venres, xullo 31, 2015

O Pleno do Concello do día 30 de xullo aprobou a moción que declara a Narón municipio oposto o TTIP


NARÓN MUNICIPIO OPOSTO O TTIP

Dende Esquerda Unida Narón valoramos moi positivamente que o pleno do concello do día 30 de xullo aprobase a moción que declara a Narón municipio oposto o TTIP, nos felicitamos por esta decisión histórica, dende EU comezaremos  unha campaña de información e concienciación da cidadanía para que entenda a ameaza que supón para todas e todos este tratado.

Como manifestou en máis dunha ocasión o noso concelleiro André Abeledo:

O TTIP ameaza tanto os dereitos laborais como a liberdade sindical, ameaza a supervivencia dos servizos públicos, supón a privatización dos servizos básicos, ameaza a seguridade alimentaria, ameaza os recursos naturais, ameaza a biodibersidade, ameaza a privacidade persoal, permite un maior control de internet, ameaza o acceso os produtos farmacéuticos.

O TTIP rouba a soberanía nacional dos pobos deixando en mans das multinacionais o poder real, e deixando tamén a democracia baleira de contido.

O TTIP é un atentado contra a clase obreira, que tratan de impoñernos os poderosos pola porta de atrás e sen luz nin taquígrafos, o TTIP é un paso definitivo cara a ditadura do capital!
”.


ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
31 de julho de 2015 13:39

___________

Enlaces relacionados:

http://www.nottip.org.uk/global-day-of-action-april-18-2015/

http://noalttip.blogspot.com.es/

MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.stop-ttip-ceta-tisa.eu/
________________

En Ferrol, como na maioría das cidades da Galiza, o vindeiro domingo 2 de Agosto, ás 8 da tarde terá lugar unha concentración en repulsa polo novo asasinato machista de Moraña


CONCENTRACIÓN DE REPULSA ANTE O UN NOVO ASASINATO MACHISTA


A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL, POLO ASASINATO DE DÚAS IRMÁS DE 4 E 9 ANOS A MANS DO SEU PAI.

Un home asasina as súas dúas fillas en Moraña. O pai das meniñas estaba separado da nai, mais estaba ao cargo das menores, ao dispor da custodia durante as vacacións de verán. Facemos un chamamento a toda a sociedade para que visibilice o seu rexeitamento, sairemos á rúa todos os días que fagan falta esixindo xustiza, loitando contra os valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia machista contra as mulleres polo mero feito de selo.

Non só as mulleres sufrimos violencia pero o machismo mata e fire tamén ao que máis queremos, as nosas crianzas son vítimas indirectas e en demasiadas ocasión como esta, vítimas directas.

AMOSAREMOS O NOSO TOTAL REXEITAMENTO

O DOMINGO DIA 2 DE AGOSTO ÁS 20H.
NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

--
"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
31 de julho de 2015 15:59

______________

A nova relacionada en varios medios:

Un pai mata ás súas dúas fillas menores en Moraña e intenta suicidarse. |
O home, con feridas no pescozo e os pulsos, foi trasladado ao Hospital de Montecelo. Segundo veciños d'O Casal, as pequenas pasaban as vacacións co seu proxenitor, quen debía entregarllas á súa nai mañá ao estar separados. | Faro de Vigo - Carlos García - Pontevedra 31.07.2015 | 16:24 | Ir á Web.

Un home mata ás súas dúas fillas en Moraña e inténtase quitar a vida. | As primeiras informacións apuntan a que quería vingarse da súa muller, da que estaba divorciado. | López Penide Moraña / La Voz de Galicia, 31 de xullo de 2015. Actualizado ás 15:25 h. | Ir á Web.
________________

Eliximos Narón aposta por unha revisión das tarifas de auga e saneamento para non penalizar as familias numerosas e as vivendas con máis persoas

Eliximos Narón aposta por unha revisión das tarifas de auga e saneamento para non penalizar as familias numerosas e as vivendas con máis persoas

As tarifas de auga e saneamento de Narón castigan as vivendas con mais membros, e normalmente son estas as que teñen menos renda per cápita, ben sexan familias numerosas ou familias con varias xeracións que se xuntan precisamente para poder facer fronte as dificultades económicas.

Coa parte da tarifa do Concello, chegamos a ter a triste e ridícula situación de que a unha vivenda de 6 persoas, cun consumo medio, pagaría 510,17 euros o ano por auga e sumidoiros, mentres que si instala dous contadores en paralelo e paga dous recibos, a pesar de pagar dúas veces as cotas fixas de servizo, aforrarían 270,44 euros o ano (o 53% do recibo).

A Xunta no canon da auga fai descontos para vivendas de mais de tres persoas e familias numerosas que o soliciten, e así o aconsella o Pacto Local para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga da FEGAMP e xa o aplican Concellos como Ferrol.

Por outro lado, en Ferrol tamén se aplica a tarifa doméstica a pequenos comercios exentos de IAE, despachos profesionais e garaxes particulares, en que o uso da auga e similar o dunha vivenda co fin de non lastrar a súa economía.

http://eliximos.esy.es/

Eliximos Narón Electores (ENE)
Participación cidadá
Grupo Municipal Mixto de Narón
Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 /
E-mail: grupomixto_ene@naron.es

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
31 de julho de 2015 14:43

_____________

"Que o goberno do Estado se faga cargo do custe do novo medicamento para a hepatites C", din desde Esquerda Unida de Narón


EU NARÓN COS ENFERMOS DA HEPATITES C

Esquerda Unida Narón participou este martes día 28 no acto dos afectados de hepatites C celebrado en Valón, estivo representada por Belén Aneiros responsable da área da muller no CPL de EU Narón, e Manola López García.

Dende Esquerda Unida seguimos esixindo que o goberno do estado se faga cargo do custe do novo medicamento para a hepatites C, que pode evitar mortes, ademais de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esta doenza. Durante o acto os conferenciantes incidiron na situación dos enfermos presos nas cárceres do estado onde os enfermos están nunha peor situación. Como di o noso concelleiro André Abeledo “non se pode poñer prezo a vida”.


ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
31 de julho de 2015 13:37

___________

domingo, xullo 19, 2015

Crise da auga en Ferrolterra (Nota de prensa EU Narón)


Esquerda Unida de Narón defende a necesidade de municipalizar os servizos básicos para a cidadanía, a crise da auga que deixou sen este ben tan prezado a miles de persoas en Narón, e en toda a nosa comarca, reforza a idea da necesidade da municipalización deste servizo, entendemos que deixar en mans de empresas privadas, que como non pode ser de outra maneira buscan un beneficio económico, pode ser a causa de que o servizo perda calidade e encareza o seu prezo, e tamén da grave falta de comunicación cos gobernos locais.

Esquerda Unida de Narón entende que hai que depurar responsabilidades, á vista da información da que dispoñemos parece que a empresa concesionaria do servizo, non actuou correctamente ao non efectuar os controis coa suficiente celeridade, e o que é moito mais grave, non comunicou inmediatamente aos Concellos, como é a súa obriga, o resultado dos mesmos, recordemos que no caso de Narón o concello ten ademais o 51% no consello de administración, este tamén é o caso do veciño Ferrol.

Neste caso entendemos que non se pode responsabilizar aos gobernos locais nin aos Alcaldes da situación.

Ante as ultimas declaracións dende a Consellería de Sanidade que pretenden responsabilizar a un dos Alcaldes da situación, falamos de Jorge Suárez o alcalde de Ferrol, indicar a nosa sorpresa ante esta acusación, pois sabemos que tanto o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, como o de Ferrol, como o resto dos alcaldes, non foron informados ata o día 16 dunha situación xa coñecida por EMAFESA, cando menos dende o día 6 de Xullo, e parece ser que dende antes desa data.

Esquerda Unida de Narón á vista do sucedido entende urxente reabrir o debate sobre a municipalización do servizo da auga polo ben das veciñas e veciños.


ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
19 de julho de 2015 13:37

___________

Comunicado da Marea Artabra ante a crise da auga en Ferrol

Tags
O pasado dia 16 Xullo tivemos coñecemento a cidadanía de Ferrol, de que a auga corrente non era apta para o consumo en razón dunha contaminación por trihalometano.

                                 Precisamente ese día ás 10:30 horas unha delegación de MAREA ARTABRA tiña concertada  unha xuntanza no Concello  co Alcalde , xuntanza que tivo que ser suspendida debido a que este problema requiría a intervención directa de Jorge Suárez.  Nesa xuntanza, que quedou adiada, un dos asuntos principais  que Marea Ártabra  íamos trasladarlle ao Alcalde, tiña que ver coa xestión da auga en Ferrol e o noso compromiso de colaborar activamente para poñer os medios e dar os pasos necesarios para a remunicipalización da súa xestión.


                                 Os datos que imos coñecendo sobre este asunto -e que mesmo motivan a  actuación da Fiscalía- reafírmanos na reivindicación de que o servizo de augas do Concello  de Ferrol debe ser canto antes remunicipalizado, e prescindirse da parte empresarial privada que SEMPRE vai pór por diante o  seu beneficio económico antes que o interese xeral e os dereitos da cidadanía.

Coordenadora Aberta da Marea Ártabra

Mareaartabra.gal | #MareaArtabra | @mareaartabra | info@mareaartabra.gal | Facebook

Teléfono: 633 352 131

Enviado por:
MAREA ÁRTABRA
-mareaartabra@gmail.com

-19 de julho de 2015 23:51

luns, xullo 13, 2015

“Os asasinatos da honra son unha verdadeira vergoña! Basta xa de matar mulleres en nome da cultura!” - Chamada á acción 14 de xullo en lembranza das vítimas do matrimonio forzado e a violencia baseada na honra


Chamada á acción 14 de xullo


"Día de lembranza das vítimas do matrimonio forzado e a violencia baseada na honra"

O 14 de xullo marca o aniversario de Shafilea Ahmed, quen perdeu a súa vida en 2003 con apenas 17 anos. Tras sufrir durante anos violencia por motivos de honra, incluída unha tentativa de matrimonio forzado, os pais de Shafilea asfixiárona ata matala diante dos seus irmáns. Intentaron forzar á nena a aceptar un matrimonio concertado e tiñan medo de que a súa negación atraese vergoña sobre a súa familia. Desgraciadamente, Shafilea non era a única.

Calcúlase que ao redor de 5.000 mulleres de todo o mundo son asasinadas cada ano por traer vergoña ás súas familias, aínda que se cre que a cifra real é moito máis elevada, xa que moitas simplemente "desaparecen" debido aos códigos de honra das súas comunidades. Ao mesmo tempo, unhas 64.000 mozas serán forzadas a casar antes de cumprir 18 anos.

Pedímosvos que vos unades a Marcha Mundial das Mulleres no seu apoio á asociación Kharma Nirvana que da apoio ás vítimas e superviventes dos matrimonios forzados e a violencia baseada na honra, para conseguir que esta loita sexa global. Podedes axudarnos implicándovos na concienciación acerca dos matrimonios forzados e a violencia baseada na honra, o martes día 14.

Pedímosvos que fagades un minuto de ruido (literal), que o grabedes e que o subades a Youtube, Facebook ou Tweeter. Queremos que o martes 14 as redes sociais se enchan de mensaxes reclamando o fin dos matrimonios forzados e a violencia baseada na honra.

A mensaxe que propoñemos é: “Os asasinatos da honra son unha verdadeira vergoña! Basta xa de matar mulleres en nome da cultura!

Achega as túas fotos, vídeos ou outros materiais a:
>>> marchagaliza@gmail.com
>>> ou a info@marchemondiale.org

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza


Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
12 de julho de 2015 22:58
__________

venres, xullo 10, 2015

Convocada a 9ª Marcha a Pé Ferrol-Mugardos contra o despropósito gasista de Reganosa - O venres 17 de xullo, desde Caranza ás 5 da tarde, no Parque Caremelo Teixeiro

Tags
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como xa é tradicional, convoca para o vindeiro:

Venres 17 de Xullo, de 2015 a IX Marcha a pé Ferrol-Mugardos

Co lema: Móvete contra a impunidade. Planta de Gas: Peche Xá! Fóra da Ría!
A saída será ás 17:00hs (cinco da tarde), desde o Parque Carmelo Teixeiro, en Caranza – Ferrol; percorrendo a ponte de As Pías, Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A Pedreira, Reganosa, Mehá e chegada ao Campo dos Carneiros en Mugardos, onde se celebrará un sinxelo acto de confraternidade, con música e merenda.​

Desde hai oito anos vimos marchando ano pos ano, covocad@s polo  Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, desde que o fixeramos por primeira vez en Xullo de 2007, trataba-se de solidarizar-se coa veciñanza de Meá que comezara un peche na Casa do Concello de Mugardos, peche que durou 111 días. Na dura loita contra REGANOSA, desde 1999, o papel da veciñanza de Meá, perante estes 16 anos foi e segue sendo moi importante, mais estes 111 días de peche, foron enriquecedores para o movemento social e cidadán opositor a REGANOSA e ao seu despropósito gasístico no corazón da nosa Ría: a Planta de Gas. [1]

As tácticas de Reganosa, para asentar-se na Ría de Ferrol xogan co mecenado e cunha suposta, por non dicir falsa, contribución ao desenvolvemento industrial e a creación de emprego. O que supón de chantaxe, nunha comarca en declive e deprimida, social e economicamente. A pesar, non só de ser un potencial perigo para a poboación que moramos na contorna da ría de Ferrol (pois a capacidade de destrución de Reganosa, e mesmo a dun buque gaseiro, é similar a dunha bomba atómica, maior que as que destruíron Hirosima e Nagasaki en Agosto do 1945), senón que tamén, por ser unha planta deficitaria desde que se puxo en funcionamento, porque ademais do custe millonario inicial, ven-nos custando a tod@s, ano pos ano, ao redor de 60 millóns de euros. Reganosa xoga ao mecenado con clubs deportivos; coa construción dun museo que albergará ao desmantelado (por eles mesmos) asentamento romano de Cadaval; como fonte de ingresos en concepto de propaganda (moitas veces encuberta) para os medios; con que enche o peto municipal de Mugardos;  ou que dispara as estatísticas do Porto de Ferrol en movemento de toneladas de mercancías ano; ... anda ás voltas con Navantia, a Xunta de Galicia -que puxo 222.000 euros- e a Autoridade Portuaria, para un "proxecto" de buque gasofeiro que desenvolvería a súa actividade con base en Punta Promontorio, coa suposta perspectiva mundial do aumento de buques que van utilizar o GNL como combustíbel, establecendo un Hub de suministro de LNG/GNL na Ría de Ferrol. Para o que solicitan xa, a prevista ampliación da súa capacidade de almacenamento de gas natural licuado. Sacrificando unha vez máis a Ría, a nivel medio ambiental e aumentando o perigo potencial de por si ameazada seguridade e vida da poboación.  Asunto ao que o Comité Cidadán xa manifestou a súa oposición.

O último de Reganosa é a solicitude de ampliación da concesión das instalacións portuarias que ocupa xunto a Forestal del Atlántico (Grupo Tojeiro) que remata en 2017. Solicitude que se realiza con dous anos de antelación! Asunto ao que o Comité Cidadán de Emerxencia ven presentar as oportunas alegacións, partindo en primeiro lugar de que a concesión está feita a Forestal, e o cambio de uso, ao compartila con Reganosa, debera iniciar un novo trámite para concederlla, cousa que o Comité ten denunciado.


Pasaron xa tres anos desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


[1] Podes-se ver a crónica destes 111 días, no blogue: "Rompendo muros de silencio".

Información baseada na enviada por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
10 de julho de 2015 00:59
_______________

xoves, xullo 09, 2015

A alianza neoliberal vota no Parlamento Europeo a favor do mecanismo de resolución de conflitos entre empresas e Estados (ISDS) - Para eludir votar a emenda que podía parar o ISDS, o Partido Socialista presentou unha emenda de compromiso, que foi aprobada - Lidia Senra: "O TTIP converteríanos en persoas sen dereitos escravas das multinacionais"


Lidia Senra: "O TTIP converteríanos en persoas sen dereitos escravas das multinacionais". | A alianza neoliberal vota no Parlamento Europeo a favor do mecanismo de resolución de conflitos entre empresas e Estados (ISDS). | Para eludir votar a emenda que podía parar o ISDS, o Partido Socialista presentou unha emenda de compromiso, que foi aprobada.


Na mañá de hoxe tivo lugar a votación do informe de recomendacións do Parlamento Europeo á Comisión Europea relativas ás negociacións da Asociación Transatlántica de Comercio e Inversión (ATCI) -máis coñecido como o TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership)-, elaborado pola Comisión de Comercio Internacional do Parlamento Europeo.

O debate e votación deste informe foron adiados polo presidente do Parlamento, o socialista Martin Schulz, na sesión plenaria do mes pasado, diante da posibilidade de que o mecanismo de resolución de conflitos ISDS ficase excluído[1].

Hoxe asistimos de novo á confirmación de que a grande alianza neoliberal está disposta a empregar todo tipo de artimañas para sacar adiante instrumentos cos que someter aos pobos baixo os intereses do capital. Para impedir o bloqueo do ISDS foi presentada polo autor do informe, o tamén socialista Bernd Lange, unha enmenda de compromiso -aprobada- que deixa a porta aberta á implementación destes pseudotribunais entre empresas e Estados. Finalmente, o informe de recomendacións saíu aprobado con 436 votos a favor e 241 en contra.

Dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa e dende o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nordica "temos a responsabilidade de seguir alertando de que a Unión Europea e os Estados Unidos están negociando un grande nivel de transferencia de soberanía dos pobos ás grandes corporacións transnacionais", sinalou Lídia Senra.

De feito, moitos dos recortes impostos á cidadanía pola Troika a través do Partido Popular, como a restrición de dereitos laborais, os recortes en servizos públicos... ou medidas impulsadas directamente dende a Unión Europea, como a liberalización de sectores produtivos como o leiteiro,  "xa están na liña de preparar o terreo para este grande acordo que, se non paramos, convertiranos en persoas sen dereitos e escravas das multinacionais".

"Estamos diante dun acordo que ataca a democracia", advertiu a eurodeputada galega, "que ataca o principio de precaución, os servizos públicos, os dereitos laborais, as pequenas e medianas explotacións agrarias, as pequenas e medianas empresas, e que aparta aos produtores e produtoras dos seus mercados locais e de proximidade".

AGEe votou en contra deste informe e seguiremos esixindo a suspensión inmediata das negociacións.

Estrasburgo, 8 Xullo 2015.

[1] Ver NdP100615AGEe_A suspensión do debate sobre o TTIP é unha burla á cidadanía
---
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

[*] Lidia Senra, eurodiputada, da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde (AGEe - GUE/NGL). |
lidia.senra@europarl.europa.eu



Máis información en
:
Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
8 de julho de 2015 18:07

_______________

mércores, xullo 08, 2015

Como todos os xoves, desde hai catro meses, este 9 de Xullo ás 11:30hs diante do Edificio da Xunta, as Marchas da Dignidade Ferrolterra reivindicarán emprego e unha renda básica


CONTRA O PARO, EMPREGO E RENDA BÁSICA!! ESTE XOVES 9 DE XULLO AS 11:30HS DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA EN FERROL

Participa na concentración de este xoves para seguir na loita contra a Troika e os seus servidores no estado español e denunciar as súas políticas que tanto nos afectan en Ferrolterra, PARO, PRECARIEDADE E INSUFICIENTES E RECORTADAS PRESTACIÓNS SOCIAIS. E reclamar un plan de choque contra o paro, emprego para todas e todos e unha renda básica urxentemente.

Antes da concentración, entre as 9:00 e 11:00 estaremos repartindo follas informativas diante da oficina de emprego da avda de Vigo en Ferrol. Se podes participa e difunde!!​

MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/675713512559289/

Telefono e Correo-e de Contacto:

603 213 863

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Sitios na Rede:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galiza: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estado: http://marchasdeladignidad.org/

Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCBGNk1PF297Qdm33jbX_esg
Perfil de facebook das Marchas da Dignidade de Ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra

Enviado por:
Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
8 de julho de 2015 23:27
_________________

domingo, xullo 05, 2015

Sensibilidade, ... Por Amadeo Varela

Por Amadeo Varela [*]
05.07.2015


É incrible o entusiasmo que poñen algúns medios informativos para lle buscar tres pés a un gato cando se trata de desprestixiar a un rival. Eis os casos deses concelleiro e concelleira madrileños dos que case están a pedir as súas cabezas por un par de chistes malos ou por unha protesta nunha capela. Home, eu coido que, se cadra, como moito poderían merecer uns tiróns de orellas pola mala calidade dos chistes do primeiro, ou pola falta de sensibilidade da segunda, mais non parecen actuacións tan graves como para non considerar nin respectar as propias sensibilidades dos que protestan. E máis tendo en conta a cantidade de corruptos que están a campar polos seus respectos, sen que ninguén se alporice porque aínda non estean na cadea. Iso, tratándose dun país no que algúns presidentes e ministros “menten máis que falan” e no que se incumpren sistematicamente acordos institucionais e fallos xudiciais, máis parece unha perrencha que outra cousa. Non é?

Publicado no Diario de Ferrol | 02.07.2015

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida") publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
____________

Sorpresa e desconcerto, ... Por Rafael Pillado


Por Rafael Pillado [*]
05.07.2015


Sorpresa e desconcerto

Lía esta mañá a columna que escribe Enrique Barreira. Debo dicir que o autor meréceme respecto, o mesmo que a súa opinión manifestada ao longo de moitos anos. Con todo, o que hoxe escribe sobre Grecia rompe esa opinión de forma rotunda.

Segundo el, para defender a dignidade do pobo heleno, hai que contar con moeda propia, lograr complicidades e dar garantías de loita contra a fraude, ademais de acabar con abusivas pensións. Ata, reestruturar a débeda para crecer economicamente e dispoñer de recursos para axudas sociais. E di, ¡así de sinxelo!

Conclúe coa idea de que era unha quimera impoñerse á unión europea. Ata nos di aos que aplaudimos o triunfo de Syriza que hoxe miramos para outro lado.

Ao meu xuízo, totalmente desenfocado. Non sé o que pensa Enrique das medidas que a troika aplicou a España. En calquera caso, ditas medidas foron ditadas polos intereses económicos e financeiros. Seica os desafiuzamentos, a reforma laboral, os baixos salarios, a progresiva liquidación do fondo de pensións, a privatización xeneralizada, etc. son aceptables? ¡Que nolo explique!
Que suxire, que asumamos as directrices da chamada troika? Que traguemos o que nos boten?

Algunhas ideas respecto diso. Estes días reuníase un comité constituído por personalidades internacionais que ditaminou que a débeda grega é ilexítima. Pero é que a súa débeda non caeu, como en España, do ceo. Nace das políticas desenvolvidas durante anos polos partidos Pasok e Nova Democracia nun proceso bipartidista, a semellanza do sucedida en España, cuxos beneficiarios eran os bancos e multinacionais. E, ademais, ambos partidos aplicaron as esixencias da troika, sen poñer resistencia. ¡Así chegamos ata aquí! Lograron solucións? ¡Pola contra a crise profundouse! E hai que dicir que cun descrédito superlativo deses partidos. Syriza leva só meses gobernando.

Por outra banda, non ter moeda propia, impide defender a dignidade, que é o que nos queda aos que nada temos ou tendo-o quítannos-lo?

E di Enrique que garantan a loita contra a fraude fiscal. Pero, quen son os defraudadores e os corruptores? Seica non comprobamos como Jean-Claude Juncker Presidente da Comisión europea fixera trampa a toda Europa, dando refuxio a empresas e entidades financeiras en Luxemburgo; Mario Dragui, sendo asesor do desastre financeiro en Grecia. Logo pasan a postos claves.

E fala de abusivas pensións. Cando os que se levan os diñeiros son empresas e financeiros, burlando a legalidade, cando non se escudan nunha legalidade á súa medida.

Non che entendo Enrique. Os rescates sucesivos, é dicir, os millóns de euros que entregou a troika a Grecia, foron aos bancos alemáns e franceses. O pobo grego non os viu nin polo forro. Claro que o goberno de Syriza quere reestruturar a débeda, promover o crecemento. Pero o que queren, non Europa, senón os grupos financeiros que a teñen secuestrada, é dar un escarmento ao pobo que non se resigna a ser un mero convidado de pedra. Sinalándolle que as súas decisións soberanas non poden apoiar a un partido como Syriza, por moi democraticamente que o decidiron. Para eses poderes, a democracia vale ata onde eles queren.

Laméntoo Enrique. Prefiro estar con ese pobo e o seu goberno que rexeitan a imposición da troika a ser un mero instrumento de interese espúreos. Hai que apoiar á nación grega. Hai que mobilizarse, como fixeron os pobos alemán, británico, francés, etc.

Por certo, moitos miramos aos helenos convencidos de que gañarán esta partida, por dura que lla poñan.

Nota.- Escrito o 29 de Xuño de 2015

[*] Rafael Pillado Lista, San Cibrao (Cervo) o 12 de xuño de 1942, xubilado de BAZAN,  é Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán e membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Foi un activista sindical e político nos anos da ditadura franquista, sen deixar nunca a súa actividade social e política. Participou no Encontro Social e na Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Agora fai-no nas Marchas da Dignidade de Ferrolterra. Escribe artigos sobre a actualidade nos medios locais. Ten escrito un importante e moi interesante libro sobre unha parte da nosa historia recente "O Latexo da vida e da conciencia - Memorias Colectivas de Rafael Pillado - I (Primeiro Volume)".

Enviado por:
Rafael Pillado
-rafaelpillado@gmail.com-
4 de julho de 2015 12:37
__________

Convocada unha concentración en Ferrol en repulsa ante un novo Asasinato Machista - O Luns 6 de Xullo ás 8 da tarde na Praza do Concello


CONCENTRACIÓN ASASINATO MACHISTA LUNS 6 DE XULLO

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL, POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE BEATRIZ RODRÍGUEZ MARIÑO

Beatriz foi asasinada este venres xunto a Sergio Rodríguez Fernández pola súa ex parella. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar este cruel asasinato e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

O LUNS 6 ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL
--
"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleresmmmferrolterra@gmail.com


Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
4 de julho de 2015 21:53

_________

A noticia:

A exparella da asasinada xunto ao seu noivo, único detido polo crime. | Permaneceu todo o día de onte no cuartel da Garda Civil de Ponteareas mentres segue o rastrexo das armas en Arbo e Crecente. | Ir á Web.
M. T., A. P., A.M.Arbo / La Voz, 05 de julio de 2015. Actualizado a las 01:39 h.

Achan en Arbo a un home degollado e a unha muller cun tiro na cabeza. | As armas non apareceron no vehículo nin na zona. A Garda Civil busca ao posible asasino. | Ir á Web. | M. T. A. M.Vigo / La Voz, 04 de julio de 2015. Actualizado a las 01:31 h.
________________

Grecia resiste!! en Ferrol non á Troika!! - Vídeo


Concentración de apoio ao pobo grego, denunciando a chantaxe á que está sendo sometido por parte do poder económico representado pola Troika. Este domingo vai ser o referendum en Grecia, desde Ferrol pedimoslles que voten #OXI que significa #NON á chantaxe da Troika!!


https://youtu.be/vMiOEwR7cmc


Enlaces de referencia:

Ártabra 21: Concentración en Solidariedade co Pobo Grego, por un Non rotundo á chantaxe da Troika - En Ferrol, sábado 4 de Xullo, às 12 do medio día na Praza do Concello - Discurso do referéndum de Alexis Tsipras

Ártabra 21: Este sábado 4 de Xullo, Concentración en Solidariedade co Pobo Grego, na Praza de Armas, ás 12 do mediodía - #Oxi
_________________

sábado, xullo 04, 2015

Concentración en Solidariedade co Pobo Grego, por un Non rotundo á chantaxe da Troika - En Ferrol, sábado 4 de Xullo, às 12 do medio día na Praza do Concello - Discurso do referendum de Alexis Tsipras


EN SOLIDARIEDADE CO POBO GREGO, POR TOD@S NÓS,
POR UN NON (OXI) ROTUNDO Á CHANTAXE DA TROIKA


CONCENTRACIÓN NA PRAZA DE ARMAS DE FERROL
SÁBADO 4 DE XULLO DE 2015
ÁS 12 DO MEDIODÍA.


O pobo grego leva tempo sufrindo os graves efectos da crise financeira mundial. Do mesmo xeito que moitos outros países, para evitar o desplome da banca e facer fronte ó buraco deixado por esta endebedouse. A fraxilidade da súa economía produtiva, a incompetencia e corrupción dos seus pasados gobernos, e o elevado dos intereses pagados á banca privada polos empréstitos fixo medrar esta débeda de forma perigosa. Neste panorama, o Fondo Monetario Internacional, o Banco Central Europeo e os estados da Eurozona, que comunmente denominamos Troika, ofreceron adquirir toda a débeda e renegociar as condicións de pago da mesma. O que podía parecer un salvavidas para o pobo grego, terminou sendo un rescate encuberto da banca privada propietaria da débeda, que pasou de correr o risco de non cobrar nunca, a vendela a prezos vergoñentas, facendo un negocio redondo. O peor é que o trato tiña un lado escuro, xa que permitía intervir na política do país. A Troika ditou a aplicación das medidas austericidas que tanto nos soan, os recortes, pero cunha intensidade sen precedentes nun pais europeo en tempos de paz. Todo para derivar eses cartos ó pago dos intereses á banca privada e á propia Troika, danando gravemente ó pobo e á economía de Grecia: destrución de convenios colectivos, descenso dos salarios un 25%, baixada do salario mínimo a niveis dos anos 60, aumento esaxerado da taxa de suicidios, extensión da pobreza ó 35% da poboación, paro do 25 % (no caso dos xovenes, o 60%), etc.

Neste contexto, a vitoria de Syriza nas eleccións marca un cambio de rumbo: da man dun goberno cun proxecto económico racional e socialmente comprometido, conseguen ós poucos meses unha mellora notable:  son quen de afrontar os pagos e prorrogar o rescate mentres implantan medidas que permiten subsistir dignamente á cidadanía  -dando axudas para enerxía, alimentación e vivenda para a poboación baixo o adro da pobreza, subindo o salario mínimo e complementando as pensións máis baixas- mentres aplican recortes en custos disparatados coma o militar. O último dos seus logros: demostrar hai uns días a ilexitimidade da débeda contraida mediante un estudio da mesma por unha comisión independente, e que aporta argumentos sobre o necesario da renegociación da mesma.

Esta raiola de esperanza, tanto para Grecia como para o resto de economías europeas que, como en Ferrolterra. Galiza e no resto do Reino de España,  están a sufrir as consecuencias do austericidio, é unha molestia para a Troika, que só pensa en lucrarse explotando o negocio da débeda, aínda que sexa a costa do sufrimento dun pobo. Temen que cunda o exemplo, que a cidadanía vexa que hai unha forma máis xusta de saír da crise. É por iso que no seu momento se adicaron a facer campaña en contra de Syriza; e tamén o motivo polo que nas últimas negociacións esixiron un recrudecemento inasumible das medidas de austeridade, ou o pago de 1600M€. Unha chantaxe que pretende esmagar o mal exemplo que supón a posición insubmisa de Grecia fronte á Troika: porque se se acepta, o goberno de Syriza quedaría deslexitimado, e o pobo grego condenado á miseria, e abocado ó neonazismo coma opción política. E se non acepta, se ameaza coa suspensión de pagos, a expulsión do euro, a quebra da banca e a ruína.

En xaque, o goberno grego decide convocar un referendo para que sexa o pobo grego quen decida se se aceptará ou non as medidas coercitivas impostas pola Troika, e que terá lugar o vindeiro domingo 5 de xullo.


Hoxe concentrámonos para amosarlle ao pobo grego o noso respaldo e solidariedade e berrar: ¡basta xa de abusos e imposicións!

Porque hai outra Europa posible, a Europa Solidaria, Social e dos Pobos; unha Europa Democrática e con Xustiza Social, medio ambiental e economicamente Sostible.

Porque a vida das persoas debe antepoñerse ós beneficios económicos.

Por to@s nós, no Referendum, un NON (OXI) rotundo á chantaxe da Troika.

¡Troika non! ¡Grecia sí!  #Oxi!

En Ferrolterra, 4 de Xullo de 2015

Comité de Solidariedade co Pobo Grego


Discurso do referendum
Alexis Tsipras



   Compañeir@s greg@s,

   Durante seis meses o goberno grego librou unha batalla en condicións de asfixia económica sen precedentes para levar a cabo o mandato que nos destes o 25 de xaneiro. Mandato que estivemos negociando cos nosos socios para poñer fin á austeridade e para permitir que a prosperidade e a xustiza social regresen de novo ao noso país.

   Foi un mandato para un acordo sostible que respectase a democracia e as regras comúns europeas e para dar lugar á saída definitiva da crise.

   Ao longo dese período de negociacións, pedíusenos que implementásemos os memorándums acordados por gobernos anteriores, aínda que o pobo grego os condease categoricaemte nas eleccións.

   Porén, en ningún momento pensamos en rendernos, é dicir, en traizoar a vosa confianza.

   Despois de cinco meses de duras negociacións, os nosos socios, por desgraza, levaron ao Eurogrupo, antes de onte, un ultimátum á democracia grega e ao pobo grego.

   Un ultimátum é o contrario aos principios e valores fundadores de Europa, os valores do noso proxecto común europeo.

   Pediron ao goberno grego que aceptase unha proposta que inclúe unha nova carga insostible para o pobo grego e que socava a recuperación da economía e da sociedade grega, unha proposta que non só perpetúa o estado de incerteza, senón que acentúa aínda máis as desigualdades sociais.

   A proposta das institucións inclúe medidas que conducen á desregulación do mercado de traballo, recortes nas pensións, máis reducións nos salarios do sector público e un incremento do IVE dos alimentos, restaurantes e turismo; ao tempo que elimina as exencións fiscais para as illas gregas.

   Estas propostas violan directamente os dereitos sociais fundamentais europeos. Mostran, no que toca ao traballo, igualdade e dignidade, que o obxectivo dalgúns dos nosos socios e institucións non é un acordó viable e beneficioso para todas as partes, senón a humillación do pobo grego todo.

   Nestas propostas destaca principalmente a insistencia do FMI na austeridade severa e punitiva e fai máis necesaria ca nunca a necesidade de que as potencias europeas aproveiten a oportunidade e tomen a iniciativa para chegar a un fin definitivo da crise de débeda soberana grega, unha crise que afecta a outros países europeos e que ameaza o mesmo futuro da integración europea.

   Compañeir@s greg@s,

   Neste momento descansa sobre os nosos ombros a responsabilidade histórica, conducida polo pobo grego a través da loita e dos sacrificios, pola consolidación da democracia e da soberanía nacional. A nosa responsabilidade polo futuro do país.

   Hai un intre, na reunión do Consello de Ministros, propuxen a organización dun referéndum para que o pobo grego poida decidir de xeito soberano.

   A proposta foi aceptada por unanimidade.

   Mañá, a Cámara de representantes será convocada con urxencia para ratificar a proposta do Consello de Ministros de que se celebre un referéndum o próximo domingo 5 de xullo sobre a cuestión da aceptación ou o rexeitamento da proposta das institucións.

   Xa informei sobre a miña decisión ao presidente de Francia, á chanceler de Alemaña e ao presidente do BCE, e mañá pedirei formalmente por carta aos líderes e institucións da UE que extendan por uns días o actual programa para que o pobo grego poida decidir libre de calquera presión ou chantaxe, como o esixe a Constitución do noso país e a tradición democrática de Europa.

   Compañeir@s greg@s,

   Ante a chantaxe do ultimátum que nos pide que aceptemos unha austeridade severa e degradante sen fin e sen perspectivas de recuperación económica e social, pídovos que respondades de maneira soberana e orgullosa, como nos manda a historia do pobo grego.

   Ante o autoritarismo e a dureza da austeridade, responderemos con democracia, con calma e con decisión.

Grecia é o berce da democracia e vai enviar unha resposta contundente e democrática a Europa e ao mundo.

Persoalmente, comprometinme a respectar o resultado da escolla democrática, sexa cal sexa.

   E estou absolutamente seguro de que a vosa escolla honrará a historia do noso país e enviará unha mensaxe de dignidade ao mundo.

   Nestes momentos críticos, temos que lembrar todos que Europa é o fogar común dos pobos. Que en Europa non hai propietarios e hóspedes.

   Grecia é, e seguirá a ser, unha parte integrante de Europa e Europa unha parte integrante de Grecia. Pero sen democracia, Europa será unha Europa sen identidade e sen rumbo.

   Convídovos a todos a mostrar a unidade nacional e a tranquilidade, co fin de tomar as decisión correctas.

   Para nós, para as xeracións futuras, para a historia dos gregos.

   Pola dignidade e a soberanía do noso pobo.

   Atenas, 27 de xuño, 1 da mañá.
___________________

Marea Ártabra ante a celebración do Referendo en Grecia


Marea Ártabra ante a celebración do Referendo en Grecia

Este domingo o pobo de Grecia está chamado a pronunciarse en referendo sobre cal debe ser a saída á situación que unha debida impagable, e unhas condicións de reformas austericidas impostas pola Troika, o levaron a situacións tan extremas, como que nestes momentos, o 60% da poboación vive en situación de pobreza ou pobreza extrema.

O modelo de unión económica e monetaria europeo, dirixido polos austericidas financeiros, e o triángulo mortal representado pola Comisión Europea, o Banco Europeo e o Fondo Monetario Internacional, van ter no referendo deste domingo un capítulo fundamental, ou ben para reforzarse co Si, ou ben para ser cuestionado e comezado a deconstruir co Non.

A Marea Ártabra entende que o goberno grego está demostrando que sen a participación da cidadanía nas decisións políticas, é imposible levar adiante cambios de rumbo que modelen sociedades máis xustas, democráticas e libres. A Marea Ártabra tamén é consciente que os referendos son unha ferramenta, mais non a única nin suficiente para articular o proceso que transforme as democracias europeas, de representativas a participativas.

A Troika intenta impoñer en toda a Unión Europea un modelo social, político e económico que manteña os privilexios da minoría a costa dos dereitos e necesidades da maioría. Un modelo que está perfectamente desenvolvido no chamado TTIP, que estes meses está tratando de saír adiante con total opacidade e mesmo paralizando votacións no Parlamento Europeo.

A Marea Ártabra, consecuentemente co anterior analizado, vai participar o próximo sábado na concentración de solidariedade co pobo grego, en apoio ao Non, #OXI, no referendo do próximo domingo. Concentración que vai ter lugar na Praza do Concello desde as 12 do mediodía.

Coordenadora Aberta da Marea Ártabra

Mareaartabra.gal | #MareaArtabra | @mareaartabra | info@mareaartabra.gal | Facebook

Teléfono: 633 352 131

Enviado por:
MAREA ÁRTABRA
-mareaartabra@gmail.com-
3 de julho de 2015 23:51

___________ ___________

venres, xullo 03, 2015

Sábado, 4 de Xullo, XXII Festival do río Castro



XXII FESTIVAL DO RÍO CASTRO
en Narahío, San Sadurniño.
sábado 4 de Xullo.

  • As 12 da mañá chegada de merendas.
  • As 15:30 xogos tradicionais para nenos e nenas coa Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional,adxunto o logo da asociación.
  • As 17:30 María Fumaça "Xiqui,Xoque"
  • Campionato de deporte Popular ,Tiro de corda, serrado de tronzador , chave.
A Noite a partir das 22:00
  • María López,concerto de Zanfona.
  • Vai Rañala Meu.
  • Taghaitai Manila.
  • O Sonoro Maxín.
A festa está asegurada,vide a Narahío e gozade do Festival e traede paraugas....que igual volvemos a contratar a choiva.

O envento no facebook:
https://www.facebook.com/events/406529499542855/
___________

A axenda que vai levar a cabo Pablo Iglesias en Galicia, hoxe en Ferrol desde as 18:30hs

Tags

A Ruta do Cambio


Aínda que nun primeiro momento contemplouse Nova York como SEGUINTE parada da Ruta, finalmente esta semana desprazaranse ata Galicia, unha rexión na que as forzas do cambio deron a volta ao panorama político o 24M, obtendo as alcaldías de cidades tan importantes como A Coruña, Santiago e Ferrol.

A continuación detallámosvos os actos e convocatorias nos que participará Pablo Iglesias nesta viaxe:

A Coruña, 12.00: reunión co Consello Cidadán de Podemos Galicia [Non hai convocatoria para medios].

A Coruña, 13.15: reunión con Yolanda Díaz (coordinadora nacional de Esquerda Unida) e Xosé Manuel Beiras (portavoz nacional de Anova).

Ao finalizar, farán declaracións para medios, ás 15.00 na Praza de Galicia (fronte ao Palacio de Xustiza).

A Coruña, 15.30: reunión con Xulio Ferreiro, alcalde por Marea Atlántica.

Os medios gráficos están convocados ás 16.20 para tomar imaxes do encontro. Cando este finalice, realizaranse declaracións. Todo isto na rúa Marqués de Pontejos, nº 7.

En Ferrol

Ferrol, 18.30: reunión con Jorge Suárez, alcalde por Ferrol en Común.

Os medios gráficos están convocados ás 19.00 para tomar imaxes do encontro. Cando este finalice, realizaranse declaracións. Todo isto no Concello (Praza de Armas).

Ferrol, 19.30: mitin. Será na Praza de Amboage (Rúa Arce, 19).

Participan: Susana López Verde, Ángela Rodríguez Martínez, Irene Montero, Breogán Riobóo, Pablo Iglesias.

Rogamos que os medios que queiran asistir CONFIRMEN asistencia no CORREO: prensa@galiza.podemos.info.

Sábado, 4 de xullo:

Santiago de Compostela, 9.00: reunión con Martiño Noriega, alcalde por Compostela Aberta.

Os medios gráficos están convocados ás 9.30 para tomar imaxes do encontro. Cando este finalice, realizaranse declaracións. Todo isto no hotel Virxe da Cerca (rúa da Virxe da Cerca, 27).

Vigo, 11.00: mitin. Será no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo (Avenida de Beiramar, 59).

Participan: José Manuel Prieto Martínez, Carmen Santos Queiruga, Irene Montero, Breogán Riobóo, Pablo Iglesias.

Os redactores están convocados a un encontro off the record con Pablo Iglesias antes do comezo do acto, ás 10.45, no backstage do auditorio.

Rogamos que os medios que queiran asistir confirmen asistencia no correo: prensa@galiza.podemos.info

Dende alí, o equipo de Pablo Iglesias volverá directo a Madrid para participar na celebración do Día do Orgullo LGTBI. Pablo Iglesias estará na cabecera da manifestación, que sae de Atocha ás 18.30.

Recordámosvos que, como sempre, poderedes seguir a actualidade deste intenso fin de semana, na páxina web www.pabloiglesias.org ou en redes sociais co hashtag #RutaDelCambio.

Así mesmo, no flickr https://www.flickr.com/photos/134160635@N07/sets/with/72157654656825298 iranse subindo as imaxes que tome o noso fotógrafo Dani Gago, que podedes utilizar CITANDO o seu autoría.

Venres, 3 de xullo.

Inés Mallada

Secretaria Voces Galegas | Responsable de Prensa Podemos Galicia. | @InesMallada |  prensa@galicia.podemos.info

Lembrar que se queredes seguir recibindo información sobre a Ruta do Cambio, tedes que inscribirvos aquí: https://participa.podemos.info/seguimiento-medios-ruta

Animámosvos a facelo!

Foto: Pablo Iglesias en Cadiz co novo Alcalde José María González, onde iniciaron "A Ruta do cambio". (Andalucia Información) | 19.06.2015.

Enlace de Referencia:
Ártabra 21: Pablo Iglesias chegará co seu equipo a Ferrol coa "Ruta do Cambio", o vindeiro venres 3 de xullo, ás 19:30hs na Praza de Amboaxe

Para que a información chegue a todos os recunchos Podemos acompañou o inicio desta ruta co estreo dunha nova web, desde a que se informa dos detalles das actividades e propostas que xurdan ao longo da caravana.

Contacto de prensa
prensa@galicia.podemos.info

https://pabloiglesias.org/

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/864279910294322/

Conta de Podemos Galicia no facebook:
https://www.facebook.com/podemosengalicia

Conta de Podemos Galicia no twitter:
https://twitter.com/Podemos_Galicia

Enviado por:
Podemos Narón
-podemos.naron@gmail.com-
2 de julho de 2015 22:28

Nova sobre "A Ruta del Cambio" en Galicia Boas noites: Achégote unha nova sobre a axenda que vai levar a cabo Pablo Iglesias en Galicia éstes días que está de visita. Agradezo enormemente toda a difusión que lle podas dar. Unha aperta, Isabel Allegue. Prensa e Redes.

_______________

xoves, xullo 02, 2015

Nova acción das Marchas da Dignidade Ferrolterra reivindicando emprego e renda básica - Este xoves 2 de Xullo ás 11:30hs diante do Edificio da Xunta



POLO EMPREGO, POLA RENDA BÁSICA, ... EXERCENDO A DIGNIDADE
TODOS OS XOVES ÁS 11:30 DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA EN FERROL
. Queremos conseguir dar-lle cara humana ao problema do paro (e non un mero dato estatístico). Non pararemos de facer presión até que se cumpran as demandas que 1.341 traballadoras e traballadores firmaron e entregaron no rexistro da Xunta e do Concello de Ferrol, e que se van levar ao resto dos concellos das tres comarcas. Demandamos un plan de choque contra o paro, contratando xa directamente das listas do paro como mínimo a 500 persoas. E unha renda básica para todas as persoas que están no paro e non teñen ningunha prestación.

Diante do edificio da Xunta en Ferrol na praza Amada García.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/472046809636920/

MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA

Telefono e Correo-e de Contacto:

603 213 863

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Sitios na Rede:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galiza: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estado: http://marchasdeladignidad.org/

Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCBGNk1PF297Qdm33jbX_esg
Perfil de facebook das Marchas da Dignidade de Ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra

____________________

Este sábado 4 de Xullo, Concentración en Solidariedade co Pobo Grego, na Praza de Armas, ás 12 do mediodía - #Oxi

Grecia somos Tod@s !

Reunidas en Caranza, en réxime de autoconvocatoria, máis de 30 persoas pertencentes a diferentes colectivos, organizacións políticas e sociais, despois dun debate e intercambio de opinións e análise, decidiron constituír-se en Comité de Solidariedade co Pobo Grego, e realizar un acto de apoio a Grecia e contra o chantaxe que supón as medidas e posicionamento da Troika.

As presentes decidiron non calar-se ante o que está acontecendo, pois Grecia somos tod@s, é por iso polo que este sábado 4 de Xullo, se convocou unha Concentración en Solidariedade co Pobo Grego, na Praza de Armas, de Ferrol, ás 12 do mediodía. E para dar conta deste acto, hoxe xoves 2 de xullo vai-se celebrar unha rolda de prensa, na Galería Sargadelos, ás 5 da tarde.

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Alexis Tsipra: "O Discurso do referendum"
__________

Pablo Iglesias chegará co seu equipo a Ferrol coa "Ruta do Cambio", o vindeiro venres 3 de xullo, ás 19:30hs na Praza de Amboaxe


A Ruta do Cambio chega a Galiza, Pablo Iglesias e o seu equipo estarán en Ferrol este venres, para o día seguinte, sábado desprazar-se até Vigo, manifestan que o obxectivo desta campaña que vai acompañada dunha páxina web especifica dedicada ao candidato á presidencia do goberno do Reino de España, é " para coñecer de primeira man as propostas e inciativas dos e das galegas". Desde Podemos convidan a participar nos actos.

Pablo Iglesias chegará co seu equipo a Ferrol coa "Ruta do Cambio", o vindeiro venres 3 de xullo, ás 19:30hs na Praza de Amboaxe.

A ruta do cambio chega a Galicia


O próximo venres 3 e sábado 4 de xullo a “Ruta do Cambio” chega a Galicia (Ferrol e Vigo respectivamente) da man de Pablo Iglesias para sentarse a dialogar cos diferentes axentes tanto políticos como cidadás.

A formación ten a man tendida ao diálogo a todos os actores sociais, políticos e cidadás para buscar fórmulas para ampliar a ferramenta de Unidade Popular.

No marco da “Ruta do Cambio” o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, estará o próximos 3 e 4 de xullo en Galicia (Ferrol e Vigo, respectivamenente) coa que a organización continúa cunha nova estratexia de apertura en busca da unidade popular cara as eleccións xerais tendo como foco a recollida das demandas tanto cidadás como de actores sociais.

Iglesias e o seu equipo, entre eles Rafa Mayoral,  xa percorreron Cádiz, Barcelona, Compostela, entre outros, co 'Foro do Cambio'  organizado para debater con distintos colectivos sociais propostas para mellorar a situación do país.

Devanditos encontros son un dos mecanismos marcados na asemblea de Vistalegre e nesa estratexia de buscar a unidade popular e non "pactos entre partidos" ou "sopas de siglas", senón "ser capaces de facer que Podemos sexa un instrumento para a xente".

Trátase de abrirse máis á xente e aos medios, de establecer unha "relación máis próxima", abrindo "portas e fiestras" e "ensinando" o que hai por dentro en Podemos.

Podemos non é un partido ao uso senón una ferramenta para a cidadanía.

"Non quero ser o candidato dun partido, senón de todos aqueles que entendan que hay oportunidade para o cambio" e "é posible", recalcou Pablo Iglesias, motivo polo que creen que é "tan importante" chegar aos concellos do cambio e a outros lugares que non acadaron durante a campaña electoral.

Con esta ruta, “Podemos abre o camiño para gañar para a maioría social as institucións do país apostando pola unidade popular que tanto éxito tivo nas últimas eleccións municipais e autonómicas e que amosaron que son posibles gobernos do cambio” según declarou Irene Montero. De feito un dos obxectivos desta “ruta” é coñecer de primeira man como están traballando e as primeiras medidas deses novos gobernos nos concellos como o da Coruña ou Ferrol.

Para que a información chegue a todos os recunchos Podemos acompañou o inicio desta ruta co estreo dunha nova web, desde a que se informa dos detalles das actividades e propostas que xurdan ao longo da caravana.

Contacto de prensa
prensa@galicia.podemos.info

https://pabloiglesias.org/

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/864279910294322/

Conta de Podemos Galicia no facebook:
https://www.facebook.com/podemosengalicia

Conta de Podemos Galicia no twitter:
https://twitter.com/Podemos_Galicia

Enviado por:
Inés Mallada
-prensa@galicia.podemos.info-
30 de junho de 2015 20:56
Podemos Narón
-podemos.naron@gmail.com-
30 de junho de 2015 22:42
_________________