mércores, febreiro 26, 2014

"Pan, traballo e teito" comezan as Marchas da Dignidade en Ferrol Terra


As Marchas da Dignidade comezaron a súa andaina en Ferrol. Hoxe, despois da súa asemblea constituínte o pasado xoves (20.02.2014), realizaron unha marcha polas rúas do centro da cidade reivindicando “PAN, TRABALLO E TEITO”. Unha marcha que coincidía coas convocadas nas cidades de toda Galiza. Unha columna que se achegou até o edificio da Xunta, a pé, desde o barrio de Caranza, a #ColumnaCaranceira, portaba nunha faixa onde se podía ler “Á RÚA QUE XA É HORA”. Participaron tamén na marcha plataformas cidadás como a de STOP Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, a Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca -PAH- e a da Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.

Na praza do concello, a marcha uniuse á concentración convocada para rexeitar o asasinato machista de María Luisa Jiménez Jimenez, convocada pola Marcha Mundial das Mulleres. Gardou-se un minuto de silencio. Vari@s marchistas, leron o comunicado baixo unha chuvia intensa que non arredou á xente da praza. Para rematar lembráronse as próximas citas das marchas pola Dignidade en Ferrol Terra. Mañá, 27 de febreiro uniranse á convocatoria da Alianza Social Galega, e o luns 3 de marzo, Asemblea Aberta no Centro Cívico de Caranza ás 6 da tarde.

Blogue de apoio ás Marchas de Ferrol Terra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/


Blogue galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Aberto correo-e de contacto:
columnacaranceira@gmail.com

Un detalle da minfestación en Ferrol

http://youtu.be/sYuEPbVIXco


Os aúdios do final da manifestación, onde catro marchistas deron lectura ao Comunicado. Por estar chovendo non puido haber sesión de micro aberto.

_____________

Nova Denuncia do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ante Fomento por tráfico ilegal de gaseiros

Tags

Nova Denuncia do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ante Fomento por tráfico ilegal de gaseiros

O CCE, prantexou denuncia  ante a Ministra de Fomento, pola entrada  ilegal dos dous últimos gaseiros, incumprindo a propia normativa da Auitoridade Portuaria, a saber: "Operación simultanea da descarga dos gaseiros con outros buques a menos de 200 m e falla dun remolcador de apoio".

O escrito citado solicita as seguintes aclaracións:
  • Por qué se incumpre a exixencia da presencia de remolcadores de apoio?
  • Por qué non se respectan as distancias de seguridade especificadas?
  • Por qué se permite a descarga simultánea dun gaseiro e un buque tanque, incrementando así os riscos propios de cada operación?
Lémbrase que en caso de accidente, agravado polo efecto dominó entre os dous barcos próximos, a poboación afectada nun radio de 2000 m (Mugardos, Seixo, Ferrol) é superior a 30.000 persoas.

Escrito Denuncia:

S.ª D.ª Ana Pastor Julian (Ministra de Fomento)
Paseo de la Castellana, 67
28071 Madrid

Asunto: Nova Denuncia por incumprimiento das Normas de gaseiros cargados con GNL en Ríaa de Ferrol

Manuel Anxo Rodriguez Carballeira, con DNI ----, con enderezo a efectos de notificaciones en ----- (A Coruña), en nome e representación da "ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN" co número de NIF ----, integrada no COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, pon en coñecemento deste Ministerio:
Como continuación ao escrito da semana pasada e por segunda vez en menos dunha semana vólvense a incumprir as normas previstas para operacións con gaseiros cargados, tanto na distancia de seguridade a manter co gaseiro cargado respecto de calquera outro buque como a non presencia de remolcador de asistencia.

O día 21 de febreiro, sobre as 21:12 h (pleamar ás 20:24 h) atraca o gaseiro LNG JUPITER no peirao de Reganosa e abandónao -en operación nocturna- o 22 de febreiro ás 21:04 h (pleamar ás 21:26 h). O día 22 de febreiro de 2014 sobre as 06:00 h atraca o buque tanque/quimiqueiro TINA THEREZA nos peiraos de Forestal do Atlántico que abandona ese mesmo día ás 21:03 h. Durante o sábado 22, coincidiron ambos buques efectuando as súas operacións de descarga estando moi próximos entre si. Como xa indicamos en denuncia anterior, trátase do mesmo peirao, que limita coas dúas empresas.

Sobre unha fotografía obtida nese tempo e tomando como escala a eslora do gaseiro, de 289 m, a distancia medida entre o gaseiro e o buque tanque "TINA THEREZA" resulta ser de 160 m. Este último buque acabou a súa manobra de descarga á vez que o gaseiro e na súa manobra de desatraque, tanto o buque tanque como os remolcadores que o auxiliaron tamén estiveron a menos de 200 m do gaseiro.

Esta é a cuarta operación conxunta de dous buques, gaseiro en Reganosa e buque tanque en Forestal estando a menos de 200 m e ademais a Autoridade Portuaria/Capitanía Marítima segue sen esixir o preceptivo remolcador de asistencia ao gaseiro.
É por todo iso que SOLICITO as seguintes aclaracións:
  • Por que se incumpre a esixencia da presenza de remolcadores de apoio?
  • Por que non se cumpren as distancias de seguridade especificadas?
  • Por que se permite descárgaa simultánea dun gaseiro e un buque tanque, incrementando así os riscos propios de cada operación?
Recórdase que en caso de accidente, agravado por efecto dominou entre os dous barcos próximos, a poboación afectada nun radio de 2000 m (Mugardos, Seijo, Ferrol) é superior a 30.000 persoas.

Á espera das aclaracións oportunas, atentamente.
---
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS PECHE XA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
25 de fevereiro de 2014 13:51
_______________

Concentración de repulsa en Ferrol polo asasinato por violencia machista de María Luisa Jimenez Jimenez


CONCENTRACIÓN MMM POR ASESINATO MACHISTA

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA |CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARÍA LUISA JIMÉNEZ JIMÉNEZ

María Luisa, de 37 anos, nai de 6 fillos e embarazada foi asasinada polo seu compañeiro este domingo. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato de María Fátima e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

O MÉRCORES 26 ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

--
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres

nacional@feminismo.info

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
25 de fevereiro de 2014 21:23

_______________

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra acordou sumar-se ás Marchas pola Dignidade e apoiar a manifestación do mércores 26 de febreiro

Na medida que avanzamos na loita por unha vivenda digna e adecuada, vemos que non só é o problema de non poder facer fronte á hipoteca, ou de non poder pagar un aluguer, para poder acceder a un sitio onde morar. A situación de lanzamento ou de desafiuzamento da vivenda habitual, veñen acompañados de situacións críticas a nivel social, desemprego, violencia machista, precariedade, dependencia, recortes sociais, ... É necesaria hoxe máis que nunca unha acción global contra o neoliberalismo criminal que nos rouba dereitos, escraviza, empobrece e nos mata.

A loita por unha vivenda digna e adecuada é unha parte da loita polo bon vivir, pola xustiza, a liberdade e a igualdade.

Unifiquemos loitas, practiquemos a solidariedade, avancemos na conformación local, das Marchas da Dignidade, non como un só acto finalista en Madrid o vindeiro 22M, senón como unha mobilización permanente, como a organización popular, até conseguir os seus obxectivos de Traballo, Pan e Teito.

É por todo isto polo que a plataforma Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra acordou, na súa última xuntanza apoiar ás Marchas da Dignidade e en concreto a manifestación do mércores día 26 de Febreiro, que está convocada para as 20:00hs, con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta (nas inmediacións da Praza de España). Mas tamén acordamos participar na manifestación convocada pola Alianza Social Galega do día seguinte 27 de febreiro.

Saúde e Vivenda Digna !

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs  e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs | Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
25 de fevereiro de 2014 23:09
____________

A Columna Caranceira ... Asemblea en Caranza para unirnos á manifestación de apoio as Marchas da Dignidade de Ferrol Terra


Mañá mércores 26 de febreiro de 2014, vai ter lugar a Manifestación de Apoio ás Marchas da Dignidade. En Ferrol como en toda Galiza, sairá unha manifestación ...

A Columna Caranceira...

... xa está en marcha. Vémonos mañá as 6:30 da tarde na traseira do mercado para falar un ratiño e despois, se o clima o permite, sairemos até Ferrol para unirnos á manifestación de apoio as Marchas da Dignidade de Ferrol Terra.

O evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1466377823577454/

Blogue de apoio ás Marchas de Ferrol Terra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

Blogue galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Aberto correo-e de contacto:
columnacaranceira@gmail.com

Documentos de interese:

Manifesto da Plataforma Galega de Apoio ás Marchas da Dignidade, en formato pdf.
[Acceder ou baixar].

Manifesto Estatal das Marchas da Dignidade, en formato pdf.
[Acceder ou baixar]

Enviado por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
25 de fevereiro de 2014 23:28

_____________

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra convida a participar na manifestación do 9 de Marzo en Compostela - Coordinación bus a Compostela

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, como organización pertencente á Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, vos convida a participar na manifestación do 9 de Marzo en Compostela.

Grupo de traballo da Plataforma Galega polo dereito ao aborto en Ferrolterra.

ABORTO LIBRE E GRATUÍTO, NOS PARIMOS NOS DECIDIMOS

A PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO CONVOCA MANIFESTACIÓN  BAIXO O LEMA:

"ENCHAMOS A QUINTANA. POLOS NOSOS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS".

O domingo día 9 de marzo 2014, ás 12:00 horas da Estación de tren en Compostela.

O grupo de traballo da Plataforma en Ferrolterra  pon  autobús dende Ferrol que sairá do  JOFRE  ás 10:00 horas, con parada en Caranza e Fene .
- A volta de Compostela é ás 16:00h.
- O  prezo do autobús é de 5 euros.
- A data límite para anotarse é o día  6 de marzo no seguinte teléfono: 607 082 232 atende Eva.
 Ao peche da manifestación, teremos festa, onde xa confirmaron a súa participación:
  • Artistas: Mercedes Peón,  Uxía Senlle,  Sés, As Boubas
  • Poetas: Susana Aríns, Verónica Martínez
  • Presentadoras: Comba Campoi,  Mónica Camaño
--
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres

nacional@feminismo.info

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
25 de fevereiro de 2014 23:43

______________

martes, febreiro 25, 2014

Convocadas Concentracións nas portas dos xulgados de todas as cidades en defensa do Rexistro Civil Público

Concentración en defensa do  Rexistro Civil

Bo día,

O vindeiro mércores 26 de febreiro, ás doce da mañá, as organizacións sindicais CCOO, UGT, CSIF, USO e CIG, convocamos unha concentración nas portas dos Xulgados en defensa do Rexistro Civil

É unha concentración cidadá, xa que, se ben afecta a máis de 3500 postos de traballo de funcionarios de xustiza, o principal afectado é o conxunto de cidadáns, que deberán enfrontarse a un novo repago dun servizo que era público, gratuíto e exemplar na súa xestión. A privatización prevista é un agasallo para uns profesionais pertencentes as elites deste país, os 800 Rexistradores da propiedade, e  suporá a substitución da eficiencia do público, pola búsqueda da rendibilidade económica privada.

Tras investir 130 millóns de euros na súa dixitalización, agora, sen consulta cidadá, o Ministro Gallardón, exemplo paradigmático dos políticos que gobernan para os poderosos, socializa as perdas ocasionadas polo estalido da burbulla inmobiliaria que sufriron estes multimillonarios profesionais, postos en cuestión incluso pola UE, privatizando un servizo que repercutirá nas precarias economías da xente do común: trámites tan cotiás como as fes de vida, as partidas de nacemento, os matrimonios, os expedientes de nacionalidade, etc, serán de pago, un repago para un servizo que non era deficitario, e un repago que non irá destinado a financiar a sanidade pública ou a educación, senón a enriquecer aínda máis aos Rexistradores de Propiedade.

A cidade de Ferrol, con esta medida recentralizadora é dobremente prexudicada, xa que ademais desta "externalización", a prevista desaparición do partido xudicial e do colexio de avogados, deixará a Ferrol como unha cidade sen xustiza, converténdose nunha sucursal administrativa da Coruña, consecuencia do ánimo de restar autonomía aos Concellos. A falta de vontade dunha xustiza próxima e eficaz deixa o campo aberto ao abuso dos poderosos, grandes fortunas, banca e multinacionais, así como incrementa a dificultade de investigar o mal endémico da nosa democracia; a corrupción, impune por falta de medios materiais e persoais

Por iso, facemos un chamamento a toda a cidadanía a participar nestas mobilizacións, e continuar asinando contra esta medida unilateral, arbitraria e regresiva

Jorge Suárez
Delegado sindical de CCOO

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
25 de fevereiro de 2014 09:32

ccooxustiza coruña
-ccooxustizacoruna@gmail.com-
Date: 2014-02-24 14:18

___________

Foto: Protesta en Ourense |24.02.2014 | Brais Lorenzo .
___________________

domingo, febreiro 23, 2014

Constituida a Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra - 20 de febreiro de 2014


Constituída a Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra.

Por iniciativa das persoas participantes na asemblea constituinte da #ColumnaCaranceira, celebrou-se en réxime de autoconvocatoria a Primeira Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra no 'Centro Cívico Carvalho Calero' do inferniño o pasado 20 de febreiro de 2014.

Máis de 60 persoas participaron na asemblea. Algunhas das persoas que interviñeron manifestaron-se como representantes de diferentes entidades como o Sindicato Labrego, PAH de Ferrolterra, A. C. Fuco Buxán, Asociación Veciñal de Canido, Xuventudes Comunistas, CNT, EU Ferrol, Espazo-Ecosocialista, ... entre outras.

Na Asemblea informou-se do que son as Marchas da Dignidade, da existencia dunha Plataforma Galega de Apoio, da constitución dunha columna en Caranza e da presencia nunha das reunións na Coruña. Relatou-se de como xurdiu o asunto en Caranza e de que o tratado na súa Asemblea, nace a proposta da convocatoria de Ferrol.

Informou-se de que se está organizando o viaxe en tren, desde Vigo e desde Coruña para Madrid, para o que están a reunir xente para poder alugalo (na última xuntanza de coordinación da Coruña -22.02.2014- informou-se que se ampliou o prazo até o 6 de Marzo). Comentou-se que se poderían organizar buses desde Ferrol, probablemente máis baratos e que teriamos máis tempo para a súa contratación. Comentou-se que podería haber persoas que non puideran ir por motivos persoais ou outras dificultades, mais que estarían dispostas a apadriñar a outra persoa sen os recursos suficientes, polo que se propón de valorar este asunto. Informou-se de que hai camisetas para comprar feitas en Vigo.

Por outra banda acordou-se dar-lle prioridade á organización da manifestación do mércores día 26 de Febreiro, que está convocada para as 20:00hs, con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta (nas inmediacións da Praza de España), rematando na Praza de Armas, diante do Concello. O lema da manifestación é: "Pan, Traballo e Teito". Acordou-se difundir a convocatoria por todos os medios, mais puxeron-se dúas citas para a mañá e a tarde, do luns 24 de febreiro, unha ás 10:00hs e outra ás 18:30hs, na Praza Dez de Marzal, para repartir propaganda e colocar cartaces.

Elaborou-se un comunicado para enviar aos medios de comunicación e que servi-se de base para a convocatoria da próxima Asemblea que terá lugar, segundo xa confirmaron, a tarde do luns 3 de marzo, ás 18:00hs, no salón de actos do 'Centro Cívico de Caranza'.

Acordou-se participar na manifestación da Alianza Social Galega (xoves 27 de febreiro, ás 20:00hs, na Praza de España), onde ira-se coas faixas das 'Marchas da Dignidade' e se repartira a convocatoria da vindeira Asemblea do 3 de Marzo.

Comentou-se a necesidade de promover asembleas por todos os barrios e lugares onde sea posible. Cada un ou unha ten que ser un portavoz e divulgador/a das marchas.

Acordou-se difundir as Marchas da Dignidade, por todos os medios: redes sociais, de boca a boca, de porta a porta, nos centros de traballo, nos centros de ensino, con cartaces, mediante octavillas, por mensaxes, polos blogs, nas festas, con camisetas, ...

Acordou-se que o correo da xente de Caranza (columnacaranceira@gmail.com), sexa tamén para coordinar a Asemblea das marchas da Dignidade de Ferrolterra.

Blogue de apoio ás Marchas de Ferrol Terra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

Blogue galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Aberto correo-e de contacto:
columnacaranceira@gmail.com

Documentos de interese:

Manifesto da Plataforma Galega de Apoio ás Marchas da Dignidade, en formato pdf.
[Acceder ou baixar].

Manifesto Estatal das Marchas da Dignidade, en formato pdf.
[Acceder ou baixar]

Información baseada na enviada por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
20 de fevereiro de 2014 23:09

_____________________

Publicados os 'Cadernos de Comunicación e Análise' desta semana - De 16 a 23 de Febreiro de 2014

Un espazo de debate para a Galiza Exterior | Somos un grupo de persoas que pensamos en, por e para Galicia. | Galicia é a nosa nai. É quen nos ensinou a estarmos orgullosos de ser quen somos. | Procedemos de diferentes lugares do mundo (Barcelona, Compostela, Bos Aires, Lugo, Zurich…) mais os nosos folgos non esmoreceron;  non deixaron de enfeitizarnos as verbas da nosa lingua galega. E é por iso que nos embarcamos neste proxecto. | Defendemos unha Galiza global; unha Galiza inclusiva, na que todos e todas (vivan onde vivan, sexan como sexan) poidan colaborar e aportar unha parte do que son. | Somos emigrantes, fill@s de emigrantes, net@s de emigrantes, sobriñ@s de emigrantes, prim@s de emigrantes… Representamos a parte máis difícil da realidade histórica galega, mais pensamos que, nestes tempos que corren, todos podemos sumar, todos debemos contribuír ao novo rexurdimento do noso país. | Somos parte do problema e tamén queremos ser parte da solución. Porque o noso país é Galicia, así o sentimos e así o dicimos.

Novas.-

#opinión en @infocadernos

Artigos.-

Pudor
EDMUNDO MOURE ROJAS 
Unha das experiencias máis comúns que rescato dos talleres literarios -sexa nos que asistín como simple escoita, ou nos que impartín como guía- é constatar o temor pudoroso, da maioría dos participantes, por mostrar os seus escritos, considerados asunto íntimo, secreto, case pecaminoso. “Escribo para min e nunca mostro a outros os meus pensamentos”, é unha frase asaz repetida; timidez que adoita afectar máis aos que posúen talento que aos que carecen del.

Hai que subliñar que todos empezamos así, dende os máis pintados ata os menos bendicidos pola musa dos pendolistas. Recordo que alá polos comezos da década dos 60′, entreguei ao meu pai certos textos, escritos en forma de estrofas, que eu consideraba poéticos. O tema daqueles versos incipientes era a guerra de Vietnam, a través do impacto anímico que me producía a cruel conflagración, as imaxes -só gráficas naquel tempo- de civís: anciáns, mulleres e nenos, queimados polas bombas de fósforo branco (napalm) que o imperio do norte repartía, en flamas de terror militarista…
 

Para ler máis, preme aquí

Europa non é o problema
XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA

Falábamos hai días nesta columna da decepción da cidadanía a respecto do proceso de integración europea, tendo en conta o seu déficit democrático, a falla de profundización na unidade política, a falla de control cidadán do Banco Central Europeo e ter adoptado unha unión monetaria sen establecer, ao tempo, un amplo Orzamento federal e a coordinación das distintas políticas fiscais.

Porén, Europa non é o problema, como seica defenden moitas forzas de esquerda radical en Galicia e no resto do noso continente. Compre transformar esta Unión para construír a Europa dos cidadáns e dos pobos, mais compre, tamén, recoñecer o avance exercido polo proceso de integración a respecto da Europa comesta polas guerras e máis o marco de estabilidade que ofrece. Non por acaso, se non chegamos a pertencer á Unión Europea, o Goberno do Estado podería estar a intervir militarmente en Catalunya.
 

Para ler máis, preme aquí

Corrupción: Corruptores e corruptos
XOSÉ MANUEL GALDO-FONTE 

A corrupción non ten límite, esa progresión de inmoralidade dual entre corruptor e corrupto que á marxe da lei beneficia a ambas as dúas partes en prexuízo colectivo da sociedade, resulta incesante pola tolerada condescendencia política, a sustentada impunidade e a escaseza de conciencia social; de aí que ese cancro endémico mudase con compracencia combinada ata transformarse nunha compartida norma de conduta, nunha práctica asociada á función política.

Sendo por iso que a “contracultura da corrupción” favorecida pola influencia dos perceptores de prebendas, chegou a enraizar na propia estrutura do Estado ata o extremo de socavar a vida institucional do país e transgredir o ordenamento instaurado, nun proceso de vulneración continuada do Estado de Dereito; e todo este atropelo, polo ambicioso obxectivo duns desalmados empeñados custe o que custe en obter un proveito alleo ao ben común.
 

Para ler máis, preme aquí

O caso Neymar e a matemática da corrupción no fútbol
JOSÉ ROBERTO TORERO 

Neymar non dribla só defensas. Tamén dribla contratos e leis. En realidade, todos os envolvidos na súa ida para o Barcelona son grandes dribladores. Ou pensan que o son. Como foron descubertos, seica non son tan bos.

Imos aos números:

Oficialmente os dereitos federativos de Neymar custaron 17,1 millóns de euros. Mais o total gasto por parte do Barcelona, segundo o propio club, sería 57 millóns de euros. Para entender esta diferenza, un socio do Barcelona levou a cuestión á xustiza pedindo esclarecementos. E aí descubriuse que Neymar, na verdade, custara 95 millóns de euros.

Iso transfórmao no xogador no máis caro da historia, superando a Cristiano Ronaldo, que custou 94 millóns de euros ao Real Madrid.
 

Para ler máis, preme aquí

Con Carlos Gardel en Piriápolis
MANUEL SUÁREZ SUÁREZ 

Agora mesmo dona Diáspora está no seu banco da rambla de Piriápolis. Agarda polo seu amigo Carlos Escayola Oliva para tomar mate ao abeiro do cerro de San Antonio. Quere pedirlle ao famoso tacuaremboense —máis coñecido polo nome artístico de Carlos Gardel— a súa axuda para que o presidente da República Oriental do Uruguai reciba un premio internacional polo seu meritorio labor de sementador de paz e prosperidade no fermoso espazo verde da Banda Oriental.

    Diáspora: A verdade é meu amigo que non pensei puideras achegarte tan axiña aquí a Piriápolis. Sei que aínda tes moitos compromisos de carácter artístico a pesar de que estás retirado, involuntariamente, dos escenarios. Nin que decir ten que estou moi agradecida por vir falar comigo. Imos tomar uns mateciños para celebrar o noso século de amistade. Lembrarás que te coñecín en Montevideo cando aplaudías a Pascual Contursi e aínda eras un noviño aprendiz de payador que interpretaba pezas da tradición gaucha.

    Gardel: Bueno, mi amiga, si vine ligerito fue porque te aprecio mucho y también por la curiosidad de saber en qué merengue andás metida. Es cierto que allá arriba estoy ocupado haciendo de jurado en el histórico concurso tanguero que semanalmente organiza el programa: “Nuevos Valores del Tango”. Además, el amigazo Alfredo Zitarrosa, en su boliche “El Resorte” convoca los sábados por la noche a los hinchas de Peñarol para cantar los temas que ejecuta un muy piola grupito instrumental que armaron los hermanos Canaro. Voy siempre y más ahora que me nombraron Socio Honorario de la mejor hinchada futbolera del mundo.
 

Para ler máis, preme aquí

Editorial odioso e golpista do WSJ contra Arxentina
EMIR SADER 

Quen lese a descrición que a xornalista do Wall Street Journal fai de Bos Aires, tería a nítida impresión de que ela fala da Bos Aires da crise de 2001/2002: “Unha sensación de premonición abatíase sobre a cidade. A economía estancada, a inflación alta, o capital saíndo do país e os porteños de todos os ámbitos preparados para unha tormenta e resignados ás penurias que chegarían a esa cidade porteña”.

E continúa a sensíbel xornalista norteamericana: “A infraestrutura da cidade tamén parecía abatida. Os amplos bulevares e grandiosos edificios do século XIX están cansados e enferruxados e as rúas cheiran mal. Os grafitis (excitados) e os carteis esnaquizados desfiguran as paredes, o que intensifica unha sensación xeneralizada de decadencia sen lei.”
 

Para ler máis, preme aquí

#contacta
OS CADERNOS DA SEMANA.
Cadernos de Comunicación e Análise
Séguenos en facebook en facebook.com/cadernos
Séguenos en twitter en @infocadernos
infocadernos@gmail.com
albadegroria@gmail.com

Cadernos de Comunicación e Análise.
www.cadernos.net | www.albadegroria.com.

--

Rede Social de Ferrol Terra

Encontro | Foro | Rede de Apoio Mutuo | Arméria Soc Coop
Directorio (Teléfonos, Correos, Blogues e Web).

http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/

|||||||||||||||||||||||||||||||||

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra

-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
23 de fevereiro de 2014 08:27
Cadernos de Comunicación e Análise
-infocadernos3@gmail.com-
2014-02-16 16:29

_______________

sábado, febreiro 22, 2014

A Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra convoca Manifestación para o mércores 26 de febreiro, ás 8 da tarde: Polo pan, polo traballo, polo teito!


Comunicado de prensa das Marchas da Dignidade de Ferrolterra

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

A Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, constituída o pasado xoves 20 de febreiro, convoca para o próximo mércores dia 26 de febreiro, ás 8 da tarde, con saída da Praza de España (diante do Edificio da Xunta), unha manifestación para que a dignidade comece a marchar polas rúas da nosa cidade, para reivindicar Pan, traballo e teito. Para demostrar que somos moitos e moitas que imos marchar para defender:
  • · O dereito ao traballo
  • · Os dereitos sociais, como a renda básica.
  • · O dereito a unha vivenda digna.
  • · Os servizos públicos como a sanidade e a educación.
  • · A loita contra a corrupción.
  • · Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga.
  • · Contra a estafa e o roubo bancario.
Temos determinación para conseguir un cambio e ímolo demostrar marchando sobre Madrid o día 22. A manifestación do día 26 na nosa cidade, é un primeiro paso firme no camiño que temos comezado e non imos abandonar.

POLO PAN, POLO TRABALLO, POLO TEITO!

Asemblea das Marchas pola Dignidade de Ferrolterra

Ferrol 20 de febreiro de 2014

Blogue de apoio ás Marchas de Ferrol Terra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

Blogue galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Aberto correo-e de contacto:
columnacaranceira@gmail.com

Enviado por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
21 de fevereiro de 2014 15:05
---

O Ateneo Ferrolán acolle unha charla sobre "A base popular do independentismo catalán", impartida polo sociólogo catalán Josep María Rosello - O Luns 23 de Febreiro, ás 19:30hs


O luns día 24 de febreiro ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán haberá unha charla sobre "A base popular do independentismo catalán" impartida polo sociólogo catalán Josep María Rosello [*].

Entrada libre.

Dossier:

A BASE POPULAR DO INDEPENDENTISMO CATALÁN


Generalmente adoita crerse que o fenómeno social soberanista/independentista catalán é dabondo coñecido. Estamos ao corrente da última do presidente Mais ou de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC). Algúns quizais pensen que, aínda van máis aló, que superan as marxes elucubrando si verdaderamente levarase a cabo a consulta ou non, si a UE dixo ou o exército talvez?

Chegados a este punto cabo expresar a seguinte paradoja: quen cre que saiba, non sabe nada. Por que esta contundencia? Sencillamente por confundir un fenómeno social co seu faceta política: os políticos -en expresión dun amigo- surfean como poden as series de olas populares.

Cales son desde esta nova perspectiva os elementos importantes? Evidentemente, a primeira consulta popular sobre a independencia de Catalunya celebrada na poboación barcelonesa de Arenys de Munt no 2009, cuxa extensión simpática polo resto do territorio catalán está na base da gestación da Assemblea Nacional Catalá (ANC), presentada públicamente no 2011, e, por suposto, do seu obxectivo fundacional: a creación dun estado catalán propio. A ANC, mantén desde un principio, unha dobre estructuración en asembleas territoriales e en asembleas sectoriales, sendo, por definición expresa, allea a todos os partidos políticos de calquera signo. A masiva participación na manifestación polo 11 de setembro do 2012 e na Vía Catalá na mesma data do presente ano, testemuñan un apoio popular referente pola independencia de Catalunya.

Con todo, durante o ano en curso, presto a acabar, prodúcese un cambio cualitativo dentro de devandito apoio popular ao proceso independentista: de estado catalán mútase a estado social catalán. Non de forma aínda masiva, é certo, pero si dispoñemos de suficientes indicadores para afirmar a crecente presenza da cuestión social ligada á independencia:

A ANC incorporou, nos últimos meses, dúas novas seccións: a de economía social e solidaria e a de traballadores e traballadoras.

Das 15M asembleas cidadás constituyentes brota e cobra vida propia o Procés Constituent (Procés), cuxo Manifesto presentan, en abril, Arcadi Oliveras e Teresa Forcades para uns meses despois, en outubro e nun acto central celebrado en Barcelona, propoñer a campaña "Construamos a República Catalá do 99%".

Polas mesmas datas na primavera, o Parla-Ment Ciutadà (Parla-Ment) tamén presenta o seu Manifesto para convocar, posteriormente, as súas primeiras xornadas públicas.

O Procés representa unha iniciativa de carácter popular, encabezada por dúas persoas heterodoxas vinculadas á Igrexa católica, onde a causa independentista actúa de revulsivo contra os recortes presupuestarios e a pobreza crecente que xeran en Catalunya chamado, á súa vez, a crear o noso propio destino en aras da xustiza e a solidariedade.

O Parla-Ment, non Parlament (Parlamento), constitúe para os movementos sociais unha vía de ampliar o impacto das loitas e intentar articular, á súa vez, un contrapeso político-social ao sistema actual. A portavoz mediática desta nova iniciativa é a arquitecta Itziar González, recoñecida por non ceder sen pausa ante a corrupción municipal, cando foi regidora de urbanismo no consistorio barcelonés.

Para acabar, unha ponderación necesaria, creo, ante o cambio de perspectiva na análise que intento evidenciar mediante o presente escrito. Nel non se pretende menosprezar, sen fundamento, as manobras políticas dos gobernos implicados nin, en contra, enxalzar en excesivo calquera movemento alleo a elas.

Josep Maria
Decembro 2013

[*] Josep María Roselló, é licenciado en ciencias Políticas e Sociología pola Universidade Autónoma de Barcelona. foi promotor da mutua naturista Serveis de Salut Integral, colaborador-técnico da casa de repouso/escola de saúde da Asociación pola Autogestión da Saúde Sumendi, coordinador da casa naturista a Almo-Hada e redactor da sección de sociología da revista Todo Naturismo. Actualmente traballa en diversas investigacións sobre a filosofía naturista e é colaborador de Natur-Vida. É autor da volta á natureza. O pensamento naturista hispano (1890-2000): naturismo libertario, trofoloxía, vexetarismo naturista, vexetarismo social e librecultura (Virus, 2003), A idea naturista. Desde as súas orixes ata os nosos días (Cedel, 2006) e compilador dos textos recolleitos en ¡Viva a natureza! Escritos libertarios contra a civilización, o progreso e a ciencia (Virus, 2008).

---
Un lugar de encontro para a cultura. | Ateneo Ferrolán, fundado en 1879. | www.ateneoferrolan.org | e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña) | BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/ | Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117 | Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan | Faite soci@! Colabora con nos! | Para axudas e aportacións económicas: CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán. ES72-3058-6402-9527-2000-5350


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
21 de fevereiro de 2014 21:57

__________________

venres, febreiro 21, 2014

O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova concentración de protesta, o Venres 21 de Febreiro, ante a entrada na Ría do 'LNG Júpiter', cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa

Tags

CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA
ÁS 7 DA TARDE, DO VENRES 21 DE FEBREIRO

O 'LNG Júpiter', é un buque gaseiro de grande porte, pois ten 290 metros de eslora por 49 de manga e un calado de 12,43 m, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para o Venres 21 de Febreiro de 2014. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supón xa a 163, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Son dúcias as entradas que se produciron despois de ditada a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Venres, ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Características do buque.-
Nome.- LNG Júpiter, Bandeira.- Bahamas, Eslora.- 290 m, Manga.- 49 m, Calado.- 12.43 m Capacidade.- 145.000 m³ de GNL
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS PECHE XA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:

comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
19 de fevereiro de 2014 19:20
____________

Operarios auxiliares piden que Navantia recorra a unha bolsa de traballo en lugar de subcontratar a empresas, ... Por Raúl Salgado


Por Raúl Salgado [*]
21.02.2014


Unha nova política de subcontratación no sector naval de Ferrol. Representantes do sector crítico de Comisións Obreiras no tecido auxiliar dos estaleiros solicitaron este xoves que Navantia auspicie a creación dunha bolsa de traballo á que poder recorrer de forma directa, beneficiando aos miles de operarios despedidos e sorteando ás empresas ás que agora abastece de faena.

Xaquín García Sinde, portavoz da corrente crítica a nivel comarcal, avogou por combater un "modelo de subcontratación salvaxe" e recordou que o "90 %" de membros dese grupo de empregados auxiliares están na actualidade "na rúa". "Non van volver nunca", dixo, ao soster que gran parte das propias firmas non volverán abrir as súas portas pola crise das plantas navais.

Así, García Sinde suxeriu a instauración de "bolsas máis xerais", por "profesión ou categoría". Como alternativa á actual política de subcontratación, propuxo que cada compañía "se vexa obrigada a coller determinada xente". Ao seu entender, consentiuse nas últimas décadas o crecemento dunha "selva laboral" e censurou que o plantel principal non cuestionase ese modelo.

Spril Norte

José Carlos Martínez, presidente do comité de empresa de Spril Norte, apostou por "unificar a loita" entre traballadores e "pelexar de xeito frontal". O portavoz sindical reclamou aos sindicatos en Navantia Ferrol e Fene que o seu próximo calendario de mobilizacións inclúa a "defensa da industria auxiliar" como "punto principal".

Martínez asegurou que na firma existe desde fai varios anos unha bolsa de traballo similar á que propoñen, da cal benefícianse uns 20 operarios. Con todo, alertou da pretensión da patronal de proceder á súa supresión. En pleno conflito laboral, o plantel podería acordar este venres, tras unha nova reunión co xerente, iniciar paros en Carenas durante o fin de semana.

Estimou que o titular de Spril Norte "ha amasado unha fortuna", pero mantén a súa pretensión de iniciar unha tanda de despedimentos, polo que queren "endurecer un pouco as mobilizacións".

Auxiliares

Mentres, Vicente Castro, do comité de Acciona, reclamou "bolsas de traballo para despedir" e que as auxiliares non intenten "baixar as condicións laborais aproveitando a crise". Nesas bolsas habería que evitar as "listas negras", na súa opinión, para que "vos máis reivindicativos" non se queden fose.

Puxo como exemplo un despedimento recente nunha empresa do sector, o dun empregado que pediu unha mascarilla de seguridade. Ao non ver satisfeita a súa demanda, consultou ao comité de Navantia, que se puxo en contacto coa dirección. Foi entón cando un dos seus responsables fixo "baixar á persoal do Adelaide" para comprobar quen denunciara o caso.

O patrón declararía que o traballador puxo "en perigo os postos de traballo". Ademais, Castro aseverou que Atenasa despediu fai unhas semanas a 6 operarios, dos que a metade concorreran nunha lista sindical. Interprétano como un intento por evitar a participación activa dos asalariados nesa contorna.

Pola súa banda, Javier Losada, membro da executiva de CCOO en Navantia Ferrol, instou ao grupo público a que desapareza a subcontratación tal e como se concibiu nos últimos anos e que "sexa Navantia quen subcontrate". Observou que así se podería combater a certos "parásitos" da industria auxiliar.

Esgrimiu datos: o Tribunal de Contas cifrou en 46 millóns de euros as perdas de Navantia en 2010. Ese mesmo ano, o custo do servizo con auxiliares custou 532 millóns de euros. Para Losada, "desaparécense os empresarios -auxiliares-, quedarían moi mermadas as perdas de Navantia". A súa idea principal pasa polo feito de que a firma estatal "contrate directamente".

Novo contrato


O secretario do comité de empresa de Navantia Ferrol, José Blanco, asegurou este xoves que os traballadores acollen con "extrema cautela" o anuncio dun novo contrato para os estaleiros, desvelado polo ministro de Facenda. En declaracións recolleitas pola axencia Europa Press, Blanco dixo que espera que esa noticia non supoña "o inicio da campaña electoral".

Apelou á citada cautela polos sucesivos compromisos de corte de chapa ou relacionados con novas accións comerciais por parte de Cristóbal Montoro e reiterou que se manterán as mobilizacións en demanda de contratos.

Artigo de RAÚL SALGADO | @raulsalgado | Ferrol | Xoves 20 febreiro 2014 | Publicado en Ferrol360.

[*] Raúl Salgado Rodríguez, nado en Ferrol en 1982, xornalista. Foi redactor en  Localia Televisión, RadioVoz, V Televisión, La Voz de Galicia, El Mundo e elmundo.es, desde Ferrol. | Tamén colaborou con Europa Press, Cadea SER, Cadea Dial, Cuatro e Ferrol Hoxe. | En Santiago de Compostela foi correspondente para Vaia Troula, de Televisión de Galicia. | Na actualidade forma parte de Ferrol360, o novo diario dixital de Ferrolterra, Eume e Ortegal.  raulsalgadorodriguez@gmail.com. | https://www.facebook.com/raulsalgadorodriguez | https://twitter.com/raulsalgado.


Enviado por:
Lupe Ces
lupeces@gmail.com
20 de fevereiro de 2014 23:05

http://lupeces.blogspot.com/

_____________

xoves, febreiro 20, 2014

Aínda Penélope no Poeta Díaz Castro, ... Por Xaquín Campo Freire


Por Xaquín Campo Freire [*]
21.02.2014

Cen anos. 19 de febreiro de 1914. Nace o poeta. “Foi o comezo do tempo un berro de sede dende a lus. A fin suprema do tempo é un estalido de gloria na lus”.

O Tempo, así con maiúscula, é a categoría. A categoría existencial. Na mente e corazón do poeta que el escrebe, neste caso, sempre en maiúscula, O Tempo, era, como para Penélope, como para Rosalía, (“Tecín soia a miña tea”), algo esencial para el e para a Galiza. “O río está deitado coma un boi remoendo e o Tempo non sei que anda rente del remexendo”. Gañarlle tempo ao Tempo para non perder o obxectivo. Resistir para esperar. Tecer polo día e destecer pola noite. E os tempos serán chegados, como di o noso himno, nos que as nosas vaguidades cumprido fin terán. “Con este alento, eu lle darei ás cousas o drama cheo que lles nega a vida: dareilles rostros, para que se conozan, palabras lles darei para que se entendan,...”.

O Tempo, categoría, vai medido e tecido polo tempo anecdótico das festas: A Pascua nos Vilares. O San Alberte e A Pastoriza. S. Xoán en Guitiriz. San Roque en Parga. O Quince de Agosto en Bascuas. O Carmio no Buriz. O Rosario en Baamonde. E as  feiras de Parga. Iso eran os medidores e marcadores do tempo no Tempo para aquela sociedade que era igual de pobre e sufridora para todos naquela postguerra miserenta. E estarían tamén o Nadal e o Antroido. E as tascas e as fías do liño. E as esfollas e os magostos.“¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!” Para mediren os tempos, para encheren os tempos, para crearen vida nos tempos e cos tempos e así celebrar a resistencia e para non perder o sentido do nós. Porque precisamente na desgraza é cando máis falta fan as festas do colectivo e para o colectivo. Que cando o Tempo chegue nos pille en condicións de saír adiante cos tempos xa cumpridos.

O Tempo tamén vai medido polos orballos. E a terra tamén. “¡Ei, Terra Verde e Mar de Orballo, polpa dorida se as hai!” Agardar que o tempo desorballe polo verán para faceren a seitura, ou, xa segadas, as searas e os prados para os labores da terra e para faceren nas leiras as diversas labrantías. Ou o monte, para cavar, queimar e sementar. E tamén para as merendas das festas.

 Aran os bois, pola outonía. “Terra sucada, poema de cen versos na outonía! Orballa na cal, no escuro camiño de tantas vidas ...” “Vaise enterrando suco a suco o Outono”. “Os bois volveron a pacer e tralo arado as pegas a brincar...”

E chove. Metidos xa no inverno, reducidos ao doméstico. “Chora a terra desterrada, terra arada, nai perdida”.

E comeza e volve a primavera. E así, Galiza, a tea dos teus ollos se espreguiza. pasando e consumíndose na espera: Xesús María!. Nunha espera dunha esperanza de que cambiarán os tempos e que ten un dobre obxectivo: 1º: Que non nos destrúan levándonos a onde nós non queremos nin debemos ir, nin como persoas nin como colectivo. E, así, 2º,  resistirmos ata que o Tempo alumee tempos mellores.”Terra do tempo, miña escada escura, rocha de sombra onde o mencer aniña”.

Por iso, para nós, mundo pequeno, da bisbarra pequena, coma Penélope, resistimos percorrendo o tempo, “perdendo o tempo” aparentemente, no tecer e destecer das festas e romarías. Dos orballos e desorballos. “Chora o ameneiro en soños (Que ben se oin os muíños!) e chora polo tempo perdido nos camiños”. Coma “o Tempo que vai de Parga e Á Pastoriza” do San Alberte. O mesmo que toda Galiza. O mesmo que Rosalía.

E o 3 de outubro de 1990 o poeta bota a andar na procura do Tempo definitivo. O seu vivir o tempo sempre foi un desacougo existencial cara ao Alén, persoal e colectivo, coma Penélope, coma Rosalía, coma a Galiza,. “Desfaise o tempo, faise a lus, e case, case baixar te vexo pola escada de lus para acabar xuntos esta historia que, por un erro interrompe a morte”.  “Adeus ó amigo que non tivo tempo de me engañar, para sempre xa querido”. “Quero morrer de música nunha tarde de pinos”.

Traguerán os camiños algún día a xente que levaron”.  “Que o sol siga o seu rego deica o mesmo cadullo, a derradeira rella do tempo en carne viva, que os paxaros non calen no oco quente da tarde, que non paren os bois de remoer”. Porque, “desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga Á Pastoriza”.

[*] Xaquín Campo Freire [Xaquín da Roca],  Narón 1937, é un relixioso galeguista. Graduado social, ATS pola Universidade de Santiago de Compostela, a diplomatura en Xerontoloxía Social pola Universidade Complutense de Madrid e é licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria, pola Universidade Camillianum de Roma dende 2005. É membro do consello de redacción da revista Encrucillada así como membro ordinario da AELG. Traballou de enfermeiro no PAC de Fene e de capelán de Residencia de Anciáns. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa Mons. Araúxo.

Enviado:
Xaquin Campo Freire
-xaquinderoca@gmail.com-
20 de fevereiro de 2014 13:14

Onte estiven en Guitiriz no centenario de Díaz Castro, o das Letras Galegas 2014, o noso veciño. Por iso mando ese pequeno estudo sobre del. Unha aperta e saudiños. Xaquín Campo Freire.

___________________

Esquerda Unida ante as novas referidas ao pago de dietas sen asistencia efectiva do consello de administración da Autoridade Portuaria de Ferrol


Comunicado do Consello Político Local de Esquerda Unida.

O Consello Político Local de Esquerda Unida ante o desfile de novas que temos todos os días referidas ao pago de dietas sen asistencia efectiva do consello de administración da Autoridade Portuaria de Ferrol quere manifestar o seguinte:

En primeiro lugar, o pouco edificante que é saber, por mera análise, de todo o referido ás dietas e outros gastos de difícil xustificación a partir, e só a partir, da abrupta marcha da presidencia do ente do anterior titular e o inicio dun durisimo axuste de contas entre faccións rivais do Partido Popular local. Certo que a Intervención Xeral do Estado é a entidade que emite as recomendacións que dan lugar á polémica pero dubidamos moito que a saída á prensa, con todo luxo de detalles, fora esa que  hoxe, e todos estes días, temos de darse outras circunstancias que non afectaran á estabilidade interna do partido gobernante.

En segundo lugar, desde Esquerda Unida queremos resaltar que a corrupción e as prácticas incompatibles co desempeño dos cargos públicos apuntan sempre aos mesmos lugares: aos ámbitos político-empresariais que se moven na contorna dos partidos do sistema. Neste sentido o que acontece é, non só unha cuestión que afecta á legalidade, senón tamén o síntoma do acabamento do réxime bipartidista até agora vivo por retroalimentación de vasos comunicantes entre elites políticas e elites empresariais. Versión local disto é o espectáculo da Autoridade Portuaria.

Non é unha cuestión menor, en terceiro lugar, a que podemos denominar actitude moral. En espera da completa rexeneración das prácticas políticas e empresariais, e que só poder ter lugar a partir dun cambio de réxime vía radicalización das condicións democráticas e aumento das garantías, é dicir, gañar politicamente a posición para que haxa, efectivamente, Dereito e dereitos. En espera diso, dicimos, non estaría mal que se xeneralizara as actitudes moralmente irreprochables entre o común dos cargos institucionais. Espello no que mirarse hai, se se quere. Esquerda Unida estivo moi ben representada no consello de administración do Porto de Ferrol-San Cibrao durante o tempo que ostentou a representación do Concello de Ferrol. Non se trata de vangloriarse pero a cidadanía debe saber que non todos e todas somos, neste sentido, ”iguais”. Cada que que tire as súas conclusións: as nosas son que estamos moi orgullosos da decisión tomada no seu momento polo representante do Concello de Ferrol na Autoridade Portuaria de doar as súas dietas a unha entidade  benéfica da cidade por entender que o seu traballo no consello entraba xa coa remuneración como concelleiro.

Rematamos esixindo, como non, a investigación máis rigorosa posible para este e para todos os casos de corrupción así como a necesaria depuración e asunción de responsabilidades políticas amén das que, no seu caso, se deriven da acción dos tribunais de xustiza.

Ferrol a 20 de febreiro de 2014
--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
15403 - Ferrol

Telf: 981944035
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
20 de fevereiro de 2014 17:47

Boas. Enviámosvos adxunto a resolución do Consello Político Local de Esquerda Unida de Ferrol diante da polémica xenerada polas dietas sin asistencia efectiva ao Consello de Administración da Autoridade Portuaria e cobradas por distintas personalidades , da política local ou non. Apuntamos tamén as diferencias que pode haber entre os e as protagonistas desta desgraciada historia e outros representantes, protagonistas neste caso dunha actividade política guiada por unha actitude cívica que Esquerda unida se enogullece de poder mostrar como exemplo e de que figure entre as súas filas. | Saúde, grazas e un saúdo, | Secretaría de Comunicación. | Consello Politico Local.

__________________

Foto: Diario do Porto.
__________________________