sábado, agosto 31, 2013

Vaiamos ao que nos permite xuntarnos nunha praza pública, que é opoñernos a unha intervención militar asasina, depredadora, imperial, e esixirmos liberdade, soberanía e xustiza para o pobo sirio, ... Por Antón Dobao


Por Antón Dobao [*]
31.08.2013

Hai moitos anos que teño a sensación de que a esquerda de tradición marxista (e a min con iso xa me chega) necesita un bo reseteo, recuperar o espírito da I Internacional, comprender que o mundo e as forzas produtivas cambiaron máis do que aos sacerdotes lles apetecería e que o inimigo está aí fóra, ou sexa, aquí dentro, e é moi poderoso, demasiado como para perder o tempo criminalizando a aqueles e aquelas que, cos matices que sexan e as discordancias precisas (benvidas!), comparten a necesidade dunha sociedade poscapitalista. Entrementres, o proletariado real, máis aló de mistificacións pasadas xa de rosca e de modelos produtivos, segue desorganizado, irrecoñecible, sen capacidade de construír unha identidade e unha organización eficaz, fragmentado, atacado por todos os flancos. Así nos vai. Sentirse vangarda en soidade pode ser reconfortante, pero é socialmente inútil.

Eu creo que non podemos confundir a xeopolítica co proxecto de emancipación social. Entendemos o valor xeopolítico do réxime sirio no contexto mundial actual, pero, é ese o modelo social que ten que defender a esquerda revolucionaria e marxista hoxe? Francamente, teño a sensación de que non.

En calquera caso, eu non son un teórico social, así que opino só por impulsos derivados da observación. Opoñereime con todas as miñas forzas á intervención militar, que é imperialista e criminal, en Siria, porque ademais será un ataque contra o pobo e contra a súa soberanía e contra a súa vida e o seu benestar. Pero non me sinto con forzas nin con argumentos para defender un réxime que nin desde o punto de vista social, nin desde o económico nin desde o político sinto como meu.

Reproducir hoxe enfrontamentos de hai máis de medio século é unha auténtica aberración e, creo, unha irresponsabilidade política.

Vaiamos ao que nos permite xuntarnos nunha praza pública, que é opoñernos a unha intervención militar asasina, depredadora, imperial, e esixirmos liberdade, soberanía e xustiza para o pobo sirio.

Nota.-  post de Antón no facebook.

[*] Xosé Antón López Dobao, coñecido como Antón Dobao, nado en Lugo o 16 de xullo de 1963, é un escritor, tradutor e cineasta galego. [Na Galipedia].

Enviado por:
Inácio GZ
inaciogz@gmail.com
30 de agosto de 2013 23:27

________________

venres, agosto 30, 2013

O Seminario Galego de Educación para a Paz, manifesta o seu rexeitamento a unha intervención militar en Siria e chama á mobilización social contra a mesma - Convocatoria de reunión en Compostela

O SGEP MANIFÉSTASE EN CONTRA DUNHA INTERVENCIÓN MILITAR DOS EE.UU. EN SIRIA | CHAMA Á MOBILIZACIÓN SOCIAL DA CIDADANÍA PARA PARALA | CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA COORDINADORA GALEGA POLA PAZ

O Seminario Galego de Educación para a Paz, diante da posibilidade certa de que o goberno norteamericano bombardee Siria nas próximas horas, cos seus aliados máis entusiastas, mesmo sen o respaldo e o aval das Nacións Unidas, e con toda a opinión pública en contra, quere manifestar o que segue:

1º.- Siria leva dous anos nunha feroz guerra civil alimentada, fundamentalmente, polas potencias que controlan o Consello de Seguridade da ONU, xunto cos estados máis importantes da rexión, apoiando a un ou a outro bando en loita. A utilización de armamento químico diverso, vendido polos que agora poñer o berro no ceo, parece estar probado por ambas partes en conflito.

2º.- A intervención militar dos EE.UU. e dos seus aliados en Siria, por moito que se anuncie como puntual, rápida e cirúrxica, contra bases e instalacións militares do réxime de Bachar el Assad, producirá, sen dúbida, máis sufrimento e destrución, morte e desesperación, nun pobo que leva perdidas máis de 100.000 persoas e millóns de desprazados e refuxiados.

3º.- O dereito a protexer ou a utilización de armamento químico, de autoría dubidosa e múltiple, non poden ser esgrimidos como argumentos para os ataques pois é precisamente a poboación civil siria, de ambos bandos, a que sofre as consecuencias dunha guerra atroz de desgaste propiciada, precisamente, polos que agora se proclaman xendarmes internacionais vulnerando inequivocamente a legalidade internacional.

4º.- A decisión do Parlamento británico de non apoiar a intervención ten que facer reflexionar á comunidade internacional, ós parlamentos democráticos, incluído o español e o galego, e converterse nun exemplo a seguir co obxecto de forzar a Barack Obama, Premio Nobel da Paz, para que cambie de política e procure a vía da presión económica e diplomática, co liderado das Nacións Unidas e da Liga Árabe, que impoña un alto o fogo e permita abrir vías de negociación multilateral.

5º.- Por último, a mobilización social pacífica, a presión sobre os parlamentos e demais institucións democráticas, da cidadanía local e global, é a máis poderosa arma de construción de paz que existe. Neste senso, o Seminario Galego de Educación para a Paz apoiará tódalas iniciativas unitarias da sociedade civil e dos movementos sociais en contra da intervención militar en Siria e fai un chamamento para que, no caso de que finalmente teña lugar, a cidadanía responda con concentracións e actos de solidariedade co pobo sirio.

...

Benqueridas amigas e amigos:

Pola presente procedo a informar da reunión que o vindeiro luns, día 2 de Setembro, ás 19:00 horas, terá lugar na Galería Sargadelos en Compostela (Rúa Nova), da COORDINADORA GALEGA POLA PAZ, en réxime de autoconvocatoria aberta, co obxecto de consensuar accións para manifestar a protesta social pola inminente intervención militar de EE.UU (e algúns dos seus tradicionais aliados) en Siria.

Na confianza de que poderemos contar coa vosa participación aproveito para trasladar un saúdo afectuoso.

Agradecemos a confirmación da asistencia.

Cordialmente,

Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ
www.sgep.org
Tfno: 981-554053






Enviado por:
Educación e Paz
-paz@sgep.org-
30 de agosto de 2013 11:49

__________________

xoves, agosto 29, 2013

A CIG amosa o seu rexeitamento á inminente intervención militar imperialista contra Siria - Denuncia a actitude de EEUU e dos seus aliados, esíxelle ao Estado español que se opoña ao ataque e chama á cidadanía galega a protestar


A Exectutiva Confederal da CIG amosa nun comunicado o seu rexeitamento ante a posíbel e inminente agresión militar imperialista de EEUU e os seus aliados contra os pobos de Siria, reclámalle ao Goberno español que non participe na operación e chama a cidadanía galega a rexeitar na rúa o ataque
.

-A CIG rexeita a intervención militar imperialista en Siria e defende a vía pacífica e democrática e a negociación para lograr a resolución dos conflitos respectando sempre a soberanía dos pobos.

-Considera que EEUU e os seus aliados están a fabricar mediante a manipulación e a propaganda unha nova mentira para xustificar o ataque, de igual xeito que con anterioridade fixeron coas suposta armas de destrución masiva de Iraq.

-Sostén que se trata doutra agresión imperialista totalmente ilegal ao contravir o dereito internacional, non ter autorización do Consello de Seguranza da ONU nin contar co visto e prace de ningún organismo internacional.

-Esíxelle ao Estado español que non participe nin dea cobertura á operación militar e censura a falta de vontade para artellar mecanismos que posibiliten a resolución democrática dos conflitos e a convivencia dende o respecto á soberanía dos distintos pobos da rexión.

-Denuncia a disposición dos gobernos imperialistas da OTAN e da UE a dilapidar inxentes recursos económicos nunha nova aventura militar ao mesmo tempo en que brutais recortes sociais e laborais son impostos á clase traballadora coa excusa da crise, dos déficits públicos e do aforro orzamentario.

-Por último, chama a cidadanía galega a expresar na rúa a súa oposición a esta nova agresión imperialista participando nas concentracións e protestas que se convocarán por todo o país unha vez se produza o ataque.

Publicado en Avantar o 28 de Agosto de 2013
_________________

mércores, agosto 28, 2013

O goberno municipal de Ferrol libera unha partida de máis de 451 mil euros para poder rehabilitar, adxudicar e entregar 28 vivendas en Recimil - Asemblea de Stop-Desafiuzamentos en Caranza


A nosa loita comeza a dar os seus froitos. Mais temos que ter claro que vivenda que quede baleira en Recimil, ten que ser rehabilitada, adxudicada e entregada, como así consta no Regulamento e é de xustiza.

O pasado Luns 26 de Agosto, membros da Xunta de Goberno Local, coa presencia do Alcalde, realizaron unha rolda de prensa no Pazo Municipal, onde deron conta dunha serie de asuntos relacionados coa súa xestión, sendo o tema principal o relacionado coas vivendas protexidas de Recimil. O goberno municipal accedeu ao cambio nos orzamentos municipais e decideu liberar 451.818,94 euros, para acometer as reformas necesarias nas vivendas baleiras de Recimil, para poder entregar 28 delas antes de rematar Setembro. Polo seu interese reproducimos a nova que publica o propio Concello de Ferrol na súa web oficial. Non todos os obxectivos que nos marcamos están cumpridos, mais este é un paso moi importante.

O Concello de Ferrol aproba o proxecto de adecuación de 28 vivendas do barrio de Recimil

O goberno de Rey Varela da así un paso máis no compromiso para adxudicar 30 inmobles entre as familias incluídas no listado antes de que remate o mes de setembro.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, anunciou o luns día 26 a aprobación por parte da Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria, de tres importantes proxectos urbanísticos. O primeiro edil da cidade estivo acompañado polo concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia Pérez; a portavoz do Goberno Municipal, Martina Aneiros Barros; e a concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro.

Así as cousas, o Executivo local deu luz verde o luns 26 ao proxecto para a “Adecuación de vivendas de Recimil para disposición da Concellería de Benestar Social”. As actuacións comprenden traballos de acondicionamento en 28 vivendas e conta cun orzamento estimado de execución de 451.818,94 euros (co 21% de IVE incluído). “Unha cantidade superior á prevista inicialmente que garantirá cumprir co compromiso asumido polo Goberno de adxudicar 30 vivendas antes do mes de setembro” engadiu o rexedor municipal.

Máis polo miúdo, o primeiro edil da cidade explicaba que as intervencións que se acometerán nas vivendas de Recimil consisten na renovación ou reparación dos acabados de solado, paredes e teitos co mantemento da tabiquería existente; reparación ou substitución das carpinterías interiores de madeira; substitución das carpinterías exteriores deterioradas; e a renovación das instalacións de electricidade, fontanería, ACS e saneamento que se atopen en mal estado. Segundo informou o alcalde ferrolán, as obras de adecuación das vivendas de Recimil iniciaranse nos próximos días e as adxudicacións serán realizadas antes da finalización dos traballos.

 Martes, 27 de agosto de 2013
Enlaces relacionados na prensa local:

O Concello de Ferrol empezará «en días» o arranxo de trinta pisos de Recimil | O goberno local aprobou onte un investimento duns 451.000 euros | Antía Urgorri
27.08.2013  [Acceder á Nova]

O Concello investirá 450.000 euros en reparar 28 vivendas do barrio de Recimil
Redacción Ferrol | 27.08. 2013 [Acceder á Nova]

O Concello arranxará de forma simultánea 28 pisos en Recimil | Pretende garantir o seu adjudicación en setembro e evitar aos okupas | Por Rocío Pita Parada |Ferrol
25.08.2013 [Acceder á Nova]

O Valedor investigou demóraa na entrega dos pisos de Recimil | Decidiu concluír os seus pesquisas ao argumentar o Concello que están en obras | Rocío Pita Parada
10.08. 2013 [Acceder á Nova]

NOTA.-
ESTE XOVES 29 DE AGOSTO DE 2013
, ÁS 5 DA TARDE ESTÁ CONVOCADA NOVA ASEMBLEA  DE STOP-DESAFIUZAMENTOS EN CARANZA [+INFO]



Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

||||||||||||||||

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
28 de agosto de 2013 11:24

______________________

Anuncian a entrada do “LNG Madrid Spirit”, para este Xoves 29 de Agosto: O Comité Cidadán de Emerxencia convoca nova Concentración Sonora ante o despropósito gasístico de Reganosa

Tags

AVISO A CONCENTRACIÓN, DESTA VEZ,
SERÁ NA PRAZA DO INFERNIÑO,
ÁS 8 DA TARDE
XOVES 29 DE AGOSTO

Está anunciada a entra, para mañá, Xoves, 29 de Agosto de 2013, polo angosto e sinuoso canle da Ría -de máis de 4 Km de longo e 150 m de ancho navegábel entre bollas, do “LNG Madrid Spirit” que de entrar, fará o número 152 buque gaseiro cargado con GNL/LNG que atracará en Reganosa, para descargar as ducias de miles de metros cúbicos de gas natural licuadao, aumentando exponencialmente o perigo que xa de por si representa a planta de gas de Reganosa, construída contra toda racionalidade no mesmo corazón da nosas Ría, en Punta Promontorio, no Concello de Mugardos. Semellante despropósito, só foi posíbel pola corrupción política e económica que empapou todo o proceso, con tres sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia -TSXG- e unha do Tribunal Supremo, a favor da veciñanza e do movimento social e contrarias ao despropósito gasístico promovido polo Grupo Tojeiro, un dos maiores beneficiados de todo isto.


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como é habitual, sempre que entra un buque gaseiro coa súa perigosa carga, convoca, este Xoves 29 de Agosto de 2013, unha acción de denuncia e protesta que consistira nunha Concentración Sonora ás 8 da Tarde, na Praza do Inferniño.

Características do buque:
Nome: “LNG Madrid Spirit” - Bandeira: Española - Eslora: 284.80 m - Manga: 42.50 m - Calado: 12.20 m - Puntal: 25.04 - Capacidade: 138.119 m3
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:

comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
28 de agosto de 2013 00:17
____________

martes, agosto 27, 2013

Saneamento si, mais non así (II), ... Por Miguel Reimúndez e Alexandre Carrodeguas - A mantenta dos 'tanques de tormenta' nos parques públicos


Por Miguel Reimúndez e Alexandre  Carrodeguas [*]
27.08.2013


Se os déficits ambientais do modelo de saneamento adoptado para a ría de Ferrol son graves, as consecuencias económicas que vai ter para os cidadáns nas vindeiras décadas non o son menos, sobre todo tendo en conta a perspectiva da privatización total do servizo.

A chave destas contas está la lectura do convenio asinado entre os Concellos de Ferrol e Narón e acuaNorte. Repetiuse unha e outra vez que o financiamento das obras de saneamento da marxe dereita da ría de Ferrol tiñan un custe de 37,6 millóns de euros, e que este corre nun 80% por conta da UE, un 10% por parte de augas de Galicia e outro 10% por parte do Estado.

Sen embargo esta obra non é a única que falta por acometer, e tanto o tramo de interceptor entre Cadaval e Neda como o interceptor da Malata, cun custe conxunto de case 23 millóns de euros, van ser financiados integramente por Augas de Galicia. Outro tanto acontece para o saneamento da Graña e San Felipe, aínda pendente de proxecto.

O Goberno de España non vai poñer un peso. Eses 3,76 millóns de euros aportados pola sociedade pública acuaNorte, agora integrada en Acuaes, non son unha subvención a fondo perdido, senón que constitúen un adianto do estado aos abonados de Ferrol e Narón. Segundo o convenio, esta cantidade deberá ser devolta á acuaNorte nos vindeiros 45 anos. Incluídos os gastos financeiros e o IVE, o montante desta devolución ascende a cantidade de 23,5 millóns de euros, a repercutir nos abonados do servizo ou a detraer dos respectivos orzamentos municipais.

Tendo en conta estas cifras, as obras que restan para completar o saneamento da marxe dereita de Ría de Ferrol vanse financiar nun 40% con fondos europeos, un 30% con fondos de Augas de Galicia e un 30% a cargo dos concellos de Ferrol e Narón. A repercusión da parte municipal sobre os abonados suporá, como mínimo, a duplicación da actual tarifa de saneamento do recibo da auga. Se lle engadimos os gastos de mantemento da infraestrutura, a tarifa actual, como mínimo, triplícase.

Mais isto, con ser preocupante, non é a peor das perspectivas posibles. A cláusula décima do convenio citado insta aos Concellos de Ferrol e Narón a crear unha entidade supramunicipal de xestión das infraestruturas que se están a construír antes de finais do ano 2015, con participación pública ou non. Isto abre a porta á posibilidade da privatización total do servizo.

O modelo escollido para o saneamento da ría mistura augas pluviais e residuais nos "tanques de tormenta", do que resulta un maior volume de auga a tratar. Canta máis auga se transporte ata a depuradora, maiores serán o custe de construción das infraestruturas, o seu financiamento e os custes enerxéticos e de mantemento. Maior será, polo tanto, o beneficio da empresa que xestione o servizo e das compañías eléctricas, e a inxección de liquidez que obterán os gobernos municipais que privaticen a auga. Maior tamén o perxuizo aos cidadáns en forma de débeda, que teremos que pagar nas vindeiras décadas coa subida do canon de saneamento sen saneamento real.

Compre, porén, replantearmos o sistema de saneamento escollido para a ría de Ferrol, reducindo a cantidade de auga a tratar por medio da recollida e tratamento diferenciado das augas residuais e pluviais. E ir así o tantas veces demandado saneamento "integral" da ría. Esta solución, ademais de supor evidentes vantaxes ambientais, reduciría a factura a pagar polos cidadáns no futuro.

Mais para poder adoptar outro modelo en función do interese común, é tempo de municipalizar o servizo de augas de Ferrol e Narón. Cidades europeas como París ou Berlín xa o fixeron ou o están a facer, con grandes melloras no servizo e rebaixas de tarifas para os seus aboados. A propia UE vai retirar en breve a auga da directiva de servizos a fin de rexeitar a procura da competitividade no servizo e así considerar o acceso a este ben un dereito básico dos cidadáns europeos. Se é importante aplicar hoxe criterios ambientais no saneamento que van ser obrigatorios no futuro, garantir o acceso á auga dos cidadáns é fundamental. E abandonar modelos obsoletos e gravosos para a toda a cidadanía.

[*] Miguel Reimúndez e Alexandre Carrodeguas, membros de Verdegaia.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
26 de agosto de 2013 02:39

_____________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Saneamento si, mais non así (I), ... Por Miguel Reimúndez e Alexandre Carrodeguas - A mantenta dos 'tanques de tormenta' nos parques públicos
___________________

sábado, agosto 24, 2013

Manning e o alto prezo de vivir nunha sociedade libre, ... Por Amy Goodman e Denis Moynihan - "Ningunha bandeira é o suficientemente grande como para cubrir a vergonza do asasinato de persoas inocentes", escribiu o historiador Howard Zinn


Amy Goodman e Denis Moynihan [*]
24.08.2013


"Ningunha bandeira é o suficientemente grande como para cubrir a vergonza do asasinato de persoas inocentes", escribiu o historiador Howard Zinn, autor do libro "A outra historia dos Estados Unidos". As súas palabras foron citadas na declaración que escribiu o soldado Manning tralo anuncio de que sería condenado a pasar 35 anos nunha prisión militar por filtrar centos de miles de documentos ao sitio web de denuncia WikiLeaks. A declaración, que foi lida polo seu avogado, David Coombs, durante unha conferencia de prensa, acompaña unha solicitude de indulto de Manning ao Presidente Barack Obama.

Do outro lado do Océano Atlántico, David Miranda, a parella do xornalista do xornal 'The Guardian Glenn Greenwald', foi detido no aeroporto de Heathrow, en Londres, en virtude da lei antiterrorismo de Gran Bretaña. Antes de deixalo en liberdade, confiscaron os seus dispositivos electrónicos, interrogárono e ameazaron con envialo a prisión.

Ambos acontecementos intensificaron o xa alto nivel de cuestionamento ao crecente grado de intervención e vixilancia, aparentemente sen límites, do Goberno de Estados Unidos. Miranda sufriu un forte impacto, pero permanece en liberdade. Manning pronto será enviado, coas mans encadeadas, ao lugar onde deberá cumprir a súa condena. O informante da NSA Edward Snowden permanece nalgún lugar incerto de Rusia, onde recibiu asilo político temporal, mentres que o fundador de WikiLeaks, Julian Assange, continúa vivindo no exilio, preto de Heathrow, encerrado na Embaixada de Ecuador en Londres. É sorprendente que este variado conxunto de individuos faga cambalear o actual estado de vixilancia e guerra global impulsado polo goberno de Estados Unidos.

Manning escribiu no comunicado de prensa lido polo seu avogado David Coombs: "Foi recentemente en Irak, tras ler os informes militares segredos a diario, que comecei a cuestionar a moralidade do que estabamos facendo. Foi nese entón que me dei conta de que no intento de combater a ameaza do inimigo, esquecémonos da nosa humanidade. Decidimos conscientemente desvalorizar a vida humana tanto en Irak como en Afganistán. Ao atacar a quen percibimos como o inimigo, moitas veces matamos a civís inocentes. Cada vez que matamos a civís inocentes, en lugar de asumir a responsabilidade dos nosos actos, decidimos ocultarnos baixo o veo da seguridade nacional e a información clasificada para evitar asumir a responsabilidade pública".

Como dixo ao comezo do consello de guerra iniciado na súa contra, Manning publicou os documentos confidenciais para "xerar un debate nacional sobre o papel das forzas armadas e a nosa política exterior". O exemplo máis claro diso foi a publicación do vídeo da masacre cometida desde un helicóptero Apache en Irak, no que polo menos unha ducia de civís foron asasinados. O video contén comunicacións entre os soldados, que chancean achega dos actos violentos que están cometendo.

Mentres o video, publicado por WikiLeaks co título "Asasinato colateral", é moi gráfico, os outros documentos filtrados por Manning arroxan luz sobre as guerras clasificadas que o Goberno estadounidense está librando lonxe da mirada pública. Os Diarios da Guerra (http://wardiary.wikileaks.org) inclúen centos de miles de informes no terreo das guerras de Afganistán e Irak. En xerga militar, os documentos clasificados revelan o nivel de brutalidade da guerra, a violencia sistemática e o asasinato diario de civís.

David Coombs continuou lendo a declaración de Manning: "No noso afán por matar ao inimigo, debatemos internamente achega da definición de tortura. Detivemos a persoas en Guantánamo durante anos sen cumprir co debido proceso. Fixemos a vista gorda á tortura e as execucións do Goberno iraquí e toleramos moitos outros actos en nome da guerra contra o terrorismo".

Glenn Greenwald e Laura Poitras son dous xornalistas que colaboraron no proceso de difusión das filtracións de Snowden desde o comezo. O fin de semana pasado, David Miranda, un cidadán brasileiro, foi detido polas autoridades británicas durante nove horas en virtude do artigo 7 da Lei Antiterrorista de Gran Bretaña do ano 2000.

O ex Secretario de Estado británico Lord Charles Falconer, que co-auspiciou o proxecto de lei na Cámara dos Lores de Gran Bretaña, afirma que a detención de Miranda foi un abuso da lei. "A publicación en 'The Guardian' non constitúe unha instigación ao terrorismo", Falconer escribiu no xornal. E agregou: "Quizá o Estado pretenda que os xornalistas non publiquen materiais sensibles, pero depende dos xornalistas, e non do Estado, determinar onde establecer o límite". Aínda que Miranda non é xornalista, axudou durante moito tempo á súa parella, Glenn Greenwald, no seu traballo, e as autoridades británicas sabían moi ben que non se trataba dun terrorista, entre elas, o Primeiro Ministro David Cameron, que supostamente tiña coñecemento previo da detención de Miranda.

A violación dos dereitos de Miranda xerou unha tormenta política en Gran Bretaña, onde o Cuartel Xeral de Comunicacións do Goberno (GCHQ, polas súas siglas en inglés), o equivalente á Axencia de Seguridade Nacional en Estados Unidos, sufriu cuestionamentos similares por realizar espionaxe xeneralizado.

En Estados Unidos, David Coombs terminou de ler a declaración de Manning durante a conferencia de prensa posterior á súa condena: "Son consciente de que os meus actos foron contrarios á lei. Lamento si os meus actos prexudicaron a alguén ou provocaron algún dano a Estados Unidos. Non era a miña intención danar a ninguén, simplemente quería axudar á xente. Cando decidín revelar a información clasificada, fíxeno por amor ao meu país e por un sentido de deber cara aos demais". David Coombs continuou lendo a declaración de Manning, que conclúe cun pedido directo ao Presidente Obama: "Si rexeita a miña solicitude de indulto, cumprirei a condena sabendo que ás veces hai que pagar un prezo moi alto por vivir nunha sociedade libre. Pagarei ese prezo con gusto si significa que poderemos vivir nun país realmente concibido sobre a base da liberdade e dedicado ao principio de que todos, mulleres e homes, somos iguais".

A mañá posterior á sentenza, Manning emitiu outro comunicado, no que informou: "Ao iniciar esta nova etapa da miña vida, quero que todo o mundo coñeza quen son realmente. Son Chelsea Manning. Son unha muller. Pola forma en que me sento e en que me sentín desde a infancia, desexo comezar unha terapia hormonal en canto sexa posible. Espero que me apoien nesta transición".

Publicado o 23 de agosto de 2013 en Democracy Now.

© 2013 Amy Goodman

Texto en inglés traducido por Mercés Camps. Edición: María Eva Blotta e Democracy Now! en español, spanish@democracynow.org


[*] Amy Goodman, é a condutora de Democracy Now!, un noticiero internacional que se emite diariamente en máis de 750 emisoras de radio e televisión en inglés e en máis de 400 en español. É co-autora do libro "Os que loitan contra o sistema: Heroes ordinarios en tempos extraordinarios en Estados Unidos", editado por Le Monde Diplomatique Cono Sur.

Denis Moynihan, é o co-fundador de Democracy Now! Desde 2002, el participou da distribución da organización en todo o mundo, o desenvolvemento de infraestruturas, e a coordinación dos complexos transmisións en directo de varios continentes. Vive en Denver, onde está a desenvolver unha nova estación de radio non comercial comunitaria.

Escoitar:
-Audio en español-
_____________

Texto traducido, ao Galego, por Ártabra 21, apoiando-se nos recursos públicos de tecnoloxía lingüística desenvolvidos polo o Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo.  

Enlaces de interese:

Enviado por:

"Democracy Now!"

-boletin@democracynow.org-

24 de agosto de 2013 04:51
__________

venres, agosto 23, 2013

"O saneamento unitario non é sostible, xera impacto ambiental e supon un elevado coste", segundo mantivo o enxeñeiro e profesor da Universidade da Coruña Juan Joaquín Suárez - Contribución para o debate sobre saneamento e tratamento de augas residuais e pluviais


O saneamento unitario non é sostible, xera impacto ambiental e supón un elevado custo

"Dámonos conta agora que mesturar as augas pluviales coas chamadas augas negras, ou residuales, non é a solución"

O enxeñeiro e profesor da Universidade da Coruña Juan Joaquín Suárez, que participa nun curso de verán da UC en Suances, propón a xestión separada de augas residuais e pluviais.

"Dámonos conta agora que mesturar as augas pluviais coas chamadas augas negras, ou residuais, non é a solución", afirmou hoxe en Suances o enxeñeiro de Camiños e profesor da Universidade da Coruña Juan Joaquín Suárez, para quen estes sistemas unitarios provocan un impacto ambiental importante e supoñen elevados custos económicos. Suárez interveu no curso "Sistemas Urbanos de Drenaxe Sostible (SUDS)" dentro da programación estival da Universidade de Cantabria.

"De face ao futuro temos que separar o saneamento das augas e crear cidades diferentes, nas que o urbano sexa sostible, e onde a auga de choiva se xestione separada das augas residuais", manifestou o ponente.

Os SUDS (Sistemas Urbanos de Drenaxe Sostible) buscan optimizar a xestión das augas pluviais, "non só polo impacto ambiental, achega do que podemos ser máis ou menos sensibles, senón porque supoñen un aforro a longo prazo". Por iso, explicou Juan Joaquín Suárez, é importante "actuar na orixe dos problemas", xa que "é o mellor método de traballo en enxeñería ambiental, aínda que o desembolso inicial sexa maior".

Os SUDS, que ofrecen solucións como tellados verdes, pavimentos permeables, franxas de chan filtrantes, cunetas verdes ou muros con vexetación, integran urbanismo, paisaxismo e hidroloxía, actuando como filtros naturais, e permitindo que a auga penetre no chan sen arrastrar sucidade, evitando así contaminar as augas subterráneas e que os ecosistemas véxanse afectados. A súa filosofía consiste en reproducir, do xeito máis fiel posible, o ciclo hidrolóxico natural previo á urbanización ou actuación humana.

Nalgunhas zonas xestiónanse as augas pluviais de forma sostible, pero ao non implantar os SUDS retense o 80/90% da auga de choiva, e para darlle saída é necesario poñer en marcha un sistema de bombeo e depuración custoso. É dicir, "aínda que en materia ambiental fagamos o correcto, o gasto económico é inmenso", sinalou o profesor da Universidade da Coruña.

España e Europa, diferenzas

En España, segundo os seus datos, o 95% do saneamento é unitario, é dicir, que se mesturan as augas pluviais coas augas negras, aínda que nalgunhas zonas sepárense poñendo en marcha conexións ilegais e xerando contaminación.

Hai redes que envían a auga directamente aos ríos e arroios a gran velocidade, provocando danos nestes medios naturais. Este impacto ambiental "evítase coa implantación dos SUDS", que frean a auga e atenúan a velocidade.

Como afirma Juan Joaquín Suárez, "en España estamos atrasados con respecto a Europa", xa que países como Alemania, Inglaterra ou Francia integran os SUDS no seu ordenamento urbano, "mentres que en España aínda temos que cambiar a mentalidad".

En Cantabria hai iniciativas promovidas por GITECO, Grupo de Investigación de Tecnoloxía da Construción da Universidade de Cantabria, e algúns plans pilotos. Con todo en España en primeiro lugar "necesitamos predicar e promover a formación".

"O seguinte paso á formación -asegurou o ponente- é que os plans xerais de ordenación municipal intengren os SUDS e que a lexislación contemple estes aspectos de xestión sostenible de augas pluviales".

Profesor da Universidade da Coruña Juan Joaquín Suárez López | O artigo foi publicado en ECOticias.com / Rede / Axencias, 04.07.2012 |
...

Nota de A.C.:
A administración e AcuaEs, recoñecen os verquidos e a mistura en caso de choivas, entón para que os tanques?
...
"Son, explican, depósitos estancos duns mil metros cúbicos de capacidade que acumularán e reterán as augas pluviales e residuales en caso de choiva para enviar despois ao interceptor e a canalización do saneamiento. Segundo as informacións que recibiron de AcuaEs só se verterá a ríaa en caso de choivas moi abundantes e en momentos extraordinarios, pero garanten que o contido é apto e que non se ven afectados nin bancos marisqueros nin zonas de baño" ...

Detalle dunha nova publicada en "La Voz de Galicia" o pasado 16 de Agosto de 2013.

Información baseada na enviada por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
16 de agosto de 2013 16:01

________________________

Documentación:
OS SISTEMAS URBANOS DE DRENAXE SOSTIBLE: UNHA ALTERNATIVA Á XESTIÓN DO AUGA DE CHOIVA.
SARA PERALES MOMPARLER(1), IGNACIO ANDRÉS-DOMÉNECH(2)
(1)PMEnginyeria, Avda. Aragón 18-1º-1, 46021 Valencia.sperales@pmenginyeria.com
(2) Dep. Ing. Hidráulica y Medio Ambiente. Universidad Politécnica de Valencia. Edificio 4E. Cno. de Vera s/n, 46022 Valencia.
igando@hma.upv.es [Documento de 15 páxinas en formato pdf]

Laboratorio de Sistemas Urbanos de Drenaxe Sostible (SUDSlab)
Grupo de Investigación de Tecnoloxía da Construción (GITECO)
Universidade de Cantabria [ir a web]
__________________

Desmentelamento de recursos prevención do VIH en Galicia - Documento de SOS Sanidade Pública

Valoración da Plataforma SOS Sanidade Pública da Convocatoria de Subvencións 2013 que recorta os fondos para  proxectos e programas de prevención do VIH en Galicia xestionados por entidades privadas sen ánimo de lucro.

1º.- Esta Orde introduce un recorte brutal no orzamento das subvencións para proxectos de prevención do VIH  do 65 %  no 2013 e do 60%  no 2014 , que  afectará gravemente a política de prevención da saúde pública por parte do Goberno actual da Xunta de Galicia.

Partidas Subvención proxectos prevención VIH Galicia do 2012-2013-2014.
2011
2012
2013
2014
Subv. VIH do 2012 Xunta de Galicia
Subv. VIH do 2012 Xunta de Galicia
Subv. VIH 2013
Xunta de Galicia
Subv. 2014
Xunta de Galicia
·         149.061,00 €, para asociación
·         12.276€ para concellos.
145.0000 € para entidades
51.900 € para entidades
58.000 € para entidades

2012. Ano no que suprimen as axudas aos concellos
65% de redución con respecto ao 2012 (entidades)
60 % de redución con respecto ao 2012 (entidades)

2º.- O recorte afecta fundamentalmente aos Comités Antisida que levan anos traballando en actividades relacionadas coa prevención  do VIH en colectivos vulnerables, realizando diagnóstico precoz,  actividades de  atención sociosanitaria ás persoas seropositivas  e  loitando  contra a discriminación das persoas afectadas, seguindo as recomendacións dos organismos internacionais  (ONUSIDA, OMS,..).

3º.- Os recortes reducen en catro o número de Comités Antisida (A Coruña,  Ourense, Ferrol -Lazos),  ECOS do SUR ou Faraxa, o que supón o desmantelamento dunhos  recursos que  tanto costou crear e manter e que demostraron sobradamente a súa eficacia (segundo se constata nos informes epidemiolóxicos da propia Consellería de Sanidade).  Como xa pecharon o Comité Cidadán Galego Antisida (Santiago de Compostela), Comité Antisida de Lugo, Colectivo Moucho de A Coruña, ASUT Ourense e Comité antisida de Vilagarcía de Arousa, complétase así o desmantelamento  do Plan Autonómico do Sida, descoñecéndose o que vai suceder a partir de agora.

4º.- Esta medida ten un evidente contido ideolóxico xa que pretende acabar co modelo baseado na participación social  e comunitaria das persoas afectadas, racha co  baseado no dereito, na equidade e na igualdade de oportunidades, para restaurar o modelo de atención baseado na caridade (en favor das organizacións vinculadas a Igrexa Católica) reducindo a capacidade de resposta e de actuación das entidades como os Comités Anti Sida que, dunha forma seria i eficiente, ven traballando con o VIH durante os últimos 20 anos.

M. Martin
Tno 669704177
Portavoz da Plataforma Galega SOS - Sanidade Pública
www.sos-sanidadepublica.org 


Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
plataformadspferrol@gmail.com
19 de agosto de 2013 23:18

www.plataformadspferrol.blogspot.com

____________________

Gas sarín en Siria: nova operación de propaganda


Segundo o Exército Sirio Libre, as autoridades sirias bombardearon con gas sarín a rexión de Ghoutta, na periferia de Damasco, o mércores 21 de agosto de 2013, causando en total 1.700 mortos. Esta alegación foi comentada de inmediato polas autoridades alemás, británicas e francesas, que chamaron a unha reunión urxente do Consello de Seguridade da ONU para que se autorice aos observadores da ONU a investigar no terreo. As noticias respecto diso están sendo repetidas constantemente pola prensa atlantista, que presenta ademais ditas alegaciones como feitos consumados.

Salta á vista, con todo, a torpeza desta nova operación de propaganda. Como pode comprobarse a través de YouTube, os vídeos que supostamente mostran a masacre cometida o 21 de agosto foron publicados en YouTube pola conta identificada como «Majles Rif»? o 20 de agosto.

Nas imaxes, impresionantes a primeira vista, percíbese rápidamente unha posta en escena. Os nenos afectados, que parecen desfallecidos ou endrogados, non teñen nais que os acompañen. Os varóns aparecen a miúdo espidos mentres que as nenas están completamente vestidas. Fóra dalgunhas cortinas plegables e varias bolsas de soro, non se ve ningún tipo de estrutura médica nin equipamiento sanitario, nin sequera de tipo clandestino.

AVISO: AS IMAXES DESTES VÍDEOS PODEN FERIR A SENSIBILIDADE DALGUNHA XENTE, POIS SON MOI DURAS.


http://youtu.be/fSvm8mDZyOY

http://youtu.be/sZuYpsZZTlc

http://youtu.be/6O-G9HQru_o

http://youtu.be/_dVgO6LPKpk


Algunhas das fotografías difundidas agora pola prensa atlantista xa foron utilizadas anteriormente para acusar ao exército de Egipto de cometer unha masacre nun campamento da Hermandad Musulmá no Cairo.


A partir da madrugada e ao longo de todo o día 21 de agosto, o Exército Árabe Sirio bombardeou as posicións de elementos do Exército Sirio Libre que se habían reagrupado no sueste da Ghoutta (a rexión agrícola colindante coa capital siria), zona de enfrontamentos cuxa poboación civil foi evacuada desde fai meses. As baixas dos grupos yihadistas parecen ser alí considerables e non se recorreu ao uso de gases de combate, un arma que historicamente se utiliza só en caso de guerras de trincheras.

As autoridades rusas denunciaron unha nova campaña de propaganda planificada de antemán, o cal está sendo confirmado pola simultaneidad e a unanimidad conque os medios de prensa atlantistas están repetiendo a un tempo a versión do Exército Sirio Libre, sen esforzarse por verificar os feitos.

As autoridades iraníes sinalan, pola súa banda, que o uso de armas químicas por parte de Siria sería totalmente inxustificado e absurdo en momentos en que os seus éxitos militares no campo de batalla son xa innegables.

En Nova York, ao cabo dunha reunión a portas pechadas, o Consello de Seguridade da ONU expresou inquietude.

Xa en 2003, Estados Unidos utilizou a acusación de posesión e uso de gases de combate por parte do goberno de Irak como xustificación para agredir ese país. O entón secretario de Estado Colin Powell chegou ata a mostrar aos membros do Consello de Seguridade da ONU unha ampolleta de gas licuado como proba daquelas alegacións. Só logo da destrución de Irak, o propio Powell recoñeceu que aquelas supostas probas eran falsas e que el mesmo mentira á comunidade internacional.

Rede Voltaire | 22 de agosto de 2013

Artigo baixo licenza Creative Commons.

A Rede Voltaire autoriza a reprodución dos seus artigos a condición de que se cite a fonte e de que non sexan modificados nin utilizados con fins comerciais (licenza CC BY-NC-ND).

Fonte : «Gas sarín en Siria: nova operación de propaganda», Rede Voltaire , 22 de agosto de 2013, www.voltairenet.org/article179894.html.

---

Enlace relacionado:

A noticia no xornal dixital Público, con moi interesantes comentarios.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com
22 de agosto de 2013 23:45

__________________________

luns, agosto 19, 2013

Unha manifestación é unha demostración do potencial poder constituínte da multitude, ... Por Antón Dobao

Por Antón Dobao [*]
24.06.2013


A manifestación non é a loita, como ás veces se tende a confundir, non é a totalidade da mobilización. É apenas o momento simbólico en que talvez se acumulen forzas e expresións de poder popular en construción. Só iso. Ou pode ser un simple desfile máis estético que político.

Na mobilización do Morrazo en Loita deste sábado 17 de agosto creo que se puido albiscar unha pequena parte dese novo poder constituínte que por múltiples recunchos non para de remexerse. Nin foi unha conclusión nin foi un dos desfiles nos que tantas veces temos participado. Todo está por construír, pero todo se está construíndo.

En canto a multitude vil vaia mudando as escamas iremos vendo como sae á luz o corpo máis preciso dun proletariado novo, descoñecido para moitos, certeiro, diverso, disposto a conquistalo todo. Incómodo, porque xa non acepta as vellas formas de representación e esixe que ninguén usurpe máis a súa capacidade política.

Mentres, tocará armar un, dous, tres ou infindos Morrazos en Loita. Sen exclusións.

Nota.-  post de Antón no facebook.

[*] Xosé Antón López Dobao, coñecido como Antón Dobao, nado en Lugo o 16 de xullo de 1963, é un escritor, tradutor e cineasta galego. [Na Galipedia].

Enviado por:
Inácio GZ
inaciogz@gmail.com
18 de agosto de 2013 22:25

________________

Artigo relacionado de Dario Portela, publicado en Praza Pública:
'O Morrazo en movemento'.

Outras novas relacionadas:
Venres 19, Xullo 2013 | Movementos sociais   
As manifestacións semanais en Cangas contra as políticas do Goberno chegan ao seu primeiro ano.
Xoves 8, Agosto 2013 | Movementos sociais   
O Morrazo volverá mobilizarse o 17 de agosto contra "as estafas do Goberno".
________________________

domingo, agosto 18, 2013

A raposa no galiñeiro, ... Por Xosé Castro Ratón - No marco do ataque que está a padecer a sanidade pública

Por  Xosé Castro Ratón [*]
18.08.2013


No marco do ataque que está a padecer a sanidade pública, o Goberno Rajoy prepara unha nova acción, trasladando boa parte da exclusividade sobre a capacidade de dar “alta presunta”  en enfermidades ás mutuas laborais.

Este intento, sen precedente, vai no proxecto da iniciativa legal que vai regular os procesos de incapacidade temporal, é dicir ás baixas no traballo por causa de doenza común. Vese ás claras un notorio interese económico, xunta a influenza descarada, destas peculiares institucións.

As mutuas, que son asociacións de empresarios formalmente sen ánimo de lucro, xestionan tanto as continxencias profesionais como as comúns. Nos últimos anos, a maioría das empresas encomendaron a xestión das súas baixas comúns ás mutuas, en lugar de facelo ao INSS. Porén, estas queren máis poder aínda. Os gobernantes xogan do seu lado. É indiscutible. Esta política de baleirar progresivamente de competencias ao Sistema de Saúde Pública, polo que atinxe ao citado proxecto regulador establece que cando as mutuas consideren que o traballador pode non estar impedido para o traballo, poderán formular propostas motivadas de alta médica, dirixidas á inspección do servizo de saúde.

O inspector poderá, en cinco días, confirmar a proposta ou desestimala con motivos. No caso de que ao sexto día a mutua non recibise noticia algunha entenderá como estimada a súa proposta de alta por silencio administrativo. A isto chámaselle “alta presunta”, nunha creativa achega ao argot legal. Pouco importa que a tal comunicación non teña chegado aos responsables médicos. Nin que realmente o traballador padeza unha enfermidade moi grave.

Ao día seguinte, a traballar. Xunto a inseguridade xurídica e o evidente desamparo para o traballador, xurde outra cuestión verdadeiramente inquietante, a do acceso ao historial médico da persoa afectada. Para operar deste xeito, os médicos da mutua, loxicamente deben poder acceder aos datos do paciente violándose así o segredo e a obriga de custodia que se supón no sistema público.

Datos clínicos da vida privada que ven puideran chegar a coñecemento e utilización perversa por parte das empresas que pagan ás mutuas. En todo caso, as mutuas como pagadoras da prestación pola baixa laboral, teñen demasiado interese económico en reducir os tempos de tal continxencia. Con esta nova atribución é como “poñer á raposa a coidar do galiñeiro”. O instinto é o que é.

[*] Xosé Castro Ratón, nado en Chantada o 25 de Xullo de 1956. Membro da Plataforma pola Sanidade Pública d'O Salnés. Escritor, Sociólogo, traballador da Banca. Nos seus tempos participou activamente pola unidade do sindicalismo nacionalista. Foi o portavoz do BNG no concello de Vilagarcía de Arousa, perante máis de 12 anos, responsabilidade que deixou en xaneiro de 2012. Outros artigos de interese no xornal 'Diario de Arousa'.

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/castroraton

Publicado o 18 Agosto 2013 no 'Diario de Ferrol'.

Informacion baseada na enviada por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
18 de agosto de 2013 11:02

_____________

O Concello de Barreiros gobernado polo PP, pretende legalizar 3500 vivendas cuxas licenzas contraviñan a lexislación vixente no intres de seren concedidas e que mesmo foron declaradas ilegais por unha Sentenza do TSXG - A Rede Galiza Non Se Vende advirte da ofensiva especulativa e chama a loitar contra a mesma


"En plena crise demográfica e do sector inmobiliario, con case 40.000 vivendas sen vender en Galicia, a Xunta deu ou visto e prace á memoria ambiental do plan sectorial de Barreiros, que se basea nunha previsión de crecemento dá poboación dá localidade lucense do 700%. Para chegar a ese cálculo, que faría que un municipio con 3.200 habitantes alcance vos 23.500, ou plan ten en conta as propias vivendas obxecto dá polémica, concedidas en 2006 e paralizadas polo bipartito: ao redor de 5.800, centos delas declaradas xa ilegais de forma definitiva pola xustiza." ...

Así comeza unha reportaxe publicada no xornal 'El País', do 8 de Xullo de 2011. Agora co Plan Xeral de Ordenación Municipal -PXOM, o Concello de Barreiros, pretende legalizar unha situación ilegal, froito da especulación urbanística. O concello de Barreiros está situado na Costa Cantábrica na comarca da Mariña Oriental. Xunto ao de Gondomar e mesmo de Miño, entre outros concello galegos, son a mostra máis palpábel desa especulación que encheu aceleradamente a burbulla inmobiliaria que estoupou en 2008.

As compañeiras e compañeiros da Rede Galiza Non Se Vende, advirten-nos da ofensiva especulativa no Concello de Barreiros, co apoio da Xunta de Galicia:
Xa apareceu publicado o documento de inicio, ou anteproxecto de planeamento, do Plan Xeral de Ordenación de Barreiros.
Podedes atopalo neste enlace: Documento de inicio.

Como sabedes os plans xerais de ordenación municipal deben ser obxecto de avaliación ambiental estratéxica. Hai de prazo ata o 12 de setembro para que o público interesado e o público en xeral poidan formular as observacións e suxestións que estimen oportunas.

Na miña opinión sería interesante darlle a máis extensa publicidade a este asunto, denunciando o que se pretende co novo PXOM: legalizar 3500 vivendas cuxas licenzas contraviñan a lexislación vixente no intres de seren concedidas. Unha sentenza do TSXG botou abaixo un primeiro intento de legalización  que o Concello de Barreiros xunto coa Xunta e promotores tentou levar a cabo mediante un plan sectorial que a xustiza anulou.

Agora tentan sortear  esa decisión xudicial a través dun planeamento urbanístico que ampare as licenzas concedidas.

Nestes enlaces da páxina de GNSV atoparedes información sobre Barreiros:

Un cordial saúdo.



(Hai unha forte oposición a esta tentativa da Xunta que vería con bos ollos calquera actividade tendente a desenmascarar o que non é máis que artimaña para profundizar nas erróneas políticas inmobilarias)


Web da Rede de colectivos Galiza Non se Vende
:
www.galizanonsevende.org






Información baseada na enviada por  por:

togarcar@gmail.com
18 de agosto de 2013 01:18

___________________

sábado, agosto 17, 2013

ETNOeume II, o 18 de Agosto, no Pazo, en A Capela: Feira Tradicional, Exposicións, Recreación de oficios, Animación, ..., na seunda edición da Feira Etnogáfica da comarca do Eume

Tags

Este Domingo 18 de Agosto, no concello d'A Capela - no lugar d'O Pazo, terá lugar ETNOeume II.

Feira Tradicional, Exposicións, Recreación de oficios, Animación, ..., na seunda edición da Feira Etnogáfica da comarca do Eume.

PROGRAMA ACTIVIDADES ETNOEUME II

    11 h: Inicio da Feira
    11 h- 12´30 h: Primeira demostración de oficios tradicionais     (ferreiro, torneiro, tecelás,…)
    12´30 h: MISA
    13´30 h: ACTO de entrega dos Premios de Investigación “Ferro Caaveiro” (na Igrexa)
    14 h- 14´30 h: Pezas do mediodía con CE ORQUESTRA PANTASMA

XANTAR

(haberá un posto de polbo e churrasco)

    16´30 h-17´15 h: Segunda demostración de oficios tradicionais
    16´30 h: Xogos Tradicionais e obradoiro de enredos no adro da Igrexa
    17 h: Saída do roteiro eco-etnográfico “máis alá dos eidos” (da Casa do Pazo ao Parque Etnográfico do Sesín). Duración aprox.: 2 h.
    17´15 h: Actuación –na eira- dos grupos de cantareiras “Airiños da Capela” e “Airiños de Carrís”
    18 h: MALLA TRADICIONAL
    19´30 h: SORTEO dos agasallos
    20 h: REMATE da feira con CE ORQUESTRA PANTASMA

Boa FEIRA a tod@s

Museo etnográfico d'A capela:
http://www.museodacapela.org/

Información baseada na envida por:
Xosé Antón Marcal Carracedo
-trevincantom@gmail.com-
17 de agosto de 2013 11:21
______________

venres, agosto 16, 2013

Denuncia pública do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol sobre o Bunkering


Sobre o Bunkering na Ría de Ferrol


A Autoridade Portuaria de Ferrol-S.Cibrao ven de autorizar un servizo móbil de repostaxe de combustible aos navíos na Ria de Ferrol. Unha nova agresión dende unha institución -a Autoridade Portuaria-, cando unha das súas funcións é a protección e que ven a sumarse ás perpetradas ao longo dos ultimos anos: Reubicación da planta de gas no interior da Ria, dinamitado da súa canle, pretensión de levar o ferrocarril pola enseada da Malata, autorizar a Forestal e Reganosa o verquido de 400.000 Tons/día de augas residuais sen depuración previa etc etc., reflicten o carácter ecocida do PP, instrumento político por antonomasia do capitalismo mais depredador. Urxe a súa expulsión das Institucións.

Máis información:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:

comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
15 de agosto de 2013 12:09

___________________

NÓS-UP reclama ao PP que deixe de ameaçar a ria de Ferrol: Nom à gasolineira flutuante! - Sob o bunkering na ria de Ferrol

As diversas instituiçons em cujas maos se encontra a soberania da Galiza, todas elas alheias ao controlo do nosso povo, nom deixam de ameaçar as condiçons de vida da maioria dos galegos e das galegas.

Com o PP à frente de todas elas, as ameaças multiplicam-se, como vimos comprovando em Ferrol e no resto da comarca de Trasancos nos últimos anos, em forma de desemprego, de precariedade e de deterioraçom do meio natural.

NÓS-Unidade Popular quer denunciar a mais recente e séria ameaça anunciada polo Ministério espanhol do Ambiente, que deu o seu aval às chamadas “gasolineiras flutuantes” ou bunkering no interior da ria de Ferrol. À gravidade objetiva do caso do ponto de vista ambiental e económico, acrescenta-se que, ao mesmo tempo, o próprio governo espanhol desenvolve umha campanha de agitaçom e sançons contra as gasolineiras flutuantes que funcionam em águas de Gibraltar. O motivo alegado polo ministro espanhol Arias Cañete é precisamente a defesa do meio e a segurança no mar, assim como os prejuízos que suponhem para as atividades pesqueiras na zona.

Agora sabemos que o Conselho da Autoridade Portuária, representada pola Junta da Galiza e a Cámara de Ferrol), bem como o próprio Ministério espanhol do Ambiente, todos eles organismos e instituiçons em maos do PP, aprovárom umha proposta similar no caso da ria de Ferrol, no que parece umha burla aos galegos e galegas, umha vez que tais atividades nom se realizam em nengum outro porto do Estado espanhol polo seu risco ambiental e económico.

Os perigos que o governo espanhol deteta na baía de Algeciras, em águas de Gibraltar, nom parecem existir quando se trata da ria de Ferrol. A Galiza está habituada a esse tipo de desprezos e discriminaçons por parte das instituiçons espanholas, que aprova para as nossas costas projetos descartados noutros territórios do Estado.

Estamos, pois, diante de mais um exemplo de como a nossa falta de soberania determina que os diferentes governos espanhóis e as suas instituiçons subalternas, como a Junta da Galiza, podam prejudicar os interesses da nossa maioria social e dos nossos recursos naturais e económicos.

NÓS-Unidade Popular quer manifestar o seu rejeitamento ao projeto, por ameaçar a natureza e o meio de vida ligado aos recursos marisqueiros e pesqueiros na ria de Ferrol, e também a hipocrisia com que o Governo espanhol do PP é capaz de aprovar em águas galegas umha atividade que condena e combate em águas gibraltarenhas.

A esquerda independentista fai um apelo ao tecido social e popular da comarca de Trasancos e de todo o noroeste da Galiza para se opor ao projeto de gasolineira flutuante nas nossa águas. Ao mesmo tempo, convidamos a refletir sobre a necessidade de defendermos e conquistarmos a nossa soberania nacional plena, a nossa independência, como única garantia para a defesa conseqüente dos interesses do conjunto do povo trabalhador galego.

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular

Ferrol, 15 de agosto de 2013

Enviado por:
nosup-trasancos@nosgaliza.org
-nosup-trasancos@nosgaliza.org-
15 de agosto de 2013 21:36

________________

O Grupo Municipal de Esquerda Unida diante da normativa que permite e alenta a práctica do avituallamento e repostaxe de fuel en buques fondeados - Sobre o bunkering na ría de Ferrol


ESQUERDA UNIDA CONSIDERA O BUNKERING UNHA NEFASTA CONSECUENCIA DO PROCESO DE PRIVATIZACIÓN DA XESTIÓN DOS PORTOS.
“O QUE ANTES ERA UNHA SITUACIÓN SINGULAR DE XIBRALTAR AGORA VAI CAMIÑO DE XERALIZARSE. A DESCENTRALIZACIÓN E COMPETENCIA ENTRE PORTOS É UN DESASTRE” AFIRMA SUSO BASTERRECHEA.

O liberalismo é así. Sostén un modo de producción realmente eficiente para o obxectivo final marcado: acumulación de capital mediante concurrencia competitiva. O que, en definitiva, significa que todo ten que ser rentable e a rentabilidade é a máxima; a lei debe permitir que actuemos consonte a máxima. Mesmo se para iso as máis das veces cómpre facer dos espazos naturais mercancías e acabar por converter un parque natural en temático, retellar a cidade da cultura a base de que desaparezan montes enteiros (mentras se pechan fábricas de pedra artificial) ou, no caso que agora nos ocupa, facer avanzar paseniña pero inexorablemente a idea, xa iniciada hai unha década, de transformar unha ría e mesmo o ártabro golfo enteiro nun inmenso porto industrial. Xa non é que se aloxe no espazo natural apropiado o porto senón que, Reganosa aquí e recheo alá, o espazo é en si mesmo o porto. Todo pola competitividade interportuaria que é a máxima resultante da privatización, tantas veces alabada, e da que se nos esquecen as consecuencias non desexadas. Todo porque se admite como norma regulativa a xestión privada dos portos. Todo iso pertence ao liberalismo que ten dono e está moi ben consensuado.

Para Esquerda Unida a única maneira consecuente de parar o despropósito do avituallamento de combustible en buques fondeados consiste en facer imposible- legalmente imposible- que unha Autoridade Portuaria, por moita autoridade que sexa, poida poñer como obxectivo para a captación de tráficos o favorecemento dos prezos de combustible... a calquera prezo. Teñen razón os que dende as confraría de pescadores advirten que medidas así poden matar a ría. O problema é que é perfectamente legal polo que non chega só con pedir a retificación da medida da autoridade portuaria e reclamar ás autoridade locais que velen polo interés xeral, a preservación do medio e demais. Hai que esixir, ademáis do anterior, a paralización do proceso de privatización dos portos indicando claramente que de non facerse o que hoxe observamos e caracterizamos como un erro das nosas autoridade portuarias será norma xeral no futuro para todas as autoridades e todos os portos, obrigados, aquí como en todas partes, a facer mover incesantemente a roda.

Grupo Municipal de Esquerda Unida

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
15 de agosto de 2013 19:46
Ferrol Esquerda Unida
Date: 2013/8/8

Bos días. Adxuntamos a nota de prensa do grupo municipal sobre a nova normativa da Autoridade Portuaria, enviada aos medios no seu momento, e que fixa a posición do grupo diante da normativa que permite e alenta a práctica do avituallamento e repostaxe de fuel en buques fondeados. Grazas. Saúdos, grupo municipal de Esquera Unida- Ferrol

__________________

xoves, agosto 15, 2013

O "LNG Rivers" ten pensado arribar a Ferrol, este Sábado 17 de Agosto, con miles de toneladas de GNL para a ilegal e perigosa Reganosa - O Comité Cidadán, diante deste feito, convoca unha nova acción de denuncia e protesta

Tags
CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
BARRIO DE FERROL VELLO
ÁS 8 DA TARDE, DO SÁBADO 17 DE AGOSTO

O "LNG Rivers", un buque gaseiro de grande porte, pois ten 288 metros de eslora por 48,20 de manga e de moito calado 12,30 m, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 17 de Agosto de 2013. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supón xa a 151, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado, ás 8 da Tarde, a Concentración terá lugar no peirao de Curuxeiras, no Porto de Ferrol, no barrio de Ferrol Vello.

[O "LNG Rivers" con dificultades para manter a maniobra
-2 de Xullo de 2008-
Para ampliar clicar acima da imaxe
]

Este mesmo buque, o "LNG Rivers", tivera un incidente de moita importancia o 2 de xullo de 2008, pasadas ás 4 da tarde o buque, de 288 metros de eslora cargado con 135.000 m3 de gas natural, tivo graves problemas, por mor das malas condicións metereolóxicas, para entrar na Ría de Ferrol,  [+ info].

Máis unha vez, denunciamos a irresponsabilidade que significa a entrada dun buque destas características, cargado con miles de toneladas de GNL, para descargar no pantalán de Reganosa, por máis de 24 horas, poñendo en perigo a miles de persoas que moramos na contorna da Ría de Ferrol.

Non deixaremos de protestar e denunciar o despropósito gasístico que representa Reganosa, metres esta planta regasificadora, encostada ao complexo petro-químico conformado por Forestal del Atántico, SA e IMEGASA, complexo que almacena miles de toneladas [280.000 m3] de productos moi tóxicos [residuos MARPOL, fueloleos, colas de Urea-Formol, Melamina-Urea-Formol, Melamina-Formol, Fenol-Formol, Resorcina-Formol e disolucións acuosas de formol] e explota unha central que queima fueloleos, de coxeneración de electricidade -25 Mw- e vapor de auga, sega sen ser desmantelada.

Características do buque:
Nome:  LNG Rivers - Bandeira: Bermudas - Eslora: 288 m - Manga: 48.2 m - Calado: 12.30 m - Puntal: 62.75 m - Capacidade: 137.231 m³.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:

comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
15 de agosto de 2013 12:09
____________