domingo, setembro 30, 2012

Anuncian a entrada do "LNG Edo", cargado con miles de toneladas de gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa - O Comité Cidadán convoca unha nova concentración sonora para este Martes 2 de Outubro en Esteiro

Tags

CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO HIMNO GALEGO,
DE ESTEIRO, EN FERROL
ÁS 7 DA TARDE, DO MARTES 2 DE OUTUBRO

O "LNG Edo", un buque gaseiro moi vello -32 anos de antigüidade; de grande porte, con 285,3 metros de eslora por 43.7 de manga e un calado de 11,53; cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa; ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 2 de Outubro de 2012. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa o 127, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Mércores, ás 7 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza do Himno Galego, no bairro ferrolá de Esteiro. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.

O "LNG Edo" escorado nun dos pantaláns do Bony no Delta do Niger en Nigería

  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
30 de setembro de 2012 16:51
_______________

"Os Encargados" - Interesante vídeo


Cando eles van boca arriba nós imos boca abaixo. Cando eles van boca abaixo, todo se endereita. A ver cando asistimos de verdade ao cortexo fúnebre deste Réxime.


http://youtu.be/QllF0mwJe_I

Publicado em 23.09.2012 por
Titulo orixinal: "LOS ENCARGADOS"
Jorge Galindo e Santiago Sierra,
Gran Vía, Madrid, 15 Agosto 2012

Máis información en:
http://www.plataformadeartecontemporaneo.com
_______________

venres, setembro 28, 2012

Video da Asemblea Popular en apoio á candidatura de Alternativa Galega de Esquerda celebrada en Ferrol Terra


Vídeo da Asemblea popular en apoio á candidatura de Alternativa Galega de Esquerda que o venres 28 de setembro, se celebrou no Centro Cultural Carvalho Calero [Ferrol, Inferniño] co obxectivo de unir ás persoas activas da comarca en defensa da candidatura, asinar un manifesto e contruir comités de traballo.


Comité Popular de Caranza en apoio da candidatura
Alternativa Galega de Esquerda ___________________

Imaxes, imaxes, imaxes, .. Madrid 25 e 26 de Setembro "En Pé" - E continua o 29S - Crónicas desde Madrid - Vídeos de Juan Robles González


Desde a Plataforma ¡En pé!, promotora da acción “Ocupa o Congreso”, reafirman-se no carácter indefinido da mesma até o logro dos obxectivos marcados, é por iso que continuan convocando novas xornadas de de rebeldía. Pretenden continuar a resistencia pola caída do réxime e a apertura dun proceso de transición democrático.

"Este é o momento de apostar polo cambio real, todo aquilo polo que non loitemos agora, probablemente non teremos posibilidade de alcanzalo en moito tempo".

O Sábado 29 de Setembro convocan unha nova mobilización “Ocupa o Congreso”. Desde Ártabra 21 amosamos a nosa solidariedade.

Crónica do 26S

Crónica completa do sucedido entre as 19.00 e as 24.00 da noite do 26 de setembro de 2012

Miles de persoas concentráronse na contorna ao acceso ao congreso na praza de Neptuno logo das cargas policiais sufridas no mesmo lugar o día anterior. O ton da manifestación foi pacífico e de feito gran parte d@s concentrad2s mantivéronse sentados no asfalto.

Ao longo da tarde houbo varios momentos de tensión pola aparición de persoas con capucha que levaban a cara tapada e que protagonizaron discusións acaloradas coa prensa. Isto débese a que o día anterior foron varios encapuchados, infiltrados da policía, que se sospeita puideron comezar os disturbios.


http://youtu.be/zjgWnsMCUh0


O bon home do 25S

Durante as cargas policiais do 25 de setembro de 2012 un nutrido grupo de manifestantes refuxiáronse da carga policial no interior dun restaurante. O propietario do mesmo, en lugar de expulsalos por non tratarse de clientes, saíu ao exterior coa intención de frear aos antidisturbios si chegasen a intentar entrar no local.

Ao día seguinte achegáronse multitude de manifestantes a darlle as grazas e abrazalo sen poder, en moito casos, conter as bágoas. A nota curiosa radica en que non só se achegaban manifestantes si non que moitas persoas que seguiran a valentía desinteresada deste home nas redes quixeron acudirse aplaudíndoo e estreitando a súa man.


http://youtu.be/W5yZokyNTPE


25S crónica 2 25 septiembre 2012

Crónica de como se desenvolveu o "rodea o congreso" o 25S entre as 19h e as 00h aproximadamante. Está montado cronolóxico de forma sinxela. Capta o momento no que comeza a carga así como o seu final na estación de atocha


http://youtu.be/UDCRgqspmyU


Vídeos publicados por por Juan Robles González

Web de interese da Plataforma 'En Pé' ocupa o Congreso:

http://plataformaenpie.wordpress.com/

______________

25S: Solidariedade da Alternativa Galega de Esquerda con Miguel Quinteiro e con todas as persoas represaliadas


Alternativa Galega de Esquerda esixe a liberación inmediata de Miguel Quinteiro, activista vigués detido o 25 de setembro na mobilización en Madrid. Denunciamos a detención do activista Miguel Quinteiro, histórico defensor da Banca Pública e membro da Plataforma polo Aforro Público de Vigo. Igualmente considera que o trato que trasladan as imáxenes da súa detención poidera poñer en risco a súa saúde ao tratarse dun home maior convalecente aínda dunha enfermidade.

A ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA de Ourense considera que o desmesurado operativo policial e a actitude provocadora dos corpos de intervención policial (UIP) foron a todas luces intolerables nunha mobilización exemplar e que simplemente procuraba denunciar o verdadeiro secuestro que vive o parlamento do estado español, o que sistemáticamente fai o goberno impedindo á cidadanía e a oposición política ser parte activa dos instrumentos de representación popular.

O detido, Miguel Quinteiro, activista histórico de numerosas plataformas en defensa dun sistema financeiro público, nin é un terrorista nin membro dun deses “grupos violentos” que de xeito intoxicador está difundindo certa prensa. Trátase dun cidadán vigués exemplar, con anos de defensa de modelos de participación política plural e de plataformas cívicas abertas. A súa detención parécenos propia dun réxime fascista incapaz de entender a oposición democrática ás súas políticas de recortes sociais e agresións ao conxunto das clases populares.

A ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA anima á cidadanía e a súa militancia a participar nas concentracións en solidariedade co 25S e en apoio ás detidas e detidos e ferid@s pola brutalidade policial e o comportamento provocador da subdelegación do goberno en Madrid e o goberno autonómico.
____________________________

Un sistema político doente pero aínda blindado, ... Por Anxo Lugilde

Por Anxo Lugilde [*]
27.09.2012


O domingo 2 de setembro a axencia EFE difundiu unhas declaracións de Rosa Díez nas que case tiraba a toalla ante as eleccións galegas. A política que se negou a rectificar tras aludir ao sentido pexorativo da palabra galego adiantábase nese teletipo ao seu anunciado fracaso, que atribuía ao ”debaraxuste” reinante en Galicia. Paradoxicamente ese mesmo día na redacción de La Razón preparábase a información sobre unha enquisa na que se situaba ao partido de Díez ás portas dun Parlamento galego no que se poderían sentar até sete forzas, fronte ás tres que o fan desde 1993. O sondo tiña certa pinta de ser dos “de servilleta”, como se lles chama nos partidos aos que se confeccionan coma se fosen unha quiniela reenchida en función das filias, fobias e intereses estratéxicos do apostante.

Con todo, a explosiva conxuntura recente podería en teoría provocar unha explosión do sistema de partidos até moito máis intensa. Galicia sofre unha combinación de múltiples crises como a económica, a demográfica, a territorial e a da súa identidade. A este desolador panorama súmase desde fai un ano o afloramento dunha presunta corrupción transversal, que afecta aos tres partidos con representación parlamentaria. Os casos Campeón e Pokémon, instruídos en senllos xulgados de Lugo, presentan a singular especificidade de incluír entre os imputados a militantes de PP, PSOE e BNG, con recorrentes sospeitas de financiamento ilegal vinculada a contratos públicos. Si Campeón irrompeu na precampaña das autonómicas, Pokémon faio na carreira das autonómicas, con golpes tan espectaculares como a detención do dimisionario alcalde socialista de Ourense, o encarceramento dun destacado dirixente do PSOE lucense ou as detencións do xa ex alcalde de Boqueixón, do PP, e dun concelleiro do BNG de Ourense que tamén dimite.

Por máis cuestionable que resulten as espectaculares actuacións destas dúas aspirantes a xuízas estrela, Ronsel San José e Pilar de Lara, as súas investigacións revelaron unha podremia da política galega insoportable en calquera circunstancia, e especialmente nas actuais. Non existe unha corrupción xeneralizada, porque non todos os políticos galegos son corruptos nin moito menos, pero si hai mostras dunha corrupción xeral, que non entende de dereitas nin de esquerdas, nin de españolismo nin de nacionalismo.

Enfrontadas cos corpos policiais de Lugo, as xuízas usan o Servizo de Vixilancia Aduanera como policía xudicial. É outra peculiaridade que xa provocou que algúns tertulianos madrileños da televisión pública española non se privaron de relacionar de forma pouca velada o caso Pokémon co narcotráfico, unha mostra máis da súa preguiza para analizar o que sucede “en provincias”. Polo camiño das mafias, poderían perfectamente haber comparando a Galicia de hoxe coa Italia de Mani Pulite.

Pero na Italia que acabou entronizando por primeira vez a Berlusconi tamén había unha crise política no seu sistema de partidos, de pluralismo polarizado como o caracterizou Giovanni Sartori. A desaparición da Unión Soviética provocou a extinción do antigo Partido Comunista Italiano o que contribuíu, xunto á corrupción, a socavar o mecanismo que garantía o dominio da Democracia Cristiá. En cambio, o sistema político galego aínda parece a día de hoxe o suficientemente  blindado para resistir os fortes tremores, con independencia de que algunha nova forza irrompa no Parlamento.

A súa primeira blindaxe reside na potencia que conserva, pese a todo, o eixe principal da política galega, o Partido Popular, a maquinaria partidaria máis eficaz, construída por Fraga como unha combinación entre o clientelismo rural e as redes conservadoras urbanas. A impotencia da Xunta de Feijóo ante a crise e, sobre todo, o desgastar de Rajoy castigan ao PP galego, pero até no caso de que non lograse unha nova maioría absoluta, está descartado o seu afundimento. De feito, a día de hoxe o máis probable segue sendo que a consiga, aínda que na inestable situación española nada garante que a teña asegurada. Aínda que os outros dous partidos clásicos, PSdeG e BNG, carecen da forza do PP, a penetración dos sindicatos sobre os que se asintan as súas organizacións, UGT e CIG, asegúralles unha mínima base sólida.

A segunda blindaxe procede dunha lei electoral galega moito máis restrictiva para o pluralismo político que as de Euskadi e Catalunya, onde se require superar o 3% dos votos para obter representación nunha provincia. En Galicia segue vigente o 5% imposto por Fraga, que ten non só efectos mecánicos, por exemplo ao deixar fóra na provincia da Coruña a un partido que reciba o 4,5% das papeletas, senón tamén psicolóxicos, pois freou durante moito tempo os intentos de saltar ese listón e induce aos votantes a decantarse en maior medida polas forzas con máis opcións de conseguir deputados.

Pese a esa barreira, nas novenas eleccións do Parlamento de Galicia hai varias formacións decididas a intentar saltala e aproveitar a podremia xeneralizada. A terceira blindaxe do sistema de partidos galego reside na identidade e características deses aspirantes. Trátase da forzada alianza entre EU e un Xosé Manuel Beiras de 76 anos que xa estaba retirado; a plataforma dun ex banqueiro condenado por estafa e apropiación indebida, Mario Conde; o partido da señora que non quixo rectificar o seu insulto aos galegos, talvez porque o discurso de UPyD nunca caló en Galicia, e a improvisada candidatura dos máis moderados dos escindidos do BNG, a quen as cabazas de Beiras obrigoulles a presentarse pola súa conta, como Compromiso por Galicia. Dos catro é sen dúbida a coalición de EU e Beiras a que ten máis posibilidades, debido á evolución ao alza de Esquerda Unida en España e ao tirón do ex líder do BNG, o último gran tenor da política galega.

Así que de momento, pese á presunta corrupción transversal de Pokémon e Campeón, non se albisca unha explosión do sistema de partidos galegos, senón máis ben unha ampliación do número de forzas, mentres a gran cuestión segue sendo si o PP consolidará o seu predominio, cunha nova maioría absoluta, ou si poderá formarse unha coalición alternativa, que tería necesariamente que ser a tres ou catro bandas.

Fonte: http://blogs.lavanguardia.com/carta-de-galicia/

[*] Anxo Lugilde, Doutor en Historia Contemporánea. Xornalista e politólogo. Corresponsal de La Vanguardia en Galicia e Portugal. Cronista político do Progreso de Lugo e Diario de Pontevedra. Colaborador de Visãou, TVG e Radio Galega. Autor dos libros "A participación política dos emigrantes galegos" (2011); "O voto emigrante: viaxe pola zona escura da democracia española" (2007); "O fin do fraguismo" (Con Xosé Carreira, 2005); "Arxentina, o drama da quinta provincia galega" (2003); "Fraga logo de Fraga" (2001). Twitter: @anxoluxilde. [anxolugilde@gmail.com]

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
27 de setembro de 2012 22:04
_______________________

xoves, setembro 27, 2012

Humor Mariano

Tags

Fotografía facilitada pola Casa Branca que mostra ao presidente do Goberno español, Mariano Rajoy (c), xunto ao presidente de Estados Unidos, Barack Obama, e á primeira dama estadounidense, Michelle Obama, durante un encontro hoxe 25 de setembro de 2012 no marco da a Asemblea Xeral da ONU .
_______________

luns, setembro 24, 2012

Por que temos que dicir non á Lei Wert


Vídeo que nos presenta os argumentos para dicir non, a unha lei antidemocrática que pretente acabar coa calidade, autonomía e democratización do sistema educativo.

Este vídeo conta coa participación de Jurjo Torres, Catedrático de Organización Escolar da Universidade da Coruña.


_______________________

"Yo prometo seriedad", ... Por Mariano Rajoy - Audio de interese

Tags

8º MANDAMENTO... NON DIRÁS FALSOS TESTEMUÑOS NIN MENTIRÁS.

Vivir para ver!!!!
Saúde e saúdos!!



Ir a descargar


Enviado por:
Terra lmatalobos
-lmatalobos@terra.es-
23 de setembro de 2012 23:53

http://ateo-poeta.blogspot.com.es/

___________

O BCE pide que se lle baixe os salarios e se lle recorten as prestacións sociais ás traballadoras e traballadores, logo malgasta máis de 1.200 millóns de euros nunha nova sede

Tags

Custo da nova sede do BCE derrapa 41% e vai custar 1.200 milhões

Construção está atrasada e sairá muito mais cara que previsto. Instituição que impõe cortes de gastos selvagens aos países do sul da Europa desculpa-se com o aumento do custo dos materiais de construção. Financial Times considera a situação embaraçosa.

O custo de construção da nova sede do Banco Central Europeu (BCE), em Frankfurt, derrapou em nada menos que 41% acima do previsto, atigindo os 1.200 milhões de euros. Um porta-voz do banco atribuiu a derrapagem à alta dos preços dos materiais de construção e a “uma série de desafios imprevistos”, segundo o Irish Examiner.

O edifício, composto por duas torres gémeas de 185 metros, deverá ficar pronto em 2014, apesar de inicialmente estar previsto para 2011. A derrapagem milionária ocorre na mesma instituição que faz parte da troika e impõe medidas selvagens aos países que supostamente não controlam os seus gastos.

O complexo fica nas margens do rio Main e terá 45 andares, numa das torres, e 43 na outra. Nele vão trabalhar entre 1.500 a 1.800 funcionários, assim como especialistas dos bancos centrais da zona euro, consultores externos e estagiários.

Segundo o Financial Times, é embaraçoso” que o BCE anuncie esta derrapagem neste momento, já que a instituição monetária faz parte da troika que está a impor tanta austeridade a países como Portugal, Irlanda e Grécia, afirmando a necessidade de duros cortes de gastos.

Os motivos da decisão do BCE

Por que a decisão do BCE é um presente envenenado

Fonte: esquerda.net/
_____________

domingo, setembro 23, 2012

Concentración en Ferrol, mércores 26 ás oito da tarde, contra os recortes do capital, por unha folga xeral europea e en apoio ás folgas deste 26 de setembro en Euskalherria e Grecia

A CNT, o PCPE, o Colectivo ML Forxa!, a Asemblea do 15M e traballadoras e traballadores a título individual, entendendo a necesidade de convocatoria dunha folga xeral inminente que sexa quen de poñerlle freo aos recortes do capital e en apoio ás folgas que por este motivo están convocadas en Euskalherria e Grecia este vindeiro día 26 de setembro de 2012, facemos un chamado ao conxunto de traballadoras e traballadores desta comarca, así como ao seu tecido social, a sumarse a esta convocatoria e participar nunha concentración o mesmo día 26 ás 20 horas diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Ferrol.

Contra os recortes do capital!
Por unha folga xeral europea!!



Convocatoria do Pleno da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol para o vindeiro mércores día 26 de setembro ás 18 horas no local da AV de Esteiro



Convocatoria do Pleno da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.


Pola presente convocamos un Pleno da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública para o vindeiro mércores día 26 de setembro ás 18 horas no local da AV de Esteiro
Orde do día:
  • Plano de traballo da Pdspf para o último trimestre do 2012.
  • Preguntas e suxestións.
Agradecemos a presenza de tódalas entidades que compoñen a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública e a presentación de propostas de traballo.


Ferrol a  19 setembro de 2012.

Asdo/ Xosé Miguel López, portavoz da Pdspf




--

---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x 

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

venres, setembro 21, 2012

Chamamento á solidariedade e convocatoria cidadá ante un desafiuzamento en Caranza


NON PERMITAMOS UNHA NOVA ESTAFA BANCARIA

Chamamento á solidariedade e convocatoria cidadá

O día 28 de setembro, Pilar e Manuel (64 e 68 anos de idade) veciños do barrio de Caranza van ser desafiuzados da súa vivenda. Despois de sufrir unha ESTAFA por parte do BBVA. Esta parella, leva vivindo máis de 35 anos no barrio.

Unha filla deles e o seu marido pediron un crédito hipotecario para unha vivenda.

Dentro do primeiro ano de vida do credito o marido faleceu, e a aseguradora non executou o seguro de vida vinculado ao préstamo. Entón o BBVA ante o temor de non cobrar  “obrigou” á filla a presentar uns AVALISTAS. Esta levou aos seus pais para avalar eses cartos coa vivenda familiar destes.

Cando eles entraron no BBVA para facer de avalistas para o crédito da filla saíron do banco como si eles fosen os PRESTATARIOS: COMO SI ELES FORAN OS QUE RECIBIRON ESES CARTOS.

Ningún dos dous apenas sabe ler, motivo polo que para o BBVA foi realmente fácil facer esta ESTAFA.

Manuel é un señor enfermo que depende de oxíxeno para respirar, e a muller tamén ten graves problemas de saúde. Son pensionistas e a súa pensión non chega ao salario mínimo interprofesional. Quedar sen vivenda e botalos á rúa coa súa idade e cos problemas de saúde que teñen, sería condena-los á pobreza absoluta e a súa exclusión social, mesmo a súa morte.

É unha obriga moral de todas as veciñas e veciños do barrio, e da Comarca, ser solidarios e máis nestes momentos de crise. Non se fala de axuda económica, senón de solidariedade e compromiso social.

Este é un chamamento para mobilizarse en defensa destes veciños:
  • O martes, 25 de setembro, ás 11 da mañá diante da sede principal do BBVA na Praza do Callao en Ferrol.
  • E o venres, 28 de Setembro, ás 11 da mañá, en Caranza, nas Rosas. Na praza que hai diante da Torre-I, Portal 9, da Rúa Alcalde Quintanilla.

Ferrol, a 21 de Setembro de 2012

Convoca a Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, conformada pola Comunidade Veciñal da Torre-I, veciñas e veciños, sindicalistas, asociacións culturais e sociais do barrio, varios partidos políticos, …

Esta é a nota que se elaborou na xuntanza aberta deste venres que tivo lugar en Caranza, onde se informou dos pasos dados e posteriormente debateu-se os pasos a dar co acordo da convocatoria de dúas concentracións unha na sede principal do banco -BBVA, en Ferrol e outra diante do edificio onde está a vivenda que se pretende alzar o vindeiro venres 28 de Setembro. E por outra banda continuar cos contactos para conseguir a paralización do desafiuzamento.

____________________

martes, setembro 18, 2012

O "Hispania Spirit", cargado con GNL para a ilegal e perigosa Reganosa, anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol para este Mércores 19 de Setembro - Diante deste anuncio o Comité Cidadán de Emerxencia convoca, o mesmo día, unha concentración sonora, ás 8 da tarde na Praza do Hino Galego

Tags
Prevista a entrada na Ría do Gaseiro cargado con GNL, nº 126 “Hispania Spirit” o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca:

CONCENTRACIÓN
mércores 19 de setembro ás 20 hs,
Praza do Himno Galego, Esteiro – Ferrol

Características do buque:
Nome.- Hispania Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 279.8 m, Manga.- 43.4 m, Puntal.- 26 m, Calado.- 12.12 m, Capacidade.- 140.500 m³ de GNL





MÉRCORES 19 DE SETEMBRO ÁS 8 DA TARDE

CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO HINO GALEGO

NO BARRIO DE ESTEIRO DE FERROL

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

10 razóns para preguntarse... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?



Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995


Artigo de Pablo Vaamonde sobre a sanidade galega "Os negocios na sanidade galega"

Deixámosvos un artigo publicado hoxe no xornal praza.com por Pablo Vaamonde:

Os negocios na sanidade galega


Os actuais gobernantes de Galicia non cren nos servizos públicos. O seu ideario ultraliberal lévaos a afirmar que a xestión privada é mellor. Mais no terreo sanitario hai razóns dabondo para afirmar o contrario. A experiencia das Fundacións Sanitarias, impulsada en Galicia por Romay e o seu equipo (Núñez Feijóo, Enrique Castellón) foi un fracaso. O grave endebedamento das mesmas e o descontento xeneralizado da poboación e dos profesionais levou ao goberno de Pérez Touriño a integralas na rede do Sergas. A privatización dos hospitais en Valencia e Madrid provocou un severo deterioro da calidade asistencial e un importante incremento do déficit económico destas comunidades. O resultado de todas estas experiencias é de dominio público e ninguén pode alegar descoñecemento das mesmas.
"A experiencia das Fundacións Sanitarias, impulsada en Galicia por Romay e o seu equipo (Núñez Feijóo, Enrique Castellón) foi un fracaso"
Mais, a pesar de todas as evidencias, o presidente da Xunta insiste na súa intención de privatizar todo o que non sexa o núcleo duro do sistema sanitario. Porque o que realmente buscan non é mellorar a calidade e a eficiencia dos servizos; o que perseguen é xerar espazos de negocio privado a expensas dos orzamentos. Desde que o Partido Popular tomou o poder na Xunta de Galicia xa se deron moitos pasos nesta dirección. No terreo sanitario os exemplos son numerosos.

A central de chamadas

"Este servizo foi adxudicado a unha empresa leonesa, Telemark Spain SL, que non ten ningún empregado en Galicia"
COnseguir unha cita para o médico de familia era ben doado: as chamadas telefónicas eran atendidas polo persoal de recepción dos Centros de Saúde. Agora existe un servizo automatizado que require dar correctamente once pasos sucesivos para obter a citación. O resultado xa sabemos cal é: catro de cada dez chamadas non conseguen finalizar o proceso. No medio rural volvemos a ver unha estampa do pasado: as persoas maiores agardando, pola mañá cedo, ás portas do Centro de Saúde. O que debería ser unha mellora convértese nun atranco para o acceso á atención sanitaria. Este servizo foi adxudicado a unha empresa leonesa, Telemark Spain SL, que non ten ningún empregado en Galicia. A maior parte dos seus traballadores concéntrase en Latinoamérica.

O centro loxístico de almacenamento e subministro

"Agora esta actividade pasa a mans privadas cun custe de preto de 100 millóns de euros e facilítanlle a unha empresa o control do subministro e o manexo dunha información de enorme interese estratéxico empresarial"
Vai distribuír material aos centros sanitarios de toda Galicia. Esta tarefa viña sendo realizado nas áreas sanitarias por persoal propio do Sergas, coa máxima eficiencia e sen que houbese ningún problema. Agora esta actividade pasa a mans privadas cun custe de preto de 100 millóns de euros e facilítanlle a unha empresa o control do subministro e o manexo dunha información de enorme interese estratéxico empresarial. Preto de Negreira ergueron, nun tempo récord, unha enorme nave na que van centralizar este servizo.

A empresa concesionaria é Severiano Gestión SL que, casualmente, xestionaba no ano 2004 o arquivo de historias clínicas dos pacientes do Hospital de Pontevedra, onde se produciu un  incendio que deixou ao hospital sen documentación clínica. Tamén xestionaba en 2005 unha nave que almacenaba material da Consellería de Educación valenciana e que tamén ardeu. No informe policial sinalábase a posibilidade de que o lume fose intencionado. Agora que as historias clínicas están informatizadas a actual administración concédelle a esta empresa a xestión dun servizo que era realizado de maneira perfecta por persoal propio e sen custe engadido.

A privatización do servizo de diálise do hospital de Barbanza
 

A Consellería de Sanidade pretendeu privatizar este servizo, mais a intensa mobilización impulsada pola Plataforma en defensa da sanidade pública desta comarca conseguiu frear, polo momento, este proceso. A pretensión da Consellería é transferir o servizo de diálise á Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (FRIAT), entidade privada que xestiona diversos centros de diálise en toda España (tres na provincia de Ourense). Son patróns desta fundación José Manuel Romay Beccaría (actual presidente do Consejo de Estado) e Enrique Castellón  (compañeiro de viaxe de Núñez Feijóo, pois ambos ocuparon altos cargos na Consellería de Sanidade e no Ministerio co citado Romay). 
 
Castellón tamén é o promotor dunha sociedade de capital risco (Cross Road Biotech), dedicada á investigación en biomedicina, que conta cunha achega importante (o 50 por cento) de diñeiro público. Este proxecto foi presentado en A Coruña o pasado mes de xullo, contando coa presenza do presidente da Xunta. 

O hospital privado Povisa

"Os seus propietarios e xestores teñen a extraordinaria fortuna de ver no outro lado da mesa a Rocío Mosquera, que foi xerente do sanatorio La Esperanza de Santiago (pertencente ao grupo Nosa Terra, propietario de Povisa)"
Todos os hospitais privados de Galicia teñen concertos co Sergas, que vén ser o seu principal cliente. Mais a relación do hospital Povisa coa sanidade pública é especial. Desde os anos 80 da cobertura asistencial a uns 140.000 habitantes da cidade de Vigo e da península do Morrazo, sendo o hospital de referencia para esta poboación a todos os efectos, como se fose un hospital público. Por esta actividade ingresa unha cantidade elevada, establecida no seu concerto particular. Este acordo privilexiado permitiulle ao hospital realizar un crecemento espectacular en novos espazos, servizos e renovación tecnolóxica. Sen embargo, o ratio de traballadores por cama está moi lonxe dos hospitais do Sergas, e as enormes listas de espera que provoca constitúen un problema crónico, que sofre a poboación adscrita. Os defensores da sanidade pública levan anos reclamando a suspensión deste concerto con Povisa, e realizaron numerosas denuncias sobre os déficits na atención deste hospital.

O concerto particular que vincula este hospital co Sergas está a ser negociado nos últimos meses. Os seus propietarios e xestores teñen a extraordinaria fortuna de ver no outro lado da mesa a Rocío Mosquera, que foi xerente do sanatorio La Esperanza de Santiago (pertencente ao grupo Nosa Terra, propietario de Povisa) durante moitos anos. Hai un evidente conflito de intereses que debería impedir a esta persoa participar nesta negociación. 


A renovación tecnolóxica

"O principal negocio previsto polo goberno de Núñez Feijóo é o novo hospital de Vigo. Diso falaremos nunha próxima entrega"
A Consellería de Sanidade deixa comprometidos 200 millóns de euros para realizar, con xestión privada, a renovación da alta tecnoloxía dos hospitais do Sergas; esta decisión foi moi cuestionada pola oposición e polas organizacións que defenden a sanidade pública. Tamén poderíamos falar da cesión á empresa Indra Sistemas (que realiza numerosos traballos para a Xunta de Galicia) da xestión das tecnoloxías da información do Sergas, incluíndo a receita electrónica e o programa Ianus.

Con todo isto non facemos máis que unha breve aproximación aos espazos de negocio que os actuais gobernantes estiveron a crear arredor dos orzamentos sanitarios. Mais o principal negocio previsto polo goberno de Núñez Feijóo é o novo hospital de Vigo. Diso falaremos nunha próxima entrega.


 ___________________________________________________________

Fonte: Praza.com

Acerca de Pablo Vaamonde:

Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005). Presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña (1998-2005). Foi Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005 polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia. Coordenador xeral da Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA),  que pretende promover o uso do galego no ámbito sanitario.

|||||||||||||||| |||||||||||||||||||| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

xoves, setembro 13, 2012

A Plataforma contra o Malgasto do diñeiro público a todo o tecido asociativo e cidadáns a título individual a unha reunión o próximo venres, día 14 de Setembro


A Plataforma contra o Malgasto de diñeiro público constutuída despois de que o Concello de Ferrol anunciara o gasto de máis de 700.000 € nunha nova obra na praza de españa, convocamos a todo o tecido asociativo e cidadáns a título individual a unha reunión o próximo venres, día 14 de setembro, ás 19,00 horas no local da A.VV. de Esteiro para informar sobre os actos que estamos facendo e programar os seguintes pasos para impedir este malgasto nun espazo público no que xa se levan gastados máis de 16 millóns de euros.

Conscientes de que o goberno actual do Concello de Ferrol segue adiante co seu proxecto, esta Plataforma quere impedir esta remodelación da praza e, para elo, precisamos sumar apoios da cidadanía e reclamar a convocatoria dunha consulta popular, tal como se contempla no Regulamento de Participación Cidadá, para que os cidadáns expresen a súa opinión.

Nestes momentos, esta Plataforma continúa recollendo sinaturas para solicitar esta Consulta Popular, así como tamén está preparando un acto reivindicativo na propia praza; pero sobre este último asunto xurdiron problemas que nos fan replantear a súa organización e o seu formato.

Por todo isto, solicitamos a vosa presencia na reunión e así dar forma definitiva a ese acto que traslade o malestar da cidadanía coas decisións unilaterais dun goberno que ten a osadía de dicir que son eles os que "sentaron as bases da participación cidadá en Ferrol".

Enviado por:
ana beceiro mosquera
-beceiroana@hotmail.com-
12 de setembro de 2012 19:26

____________

Documentación:
Escrito ao Alcalde (08.06.2012)

Panfletos.

Folla divulgativa.

Escrito para a recollida de sinaturas solicitando unha Consulta Popular.

Moción ao Pleno (Rexistrada o 12 de Xuño de 2012).

Intervención no Pleno (28.06.2012).

______________

A CIG de Ferrol convoca unha concentración para rexeitar o enxuizamento de seis membros da asemblea de desempregad@s

Tags

Concentración este venres 14 de setembro, ás 11:30 horas, diante dos xulgados, coincidindo coa celebración do xuízo de faltas

Os voceiros da CIG de Ferrol e membros da asemblea de desempregados/as compareceron este mércores en rolda de prensa para amosar o rexeitamento da central sindical ao enxuizamento de seis compañeiros/as da asemblea que participaron nunha acción simbólica nun supermercado. Coincidindo coa vista, a CIG ten convocada unha concentración solidaria o venres 14 de setembro, ás 11:30 horas, diante dos xulgados de Ferrol.

Coa acción de protesta, apuntaron os responsábeis comarcais, a asemblea pretendía simbolizar a situación de emerxencia social que vive a comarca, que rexistra uns niveis de desemprego dos máis elevados do estado, e a desesperación que sofren aquelas persoas "que xa non teñen nin para comer".

A asemblea de desempregados/as acordara levar a cabo o pasado 6 de xuño unha acción reivindicativa nun supermercado da cadea Dia, consistente en retirar carritos con alimentos da cesta básica da compra presentado a cartilla do paro, para logo entregalos á Cociña Económica –entidade que, lembraron, se atopa desbordada polo incremento constante de familias que se ven na obriga de acudir a este servizo.

As súas pretensións víronse truncadas finalmente, xa que a policía requisou os alimentos e procedeu a identificar aos/ás participantes. Posteriormente, a empresa presentou denuncia por faltas contra seis membros da asemblea, por retirar produtos por valor de 25 euros.

Neste senso, os responsábeis comarcais rexeitaron a desvergoña das grandes empresas de distribución como Dia que, diante do desespero social opta por criminalizar este tipo de accións simbólicas e reivindicativas, mentres non dubida en tirar ao lixo miles de quilos de alimentos próximos a caducar en lugar de entregarllos aos comedores sociais. Do mesmo xeito, lamentaron que a xustiza actúe como "cómplice desta farsa" ao admitir a trámite a denuncia, mentres "banqueiros, empresarios e políticos corruptos" permanecen impunes roubando riqueza á clase obreira.

Fonte: Avantar
________________

mércores, setembro 12, 2012

Asociacións de Caranza convocan Asemblea de Barrio para este 14 de Setembro, onde está previsto presentar e debater a proposta de rehabilitación do Mercado Municipal

Tags

Co obxectivo de presentar e debater o proxecto de rehabilitación do mercado municipal, que saíu das xornadas comunitarias desenvolvidas ao longo destes meses; de enquisas realizadas aos veciños e veciñas, e operadores/as do mercado, cinco asociacións do barrio convocan unha asemblea para este venres 14 de Setembro ás 7 da tarde, no Centro Cívico de Caranza.
As xornadas comunitarias estiveron apoiadas e asesoradas polo Colexio de Arquitectos e a Asociación de Operadores do Mercado. Agora trátase de celebrar unha asemblea para dar a coñecer e debater ese proxecto aos veciños e veciñas interesadas, antes de presentalo á institución municipal.

Estas asociacións cren que, despois de case 30 anos sen mantemento, e sen máis alternativas á vista, rehabilitar hoxe o mercado é a última oportunidade de salvar e ampliar a maior actividade económica do barrio, e un servizo necesario orientado ao consumo de proximidade.

 As liñas xerais desta proposta de rehabilitación do mercado, están definidas nos seguintes obxectivos:
- A recuperación como espazo público do terreo traseiro do mercado, hoxe abandonado, como espazo público, con uso de parque e campo da festa.

- A integración deste espazo coas parcelas do Centro de Saúde e o Instituto Carvalho Calero, eliminando as actuais barreiras que os separan.

- A apertura dun gran oco no mercado, en toda a súa altura, que dé entrada directa a este espazo dende a Avda de Castelao.

- Espazo adicado ao mercado, máis pequeno co actual (con menos postos, e agrupados na primeira planta)

- Manter os locais comerciais que dan á rúa Castelao.

- Un espazo para actividades socio-culturais, en planta baixa, que se poida abrir totalmente ao xardín traseiro.

- Un espazo para actividades socio-culturais, en planta alta.

Convocan esta asemblea: ANPA IES Carvalho Calero; ANPA CEIP Manuel Masdias; Asc. Cultural Fuco Buxán; Asc. Sociocultural López Bouza; Colec. Sociocultural A Revolta de Trasancos

Reivindicando os espazos públicos!!!

asociacionsdoba
rriodecaranza@gmail.com


http://barriodecaranza.blogspot.com.es/




_________________

domingo, setembro 09, 2012

A Cooperativa Arméria constitúe Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios e convoca ás comunidades educativas da comarca a unirse á iniciativa.

Tags
Arméria é unha Cooperativa sen ánimo de lucro, constituída en Ferrol o pasado mes de abril. Un grupo de persoas asociadas á cooperativa, e vinculadas co mundo do ensino, constituíron unha Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios.

A motivación para esta iniciativa, xurde dunha realidade coa que se están atopando todas as comunidades educativas: cada vez resulta máis difícil para moitas familias, poder custear viaxes escolares, que por outra banda resultan fundamentais para completar a formación dos nenos e nenas.

En Arméria existe  o convencemento de que, co apoio mutuo entre comunidades escolares, movementos e organizacións sociais, podemos crear alternativas e proxectos de colaboración, que garantan, máis aínda nestes tempos de dificultade, que os nenos e nenas dos centros públicos podan seguir tendo ao seu alcance ese xeito lúdico de aprender que é viaxar.

No convencemento de que esta mesma preocupación, é compartida pola maioria da comunidade educativa, é polo que a Cooperativa Armeria organiza unha xuntanza onde poder intercambiar ideas e proxectos que axuden a dar solucións conxuntas, ao longo deste curso que comeza, a esta problemática.

A xuntanza terá lugar ás 18hs, o luns, 10 de setembro, no Ceip Manuel Masdías de Caranza, e a ela están convidadas tanto o profesorado como as ANPAS dos centros públicos da comarca.

http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/
_____________________

venres, setembro 07, 2012

A CIG, CCOO e UGT convocan protestas diante das asociacións empresariais este venres en defensa da negociación colectiva - Manifesto conxunto das tres centrais sindicais

A CIG, CCOO e UGT desenvolverán este venres 7 de setembro protestas conxuntas en todo o país en defensa da negociación colectiva. As organizacións sindicais teñen convocadas concentracións diante das asociacións de empresarios baixo o lema "A negociación colectiva é un dereito". Ao mesmo tempo, fixeron público un manifesto no que alertan sobre os plans do Goberno do Partido Popular para rematar cunha ferramenta básica para a conquista de dereitos laborais por parte da clase traballadora.

Manifesto conxunto das tres centrais sindicais:
A reforma laboral deste Goberno do Partido Popular, contestada amplamente pola clase traballadora na folga do día 29 de marzo, xunto á situación económica de crise, está a causar una paralización e unha ruptura do marco de negociación colectiva construída nos últimos 35 anos.
A aposta do Partido Popular por destruír este marco mediante a reforma laboral contribúe ao empobrecemento da poboación e a un deterioro máis acusado e acelerado da economía, provocando unha caída dos dereitos laborais, unha superlativa precariedade e un descenso do consumo que condena ao peche a miles de pequenas e medianas empresas coa conseguinte multiplicación do desemprego.

Esta reforma busca ademais a individualización das relación laborais e a estratificación dos convenios colectivos a ámbitos da empresa, o que orixinará una competencia feroz e desleal entre empresas dunha mesma actividade, premiando a aquelas que precaricen e abaraten as condicións de traballo; ao tempo que pretende prescindir dos interlocutores históricos que participan na negociación colectiva, asociacións empresarias e sindicais.
Na actualidade, o proceso e renovación dos convenios colectivos está practicamente paralizado por razón dunha decisión política de determinadas asociacións empresariais de sector, que aproveitan o momento para levar ao límite a vixencia e ultractividade dos convenios, provocando a caída normativa dos mesmos ou unha posición de vantaxe na negociación que retroceda nos aspectos salariais e de dereitos.

As centrais sindicais UGT, CCOO e CIG queremos trasladar neste acto a nosa irrevogable decisión de defender o marco actual de negociación colectiva, por representar un dos piares claves no estado de dereito nas relación laborais. Mediante a negociación colectiva conquistamos moitos dos nosos dereitos, os nosos salarios e por tanto as nosas condicións de vida. Non permitiremos a destrución do marco de negociación colectiva, a desregulación das condicións de traballo, o empobrecemento da clase traballadora e o incremento da precariedade.

Horarios e lugares das mobilizacións:
Vigo: Ás 11h. García Barbón, 104.
A Coruña: Ás 12h. Praza de Luís Seone, Torre 1.
Vilagarcía: 11.30 Arcebispo Lago, 17.
Ferrol: Ás 12h. Cantón de Molíns, 8-9.
Santiago: Ás 12h. Rúa do Vilar, 54.
Lugo: Ás 12h. Praza de Santo Domingo 6-8, 2º.
Ourense: Ás 11h. Praza das Damas.
Pontevedra: Manifestación ás 12h. dende a Praza da Ferrería.

Fonte: CIG


Centrais Sindicais:

A construción do novo Hospital de Vigo está paralizada pola incapacidade da empresa concesionaria para financiar o proxecto - Nota da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública - Manifestación o 3 de outubro en Vigo contra a privatización e retraso na construción do novo Hospital de Vigo

Tags
NOTA DE PRENSA DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA 6/9/2012
A CONSTRUCIÓN DO NOVO HOSPITAL DE VIGO ESTÁ PARALIZADA POLA INCAPACIDADE DA EMPRESA CONCESIONARIA PARA FINANCIAR O PROXECTO
·         Esta paralización é a consecuencia da privatización do Hospital, ao recorrer a un contrato de Concesión de Obra Pública tipo Iniciativa de Financiamento Privado (PFI).
·         O Presidente da Xunta e a Conselleira de Sanidade enganaron á cidadanía de Vigo e comarca ao afirmar que o proxecto non ten problemas de financiamento.
·         Tal e como recoñeceu ante o xulgado do Contencioso Administrativo, a empresa concesionaria carece de capacidade para financiar o proxecto.
·         A Concesionaria non conseguiu este diñeiro nin dos bancos que a integran, Bankia, CAM e outras caixas en quebra que están sendo rescatadas con diñeiro público.
·         Esta falta de fondos obriga á Concesionaria a recorrer ao crédito fóra de España, o que incrementará o custo dos intereses a pagar pola mesma.
·         Isto terá dúas importantes consecuencias: incrementará os custos do proxecto e a Concesionaria pretende para manter as súas expectativas de negocio trasladalos á Xunta renegociando á alza as condicións do contrato.
·         A Xunta solicitou un crédito de ata 180 millóns de euros ao Banco Europeo de Investimentos.
·         A recepción dos 180 millóns de euros está condicionada a que a Concesionaria poña outros 190 millóns. O atraso na concesión do crédito esta elevando o custo dos intereses a pagar pola Xunta.
·         Estes 180 millóns computarán como endebedamento para a Xunta (e o estado) o que bota por terra o principal argumento da Xunta para recorrer ao financiamento privado: Non era posible construír o hospital con diñeiro público porque este computaba como débeda o que ía en contra a da estabilidade orzamentaria.
·         Por todo iso o custo do proxecto do NHV vaise a multiplicar aínda máis do inicialmente previsto pola PFI que xa multiplica entre catro e sete veces o custo inicial pola vía de financiamento público a través da Sociedade Pública de Investimentos (SPI) como inicialmente estaba previsto polo anterior goberno da Xunta, anulado por Feijoo.
·         Iniciouse a obra sen Proxecto de Execución definitivo e estase procedendo a unha importante redución do proxecto orixinal.
·         Incumpríronse importantes apartados do contrato: Financiamento a risco e ventura da concesionaria, volume e calidade do edificio e dos servizos, control e seguimento do desenvolvemento e dos prazos da obra (auditorias), desaparición do informe de adxudicación pagado a Price Waterhouse Coopers etc., que entre todos supón un incumprimento flagrante do contrato e obrigan á administración a anular o contrato e a continuar co proxecto con financiamento e xestión pública, sen indemnización á concesionaria.
·         É obrigado rescatar a concesión e recuperar o modelo de financiamento e xestión pública para o Novo Hospital de Vigo.
A XUNTA MENTE:
Tal e como viñeron denunciando de forma reiterada a Plataforma SOS Sanidade Pública e a AGDSP, a construción do Novo Hospital de Vigo está paralizada por falta de financiamento.
En contra das afirmacións do Presidente da Xunta e da Conselleira de Sanidade de que o proxecto non ten problemas de financiamento, a empresa concesionaria do Hospital (unha UTE na que se inclúen como entidades financeiras Bankia e a CAM) é incapaz de obter nos mercados financeiros os créditos necesarios para continuar a obra que se iniciou co 20% do financiamento previsto, con recursos propios da concesionaria.
Non se trata dun problema de reaxuste da obra polo período vacacional, do incumprimento dun Convenio (por outra banda ilegal) co Concello de Vigo nin da interposición dun Recurso Contencioso Administrativo pola Plataforma SOS Sanidade Pública, como afirmaran diversas fontes da Xunta e da empresa.
A EMPRESA CONCESIONARIA É INCAPAZ DE FINANCIAR O PROXECTO
Iso é consecuencia da privatización do Hospital mediante o contrato de Concesión de Obra Pública tipo PFI que obriga a que sexa a empresa concesionaria a responsable de activar os créditos para o financiamento do proxecto. O contrato é a RISCO E VENTURA da empresa concesionaria.
O 9 de Febreiro de 2011, BOE *nº 34, publícase a resolución da adxudicación da concesión de obra pública para a redacción do proxecto, FINANCIAMENTO, CONSTRUCIÓN e explotación de servizos do Complexo Hospitalario de Vigo.
O 29 de Marzo de 2011 a Xunta solicita ao Banco Europeo de Investimentos un crédito de ata 180 millóns de euros para a construción e mantemento do Novo Hospital de Vigo. A empresa concesionaria deberá responsabilizarse de obter o resto do custo do proxecto, ata 375 millóns de Investimento Inicial Total.
Devandito crédito, segundo a páxina Web do BEI que se pode consultar, está APROBADO PERO NON ASINADO (cousa que o presidente ocultou enganando aos medios e cidadáns, en recentes declaracións).
Iso significa que se abriron as negociacións para a formalización, á espera de que a empresa obteña o resto do financiamento e se cúmpran as condicións contractuais esixidas polo BEI e a UE para acceder a este tipo de financiamento.
A empresa xa recoñeceu, por medio do seu avogado e en resposta ao contencioso administrativo que interpuxemos, que carece de acceso aos mercados financeiros para obter os créditos necesarios para financiar o proxecto e realizar a obra.
VULNERACIÓN DO CONTRATO E RESCATE DA CONCESIÓN
Como xa é coñecido, existía un proxecto previo, con consignación orzamentaria e financiamento e xestión pública a través da Sociedade Pública de Investimentos SPI, que supuña un aforro de custos de máis de 500 millóns de euros con respecto ao modelo de privatización elixido polo actual goberno da Xunta.
Por outra banda estase operando unha redución substancial do proxecto orixinal no que se refire ao Plan Funcional do Hospital (servizos, especialidades, camas etc.) e ás dimensións do edificio co obxectivo de manter o equilibrio económico-financeiro da concesión. Esta redución ocúltase á opinión pública.
Vulnéranse así, as condicións orixinais do contrato,
·  ao ser incapaz de financiarse a concesionaria,
·  ao ter que recorrer a Xunta ao financiamento público a través do BEI cun tipo de interese inferior ao do financiamento privado,
·  ao non cumprirse xa os requisitos da UE para que o investimento non compute como débeda (unha das vantaxes esgrimidas pola Xunta para utilizar este tipo de contrato )
·  e ao reducir o proxecto orixinal.
Hoxe denunciamos unha vez máis esta situación, reclamamos que se proceda ao rescate da concesión e se inicie o procedemento para acometer un proxecto de financiamento e xestión pública. Todo iso será posto en coñecemento dos grupos parlamentarios, do Concello de Vigo, e grupos municipais dos concellos da área viguesa.
A continuidade do actual proxecto vai hipotecar o futuro sanitario da área de Vigo durante os próximos 20 anos, cun hospital incapaz de resolver os seus graves problemas asistenciais (Listas de Espera, déficits de alta tecnoloxía e especialización, masificación etc.) e adaptado pola contra á lóxica do mercado, ás necesidades de rendibilidade e beneficio dunha empresa privada.

Manuel Martín García
669704177

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública forma parte da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública.