os lectores da esquerda (a de verdade, non a que gobernou en nome dos mercados). Non se comprendía que se lle concedese o artigo estrela de opinión ao embaixador israelí, que se unise ao final ao discurso de hostilidade contra os gobernos progresistas latinoamericanos, que tivese tres directores en tres anos e un terminase na nómina do goberno socialista, que incorporase analistas oportunistas do País (Ernesto Ekaizer) ou que a presenza de líderes do PSOE fose constante. Agora leo algún twitter de xornalistas de Público queixándose “as interferencias constantes de Roures no traballo da redacción”. Doutra banda, a pata de “apoio político” crebóuselle cando o PSOE perde as eleccións xerais e o sector do partido máis próximo a Público perde o congreso. O resultado é que quixeron xogar a dúas bandas e quedáronse en terra de ninguén.

Ademais, no seu deseño e forma Público xogou a ese xornalismo moderno de urxencia e brevidade, é dicir, foise a xogar a un terreo que non é o do xornalismo escrito, senón que é o de internet e perdeu, sen que a súa boa selección de DVD's e libros de agasallo puideran evitalo. As películas e os libros serven para vender ese día -aumentar a tirada e poder contratar a correspondente publicidade- pero non che garante fidelidade diaria que é o que necesita un xornal.

Para rematar, cando os directivos e accionistas de Público vían que se achegaban ao abismo pediron axuda aos lectores, apelaron ao noso compromiso cun medio de esquerdas. Era lóxico que así o fixesen, pero para pedir axuda aos “camaradas” hai que poñer as cartas sobre a mesa: compartir a contabilidade, facer públicos os soldos e honorarios de todos os que traballan, ofrecer canles de participación para a selección dos contidos, firmas e soldos; e probablemente cambiar o modelo de accionariado. En Italia, Il Manifesto tamén declarou recentemente suspensión de pagos, pero eles levan anos explicando a súa política salarial e expoñendo aos lectores a súa contabilidade.

Pero sería inxusto, desde a esquerda, limitarnos a criticar a Roures e ao resto de accionistas do seu proxecto. Antes de Público, con todos os seus erros e contradicións, estabamos peor, a súa aparición tampouco obstaculizaba ningún outro plan mediático máis radical. Basta observar como molestaba á dereita mediática montaraz, a fauna de “intereconomía” non deixaba de embestir contra eles e se xactaron dun modo miserable da súa pechadura [7]. Tamén toca facer algunha autocrítica dos lectores e audiencias de esquerda. A maioría segue esperando o “mirlo branco” millonario ou empresario: Roures con Público, Teodulfo Lagunero coa La Voz de La Calle. Un medio de esquerdas cun contido valioso e verdadeiramente alternativo só pode existir si hai unha audiencia que o apoia e o promove, en realidade é o mesmo que sucede cun sindicato ou un partido político, ninguén vai facer o traballo que só a colectividade pode facer. Non podemos poñer a esperanza mediática da esquerda en mans dun empresario que lle pilla a pechadura do seu xornal nun hotel de Beverly Hills con motivo dos Óscar.

E así chegamos ao terreo da economía. A esquerda non pode estar pedindo información gratis, reportaxes gratis e xornalismo gratis e logo queixarse con tristeza cando ve como as iniciativas terminan arruinadas. Ou pagamos nós ou pagan os poderes públicos. A dereita non ten ese dilema porque conta con grupos económicos dispostos a poñer -e perder- o diñeiro que faga falta: como accionistas, como anunciantes, como patrocinadores. Por iso Libertad Digital gaña diñeiro aínda que teña menos lectores que moitos medios dixitais alternativos de esquerda, ou La Gaceta non pecha aínda que a súa cifra de difusión sexa a metade que Público (segundo a OJD 45.835 respecto de 87.983 de Público). Xóganse a defensa ideolóxica do mantemento do seu modelo, é lóxico que estean dispostos a pagar por iso. Pola contra, a esquerda, ou logra que os gobernos colaboren como o fan con outros servizos públicos como a sanidade ou a educación, ou o pagamos entre todos para que se manteñan. Si observamos o panorama de medios de prensa verdadeiramente de esquerda que hai no mundo, ningún mantense grazas a un millonario. Detrás hai lectores que se creen o proxecto e págano: Le Monde Diplomatique, Il Manifesto, El Viejo Topo, Diagonal. Ou organizacións que asumen as perdas, no caso de Mundo Obrero co Partido Comunista. Poden ter algúns textos gratuítos en internet pero ningún se atopa integramente na rede. É curioso, El País, ABC ou La Gaceta si están enteiros en internet. Seica alguén cre que eles están máis preocupados pola “socialización da información”. Non será que eles teñen xa ao Corte Inglés, Repsol, BBVA ou Telefónica para sobrevivir e non necesitan lectores que paguen?

Detrás de proxectos alternativos escritos que funcionan como The Nation en Estados Unidos ou New Left Review no Reino Unido hai uns lectores convencidos da necesidade de mantelos e financialos. Il Manifesto periodicamente vese obrigado a sacar un exemplar por cincuenta euros para tapar os seus frecuentes buracos económicos, A Xornada de México logrou fondos poxando cadros e The Nation conta con 30.000 socios solidarios que pagan por encima do prezo da subscrición. Nós, en cambio, queremos que estea gratis en internet e compralo os domingos cando nos regalen un DVD.

Logo están os gobernos progresistas latinoamericanos, que, con razón, quéixanse da “ditadura mediática” que domina a información mundial e que tanto lles vapulea, manipula e terxiversa. Moitos deses gobernos, con gran acerto, desenvolveron os seus medios públicos, aprobado lexislacións destinadas a avanzar na democratización da comunicación concedendo licenzas aos movementos sociais, estableceron límites á concentración de medios nos seus países. Pero a información xa non ten fronteiras, deben ter a audacia e a visión para pensar fóra do seu país. Si os seus recursos naturais son xestionados polas empresas españolas, moitos dos seus servizos públicos tamén son prestados por estas empresas e ata parte dos seus medios de comunicación están en poder de multinacionais españolas, por que non se suscitan eses gobernos a necesidade de dedicar parte do seu esforzo e recursos a participar nalgunha opción mediática española que rompa o monopolio da dereita? como esperan que mellore a imaxe falsa e manipulada que existe en España deses gobernos? esperan que rompamos ese cerco mediático e logremos levar a verdade deses países aos españois uns cantos xornalistas coas nosas páxinas webs?

Como conclusión só resta dicir que non é fácil enfrontar o actual panorama monolítica de medios de dereita, até non sei sequera si é posible si tampouco sabemos cambiar os gobernantes e continuamos con gobernos que se renden ante o mercado que, do mesmo xeito que fan co resto dos sectores económicos, deixan a el o control da información e o xornalismo. Pero xeracións e xeracións de homes e mulleres loitaron na historia da humanidade por cambiar situacións que parecían máis difíciles que as actuais. E algunhas veces -non moitas- o conseguiron. Por poucas que fosen débennos de bastar para apostar por seguir loitando.

Fonte: http://www.pascualserrano.net/noticias/bfquien-cerro-el-diario-espanol-publico


[*] Pascual Serrano (Valencia, 1964) é un xornalista e ensaísta español moi crítico cos medios de comunicación como grandes grupos empresariais. Colabora con varios medios españois e latinoamericanos abordando medios de comunicación e política internacional. [Fonte: A Wikipedia].

O seu último libro é "Contra a neutralidade. Tras os pasos de John Reed, Ryzard Kapuścińsky, Edgar Snow, Rodolfo Walsh e Robert Capa". Península. Barcelona, 2011

Outro interesante libro de Pascual Serrano. "O xornalismo é noticia" Icaria, abril 2010

Notas do Artigo.-
3 Maraña, Jesús. “El papel de 'Público'”. Público, 24-2-2012 http://blogs.publico.es/buzondevoz/972/el-papel-de-%E2%80%98publico%E2%80%99/
4 Avendaño, Antonio. “Si muero, dejad el balcón abierto”. Público, 24-2-2012 http://blogs.publico.es/antonio-avendano/2012/02/24/si-muero-dejad-el-balcon-abierto/
5 Rosa, Isaac. “Se acabó”. Público, 24-2-2012
_____________________

Primeira sesión das Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas - Venres 2 de Marzo ás 7 da tarde no Centro Cívico de Caranza


Na última xuntanza da Comisión de Economía Social e Calidade de Vida, acordou-se a realización dunhas Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas.

As citadas Xornadas realizaranse os dias 2 e 16 de marzo de 2012.

A primeira xornada terá formato de conferencia-debate. Na segunda xornada desenvolveranse obradoiros que desenvolverán os contidos expostos na primeira xornada.

O día 2, as xornadas realizaranse no Centro Cívico de Caranza. O día 16 no CEIP Manuel Masdías.

Entregarase ás persoas asistentes unha folla para cumprimentar e un limón. Instalarase unha mesa co necesario.

Aproveitarase esta xornada para dar a coñecer os “Espazos de produtos básicos compartidos”, organizando un no mesmo Centro Cívico, que funcionará ao longo da xornada. Pedirase colaboración no plenario do Encontro.

Enviarase información polos correos e utilizarase un pequeno cartaz para anuncialas.

Nota.-

Baixa o cartaz en formato -pdf- ou -jpg- e difunde, sexa a través da rede ou facendo unha ou varias copias para colocar no teu centro de traballo, de ensino ou no local social da túa asociación veciñal, cultural, ecoloxista, ... no local do sindicato, onde compras o pan, ou no mercado, ...




http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com/






Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
26 de fevereiro de 2012 00:1
______________________

Promoción "A Guerra dos mundos 2012" : Xoves 1 de Marzo, 20:30 hs, Cines Dúplex de Esteiro - Ferrol, entrada de balde, Teatro radiofónico

Xoves 1 de Marzo, ás 20:30 horas, nos cines Dúplex de Ferrol( Esteiro), proxección da obra de teatro radiofónico: “La guerra de los mundos, 2012”.

Entrada de balde.

Dirixida e editada por: Miguel Castro.
Guión adaptado a partires da Guerra dos mundos de Orson Welles (1938) que , a súa vez adaptaba a novela do mesmo título de H.G.Wells (1898): José Torregrosa e Miguel Castro.


Reparto: Fernando Ocampo. André Pastor, Lorena Calaza, Iago Montes, Pablo Melaski, Rafael Cuesta, Mirlandy Hernández, Víctor García Novás, Fran Pérez, Raúl del Metal, Miguel Castro, Vicki Taibo, Viriato, José Torregrosa e diferentes artistas que se uniron a o evento...

Un día coma outro calquera, un extrano meteorito impacta na cidade da cultura en Santiago de Compostela...

Fonte: miguelcastroserantes.blogspot.com

Enviado por:
O Recuncho
-opafuco@gmail.com-
25 de fevereiro de 2012 14:15

_________________________

sábado, febreiro 25, 2012

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol manifesta a súa total oposición ao peche do Consultorio da Graña


Non o peche do Consultorio da Graña
Nota de prensa enviada aos medios:

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol quere manifestar a súa total oposición ó peche do Consultorio da Graña que se vai producir, segundo recollen os medios, o vindeiro día 1 de Marzo.

Este peche, pese a que se di o contrario, é un recorte máis nos servizos sanitarios da Área Sanitaria de Ferrol, que é a peor tratada de tódalas Áreas Sanitarias desde que o Sr. Núñez Feijoo preside a Xunta de Galicia.

Esiximos do novo Xerente da Área Sanitaria, Sr. Facio Villanueva, que manteña o Consultorio da Graña aberto, contratando ó persoal necesario para que así sexa. Non pode utilizar o cumprimento dunha sentencia xudicial para pecha unha instalación. Pensa o Sr. Facio Villanueva, seguir o camiño marcado polo anterior Xerente, Verde Remeseiro, de obediencia cega a canto mande a Consellería, aínda que eso supoña unha diminución de servizos e prestacións, e recortes de persoal na Sanidade Pública?.

O Sr. Facio Villanueva nin sequera comunicou á Comisión de Participación Cidadá da Área Sanitaria de Ferrol a decisión de pechar esa instalación que da servizo a centos de veciños e veciñas da A Cabana, A Graña, Brión e San Felipe.

Demandamos o comezo das obras de ampliación do Centro de Saúde de Serantes que teñen orzamento consignado, proxecto constructivo, e empresa adxudicataria para a realización das mesmas e que levan, pendentes desde o mes de setembro.

Esta Plataforma pola Defensa da Sanidade Publica nos poñemos a disposición das entidades veciñais de A Cabana, Brión, A Graña e San Felipe para programar as accións que se consideren oportunas para defender a continuidade do Consultorio da Graña.

DEMANDAMOS do Alcalde de Ferrol e de tódolos grupos municipais a defensa da continuidade do funcionamento do Consultorio da Graña e que non permitan que se executen, sen motivo nin razón, novos recortes sanitarios na Área Sanitaria de Ferrol.
Ferrol, a 25 de febreiro de 2012.

Asdo./ Xosé Miguel López e Lois Méndez, portavoces da Pdspf

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!

NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!

NON Á PRIVATIZACIÓN !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Asinado:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
25 de fevereiro de 2012 12:22
_____________________