martes, setembro 30, 2014

A diputada de AGE no Parlamento Galego, Chelo Martínez, da man da organización local de Anova-IN, visita Ferrolterra, este mércores 1 de Outubro: O Naval, Recimil, O Saneamento, Cabanas, ... estarán presentes na axenda


Acto sobre o naval e visita da deputada de AGE Consuelo Martínez García a Ferrolterra


O responsábel de organización da Coordenadora de ANOVA - Ferrol, Adrián Acción, informa do acto que vai celebrar o mércores ás 19:30hs en Sargadelos sobre o sector naval. Nel intervirán a deputada Chelo Martínez e o profesor e economista Ramón Yañez. Mais tamén achega a axenda de Chelo para ese mesmo día con importantes citas:
1.- Ás 11:00hs - En Cabanas encontro con asociacións locais para dialogar sobre asuntos locais .

2.- Ás 12:00hs - Encontro co Comité de Empresa de Navantia Ferrol para intercambiar opinións e informacións sobre a situación na que se encontra o asteleiro e outros temas relacionados co naval.

3.- Ás 14:00hs - Entrevista en Radio Fene- Radiofusión.

4.- Ás 16:30hs - Reunión con " cidadáns versus tanques de tormentas". O tema seria rede de saneamento. A xunta celebraría-se no local social da asociacion veciñal de Recimil, sito na Rua Euzkadi, fronte ao nº6..

5.- Ás 17:45hs - Reunión coa directiva da AAVV  de Recimil e vecinh@s do barrio. Informarán sobre a problemática do barrio.  A xunta celebraría-se tamén, no local social da asociacion veciñal de Recimil.

6.- Ás 19:30hs - Acto en Sargadelos: Fin do veto ao naval. Principio de algo?
--
Enlaces de interese:

Sitio-e:
http://anovaferrol.blogspot.com.es/

no facebook:
https://gl-es.facebook.com/anova.ferrol.7

Sitio-e de Anova-IN (Nacional):
http://anova.gal/

Sitio-e de AGE (Oficial):
http://alternativagalega.com/

Información baseada na enviada por:
Anova Ferrol
-ferrolanova@gmail.com-
30 de setembro de 2014 18:17

____________________

A 'Marea Ártabra' celebra a súa primeira Asemblea, en Ferrol, este xoves 2 de Outubro, ás 8 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño - Eleccións Municipais de Maio de 2015


Asemblea Marea Ártabra


Primeira Asemblea de Ferrol da Marea Ártabra

O vindeiro xoves 2 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero terá lugar a primeira asemblea cidadá da Marea Ártabra da cidade de Ferrol, un proceso constituínte e aberto a toda a cidadanía, co fin de desenvolver un programa e unhas candidaturas centrados nos problemas reais da veciñanza de Ferrol, unha cidade cunha taxa de desemprego, emigración e pobreza inasumible aos que consideramos que os diferentes gobernos municipais non souberon ou non tiveron a vontade política para resolver.

Nesta Asemblea artellaremos unha metodoloxía de traballo para conseguir acadar os Concellos e implantar un novo municipalismo, organizado por e para a cidadanía.


Manifesto

O vindeiro mes de maio están convocadas as eleccións municipais e en Ferrolterra preséntasenos unha ocasión única para construír, dende abaixo, alternativas de gobernos municipais que estean á altura das circunstancias.

As mobilizacións que se veñen producindo nos últimos anos como reacción ao desmantelamento progresivo de dereitos e liberdades custosamente conquistados son o síntoma dunha sociedade que non atura máis desigualdade. A sociedade empeza a ser consciente de que a alianza perfecta de intereses entre o poder económico e o bipartidismo harmónico son a causa de todos os males que estamos a padecer.

Si. O problema está na acción política de quen nos goberna, pero é tamén aí, na política deses gobernos, onde vai estar a solución. Precisamos dunha marea cidadá que poña por diante as persoas e acabe cos privilexios dos de arriba. Algo tan simple como reivindicar para a maioría social o que é da maioría social.

Ferrolterra é unha bisbarra de tradición de loita obreira e de forte calado sociocultural. Somos quen de organizarnos contra os poderes corruptos e así o demostramos na historia, en marzo do 72 e en todas as loitas por recuperar dereitos que nos pertencen, batallas nas que moitos e moitas sufriron cadea, tortura, represión ou incluso morte. Reivindicando ese noso pasado de vitoria do pobo fronte ao poder, temos que devolverlle a dignidade ao noso presente comezando a tecer un futuro novo, construído entre todos e todas e onde cada voz teña o mesmo valor que as demais.

Os gobernos que nos rexen dan as costas ao sufrimento e á desesperación dos nosos veciños e veciñas, que non soportan máis desindustrialización, máis malgasto, máis agresións medio ambientais, máis política social baseada na caridade, máis precarización do emprego e da vida mesma. Fronte a esta política que quere converter a nosa comarca nun camposanto industrial, nunha paisaxe futurista desértica, a cidadanía de Ferrolterra debe ter a capacidade de organizarse, de avanzar en rebeldía e tomar o poder para devolver á comarca as cores da cultura, da industria, do asociacionismo e do cooperativismo, unha Ferrolterra participativa e con políticas orientadas por e para a xente do común.

É a hora de abrir as xanelas e deixar paso á Marea Ártabra, unha marea de aire novo, a marea dos pobos de Ferrolterra, da inmensa maioría que sofre os recortes de dereitos, unha marea das xentes que queren varrer do mapa e para sempre a política dos que gobernan para uns poucos e xestionar e rexer nós mesmos/as os nosos destinos.

Porque somos maioría as persoas que queremos gobernos que veñan servir aos concellos e non servirse deles, que pensamos que os cargos públicos deben estar ao servizo dos e das cidadáns e non dos seus partidos, que queremos corporacións locais que defendan os intereses estratéxicos dos seus territorios, que temos a certeza de que alternativas comúns, candidaturas cidadás e plurais a partir do protagonismo directo dos veciños e das veciñas poden devolver os concellos á cidadanía.

Por iso, nós, que formamos parte desta Marea Ártabra, queremos alentar un proceso asembleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, subliñando a importancia que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación, proceso que necesariamente debe culminar coa convocatoria dunha grande asemblea cidadá, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo.

Ferrolterra, setembro de 2014

Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

Para contactar
Presentou-se o manifesto que se pode ler nun blogue que abriron no seguinte enderezo: http://mareaartabra.blogspot.com.es/  ou mareaartabra.org. Tamén hai un enderezo de correo electrónico: mareaartabra[arroba]gmail.com.

A Marea Ártabra nas redes sociais
:
Logo da marea cidadá:
Foto: Algunha das persoas asinantes do Manifesto, na presentación da Marea, o pasado 13 de Setembro de 2014.

Información baseada na enviada por:
Marea Ártabra
mareaartabra@gmail.com-
30 de setembro de 2014 12:06
___________________

Enlaces relacionados:

A 'Marea Ártabra' en Ártabra 21 | Acceder.
A 'Marea Ártabra' desde o buscador libre DuckDuckGo. | Ir a Web.

_________________

Dereito ou castigo?

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), envianos a seguinte análise sobre a decisión xudicial que concede visitas coa súa filla (de catro anos) a unha persoa que na actualidade está en prisión e que presuntamente asasinou á súa muller e nai da pequena. Desde Ártabra 21 difundimos o texto d@s compañeir@s de Agamme e recomendamos a súa lectura, por ser de grande interese.

Dereito ou castigo?

Conceden visitas coa súa filla a un preso que presuntamente asasinou á súa muller e nai da pequena. A nena de Aranjuez, de catro anos de idade, terá que acudir ao punto de encontro unha vez ao mes para realizar a visita que terá unha duración de catro horas. A medida xudicial acórdase en contra da opinión profesional da psicóloga e a psiquiatra que atenden á nena.

A sentenza ditada polo maxistrado de Aranjuez confirma o que vimos denunciando as asociacións de dereitos de infancia: a interpretación perversa do dereito dos nenos e das nenas a manter contacto cos seus proxenitores, convertido en dereito parental incluso cando estamos a falar de vítimas no ámbito familiar, é unha práctica común nos nosos xulgados.

A recente resolución da ONU de condena ao Estado español por non protexer aos menores vítimas de violencia de xénero non parece ter producido o efecto agardado, é dicir, unha mellora na atención das vítimas de violencia -mulleres, nenas e nenos- dende o estamento xudicial. Pola contra, case de inmediato, atopámonos de fronte coa reprodución do mesmo patrón. Pode ser casualidade. Porén, é un fenómeno social documentado que cando un grupo social en inferioridade logra dar un paso na consecución dos seus dereitos, o grupo dominante reacciona violentamente en contra dese logro. Backlash en lingua inglesa.

Voltando ao asunto concreto que nos ocupa, analizaremos os datos do caso, a partir da información que figura en prensa.

Que se entende como “o máis beneficioso”?

Segundo informa a Cadena Ser, todo parte dun informe psicosocial do equipo adxunto ao xulgado que propón as visitas como o máis beneficioso para a nena.

Preguntámonos que clase de metodoloxía aplicaría o equipo para chegar a tal conclusión, no caso de que aplicase algunha. Preguntámonos onde queda o código deontolóxico cando un/unha profesional da psicoloxía recomenda que unha nena de catro anos teña que visitar a quen presuntamente a deixou sen nai. Preguntámonos que é o que se agocha detrás de cada informe asinado polos equipos psicosociais e forenses dos xulgados nos que unha e outra vez as vítimas ven pisoteada a súa palabra e que son a chave que pecha a porta para a súa liberación.

Sobre a interpretación dos informes como proba

En última instancia, e por moito que o informe estea avalado por un instituto público, é o maxistrado/a quen ten a potestade para interpretar a proba en base á súa argumentación científica. Polo tanto a responsabilidade é de quen decide adoptar a proposta duns/dunhas profesionais e desoír as advertencias doutros/as. Existe unha tendencia a delegar nos equipos forenses ou psicosociais a decisión sobre custodia, visitas e testemuño de nenos e nenas, o cal pode simplificar o labor dos maxistrados/as pero conduce a non poucas situacións de indefensión para as vítimas menores de idade.

Para mostras un botón, neste caso adóptase a recomendación do equipo psicosocial do xulgado. É preciso puntualizar que estes equipos adoitan realizar unha única entrevista co neno ou nena e dese único contacto suponse que son quen de extraer información suficiente para decidir sobre unha custodia ou réxime de visitas. En canto á súa especialización e experiencia en atención a nenos e nenas vítimas é polo xeral pouca ou nula e nalgunhas Comunidades Autónomas non se exixe como requisito no proceso de selección.

En canto ao diagnóstico e opinión profesional de quen se manifestou en contra do réxime de visitas, unha psicóloga e unha psiquiatra que atenden á nena, habería que considerar que o seu grao de coñecemento sobre o estado psíquico e emocional da nena sen dúbida é maior, así como a súa especialización e experiencia (non esquezamos que están atendendo a unha nena que con tres anos perdeu violentamente á súa nai).

Hai outro tema que poñer sobre a mesa: a sentenza impón unha medida que é contraria á medida terapéutica proposta polas especialistas que atenden á nena, co que se podería ter entrado nun conflito entre o xurídico e o sanitario, Iustitia vs Salus.

Sobre a protección da nena como testemuño

O réxime de visitas concédese antes de que se tivese celebrado xuízo. A sentenza inclúe, segundo a Ser, unha serie de medidas que se entende poderían ir encamiñadas a impedir que a nena, como posible testemuño dun delito, reciba presións: o pai non poderá manipular á nena nin cuestionar ou descalificar á familia materna e só poderá falar coa nena sobre o colexio e as actividades diarias. Como sabe toda vítima, a violencia non é necesariamente explícita, un ton de voz, unha mirada, un xesto aparentemente inofensivos poden ir cargados de  significado para a vítima e o vitimario. Polo tanto non se está exercendo unha protección efectiva da nena como posible testemuño, a única medida razonable é preservala de todo contacto co presunto agresor.

Sobre os prazos do proceso xudicial

A nena de Aranjuez non pode esperar. Canto tempo pode tardar en ser visto un asunto pola Audiencia Provincial? Seis meses, nove, máis?. A Fiscalía debe interesar a suspensión da medida, mentres se tramita o recurso. O Consello Xeral do Poder Xudicial debe inspeccionar a acción do maxistrado por se tivese cometido neglixencia ou ilícito. O Estado debe asegurar que as súas institucións son respectuosas co marco lexislativo de dereitos de infancia, polo tanto non pode amparar o sometemento dos nenos e das nenas aos intereses de presuntos maltratadores.

Liberdade para a nena de Aranjuez. Non máis visitas co presunto agresor.

Web oficial da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME):
http://www.agamme.org/

Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com-
30 de setembro de 2014 12:22

____________________

Nova relacionada:

Un xuíz outorga visitas a un preso acusado de matar á súa esposa e nai da menor | Permítelle saír do cárcere para ver á nena nun punto de encontro | MARIOLA LOURIDO 29.09.2014 - 12:24 CET | Ir a Web.
_____________________________

O BNG local, convoca unha Asemblea Aberta "Construindo Futuro" en Ferrol o vindeiro Sábado 4 de Outubro - Este Martes 30 de Setembro, convocan concentracións en toda Galiza contra a suspensión do referendo soberanista de Catalunya


Asemblea Aberta "Construíndo Futuro" en Ferrol


O Bloque Nacionalista Galego iniciou un proceso de reflexión e debate coa sociedade galega co que pretende escoitar a toda a cidadanía que vén pedindo unha participación directa na vida política e, en particular, as propostas para os seus concellos.

Nese sentido, as eleccións municipais de maio de 2015 deben servir para ensanchar e fortalecer a presenza institucional do nacionalismo na Galiza, como mellor xeito de xerar políticas que combatan a desfeita social que os gobernos do PP están a provocar no noso país. Estas políticas deben servir para pór os concellos ao servizo da maioría social e tamén para que cidadáns e cidadás posúan maior capacidade de participación e decisión. Porque esta maior capacidade de participación e decisión é garantía dunhas institucións municipais máis abertas e democráticas, onde non haxa lugar para as prácticas clientelares e corruptas hoxe existentes e que son inherentes ás políticas antisociais que practica o PP.

Porque non son tempos de localismo, senón de alternativas globais para un pobo que se auto-organiza e non se resigna a ser anulado. Na Galiza temos un xeito diferente de habitar o territorio, unhas necesidades específicas de financiamento municipal, unha lingua e cultura nosas, uns servizos públicos que precisan de adaptación á nosa realidade social. precisamos dunha expresión política propia, adaptada á nosa nación e comprometida coa súa defensa e liberación.

Por iso promovemos asembleas abertas. Porque o desafío que emprendemos necesita do compromiso e da participación popular, precisa de moitas mulleres e homes, mozas e mozos orgullosos da súa condición de galegas e galegos, que enarbolen a bandeira da loita pola democracia, a xustiza e a dignidade.

É por iso que queremos convidarte a participar na asemblea aberta que imos celebrar o vindeiro sábado 4 de outubro às 18 horas no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol.

MANIFESTO

Vivimos nun momento en que é preciso mudalo todo. Nunca nas últimas décadas se amosou tan claramente que o actual réxime político está esgotado, política, social e institucionalmente. Así, o soporte partidario do réxime, en forma de PP e PSOE, amósase cada día máis incapaz de xestionar un modelo que eles mesmos crearon.

Nos últimos anos vese con maior crueza como a situación de subordinación política e económica ao Estado español só provoca para a Galiza máis desigualdade social, desemprego e emigración. A nosa mocidade marcha ao estranxeiro en cantidades que non se lembran nos últimos 30 anos, ante a falta de expectativas de futuro no noso propio país. Non é a Galiza unha nación pobre, senón emprobrecida. Non termos instrumentos que nos permitan decidir sobre nós impide que poidamos reverter esta situación. Precisamos ferramentas democráticas que teñan como obxectivo dar voz ao noso pobo e outorgarlle a capacidade real de decisión, isto é, soberanía, soberanía para facer posíbel unha saída á crise en favor da maioría social, para facer viábel o noso desenvolvemento económico, social e cultural e para construírmos colectivamente unha Galiza libre, digna, democrática, xusta e igualitaria.

Diferentes pobos do Estado español e mesmo do continente, como o escocés ou o catalán, están a desenvolver procesos que unen a procura dun estado propio coa mellora das condicións de vida e o benestar dos cidadáns e cidadás desas nacións. Esas mesmas conviccións son as que en Galiza veñen guiando a acción política do BNG, unha acción política encamiñada á conquista da soberanía do noso país, en beneficio da maioría social e do seu benestar. E para lograrmos ese obxectivo, é preciso que o proxecto nacionalista avance, ampliando o seu espazo e incorporando sectores e persoas que comparten o ideario nacionalista e de esquerdas, co fin de contribuír á emancipación nacional e social do pobo galego.

Nese sentido, as eleccións municipais de maio de 2015 deben servir para ensanchar e fortalecer a presenza institucional do nacionalismo na Galiza, como mellor xeito de xerar políticas que combatan a desfeita social que os gobernos do PP están a provocar no noso país. Estas políticas deben servir para pór os concellos ao servizo da maioría social e tamén para que cidadáns e cidadás posúan maior capacidade de participación e decisión. Porque esta maior capacidade de participación e decisión é garantía dunhas institucións municipais máis abertas e democráticas, onde non haxa lugar para as prácticas clientelares e corruptas hoxe existentes e que son inherentes ás políticas antisociais que practica o PP.

Porque non son tempos de localismo, senón de alternativas globais para un pobo que se auto-organiza e non se resigna a ser anulado. Na Galiza temos un xeito diferente de habitar o territorio, unhas necesidades específicas de financiamento municipal, unha lingua e cultura nosas, uns servizos públicos que precisan de adaptación á nosa realidade social. Non valen, daquela, opcións miméticas, válidas para outras latitudes, mais inútiles para nós e os nosos concellos: precisamos dunha expresión política propia, adaptada á nosa nación e comprometida coa súa defensa e liberación.

Por iso promovemos asembleas abertas. Porque o desafío que emprendemos necesita do compromiso e da participación popular, precisa de moitas mulleres e homes, mozas e mozos orgullosos da súa condición de galegas e galegos, que enarbolen a bandeira da loita pola democracia, a xustiza e a dignidade.

Máis que nunca, é tempo de sumarmos esforzos, de comprometérmonos persoal e colectivamente e de xerarmos ilusión no afianzamento do proxecto de ruptura e transformación social que o nacionalismo representa na Galiza. Queremos mudalo todo, e mudalo desde nós, para construírmos futuro.

Web oficial de "Construíndo Futuro":
http://www.construindofuturo.info/

O BNG de Ferrol no facebook:
https://gl-es.facebook.com/bng.ferrol

O BNG de Ferrol no twitter:
https://twitter.com/bngferrol


Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
29 de setembro de 2014 13:10
________________

Ferrol ten dereito a existir, ... Por Alexandre Carrodeguas


Por Alexandre Carrodeguas [*]
30.09.2014


Os habitantes de Ferrol queremos seguir existindo, non ter que irnos da nosa cidade, e queremos tamén ter o dereito a poder desenrolarnos e ser felices no noso propio pobo. E para que iso ocorra sabemos que as cousas teñen que mudar xa, e que deberíamos axuntarnos todas e todos nun berro unánime de que xa estamos fartos e non aturamos mais esta lenta agonía; Estamos fartos de que a nosa cidade se vaia quedando valeira. De que moitos comercios teñan que pechar. Estamos fartos da pobreza que avanza e de que nos culpabilicen da nosa decadencia. Estamos fartos da destrución da nosa ría. Estamos fartos da precariedade laboral e da falla real de oportunidades.

A todo isto deberíamos sumar tamén un non como o do poema de Celso Emilio.

Un non a pasividade que nos mata. Un non as solucións milagreiras que sempre chegarán o ano que ven. Un non a aceptación resignada desta lenta e pausada morte anunciada.

Teríamos que asumir as nosas propias debilidades como cidade; Certo espírito derrotista, a nosa aceptación fatalista da inevitable derrota. A nosa falla de confianza nos nosos propios medios e a aceptación resignada da dependencia madrileña.

Pero nesta encrucillada histórica na que nos atopamos ten que ter chegado o momento dos sis. Do si a un desenrolo endóxeno e autosostible. Do si a xerar economías locais propias: rehabilitando, saneando, rexenerando. Do si ao sentimento de orgullo e pertenza a este Ferrol que nos legaron os nosos ancestros. Do si a nosa xuventude que quere seguir a vivir na cidade dos seus pais.

E deberíamos xa todos afirmar solidariamente a vontade de saír desta triste situación para atopar as solucións de futuro que nos garantan o porvir. Para confiar en nos mesmos e honrar os nosos pais e nais que tanto traballaron agardando un futuro mellor.

Non. Ferrol non pode ser un parque temático da decadencia urbana.

Ferrol debe seguir vivo polos séculos futuros! Ferrol ten dereito.

[*] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, promotor de plataformas cidadáns en defensa do patrimonio urbanístico e cultural; defensor dos espazos públicos e da rehabilitación dos cascos históricos; membro de Verdegaia e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Nota.- A imaxe é de Edu Pereira sobre a apocalipse que suporía un Ferrol sen o naval.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
29 de setembro de 2014 01:16
_______________

sábado, setembro 27, 2014

Aulas abertas. 2015 Fin do veto ao naval. Principio de algo?, coa diputada de AGE no Parlamento Galego, Consuelo Martínez García e o economista e antigo traballador de ASTANO, Ramón Yañez Brage


Aulas abertas. 2015 Fin do veto ao naval. Principio de algo?

O vindeiro mércores dia 1 ás 19:30 horas na galeria Sargadelos terán lugar unhas aulas abertas tituladas 2015 Fin do veto ao naval. Principio de algo? Onde contaremos coa presenza da diputada de AGE no parlamento galego Consuelo Martínez García e o economista Ramón Yañez Brage.
--
O responsábel de organización de
A nova Ferrol
Adrián Acción
ferrolanova@gmail.com
___________

Enlaces de interese:

Sitio-e:
http://anovaferrol.blogspot.com.es/

no facebook:
https://gl-es.facebook.com/anova.ferrol.7

Sitio-e de Anova-IN (Nacional):
http://anova.gal/

Sitio-e de AGE (Oficial):
http://alternativagalega.com/
_____________________

O prezo de esquecer un 27 de setembro, ... Por Suso de Toro - Vídeo - Inmemoriam: José Humberto Baena, José Luis Sánchez Bravo, Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot (Txiki) e Ángel Otaegui Etxebarria.


Na madrugada do 27 de setembro de 1975 en instalacións militares de Burgos, Barcelona e Hoyo de Manzanares o franquismo fusilou a cinco activistas novos: tres militantes del FRAP, José Humberto Baena, José Luis Sánchez Bravo e Ramón García Sanz, e dous militantes de ETA (p-m), Juan Paredes Manot (Txiki) e Ángel Otaegui Etxebarria. Inmemoriam desde Ártabra 21.

O prezo de esquecer un 27 de setembro

Por Suso de Toro [*]
27.09.2014

Se xa sabe o que ocorreu na madrugada do 27 de setembro de 1975 en instalacións militares de Burgos, Barcelona e Hoyo de Manzanares pode aforrarse ler este artigo. Efectivamente trata da morte por fusilamento de cinco xoves, José Humberto, José Luís, Ramón, Juan e Ángel.

A actualidade di que se debe escribir sobre a dimisión do ministro Gallardón, pois ten alcance político xa que Gallardón pertence ao mesmo grupo xeracional de Rajoy, mozos franquistas que se reuniron baixo Manuel Fraga Iribarne para fundar a dereita. A tensión dramática na súa despedida débese a que non é unha dimisión senón o final dunha agonía, Rajoy cociñouno cal "bistec tártaro" e merendou-llo. Que haxa quen diga a estas alturas que Rajoy é un político moderado, demócrata ou que é falto de carácter, só se explica ben por unha falta de perspicacia maiúscula ou ben por un cinismo de aúpa.

A actualidade tamén me di que un se debe ocupar de escribir algo sobre a viaxe do rei Felipe a Washington, asunto moito máis transcendente que o canibalismo na dereita posfranquista e sobre o que non vexo que se diga o esencial: este rei preséntase ante o emperador de quenda para renovar o vasalaxe do Reino de España a EE UU. O rei Juan Carlos sucedeu a Franco por un acordo entre este e o imperio que incluía entregar o Sahara a Marrocos, manter as bases e entrar na OTAN. Felipe sucede ao seu pai para manter a continuidade, volverá bendicido. O máis extraordinario da entrega total da soberanía do Estado español a EE UU, antes de entregar o resto a Alemaña, é que ninguén se acorda diso, volveuse transparente. E mentres nos volvemos todos tolos discutindo a soberanía do Estado sobre os cataláns.

Pero tanto o canibalismo dentro do PP como o servilismo deste Estado ante os seus amos non me van a disuadir de escribir como cada ano alí onde me deixen sobre aqueles fusilamentos tan tan afastados e esquecidos que, con todo, a min parécenme próximos e vívidos.

O franquismo foi un réxime criminal e contra el naceron xeracións que loitaron coa palabra e tamén coas armas. As organizacións ás que pertencían aqueles cinco rapaces antifascistas cometeron crimes e matar é matar, mataron a algunhas malas persoas que torturaban e a outras que eran gardas simplemente porque non tiñan moitas máis oportunidades que escoller iso ou a emigración. É certo que militantes daquelas organizacións mataran, como é certo que o Réxime utilizaba á Garda Civil, Policía Armada e Brigada Político Social para encarcerar, torturaba e matar persoas desarmadas. E o Réxime utilizaba a morte como regula de aprendizaxe, as nosas leccións foron coñecer como se pedían penas de morte no Consello de Burgos, como ametrallaron a Amador, Daniel e decenas de obreiros en Ferrol, como asasinaron a Puig Antich directamente os seus torturadores nun recuncho sinistro, como cribaron por detrás a Moncho Reboiras tamén en Ferrol, como fusilaron sen posibilidade de defensa a eses cinco mozos...

Eran uns reféns do Réxime molestos para todos, ninguén os quería. A principal organización antifascista, o PCE, naquel momento non só estaba moi lonxe da loita armada senón que defendía a "reconciliación nacional". Tratábase de loitadores desesperados, nin sequera moitos de quen comprendiamos a súa desesperación, porque era a nosa, estabamos de acordo cos seus métodos. Os seus cadáveres escarnecidos foron entregados aos seus humillados familiares e a historia seguiu o seu curso, máis detencións, torturas e mortes, até que brindaron con champaña por unha constitución que varreu maxicamente as tebras do pasado. Fixeron maxia e ante os nosos ollos desvaneceuse tanto o franquismo como o antifranquismo. Con todo, aqueles asasinatos foron o máis real daquel período, foron unha firma ao pé do testamento político de Franco e a garantía de que o proceso político que, sen dúbida, sería arduo e azaroso nunca deixaría de estar baixo a tutela do Exército.

Pero se escribiu cada ano un artigo sobre aqueles mozos non é por compaixón, iso foi hai xa 39 anos, senón por puro egoísmo. Escribo para lembrar que aquilo existiu porque o que veu despois sepultouno e só permitiunos lembrar a un abuelete "autoritario" e a unha "dictablanda". Escribo este artigo para desmentir aos intelectuais que se dedicaron a explicar que os antifranquistas non eran demócratas. Por suposto que non o eran. Simplemente era imposíbel ser facticamente demócrata en España, só podíase ser franquista, antifranquista ou non. Fomos educados morte a matar por asasinos.

Aqueles mozos foron xerados politicamente directamente polo franquismo. Dous deles procedían de Vigo, concretamente do 72 en Vigo. Parécelles que cae moi lonxe? Non tanto. A principios dos anos noventa un alcalde de Vigo do PSOE, non lle chamarei "socialista", recibía a un cargo do Ministerio do Interior na súa cidade e tras entrevistarse revelaba á prensa que un amigo meu había "cantado" cando foi detido e torturado na folga xeral viguesa no ano 1972. Aquela autoridade do Goberno fora un dos torturadores desprazados a unha cidade en folga total, miles de despedidos, centos de detidos e centos de torturados, e os seus méritos canallescos como esbirro deparáranlle unha brillante carreira na democracia española. Non, o franquismo e os franquistas non nos quedan tan lonxe, estiveron sempre aí, progresando e gobernando. E daquel 72 vigués, da radicalización obreira tras aquela represión, naceu aquela esquerda desesperada. Anos despois un alcalde da mesma cidade, "socialista", riría coas anécdotas e chascarrillos que lle contaría un verdugo de paso por provincias.

Aquel cinco corpos caidos non son unha estampa agradable para ninguén, moito menos para unha sociedade infantilizada que conmemora o asasinato de Miguel Ángel Blanco, pero non é capaz de lembrar aqueloutros días de agarda en que o Exército os tivo presos para o matadoiro. Esquecer, insistía Shakespeare unha vez e outra, pode ser unha bendición para un corazón oprimido pero o prezo de que esquecésemos esas cousas terribles é ter a Rajoy e demais gobernándonos.

[*] Por Suso de Toro | 24/09/2014 - 20:16h | Publicado en 'El Diario' | Ir a Web.


___________

Inmemoriam | 27 de setembro de 1975 |  José Humberto Baena, José Luis Sánchez Bravo, Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot (Txiki) e Ángel Otaegui Etxebarria.


http://youtu.be/21udb90fnMM

As últimas execuciónss do franquismo foron tamén os últimos fusilamentos do réxime franquista e producíronse o 27 de setembro de 1975 nas cidades españolas de Madrid, Barcelona e Burgos, sendo executadas por fusilamento cinco persoas:  tres militantes del FRAP, José Humberto Baena, José Luis Sánchez Bravo e Ramón García Sanz, e dous militantes de ETA (p-m), Juan Paredes Manot (Txiki) e Ángel Otaegui Etxebarria. Estas execucións, as últimas da ditadura franquista, pouco antes da morte do Ditador xeneral Francisco Franco, levantaron unha ola de protestas e condenas contra o goberno de España, dentro e fóra do país, tanto a nivel oficial como popular.

Foron as últimas penas de morte. A pena de morte en España foi abolida polo artigo 15 da Constitución de 1978, coa excepción de "o que poidan dispoñer as leis penais militares para tempos de guerra" e despois, coa Lei Orgánica, 11/95 do 27 de novembro, tamén foi abolida para tempos de guerra.....

Os primeiros, en Burgos e Barcelona; os segundos, en Hoyo de Manzanares, onde o cometido foi levado a cabo por tres pelotóns de 10 gardas civís ou policías, todos voluntarios. O mundo opúxose, pero o porco non fixo caso a ninguén: nin ao seu irmán Nicolás, nin ao papa Pablo VI, nin ao primeiro ministro sueco Olof Palme, nin ao presidente mexicano Echevarría, nin a personalidades dos cinco continentes.

Como as protestas foron ecuménicas, Franco organizou unha gran concentración na praza de Oriente e logrou repetir con voz agonizante (morrería un mes máis tarde) a obsesión da súa ditadura: "Todas as protestas obedecen a unha conspiración masónico-izquierdista, en contubernio coa subversión comunista-terrorista".

Recordo un Madrid consternado aqueles días. Houbo rabia e gritos, pero sobre todo moita tristeza. Uns días antes, Luís Eduardo Aute compuxo desde o seu recuncho de Jorge Juan a canción 'Al alba', dedicada aos cinco condenados. Para burlar a censura, converteu a protesta nun belo poema de amor que enseguida gravou Rosa León. Na actualidade, é un dos temas en calquera dos concertos de Aute. Os fusilamientos, ao fin, non foron ao alba. En Hoyo, o macabro ritual comezou ás 9.10 e rematouse ás 10.05. ...

Texto e vídeo publicado por Adolfo Mayo. | 25.09.2014.
______________

'Mollate polos ríos' - Campaña de Limpeza simultanea de ríos 2014 - Contactos nas comarcas do noroeste galego - Este Domingo 28 de Setembro, ven e mollate !


Proxecto Ríos:
'Mollate polos ríos' - Campaña de Limpeza simultanea de ríos 2014

Queremos uns ríos limpos, queremos poder gozar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados.

O máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.

@s que queirades vémonos o próximo domingo, 28 de Setembro, en Fene.

Este próximo fin de semana comezan as actividades de Limpeza de Ríos que se fan todos os anos, dsde Adega e diversos colectivos, concellos, asociacións, ...

Na última xuntanza, quedamos en asistir xente de Adega Ferrol á limpeza que se vai  realizar en Fene que organiza AETNA, o punto de encontro é pola mañá, ás 10:00 hs no Circulo Recreativo d'O Pote de Maniños (Pombal, Fene), ... mais os que queirades podedes ir con Xavi có colectivo Bétula, ao concello de San Sadurniño. ... etc, etc.

Para participar van osenlaces e teléfonos de contacto.

Proxectorios.org/

adega.info/

Contactos nas comarcas do noroeste galego
(Ferrol Terra de Trasancos, Bezoucos, Baixo Eume, Alto Eume e Ortegal):

  • Cariño | Concello de Cariño | Alberto Durán | 981 405 064.
  • Fene | AETNA | Concello de Fene | Asoc. Bétula | Mariela , Andrés, Xavier |607 911 139, 981 492 707, 651 884 692.
  • Ferrol | ADEGA-TRASANCOS | Nes | 649 779 774.
  • Mañón | Asoc. Cultural Barqueirock/Asociación Nordés | Efi | 646 587 948.
  • Neda | Asoc. Néboa Medioambiente | María | 981 347 690.
  • San Sadurniño | Concello San Sadurniño | Mari Carmen  | 672 022 787.

-----
Nova no Diario de Ferrol:

San Sadurniño - “Móllate polos ríos” deixará mais limpos 2,4 kilómetros do río Castro | Redacción Diario de Ferrol | Actualizado 18 Septiembre 2014 - 01:03 h. | Ir a Web.



Roga-se difundir entre os vosos contactos.

Apertas e boa fin de semana.

Antonio García Jiménez
angaji@yahoo.com

ADEGA-TRASANCOS

Ligazóns:

Información baseada na enviada por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
26 de setembro de 2014 19:00
_________________________

venres, setembro 26, 2014

Este luns 29 de setembro, ás 6 da tarde autoconvocatoria do tecido social, veciñal, cultural, sindical e político de Ferrol Terra, para preparar a Mobilización Europea contra o Acordo Transatlántico (Tratado de Libre Comercio entre a Unión Europea e Estados Unidos TTIP), a xuntanza será no Ateneo Ferrolán


En Ártabra 21 recebimos esta mensaxe que consideramos de moito interese, co prego de espallar e difundir, polos medios que podamos. Convidamos a que "rule" esta autoconvocatoria e o vindeiro luns 29 de setembro, ás 6 da tarde sexamos unha numerosa, animada e combativa Asemblea.


CONVOCATORIA DUNHA XUNTANZA ABERTA E UNITARIA PARA O LUNS 29 DE SETEMBRO, ÁS 6 DA TARDE NO ATENEO FERROLÁN, CO OBXECTIVO DE ORGANIZAR A PARTICIPACIÓN DE FERROLTERRA, O SÁBADO 11 DE OUTUBRO, NA GRANDE MOBILIZACIÓN EUROPEA CONTRA O 'ACORDO TRANSATLÁNTICO' TRATADO DE LIBRE COMERCIO ENTRE A UNIÓN EUROPEA E ESTADOS UNIDOS (TTIP) E OUTROS TRATADOS (CETA E TISA)* QUE SÓ BENEFICIAN AO 'DEUS MERCADO'.


Desde hai anos os Estados Unidos e a Unión Europea, veñen negociando en segredo un pacto económico e de modelo de relacións comerciais. Desde hai pouco máis dun ano, estas negociacións xa son públicas, continuando na actualidade. Pretende-se acordar un Tratado de Libre Comercio entre a Unión Europea e Estados Unidos (TTIP, polas súas siglas en inglés).

Formalmente o TTIP ten como obxectivo "eliminar as barreiras comerciais entre os Estados Unidos e a Unión Europea (suprimir aranceis, normativa innecesaria, restricións ao investimento, etc.)" e segundo as súas propias palabras "simplificar a compravenda de bens e servizos entre estes dous espazos. Eliminar esas barreiras suporá crecemento económico, creación de empregos e unha diminución dos prezos. O Centre for Economic Policy Research (CEPR), calcula que a economía europea podería beneficiarse con 119.000 millóns de euros ao ano e a estadounidense cuns 95.000 millóns de dólares". O que traducido a feitos reais quere dicir que os donos e controladores dos grandes fondos de inversións e corporacións multinacionais, van ser os grandes beneficiados deste Tratado. Os miles de millóns en dólares e euros, son para eles, non para o pobo. Van ter o camiño doado para facer-se, a prezos de ganga, cando non de balde, coas propiedades do pobo, servizos públicos (sanidade, educación, dependencia, ...), empresas públicas, infraestruturas, fondos de pensións públicos, Seguridade Social, a xestión e propiedade da auga,  xestión dos fondos de desemprego, Fogasa, ..., cárceres, universidades, servizos municipais, ..., en definitiva todo é un negocio, todo se privatiza ou se dá en propiedade, na agricultura será a introdución de produtos tranxénicos, compra de sementes, ... compra de terras, ... empeoramento do medio ambiente e a aceleración do cambio climático, ... control de internet e das aplicacións informáticas libres, ...

A clase  traballadora, as demais clases populares e os pobos sen soberanía como o Galego, imos ser os grandes perdedores deste tratado dos ricos (TTIP) contra @s pobres. Máis miseria, máis desemprego, salarios máis baixos, menos prestacións, peor seguridade social, peores servizos públicos, peor alimentación, menos saúde, ..., menos democracia, ..., máis autoritarismo, máis control policial sobre a poboación, ..., máis corrupción, ...

Contra esta venda dos bens do pobo, esta-se organizando unha grande mobilización europea, para o sábado 11 de Outubro. Nas comarcas de Ferrol, o pobo traballador non deberíamos quedar ao marxe desta Mobilización Europea. Amosar a nosa non conformidade con estas negociacións, denunciar o Tratado (TTIP) e rebelar-nos contra quen pretende vender as nosas vidas, seguridade, terras, .. contra quen pretende impoñer-nos un pensamento único, ... un modelo social e económico en beneficio duns poucos, contra a maioría da poboación.

Por todo isto,

consideramos que as persoas, sindicatos, partidos, colectivos, asociacións que estamos contra este Tratado (TTIP), poderíamos facer unha mobilización unitaria o vindeiro 11 de Outubro en Ferrol.

Polo que,

pedimos-vos que participedes, para organiza-la, nunha xuntanza unitaria e aberta o vindeiro luns 29 de Setembro, ás 6 da tarde, nos locais do Ateneo Ferrolán.

Todas as mans e as ideas son necesarias participa aínda que sexa a titulo persoal.

Obrigad@s !

Ferrol, a 25 de Setembro de 2014

MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.stop-ttip-ceta-tisa.eu/

[*]  Notas.-

TTIP - O Acordo Transatlántico de Comercio e Investimento (tamén chamado TAFTA, Tratado de Libre Comercio Transatlántico) estase negociando entre EEUU e a Unión Europea desde Xullo de 2013 | Ir á Web.

CETA - O Acordo Económico e Comercial Global xa foi negociado entre a UE e Canadá e estase finalizando agora | Ir a Web.

TISA - E o Acordo sobre o Comercio de Servizos está agora en proceso de negociación entre 50 países, incluíndo a UE | Ir a Web.

_________________

En Ártabra 21 publicamos un interesante artigo de Ignacio Ramonet o pasado 11 de Abril de 2014, con importantes enlaces e referencias:
¡Perigo! Acordo Transatlántico, ... Por Ignacio Ramonet.
____________________________________

Coincide que o mesmo día, 11 de Outubro, co día de loita mundial contra o Frackdown (A fractura hidráulica para a obtención de petróleo e gas).

¡Global Frackdown!
Día internacional para poñer freo ao fracking
11 de outubro de 2014


¡Únete ou sofre a fractura!

Misión: A fractura hidráulica para a obtención de petróleo e gas é de por si moi insegura, e a lexislación que a regule non pode mitigar completamente os danos que provoca esta industria. Rexeitamos a campaña de imaxe multimillonaria que levan a cabo as grandes empresas petroleiras e do gas e instamos aos nosos representantes políticos locais, rexionais e nacionais a rexeitar a fractura hidráulica. Somos un movemento global unido e apelamos aos cargos electos de todos os niveis para que impulsen un futuro con enerxías renovábeis e para que non permitan a fractura hidráulica nin ningunha das infraestruturas asociadas, xa sexa nas nosas comunidades ou en calquera outra comunidade. Somos comunidades que loitan contra a fractura hidráulica, a minería de area para inxección, gasodutos e oleodutos, estacións de compresión, terminais de gas natural licuado, exportacións de gas natural, gas de vapor de carbón, gas metano de carbón e similares. A fractura hidráulica non forma parte da nosa visión para un futuro con enerxía limpa, e debe ser prohibida. | Ir a Web.
_____________

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra convida a toda a cidadanía a sumarse aos actos do 28 de setembro, co motivo do Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres, ás 12 do mediodía no Cantón de Ferrol

Tags

Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres
28 de Setembro de 2014


A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra convida a toda a cidadanía a sumarse aos actos do 28 de Setembro de 2014, no  Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres, que se conmemora este ano baixo o lema: "ABORTO LIBRE, SEGURO E GRATUITO".

Este ano ten especial importancia por estar dedicado ao dereito das mulleres a decidir libremente a súa maternidade.

Os actos a desenvolver pola Plataforma consistirá nun pasa-rúas e un acto central ao remate, ao que se convida a toda a cidadanía da bisbarra a sumarse e a participar, tanto no pasa-rúas como no acto central.

O pasa-rúas  saíra do Cantón ás 12 do mediodía e fará un percorrido polos principais espazos públicos da cidade de Ferrol. O acto central será na Praza do Inferniño unha hora máis tarde (13:00hs aproximadamente).

Saúdos.

Plataforma Galega para o Dereito ao Aborto de Ferrolterra

Grupo de traballo da Plataforma Galega polo dereito ao aborto en Ferrolterra.
ABORTO LIBRE E GRATUÍTO, NOS PARIMOS NOS DECIDIMOS

Correo electrónico:
dereitoabortoferrolterra@gmail.com

Facebook: Ferrolterra Direito Aborto.
https://www.facebook.com/ferrolterra.aborto

Información baseada na enviada por:
Polo Dereito ao Aborto Ferrolterra
-dereitoabortoferrolterra@gmail.com-
22 de setembro de 2014 18:21

_____________________

Berlim, da companhia compostelá Histeria Teatro, chega à Fundaçom Artábria - Hoje Sexta-feira, 26 de setembro, às 22.00h. entrada de graça - E este Sábado 27 de Setembro Fiz traz um espetáculo carregado de humor, mágia e crítica social - Aberta inscriçom para os cursos 2014-2015


Berlim, da companhia compostelá Histeria Teatro, chega à Fundaçom Artábria

Esta Sexta-feira, 26 de setembro, às 22.00h. Entrada de graça

Lou Reed criou a começos dos 70 um disco que ele definiu como “um filme para os ouvidos”, no que conta a sórdida relaçom entre um casal numha cidade dividida. 'Berlim' é o relato das vidas do Jim e a Caroline, marcadas pela pobreza, a prostituiçom, a violência e as drogas. O disco foi um insucesso comercial, ainda que muito interessante musical e narrativamente.

Continua:

Mais de trinta anos depois, o filólogo, professor e músico Leo Fernández Campos, mais conhecido como O Leo i Arremecághona!!!, realizou um exaustivo labor de traduçom das letras das cançons, foi trabalhando nelas, e, junto com a jornalista e actriz Lara Rozados, levaram a cabo umha teatralizaçom, até que o ano passado, com a morte de Lou Reed, decidiram estrear a montagem com Histeria Teatro. Para isso contaram com a colaboraçom do director e actor Chiqui Pereira, membro da companhia Berrobambán. A estréia, com grande sucesso de público, foi na XIII Festa de Aniversário do Cineclube de Compostela, o passado 21 de junho, e agora retomam a gira deste espetáculo.

A seguinte paragem de Berlim será esta sexta-feira 26 de setembro, às dez da noite, na Fundaçom Artábria (Travesa de Batalhons, 7, Esteiro), com entrada de balde, ainda que se pode achegar a vontade. Proximamente, no mês de novembro, actuaran no Liceo Mutante de Ponte Vedra, e têm previsto também representá-la de novo em Compostela.

'Berlim' conta com a direçom de Chiqui Pereira, e com Leo Fernández Campos nos papéis de Jim e o narrador e Lara Rozados como Caroline. O vestiario, atrezzo, cenografia e luzes são de Histeria Teatro, e o som, música e videos, de Leo Fernández Campos. O desenho gráfico e a fotografia correspondem a Jose Valiño.


E este Sábado 27 de Setembro Fiz traz um espetáculo carregado de humor, mágia e crítica social

No sábado 27 dando continuidade ao programa de atividades do nosso XVI aniversário o jovem e polifacético Fiz Patinho visita mais umha vez o nosso Centro Social.

Desta volta o Fiz traz um espetáculo carregado de humor, mágia e crítica social que nom deixarám a ninguém indiferente.

Por meio dos seus acidos monólogos a atuaçom pode definir-se como o passo em direto do "individuo a bufom".

O espetáculo dará início às 22.00h e a entrada de balde.


--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Aberta inscriçom para os cursos 2014-2015 - [+ info]



Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
25 de setembro de 2014 15:32
25 de setembro de 2014 17:48
25 de setembro de 2014 18:59
____________________

A RISGA e a Renda Básica: da esmola institucionalizada ao reparto da riqueza


Este verán, visitou Ferrol Terra a Caravana Baladre 2014. Unha escola social de verán organizada por esta rede internacional, que na ruta Barakaldo-Vigo, realizou aprendizaxe e intercambio de loitas e experiencias de construción de alternativas desde as comunidades. A xente de Baladre, convidou á Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra a ser a súa guía no seu paso por Ferrol, para intentar un intercambio de experiencias na construción de alternativas. Entre outras, foi a Renda Básica das Iguais, unha das reivindicacións básicas que se traían na mochila. As compañeiras e compañeiros da ODS-Coia, onde rematou a citada Caravana, forman parte deste movimento social en defensa d@s que menos teñen, pola xustiza social e o benestar do pobo. Agora queremos compartir con vós, esta análise e denuncia das políticas de inclusión social do Partido Popular desde o mal-goberno da Xunta de Galicia.


A RISGA e a Renda Básica: da esmola institucionalizada ao reparto da riqueza

Moitas veces temos denunciado que a terrible situación de empobrecemento e precariedade que padecen tantas persoas e familias en Galicia está a ser agravada dun xeito intolerable pola resposta insuficiente e precaria da Xunta, que pasa case exclusivamente por unha RISGA insuficiente e excluínte, que pouco axuda e nada transforma. Orzamentos que rozan a miseria, contías mínimas e escasa cobertura, longos tempos de espera que se prolongan ata os oito meses, burocracia excesiva, requisitos  rigorosos que deixan sen acceso a moita xente, incompatibilidades absurdas, esixencias a modo de contraprestación de participar en proxectos de inserción sen seguimento e inútiles, e mesmo obstáculos para obter o resgardo de entrega da solicitude... son algúns dos problemas que evidencian que a Xunta de Galicia non está a cumprir coa súa obriga de dar unha solución real e eficaz para cubrir as necesidades básicas das galegas e galegos.

Sen dúbida, un dos aspectos máis crueis é o que ten que ver cos atrasos na concesión da RISGA, cunha demora totalmente inaceptable por tratarse dunha axuda dirixida a persoas e familias nunha situación de verdadeira emerxencia social. A finais de agosto, sen ir máis lonxe, a Xunta recoñecía que estaba a resolver as solicitudes de decembro do 2013, o que é o mesmo que recoñecer que está a incumprir o establecido pola lexislación vixente no que atinxe aos prazos de resolución desta axuda (tres meses para as solicitudes feitas antes do 1 de xaneiro deste ano, data na que entrou en vigor a nova Lei de inclusión social de Galicia; dous meses para as solicitudes entregadas dende entón).

Tampouco se está a dar presa a administración autonómica en elaborar e publicar o decreto que debe desenvolver e aclarar a citada Lei de inclusión social, publicada o 31 de decembro de 2013. Aínda que na aprobación da mesma se falaba dun  prazo de 6 meses, pasaron xa oito sen que nada novo se saiba, o que contribúe a incrementar a incerteza e indefensión da que son vítimas as persoas solicitantes da RISGA. Por poñer un exemplo, no que ten que ver coa solicitude dos atrasos coa anterior lei, aínda que nun primeiro momento falaban de recoñecemento automático en casos de RISGA nova e tras solicitude na antiga, sempre con data do mes seguinte á petición da última documentación requirida, semella que a estas alturas non teñen nada claro aínda como van tramitalo.

Ante a grave situación referida, non podemos deixar de denunciar, en primeiro lugar, que menten cando dan por única resposta ás nosas críticas e demandas iso de que “non hai cartos”. Fronte os recortes sociais e a súa imposta “austeridade” mal entendida, basta un exemplo significativo que vén de ser denunciado publicamente: a Consellería de Traballo e Benestar malgasta mil euros diarios en pagar a un número esaxerado de asesores contratados a dedo e que están ao servizo exclusivo da conselleira Beatriz Mato.

E finalmente non  podemos deixar de denunciar, unha vez máis, o insuficiente e inútil da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) en termos de transformación social e de loita contra o empobrecemento. Por iso nós, e moitos colectivos e persoas, defendemos a necesidade de superar estes modelos de “rendas ou salarios para pobres”, para dar paso á Renda Básica das Iguais, concibida como o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades elementais. Fronte a unha RISGA subsidiaria e restritiva, familiar e condicionada, a Renda Básica ten carácter universal, persoal e incondicional. A Renda Básica é suficiente e digna; a RISGA, escasa e miserable. Finalmente, a Renda Básica é un instrumento máis de xustiza e redistribución da riqueza, mentres a RISGA supón un instrumento de fiscalización, exclusión e perpetuación da esmola asistencial.

Coia, setembro 2014

ODS-Coia e Parroquia Cristo da Vitoria.
--
OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia) | odscoia.arkipelagos.net | dereitossociais@gmail.com |@odscoia | tel: 696 618 732 | Atendemos os luns de 17h00 a 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Victoria en Coia (rúa Baiona 9, Vigo)

Enviado por:
Oficina Dereitos Sociais - Coia
-dereitossociais@gmail.com-
25 de setembro de 2014 16:35

__________________

Rede Social de Ferrol Terra

Encontro | Foro | Rede de Apoio Mutuo | Arméria Soc. Coop. Galega

Directorio (Teléfonos, Correos, Sitios-e)

http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/

|||||||||||||||||||||||||||||||||
___________________________

xoves, setembro 25, 2014

Imos celebrar a Asemblea Extraordinaria Deliberativa de Arméria Soc. Coop. Galega, este Venres 26 de Setembro, ás 18:30hs, no Centro Cívico Caranza


Arméria é un proxecto xurdido do seo do Encontro Social de Ferrol Terra, que se constituíu en forma de sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro. A pretensión era a creación dunha ferramenta legalizada e con entidade xurídica propia da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Arméria marcou-se como obxectivo promover actividades de economía social e solidaria que incidirían favorabelmente na calidade de vida das persoas poboadoras das comarcas do noroeste galego (Ferrol Terra de Trasancos, Bezoucos, Eume e Ortegal). As actividades sempre guiadas polos principios da cooperación, da complementariedade, da reciprocidade, da autoxestión, de portas abertas, de democracia participativa, de axuda mutua, con metodoloxías creativas e enfoque intercultural. Pretendía-se que nestas actividades empregaramos xunto ao diñeiro corrente, os euros, o diñeiro social, medido en tempo, traballo voluntario ou intercambios.
Para asociarse a
Arméria había que contribuír con 30 euros ou 5 horas de traballo comunitario.

De tod@s nós depende que este proxecto continúe e vaia collendo forma. A Tenda de Troco é unha mostra real do que se pode facer en positivo. A promoción de hortas comunitarias como a de Caranza. Ou tarefas pendentes como  o apoio, promoción e difusión das finanzas éticas e economía social e solidaria (COOP'57, FIARE, ARÇE, NOSA ENERXÍA, REAS ...).  A Asemblea extraordinaria deliberativa que imos celebrar este venres 26 de setembro, en Caranza, ten ese obxectivo.


Asemblea Extraordinaria Deliberativa de Arméria Soc. Coop. Galega


Día: Venres 26 de Setembro de 2014.
Hora: Ás 18:30hs en primeira convocatoria e ás 19:00hs en segunda e última.
Lugar: Centro Cívico de Caranza.

Unha vez superados todos os tramites de legalización da cooperativa. O Consello Reitor na súa última Xuntanza do 10 de Setembro, acordou entre outros asuntos convocar unha Asemblea Extraordinaria Deliberativa, para analizar a situación do proxecto, novas ideas e compromisos. Con posterioridade, aínda sen data, imos ter que celebrar unha Asemblea Extraordinaria, para a renovación de responsabilidades e se é o caso aprobar os documentos e contas correspondentes.




Arméria Sociedade Cooperativa Galega

(Sen ánimo de lucro)
Avda de Castelao s/n.
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
15406 - Ferrol


Correo-e: armeria.soc.coop.galega@gmail.com
Sitio-e: http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/
__________________

Assembleia Aberta: Que deve fazer a esquerda independentista na comarca de Trasancos, diante do processo eleitoral para as Eleiçons Municipais 2015 ? - Esta Sexta Feira, 26 de Setembro, às 18:30hs, na Fundaçom Artábria


A esquerda independentista ao redor de Nós-UP, lança a sua Assembleia Aberta, diante do processo eleitoral para as Eleiçons Municipais 2015: "Que deve fazer a esquerda independentista na comarca de Trasancos".

Assembleia Aberta

A Sexta Feira, 26 de Setembro, às 18:30hs, na Fundaçom Artábria, en Esteiro (Travessa de Batalhons nº 7 rés-do-chao).

Promove: Nós-Unidade Popular.
_________

A Rede Galega pola Defensa do Dereito á Saúde demanda unha "reforma integral" da Lei para que as persoas teñan a cobertura necesaria


En Santiago de Compostela, este 24 de setembro de 2014, membros da Rede Galega pola Defensa do Dereito á Saúde, realizaron unha rolda de prensa, para pedir unha  reforma fonda ou no caso contrario, retirada, do Real Decreto Lei 16/2012 de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde no marco da xuntanza informal do Consello Interterritorial de Saúde.

A Rede Galega pola Defensa do Dereito á Saúde, integrada por Amnistía Internacional, Médicos do Mundo, Foro Galego de Inmigración, convocaron unha Rolda de Prensa informativa á tarde deste mércores, na Praza do Obradoiro, ao mesmo tempo que se desenvolvía a Xuntanza informal do 'Consello Interterritorial  de Saúde', no que participa a Ministra de Sanidade e @s conselleir@s das  diferentes Comunidades Autónomas do Reino de España, no Hotel San Francisco de Santiago.

A Rede Galega demanda unha "reforma integral" da lei para que as persoas teñan a cobertura necesaria

Unha profunda reforma ou no caso contrario a retirada do Real Decreto lei 16/2012 de Medidas Urxentes para Garantir a Sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde, que supuxo entre outros cambios a exclusión do dereito á atención sanitaria ordinaria para o colectivo de persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa.

No transcurso da Rolda de Prensa informativa fixeron pública a carta dirixida por Amnistia Internacional e apoiada polo resto de organizacións e entidades convocantes , á Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, (tamén se remitíu unha carta similar ao resto de Conselleir@s de Sanidade das  diferentes Comunidades Autónomas) instándolles, baseándose en diferentes pronunciamentos de organismos internacionais do máis alto nivel incumpridos até o de agora polo Estado Español ,  a que en vindeiras xuntanzas do Consello Interterritorial de Sáude se aborde a necesidade de reformar o Real Decreto 16/2012 e de cumprir cos compromisos e recomendacións internacionais para garantir o dereito á saúde de todas ás persoas.

Denuncia

A Rede Galega pola Defensa do Dereito á Saúde denunciou que un millón de persoas se quedou sen acceso á sanidade pública de forma normalizada logo da aprobación do citado Real Decreto Lei 16/2012 que limita a atención sanitaria a inmigrantes sen papeis.

Criticaron que malia que a gran maioría de persoas non amparadas son inmigrantes en situación "irregular", profesionais ligados á Rede segue atendendo as persoas que acoden á consulta. A este tipo de pacientes, cando acoden a urxencias, se lles fai asinar un compromiso de pago polos servizos, ou en ocasións pásaselles unha factura posterior.

@s membros da Rede explicaron que moitas comunidades desenvolveron un plan alternativo para ofrecer atención sanitaria, como Galiza co 'Plan Galego da Protección da Saúde Pública'. Sobre este, dixeron que se trata dun parche, porque nel segue sen recoñecerse o dereito á saúde.

Denunciaron que distintos organismos internacionais chamaron a atención á administración española, por vulnerar a súa obrigación de proporcionar atención en saúde á poboación do seu territorio, independentemente da súa situación administrativa. Estes tratados vulnerados están asinados polo Reino de España e que ano tras ano se lle recorda que os incumpren.

Información baseada na enviada por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
23 de setembro de 2014 23:03

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com/

________

mércores, setembro 24, 2014

Nova concentración en apoio do Ateneo Ferrolán - Xoves 25 de Setembro ás 18:30hs - Que o Concello asuma as súas responsabilidades


Unha nova concentración convocada polo Ateneo Ferrolán, co apoio dunha parte moi importante do tecido asociativo e cultural da cidade, vai ter lugar este xoves 25 de Setembro, ás 18:30hs na Praza do Concello, diante do Pazo Municipal, para esixir-lle ao goberno municipal que asuma as responsabilidades contraidas e se encargue dos gastos do traslado e almacenamento do patrimonio da entidade por mor das obras de rehabilitación do edificio que realizou o Concello. Simultaneamente un membro da Xunta Directiva da entidade cultural, ao abeiro do disposto no regulamento de Participación Cidadá, tomará a palabra no Pleno Municipal que se celebrará ás 19:00hs co mesmo obxectivo.

Apoiar ao Ateneo e á Cultura Popular! Participa na Concentración !!

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña) | BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/ | Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117 | Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan

Campaña de apoio e defensa do Ateneo. Patrimonio da cidade. | https://www.facebook.com/pages/Salvemos-o-Ateneo/1430118530577463?ref=hl | http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html

Faite soci@! Colabora con nos! | Para axudas e aportacións económicas: CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán. | ES72-3058-6402-9527-2000-5350


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
24 de setembro de 2014 12:10

_____________________

Dende a Área dá Muller da A.C. Fuco Buxan o 23 de Setembro de 2014, é un dia de alegría para todas as cidadás e cidadás que durante meses nos atopamos na rúa loitando por un dereito conseguido e que nos querían arrebatar


Compañeiras da 'Marcha Mundial das Mulleres', da 'Plataforma Galega en defensa do dereito ao aborto' ou do 'Tren da liberdade', cidadáns e cidadás:  PARABÉNS !!!

Quixeramos chamar a atención sobre unha das súas frases de despedida “máis que desautorizado, sento que non fun capaz de cumprir o encargo". É dicir era un encargo do goberno e do presidente.

Na película da reforma da lei do aborto é Ruiz-Gallardón o protagonista. Pero non é o director. Porque o director chámase Mariano Rajoy. O presidente do Goberno. Quizá o protagonista, pola súa personalidade, codirixe algunhas escenas do filme.

Crese totalmente o personaxe e colle a bandeira dos bispos que espantan aos seus fieis con argumentos tales como que a lexislación actual (e a pasada) produce un “holocausto silencioso”; que “o aborto é peor que o abuso sexual a menores por parte de eclesiásticos”; que a batalla “pola vida será longa, como a que aboliu a escravitude”, ou que hai que derrogar toda a lei porque “si é un crime, non pode aceptarse en ningún suposto”.

Por sorte, álzanse as bases católicas que pisan rúa e ven o sufrimento das mulleres que afrontan embarazos non desexados. Crear un problema co 83% da cidadanía en contra como di 'Redes Cristiás', que agrupa a centenares de igrexas de base e a grupos organizados como 'Somos Igrexa', o 'Foro de Curas e a Asociación de Teólogos Juan XXIII'.

O papel, en todo caso, de ter éxito, permitiríalle en certo momento ter a posibilidade de optar, contar con apoios que no pasado faltáronlle.

Unha vez mais vemos como a dereita española está secuestrada pola a minoritaria voz do nacional-catolicismo e unha vez mais emerxe ata alborotar a convivencia que nestes momentos está en sintonía cos Dereitos Humanos e que nos sitúa ética e xuridicamente entre os países modernos da nosa contorna.

Como director da película, Mariano Rajoy o final quixo que fose obra súa e antes de marcharse de viaxe, saca de escena ao protagonista deixando o papel, dun actor secundario de serie ”B”  e dinos que o proxecto de reforma retírase ante a falta de consenso. Que a reforma Gallardón morreu.

É importante sinalar que Gallardón vaise enfrontado con todos os sectores da Xustiza por diversos motivos, entre eles:
  • Impulsou un anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial, rexeitada por todos os sectores da Xustiza, cunha reorganización da administración de Xustiza.
  • Fai un ano remitiu ao Congreso un novo Código Penal con algunhas polémicas como a prisión permanente revisable, equivalente a unha cadea perpetua revisable. Ten rexeitamento da maioría da oposición.
  • Ao comezo da lexislatura asegurou que era inconstitucional a elección parlamentaria de todo o Consello Xeral do Poder Xudicial. A metade de lexislatura cambiou de criterio e pactou cos partidos unha renovación con elección parlamentaria de todos os seus membros sen volver mencionar a suposta inconstitucionalidade. A reforma foi aprobada sen máis apoios que o do PP e está recorrida no Tribunal Constitucional.
  • As taxas xudiciais que implantou no inicio da lexislatura. Só os votos do PP aprobaron esta medida e agora rexeitaron no Congreso a derrogación. A medida foi aprobada no inicio da lexislatura e está recorrida no Tribunal Constitucional.
  • A cesión aos rexistradores mercantiis a xestión dos rexistros civís.
  • Constituíu un comité de expertos para facer unha nova Lei de Enxuizamento Criminal, necesaria para cambiar o proceso penal. O PP admitía por primeira vez a posibilidade de que os fiscais instrúan procesos. Foi aparcada e tampouco sairá esta lexislatura.
  • As carreiras de fiscais e xuíces, pese a ser maioritariamente conservadoras, están enfrontadas co ministro de Xustiza por medidas como a eliminación de substitutos o que implica perda de calidade no traballo. Nesa batalla están ata as asociacións conservadoras e organismo como o Consello Fiscal con maioría conservadora.
  • Anunciou que os aforados reduciríanse a 22, aínda que iso supuxese cambiar a Constitución e os Estatutos de autonomía. Daquela o Goberno ha ir matizando e quedou na posibilidade de eliminar o aforamento de xuíces e fiscais.
Compañeiras, ¡ esperemos que este pseudo-actor, este,  por moito tempo,  afastado de postos onde poida facer dano á liberdade de calquera cidadán¡ ¡ A loita continua ¡                       
Área da Muller da A.C. Fuco Buxán
http://www.fucobuxan.net/

Enviado por:
Área da Muller da A.C. Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
24 de setembro de 2014 01:36

Engádese Nota da Área da Muller da A.C. Fuco Buxán, referente ao acontecido este martes 23 de setembro:  Retirada polo goberno da Reforma da Lei do Aborto. Dimisión do Ministro de Xustiza. Área da Muller de Fuco Buxán (Reforma Lei Aborto e dimisión Gallardón).

_________

Continuamos marchando, obxectivo o 29N, por "Pan, Traballo e Teito" - Nova Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra este mércores 24 de Setembro, ás 18:30hs, no Ateneo Ferrolán


Continuamos preparando a marcha até o 29N, unha nova Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrol Terra, vai ter lugar este mércores, 24 de Setembro, no Ateneo Ferrolán, mais desta vez está convocada para as seis e media da tarde. Non faltes, organicemos o combate contra a pasividade, organícemo-nos para mobilizar e concienciar, co obxectivo dunha sociedade máis xusta e igualitaria, acabar coa pobreza e a violencia, polo "pan, traballo e teito".

Á rúa que xa é hora !   Si se pode!

XII asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra

A nova Asamblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra,  terá lugar o mércores 24 de Setembro de 2014, ás 18:30 no Ateneo Ferrolán.

Ademais de convocar a todas as persoas interesadas a titulo particular, facemos un chamamento á asistencia de todas aquelas asociacións, organizacións, partidos, etc ... adheridos a este movemento, xa que se debaterán puntos fundamentais sobre a mobilización que se planea celebrar o vindeiro 29 de Novembro en Santiago de Compostela.

Os puntos a debater serán os seguintes:
  1. Elección de moderador.
  2. Proposta de engadido ó manifesto redactado para a mobilización do 29-N. Punto non resolto na anterior asemblea. Volvo a incluír o texto da proposta de Alberto Espiñeira.

    Podedes acceder ó manifesto na seguinte ligazón:
    https://docs.google.com/document/d/1AzGFgvOnWGhzkklWoRtUFs_q0D1V5KTMQTfopVlZbsg/edit?usp=sharing

    Versión curta.

    A engadir despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil. Un paro que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro.

    Versión longa.
    A engadir tamén despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil. Un paro que é unha negación do dereito ó traballo, e que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro, e iso é unha decisión política, o repartir as cousas de isa maneira.

    De novo o paro é outra estafa, nos medios de comunicación dise que a economía ten que medrar por riba do 2,5% para que se xenere emprego, e polo que se ve, se non hay crecemento ten que haber xente que non teña nin pan, nin traballo, nin teito, nin a dignidade que iso conleva.

    E podemos facer a seguinte reflexión, ¿non será que o problema está no reparto que fan da riqueza, e de como manexan a mesma para someter a xente?, pero non, botanlle a culpa a un parámetro económico, que lle chaman o 2,5 %.
  3. Horario da manifestación do 6N: introducido a proposta de Alberto Espiñeira. Parécelle moi cedo as 18:00h para que participe a xente que está traballando.
  4. Evolución das tarefas definidas para o 29N, e asignación de novas tarefas.
    • Temos pendente de asignar responsables para as seguintes tarefas:
      • Transporte a Santiago o día 29 de Novembro.
      • Establecer contactos con Somos Maioría, Marea Ártabra e outras novas formacións políticas.
  5. Rogos e preguntas
Un saúdo,

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA !!!

________________