xoves, xuño 30, 2016

A voltas co contrato eléctrico tamén en Narón


A voltas co contrato eléctrico tamén en Narón.


Os incorporados nesta lexislatura acabamos de descubrir que o tema eléctrico tamén esta a voltas en Narón. Soubémolo porque someteron a aprobación do Pleno darlle permiso ao alcalde para que pague facturas con atrasos e/ou irregularidades. Novamente encontrámonos con que o goberno saca do caixón facturas non pagadas. Pensamos que no mes de abril xa quitaran todos os “mortos” do caixón pero aínda lles quedaban, esperemos que estes sexan os últimos, pois xa estamos a falar de máis dun cuarto de millón de euros con moitas facturas irregulares, e isto tampouco é cousa de este ano senón que xa ven acontecendo en anos anteriores, pero parece que ninguén vai asumir responsabilidades.

Cando estamos asistindo a un triste debate sobre un contrato eléctrico ilegal en Ferrol, encontrámonos coa sorpresa de que en Narón lévase tempo esfollando a margarida para ver si se fai o mesmo, tanto tempo que isto xa ven da lexislatura pasada, e que se están a recibir presións por parte das eléctricas para que se contrate simultaneamente subministro e mantemento.

No informe do xefe da sección de contratación di que “Esta situación advertiuse con anterioridade, pero era interese da Corporación que este contrato fose asumido pola Mancomunidade de Municipios, para o que se encargaron os correspondentes estudos técnicos, o que atrasou considerablemente unha nova contratación”, e que: deberían, no menor prazo de tempo posible, proceder á licitación do correspondente contrato. Por outra banda a interventora (que vixía a legalidade das actuacións) di que: “debería tramitarse o correspondente expediente de contratación para dar cobertura a ditos gastos, favorecendo a pública concorrencia e a obtención de prezos máis vantaxosos economicamente” pois “O concello procedeu á contratación verbal e de modo fraccionado destes subministros, contratación que se atopa prohibida polo TRLCSP”.

Ante estas ilegalidades/irregularidades, Eliximos Narón presentou unha moción urxente no pleno co fin de liquidar a maior brevidade posible esta situación irregular, pero desgraciadamente foi rexeitada porque din que seguen a estudar o tema. Como xa levan máis dun ano de estudo, asústanos pensar o tempo que pode faltar para que resolvan algo.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 /
E-mail: grupomixto_ene@naron.es
Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web: http://eliximos.esy.es/


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
30 de junho de 2016 16:20
____________

Balaladas pola prevención do suicídio: Como noutras vilas e cidades da Galiza, hoxe xoves 30 de Xuño, en Ferrol, está convocada unha concentración na Praza do Concello, 10 minutos antes das 8 da tarde, hora na que comezarán as balaladas


O movemento galego de saúde mental e SOS Sanidade pública convocan unha Mobilización cunha badalada en prevención do suicidio este vindeiro Xoves, 30 de Xuño en toda Galiza.


POR UN PLAN GALEGO DE PREVENCIÓN DE SUICIDIO

En Ferrol esta convocatoria será  na Praza de Armas, ás 19:50hs cunha CONCENTRACIÓN e  darase a badalada ás 20:00hs.

1 badalada en lembranza da morte de 1 persoa cada día.
1 badalada en lembranza da morte dese mesmo día.

PLAN GALEGO DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO, XA!

En Galicia morre por suicidio unha persoa cada día. Esa realidade agravouse dende o comezo da crise alcanzando no ano 2014 o seu teito con 394 mortes por esta causa.

As políticas desenvolvidas polo Goberno Central e a Xunta de Galicia fronte á crise desprotexeron a sectores sociais vulnerables incrementando o risco de suicidio na sociedade. Desas políticas cómpre destacar como especialmente importantes: a carencia de políticas activas de emprego e un elevadísimo paro prolongado, a redución da protección social, o deterioro da sanidade pública e en particular o debilitamento da Atención Primaria de Saúde, a tolerancia gubernamental coa banca e a súa agresividade respecto ó cobro dos préstamos hipotecarios coa conseguinte vaga de desafiuzamentos.

Pero Galicia padeceu dende sempre elevadas taxas de suicidio. Sofre un grave problema de saúde pública tal como o define a Organización Mundial da Saúde (OMS). Só agora, cando este estado de cousas se ve agravado pola crise , nos decatamos de que convivimos impasibles cunha realidade intolerable. Realidade diante da cal os gobernos non só non fixeron nada senón que mesmo negaron as cifras das propias institucións oficiais, chegando no caso da Xunta e do partido gobernante en Galicia a rexeitar no Parlamento Galego nesta lexislatura (ata en tres ocasións) iniciativas realizadas pola oposición propoñendo elaborar o plan de prevención.

As recomendación da OMS comezan por afirmar que o suicidio pode previrse eficazmente e rematan por presentar o obxectivo de reducir en cada país nun 10% para o ano 2020 o número de mortes por esta causa. Imperativamente chama ós Gobernos a liderar e a desenvolver Plans de Prevención do Suicidio.

Sobre esta base, nós, o Movemento Galego da Saúde Mental, respostando a ese mandato e cumprindo co noso compromiso fundacional, iniciamos o pasado 3 de maio a campaña Badaladas pola prevención do suicidio, coa finalidade de sensibilizar á sociedade fronte a esta cuestión, e para reclamar o cumprimento das obrigas que os nosos gobernantes  teñen coa protección da saúde e da vida da poboación. É así que esiximos que con urxencia se elabore ese plan, por unha comisión técnica capaz e crible, cun carácter multisectorial, articulado co necesario Plan Galego de Saúde Mental, e dotado suficientemente.

É por todo iso que xunto con SOS-Galicia facemos convocatoria para o 30 de xuño en diferentes cidades e vilas de Galicia ás 8 da tarde, para que soen badaladas para recordar a toda a sociedade que unha persoa máis morreu por suicidio na nosa terra ese día, e que seguimos sen un plan de prevención.

30 DE XUÑO ÁS 8 DA TARDE, BADALADAS POLA PREVENCIÓN DO SUICIDIO

ACODE ÁS CONCENTRACIÓNS

Web do Movemento Galego da Saúde Mental:

http://movementogalegosaudemental.gal/

https://www.facebook.com/movementogalegodasaudemental

Enviado por:
cig-saude.ferrol@sergas.es
-cig-saude.ferrol@sergas.es-
29 de junho de 2016 10:26
Dende CIG-Saúde apoiamos o chamamento a cidadanía a participar na convocatoria do Movemento Galego da Saúde Mental, Profesionais saúde mental de Ferrolterra,   SOS Sanidade pública a unha CONCENTRACIÓN cunha BADALADA na Praza do Concello-Armas este vindeiro xoves, 30 de xuño a partir das 19,50 horas.
__________

Intervención da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos e pola Remunicipalización no pleno de Ferrol pedindo o desestimento do Contrato Eléctrico e a investigación da actuación do bufete asesor Lama&Asociados - Vídeo e Texto

Este xoves 30 de Xuño de 2016, Fernando Ramos Armesto, no nome da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, interveu no pleno do Concello de Ferrol, celebrado pola mañá, pedindo o desestimento do Contrato Eléctrico e a investigación da actuación do bufete asesor xurídico, do Concello, Lama&Asociados, por ser un dos seus socios parte interesada na adxudicación do contrato.


Texto da Petición: 

Ao Pleno do Concello de Ferrol no nome da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización.

Bo día, tomamos a palabra neste pleno municipal, en representación dun grupo de veciñas e veciños, e de organizacións sociais, que ante a inminente sinatura do contrato eléctrico para a nosa cidade, deciden organizarse en plataforma para, nalgúns casos, incorporarse á defensa do interese xeral da veciñanza, e noutros casos, para retomar a defensa dos bens e servizos públicos.

Foi a posible sinatura deste contrato o que mobilizou a este grupo de veciñas e veciños, que de inmediato, comezamos analizar as características do mesmo, os seus protagonistas e, o máis importante, as consecuencias que tiña para esta cidade. Contamos para elo, co asesoramento de persoas expertas, tanto en xestión local, como neste tipo de contratos. Esas conclusións son as que queremos expoñer neste pleno para que se teñan en conta á hora de decidir se debe ser asinado ou non.

1º Aprendemos que este contrato é ilegal, porque se redacta como se fose un contrato de xestión de servizos públicos, cando en realidade trátase de dous tipos de contrato, un de subministro, que sería o caso do subministro eléctrico, e outro de servizo, que sería o caso de servizos enerxéticos e o mantemento da instalacións de alumeado público exterior e de edificios e dependencias municipais. Polo tanto, a duración do mesmo, segundo a lexislación vixente [*], non pode ser por máis de 4 anos, prorrogables a 2, e nunca por 15 como propón o contrato que se nos oferta. Nós entendemos isto perfectamente cando se nos preguntou se firmariamos un contrato de subministro de bolígrafos por 15 anos. Así de sinxelo. Pois no caso do subministro eléctrico, cun mercado e unha tecnoloxía en constante evolución, semella unha loucura facelo, e só se mostra interesante para as empresas que o propoñen para esta cidade. É por iso que o lexislador non pon limitación temporal, ao sobreentender-se que o interese xeral recomenda unha anualidade, só prorrogable por un ano máis.

2º Aprendemos que hai alternativas, esta corporación pode realizar un desestimento do contrato polas ilegalidades que presenta, ou tamén unha renuncia, por interese público. Todo parece indicar que un desistimento é o máis razoable nestes momentos. O desestimento permitiría abrir dun xeito rápido dúas liñas de contratación, subministro e servizo, por separado e dun prazo de duración dun ano, prorrogable a dous. Deste xeito sairiamos da  situación de ilegalidade que supón carecer dos contratos, como sucede neste momento. Mentres, poderíanse iniciar un proceso de municipalización que estudara as alternativas para a xestión pública, tanto do subministro como do mantemento. 

3º Non é de menor interese o que temos que dicir das empresas que concorren a este contrato. A Unión Temporal de Empresas que pretende que a cidadanía de Ferrol lle paguemos ao longo de 15 anos máis de 41 millóns de euros, son por unha parte FCC e pola outra SEFCON. No caso da primeira, Fomento de Construcciones y Contratas FCC, unha grande corporación transnacional, instalada na estratexia de converter en negocio o que pertence ao ben común e ao espazo público, provocando unha descapitalización da nosa cidade, pois levan fora a plusvalía o mesmo que as súas empresas filiais, empobrecendo máis a cidade. A segunda empresa, Servicios Eficientes de Control SL, é unha empresa que non ten nada que ver coa enerxía, ou o mantemento eléctrico, senón que opera baixo a definición de “conseguidores de negocio”. Pero é que no caso do noso concello, resulta altamente preocupante que o administrador único desta empresa, Francisco Borja Silveira Rey, sexa un dos socios, conselleiros e directores do bufete que presta servizos de asesoramento xurídico a este concello, Lama&Asociados, con o que o goberno do PP, presidido por José Manuel Rey Varela, asinou un contrato de 180.000 euros, por servizos xurídicos. Un bufete que se atreve a realizar un informe contrario ao desestimento ou á renuncia do contrato eléctrico e a ameazar veladamente co pago de fortes indemnizacións se se chegara a desistir ou renunciar a dita contratación, sendo parte interesada na sinatura deste contrato millonario.

4º Aprendemos que a municipalización dos servizos, sempre que se faga con criterios de boa xestión, transparencia, participación e racionalidade, resulta moi beneficiosa para a institución que a aplica, e satisfactoria e beneficiosa para a cidadanía que a percibe e goza. A recente remunicipalización do servizo de socorrismo, é un pequeno exemplo de aforro, mellora da calidade do servizo e da calidade das condicións de traballo, que demostra que neste concello é posible arrancar con procesos de municipalización.

Por todo o exposto, SOLICITAMOS a esta corporación,

PRIMEIRO.- Que encargue un informe xurídico que valore a posibilidade de finalizar o contrato con Lama&Asociados, tanto por abusivo no seu custe, como por romper o principio de confianza e lealdade a institución, e á defensa dos intereses xerais do pobo de Ferrol, ao actuar de mala fe no caso do contrato eléctrico, sabendo do conflito de intereses que representaba.

SEGUNDO.- Que aprobe o desestimento do contrato eléctrico con FCC e SEFCON, e comece un proceso de municipalización destes servizos.

Ferrol, 30 de xuño de 2016

[*] No caso do contrato de subministro e mantemento eléctrico a ilegalidade está ben clara, xa que polo seu obxecto e pola súa natureza xurídica, segundo a Lei de Contratos do Sector Público, non cabe un contrato de duración superior a catro anos, máis 2 de prórroga, é dicir de máis de 6 anos, polo que o contrato pretendido de 15 anos é nulo de pleno dereito segundo o art. 62.1.e) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. É dicir, que o contrato de subministro e mantemento eléctrico do PP, é absolutamente ilegal e ademais é lesivo para o interese xeral dos cidadáns de Ferrol, ao hipotecalo por 15 anos nun sector tan volátil como o da enerxía.

--


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!
  • Alexandre Carrodeguas.
  • Fernando Ramos Armesto.
  • Pablo Portero 659855805
  • Bernardo Rego Gárate.
  • Lupe Ces..
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
________________________

martes, xuño 28, 2016

"Todos os Desexos, Todos os dereitos!", con este lema, a Marcha Mundial das Mulleres organiza os actos deste Día Mundial do Orgullo LGTBI, hoxe martes 28 de Xuño, desde as 8 da tarde no Cantón de Ferrol


ACTOS 28 XUÑO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE FERROLTERRA

"... Os discursos de odio están no cerne do sistema capitalista, que os empega a vontade para os seus intereses económicos e de control social onde a disidencia é sempre perseguida, sobre todo aquela que desmonta as estruturas xerárquicas do patriarcado escollendo outros modelos de relación e vida, libres e diversos.

Estamos ante unha campaña permanente de invisibilización e criminalización: da unión entre a LGBTQIFobia e o racismo nacen discursos como o que hoxe espallan os grandes medios por todo o planeta, ou discursos que falan das agresións só cando se cometen en lugares nos que hai interese político en sinalar: ben polo control dos seus recursos, ben pola necesidade de exercer presión internacional para condicionar as políticas públicas..." | Detalle dun comunicado da Marcha cando a traxedia de Orlando [ir á Web].
A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da Marcha Mundial das Mulleres chama a participar nos actos  para conmemorar o  dia do Orgullo LGTBI que terán lugar o martes 28 de Xuño Cantón de Ferrol ás 20:00h.

Neste 28 de xuño, a Marcha Mundial das Mulleres chama a reivindicar unha sexualidade libre de condicionamentos sociais e culturais, rachar co patriarcado e o heterosexismo que domina todos os ámbitos das nosas vidas. Convidan a participar no Acto para seguir denunciando a discriminación, a exclusión, a violencia, a invisibilidade, o acoso e o rexeitamento por unha parte da sociedade e institucións afíns ao heteropatriarcado, por amar dunha maneira diferente aos canones establecidos.

Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com | www.feminismo.info, tamén podes-nos atopar no Facebook e no Twitter.

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións oriéntanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan arredor da mundialización das solidariedades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecemento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Información baseada na enviada por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
22 de junho de 2016 23:16

___________________________

Reflexión post 26X, ... Por Lídia Senra

Por Lídia Senra [*]
28.06.2016


Que o PP gañara onte as eleccións é unha moi mala nova, pero eu son das que penso que a clave do seu éxito está nos erros dos outros. A soberbia e a prepotencia son todo o contrario da humildade que deberiamos ter as forzas de esquerda.

En clave galega, equivocáronse as e os que pensaron que a compoñente nacionalista de En Marea non era un valor e que se bastaban por si sós. Considero que un dos factores máis importantes para estes resultados foi que erraron cando decidiron impoñer que non se explorara ningunha nova fórmula para ter grupo propio no Congreso e tamén, intensificando o desembarque "triunfal" de líderes e lideresas españolas que, aínda que en clave moderna, nada tiña de diferente coas campañas habituais do españolismo de sempre.

Eu creo que na perda de votos de En Marea e na abstención de moito voto nacionalista desencantado co Bloque Nacionalista Galego hai un severo castigo a estas actitudes prepotentes que na teoría din asumir que Galiza é suxeito político e mesmo din que están polo dereito a decidir, pero que na práctica actúan tratándonos como meras sucursais do centro español.

Eu son das que penso, ao igual que moitas e moitos de nós, que as alianzas na esquerda son imprescindíbeis, pero sen imposicións. Somos as galegas e os galegos quen temos que decidir o que queremos, por iso penso que a cidadanía galega actuou con moita sabedoría enviando un aviso a navegantes, dicíndonos "ollo que se seguides por aí, ides mal para as galegas".

Aínda estamos a tempo, só falta ver se teremos a humildade necesaria para responder ás súas arelas.

Texto tirado do facebook de Lídia Senra.

[*] Eurodeputada Galega de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).
___________

A revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna, no seu nº75, publica dous artigos en referencia a Reganosa, de Manuel A. Rodríguez Carballeira e Humberto Fidalgo


A revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA Nº 75 - co titulo xenérico "E despois do Cumio de París, que?" Revista da Asociación para Defensa Ecolóxica de Galiza, nas páxinas 20-21, publica dous artigos en referencia a Reganosa:

"O Tribunal Supremo dá a razón ao Comité de Emerxencia",... Por Manuel A. Rodríguez Carballeira, Coordinador do Comité Cidadán de emerxencia.

"Reganosa, a estratexia equivocada"... Por Humberto Fidalgo membro de ADEGA e do Comité Cidadán de Emerxencia.

O pasado 25 de abril, o Tribunal Supremo, nunha sentenza inapelable, anulaba a autorización de construción da planta de gas de Reganosa outorgada en 2004 polo goberno de Aznar, logo de que en maio de 2012 anulase a modificacion do planeamento que serviu de base para a licencia de construción, e o 28 de marzo de 2016 anulase a autorización administrativa previa. A sentenza do Supremo culmina pois coa declaración da ilegalidade radical da planta de gas de Reganosa. Acceder/Baixar.

Web Adega - http://adega.gal/

Revista Cerna - http://adega.gal/revistacerna/

Radio Cerna - http://adega.gal/radiocerna/


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
27 de junho de 2016 20:07

_____________

luns, xuño 27, 2016

Ante a entrada na Ría de Ferrol, dun novo buque gaseiro, o LNG Hispania Spirit, cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentración sonora, este mércores 29 de Xuño, ás 8 da tarde na Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta

Tags

CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 MÉRCORES 29 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

Un novo buque o "LNG Hispania Spirit" cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, ten previsto a súa entrada na Ría de Ferrol para descargar na ilegal e perigosa Reganosa. Un buque de grande porte, cunha eslora de 280 m, de 43 m de manga, e un calado de 12.2 m. E cunha capacidade de carga de 135.000 m³ de GNL (LNG). O buque entrará pola bocana da Ría e cruzará o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de 4.500 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de Punta Promontoiro, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un buque destas características, cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos. Este buque fai o gaseiro número 212 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Este é o terceiro buque que entra na Ría, despois de que o Tribunal Supremo ditara a súa Terceira Sentenza firme contra Reganosa que anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegalsa).

Reganosa no Xulgado de Ferrol

Hoxe, luns 27 de Xuño, a representación legal de Reganosa, tivo que comparecer a declarar nos xulgados de Ferrola, pola Denuncia, interposta por tres entidades que participan no Comité Cidadán de Emerxencia responsabilizando a persoas concretas de contratar, facilitar e permitir a entrada do anterior gaseiro, o "LNG Castillo de Villalba", por ocnsiderar que a entrada dun buque gaseiro é un atentado contra a seguridade das persoas e sobre todo despois de que a planta regasificadora declarada ilegalegal por tres sentenzas firmes do Tribunal Supremo, mesmo a segunda confirmada, a maiores, por un Auto Aclaratorio do mesmo tribunal.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada dun novo buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como ven sendo habitual sempre que entra un gaseiro cargado na Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este mércores ás 8 da tarde (Novo Horario) en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Van catro anos, desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a primeira Sentenza firme polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia. E agora os pasado 28 de Marzo e 25 de Abril des 2016, dita-se a Segunda e Terceira sentenzas firmes do Tribunal Supremo contra o despropósito gasista de Reganosa, anulando a autorización previa de instalación e a autorización para a construción da mesma respectivamente.E por último a maiores, por un Auto Aclaratorio do mesmo Tribunal Supremo reafirmando-se no fallo da Segunda Sentenza.

Tras as sentenzas do Tribunal Supremo, que declaran ilegal a Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRAN AS SENTENZAS DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
27 de junho de 2016 19:30
_______________

Actos pola Auga en Ferrol - Mércores 29 de Xuño


A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, aproveitando a visita a Galiza do xerente de AEOPAS, Luís Babiano [1], acordou programar en Ferrol, dous actos o vindeiro mércores 29 de Xuño, onde responderá ás pregunta: Que é a remunicipalización? Porque se debe remunicipalizar? E como?. Un, pola mañá, de carácter institucional, onde convidamos a todas as concelleiras e concelleiros de Ferrolterra; e outro pola tarde, público, aberto a toda a cidadanía. Pretendemos, neste actos, explicar a necesidade de iniciar un traballo institucional para a recuperación, para administracións locais, da xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento, non só a nivel local, senón que tamén ao comarcal. Anelamos o obxectivo  do retorno da auga a mans públicas, con transparencia, rendición de contas e participación cidadá.

Hai motivos para caducar a concesión

As mentiras co respecto á depuración de augas residuais no EDAR de cabo Prioriño que resultou que non depuraba que nin tan se queira un litro de auga. Os fallos estruturais da propia planta recepcionada sen as probas preceptivas que obrigou á contratación dunha auditoría técnica da mesma. O sistema de saneamento imposto xa obsoleto, desde o primeiro día das obras, cunha capacidade de tanques de tormentas reducida á metade do que indicaban os estudos técnicos para conseguir reducir a niveis "aceptábeis" a contaminación das augas mariñas da nosa Ría. A aceptación dos convenios con Acuaes e Augas de Galicia, prexudiciais para a economía e os intereses xerais da cidadanía. A ocultación e a xeración da chamada crise da auga de Ferrol, hai un ano, por case un mes da falta de potabilidade da auga do abastecemento ao conter fora dos parámetros recomendados, elevados niveis de trihalometanos na auga, superiores aos máximos que establece a OMS que deixaron sen auga potábel por varios días a unha poboación de máis de 140.000 habitantes. E por último a imposición e cobro dunha taxa de depuración, sen participación cidadán, nin transparencia, mesmo ilegal, pois foi cobrada antes de facer o preceptivo censo e xa non digamos cobrar unha taxa de depuración, cando a depuradora non funcionaba. Mesmo o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº1 de Ferrol, hai uns día, deu-lle a razón ao Concello de Ferrol, ante un recurso de Socamex/Urbaser -a parte privada de EMAFESA, dando por bo o acordo plenario, do 18 de setembro do 2015, de suspensión da taxa de depuración... todos, motivos suficientes para caducar a concesión e iniciar un proceso de remunicipalización [2] .

Actos pola Auga en Ferrol

Pola mañá, no Concello, acto institucional e aberto aos medios: A remunicipalización da auga e o saneamento.
Acto sobre o rescate da xestión pública da auga, do abastecemento e saneamento, con Luís Babiano, xerente de AEOPAS, membros electos dos concellos de Ferrolterra e da Plataforma. Acto aberto aos medios de comunicación.
DÍA: Mércores 29 de Xuño de 2016.

HORA: ás 12 do mediodía.

LUGAR: En Ferrol, na Sala de Recepcións do Palacio Municipal (Praza de Armas, s/n).

OBXECTIVO: Despexar dúbidas sobre a necesidade, rendibilidade e posibilidade de rescatar para a xestión pública o ciclo integral da auga (Abastecemento e Saneamento).
Contamos cos colaboración do Alcalde de Ferrol que accedeu a participar e conceder a Sala de Recepcións para a realización do Acto.

Pola tarde, no Ateneo, acto público: A remunicipalización da auga e o saneamento.

Acto sobre o rescate da xestión pública da auga, do abastecemento e saneamento, con Luís Babiano, xerente de AEOPAS.
DÍA: Mércores 29 de Xuño de 2016.

HORA: ás 19:30 horas.

LUGAR: En Ferrol, no Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204).

OBXECTIVO: Informar e debater sobre a necesidade, rendibilidade e posibilidade de rescatar para a xestión pública o ciclo integral da auga.
---

[1] Luís Babiano, xerente de AEOPAS (Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento -  @aeopas). Especialista en procesos de remunicipalización da xestión do ciclo integral da auga. Anteriormente exerceu, entre outras tarefas, como Asesor do Director Xeral do Auga do Ministerio de Medio Ambiente e Responsábel da área de Sociedade e Territorio do Centro das Novas Tecnoloxías do Auga (CENTA).

[2] Existen casos exitosos de remunicipalización da xestión da auga. En varios concellos do estado: en Torrelavega (segundo núcleo máis importante de Cantabria), Ermua (Vizcaya), Arteixo (Coruña), Manacor (Mallorca), Medina Sidonia (Cádiz), Arenys de Munt (Barcelona), Lucena (Córdoba) ou os 22 pobos da provincia de Sevilla agrupados en Augas do Huesna. E tamén a nivel internacional existen xa moitos estudos que analizan a transición do abastecemento privado de auga ao público e todos destacan a Paris como un modelo de referencia. Na capital francesa o recibo baixou un 8% durante o primeiro ano e obtivéronse beneficios de 35 millóns de euros. Ademais, non están permitidos os cortes de auga para as familias que non poidan pagar, creáronse novos servizos e logrou-se que coa empresa pública haxa unha xestión máis democrática e participativa, con persoal, usuarios e asociacións cidadás no consello de administración. Na Galiza hai procesos avanzados de remunicipalización como o de Teo e outros que se iniciaron ou van iniciar como o de Cangas, Ames,...

Ferrol, 25 de Xuño de 2016

Comisión Coordinadora Aberta
Alexandre Carrodeguas.
Fernando Ramos Armesto.
Pablo Portero.
Bernardo Rego Gárate.
Lupe Ces.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

Enviado por:
Plataforma Remunicipalizacion
-remunicipalizacion.plataforma@gmail.com-
27 de junho de 2016 12:22
_________

domingo, xuño 26, 2016

Como votar ao Senado par evitar que con só o 25 porcento dos votos o Partido Popular poda ter a maioría absoluta da inútil Cámara, supostamente territorial


Anda por aí circulando un whatsApp que nos indica un xeito de votación para evitar  que con só o 25% dos votos emitidos o Partido Popular poda ter a maioría absoluta da inútil Cámara, supostamente de representación  territorial.

O obxectivo é que o PP non teña 3 dos 4 escanos do Senado en liza no distrito provincial d'A Coruña, e o mesmo vale para Pontevedra, Ourense ou Lugo, mas con distinto número de escano.

Dígovo-lo:

A Coruña foron eleixidos 4 senadores dos que só se votan 3 na papeleta. En decembro resultaron electos Paula Prado do Río (PP - 220.934 votos), María Aparicio Calzada (PP - 214.826 votos), José Luís Ramón Torres Colomer (PP - 214.762 votos) e José Manuel García Buitrón (En Marea- 153.055 votos).

O PP obtivo 3 senadores e  1 En Marea, doutra banda o primeiro candidato do PSdeG obtivo 126.690 votos e o primeiro candidato de BNG alcanzou 49.940 votos.

Si os votantes de esquerdas (PSdeG - En Marea - BNG) en lugar de votar aos tres senadores que presentan os nosos respectivos partidos votamos ao primeiro de cada un das tres candidaturas o serían 153.055 126.690 49.940=329.685 votos, co que o restuldato sería

1 senador En Marea
1 senador PSdeG
1 senador BNG
1 senador PP

tomamos nota?

E así no resto das Provincias.
___________

Xornada de Reflexión e Votación: cinco grandes tarefas por diante. - Tarefas libertarias, ... Por Carlos Taibo


Por Carlos Taibo [*]
26.06.2016

Confesarei que as xornadas de genuflexión esgótanme. Séntome obrigado a levantarme moi cedo, para colocarme á beira dunha mesa e darlle voltas ás cousas. Aquí vai, aínda con todo, o que parín esta mañá. Como pode apreciarse, as eleccións prívanme.

O mundo libertario ten, hoxe, cinco grandes tarefas por diante.

1. Afianzar a súa aposta pola autoxestión, pola democracia e a acción directas, polo apoio mutuo e polo despregue, en todas as ordes, de prácticas anti-autoritarias.

2. Propiciar a confluencia das organizacións e as iniciativas de carácter libertario, fronte á fragmentación e o sectarismo que se revelan en tantos lugares.

3. Procurar o achegamento, e outorgar un protagonismo máximo, a @s moit@s libertari@s que o son sen sabelo. Falo, claro, de xentes que de forma espontánea e vivencial practican a autoxestión e o apoio mutuo.

4. Ensanchar os espazos de autonomía hoxe existentes, afondar nas súas dimensións de desmercantilización e despatriarcalización, estimular a súa federación e acrecentar a súa dimensión de confrontación co capital e co Estado.

5. Pelexar para que se estenda a conciencia do que significa o colapso do sistema, e facelo desde as perspectivas da crítica do crecemento, a desurbanización, a contestación da presunta dimensión emancipadora de moitas das tecnoloxías que se nos ofrecen e, en suma, a descomplexización das nosas sociedades.

Non sei, en fin, si quedou claro o sentido do meu voto.

Publicado no facebook Carlos Taibo Arias o 25 de Xuño de 2016.

[*] Carlos Taibo Arias -Madrid 1956, é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, escritor e activista social, partidario activo do movimento polo "Decrecimento". Os seus últimos libros son 'Decrescimento, crise, capitalismo', 'El decrecimiento explicado con sencillez', 'España, un gran país' y 'Que no se apague la luz. Un diario de campo del 15-M'. Forma parte do Consello Editorial de "Sin Permiso" e "Altermundo" | + info

Web persoal: www.carlostaibo.com

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
25 de junho de 2016 21:15

_______

venres, xuño 24, 2016

Traballo sucio. 5 notas sobre o Brexit, ... Por David Rodríguez


Por David Rodríguez [*]
24.06.2016


1. A orella cortada aparecida no xardín bucólico de clase media americana dos 50 na peli de David Lynch Blue Velvet fálanos do inferno que, inevitablemente, habita dentro de cada paraíso. Ese é o mérito de Lynch. Dicir á clase media occidental: o voso benestar está construído sobre a barbarie. Ou dito doutro xeito: para que alguén goce de benestar, algún outro ten que facer o traballo sucio.

2. Sinala Beiras con gran lucidez que a fin da hexemonía do III Reich iniciouse cando Inglaterra lle declarou a guerra a Alemaña e que hoxe, co Brexit do IV Reich, estamos nunha situación análoga. Churchill non era precisamente un santo varón multiculturalista, queer, ecoloxista e antitaurino, pero iso non impide que o seu paso á historia estivese, en terminoloxía rajoyana, do lado dos bos e non dos malos. Obvio é dicir que para que adviñese o paraíso dos trinta gloriosos posteriores á Segunda Guerra Mundial -por máis que a socialdemocracia europea se contase unha película diferente a si mesma- foi necesario que alguén fixese o traballo sucio: o exército vermello, morrendo e matando nazis, e a URSS, obrigando a que os EEUU tivesen que implicarse na reconstrución de Europa Occidental e apostar pola unificación de parte do continente.

3. A esquerda actual, na súa maior parte meliflua e clasemedieira, esqueceu esta cuestión básica que calquera peón de obra coñece á perfección: sempre, alguén, ten que facer o traballo sucio. Por iso, ante a expresión do malestar co neoliberalismo a través do referendum inglés, a esquerda meliflua comeza a falar de xenofobia en lugar de dumping salarial e de loas abstractas ás bondades da mesma UE que bendice a Turquía para liquidar inmigrantes sirios (tras colaborar no bombardeo do seu país), que condena ao pobo grego á miseria e que propicia que a propia esquerda sexa percibida como completamente impotente polas clases traballadoras.

4. A Podemos saíulle un Tsipras á inversa. Se Tsipras convocou un referendum para perdelo, aínda que isto fose en contra do motivo (derrotar á troika) polo que chegou á presidencia de Grecia, Podemos, que ten por filosofía só apostar a cabalos gañadores, fixo campaña a favor do Bremain pensando que gañaría; aínda que, no fondo, iso significase a derrota en Inglaterra do mesmo sentimento antistablishment froito do descontento que provocou a crise económica que está na base do auxe de Podemos. Pero desta volta o Bremain non foi o "marco gañador" e esta é a disxuntiva agora de Podemos: sustentala e non emendala, retirándose, no debate europeo (que cada vez será máis importante), a posicións pro-stablishment ou comezar a articular un discurso sobre a UE diferente do da "casta" contra a que naceu.

5. Movimentos como o DIEM de Varoufakis tamén forman parte desa esquerda que esqueceu (ou fai que esqueceu) que alguén ten que facer o traballo sucio. E é que é moito máis probable que algo se mova dentro da UE despois do Brexit que con todos os artigos e chamamentos a reformar a UE desde dentro a través dun "movemento humanista" de escala continental. Como se o mesmo feito de que a Eurozona sexa disfuncional pola diverxencia de intereses dos distintos Estados non tivese tamén implicacións á hora de articular un movemento común a eses Estados diferentes. E como se non tería sido máis probable -despois do referendum no que o pobo grego, heroicamente, se mantivo no OXI- forzar a cambios na UE se o Estado grego non se dobregase -como disque propuña Varoufakis- que dobregándose, como quixo Tsipras.

6. En todo caso, como desvelou o intelectual de esquerdas anglo-pakistaní favorable ao Brexit, Tariq Alí, que lle confesou Varoufakis: "non dubides de que se hai Brexit non derramarei bágoa ningunha". E eu tampouco.

Publicado o 24 de Xuño de 2016 no blogue ofunambulistacoxo.blogspot.com.

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
24 de junho de 2016 21:24

_______________

Chamado a declarar o Director Xeral de Reganosa, o vindeiro luns 27 de Xuño, ante a denuncia interposta polo Comité Cidadán de Emerxecia, por considerar ilegal a entrada do LNG Castillo de Villalba, cargado con gas natural licuado (GNL), para a condenada e perigosa planta de gas, despois das sentenzas firmes do Tribunal Supremo

Tags

O Director Xeral da planta regasificadora de Mugardos, Emilio Bruquetas Serantes, está chamado a declarar para responder da denuncia interposta por varias asociacións ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, ante a entrada do LNG Castillo de Villalba o pasado 19 de Xuño, cargado con gas natural licuado (GNL), para a ilegal e perigosa Reganosa. Despois de ser ditadas as sentencias firmes e un auto de aclaración do Tribunal Supremo. Resolucións do alto Tribunal que anularon a modificación puntual do PXOM de Mugardos sobre o que se construíu a planta regasificadora (1ª Sentenza); a Autorización Previa de Instalación da Planta de Gas (2ª Sentenza) e por último, agora tamén, o proxecto de execución das instalacións da planta regasificadora (3ª Sentenza). O Auto de Aclaración mencionado, ven confirma a 2ª Sentenza, rexeitando un recurso de Reganosa que pedía a nulidade das actuacións. Polo tanto todo o despropósito gasista, non só é altamente perigoso, senón que está baseado en resolucións ilegais que foron declaras nulas de xeito irrevogábel polo Tribunal Supremo, máxima instancia xudicial que ditou sentenzas firmes e inapelábeis.

A planta regasificadora está localizada no corazón da nosa Ría, en Punta Promontorio, poñendo en perigo a ducias de miles de persoas que moran na súa contorna. Aumentando exponencialmente este perigo, cando entra un buque gaseirio cargado pola angosta, longa,de  pouco caldo e fondo rochoso, canle da Ría, para descargar o GNL no pantalán de Reganosa.


Comparecencia no Xulgado

A representación legal de Reganosa, está citada para comparecer o vindeiro luns 27 de Xuño, pola mañá, ás 9:30hs, para declarar diante do Xulgado de Instrucción nº 3 de Ferrol (Rúa Coruña, 53, 1º Andar), tras a denuncia presentada polo Comité Cidadán de Emerxencia, o pasado 21 de Maio, contra a entrada do xa citado gaseiro.

O xoves 23 de Xuño, representantes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, declararon no citado xulgado, ratificando denuncia presentada no seu momento.

PLANTA DE GAS : PECHE XÁ !

As tres sentenzas firmes e o Auto de Aclaración do TS contra Reganosa:
  • Sentenza 889/2016 do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 25.04.2016 | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia).
  • Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia)
  • Sentenza do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Quinta. 11.05.2012| Recurso de Casación Núm. 4512/2008 | Acceder/Baixar. (Recorrían Reganosa e o Concello de Mugardos).
  • Texto completo do Auto de Aclaración do Tribunal Supremo denegando o  Recurso de REGANOSA á sentenza que declara a nulidade da Autorización Administrativa Previa (Recurso de Casación 599/2013). | Acceder/Baixar.

Todo sobre loita contra o despropósito que representa Reganosa que está postado en Ártabra 21. | Acceder.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Foto de Romarin, tirada do blogue de Juan Carlos Díaz Lorenzo, | O LNG Castillo de Villalba no Porto de Mugardos, O Seixo ao fondo.

Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
23 de junho de 2016 14:26
_______________

Quedada de lecer, artística e reivindicativa na ribeira de Barallobre, para este domingo electoral do 26 de Xuño, desde as 12 do mediodía



PINTADA COLECTIVA, XANTAR, REIVINDICACIÓN e MÚSICA NA RIBEIRA DE BARALLOBRE, POLA A SÚA REHABILITACIÓN E RECUPERACIÓN COMO ESPAZO PÚBLICO PARA O LECER

Quedada veciñal de lecer, artística e reivindicativa na ribeira de Barallobre

Convidamos a veciñanza do concello de Fene a participar nas actividades culturais e a unha pintada colectiva de varios artistas locais, na mesma Ribeira de Barallobre. O acto artístico-reivindicativo, será este domingo 26 de Xuño, desde as 12 do mediodía. No primeiro aniversario das nosas reivindicacións para a mellora e recuperación desta contorna paisaxística e de lecer.

Perante a mañá comezará unha Xornada de Pintura por parte de varios artistas como Dulce Anca, Loli Fernández... con seus lenzos a partir das 12 do mediodía.

Continuaremos a xornada cun Xantar Veciñal aberto a cidadanía na mesma Ribeira.

Pola tarde, ás 6, unha Pintada Infantil.

Logo ás 8,30 da tarde realizaremos a concentración participativa con opinións e propostas.

Rematada a concentración, sobre as 9 da noite, pecharemos a xornada cunha actuación de música do país a cargo dun grupo de música.

Colectivo Veciñal da Ribeira de Barallobre

Referencias do colectivo veciñal en Ártabra 21. | Ir á Web.

Enviado por:
RIBEIRA BARALLOBRE
-ribeira.barallobre@gmail.com-
23 de junho de 2016 13:47

__________________

A eurodeputada galega Lídia Senra, valorou este venres os resultados do referendo celebrado no Reino Unido, no que un 51,9% da poboación votou a favor de abandonar a Unión Europea (UE) - A representante de AGEe considera “preocupante” a falta de debate que houbo na campaña electoral cara ao 26 de xuño que hoxe remata


Lídia Senra: “A decisión do Reino Unido amosa a pouca credibilidade dunha UE construída contra os pobos”. | A eurodeputada destaca a valentía británica de convocar un referendo, fronte á actitude de medo constante do Goberno do Estado Español. | A representante de AGEe considera “preocupante” a falta de debate que houbo na campaña electoral cara ao 26 de xuño que hoxe remata.


Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), valorou este venres os resultados do referendo celebrado no Reino Unido, no que un 51,9% da poboación votou a favor de abandonar a Unión Europea (UE), apostando polo Brexit (Britain Exit), e un 48,1% decantouse pola permanencia do Reino Unido como Estado membro na UE. Senra considera que “o feito de que no referendo gañara a posición de saír da UE, fronte á posición oficial do Primeiro Ministro e tamén das grandes empresas e da city, incluso a pesares das prevendas da UE acadadas polo goberno para defender a posición da permanencia, amosan a pouca credibilidade dunha UE que se construíu en contra dos pobos, a favor das multinacionais, e cuxas decisións responden única e exclusivamente á ditadura dos mercados e duns líderes á fronte da Comisión Europea (CE) e do Consello que non son capaces de resolver ningunha das graves crises (migratoria, social, ambiental, climática) que asolan hoxe a realidade deste espazo de (Des)Integración Europea".

Aínda que é certo que nesta situación, ante a falta de valentía e decisión da esquerda europeísta de romper coa ditadura dos mercados e os intereses especulativos do capitalismo financeiro, en moitos Estados, tamén no Reino Unido neste malestar está pescando e a dereita populista e xenófoba, non é menos certo que nesta votación tamén se reflicte o malestar das clases populares e dunha parte importante da esquerda que loita contra a crise e as políticas de austeridade impostas polo poder económico que está por detrás das decisións da Unión Europea que conlevan a perda de dereitos sociais, económicos e de libertades e mesmo de democracia e soberanía dos pobos. As imposicións da Troika a Grecia ou a ditadura do Euro, son un bo exemplo do secuestro da Soberanía Popular”, afirma a eurodeputada galega.

Neste sentido, Lídia Senra advertiu que tamén “é preocupante” a “falta de debate sobre todas estas cuestións na campaña electoral dos comicios do Estado español que hoxe chega ao seu fin”.

Por outro lado, a representante de AGEe no Parlamento Europeo afimrou que “chama a atención neste referendo a posición de Escocia ou de Irlanda no Norte a favor da permanencia, que con toda certeza tamén pode ser interpretado como unha forma de expresión e loita pola súa soberanía nacional fronte ao estado-nación hexemonizado por Inglaterra”. “O feito de que as nacións sen Estado teñan que afirmar a súa soberanía entregándose a unha supraestrutura antidemocrática forma parte das contradicións do momento pero tamén esta circunstancia está a falarnos dunha vontade por parte dos pobos de seren suxeitos soberanos”, di.

Sen dúbida, o escenario que se abre co resultado deste referendo dará pé a unha reconfiguración do espazo que hoxe constitúe a Unión Europea. Dende a esquerda debemos dar a batalla para avanzar nesa Europa dos pobos, democrática, social, solidaria, pacifista, antiimperialista, construída en pe de igualdade. Para iso, cómpre non eludir máis os debates arredor da cuestión da Unión Europea e o euro e a súa compatibilidade coa democracia e a soberanía popular. Propiciar este debate público deber ser a nosa tarefa no futuro inmediato”, defendeu.

Lídia Senra destactou tamén a valentía por parte do Reino Unido de convocar un referendo para que o pobo poidera expresarse sobre un asunto de tanta importancia, “en contraste co medo do Goberno do Estado español, que se manifesta, por exemplo, na negativa ao referendo en Cataluña”.

O presidente do Parlamento Europeo, Martin Schulz, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa para anunciar a convocatoria dun pleno extraordinario do Parlamento Europeo, para o próximo martes, 28 de xuño, para abordar en conxunto o escenario que se abre tras os resultados do referendo británico. Durante a sesión extraordinaria da próxima semana, que coincidirá co cumio de xefes de Estado e de Goberno da UE en Bruxelas, o Parlamento Europeo adoptará unha resolución analizando o resultado das votacións no Reino Unido e describindo os pasos que darán a partir de agora as institucións europeas.

Bruxelas, a 24 Xuño, de 2016.

-->>>

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

lidia.senra@europarl.europa.eu

Equipa de Comunicación AGEe:
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Bruxelas:
vera.montotovazquez@europarl.europa.eu
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Galiza:
age.europa.galiza@gmail.com
Xornal dixital de AGEe:
http://ageuropa.gal/

   


Enviado por:
AGE Europa - Galiza
-age.europa.galiza@gmail.com-
24 de junho de 2016 12:46
__________

mércores, xuño 22, 2016

O Xulgado da-lle a razón ao Concello de Ferrol, ante un recurso de Socamex/Urbaser, a parte privada de EMAFESA, dando por bo o acordo plenario de suspensión da taxa de depuración, suspensión á que só se opuxera o Partido Popular


O Xulgado do Contencioso-Administrativo nº1 de Ferrol, da-lle a razón ao Concello de Ferrol, ante un recurso de Socamex/Urbaser -a parte privada de EMAFESA, dando por bo o acordo plenario, do
18 de setembro do 2015, de suspensión da taxa de depuración, suspensión á que só se opuxera o Partido Popular.

A XUSTIZA DÁLLE A RAZÓN AO CONCELLO NO LITIXIO CONTRA URBASER POLA SUSPENSIÓN DA TAXA DE SANEAMENTO


O pleno suspendeu en setembro o cobro dunha taxa que se lles facturaba aos veciños pero que non se destinaba a sanear a ría porque a instalación segue incompleta O auto ditamina que debe prevalecer "o interese dos cidadáns en non aboar unha taxa por un servizo que está a ser cuestionado" e desbota os prexuízos económicos que aduce o grupo ACS.

A Xustiza ven de darlle a razón ao Concello de Ferrol no litixio que mantén contra Socamex/Urbaser, a división de augas do grupo empresarial de Florentino Pérez e que é o socio privado de Emafesa -a empresa mixta de augas da cidade- pola suspensión do cobro da taxa polo saneamento da ría.

Un tributo que se lles cargaba aos veciñ@s/usuari@s na factura por un feito impoñible -a depuración integral- que non se estaba a producir xa que a Estación de Augas Residuais (EDAR) de Cabo Prioriño está aínda incompleta e pendente de reparacións.

Un acordo plenario aprobado o 18 de setembro do 2015 cos votos favorables da equipa de Goberno e o respaldo dos grupos municipais de BNG e Ciudadanos, suspendeu a aplicación da ordenanza fiscal na que se sustentaba o cobro deste tributo por unha depuración das augas negras que non era real.

A firma privada recorreu este acordo plenario cun recurso de reposición no Rexistro do Concello que foi desestimado na Comisión Extraordinaria de Economía e Facenda celebrada o 23 de novembro.

Agora, o xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Ferrol ven de ditar un auto de sete páxinas -datado o 14 de xuño- no que tamén desestima o recurso interposto por Socamex na vía xudicial e dálle a razón ao Concello de Ferrol, que deixou sen efecto o cobro dunha taxa por unha depuración inexistente.

A xuíz, no seu ditame, estima que “non se acreditan os prexuízos económicos irreversibles” aos que aduce Urbaser e que debe prevalecer "o interese dos cidadáns para non aboar unha taxa por un servizo cuxa prestación está a ser cuestionada".

Ferrol, a 22 de Xuño de 2016.-

Fonte: Concello de Ferrol. | Ir a Web.

Foto: Visita ao Edar, de cando J.M. Rrey Varela era Acalde de Ferrol e presumía que o EDAR xa depurará máis dun millón e medio de litros de augas residuais, cando non era certo, non depurara nada de nada. Non lle importou mentir ao pobo de Ferrol e cobrar-lle unha inxusta taxa por depuración. Todo unha grande mentira en complicidade EMAFESA e a súa parte privada Socamex/Urbaser.

Enlace relacionado.-

Ártabra 21: Diferentes organizacións sociais, políticas, veciñais e sindicais de Ferrol, convocan unha mobilización unitaria contra a abusiva nova Taxa de Depuración e Saneamento. |  15.02.2015.

Enviado por:
André M. Ces
-andre.martinez.ces@gmail.com-
22 de junho de 2016 16:02
______________ ---

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN

Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!

Coordinadora Promotora da Plataforma

    Alexandre Carrodeguas.
    Fernando Ramos Armesto.
    Pablo Portero.
    Bernardo Rego Gárate.
    Lupe Ces.

correo-e:
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

Blogue:
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
____________________

Prefacio: Estado do poder 2016, ... Por Nick Buxton - Entender e mobilizar mellor noso propio poder para poder construír o mundo xusto e sostíbel que desexamos


Por Nick Buxton [*]
22.06.2016

Prefacio: Estado do poder 2016

O obxectivo último da serie de informes "Estado do poder" é entender e mobilizar mellor noso propio poder para poder construír o mundo xusto e sostíbel que desexamos.

Estado do poder 2016
"Estuda aos ricos e poderosos, non aos pobres e desempoderados... Deixemos que os pobres se estuden sós. Eles xa saben o que falla nas súas vidas, e si de verdade queres axudarlles o mellor que podes facer é proporcionar-lles máis información sobre como operan os seus opresores e como poden esperar que funcionen no futuro".
Susan George, renomeada investigadora-activista, escritora prolífica e presidenta do Transnational Institute, escribiu estas liñas fai máis de 40 anos, no seu xa clásico estudo "Como morre a outra metade do mundo", no que denunciaba que o fame no planeta non era causa accidental do clima, senón que estaba provocada por normas e regras ditadas polas elites. Naquela época, a súa mirada sobre as clases máis poderosas daba un xiro radical ao típico enfoque no ámbito do desenvolvemento, centrado en "axudar aos pobres". Hoxe en día, a relevancia desta cita e o acento que puxeron movementos como Occupy nos Estados Unidos ou os Indignados no Estado español en "o 1%" ou en "a casta" axudaron a cambiar o debate global.

Con todo, o feito de que exista unha crecente concienciación de que as regras da economía global estanse formulando para favorecer os intereses dun puñado de persoas non significa que entendamos totalmente como as elites exercen, manteñen e sosteñen o seu poder. E esa maior concienciación tampouco supón necesariamente que esteamos en mellor disposición de desafiar o poder que ostentan. A capacidade da banca non só para recuperar o seu poder e influencia senón até para amplía-los logo da profunda crise de lexitimidade que padeceu trae-la última crise financeira dá-nos unha boa idea da que nos enfrontamos.

Na mesma liña, que a coalición Syriza en Grecia vísese finalmente sometida ao desastroso proxecto de austeridade da UE "e aínda máis, a total falta de opcións reais ao alcance do Goberno grego fronte a unha inminente crise de crédito" puxo de manifesto como a vontade do pobo e o idealismo non son elementos suficientes para plantar cara ás estruturas de poder globalizadas. Como moitas veces comenta a propia Susan George, en 1920 aos bolcheviques bastou-lles con asaltar o Palacio de Inverno para facerse co poder e reconstruír por completo a economía e a sociedade. Pero onde está hoxe o Palacio de Inverno?

A realidade é que a concentración do poder hoxe en día forma parte dunha complexa trama tecida pola economía global, en que o poder está á vez concentrado e desarticulado, en ocasións visíbel en escenarios de riqueza estridente, pero case sempre oculto nun mundo de paraísos fiscais e segredos comerciais, tipificado na xerga tecnocrática de acordos comerciais e outros tratados internacionais, e promovido polos etéreos e todopoderosos "mercados financeiros".

É por este motivo polo que o Transnational Institute, inspirado por Susan George, decidiu lanzar o seu primeiro "Estado do poder" en 2012, co obxectivo de crear unha especie de "enciclopedia do poder" para activistas. O obxectivo era profundar os nosos coñecementos, arroxar luz sobre os actores e beneficiarios coñecidos e descoñecidos, e analizar as regras, normas, estruturas e marcos internacionais que posibilitan a consolidación do poder.

O primeiro informe preséntamo-lo coincidindo coa reunión do Foro Económico Mundial en Davos, un encontro anual no que se dan cita as elites políticas e económicas de todo o mundo, xa que este ilustraba moi ben a confluencia de poder político e empresarial que caracteriza á economía global actual.

Aquel primeiro ano, o noso informe e as infografías que o acompañaban fixéronse virais, o cal deu-nos a entender que existía un gran interese por este tipo de información e levou-nos a decidir que o informe se publica-se anualmente. En 2013, compilamos ensaios máis detallados sobre distintas dimensións do poder. En 2014 e 2015, organizamos unha convocatoria aberta de ensaios, coa idea de recompilar as mellores análises e axudar a promover o traballo de mozos investigares-activistas. En 2016, decidimos centrarnos especificamente no tema do poder e a democracia, nun momento en que os acontecementos que se estaban sucedendo en Grecia, o Estado español, o Reino Unido e outros países poñían claramente de manifesto que as contradicións entre ambos eran cada vez máis evidentes. No noso informe, decidimos examinar si podiamos entender mellor esas contradicións e, á vez, analizar como se podería mellorar e rearticular a democracia de forma que poida subverter realmente as estruturas inxustas de poder.

Como explica a escritora e investigadora Hilary Wainwright, tamén integrante da rede do Transnational Institute, comprender a tiranía empresarial e financiase debe ser "o punto de partida para identificar como desenvolver un contrapoder". Este é, á fin e ao cabo, o obxectivo último da serie de informes "Estado do poder": entender e mobilizar mellor noso propio poder para poder construír o mundo xusto e sostíbel que desexamos. Esperamos que estes ensaios contribúan á loita.

[*] Nick Buxton, editor de "Estado do poder".

Fonte: Transnational Institute - TNI.








Estado do poder 2016

O quinto informe Estado do poder 2016 do TNI analiza a interconexión entre poder e democracia. Os diversos ensaios que compoñen o volume, escritos por académicos-activistas, desgranan a longa batalla entre o poder económico e a democracia popular, denuncian os distintos poderes que intentan socavar a democracia hoxe en día e presentan alternativas democráticas populares que están xurdindo en todo o mundo.

Baixar/Acceder:

Informe completo en formato pdf, 224 páxinas en español. | Acceder/Baixar.

Informe  completo en formato web e partes e pdf. | Acceder/Baixar.
__________________