martes, xullo 31, 2012

"O goberno das palabras" ... Por Juan Carlos Monedero - Interesante Vídeo (Non deixar pasar, paga a pena parar-se a ve-lo e escoitar)

"Precisamos pobos máis quijotescos e menos hamletianos, pobos que dialoguen, non que monologuen"

O capitalismo pelexa frecuentemente as súas crises, á vez que mostra un abanico de respostas cada vez máis limitado. O Estado moderno tenta resistir os embates de solucións máis exitosas que o desbordan territorialmente por arriba e por abaixo. O pensamento moderno, esgotado no esforzo de cabalgar sobre a idea de progreso, renuncia ao combate e cede as solucións racionais a andrómenas, sectarismos relixiosos, remedios de espiritualismo de consumo rápido e libros de autoaxuda. Época de transición e confusión. Pode brindar axuda a reinvención da política? A linguaxe é unha herdanza poderosa que nos fala. Bendicir é dialogar; maldicir, monologar.

Recuperar a política é desterrar os monólogos e regresar a diálogos que dean sentido á vida. Despensar os nomes da política -democracia e gobernabilidade, desenvolvemento e modernización, consenso e gobernanza- para logo repensalos ao servizo dun novo sentido común á procura de solucións atrevidamente humanas. Fronte ao auxe de libros que convidan a solucións individuais, estamos ante un libro de "autoaxuda colectiva" que quere devolver ao político a dignidade extraviada.


http://youtu.be/9C-dJRp92wo

Juan Carlos Monedero (Madrid) é licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid. Fixo os seus estudos de posgraduado na Universidade de Heidelberg (Alemaña), e foi profesor convidado no Instituto de Estudos Políticos da Universidade Humboldt de Berlín (dirixido polo profesor Claus Offe).

Igualmente, foi profesor visitante na Universidade Nacional de Quilmes (Arxentina), a Universidade Nacional de Medellín (Colombia), a Universidade Iberoamericana de Poboa (México), a Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina) así como as Universidades Bolivariana e Central de Venezuela, onde impartiu conferencias, seminarios e cursos regulares. A súa tese doutoral sobre o afundimento da República Democrática Alemá recibiu a cualificación de sobresaliente cun laude.

Actualmente é profesor titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Complutense de Madrid (con dous tramos de investigación -sexenios- recoñecidos).
___

"Que debe decir a Esquerda?"... Conferencia de Pablo Iglesias

Tags
Conferencia do presentador de La TuerKa e mestre de Ciencia Política da Complutense para a Academia de pensamiento crítico no curso "Poder, ideoloxía e medios de comunicación" en Valencia o 20 de xullo de 2012.

domingo, xullo 29, 2012

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol rexeita o Plan de Recortes dos Gobernos central e autonómico do Partido Popular na Sanidade Pública e na Lei de Dependencia

Comunicado da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol rexeita o Plan de Recortes dos Gobernos central e autonómico do Partido Popular na Sanidade Pública e na Lei de Dependencia por ser unha agresión brutal ás persoas máis necesitadas de atención, á economía e á democracia, xa que ademais de inxustas estas medidas atentan contra dereitos esenciais da cidadanía.

Os gobernos conservadores eximen de responsabilidades e esforzos económicos aos bancos, as grandes empresas e aos grupos de maior renda, mentres cargan contra as persoas en paro, inmigrantes, pensionistas, dependentes, enfermos crónicos, empregados públicos, traballadores e cidadanía en xeral, aos que reducen os seus dereitos e prestacións sanitarias e sociais. 

Este proceso de reformas socio-laborais pretende desmantelar e privatizar o Estado de Benestar polo que se queremos salvalo é absolutamente necesario organizar unha rotunda e masiva resposta para evitar a demolición dos servizos púbicos e as políticas sociais.

Mentres se inxectan máis de 100.000 millóns euros nos bancos, responsables da crise, e redúcense os impostos ás rendas máis altas, decídese unha amnistía fiscal para os defraudadores, increméntase o copago en farmacia e esténdese aos pensionistas, preténdese reducir o dereito universal á atención de saúde e paralízase a implantación do Sistema de Atención á Dependencia deixando por centos de miles de persoas sen protección impedindo a creación miles de empregos.

Os recortes non afectan só á sanidade senón que se estenderon a outros dereitos sociais como a educación, a vivenda, a xustiza, e as pensións nos que se incrementado as taxas, os copago e a privatizacións, vulneran os principios de universalidade, suficiencia e igualdade de acceso e cobertura que deben garantir os servizos públicos.

Por todo isto a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol facemos un chamamento a toda a cidadanía e as organizacións sociais a mostrar hoxe luns día 30 de xullo ás 20:30 na Praza de España o rexeitamento a estas as políticas do Goberno sumándose esta mobilización untaría convocada pola totalidade das organizacións sindicais en Galicia en defensa da democracia, e o estado de benestar e en contra da supresión dos servizos públicos universais e accesibles, especialmente os de saúde pública . A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública amosamos o noso total apoio a esa mobilización.

Desde a Plataforma tamén queremos denunciar o desabastecemento que desde hai máis dun mes están sufrindo as farmacias de moitos dos medicamentos que vai deixar de dispensar, a partir do 1 de agosto, a Sanidade Pública. Por parte dos Almacéns de Farmacia dos Laboratorios non se están subministrando moitos deses medicamentos para desabastecer o mercado e vendelos máis caros e con máis beneficios para Almacéns de Farmacia e Laboratorios a partir do mes de Agosto. O Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade saben destas prácticas fraudulentas e actúan como cómplices.


Fonte: Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

sábado, xullo 28, 2012

A maioría da corporación ferrolá dálle ás costas á Vida, á Ría e á Legalidade no caso de Reganosa

Tags

Ás dez da mañá, comezou o pleno do Concello de Ferrol, que incluía na orden do dia unha moción do grupo Municipal de Esquerda Unida, onde se solicitaba instar ao Parlamento galego a abrir unha Comisión de Investigación sobre Reganosa, e ás institución competentes a cumprir a Sentenza do Tribunal Supremo. Ademais, facendo uso do Regulamento de Participación Cidadá, e a solicitude da organización ADEGA, a compañeira Lupe Ces en nome do Comité Cidadá de Emerxencia puido facer uso da palabra no Pleno para argumentar as razóns da súa loita e pedir o voto para a moción presentada por Esquerda Unida.

A celebración do Pleno antecedeulle un comunicado da Executiva Local do PSOE, onde se afirmaba a súa vontade de solicitar a paralización cautelar da actividade da Planta de Reganosa. Feito este que anunciaba unha rectificación, polo tanto unha nova etapa nesta formación política en canto a postura mantida até o momento.

As explicacións do voto dos distintos grupos, volveron a evidenciar as complicidades que se manteñen cunha instalación perigosa, innecesaria e ilegal. O grupo municipal do PSOE, apoiou a creación dunha comisión de investigación, pero manifestouse en contra do feche da planta, cun discurso da súa portavoz, onde reproduciu un a un os argumentos propagandísticos de Reganosa sobre os hospitais e empresas aos que subministra gas. Argumentación invalidada polos propios números do sistema gasístico. Argumentación que pecha os ollos ante a realidade da burbulla enerxética da que Reganosa fai parte. Unha burbulla que leva a que, mentres na totalidade do territorio da Union Europea existen 14 plantas de gas, no estado español existen un total de 8 plantas!

O grupo municipal do BNG, manifestou o seu apoio á creación dunha comisión de investigación, pero pretendeu que EU cambiara a redacción do texto referido ao “cumprimento da sentenza”, sustituindoo polo do “cumprimento estrito da legalidade”, nun intento de xustificar a modificación do PXOM de Mugardos, aprobada pola Xunta, na crenza de que esa modificación anula unha sentenza que é irrecorrible, e que non caduca.

Por tres veces, o representante do BNG, afirmou que foran a única organización que presentou alegacións contra a instalación de Reganosa. O que segue sen explicar o BNG é porque cambiou de opinión. Como é que de presentar alegacións no ano 2001, se pasa a unha defensa dunha instalación perigosa, ilegal, e manifestamente innecesaria para Galiza. Cambio que levou á dimisión de dous concelleir@s do BNG e un do PSOE, e que, mesmo sendo integrante do Goberno Bipartito, co conselleiro Fernando Branco, responsable de Industria, continuouse cos recursos interpostos pola Xunta de Fraga Iribarne contra as sentenzas do TSXG, e se recorreu esta terceira sentenza que agora é ratificada polo Supremo. Tampouco se explica as iniciativas do alcalde do BNG en Mugardos. A última, aínda despois de coñecida a sentenza, intentando esquivala, cunha nova modificación do PXOM, que pode incorrer nun delito de prevaricación.

O edil de Independentes por Ferrol, mantivo o seu criterio de oposición á instalación de Reganosa dentro da Ria, e o PP nunha breve exposición de motivos, votou en contra da moción.

Aínda que a moción foi desestimada, Esquerda Unida anunciou novas iniciativas no Parlamento Español a través do grupo da Esquerda Plural. O Comité Cidadán de Emerxencia, non vai ficar parado ata que se cumpra esta sentenza, que ven darlle a razón despois de anos de loita nun proceso que arrastra, corrupción política, enriquecemento indebido, conivencia das forzas políticas cos grandes grupos empresariais e un alto nivel de risco para a vida de mais de 100.000 persoas nesta comarca e contra a riqueza da nosa Ría.

Audio online da intervención de Lupe Ces no nome do Comité Cidadán.



Ir a descargar


Poden-se escoitar todas as intervencións e ver algunhas fotos no blogue oficial do Comité Cidadán de Emerxencia:

AUDIO DAS INTERVENCIÓNS E ÁLBUM FOTOGRÁFICO
--


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
28 de julho de 2012 15:32

http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/

___________

Xornaleiros e Xornaleiras andaluces ocupan a finca militar "Las Turquillas" en Ecija


Ocupación de finca militar en Ecija polos xornaleiros e xornaleiras andaluces

Ao redor de 1.000 sindicalistas ocuparon esta mañá a Leira "Las Turquillas" onde se sitúa a ieguada Militar do Exército. A finca, dependente do Ministerio de Defensa, ten 1.200 hectáreas, a inmensa maioría en baldío, dado que o Exército só utiliza 20 hectáreas para a ieguada.

Tras percorrer o quilómetro que separa a estrada da finca penetrouse en Zona Militar -advertida por grandes cartelóns- e alcanzouse o recinto militar onde unha comisión do SAT entrevistouse cos mandos militares. Dentro do recinto militar esperaba unha compañía de antidisturbios da Garda Civil e tropas militares polo que en asemblea decidiuse non forzar a entrada ao recinto e permanecer na zona militar da finca, iniciando os traballos de infraestructura e logística para permanecer na mesma.

Esta tarde xa se está habilitando unha zona onde esta mesma noite máis de 100 compañeiros e compañeiras quedaranse a pasar a primeira noite en "La Turquilla" ocupada.

O Portavoz Nacional do SAT, Diego Cañamero, sinalou que o obxectivo da ocupación é "que a terra pase a mans das traballaoras e traballadores" e que a finca, dedicada á cria de cabalos, pase a ser utilizada por cooperativas de traballadores e traballadoras.

"Non queremos a propiedade da terra, queremos o seu uso", enfatiza Cañamero, "que a terra sirva para dar traballo e crear riqueza, e non para recibir subvencións de Europa".

O dirixente sindical destacou que a comarca sevillana onde se sitúa a finca sofre "un 40% de paro" e, ante esa situación, "non pode ser que terras públicas ou privadas poidan estar alleas á realidade dun pobo que xa non sabe que facer co paro". "Queremos demostrar que, en mans de cooperativas, a finca terá outro uso, pensando na creación de traballo e en sacar productividade á terra e non só en subvencións da UE", explicou Diego Cañamero.

Sobre o trato cos militares que traballan no centro de reprodución equina da finca ocupada, Diego Cañamero dixo que o trato foi cortés e que "non temos nada en contra deles".

Ante a vixilancia das forzas de seguridade que acompañou a ocupación, que se desenvolveu sen incidentes, o dirixente sindical declarou que "viñemos a quedarnos, non é unha ocupación simbólica. Somos conscientes, creemos no que facemos e facémolo pacíficamente", declarou Cañamero, que asegurou que "si nos expulsan, volveremos e farémolo até que o goberno ceda esas terras as traballadoras e traballadores".


http://youtu.be/LotzYWgG3SU


Fonte: http://www.sindicatoandaluz.org/

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
27 de julho de 2012 18:45
_________

Manifestacións unitarias en defensa do sector público, do emprego e dos dereitos laborais, o Luns 30 de Xullo en todas as cidades de Galiza


Contra os recortes, indignación !
Contra os ataques, mobilización !!
Non te resignes !!! Loita !!!!

Manifestacións unitarias convocadas polos sindicatos de clase e sectoriais  da área pública, foron convocadas en toda Galiza para o vindeiro Luns 30 de Xullo de 2012, contra as últimas medidas decretadas polo goberno español e aprobadas polo parlamento na súa ultima sesión desta semana. En Ferrol, a manifestación partirá da Praza de España (Praza da Porta Nova), ás 20:30 horas, para rematar unha hora máis tarde na Praza do concello, diante do Pazo Municipal.

As políticas ultraliberais do dereitista Partido Popular que hoxe goberna tanto en Madrid, como na Xunta e na maioría dos concellos da nosas Comarca, non só supoñen un ataque contra as traballadoras e traballadores da función pública; coa supresión da paga extraordinaria de decembro que se ven somar a xa progresiva perda de poder adquisitivo que veñen padecendo desde o ano 2000 e que os sindicatos cifran no 20%  e un 40% se a calculamos desde 1995; senón que teñen como principal obxectivo, reducir a administración pública, potenciando o seu desmantelamento, destruíndo emprego e privatizando servizos esenciais para a sociedade, para elo, os dereitistas do goberno, acordan acabar coas conquistas sociais, salariais e laborais que custaron anos de loita.

Non agardemos máis, mobilicemo-nos, participemos nas mobilizacións contra os recortes e o desmantelamento dos Servizos Públicos.

OS SINDICATOS CON REPRESENTACIÓN NA ÁREA PÚBLICA:

CIG, CCOO, UGT, CSI-F, USO, CGT, SAE, CESM, OMEGA e STAJ

CONVOCAN:MANIFESTACIÓNS EN TODAS AS CIDADES GALEGAS PARA O
LUNS 30 DE XULLO

EN FERROL: SAÍDA ÁS 20:30 hs. DA PRAZA DE ESPAÑA (PRAZA DA PORTA NOVA) E REMATE NA PRAZA DO CONCELLO DIANTE DO PAZO MUNICIPAL.

"Na defensa dos servizos públicos"

"Non aos recortes dos nosos dereitos"

CONTRA OS RECORTES E DESMANTELAMENTO DOS SERVIZOS PÚBLICOS .

CONTRA OS ENGANOS E OS SAQUEOS ÀS NOSAS NÓMINAS.

CONTRA OS ATAQUES A NOSA DIGNIDADE COMO EMPREGADOS PÚBLICOS.

Foto: Manifestación de traballadores públicos, ás portas do Parlamento CC BY-SA Merixo
  __________________

mércores, xullo 25, 2012

Convocatória de Assembleia Aberta, o 25 de Julho en Compostela: o cooperativismo integral a debate

Convocatória Assembleia 25 de Julho

Nos últimos anos surgírom na Galiza umha grande quantidade de iniciativas sociais que tenhem em comum a vontade de autogestom de muitas fasquias da vida, desde umha alimentaçom local e ecológica, até escolas populares, comedores, centros sociais, coletividades rurais, grupos de consumo, redes de troco e bancos de tempo, hortas comunitárias, redes de intercámbio de sementes, etc.

O colapso da economia capitalista, incapaz de soster-se em pé apesar de devorar os recursos naturais do planeta, impom também umha mudança de rumo que supere o consumismo e a guerra de todos contra todos e contra a natureza, construindo umha nova forma de vida baseada na ajuda mútua e no respeito ao entorno. Nom podemos contar com que o Estado nem o Capital ajudem nesta transformaçom social, e polo tanto apostamos porque seja o povo, diretamente e desde baixo, quem tome nas suas maos o seu destino.

Ao mesmo tempo, o projeto catalám da Cooperativa Integral atraíu a olhada de muitas/os de nós, porque parece ser umha ferramenta mui efetiva para impulsionar projetos deste tipo, englobando-os num movimento de transformaçom social de grande alcanço.

Os militantes que assinamos esta carta peansamos que seria mui interessante que umha assembleia aberta de pessoas envolvidas nestas iniciativas nos juntássemos para avaliarmos a possibilidade de impulsionar um espaço de encontro similar, umha cooperativa integral galega. Por isso decidimos convocar umha reuniom, que é aberta a qualquer pessoa que participe ou queira participar em projetos de autogestom (polo que podes convidar ti mesmo a quem se che ocorra e que a nós se nos tenha esquecido).

A assembleia terá lugar a quarta-feira 25 de julho, às 17:30 horas no centro social O Pichel, em Santiago de Compostela. As pessoas que a convocamos pensamos que nom deve ser umha assembleia de tomada de decisons, senom um simples diálogo para conversar, perguntar e compartilhar ideias entre nós. Em qualquer caso, a nossa ideia é que, se na assembleia se vê que existe vontade de apostar polo cooperativismo integral, poderiam criar-se grupos de trabalho que vaiam preparando umha juntança posterior na que se constitua realmente a cooperativa integral galega.

Seja como seja, nós nom pomos nengumha premissa nem ordem do dia à assembleia, que queremos plenamente aberta e livre.

Esperamos que a cita che pareça tam importante como a nós.

Um abraço irmandinho,

Carlos Taibo, professor e ativista social.
Ugio Caamanho, do Centro Social A Revolta de Vigo
Olalha Couso, do Sindicato Labrego Galego
Paulo Tobio, da Associaçom Galega de Maes e Pais Agarimar
Paz Romai, de Acolá S. Coop. Galega
Antón Gómez-Reino Varela, de Hábitat Social Coop. Galega
Júlio Saiáns, da Agrupaçom de Montanha Augas Limpas
Olga Romasanta, do Centro Social Mádia Leva! de Lugo
Marcos Abalde, de Estaleiro Editora
Miguel Garcia, do Centro Social Sem um Cam de Ourense
Carlos C. Varela, do jornal digital galizalivre.org
Manuel Casal Lodeiro, de Véspera de Nada
Brais Zas, da Revoldaina Cultural da Beira de Bergantinhos
Júlio Teixeiro, da Escola Popular Galega

P.S. Para nom condicionar a assembleia preferimos nom definir nesta convocatória o que entendemos por cooperativa integral, pois é algo que deveria ser discutido e acordado de forma aberta e debatida. De todas as maneiras, a experiência catalá é umha fonte de inspiraçom para nós, e quem queira pode consultá-la na rede (cooperativa.cat).

Debuxo baseado nun de Rini Templeton.

Enviado por:
Inacio
-inaciogz@gmail.com-
24 de julho de 2012 21:42

________

martes, xullo 24, 2012

Siria: Comezou a batalla de Damasco, ... Por Thierry Meyssan

 Provenientes do estranxeiro, os Contras tomaron varios postos fronterizos ao comezo da súa invasión contra Siria.
 Os xenerais Hassan Turkmani, Daud Rajha e Assef Chawkat, mortos nun atentado o 18 de xullo de 2012.


O ministro de Información, Omran a o-Zou’bi, exprésase ante as cámaras da televisión siria despois do atentado que decapitó parcialmente o Exército Árabe Sirio.
Conferencia de prensa do xeneral Robert Mood sobre a batalla de Damasco, que el mesmo observa desde… as fiestras do seu hotel.

.....

Por Thierry Meyssan [*]
24.07.2012


As potencias occidentais e os países do Golfo emprenderon a operación de guerra secreta máis importante que se viu desde a dos Contras, en Nicaragua. O obxectivo da batalla de Damasco non é o derrocamento do presidente Bachar a o-Assad senón crebar o Exército Árabe Sirio para garantir a dominación de Israel e Estados Unidos no Medio Oriente. Mentres a cidade prepárase para un novo asalto dos mercenarios estranxeiros, Thierry Meyssan pasa en revista a situación.

Fai xa 5 días que Washington e París deron inicio á operación «Volcán de Damasco e terremoto de Siria». Non se trata esta vez dunha campaña de bombardeos aéreos senón dunha operación de guerra secreta comparable a desenvolvida en Centroamérica en tempos da administración Reagan.

Entre 40 e 60,000 Contras, principalmente libios, entraron no país en varios días, esencialmente a través da fronteira xordana. A maioría están vinculados co Exército «Sirio» Libre, estructurado baixo as ordes de Turquía para servir de pantalla ás operacións secretas da OTAN. Algúns son membros de grupos de fanáticos, entre eles a Al-Qaeda, creados baixos as ordes de Qatar e dunha facción da familia real de Arabia Saudita: os Sudairis. Apoderáronse ao seu paso de varios postos fronterizos, antes de chegar á capital, onde sementaron a confusión atacando ao azar os obxectivos que atopaban ao seu paso: como grupos illados de policías ou de militares.

Na mañá do mércores, unha explosión destruíu a sé da Seguridade Nacional, onde se reunían varios membros do Consello de Seguridade Nacional. A explosión custou a vida ao xeneral Daud Rajha, ministro de Defensa; ao xeneral Assef Chawkat, ministro adxunto; e ao xeneral Hassan Turkmani, adxunto do vicepresidente da República. Descoñécese aínda o modo exacto en que foi realizada a operación. Podería tratarse dun atentado suicida ou dun ataque realizado cun avión sen piloto.

Washington esperaba que a decapitación parcial do aparello militar sirio conducise a varios oficiais superiores a desertar coas súas tropas, ou sexa a volverse contra o goberno civil. Pero non foi así. O presidente Bachar al-Assad asinou inmediatamente as nominacións dos sucesores dos falecidos, garantindo así á perfección a continuidade do Estado.

En Paris, Berlín e Washington, os mesmos que ordenaron a operación entregáronse ademais a unha sucia manobra que consiste en condenar o acto terrorista á vez que confirman o seu apoio político e loxístico militar aos terroristas que o cometeron. De forma totalmente desvergonzada concluíron que os responsables dos asasinatos non son os realizadores do atentado senón as propias vítimas, por haberse negado a dimitir baixo a presión deses mesmos gobernos e por non aceptar entregar a súa patria aos apetitos occidentais.

Caracas e Teherán expresaron os seus condolencias a Siria, subliñando que o ataque foi ordenado e financiado polas potencias occidentais e os países do Golfo. Moscú tamén expresou as seus condolencias e observou que o pedido de sancións contra Siria no Consello de Seguridade da ONU constitúe un respaldo político aos terroristas que atacan ese país.

As canles da televisión siria comezaron a transmitir cantos patrióticos e imaxes do exército. Interrompendo a programación, o ministro de Información, Omran a el-Zou’bi, lanzou un chamado á mobilización de toda a cidadanía. Non é momento para querelas entre goberno e oposición. A Nación está enfrontando unha agresión externa. Recordando o artigo que publiquei en Komsomolskaya Pravda, onde describía a operación mediática de desmoralización preparada polas canles occidentais e do Golfo [1], o ministro alertou aos seus concidadáns sobre o inminente comezo de devandita operación. Posteriormente desmentiu as falacias das canles do Golfo sobre un suposto motín na 4ª división e sobre unha serie de explosións que destruirían o cuartel principal de devandita división.

As canles nacionais sirias transmitiron varias veces por hora as indicacións necesarias para que os telespectadores sirios poidan captar os seus programas a través do satélite Atlantic Bird, no caso de que se interrompese a súa transmisión a través dos satélites ArabSat e NileSat.

En Líbano, Hassan Nasrallah recordou a hermandade de armas existente entre o Hezbollah e Siria, forxada na loita contra o expansionismo sionista, e garantiu o seu respaldo ao Exército Árabe Sirio.

O atentado foi o sinal de inicio para a segunda parte da operación. Os grupos armados infiltrados na capital lanzáronse ao ataque de diversos obxectivos, de forma máis ou menos selectiva. Por exemplo, un centenar de Contras atacaron a casa próxima ao meu apartamento ao grito de ¡Alá Akbar! Un alto responsable militar reside no lugar. Houbo 10 horas de combate ininterrumpido.

Á noitiña, o exército respondía con discreción aos ataques dos Contras. Posteriormente, deuse a orde de responder aos atacantes o máis enerxicamente posible. Non se trataba xa de loitar contra terroristas que viñan desestabilizar Siria. A nova misión era enfrontar unha inconfesable invasión estranxeira e protexer a patria en perigo.

A aviación entrou entón en acción para destruír as columnas de mercenarios que tratan de alcanzar a capital.

Ao final da mañá, a calma restablecíase progresivamente na cidade. Os Contras e os seus colaboradores víanse obrigados a retirarse. Restablecíase a circulación nas estradas e as grandes arterias e instalábanse barreiras para filtrar o tránsito no centro da cidade. A vida volvía ao seu curso cotián, aínda que aínda podían escoitarse disparos illados en diversos lugares. A maioría dos comercios permanecían pechados e longas colas podían verse ante as panaderías.

Pénsase que o asalto final pode ter lugar durante a noite do xoves ao venres e durante a xornada do propio venres. É indubidable que o exército nacional sirio sairá nuevamente victorioso xa que ten ao seu favor a correlación de forzas. Trátase ademais dun exército de reclutas que goza do apoio da poboación, e inclusive o respaldo da oposición política interna.

Conforme ao previsto, os satélites ArabSat e NileSat desconectaron durante a tarde o sinal da canle sirio de televisión Ad-Dounia. A CIA pirateou a conta de Ad-Douni en Twitter para transmitir mensaxes falsas que anunciaban unha retirada do exército nacional sirio.

As canles de televisión do Golfo anunciaron un derrube da moeda siria, como preludio da suposta caída do Estado. O gobernador do Banco Central, Adib Mayaleh, presentouse ante as cámaras da televisión siria para desmentir a nova intoxicación e confirmar que a taxa de cambio segue sendo de 68,30 libras sirias por un dólar estadounidense.

Despregáronse reforzos nos arredores da praza dos Omeyas, para protexer os estudos da televisión estatal, que todos os inimigos da liberdade consideran un obxectivo prioritario. Instaláronse estudos auxiliares no hotel Rosa de Damasco, onde pasan comodamente o seu tempo os observadores da ONU. A presenza destes observadores militares da ONU, que non permitiron que o ataque contra a capital interrompa a súa farniente, serve de facto de protección aos xornalistas sirios que arriscan as súas vidas para manter informados aos seus concidadáns.

No Consello de Seguridade da ONU, a Federación Rusa e Chinesa recorreron por terceira vez ao veto ante unha proposición de resolución na que os países occidentais e as monarquías do Golfo trataban de abrir o camiño a unha intervención militar internacional. Os representantes de Rusia e Chinesa ante o Consello de Seguridade denunciaron incansablemente a propaganda tendiente a presentar como unha revolta afogada en sangue o que en realidade é unha agresión exterior contra o Estado sirio.

Estímase que a batalla de Damasco pode renovarse esta noite.


Publicado na Red Voltaire | Damasco (Siria) | 19 de julio de 2012


[*] Thierry Meyssan, Intelectual francés, presidente-fundador da Rede Voltaire e da conferencia Axis for Peace. As súas análises sobre política exterior publícanse na prensa árabe, latinoamericana e rusa. Última obra publicada en español: A gran impostura II. Manipulación e desinformación nos medios de comunicación (Monte Ávila Editores, 2008).





Nota.-

[1] «НАТО готовит переворот в Сирии», por Thierry Meyssan, Komsomolskaya Pravda. Artículo en francés: «L’OTAN prépare une vaste opération d’intoxication», Réseau Voltaire, 10 de junio de 2012.

Artigo baixo licenza Creative Commons

A Rede Voltaire autoriza a reprodución dos seus artigos a condición de que se cite a fonte e de que non sexan modificados nin utilizados con fins comerciais (licenza CC BY-NC-ND).

Fonte : «A batalla de Damasco comezou», por Thierry Meyssan, Rede Voltaire , 19 de xullo de 2012, www.voltairenet.org/a175072
____________________

A pola constituinte!, ... Por Lupe Ces

Tags

Por Lupe Ces [*]
24.07.2012


Nom hai volta atrás. Mentres os especuladores lançam ataques sobre a dévida, e ditam as leis que devem aprovar os parlamentos outrora “soberanos”, os ultracatólicos e neoliberais aproveitam para dar o finiquito a direitos e liberdades, desmontar e privatizar empresas e serviços públicos e mesmo a reformular a estrutura do Estado, ameaçando com reduzir ou eliminar o poder local, autonomias... mas mantendo, isso sim, a santa monarquia, o centralismo asfixiante e os ninhos de caciquismo provinciano das diputaçons. Começarom umha contrarreforma que, nesta nova etapa, tivo o seu pistoletazo de saída na reforma constitucional aprovada numha vergonhenta sessom do parlamento espanhol, onde PP-PSOE entregarom a “soberania” aos mercaderes europeus.

Aproveitando a situaçom socioeconómica que provoca esta Estafa chamada Crise, esta-se produzindo, nos estados ocidentais, umha auténtica revoluçom neoliberal, comandada polas oligarquias financeiras e amplos sectores das burguesias “nacionais”, neoliberais no económico e conservadoras no social.

A grande estafa da especulaçom financeira e inmobiliaria, a sobre produçom industrial, cria no mundo umha crise económica e social que nom deixa ver a profundidade e importância vital das outras crise, a alimentaria, a energética e a medioambiental.

Para esta nova etapa, de acumulación do Capital, necesitan o control dos recursos, a guerra e uns povos temerosos e sem dereitos.

Cumpre que tomemos consciência desta situación mundial e do novo marco político-jurídico onde nos estam encorsetando. E cumpre analisar se é possível volver, cum simples cambio de governos, à situaçom anterior. Umha situaçom onde a corrupçom política, a especulaçom bancaria ao redor do cemento, a energia e o asfalto, ficavam num segundo plano, pois a capacidade de consumo insuflada qual bebediço nas maiorias sociais, dava a impressom de coesionar a toda umha sociedade ao redor do lema “consume até o infinito e mais alá, que eu deixo-che os cartos”.

Nom vai ser possível volver atrás, porque as directrices da Troika, do FMI e o BM, obrigariam a manter o caminho de pedras ardentes por onde se nos está obrigando a caminhar. Nom abonda com eleger nas eleiçons aos melhores gestores e gestoras, mesmo se fossem os que cumpriram co critério de maior honradez. O déficit e as arcas baleiras, e o desmantelamento do público, seria a realidade a gestionar. E umha dévida imensa, cos seus correspondentes interesses, estaria colocada na mesa das reunions governamentais. As cadeiras e carteiras estariam agrilhoadas por um pacote legislativo que faria ilegal qualquer medida que tentasse um golpe de leme. Nom som gestores ou gestoras o que precisamos nas instituiçons, precisamos pessoas que liderem o cambio de paradigma, pessoas insubmissas, descridas co sistema capitalista, dispostas à construçom de algo novo. Mesmo dispostas a desconstruir essas mesmas instituiçons e construir outras novas se houver lugar.

Cumpre assumir que temos que abrir-nos a um novo tempo. Estamos numha situaçom onde, ou damos um salto adiante para salvar o precipício, ou nos afundimos nele para umha longa e gris etapa histórica, que have-las hai-nas. Cumpre assumir que temos que ir a um processo constituinte. E cumpre explicar-lho a todo o mundo. Um processo político e social que construa uns novos alicerces onde os materiais nom podem ser outros que os aportados polos movimentos sociais, os movimentos cidadáns e as forças políticas de esquerdas, que sejam quem, para si mesmas, fazer o seu próprio processo constituinte.

Hai que construir e assinar um novo acordo. Temos que pensa-lo todo de novo,  como queremos viver, como nos imos organizar, quem e como tenhem que ser as pessoas nas que deleguemos funcións de governanza e representatividade. Como organizar a justiça, a economia, as finanças... Como erradicar a pobreza e limitar a riqueza. Como construímos a nova democracia, e como é que o território que habitamos, vai ser respeitado e nos vai poder aturar.

Este processo constituinte está começando a gestar-se em Grecia, Italia, Portugal e  nos territórios que conformam o caduco Reino de Espanha. Devera logo, este processo constituinte, de jeito lúcido e duradeiro, devolver a soberania aos povos que a vimos reclamando por séculos, e o dereito a decidir que tipo de alianças concretadas em federaçons, confederaçons, unións, ... hai que construir para começar cum bo pé a nova etapa histórica que nos está aguardando aí, a um salto de precipício.

É por isso que neste 25 de Julho, com cinco atos diferentes em Compostela, e mais algumhas organizaçons que nom tenhem organizado ato algum, nom devemos quedar-nos na imagem de  divisom, fragmentaçom ou sectarismo da esquerda nacional. Devemos ver, neste 25 de Julho, a imagem das peças do mosaico que estám chamadas a entender-se, e conformar este novo processo constituinte. Como se coloquem, os cámbios e processos internos que haja que dar, o tempo que precisam, nom deixam de ser simples variáveis, porque os tempos obrigam ao entendimento, à uniom, à colaboraçom e à complementariedade. Todas e todos, a pola constituinte!

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Forma parte do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom
_______________________________

luns, xullo 23, 2012

O Inquisidor, ... Por Lupe Ces


-->

Por Lupe Ces [*]
23.07.2012


O ministro Gallardón quere converter em lei o que é simplesmente doctrina de fe. Segue o caminho planeado polo nacional-catolicismo, amplamente representado nas instituiçons. Um caminho planeado longe da transparência e da democracia, nos sombrios espaços das seitas mais poderosas, chamem-se Opus Dei, Comuniom e Libertaçom ou Neocatecumenato. A vida das mulheres e das nenas, graças a este obediente inquisidor, vai estar constringida à moral dumha Igreja que é capaz de obrar o milagre de recolher mais dum milhom de euros nos seus cepilhos.
Assim, como no tempo onde nos mandavam torturar e queimar nas praças públicas, para liberar as nossas almas possuídas polo mal da bruxaria, agora o inquisidor, quere liberar-nos da violência estrutural que nega os nossos direitos, dando-lhe de beber à opinom pública um vinho de arrecendos democráticos que agocha o mortal veleno da misoginia, mentres mulheres e nenas, quedam expostas ao lume da maternidade imposta.
Chega a sua perversom ao extremo de converter a malformaçom do feto num problema de discriminaçom. As leis e os direitos que nelas tenhem que estar garantidos, estam em mans de mentes obsessionadas em legislar, acotar e dominar, o que consideram o espaço-força origem do pecado: a sexualidade e o corpo das mulheres. A Inquisiçom carga de novo contra as cidadás livres, que poidam decidir, com toda a informaçom necessária, levar a termo ou nom um embaraço, com malformaçons ou sem elas, é o seu direito.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Forma parte do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom
-----

Continúa a campaña de recollida de sinaturas en demanda dunha 'Consulta Popular' sobre o novo proxecto da Praza de España (Praza da Porta Nova)




Consulta Popular Praza de España


Continúa a campaña de recollida de sinaturas en demanda dunha CONSULTA POPULAR sobre o novo proxecto da Praza de España, ao que se destinan, ademais dos 58.000 euros xa gastados na elaboración do proxecto, un mínimo doutros 700.000 euros, de maneira inicial, para volver a levantar a superficie da Praza nun malgasto manifesto do diñeiro público e con grave prexuízo para o comercio e a hostalería próximas á Praza que verán como, despois de 10 anos de obras e de contínuas perdas económicas, se lles quere someter a máis obras innecesarias.

Esta campaña está promovida pola Plataforma contra o Malgasto do Diñeiro Público, que compoñen as Asociacións: Ateneo Ferrolán, Sociedade Cultural López Bouza, Colectivo Ártabra 21, Asociación Cultural Fuco Buxán e as asociacións veciñais de: Esteiro, San Xurxo, San Pablo de Catabois, Santa Mariña, Prioriño, San Román de Doniños, O Rosario-Inferniño, San Xoán-Bertón e Ultramar.

Pensamos que cando toda a cidade de Ferrol é un bache, cando as Prazas do Callao, Cantón, Rúa do Sol, Irmandiños, Tunel da Praza de España e cando todas as rúas e camiños do rural están nun estado de conservación lamentable, sen que, durante un ano se fixese ningún arranxo e onde se fixeron arranxos como na Rúa Real, Rochel, etc, xa volven a estar desfeitos.

Cando, pola situación económica  que pasa a cidade, é máis preciso que nunca facer investimentos en servizos sociais, cando non se executan as demandas que os veciños e as veciñas dedidiron no proceso de orzamentos participativos, e que contaban con partida orzamentaria. Cando o coidado das zonas verdes é absolutamente deficiente e a limpeza da cidade é manifestamente mellorable.

Cando temos as torretas de electricidade sen soterrar en Caranza e noutros barrios, canda a Ría está sendo a cloaca onde vai toda a merda. Cando temos infinitas necesidades ao Concelleiro de Urbanismo e Obras non se lle ocurre máis que contratar proxectos: Praza de España, que xa contaba cun proxecto e so queda rematalo, Parque Municipal (que xa contaba cun proxecto), novo Proxecto sobre Mobiliario Urbano no barrio da Madalena, etc, etc. Estes proxectos, con independencia de que se realicen ou non, van supoñer un custo de preto de 180.000 euros innecesarios. Estes proxectos nunca se encargan aos funcionarios municipais do departamento de Urbanismo que poderían facelos perfectamente xa que teñen a capacidade necesaria para realizalos. É un continuo e reiterado malgasto de diñeiro público.

No día de hoxe , sábado 21 de xullo, estivemos recollendo sinaturas no Mercado da Central da Madalena, como se ve nas fotos que achegamos, con moito éxito e cunha recepción absolutamente positiva, da veciñanza de Ferrol, cara á demanda da Consulta Popular e da paralización do novo Proxecto para a Praza de España.

O pasado sábado 14 estivemos no Feirón do Inferniño e o domingo 15 na Feira de Ferrol, en tódolos casos cun resultado altamente positivo. Imos continuar recollendo sinaturas.

O vindeiro xoves día 26 de xullo asistiremos ao Pleno Ordinario do Concello de Ferrol para seguir opoñéndonos ao Malgasto do diñeiro público, o mesmo que faremos no pleno do mes de agosto, setembro, outubro, etc. E outras accións que estamos elaborando.



Documentación:

Escrito ao Alcalde (08.06.2012)

Panfletos.

Folla divulgativa.

Escrito para a recollida de sinaturas solicitando unha Consulta Popular.

Moción ao Pleno (Rexistrada o 12 de Xuño de 2012).

Intervención no Pleno (28.06.2012).



Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/





Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
21 de julho de 2012 13:33

_______________

Non pasarán! - Sabino Cuadra falou moi claro no Parlamento Español - Vídeo

Tags

Moi clara a intervención no Congreso español de Sabino Cuadra Lasarte, deputado de Amaiur, o 19 de xullo de 2012, na sesión onde o goberno Español, validou no Congreso do Deputados, as medidas antiobreiras e antisociais do Goberno dereitista do PP. Non pasarán!


http://youtu.be/AxzRXnIDNRE


Enlaces relacionados:
Ártabra 21: Francisco Jorquera, na súa intervención no Parlamento Español, pide e dimisión de Rajoy - vídeo

Ártabra 21: Ataque frontal do goberno español contra a Clase Traballadora - Vídeo da intervención de Rajoy no Congreso 11.07.2012

Enviado por:
Inácio
inaciogz@gmail.com-
22 de julho de 2012 22:24
______________

domingo, xullo 22, 2012

Crónica da Sexta Marcha a Pé Ferrol-Mugardos contra o despropósito gasista de Reganosa - Fotos

Tags



Numerosas persoas emprenderon a andaina até Mugardos, convocadas polo Comité Cidadán de Emerxencia, este 20 de Xullo de 2012.  Era a Sexta Marcha a Pé Ferrol-Mugardos contra o despropósito gasista de Reganosa, a Planta de Gas instalada no mesmo corazón da Ría de Ferrol.

O 24 de agosto de 2007, tiña lugar a Primeira Marcha a Pé a Mugardos, cun grande éxito de participación e forza. O movimento opositor á planta de REGANOSA, medraba día a día en conciencias e desexos de desmantelamento da ilegal e perigosa planta, produto da corrupción política e de intereses económicos alleos aos do pobo galego. A Marcha cidadá era como un contributo solidario coa veciñanza de Meá que levaba moitos días pechada na Casa do Concello de Mugardos. Desde aquela xa son seis as Marchas realizadas.

Hoxe esta Sexta Marcha, ven acompañada dunha máis que agardada Sentenza do Tribunal Supremo que declara a Reganosa ilegal.

A sexta edición da Marcha comezaba no Parque 'Carmelo Teixeiro' de Caranza, pasadas as cinco da tarde. Parque que leva o nome do primeiro coordenador do Comité Cidadán, acordado polo Pleno do Concello de Ferrol, despois da súa morte, o 5 de Febreiro de 2008, en recoñecemento da súa laboura comunitaria a prol do ben común.

Os 16 Km que separan Ferrol de Mugardos foron percorridos pol@s marchistas sen problemas, con algunhas paradas para o reagrupamento e a xa típica parada de avituallamento n'O Pote de Maniños. Despois veu a chegada á Pedreira e baixada até Reganosa onde a inmensidade dos tanques, con ducias de miles de toneladas de GNL, avisaban do perigo desta instalación no mesmo corazón da nosa Ría.

Mugardos estaba en Festas, desta vez o Alcalde non permitiu que o recibimento fose no centro da vila, na Praza do Mercado, quería ocultar-nos o máis lonxe que poide-se do resto da veciñanza, polo que nos desviou para o Parque dos Carneiros, mais a Marcha transcorreu igual polo centro de Mugardos, uns cantos centos de metros máis non era un impedimento e a si quedaba de manifesto que a Sexta Marcha contra o despropósito gasista chegaba ao seu destino.

No Parque dos Carneiros, agardaban numerosas persoas que recibiron con aplausos tantas vontades de que se faga xustiza, agora tamén que hai unha Sentenza que ven a fortalecer a nosa Razón e a nosa Loita.

A veciñanza de Meá e do resto de Mugardos que foi protagonista aquel verán de 2008, con 111 días de peche na casa do Concello, acolleu-nos unha vez máis con agarimo. Música, bebidas, chourizo e liscos.

O acto rematou coa confraternización entre veciñanza e marchistas e unhas palabras de Luz Mariña Torrrente e Lupe Ces.

Fotos de Susete'70 e Comité Cidadán.

Nota do Comité:

O Comité Cidadán de Emerxencia agradece a súa colaboración a todas as persoas que o pasado venres 20 de xullo tomaron parte ou apoiaron a VI Marcha a pé Ferrol – Mugardos, ven camiñando ou acudindo ao Campo dos Carneiros ao remate da Marcha.

Tod@s xunt@s faremos posible o fin da ameaza que, hai máis dunha década, supón a Planta de Gas de Reganosa para a Ría de Ferrol e os seus habitantes.

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA ¡!


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
____________

sábado, xullo 21, 2012

Quen debe a quen? - Manifestación #19J en Barcelona


Centenares de miles de persoas en todo o estado español -400.000 en Barcelona e 800.000 en Madrid, segundo as organizacións convocantes- expresaron un rotundo rexeitamento ás políticas do memorándum impostas pola troika e secundadas polo goberno do PP, coa anuencia do PSOE e de CIU.



http://youtu.be/ZmSsQuy_vmE


Unha reportaxe de racos1871. Con licenza Creative Commons. Recoñecemento - NoComercial (by-nc): Permítese a xeración de obres derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode utilizar a obra orixinal con finalidades comerciais.

Publicado por Oscar Martínez en 10:04

Enviado por:
Xornalismo cidadán, unha alternativa á censura mediática
-photo.oscar@gmail.com-
21 de julho de 2012 08:49

__________________

venres, xullo 20, 2012

Homenaxe en Ares aos veciños da comarca presos en Mauthausen, 26 e 27 de Xullo

Xullo 26 e 27: Homenaxe en Ares aos veciños da comarca presos en Mauthausen

Organizado por: Concello de Ares, Asoc. Memoria Histórica Democrática e Asoc. Cultural Fuco Buxán, coa colaboración de: Deputación de A Coruña, Asoc. Amicale de Mauthausen, EAF Produccións,  e os Concellos de Ferrol, A Capela, Cedeira, Fene, Miño e Monfero.

Celebrara-se en Ares, os días 26 e 27 de xullo:

Homenaxe aos nosos veciños presos en Mauthausen
(Vítimas das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal)

Xoves, 26 de Xullo:

Ás 19,00 hs, na Casa da Xuventude:
  • Inauguración Exposición fotográfica "Os nosos veciños de Mauthausen".
  • Presentación da Documental de Xosé Abad: "Galegos en Mauthausen" (15 min.)
Ás 20,00 hs, no Parque Rosalía :
  • Inauguración do Monumento en homenaxe aos veciños das comarcas Ferrol-Eume-Ortegal presos en Mauthausen.
Venres, 27 de Xullo:

Ás 19,30 hs, na Alianza Aresana:
Conferencia-Coloquio, na que intervirán:
  • Ana María Sánchez Alcubierre, da Asoc. Amical de Mauthausen.
  • Enrique Barrera Beitia, da Asoc. Memoria Histórica Democrática.
Repartirase o libro: "Galegos en Mauthausen".

Entrada libre aos actos até completar aforo.
Prégase difusión.

A. C. Fuco Buxán
http://www.fucobuxan.com/
Tamén Fuco no facebook

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
14 de julho de 2012 23:29
http://www.fucobuxan.com/

______________

Síria: Toda a verdade - Outras Voces - Carta do Vice Primeiro Ministro das Relações Exteriores e Expatriados da República Árabe da Síria, Walid Al Moallem, a Kofi Anan, Enviado Especial das Nações Unidas.

Tags

Carta do Vice Primeiro Ministro das Relações Exteriores e Expatriados da República Árabe da Síria, Walid Al Moallem, a Kofi Anan, Enviado Especial das Nações Unidas. Toda a verdade de uma fonte fidedigna. Vemos claramente quem ou o quê está por trás dos terroristas sírias destabilizando o governo | 20.07.2012


Senhor Kofi Anan
Enviado Especial das Nações Unidas

Prezado Senhor,

Lí Vossa carta, datada em 13.07.2012, dirigida ao Secretário Geral das Nações Unidas, na qual Vossa Senhoria faz referência aos trágicos relatos vindos da vila de Al Tremseh, próxima a Hama e sobre o uso de canhões, tanques e helicópteros por parte do Governo sírio. Lamento que Vossa Senhoria tenha baseado Vossa posição numa única e imprecisa fonte de informações.

Esperava que Vossa Senhoria verificasse os relatos junto ao Governo sírio antes de adotá-los, para que pudesses ver a verdade dos fatos, salientando que nós atendemos imediatamente ao pedido da missão de observadores para visitar Al Tremseh e a visita foi, de fato, realizada na data estabelecida por eles, em 14/07/2012. O que ocorreu no vilarejo de Al Tremseh, próximo a Hama, é que dezenas de membros de grupos terroristas armados invadiram o vilarejo e lá se instalaram, aterrorizando os moradores civis e criando sedes de comando, depósitos de armas e locais de tortura dos seqüestrados, atacando mais de um ponto das Forças de Segurança concentradas nos arredores do vilarejo, o que exigiu uma resposta e o choque desde as 05:00 horas da manhã da  quinta-feira, 12/07/2012.

Estes choques permaneceram durante algumas horas, mas as forças do Governo não utilizaram aviões ou helicópteros ou tanques ou canhões, mas entraram na cidade sob a proteção de carros militares de transporte do tipo BMB e utilizaram armas leves, conforme a definição do Entendimento Inicial assinado entre a Síria e as Nações Unidas. Durante os choques, foram danificadas apenas cinco casas dentro do vilarejo que eram utilizadas como sedes dos grupos terroristas armados, assim como foram encontradas grandes quantidades de armas, munição e artefatos explosivos.

Afirmo à Vossa Senhoria que as forças do Governo não cometeram nenhum massacre, conforme anunciou a imprensa, mas os grupos armados levaram consigo alguns corpos dos seus mortos e alegaram que o exército sírio promoveu um massacre contra os civis, fato que nego veementemente.

Causa-me muito estranhamento o Vosso silêncio diante das violações diárias cometidas pelos grupos terroristas armados, que já ultrapassaram dez mil e quinhentas violações, desde 12.04.2012 até a presente data. Sinceramente, não houve nenhuma referência sobre isso em Vossas declarações e nem em Vossos relatos ao Conselho de Segurança.

A adoção de fontes de informação sem credibilidade prejudica Vossa missão e serve unicamente aos interesses dos que buscam o fracasso desta missão, ao tempo em que a Síria zela pelo sucesso de Vossa missão e reafirma o compromisso do Governo da Síria com o Plano de Seis Pontos e com o Entendimento Inicial assinado em 19.04.2012, assim como o entendimento ocorrido entre Vossa Senhoria e o Senhor Presidente Bashar Al Assad, durante a Vossa última visita a Damasco e espera avançar no cumprimento deste entendimento para cessar a violência e iniciar o processo político.

Queira aceitar meus cumprimentos e peço que uma cópia desta minha carta seja encaminhada ao Secretário Geral das Nações Unidas e ao Presidente do Conselho de Segurança.

Walid Al Moallem

Vice Ministro das Relações Exteriores e Expatriados

Damasco, em 14.07.2012.
Timothy Bancroft-Hinchey

Fonte: http://port.pravda.ru/

Copyright © 1999-2012, «PRAVDA.Ru». No acto de reproduzir nossos materiais na íntegra ou em parte, deve fazer referência à PRAVDA.Ru As opiniões e pontos de vista dos autores nem sempre coincidem com os dos editores.

Grupo de Comunicación Libanés de interese, para coñecer as outras voces do conflito en Siria e no Mundo:

http://www5.almanar.com.lb/spanish/main.php
_______________

Goberno dimisión!



O pobo unido xamais será vencido !


Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruinen

Centos de miles de persoas saíron ás rúas da Galiza e varios millóns no conxunto do, polo de agora, Reino de España, contra  a política económica e social do goberno español,  contra o "saqueo do pobo", e para "impedir que nos arruínen"...

Onte mesmo o Parlamento Español validaba as medidas antisociais de recortes económicos, sociais, políticos, ... e de dereitos.

Ferrol Terra tamén ocupou as rúas da cidade. A convocatoria unitaria dos sindicatos (CCOO, CIG, UGT e USTG), que contou tamén cunha ampla presenza doutros sindicatos non asinantes da convocatoria como a CNT e algúns sindicatos sectoriais, resultou multiplicadora da vontade popular. Nunha praza desbordada, o escritor Antón Cortizas leu o comunicado conxunto que resultou en mitin, coreado polas consignas de "goberno dimisión", "a próxima parada que sexa Elena Fabras", "postos de traballo na nosa Terra", "non pode ser obreiros na cadea, corruptos no poder", e un emotivo "o pobo unido xamais será vencido". No comunicado, onde non faltou a crítica aos privilexios da Igrexa Católica, pedíase un referendo ou eleccións anticipadas coa dimisión dos gobernos do PP.

Fotos de Susete'70 e de Fuco Buxá.
___________

mércores, xullo 18, 2012

Informe básico sobre aspectos laborais e de seguridade social do RDL 20/2012 de 13 de xullo de medidas para garantir a estabilidade orzamentar

Informe básico sobre aspectos laborais e de seguridade social do RDL 20/2012 de 13 de xullo de medidas para garantir a estabilidade orzamentar

Tixeiretazo
O contido do citado informe, elaborado pola Asesoría Xurídica da CIG de Verín, está comentado en relación coa normativa anterior.


O falanxismo popular cárgase o dereito á negociación colectiva, á liberdade sindical, á protección social e esfarela os restos do estado social e democrático.

O informe fai referencia aos seguintes puntos:
1. Salarios do sector público.
2. Negociación colectiva no sector público. Modificación e suspensión de convenios colectivos, pactos e acordos.
3. Permisos e vacacións do funcionariado e do persoal laboral.
4. Complemento de incapacidade temporal do persoal laboral e funcionario.
5. Dereitos sindicais.
6. Xubilación do persoal da función pública.
7. Unidades electorais da Administración Xeral do Estado e creación do Rexistro de Órganos de Representación do persoal ao Servizo das Administracións Públicas.
8. Suspensión dos acordos, pactos e convenios que se opoñan ao regulado no Título I do Real Decreto-Lei.
9. Modificación de conceptos exentos nas bases de cotización á Seguranza Social.
10. Modificación das prestacións e subsidios por desemprego.
11. Prestacións do Fogasa.
12. Outras medidas en relación co persoal do sector público.



DEMISIÓN DO GOBERNO !

FOLGA XERAL ! 


Descargar Documento:
Informe básico sobre o Real Decreto Lei 20/2012 


[Artigo tirado da web da forGA]

martes, xullo 17, 2012

Recente e moi interesante entrevista co recoñecido sociólogo Manuel Castells Oliván, autor da trioloxía 'A Era da Información' - O Poder, Internet, a Comunicación e a Información, ... son asuntos que se abordan na entrevista- Vídeo


Entrevista con Manuel Castells Oliván.
Emitida na Canle Internacional de TV Rusia Today o 16 de Xullo de 2012|
Que rol xoga Internet no mundo de hoxe e por que hai políticos de todo o mundo que quixesen liquidalo para sempre? Cal é o motivo polo que os poderosos ocultan a verdade respecto de a crise económica e que final espera ao euro? A estas preguntas e moitas outras responde Manuel Castells Oliván.



Fonte: http://actualidad.rt.com/
___________

Contra a reforma sanitaria que pode custar vidas

Tags

Amnistía Internacional, Médicos do Mundo e Rede Acolle entregan máis de 59.000 sinaturas ás Presidencias das Comunidades Autónomas pedíndolles que non adopten medidas regresivas no acceso ao dereito á saúde
.

Santiago de Compostela, 17 de xullo.- A non renovación de tarxetas sanitarias a inmigrantes en situación administrativa irregular a partir do 1 de setembro podería afectar á vida e á saúde de miles de persoas. Así o denunciaron Amnistía Internacional, Médicos do Mundo e Rede Acolle, xunto con Foro de Inmigración e SOS Sanidade Pública en Galicia, que hoxe entregaron de forma simultánea ás Presidencias das Comunidades Autónomas as máis de 59.146 sinaturas recollidas e que lles solicitan que garantan o acceso e goce do dereito á saúde de todas as persoas, en cumprimento das súas obrigacións internacionais, sen regresividade nin discriminación e manteñan a asistencia sanitaria para todas as persoas.

As organizacións consideran que a reforma sanitaria introducida polo Real Decreto Lei 16/2012,  pode custar vidas. Os recortes implican que as persoas migrantes maiores de idade en situación irregular só serán atendidas en urxencias e nos supostos de embarazo, parto e posparto. Implican tamén que persoas españolas -como as maiores de 26 anos que non cotizasen-  verán dificultado o seu acceso ao dereito á saúde, o que para estas organizacións son medidas regresivas e discriminatorias.

As ONGs alertan que o Real Decreto Lei 16/2012 vai deixar a miles de persoas sen acceso aos sistemas de saúde. A reforma vai supor a interrupción de tratamentos e seguimentos e vai significar a imposibilidade de acceder ao medicamento preventivo e a diagnóstico médicos para miles de persoas en situación administrativa irregular que residen no noso país.

As consecuencias están a ser xa palpables. Como as que podería sufrir Aisha, unha muller marroquí que perdeu o seu traballo coa chegada da crise económica e con iso, o permiso de residencia. Detectáronlle un cancro de peito hai dous anos, cando estaba embarazada. Sufriu unha mastectomía e aplicáronlle quimioterapia. Agora acode a revisións cada dous meses, pero sen tarxeta de residencia non poderá continuar o seu tratamento. Ou Carmen, chilena en situación administrativa irregular, cuxos riles só funcionan ao 22 por cento. Se perde o acceso ao sistema público de saúde non poderá asumir o custo da máquina de diálese da que depende o seu tratamento.

Amnistía Internacional, Médicos do Mundo e Rede Acolle, xunto con Foro de Inmigración e SOS Sanidade Pública en Galicia, denuncian, ademais, que a reforma sanitaria vulnera obrigacións internacionais contraídas por España, como o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, que obriga aos Estados parte a respectar, protexer e cumprir o dereito á saúde sen regresividade e sen discriminación.

Advertencias internacionais

O Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais de Nacións Unidas xa mostrou en maio a súa preocupación polo Real Decreto lei 16/2012, e recomendou a España que a reforma sanitaria adoptada non limite o acceso das persoas que residen no Estado aos servizos de saúde, calquera que sexa a súa situación legal. O Comité tamén recomenda revisar as reformas adoptadas para garantir que as medidas de austeridade non diminúan o nivel de protección dos dereitos alcanzados e sexan en todos casos temporais e proporcionais.

Outros organismos da ONU como o Comité para a Eliminación da Discriminación Racial ou o Relator Especial sobre os dereitos humanos dos migrantes lembraron que os Estados teñen obrigación de garantir o dereito á saúde para todas as persoas, independentemente da súa condición xurídica e da documentación que posúan.

Efectos sobre as persoas máis vulnerables

As organizacións promotoras desta acción advirten das graves consecuencias que as restricións no acceso á atención sanitaria poden supor para quen sufran enfermidades crónicas, endémicas, brotes epidemiolóxicos ou enfermidades mentais e lembran que os estados teñen a obrigación de protexer aos membros vulnerables da sociedade, mesmo en épocas de limitacións graves de recursos, que é cando deben redobrar devanditos esforzos.

A Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea ha subliñado que "excluír ás persoas migrantes en situación irregular da atención sanitaria pon en perigo a súa vida e o seu benestar, incrementa o custo dun futuro tratamento de urxencia e tamén pode supor un potencial risco de saúde para a comunidade".

No caso das mulleres vítimas de violencia de xénero en situación de irregularidade, dáse a circunstancia de que o seu centro de saúde, onde adoitan acudir tras recibir as agresións, convértese en punto esencial para a detección temperá e a identificación das vítimas, como ocorre tamén coas vítimas de trata. Especialmente grave pode ser a situación das persoas enfermas de tuberculoses ou de VIH/SIDA, enfermidade crónica que se non é tratada adecuadamente produce a morte.
Así mesmo, as organizacións alertan de que estas medidas de recortes de dereitos, acompañadas de discursos utilizados por membros do Goberno e do Partido Popular que acusan as persoas inmigrantes dunha utilización indebida dos servizos de saúde, poden contribuír a construír prexuízos sobre este colectivo, estigmatizan ao mesmo e poden alimentar comportamentos discriminatorios e xenófobos.

A universalidade no acceso ao dereito á saúde

As organizacións promotoras tamén mostraron a súa preocupación polo retroceso na universalidade do acceso ao dereito ao acceso á saúde para as persoas españolas residentes, garantido pola Lei Xeral de Saúde Pública 33/2011. A reforma sanitaria, sen realizar mención algunha a esta lei, limita o acceso á saúde ás persoas con consideración de “aseguradas e beneficiarias”.

As organizacións lembran que o principio de universalidade na atención sanitaria está contido tamén en varios Estatutos de Autonomía (Andalucía, Aragón, Illes Balears, Castilla y León, Catalunya e Euskadi).

Aínda que o Goberno declarou a súa intención de revisar a lexislación, coa actual normativa en vigor uno dos colectivos que podería verse gravemente afectado por esta limitación da universalidade son as persoas que non cotizaron nunca á Seguridade Social. Especialmente preocupante é a situación dos maiores de 26 anos, que dada a altísima taxa de paro coa que conta a poboación nova, poderían non contar con asistencia sanitaria se dispoñen dun mínimo de recursos económicos. Límite económico que o Real Decreto Lei 16/2012 non especifica.

Preocupa tamén ás organizacións que o copago farmacéutico provoque que pensionistas con rendas baixas non poidan afrontar con garantías e na súa totalidade os seus tratamentos e decidan por tanto suspendelos. Por outra banda, as entidades consideran que sería preferible que o goberno promovese un debate informado e unha maior participación social nesta reforma legal, posto que é unha reforma lexislativa que afecta os dereitos humanos, entre eles, a saúde e a vida.

As Comunidades Autónomas poden e deben garantir o acceso e goce do dereito á saúde de todas as persoas, e dar cumprimento así ás súas obrigacións internacionais, sen regresividade nin discriminación. E deben facelo, segundo Amnistía Internacional, Médicos do Mundo, Rede Acolle, Foro de Inmigración e SOS Sanidade Pública, sen necesidade de crear un sistema sanitario paralelo en colaboración coas organizacións sociais que non garanta o mesmo nivel de calidade e de prestacións.

Máis información sobre a acción de recollida de sinaturas en:
http://www.es.amnesty.org/actua/acciones/espana-reforma-sanitaria/
http://www.medicosdelmundo.org/ciberacciones/sanidaduniversal
http://www.redacoge.org/f/f

FIN//

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com

Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
17 de julho de 2012 15:33

_______________