xoves, xullo 31, 2014

A Sección Sindical da CNT do Ateneo Ferrolán denuncia irregularidades do goberno municipal

Dende a Sección Sindical da CNT queremos facer públicas as diversas irregularidades que esta a cometer o Concello de Ferrol contra o Ateneo Ferrolán e os seus traballadores e traballadoras.

Logo de ter reducido o espazo dispoñible usado polo Ateneo dende hai máis de 30 anos, despois das obras de rehabilitación de máis de 2 anos, que estivemos traballando dentro do edificio, un proxecto aprobado para albergar a esta entidade, o goberno do PP limita a súa capacidade en favor de outras asociacións “fantasma” ideoloxicamente mais afíns ó goberno municipal.

Tras dous anos de obras de rehabilitación, o edificio histórico cedido á entidade, tivo que volver a soportar máis obras a maiores para facer espazos pechados e acomodar así dentro do edificio aos seus amigos “fantasma” sen solucionar nen ter en conta que o edificio, como xa denunciamos en reiteradas ocasións, presenta grandes deficiencias de obra e de materiais utilizados na súa rehabilitación: segue a entrar a auga polo tellado, ventás que non pechan, portas rotas, wateres rotos e atascados, paredes cheas de humidade, o chan coa calefacción radiante cheo de filtracións de auga, chove dentro dos aseos .....

Escoitamos e lemos, con estupor, nos medios de comunicación cómo se legalizan edificios públicos, ata o momento de uso ilegal e concédense “licencias exprés” para empresas hosteleras que nin pagan impostos nin de consumo de auga e de electricidade dentro destos edificios supostamente para usos culturais, firmas de convenios e subvencións con asociacións que nada aportan á cidade, tan solo por “amiguismo”.

Dende a Sección Sindical da CNT no Ateneo, denunciamos as diferentes varas de medir que ten o grupo de goberno do PP no Concello de Ferrol para con esta entidade e o importantísimo patrimonio almacenado por orden do Concello dende hai máis de 3 anos nunha empresa de mudanzas. O Concello de Ferrol non pode buscar evadir a súa responsabilidade nunhas actuacións, traslado e almacenamento do patrimonio do Ateneo, que se realizaron como consecuencia dunhas obras contratadas pola devandita administración.

Dende a Sección Sindical da CNT no Ateneo queremos salientar a labor desta nova Xunta Directiva que hai escasamente 6 meses asumiron a xestión desta entidade e que, non sin atrancos, foron capaces de poñerse ao día no pago da Seguridade Social, Facenda e acadaron un acordo con nós os traballadores polas débedas contraídas polo anterior equipo de Ramón Veloso. O Ateneo Ferrolán é unha entidade de carácter cultural, cun modelo de xestión económica que ocasiona un custo mínimo ó Concello, xa que hai anos que non recibe ningún tipo de axuda ou subvención.

Non é admisible xogar de xeito interesado cun patrimonio de enorme valor para o conxunto da cidadanía e que presenta, como corresponde á súa natureza, un enorme risco de sufrir deterioracións que poden resultar en moitos casos irreversibles. O goberno de Rey Varela trata de presentar de portas fóra un compromiso con determinados valores, mesmo di apoiar actuacións encamiñadas a converter a nosa cidade en Patrimonio da Humanidade, pero o certo é que movido por resentimentos partidistas non dubida en comprometer un conxunto patrimonial, Biblioteca-Hemeroteca única en Ferrolterra, que mereceu múltiples recoñecementos a nivel internacional e que se ve sometido por problemas de conservación, cuestión que evidentemente se agrava tras un período tan prolongado de almacenamento dentro duns contenedores nun polígono industrial.

A CNT sinala como culpable da situación á persecución política que dende o goberno do PP se vén sometendo a unha entidade incómoda como é o Ateneo

Dende a CNT, comunicamos que calquera tipo de medida ou iniciativa que supoña un prexuízo aos intereses dos traballadores e traballadoras do Ateneo, atoparán unha resposta decidida por parte deste sindicato.

Sección Sindical da C.N.T. no Ateneo Ferrolán

http://www.cntgaliza.org/
_______________

Auga, saneamento, abastecemento, taxas, ... entrevista a Alexandre Carrodeguas membro da Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol e da Comisión Social de Seguimento ... - Vídeo


Entrevista a Alexandre Carrodeguas membro da 'Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol' e da 'Comisión Social de Seguimento do proxecto e obras de saneamento da marxe norte da Ría de Ferrol'.

O pasado 29 de Xullo, o programa Espazo Aberto da TV local 'Televisión Ferrol', dirixido por Fernando Rodríguez, entrevistaba ao compañeiro Alexandre Carrodeguas, perante 20 minutos sobre o saneamento e o abastecemento de auga en Ferrolterra.


http://youtu.be/FKs94VRy1zU?list=UUCpDj5w-nOj3zBL4RzWlt5Q
---
Sitio na rede da Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol:
http://augaesaneamentodeferrol.blogspot.com.es/

[*] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, promotor de plataformas cidadáns en defensa do patrimonio urbanístico e cultural; defensor dos espazos públicos e da rehabilitación dos cascos históricos; membro de Verdegaia e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
__________

Concentración en Ferrol como en toda Galiza, de repulsa polo asasinato por violencia machista de Sara Fernández Camiña - Praza do Concello, ás 8 da Tarde, deste xoves 31 de Xullo


CONCENTRACIÓN DA MMM POR ASESINATO MACHISTA

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA: CONCENTRACIÓN EN FERROL, ESTE XOVES 31 DE XULLO, DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE SARA FERNÁNDEZ CAMIÑA EN PAZOS DE BORBÉN.

Sara foi asasinada este mércores. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Sara e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo..

O XOVES DÍA 31 ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

"As mulleres decidimos"
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Web internacional:
http://www.marchamundialdelasmujeres.org/

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
30 de julho de 2014 14:30

_______________

mércores, xullo 30, 2014

O movimento veciñal rexeitar a proposta de modificación do convenio que regula o transporte público metropolitano da comarcal de Ferrol e convoca mobilizacións


Nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, no Porto de Ferrol, nova sede temporal da Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol 'Roi Xordo', onte 29 de xullo de 2014, reuníronse partidos, sindicatos e asociacións, para abordar o novo plano de reestruturación das liñas de autobuses urbanos que se pretende implantar en Ferrol que tamén afecta aos concellos de Narón e Neda (concellos que xa anunciaron o seu desacordo co mesmo), plano que reduce considerabelmente os servizos de autobuses que na actualidade se lle prestan á cidadanía.

Á xuntanza achegaron-se representantes da AVV Caranza, AVV Zona Centro, AVV Ferrol Vello (federada e con representacio propia), AVV A Graña (federada e con representación propia), AVV de Esteiro (federada e con representación propia), AVV Canido (federada e con representación propia), Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO, grupo municipal do PSde G - PSOE, PODEMOS, BNG, Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista Galego.

As entidades participantes na xuntanza acordaron:
  • Rexeitar a proposta de modificación do convenio que regula o transporte público metropolitano da comarcal de Ferrol así como os acordos acadados entre a Xunta de Galicia e a empresa Tranvías de Ferrol, concesionaria do servizo.
  • Denunciar a actitude  pasiva do goberno municipal de Ferrol así como a falta de información e o escurantismo do conxunto do proceso chamado de "reestruturación" e que non é outra cousa que un pacto entre empresa concesionaria e administración para asegurar unha progresión na rendibilidade da empresa a costa de cargar  sobre  as usuarias a viabilidade da concesión do servizo.
  • Reiterar a defensa dun transporte terrestre metropolitano como servizo público e rexeitar a posibilidade de introducir categorías alleas a unha concepción da rendibilidade social como criterio reitor a efectos de xestión do público: o goberno municipal de Ferrol debe defender o transporte metropolitano como servizo á cidadanía e, en ningún caso, debe subsumirse esta defensa a intereses empresariais. O transporte de Ferrolterra é una concesión e está suxeita a unhas condicións fóra do interese mercantil.
  • Instar ao goberno municipal a proceder a presentar alegacións á modificación do convenio  que regula a xestión do transporte metropolitano e, especificamente, esixir a anulación dos acordos que reducen as liñas que xestiona Tranvías de Ferrol SA a unha mera concesión de interese empresarial.
  • Intervir no pleno municipal do día 31 do presente actuando como voceira a presidenta da Federación Veciñal Maite Fernández.
  • Participar  e apoiar a mobilización convocada polo movemento asociativo de Narón o xoves 31 ás 20:00 h diante da praza do Concello de Narón na procura da máxima unidade de acción do movemento veciña e asociativo da comarca, extensible á zona rural de Ferrol e asociacionismo veciñal da Ría.
  • Convocar á cidadanía da Comarca a unha xornada de defensa do transporte público metropolitano a desenvolver a mañá do venres 1 de agosto ás 12:30hs e na rotonda do Diapasón como acto en defensa do transporte público en Ferrolterra.
Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol 'Roi Xordo'.

Foto de Nemigo (creativecommons).

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Autoconvocatoria de Asemblea Cidadá ante a proposta de restruturación de liñas e frecuencias da rede de transporte público de Tranvías de Ferrol

Información baseada na enviada por:
Federación Veciñal 'Roi Xordo'
-roixordo@galicia.com-
29 de julho de 2014 23:14

_________________

Regino Varela, ... por Rafael Pillado Lista


Por Rafael Pillado Lista [*]
30.07.2014


Regino Varela Martínez

Fóisenos na madrugada do 25 de xullo, Regino Varela. Desaparece así o irmán, amigo e camarada, con quen compartimos ideas, angurias e esperanzas, durante o franquismo e na democracia.

Regino nace en Ares no 1942, no mes de xuño. Comparto con él esas datas. Ingresa na Bazán aos 14, será aprendiz de Fundición, onde vivirá diversos acontecementos. Terá ocasión de ser protagonista dunha anécdota: Na elaboración da estatua ecuestre de Franco, tras a súa fundición por pezas, ten que trasladar, para a súa limpeza o tronco e a cabeza, que van unidas. Regino aplica a normativa de seguridade, amarrouna polo pescozo. ¡Había que ver aquela estampa, co dictador colgado da grúa polo pescozo!. O enxeñeiro que se decatou do feito, correu berrando para que se descolgara a “peza”. Regino respostou: “Amarreina por onde non podía zafarse ...”.

Militante do PCG e fundador das CCOO de Bazán. Aquela “Comisión de Obreiros e Enlaces” do 1966, na asemblea do Paralelo, antes de ser elixido enlace sindical. Foi detido, encadeado e procesado en diversas ocasións, una delas aquel 13 de abril de 1967, por impedir o despido de 250 traballadoras de PYSBE. A policía franquista acusábanos de celebrar o aniversario da República.

En marzo do 72 foi detido, despedido e procesado, levado á prisión da Coruña e xulgado po Tribunal de Orde Público. Mantivo sempre o compromiso sindical, político e social. Fixo gala das ideas galeguistas, na defensa da nosa terra. Recitaba de memoria a Curros Enríquez: “Se este é o mundo que eu fixen, que o demo me leve ...” poñía Curros na boca de Deus.

Retornou a Bazán coa amnistía do 77, para seguir sendo traballador exemplar, profesional e socialmente. Recordo, cando en maio do 69, trala mobilización na defensa dos traballadores da Maderera, tiven toda a noite á policía na porta dos meus sogros. Mandei recado a Regino e cando, unha hora despois, abrín a porta para entregarme, xa estaba parada toda a Bazán, exixindo a miña liberdade. Amizade tamén, pero sobre todo compromiso con aquela loita colectiva. Hoxe era socio de “Fuco Buxán”.

Regino permanecerá na nosa memoria, pola súa calidade humana, honestidade, xenerosidade e defensa de principios y valores democráticos.

Dende estas liñas, queremos transmitir a toda a súa familia e a tantos amigos o noso cariño e solidariedade, cando despedimos a un gran ser humano. Terémolo sempre presente, como exemplo inesquecible.

Artigo Publicado no xornal comarcal 'Diario de Ferrol'.

[*] Rafael Pillado Lista, San Cibrao (Cervo) o 12 de xuño de 1942,  é Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán e membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Foi un activista sindical e político nos anos da ditadura franquista, sen deixar nunca a súa actividade social e política. Participa no Encontro Social e na Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Escribe artigos sobre a actualidade nos medios locais. Ten escrito un importante e moi interesante libro sobre unha parte da nosa historia recente "O Latexo da vida e da conciencia - Memorias Colectivas de Rafael Pillado - I (Primeiro Volume)".

A nosa web:
www.fucobuxan.net
Os nosos blogues:
Escolma das Razóns
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Pensamento Crítico
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/
Nas redes sociais:
Facebook
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter
http://twitter.com/FucoBuxan
Google+
https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts
Albúns fotográficos en Picasa:
https://picasaweb.google.com/106726281086842107689
Canle e Youtube:
http://www.youtube.com/user/fucobuxan

---
Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
29 de julho de 2014 15:52

______________

luns, xullo 28, 2014

Convocada unha nova asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra que terá lugar no Ateneo Ferrolán, o xoves 31 de Xullo, ás 19:30hs

Nova Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra, este xoves 31 de Xullo, ás 19:30hs, no Ateneo Ferrolán

Seguimos marchando pola senda da loita e a dignidade. Desde a anterior Asemblea tiveron lugar sucesos importantes: o 21 de Xuño rodeamos o Parlamento Galego, ao mesmo tempo que o resto dos parlamentos autonómicos do Estado; o 28 do mesmo mes de Xuño, reunían-se en Extremadura, na cidade de Mérida a Asemblea Estatal das Marchas da Dignidade; e o pasado 22 de Xullo, reunía-se a Coordinadora Galega das Marchas en Compostela. Desta acción e reunións teremos que tirar conclusións e debater as propostas e acordos, entre outros asuntos. Non faltes, agardamos por ti. Participa !!

O Grupo Aberto de Traballo e Coordinación, elaborou unha proposta de guión para a citada reunión que pasamos a transcribir:

CONVOCATORIA IX ASEMBLEA ABERTA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA - 31 DE XULLO DE 2014

O vindeiro xoves 31 de Xullo, pola tarde ás 19:30hs, celebraremos a IX Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra no Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204) cos seguintes temas a tratar:
  1. Valoración da acción "Rodea o Parlamento" do pasado 21 de Xuño.
  2. Mobilizacións propostas na Asemblea estatal e na xuntanza do pasado día 22 en Compostela.
  3. Cuestión financeira.
  4. Asunción de responsabilidades por parte de outr@s participantes nas Marchas.
  5. Quenda aberta de palabras.
Saúde!!!
--

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
 | Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

______________

Gaza aínda, ... Por Samuel Pulido


Por Samuel Pulido [*]
24.07.2014


Gaza aínda
"- Non coñece a súa sentenza?
- Non - replicou o oficial (...)-. Sería inútil anunciarlla. Xa a saberá en carne propia".
Na colonia penitenciaria (1919), Franz Kafka.
Gaza outra vez, non. Gaza aínda.

A franxa de Gaza é un área urbana densamente poboada por aproximadamente 1,8 millóns de persoas refuxiadas, fillas e netas de refuxiados oriúndos doutras partes de Palestina que hoxe se denominan Israel ou Cisxordania (ACNUR ten rexistradas como refuxiadas, merecedoras xa que logo de protección internacional segundo o convenio de Xenebra de 1951, a un millón de persoas). O territorio atópase baixo ocupación israelí desde 1967, do mesmo xeito que Cisxordania. Pero desde 2005 Gaza vive sometida a unha tráxica mentira. Os políticos e intelectuais sionistas insisten en que o Estado de Israel abandonou Gaza en 2005 coa famosa "desconexión" que impuxo Ariel Sharon, e que desde a vitoria electoral de 2006 a franxa está gobernada por Hamás, o que debería eximirlles de toda responsabilidade.

En realidade, coa desconexión de 2005 o que se logrou non foi outra cousa que "conxelar o proceso de paz" para facilitar a colonización do territorio que interesa económica e estratexicamente a Israel, Cisxordania, que non pode ser bombardeada do mesmo xeito pola presenza de incontábeis asentamentos israelís. E Gaza continúa en realidade baixo ocupación militar israelí de acordo co dereito internacional e o sentido común. Aínda que Israel retire a soldados e 8.000 colonos do interior da franxa, continúa controlando toda entrada e saída de persoas e mercancías, o seu espazo aéreo e a súa costa. Gaza tamén depende de Israel no seu fornezo eléctrico e no aprovisionamento de auga, aínda que o bloqueo económico (en xuño cumpríronse oito anos do mesmo) e os reiterados bombardeos fagan que a maior parte do auga que se consome alí non sexa apta para o consumo humano segundo os nosos estándares. Todo iso cualifica a Israel como potencia ocupante, un alcaide brutal que ten ao seu cargo unha inmensa colonia penitenciaria que cando se lle antolla converte nunha mortífera ratoeira.

Por este motivo a discusión sobre quen empeza primeiro cada vez que se produce unha escalada militar israelí carece de sentido. En canto ás razóns inmediatas da masacre en curso, estas teñen máis que ver coa recente formación dun goberno palestino de unidade nacional, tras sete anos de desencontros entre Al Fatah e Hamás, que co secuestro e asasinato de tres adolescentes israelís en Cisxordania (que levou á detención máis de 500 palestinos e á irrupción violenta dos militares israelís en máis de mil casas) ou o lanzamento de foguetes desde Gaza. Desde o anuncio da reconciliación entre as dúas faccións palestinas, Israel impediu o pago dos salarios dos 43.000 funcionarios da administración pública en Gaza e negouse a suavizar o bloqueo fronteirizo.


Conflito de Gaza, non. Ocupación de Palestina.

As vidas de millóns de palestinos están en mans do Estado de Israel desde que este ocupase a franxa de Gaza e Cisxordania en 1967. Poderiamos remontarnos á Nakba pero desde 1967 a ocupación israelí tomou unha dirección particular, ao facerse cargo e ir asimilando territorios (especialmente Cisxordania) cunha maioría árabe que en si mesma impedía garantir o carácter xudeu do Estado, tal e como o concibe o proxecto sionista. Excluída a cesión a outros Estados árabes, quedaba a cuestión do goberno e xestión de territorios cunha poboación resistente que reclama un Estado palestino.

A disociación de territorio e poboación está na base das diferentes opcións tomadas polos sucesivos gobernos israelís. A primeira doutrina oficial que afrontou esta cuestión, o Plan Allon (13 de xullo de 1967) buscaba como absorber "a maior superficie de territorios co menor número de habitantes árabes". Como queira que o crecemento demográfico palestino só podería "resolverse" mediante o xenocidio ou a limpeza étnica sistemática, Israel articulará desde o proceso de Oslo unha gobernanza biopolítica máis complexa baseada nunha fragmentación funcional dos territorios palestinos, unha separación clara -até física- entre palestinos e israelís, e unha segmentación da poboación árabe e dos seus correspondentes dereitos, especialmente os de circulación. Todo iso imposibilita a constitución de algo que poida considerarse como un Estado palestino. Visto o conxunto de territorios baixo dominio israelí (directo e indirecto) dificilmente pode cualificarse ao Estado israelí como democrático, polo menos desde a perspectiva de quen buscamos democratizar os nosos propios sistemas oligárquicos de goberno.

Democracia, non. Apartheid.

Semellante gobernanza reúne elementos máis que suficientes como para ser caracterizada como apartheid. Segundo a Convención Internacional sobre a Represión e o Castigo do Crime de Apartheid (1973), o "crime de apartheid" comprende unha serie de "actos inhumanos cometidos co fin de instituír e manter a denominación dun grupo racial de persoas sobre calquera outro grupo racial de persoas e de oprimilo sistematicamente". O Estatuto de Roma do Tribunal Penal Internacional refírese ao apartheid como "un réxime institucionalizado de opresión e dominación sistemáticas dun grupo racial sobre un ou máis grupos raciales e coa intención de manter ese réxime", o que se corresponde perfectamente coas políticas oficiais do Estado de Israel, que se autoproclama como "xudeu" e que mantén unha cincuentena de leis discriminatorias. Si outros Estados non recoñecen ao réxime israelí como un apartheid é por razóns políticas, entre as que atopamos preocupantes elementos de afinidade, que son os que explican o apoio explícito do goberno francés á última agresión.

As motivacións políticas apóianse nunha artimaña xurídica. Cando convén, o Estado de Israel sostén que os territorios ocupados representan entidades "exteriores" controladas en gran parte (aínda que sexa nominalmente) pola Autoridade Palestina (ou Hamás), co que pretende ocultar as responsabilidades que lle incumben no control da poboación palestina e na situación real de fato. Como fixo Suráfrica cos bantustanes. Os anteriores ocupantes do territorio palestino, o Imperio Británico, foron pioneiros desa xestión indirecta de poboación e territorios que o Estado de Israel perfeccionou coa bendición da comunidade internacional. Si Hamás é cualificado como "organización terrorista" e toda Gaza é considerada unha "entidade inimiga" débese simplemente a que eles rexeitaban representar ese papel.

Guerra, non. Masacre colonial.

Nesas condicións, os reiterados bombardeos aéreos de Israel sobre Gaza, un territorio urbano que carece de exército, forza aérea ou naval, constitúen pura e simplemente masacres ao máis puro estilo colonial. Que boa parte dos críticos de Israel prefiran comparar estes crimes exclusivamente cos do nazismo en lugar de facelo cos do colonialismo dá unha idea do lugar que ocupan cada un no imaxinario colectivo occidental, que non acaba de asumir nin entender o segundo. Segundo Achille Mbembe (On the postcolony, 2001) a soberanía colonial -tal e como a concibiron os imperios europeos e Israel na actualidade- aséntase en tres tipos de violencia, que en Palestina se despregan simultaneamente: unha violencia fundacional (nakba), a violencia que ten que ver coa lexitimación ideolóxica da desposesión, e a violencia que asegura o mantemento da orde colonial, unha orde que se xustifica por si mesmo e cuxa incondicionalidade ten como corolario a impunidade. "Na raíz da colonización hai un acto inaugural, dentro dunha jurisdicción que lle é propia, a da arbitrariedade", afirma Mbembe. Neste contexto o fin dos bombardeos (o alto o fogo) de ningún modo trae consigo o fin da dominación nin da violencia salvaxe que a sustenta. Toda referencia honesta á violencia da resistencia palestina non pode deixar de situala na súa realidade histórica nin negar o sufrimento do que nace. Aínda que o Estado de Israel e os seus cooperadores necesarios logren reducila a unha expresión testemuñal en términos comparativos.

Aínda así, o Estado de Israel ha ter éxito en presentar as súas agresións como un "conflito armado" e non como a acción brutal dunha potencia ocupante, entre outras cousas para xustificar un desmesurado uso da forza bélica (non a policial dun ocupante) mentres retorce o dereito ao seu favor. En 2009 o profesor de dereito internacional George Bisharat escribía: "Hoxe a maioría de observadores - incluíndo Amnistía Internacional - aceptan tacitamente este xeito de enmarcar o conflito en Gaza como un conflito armado, polo que as súas críticas das accións de Israel baséanse na vulneración do deber de distinción [entre militares e civís] e do principio de proporcionalidade." Israel só pode pecar por exceso: se excede na súa reacción, que deste xeito queda lexitimada como tal.

Prol-palestino, non exactamente. Prol-dignidade humana.

O marco conceptual do conflito bélico -coma se Palestina fose o Egipto de 1967- constitúe sen dúbida un éxito propagandístico que ha calado até entre os críticos, xa que paradoxicamente permite manter a ficción dun proceso que debería conducir á coexistencia pacífica de dous Estados. A prensa reproduce esta visión do conflito entre israelís e palestinos, ou até entre xudeus e musulmáns (aínda que haxa palestinos cristiáns) e refírese ás manifestacións contra o xenocidio como "prol-palestinas". Non é que non falten antisemitas entre os críticos, pero ao evacuar a cuestión colonial e o apartheid se fomenta unha visión etnicista e sectaria que é preciso demoler para poder empezar a construír unha alternativa xusta ao embrollo actual.

Gaza convócanos a todos aínda porque alí xógase a humanidade común que negan aos bombardeados. Outras cidades foron mártires por un tempo: Hiroshima, Sarajevo, Bagdad, Faluya... Gaza o é desde fai moitos anos e ségueo sendo. Hai outras, é certo, como Mogadiscio. Pero en Gaza é un goberno considerado democrático o que se arrogou un dereito de xenocidio, coa comprensión ou o aplauso de gobernos como o noso, que din compartir os mesmos valores.

O horror máis próximo é o que continúan padecendo as cidades sirias, como Homs ou Alepo, machucadas polo exército de Bachar Al Asad cos mesmos argumentos cos que Israel fai o propio en Gaza. Cálculos estratéxicos separadamente, non debe estrañar o progresivo distanciamento de Hamás con respecto ao réxime de Asad até a súa ruptura definitiva en 2012. Ao contrario que moitos dos seus estraños compañeiros de cama xeopolítica, en Gaza saben o que é durmir pendentes do ceo, con medo a non volver ver a luz do día, a propia nai ou o fillo.

[*] Gaza aínda. |Escrito por: Samuel Pulido. |2014.07.21. | https://twitter.com/quilombosfera. | http://www.javierortiz.net/voz/samuel/.

Foto-1.  Nenos xogan nunha rúa de Gaza con lumes artificiais mentres celebran o inicio do Ramadán o 30 de xuño de 2014. Fotografía: Mohammed Shurrab/Getty Images/Pacific Press.

Foto-2. Mapa que describe las infraestruturas e certos aspectos militares e históricos de Gaza. Vía The Funambulist.

Fonte no blogue Quilombo:
http://www.javierortiz.net/voz/samuel/gaza-todavia
_____________

domingo, xullo 27, 2014

Autoconvocatoria de Asemblea Cidadá ante a proposta de restruturación de liñas e frecuencias da rede de transporte público de Tranvías de Ferrol


Autoconvocatoria de Asemblea Cidadá ante a proposta de restruturación de liñas e frecuencias da rede de transporte público de Tranvías de Ferrol.


DÍA: Martes 29 de Xullo.
HORA: 8 da tarde.
LUGAR: na sede provisoria da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, sita nos locais da Autoridade Portuaria fronte á sala de exposicións.

Bo día. Ante as novas aparecidas estes días na prensa coa denuncia por parte do Alcalde de Narón da proposta de restruturación de liñas e frecuencias da rede de transporte público Tranvías de Ferrol, a Xunta Directiva da Federación de AVV Roi Xordo convida a unha asemblea en réxime de autoconvocatoria na sede provisoria da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, sita nos locais da Autoridade Portuaria fronte á sala de exposicións, o vindeiro martes 29 ás 20:00 horas para tratar a situación do transporte público e a gravísima actuación do goberno municipal de Ferrol ante esta problemática.

Grazas e un saúdo,
Maite Fernández
Presidenta da Federación Veciñal de Ferrol 'Roi Xordo'.
roixordo@galicia.com

---

Novas nos xornais:
Narón denuncia que se reducirán nun 50 % as súas liñas de buses | O Concello valora non continuar adherido ao convenio de Transporte Metropolitano | Carla Elías | Narón / a voz  23 de xullo de 2014  11:14 | La Voz de Galicia | Ir a Web.

O Concello de Neda mostra a súa «oposición radical» ao recorte das liñas de bus | O goberno de Cabezón súmase ás críticas cara á Xunta pola reestruturación do servizo | Carla Elías | Ferrol  23 de xullo de 2014  18:04 | La Voz de Galicia | Ir a Web.

O CONCELLO PRESENTARÁ ALEGACIÓNS Á REESTRUTURACIÓN DO SERVIZO DE AUTOBUSES PREVISTA POR TRANVÍAS DE FERROL | Narón reclama un estudio económico de viabilidade baseado en cada ruta e consensuado por tódolos concellos afectados, e que se garanta o mantemento de tódalas liñas. 22.07.2014 | Ir a Web.

A reestruturación da rede de buses prexudicará a Narón e Neda | Prevese reducir horarios entre A Faísca-Correos, residencia e Porto-Neda | Carla Elías |   Narón / axencia 17/7/2014 | La Voz de Galicia | Ir a web.
Enlaces:

Web de Tranvias de Ferrol:
http://www.tranviasdelferrol.com/

Enviado por:
Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
27 de julho de 2014 12:0

______________

sábado, xullo 26, 2014

Na horta comunitaria de Caranza .. abrir espazos de traballo comunitario, reivindicar a través da actividade agraria, criar redes colaborativas e de loita contra a exclusom social ...


Estamos no ecuador do verán e a nosa cidade comeza a ser testemuña das labores agrícolas, nas últimas décadas ausentes ou demasiado lonxe, e agora, integradas no medio urbano grazas ás hortas comunitarias.

Soberanía alimentaria, recuperación das labores tradicionais, recuperación do patrimonio natural, abrir espazos de traballo comunitario, reivindicar a través da actividade agraria, criar redes colaborativas e de loita contra a exclusom social... son algúns dos obxectivos deste movimento mundial que intenta ruralizar as cidades para humanizalas, e do que por fortuna, a nosa cidade participa dun xeito activo.

Conta no facebook da Horta Comunitaria de Caranza:
https://www.facebook.com/HortaComunitariaDeCaranza
___________________

A xente de Fuco Buxán lembran ao seu compañeiro Regino Varela que finou esta madrugada


Lamentamos comunicar o falecemento, na madrugada de hoxe, do noso querido compañeiro Regino Varela Martínez, socio fundador desta A.C. Fuco Buxán.

Regino Varela nacera en Ares en 1942, entrando en Bazán aos 14 anos, onde traballou en Fundición e Gálibos, até ser despedido a consecuencia dos sucesos do 1972, e readmitido coa amnistía de 1977.

Militante activo, desde a clandestinidade, do PCG e das CCOO, foi enlace sindical e membro do Comité Empresa. Detido e procesado polo TOP.

Lembraremos sempre del a súa entrañable amizade e o seu exemplar compromiso, sindical, político e social.

Transmitimos a súa familia e amigos o noso sentimento e solidariedade. Descanse en Paz.

Tanatorio: Artabria, nº 12 – A Gándara.
Fuco Buxán, A. C.

 A nosa web:
www.fucobuxan.net

Os nosos blogues:
Escolma das Razóns
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Pensamento Crítico
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/

Programa de radio:
O Recuncho programa radiofónico en Radio Filispim, no 93.9 da FM
http://recunchofuco.blogspot.com.es/

Nas redes sociais:
Facebook
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter
http://twitter.com/FucoBuxan
Google+
https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/
Picasa
https://picasaweb.google.com/106726281086842107689
Youtube
http://www.youtube.com/user/fucobuxan
Vimeo
http://vimeo.com/user18058474

Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es



Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
25 de julho de 2014 17:36

________________

xoves, xullo 24, 2014

Treze organizaçons da esquerda nacionalista e independentista galega apresentam manifesto “Viva a Pátria Galega!


Reproduzimos o manifesto feito público no meio-dia de hoje por 13 organizaçons da esquerda nacionalista e independentista galega, entre elas NÓS-Unidade Popular, AGIR e BRIGA, apelando “as iniciativas patrióticas promovidas nos vindouros dias ao longo da Naçom que reclamem a soberania e a independência nacional da Galiza”.

Manifesto

“Viva a Pátria Galega!


A Galiza é umha naçom oprimida polo Estado espanhol. Esse submetimento fai parte da história, mas também estende os seus tentáculos na atualidade, para garantir a perpetuaçom de um sistema baseado no fomento das desigualdades.

Na carência de soberania radicam a imensa maioria dos graves problemas que padecemos todas as persoas que conformamos este povo e como naçom. Por isso, frente às reivindicaçons soberanistas das naçons que integram o Estado espanhol, este responde impulsando um forte processo de recentralizaçom e anulaçom dos direitos nacionais e de repressom constante contra aqueles homens, mulheres, organizaçons e luitas que os reivindicam.

O atraso secular que arrastamos deriva da exploraçom económica, da dominaçom política e da assimilaçom cultural a que a Galiza se vê submetida por Espanha, um Estado que conculca os mais elementares direitos coletivos de umha naçom como a Galiza, um Estado que impossibilita o exercício do direito de autodeterminaçom recolhido em todos os tratados e protocolos internacionais.

A crise económica, política, institucional do regime espanhol acelerou a recentralizaçom e a implementaçom de um conjunto de medidas tendentes a destruir a nossa identidade nacional e a reforçar os mecanismos de dependência que visam inviabilizar-nos economicamente.

A crise económica está a ser a coartada empregada polo Governo espanhol para aplicar toda umha serie de políticas neoliberais ditadas pola Troika, que estám a arruinar as classes populares e o conjunto do povo galego. Roubam-nos direitos laborais, empobrecem os salários, expulsam-nos para a emigraçom, impedem a capacidade de produzir dos nossos setores produtivos e industriais básicos, condenam-nos ao desemprego e à precariedade, arrastam-nos até a exclusom social, deterioram e privatizam os serviços públicos, despejam-nos das nossas vivendas…

É evidente que a situaçom económica e social do povo galego será outra se possuirmos um sistema financeiro próprio, se tivermos capacidade para decidir diretamente as políticas agrárias, pesqueiras ou as que tenhem a ver com as potencialidades da nossa indústria naval, se dispugermos de capacidade para decidir a ordenaçom do nosso território, e se acreditarmos na nossa lingua e cultura como genuína expressom da nossa maneira de tripar a terra. O povo galego está a padecer as conseqüências devastadoras da ausência de soberania no quadro de umha crise do sistema capitalista e da crise de umha UE radicalmente neoliberal, dominada polos mercados financeiros. Numha tentativa de frear a vontade de soberania e democracia dos povos, suportamos um dramático processo de involuçom de direitos e liberdades.

Perante esta adversa situaçom, um setor destacado deste povo temos a firme determinaçom de exercer como galegas e galegos, de recuperar os direitos nacionais perdidos, de caminhar mediante a ruptura democrática para um processo constituinte que culmine na proclamaçom da República da Galiza, pois é a única forma para sentarmos as bases de um verdadeiro desenvolvemento económico e social, da criaçom de emprego, da recuperaçom dos direitos sociais e da qualidade de vida do povo galego.

Por todo isto, perante o Dia da Pátria de 2014, as forças políticas, sindicais e sociais abaixo assinadas apelamos:

1. Ao nosso povo para secundar ativamente todas aquelas iniciativas patrióticas promovidas nas vindeiras semanas ao longo da Naçom que reclamem o direito a decidir, a soberania e a independência nacional da Galiza.

2. A pendurar nas varandas, janelas, fachadas de casas e vivendas, o emblema nacional da nossa pátria, a bandeira da Galiza.

3. A reclamarmos, coletivamente, a começar polo povo Galego, o direito dos povos a viverem em liberdade, com base nos principios básicos de autodeterminaçom e de justiça.
Galiza, de 22 julho de 2014.

* AGIR
* Bloque Nacionalista Galego (BNG)
* BRIGA
* Causa Galiza
* Ceivar
* Central Obreira Galega (COG)
* Comités
* Confederaçom Intersindical Galega (CIG)
* Federación Rural Galega (FRUGA)
* Galiza Nova
* Liga Estudantil Galega
* NÓS-Unidade Popular (NÓS-UP)
* Partido Comunista do Povo Galego (PCPG)

Enviado por:
NÓS-Unidade Popular NÓS-UP
-nosup.imprensa@gmail.com-
22 de julho de 2014 20:34

http://www.nosgaliza.org/

_____________________

O grupo municipal de Esquerda Unida considera totalmente improcedente a actitude do goberno do PP en todas as materia relacionadas coa área de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos e Seguridade

Esquerda Unida acusa ao goberno de Rey Varela de submisión completa aos intereses partidistas e de dar de lado aos problemas fundamentais de Ferrol | Esquerda Unida solicitou no transcurso da Comisión informativa de hoxe unha reunión urxente e extraordinaria da xunta de voceiros | Para o grupo municipal é preocupante o nivel do combinado que se amosa: desleixo, prepotencia, desinformación e incapacidade.

O grupo municipal de Esquerda Unida considera totalmente improcedente a actitude do goberno do PP en todas as materia relacionadas coa área de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos e Seguridade.

Hoxe día 23 de xullo celebrouse unha Comisión Informativa na que só figuraba como iniciativa do goberno municipal a dación de contas sobre outorgamento de licenzas. Seis puntos na orde do día e todos de trámite administrativo. Nada sobre os temas importantes que afectan á área, que están dunha forma ou outra na boca da cidadanía e no papel da prensa, pero que non lle importa o máis mínimo ao goberno da cidade. Enumeramos:

Primeiro: Nada sobre as supostas negociacións do concelleiro Pablo Cal coa Xunta a propósito dos recortes en materia de transporte público. Seica non pode salvar o transporte público en Ferrol Vello nin as conexións aos centros hospitalarios. Pero da igual: declara un despropósito e segue no cargo. Nada dos regalos á empresa concesionaria que vai sacar da “reestruturación negociada” novas liñas con beneficio económico pero que non van compensar as mal chamadas deficitarias. Nada, pois, de información dun asunto de especial importancia para o público. Nada da defensa dos intereses de Ferrol e do interese xeral.

Como a cousa vai en serio a pesar de que eles seica o toman en broma e o día catro de agosto conclúe o prazo de alegacións, sen que se dignaran a entregar a máis mínima información de nada nin a cargos institucionais e grupos nin a veciñanza e órganos de participación, o grupo de Esquerda Unida por boca do seu voceiro solicitou unha reunión urxente e extraordinaria da xunta de voceiros.

Segundo. Nada da orde da Consellería de Economía e Industria sobre ampliación orzamentaria da subvención convocada en marzo do 2014 sobre subvencións a concellos en materia de mellora de mercados municipais. Nada porque se nada ocorreu na primavera menos en período estival. Mentres, os mercados municipais están como están, ás espera que os salve o Valedor do Pobo.

Terceiro. Nada relativo ao seguimento do período expositivo do Plan Especial de Ferrol Vello que, se ben non entrou aínda en fase de alegacións, si está notificada a aprobación inicial a través do BOP con relación publicada de propietarios e particulares afectados. Os interesados están a acudir as dependencias de Urbanismo e estanse a producir atoamentos na atención aos interesados. Non tantos como nas listas de espera do SERGAS pero si suficientes como para que non se poda valorar positivamente desde o punto de vista da necesaria organización que se require por parte da administración para facilitar a participación veciñal. Nada, por suposto, da información por parte da empresa redactora, in situ é dicir, no barrio ,que foi prometida pero non cumprida. Agardemos.

E concluímos, porque por algún lado hai que concluír: Javier Galán, voceiro de Esquerda Unida, ten vinte e dúas preguntas acumuladas en Comisión Informativa que se transcriben acta a acta na medida en que se reitera nas cuestións formuladas en sesións anteriores porque aínda non foron respondidas. Hai de todo: remate do asfaltados de rúas e obras, estado da “cidade Xardín”, informe sobre reparación de vivendas en Recimil, informes e peticións de diversas asociacións de veciños, reparacións de beirarrúas, obras en colexios públicos.

Hai unha que ten especial interese, a pesar de tratarse dun asunto particular, polo escandaloso que é sempre unha vivenda sen saneamento. Desta última polo empeño teimudo na interpelación si houbo contestación: é unha petición comprensible “pero non temos cartos”. E os señores Carro, Cal e Reyes (o señor Evia non estaba presente) seguen nos seus cargos.

O dito: nada de nada. A todos eles pegóuselles a enfermidade política que xa é clamorosa no alcalde: submisión aos intereses do partido. Para cando un alcalde ou alcaldesa insubmisa?

Ferrol 23 de xullo de 2014

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
23 de julho de 2014 13:34
Bo día. Remitimos nota do grupo municipal pola que se denuncia a actitude de desleixo do alcalde e do  seu goberno, nomeadamente, en materias referidas a área de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos e Seguridade. Non é que as demais sexan mellores pero a prepotencia e incompetencia dos concelleiros delegados desta está a chegar a límites descoñecidos. Boa tarde de verán e un saúdo, Jorge Suárez Secretario de Comunicación.
__________________

A Caravana de Baladre en Caranza, coa súa Escola Social de Verán, en movemento


Hoxe visitou Ferrol Terra a Caravana Baladre 2014. Unha escola social de verán organizada por esta rede internacional, que pretende nesta semana de xullo, na ruta Barakaldo-Vigo, realizar aprendizaxe e intercambio de loitas e experiencias de construción de alternativas desde as comunidades, baixo o lema: "Sempre en paro, nunca paradas!".

A xente de Baladre, convidou á Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra a ser a súa guía nun roteiro reivindicativo, para intentar un intercambio de experiencias na construción de alternativas.

A Caravana centrou a súa visita no barrio de Caranza, onde a loita en defensa do mercado municipal, a horta comunitaria e a tenda de troco,  formaron parte desta ruta reivindicativa da man dalgúns dos seus protagonistas. A visita á Ría e á súa problemática, estivo da man da loita contra Reganosa e contou como anfitrión co Coordinador do Comité Cidadá de Emerxencia. Antes de partir para Compostela, Asemblea na Praza do Anfiteatro das Vivendas "Rosas", para compartir loitas e alternativas.
_____________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Éste mércores, 23 de Xullo, chega a Ferrol a Carvana-Marcha de Baladre - O recebimento está previsto ás 11 da mañá no Mercado de Caranza - Participa !.
________________________

Enlaces de interese:

Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia)
http://odscoia.arkipelagos.net/

Sitio das xentes de Baladre
http://www.coordinacionbaladre.org/
____________________________

mércores, xullo 23, 2014

Alerta por posíbel caso de desafiuzamento na Coruña

Boa tarde a todas e todos,

Dende STOP Desafiuzamentos A Coruña queremos facer pública a situación dunha compañeira de trinta e tres anos que está en contacto connosco dende comezos de ano, e á que lle vén de chegar fai unhas semanas unha sentencia firme de desafiuzamento executábel en calquera momento.

Ela vive ca súa nai nunha vivenda sen contrato –situación legalmente denominadaen precario”[1]- e, a pesares de estar enferma de fibromialxia, é a encargada de coidar á súa nai as  24 horas –diagnosticada de demencia e trastornos psiquiátricos, e cun 65% de minusvalía-, polo que, inda se se lle dera a improbábel circunstancia de atopar traballo, tampouco se podería incorporar ao mesmo, xa que a súa nai depende totalmente dela -como confirma un informe expedido pola área de neuroloxía do CHUAC fai apenas unhas semanas-. A día de hoxe ámbalas dúas sobreviven como poden coa pensión de discapacidade da nai (365'90 €/mes).

Esta compañeira leva varios meses dando tódolos pasos posíbeis para evitar verse na rúa: mantivo alomenos catro entrevistas con Servizos Sociais –as citas concédense con tanto tempo de demora que non lle foi posíbel reunirse máis veces-; fai xa meses que pediu unha valoración de dependencia para a súa nai na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade -da que inda non lle deron resposta pese a urxencia do seu caso-; apelou ao Convenio entre Xunta, Concellos e Poder Xudicial testemuñando a situación de vulnerabilidade social que atravesa sen que a Consellaría de Benestar Social nin os Servizos Sociais do Concello deran resposta algunha ao respeito; solicitou unha vivenda social ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS-Xunta de Galicia) polas dúas vías existentes, a ordinaria e a directa, obtendo no primeiro caso unha resposta estándard confirmándolle a súa inscrición e, no caso da solicitude de adxudicación directa, carecendo inda a día de hoxe de resposta algunha pese a tela solicitado fai xa varias semanas e ter este procedemento a consideración de “urxente”.

Ademais, até o dagora a súa experiencia cos Servizos Sociais do Concello da Coruña e, concretamente, ca súa asistenta social de referencia, está resultando totalmente improdutiva e desgástante a nivel emocional, xa que apenas lle proporcionan información, non lle están prestando apoio e, pese a tratarse dos Servizos Sociais, non amosan ningún tipo de empatía coa súa situación, un escenario perfectamente correspondente ca deixadez e inoperancia que o Concello da Coruña amosa na súa xestión das garantías mínimas contra a exclusión social que vimos denunciando dende fai tempo, e tristemente acorde tamén cas máis de duascentas queixas sobre os Servizos Sociais galegos trasladadas o pasado ano 2013 ao Valedo do Pobo.

De feito, dende STOP Desafiuzamentos A Coruña estamos asistindo con grande preocupación a certas reaccións do persoal dos Servizos Sociais, e temos a certeza de que esta grave circunstancia estase a dar con máis usuarias, xa que son varios os casos dos que nos teñen informado nas asembleas que o noso colectivo realiza periodicamente.

No caso desta compañeira, nunha grave situación de vulnerabilidade social recoñecida, a traballadora social asignada, en lugar de tratala como unha persoa con dereitos, está a exercer sobre esta muller unha posición de control e superioridade, actitude que revela unha total falta de profesionalidade por parte dunha persoa cuxa función é apoiar a quen se atopan en situación de vulnerabilidade social. Chegou a chamala por teléfono para reprendela e culpabilizala, e mesmo lle dixo que por qué non marchaba para Uruguay, país onde naceu, comentario que, canto menos, temos que cualificar de xenófobo.

Na actualidade, dende STOP Desafiuzamentos A Coruña estamos apoiándoa e acompañándoa nos pasos administrativos que está a dar, e parte deste arroupamento é tamén visibilizar o seu caso, non só por ela, senón porque a súa situación é extensible ós milleiros de persoas que sofren a indiferenza da Administración á hora de garantir os seus dereitos. Cómpre lembrar que cada mes 150 familias galegas perden a súa casa,  e que máis de 100.000 familias atópanse en risco de exclusión social ao teren a tódolos seus membros no paro -un 23,2% da poboación galega xa perdeu o seu traballo por culpa da estafa financieira auspiciada pola corrupción política-, ademais, segundo datos da Rede Europea contra a Pobreza, xa no ano 2011 case 700.000 galegas e galegos eran considerados persoas pobres, estando o goberno da Xunta do PP máis preocupado polos seus casos internos de corrupción que por atallar esta situación de emerxencia cidadá.

Onde está a Administración pública para facer fronte a esta gravísima situación social? Polo dagora a súa actitude ubícase nos axiomas da apatía total e as solucións miserentas. Iso si, cartos para as elites financieiras hai abondo, xa que segundo datos do Banco de España, dende o ano 2009 os Gobernos do PSOE e do PP derivaron 61.495 millóns de euros de cartos públicos para subministrar ás entidades bancarias que crearon esta crise, praxe antisocial na que persisten, xa que fai apenas uns días que o goberno do Estado do Partido Popular procedeu á maior venda dunha carteira de crédito hipotecario rexistrada até o momento en Europa.  Mentras tanto, só nos primeiros tres meses de ano iniciáronse no Estado español 20.000 procesos de desafiuzamento no marco dunha lexislación urbanística totalmente abusiva condenada dende as institucións europeas.

A nivel local, na nosa cidade máis de 3.500 persoas son demandantes de vivenda do Insitituto Galego de Vivenda e Solo, sen que o Concello se inmute nin moito menos tome medidas para xestionar o parque de vivendas baleiras da cidade, que suma a escandalosa cifra de 20.000 -120.000 en toda a provincia-, ao tempo que non dubida en gastar en festas 22 millóns de euros, case 7 millóns máis que o orzamentado para Servizos Sociais. Por iso asistimos a situacións inhumanas, vergoñentas para un país que se diga minimamente desenvolvido a nivel social, nas que persoas como esta compañeira cuxo caso damos a coñecer hoxe, enferma e ca súa nai tamén enferma, estean a punto de acabar na rúa.

Esta muller está realizando un grandísimo esforzo para poder salvar a súa nai e a ela mesma de acabar nunha situación de total indixencia, dende STOP Desafiuzamentos A Coruña instamos ás institucións locais e da Xunta a corresponder a esta compañeira asumindo a súa responsabilidade institucional, é dicir, mobilizando inmediatamente tódolos recursos posíbeis deste suposto “Estado de Benestar”.

De non ser así, o vindeiro mes de setembro o goberno corrupto do Partido Popular da cidade da Coruña voltará ser coñecido novamente en todo o Estado por engrosar a súa lista de despropósitos antihumanitarios, encetado co desafiuzamento da anciá Aurelia Rey no marco do mobbing inmobiliario e a lacra de exclusión clasista urbanística coñecida como “xentrificación”, e continuada ca militarización das rúas para botar do seu fogar a unha muller con tres fillos e fibromialxia, como foi o caso de Elisabeth Sanlés.

Moitas grazas pola vosa atención

[1]Denomínase “precaria” aquela situación de feito que implica a utilización gratuita dun ben alleo,  inda que se atope a falta de título que xustifique o goce da posesión.

Saúdos e que teñades moi boa xornada,

STOP Desafiuzamentos A Coruña
--
@desahuciocoruna
Blog: stopdesahuciosacoruna.blogspot.com
Facebook


---
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

||||||||||||||||

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
22 de julho de 2014 23:25
_____________________

martes, xullo 22, 2014

Éste mércores, 23 de Xullo, chega a Ferrol a Carvana-Marcha de Baladre - O recebimento está previsto ás 11 da mañá no Mercado de Caranza - Participa !

Tags

Escola Social de Verán, en movemento


Mañá, mércores 23 de Xullo de 2014, chega a Ferrol a Caravana-Marcha Baladre: "Escola Social de Verán, en movemento", despois de visitar varias cidades desde o 20 de Xullo, facendo a ruta Barakaldo-Vigo. Ás once da mañá serán recibidos no Mercado de Caranza por un grupo de activistas que realizarán un roteiro reivindicativo, para intentar un intercambio de experiencias na construción de alternativas e o desenvolvemento das loitas cidadás. Visitarán o Mercado de Caranza, a Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega. Desprazaran-se logo até a Avda do Mar, onde visitarán a Horta Comunitaria e se lles informará da situación da loita contra a Planta de Gas. Logo na Praza do Anfiteatro das Vivendas "Rosas", na Veciñal II, Rúa Alcalde Quintanilla, informara-se da Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento, e da loita polo dereito á vivenda digna e adecuada, a loita pola Defensa da Sanidade Pública, ...

A Caravana-Marcha Baladre continuará ás 13hs o seu camiño cara Compostela.

Convidámosvos pois a participar nesta xornada de mañá en Ferrol que se desenvolverán en Caranza, mañá 23 de Xullo, co seguinte programa:

ROTEIRO REIVINDICATIVO:EXPERIENCIAS E ALTERNATIVAS EN COMUNIDADE.

- 11:00 hs. Recibimento da Caravana no Mercado de Caranza

- 11:30hs. Experiencias e alternativas en comunidade: o Mercado de Caranza; a Tenda de Troco.

- 12.00hs. Na Avda do Mar: as Hortas Comunitarias; a loita contra Reganosa.

- 12:30hs. Na Praza do Anfiteatro das Vivendas "Rosas", Recuperación da Xestión Pública e Social da Auga e o Saneamento; o Dereito á Vivenda, ...

Ao longo dos trinta anos de existencia do espazo de coordinación Baladre, as xentes que o conforman sinten a formación como algo central nas formas de facer política. Formarse entre iguais para comprender e actuar, compartir as preocupacións e afondar nas análises sobre as realidades.

Este verán, volveron a poñer en marcha ese espazo autoxestionado de coñecemento mutuo, relación e reflexión para a acción social en forma de Caravana/Marcha. Entendendo que viaxar e pararse a pé de rúa polos diferentes territorios onde día a día articulanse loitas anticapitalistas e antipatriarcais, que para moitas é unha experiencia vivencial sen igual. Desta volta, están viaxando polo norte da península, enredando con xentes inquiedas desde Barakaldo até o barrio de Coia, en Vigo, durante os días 20 ao 24 de xullo.

Concretamente, na Galiza estarán os días 23 e 24 reflexionando sobre o dereito a autoderterminación dos nosos corpos, vidas e territorios e tratando de coñecer mais de preto a situacións de represión e criminalización dos movementos sociais para pensar xuntas estratexias de colaboración e apoio internacionalista. Tamén os procesos de xentrificación e expulsión da poboación empobrecida nos centros urbanos sometidos á lóxica e aos intereses especulativos, ou as agresións ao dereito básico de acceso á vivenda e aos espazos públicos, ...

A xente de Baladre, convidou-nos á Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra a ser a súa guía por estas terras de Ferrol e Comarcas, así que lles preparamos un roteiro reivindicativo, para que coñezan algunhas das loitas nas que estamos por estes lugares.

CONVIDAMOS A PARTICIPAR NESTE ROTEIRO DE REIVINDICACIÓN E CONFRATERNIZACIÓN.

_______________

luns, xullo 21, 2014

Solidariedade imparável, liberdade pres@s independentistas - VII Cadeia humana pola liberdade d@s pres@s independentistas


Por sétimo ano consecutivo o Organismo Popular Anti-repressivo CEIVAR organiça a VII ediçom da Cadeia Humana pola liberdade das/os presas/independentistas que terá lugar o día 24 de Julho às 18h na Praça da Galiza (Compostela).

 A Cadeia Humana é por excelência o ato reivindicativo anual no que se exige a repatriaçom das/os independentistas galegas/os presas/os, a suspensom das estratégias de extermínio carcerário e a liberdade de quem se encontram desterradas/os  por participarem no processo de liberaçom nacional e social da Galiza. Assim mesmo é também o momento no que, mau com mau, tecemos a rede de solidariedade que consigue vissibilizar às/aos presas/os independentistas da nossa Naçom e denunciar as ilegalidades e ilegitimidades que estám a sufrir nas prisons espanholas; dispersom, humilhaçons, restriçons, etc.

Solidariedade imparável

A legenda da VII Cadeia Humana será “Solidariedade imparável, liberdade presas/os independentistas” e com ela queremos amossar o nosso mais firme compromisso para que as/os retaliadas/os estejam na rua mas também de que cada convocatória seja reforçada por mais pessoas concienciadas com justiça social e nacional.

Durante estes 365 dias que passárom desde a anterior Cadeia Humana o nosso Povo tivo que enfrontar incontáveis processos repressivos tanto nos Julgados Provinciais como na Audiência Nacional. Centos de galegas/os estivemos arroupando às/aos processadas/os e esse apoio o que demonstra é o grande potencial solidário com o que conta a nossa Terra.

Devido a que a repressom é inerente às reinvindicaçons, a solidariedade também o será. Com este motivo o Organismo Popular Anti-repressivo também estará presente na mobilizaçom juvenil e nas manifestaçons do dia 25 respaldando aos seitores mais castigados pola repressom e fazendo um chamamento a organizar-se.

É o tempo, é o lugar e é a hora de botar-nos às ruas e por isso fazemos um chamamento público a todos os agentes políticos e sociais a secundar a VII Cadeia Humana e demandar a liberdade das/os presas/os independentistas e o fim das políticas repressivas que ejercem contra a cidadania deste País.

Ante a repressom espanhola, solidariedade imparável!

Dia: 24 de Julho
Hora: 18h
Lugar: Praça da Galiza (Compostela)

--
CEIVAR, organismo popular anti-repressivo

Sede nacional.
Costa nova de arriba. Local 2. Edifício 3. Baixo.
15704-Compostela GALIZA

Web:
http://www.ceivar.org/

Redes sociais.
Twitter: Ceivar_OPAR
Facebook: ceivar.antirepressivo

Contacto.
Organizaçom: ceivar@ceivar.org

Enviado por:
CEIVAR Organismo Popular Anti-Repressivo
-ceivar@ceivar.org-
17 de julho de 2014 19:34
____________

A loita contra a impunidade continua, unha nova marcha a pé Ferrol-Mugardos contra a ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa, tivo lugar este 18 de Xullo de 2014

Tags

Pasadas as 5 da tarde, saía a marcha vermella contra a impunidade de Reganosa, desde o Parque 'Carmelo Teixeiro' de Caranza, parque que leva o nome do que fora o primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Había que andar 14 Km até chegar a Mugardos. A altura de Perlio comezou a chuvia que xa acompañou a marcha até o final do percorrido. Por mor das condicións do tempo o recibimento da veciñanza de Meá foi diante do local veciñal, non no Parque do Carneiros como estaba previsto. Luz Mariña Torrente, presidenta da asociación interveu en primeiro lugar para amosar a súa alegría por ver chegar aos marchistas con forza e conciencia, e lembrou a a impunidade e a corrupción coa que está construída Reganosa (vídeos 1 e 2). Foi Lupe Ces na súa intervención a que explicou o porque hai que continuar na loita contra a instalación da Planta de Gas no corazón da nosa Ría "unha comunidade que non se organiza e non loita contra a inxustiza, embrutécese e acaba sucumbindo ao 'todo vale', e á lei do máis forte, que som os principios nos que se sustenta Reganosa. Na nosa Ría queremos comunidades onde as nosas fillas e os nosos fillos podan vivir con seguridade e ter futuro". pechando as intervencións, falou o actual coordinador do Comité Cidadán, Manuel A. Rodríguez Carballeira (Lalán) que analizou o estado da situación da loita contra Reganosa (vídeo 3). O acto continuou coa confraternización da veciñanza de Meá c@s participantes na marcha vermella.


http://youtu.be/UsIGRvGd-sQ



http://youtu.be/kxgAd4uxz8s



http://youtu.be/Sz3TK4cOLog

A orixe da marcha vermella a pé entre Ferrol e Mugardos

Desde hai sete anos vimos marchando ano pos ano, desde que o fixeramos por primeira vez en Xullo de 2007, trataba-se de solizarizar-se coa veciñanza de Meá que comezara un peche na Casa do Concello de Mugardos, peche que durou 111 días. Na dura loita contra REGANOSA, o papel da veciñanza de Meá, perante estes 15 anos foi e segue sendo moi importante, mais estes 111 días de peche, foron enriquecedores para o movimento social e cidadán opositor a REGANOSA e ao seu despropósito gasístico no corazón da nosa Ría: a Planta de Gas.

Podes-se ver a crónica destes 111 días, no blogue: "Rompendo muros de silencio".

---

REGANOSA: MAFIA, FRAUDE E CORRUPCIÓN

Sabías que a planta de REGANOSA é absolutamente innecesaria para o sistema gasista e que aporta tan só o 1 % do total do gas que chega ao estado español?

Sabías que REGANOSA só traballa ao 16% da súa capacidade por falta de clientes e que nos costa a todas e todos  os consumidores perto de 60 millóns de euros/ano?

Sabías que antes da entrada en funcionamento da planta de REGANOSA, Galicia xa estaba conectada a outras plantas por gaseoductos que agora se manteñen pechados?

Sabías que REGANOSA non ten Declaración de Impacto Ambiental a pesar de verter, no proceso de regasificación, na Ría de Ferrol máis de 300.000 Tons/día de auga contaminada con altas doses de hipoclorito sódico?

Sabías que o Tribunal Supremo sentenciou que a Planta de REGANOSA é ilegal ao anular a modificación do Plan de Ordenación pola que se lle outorgou a autorización?

Sabías que REGANOSA cobra a mesma cantidade de diñeiro independentemente do gas que sirva ao sistema gasista?

Sabías que o negocio de REGANOSA consiste en cobrar retribucións polo diñeiro que investiron na planta?

Sabías que os 400 millóns de euros que leva cobrados REGANOSA obedece a un proceso continuado de corrupción política e económica tras incrementar fraudulentamente as inversión realizadas?

Sabías que realizaron o fraude vendéndolle a REGANOSA,  os mesmos socios a prezos altísimos, os terreos onde se instalou a planta, e incluso transmitíndolle  ilegalmente por 25 millóns de euros unha concesión portuaria?

Sabías que no consello de administración está Jose Luis Méndez, expresidente de Caixa Galicia que a levou ao crack e da que arramplou 15 millóns de euros?

Sabías que un dos socios de REGANOSA é a compañía Gas Natural Fenosa que decidiu construir os gaseiros en Corea do Sur e Xapón e ten intervidas en Italia varias empresas por colaboración coa Mafia?

Sabías que a capacidade de almacenamento de gas natural licuado que ten Reganosa é equivalente a 12 millóns de bombonas de butano e que ten unha equivalencia enerxética a 120 bombas atómicas similares as de Hiroshima?

Sabías que o sector gasista do gas licuado (GNL) está tan mal en España que o mes pasado tivo que vender case a totalidade do gas que se importou?

Sabías que os promotores de Reganosa incumpren as condicións que levaron para a aprobación da planta, ao non construír as industrias químicas que ían absorber unha parte do gas licuado (GNL), e a administración de gas ás térmicas de Ciclo Combinado está paralizada?

Sabías que as plantas térmicas de ciclo combinado existentes en España están practicamente paradas debido ao elevado prezo do gas natural licuado (GNL), xerando o que se lle chama a "burbulla enerxética"?

Sabías que no caso de accidente dun camión cisterna de 25 Tons de gas establécese un perímetro de seguridade de 600 m?

Sabías que a Xunta ten aprobado temerariamente un Plan de Emerxencia Exterior para a planta de gas e o complexo petroquímico ”Forestal del Atlántico”, establecendo unha zona de alerta de 213 m a partires dos tanques, cando a planta de Bilbao, establece unha distancia de 3.049 m?
---


Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
O CCE ten posta a venda unha rifa para recaudar fondos necesarios para facer fronte aos gastos dos procesos xudiciais emprendidos.


IMG-20140714-WA0027-1

---


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

__________________