tag:blogger.com,1999:blog-29005879.post116973713120324858..comments2024-01-06T13:52:25.298+01:00Comments on Ártabra 21: Fundamentos e razóns que invalidan técnica e legalmente a ubicación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo REGANOSA en MugardosUnknownnoreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-29005879.post-19446910140273320352007-01-29T16:52:00.000+01:002007-01-29T16:52:00.000+01:00En primeiro lugar grazas por colgar na vosa páxina...En primeiro lugar grazas por colgar na vosa páxina o FUNDAMENTO 1º, técnico e legal, que invalida a ubicación da planta de gas da ría de ferrol, emitido por nos, www.f-cape.org .

Con respecto ao RAMINP dicir simplemente que está vivo e moi vivo. Houbo varios intentos de "bloqueo" por parte dalgunha lei autonómica pero sen resultado. Polo que nós sabemos, somos técnicos e non avogados, houbo algunha derrogación de certos artigos do RAMINP relativos a datos concretos de tipo técnico como límites de toxicidade, ruídos, etc. pero non unha derrogación completa nin creo que a anunciada polo voso comunicante váiao a ser.

Con todo, estamos convencidos de que é unha lei que necesita ser renovada, pois estamos en Europa e xa existen Directivas que a poden substituír perfectamente. O que pasa é que estas Directivas son aínda moi descoñecidas, mal traspostas ao ordenamento xurídico español, e con nula xurisprudencia sobre a súa aplicación. O Reino de España, que así se coñece en Bruxelas, está acosado con moitísimas denuncias medio ambientais, multas, etc. Darvos conta que logo de 45 anos de vida do RAMINP aínda se quere afogar os seus requerimentos non só por parte dos empresarios-especuladores se non tamén por unha caterva de políticos neonatos, como os que están agora na Xunta e en outros gobernos (chámase a erótica do poder) que non disimulan en facer o mesmo que os seus antecesores do PP.¿Onde está a "calidade democrática"?.

CONCLUSION: O RAMINP prohibe a actual ubicación da planta regasificadora de gas natural licuado (GNL) da Ría de Ferrol e esperamos que o Tribunal Supremo o teña en conta e impida a súa posta en funcionamento.

Por certo, hai na rede outra sentenza do tribunal Supremo baseada no RAMINP e contra o goberno de NAVARRA, que anula o seu Plan Xestor de Resíduos Especiais por non ter en conta os famosos 2.000m. Sentenza do Tribunal Supremo (Sala 3ª) de data 19 de xullo de 2004. http://www.uria.com/esp/circulares/medioambiente/med_Abr05esp.htm#um10

Saude a to@s do blog, www.f-cape.orgFerrolhttps://www.blogger.com/profile/08882747317888644545noreply@blogger.com