Amosando publicacións coa etiqueta #NonInvasionEolica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #NonInvasionEolica. Amosar todas as publicacións

venres, abril 08, 2022

Novo boletín informativo ambiental de Radio Cerna - O decreto-lei de Sánchez no que exime de avaliación ambiental certos proxectos de enerxías renovábeis fai saltar as alarmas das entidades ecoloxistas.... e outras novas


Boletín informativo ambiental 08/04/22

O decreto-lei de Sánchez no que exime de avaliación ambiental certos proxectos de enerxías renovábeis fai saltar as alarmas das entidades ecoloxistas, mesmo das estatais. As enerxías renovábeis non poden implantarse á custa de rebaixar as garantías ambientais ou de participación pública. ADEGA advirte de que este decreto en Galiza poría en risco espazos que foron propostos como ampliación da Rede Natura 2000. Doutra banda, a Xunta intenta reparar a súa ilegalidade, constatada polo TSXG, e volve a poñer en exposición púbilca aqueles proxectos eólicos aos que lles recurtou a metade o prazo de alegacións. Estas e outras novas de interese, neste espazo de Radio Cerna!

#GalizaPolaPaz

Queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza? Escoita Radio Cerna!





Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo. | Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal | Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela | Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal

#RadioCerna
#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica

Delegación de Adega
Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Foto: Manifestación da plataforma "Eólica Así Non" en Santiago de Compostela. | Xoán Álvarez.

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
8 de abril de 2022 13:36

_______

martes, decembro 21, 2021

Veciñas e veciños de Anca (Neda) afectados polo megaproxecto eólico de Caaveiro, estamos a recoller sinaturas dirixidas á Área de Industria e Enerxía (Delegación do Goberno) - Modelo de recollida de sinaturas

Veciñas e veciños de Anca (Neda) afectados polo megaproxecto de Caaveiro, estamos a recoller sinaturas en oposición ao megaproxecto eolico, para apoiar un escrito dirixido á Área de Industria e Enerxia (Delegación do Goberno), agradecen asinar e difundir. A continuación transcribimos o texto que se pide asinar.

Á atención de:
D. JOSÉ MIÑONES CONDE
ÁREA DE INDUSTRIA E ENERXÍA
DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
Praza de Ourense, nº 11, A Coruña, C.P. 15003

Asunto: Listado de sinaturas das persoas que manifestan o rexeitamento social ao Parque Eólico Caaveiro de 78 MW e a súa infraestrutura de evacuación na provincia da Coruña (CÓDIGO DO PROXECTO: PEol-431). O parque eólico Caaveiro forma parte dun conxunto de 6 parques eólicos situados na zona  noroccidental da provincia da Coruña, en desenvolvemento por parte de  Enel Green  Power España S.L. O conxunto dos parques eólicos, denominados Caaveiro,  Tesouro, Barqueiro, Badulaque, Santuario e Moeche ten unha potencia instalada conxunta de 611  MW e conectan nun mesmo punto de conexión á Rede a Subestación de REE As Pontes (posición Grupo 3 Central Térmica) e que afecta aos municipios de Neda, Fene, San Sadurniño, A Capela, As Pontes de García Rodríguez e Cabanas. Trátase dun Plan industrial eólico da mesma promotora que se fragmenta de forma artificiosa co fin de eludir a avaliación global dos impactos ambientais e facilitar a tramitación e a axilización administrativa. O proxecto implica prexuízos irreparables para os valores da Zona de Especial Conservación (ZEC), Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) e Lugar de Interese Comunitario (LIC), denominado “Xubia-Castro”. Afección moi severa e prexuízos irreparables e incompatibles coa ZEC ES1110003 “Fragas do Eume” e a serra de Forgoselo. O proxecto é incompatible cos usos forestais actuais e paisaxísticos e implica unha ameaza para a economía dás familias que dependen dás explotacións forestais e agro –gandeiras dá área afectada que destaca pola elevada produción madeireira e agrícola. Afecta de forma severa ao benestar dás familias que viven nos núcleos próximos e aos seus lugares e espazos identitarios.

O parque eólico proxectado é incompatible cos usos e a fertilidade actual dos chans, fragmenta o territorio e implica a perda de biodiversidade. As cimentacións dos parques xunto coas remocións de toneladas de terra previstas para a súa implantación, altera de forma irreversible a cuberta vexetal e os recursos hídricos, producindo erosión dos chans e a medio e longo prazo desertización da área afectada. A perda dá cuberta vexetal converte aos chans nun recurso natural non renovable e finito eliminando  a súa funcionalidade e aptitude agrícola actual e potencial, gandeira e forestal de xeito irreversible.

Pídese a súa retirada definitiva.

✅ Modelo para asinar dirixido á Área de Industria e Enerxía (Delegación do Goberno). | Acceder/Baixar.

Facebook Asociación Veciñal de Anca (Neda)

#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
20 de dezembro de 2021 14:51

_______

martes, decembro 14, 2021

A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos


A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos

·  Afectados e afectadas esixen que a moratoria inclúa os centos de proxectos en trámite e non só a solicitudes de 2022

·  A planificación de parques por todo o territorio fará que Galicia perda riqueza natural, económica e mesmo a súa identidade

·  Galicia xa xera enerxía eólica para exportar cos actuais parques


A coordinadora de plataformas  Aldeas Libres de Macroeólicos esixe á Xunta de Galicia que paralice os trámites dos centos de proxectos eólicos solicitados na nosa Comunidade, toda vez que a conselleira de Medioambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, confirmou onte aos medios de comunicación que o 30% do territorio quedará afectado por xeradores de enerxía.

A coordinadora lembra á Xunta de Galicia a súa responsabilidade na protección do patrimonio natural galego e insta a que a moratoria anunciada para 2022 comece neste mesmo intre ata que se elabore un plan de desenvolvemento enerxético equilibrado entre as necesidades enerxéticas e o medioambiente.

Aldeas Libres de Macroeólicos advirte que de continuar o plan sectorial actual a desfeita das nosas paraxes suporá, ademais da perda de riqueza e benestar para os galegos e galegas,  o borrado dunha gran sinal de identidade da nosa Comunidade. Así mesmo sinala que, como a propia conselleira explicou, Galicia se sacrificará para responder ás necesidades enerxéticas de Europa en beneficio das grandes compañías produtoras, xa que actualmente na nosa terra xa se produce máis enerxía da que precisamos e a compensación polos danos das empresas que explotan o territorio é insignificante, máis tendo en conta que os parques construídos hai 15 ou 20 anos amosan que non xeran nin postos de traballo nin dinamizan a zona, senón todo o contrario, levan perda de poboación.

A cidadanía galega esixe que os plans estratéxicos dos Gobernos autonómico e Estatal sexan complementarios para evitar unha sobreexplotación e que se reactive o plan da Rede Natura 2000 de protección dos nosos espazos, xa que Galicia é unha das Comunidades Autónomas con menos das súas paraxes protexidas, motivo polo cal xa recibiu unha multa da Unión Europea e recentemente, este mesmo 2021 un novo apercibimiento do ente internacional.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2021

https://aldeaslibresdemacroeolicos.com

Contacto:
ortegaldinon@gmail.com

Enviado por:
Ortegal Di Non
-ortegaldinon@gmail.com-
12 de dezembro de 2021 13:40

_______

sábado, decembro 11, 2021

Gran participación na mobilización que tivo lugar esta mañá en Ferrol baixo o lema 'Eólica así Non'











Gran participación na mobilización que tivo lugar esta mañá en Ferrol baixo o lema "Eólica así Non"

Facéndoo coincidir co Día das Montañas as distintas plataformas, veciños e asociacións percorreron as rúas ferrolás dende a estación de tren ata o concello, onde os organizadores agardaban cun chocolate quente aos asistentes ao acto.

A morte do rural foi representada nesta andaina, mesturada co son das gaitas e os cánticos dos veciños en protesta por esta inversión eólica.

Unha vez na Praza de Amboaxe pasouse a ler o manifesto e o poema de Darío Xohán Cabana "Venceredes vós".

A continuación facémosvos chegar a nota de prensa oficial da coordinadora "Eólicas así Non".

Atentamente,

Luka, Ortegal di Non

 VID-20211211-WA0038.mp4

 VID-20211211-WA0071.mp4

 VID-20211211-WA0037.mp4


MÁIS DE 5000 PERSOAS SAÍMOS HOXE Á RÚA NA DEFENSA DAS MONTAÑAS GALEGAS FRONTE A INVASIÓN EÓLICA


Galiza, Días da Montañas, a 11 de decembro de 2021


Hoxe sábado, 11 de decembro, Galiza mobilizouse masivamente a prol das montañas e do rural galego e en contra da actual invasión eólica que ameaza o noso territorio. Mais de 5000 persoas participaron nas 22 mobilizacións convocadas en toda Galiza pola coordinadora galega “Eólica Así Non” para este Día mundial das Montañas co gallo de reivindicar diante das administracións públicas a preservación destes ecosistemas fronte a actual vaga eólica, baixo o lema “Na defensa das montañas. Eólica Así Non”.

Como xa acontecera o pasado 5 de xuño na Praza do Obardoiro de Santiago de Compostela, a resposta da sociedade galega foi contundente. A multitude congredada desta volta en diferentes localidades do país volveu reclamar á Xunta a paralización urxente, real e efectiva dos case 300 parques eólicos que se atopan actualmente en tramitación e que se prevén instalar no noso país. Máis de 170 entidades que fan parte da coordinadora, entre colectivos e plataformas veciñais, de afectados/as, ecoloxistas, culturais, sociais ou políticas, rexeitan a falaz e inútil moratoria anunciada polo goberno de Alberto Núñez Feijóo, por non ter ningún efecto sobre os actuais proxectos en tramitación e que só pretende confundir a opinión pública e desmobilizar a sociedade. Porén, o goberno da Xunta non conseguiu desmotivarnos. Agora máis que nunca reivindicamos a derrogación do desfasado Plan eólico de Galiza e das “leis de depredación” da Xunta (Lei de fomento de implantación de iniciativas empresariais e Lei de simplificación administrativa) de cara a deseñar unha nova planificación eólica, participada pola sociedade galega, xusta coas persoas e respectuosa co rural e co medio ambiente galego. Doutro xeito, estaríamos deixando en mans do oligopolio eléctrico o futuro do noso territorio.

Desde a Coordinadora Eolica Así Non entendemos que o éxito desta gran mobilización debe obrigar á Xunta a reconsiderar un cambio no modelo de implantación eólica e, por extensión, un cambio de modelo enerxético, no que se aposte polas enerxías renovábeis, pero non co fin de satisfacer as ansias especulativas do lobby enerxético e á costa de sacrificar o noso territorio, senón pensando no interese xeral. O novo modelo de implantación da enerxía eólica debería estar fundamentado na soberanía enerxética, no fomento do aforro e da eficiencia enerxética, no autoconsumo e na xestión pública do recurso ao servizo da sociedade galega. Tamén se fixo fincapé sobre o irreparábel impacto que estes preto de 300 proxectos eólicos, xunto coas súas liñas de evacuación e outras infraestruturas asociadas, terían sobre a rede de montañas galegas. Estes ecosistemas, que constitúen o principal obxectivo de ocupación das promotoras eólicas, representan un papel fundamental no desenvolvemento e resiliencia da nosa sociedade. As montañas son a nosa principal fonte de auga e de alimento, son refuxio das especies e hábitats de maior interese para facer fronte ao quecemento global, regulan o clima e controlan a erosión do solo, son paisaxe e reservorios do noso patrimonio cultural,... En definitiva, son unha peza clave para o equilibrio ecolóxico de Galiza, polo que a súa destrución estaría poñendo en risco o noso futuro e o das vindeiras xeracións.

Diversidade de actos na defensa das montañas

Nesta xornada de defensa das montañas, a Coordinadora “Eólica Así Non” convocou a sociedade galega en 22 enclaves xeográficos repartidos nas catro provincias galegas: Bembibre-Val do Dubra, Carral, Coristanco, Ferrol,  Mazaricos (provincia A Coruña);  Antas de Ulla, Becerreá, Chantada, O Courel, Foz, Lugo, Meira, Vilalba (provincia de Lugo); A Lama, Bueu, Cerdedo, Gondomar, Marín, Pontevedra, Vila de Cruces (provincia de Pontevedra); Castro Caldelas e Laza (provincia de Ourense).

Algunhas das consignas máis proclamadas nesta xornada de concentracións foron “Eólicos si, pero non así”, “Montañas sagradas, aldeas habitadas”, “O Capital bótanos do rural”, “Non, non, non a esta invasión; non, non, non á colonización”, “Que nos escoiten, queremos vivo o monte” ou “Non ao espolio do noso Patrimonio”...

A meirande parte dos actos celebrados nesta xornada discorreron en forma de concentración reivindicativa na que se leu o manifesto “Na Defensa das Montañas. Eólica Así Non”. Porén, nalgúns casos, como o de Bembibre (Val do Dubra), Ferrol, Cerdedo ou Antas de Ulla houbo manifestacións ou percorridos a pé que cortaron o tráfico de varias estradas. Nas mobilizacións convocadas para A Lama, Mazaricos, Marín e Gondomar realizáronse subidas aos montes ou montañas máis emblemáticos destas áreas en cuxos cumios se prodeceu á lectura do manifesto. As mobilizacións máis concorridas foron as de Bembibre (Val Do Dubra), Ferrol, Marín, Gondomar, seguidas de Pontevedra, Lugo, Foz, Vila de Cruces, Cerdedo, Carral e Meira.

En Lugo, Foz e Vilalba os actos estiveron acompañadas polo son das gaitas tradicionais e tamén se  fixeron recitais poéticos, e en Castro Caldelas amenizouse a xornada reivindicativa cunha chocolatada. Na concentración de Becerreá leu o manifesto o veciño da Fonsagrada e protagonista de “O que Arde”, Amador Arias, e en Pontevedra sumouse á mobilización o alcalde da cidade. Na andaina polo monte de Gondomar houbo unha especial presenza dos clubes de montaña. Na península do Morrazo, os actos terán lugar ao longo de toda a xornada, completándose a andaina de pola mañá no concello de Marín, cunha palestra e magosto pola tarde en Bueu. E no concello de Laza celebraranse en sesión de tarde, a partir das 16 horas. A última hora, tívose que desconvocar a concentración en Seoane do Courel por motivos de prevención fronte a incidencia da Covid-19.

Ao longo desta semana tamén amosaron o seu apoio ás mobilizacións convocadas pola Coordinador Eólica Así Non persoas recoñecidas da cultura galega como Miguel de Lira, Xurxo Souto, a Banda da Loba, Adela Figueroa, Lois Pérez ou Benedita Sánchez, entre outras.

Álbum de imaxes:
https://bit.ly/3yl8NT8

Cartaz Mobilización 11D:
https://bit.ly/3IAkERV

Manifesto NA DEFENSA DAS MONTAÑAS. EOLICA ASÍ NON: https://bit.ly/3lOvhXD

Listado colectivos EÓLICA ASÍ NON:
https://bit.ly/3xo57PT

Enviado por:
Ortegal Di Non
-ortegaldinon@gmail.com-
11 de dezembro de 2021 17:05

_______

A coordinadora galega 'Eolica Así Non' convoca 22 mobilizacións nas diferentes comarcas afectadas pola invasión eólica de Galiza - En Ferrol este sábado 11 de decembro andaina desde a Estación do Tren


MOBILÍZATE NA DEFENSA DAS MONTAÑAS FRONTE A INVASIÓN EÓLICA

Máis de 170 entidades que conforman a "Coordinadora Eólica Así Non" convídante a participar nalgunha das 22 mobilizacións que terán lugar, este sábado 11D, Día Internacional da Montañas para berrar alto e claro: “Na Defensa das Montañas, Eólica Así Non!”


E se non podes asistir a ningunha das concentracións ou manifestacións previstas, sobe á túa montaña e faite unha foto co lema “Eólica Así Non” e, logo, difúndea nas redes co cancelo #EolicaAsiNon

Con motivo do Día das Montañas, o vindeiro 11 de Decembro ás 11h terá lugar en Ferrol unha mobilización que empezará na estación de tren, percorrerá as rúas da cidade pasando pola Praza de España e rematará enfronte do Concello, na Praza de Armas.

A poboación galega só consume dous terzos da enerxía que xeramos agora mesmo, sen a necesidade de instalar un só muíño máis. E aínda así queren que o noso rural soporte a maior densidade de muíños por km2 do Estado, se está esta vaga de proxectos de polígonos industriais eólicos segue adiante. Isto significaría que un 25% do noso territorio sería catalogado coma poligonal de parques eólicos.

Está claro, ademais que estas empresas non están actuando de boa fé. Estes proxectos presentase fraccionados de tal xeito que poidan sortear os controis públicos. Non hai transparencia no proceso, non se lle informa os veciños e afectados, e estanse a atopar trabas administrativas incluso á hora de presentar as alegacións. Sabemos que a nosa rede eléctrica non podería soportar todos estes proxectos que intentan implantar. E ademais, agora decatámonos de que parte desta produción eléctrica enviaríase ao estranxeiro.

Temos constancia de que ningún dos parques instalados fai 15 ou 20 anos trouxo beneficio para a sua zona de asentamento. A proxección destes proxectos vai dirixida ao rural, un rural que novamente vaise ver sacrificado. E despois preguntarémonos por que se está despoboando. No caso de Muras, a sua poboación veuse reducida á metade en 20 anos. Non podemos aceptar que os custos e impactos se centralicen só nun territorio. A transformación física da nosa paisaxe vai afectar as nosas explotacións gandeiras e agrícolas, ao noso turismo, e en definitiva a todo o que coñecemos agora.

Defendemos as enerxías renovables, pero non podemos defender o espolio enerxético.

Por todo isto, e baixo o lema "EÓLICA ASI NON" convocamos os cidadáns ás mobilización que van ter lugar este sábado en Ferrol, e animamos os que non poidan achegarse a esta a que usen as distintas formas de protesta que ímos anunciar nas nosas redes sociais.

Luka, Ortegal di Non

Enviado por:
Ortegal Di Non
-ortegaldinon@gmail.com-
10 de dezembro de 2021 19:01

_______

mércores, novembro 24, 2021

A Plataforma 'Ortegal di non' organiza un acto sobre 'a invasión eólica no rural', na que participaran como poñentes Margarida Prieto e Andrés Castro, ambos do Sindicato Labrego Galego - o venres 26 no Centro Sociocomunitario de Mañón


INVASIÓN EÓLICA NO RURAL
O QUE NON NOS CONTAN DOS EÓLICOS
Charla informativa no Barqueiro.


Ortegal di non organiza unha charla o venres 26 no Centro Sociocomunitario de Mañón ás 19h na que participaran como poñentes Margarida Prieto e Andrés Castro, ambos do Sindicato Labrego Galego. Esta súmase ás múltiples accións que a plataforma leva realizado dende a súa creación fai escasamente 2 meses. Este Novembro acudiron co seu posto de información á Feira do Mel e da Mazá do Concello de Ortigueira, realizaron unha charla informativa e recollida de alegacións na parroquia de Barbos e  acudirán tamén á primeira edición do Festival de Outono que organiza a Granja Labrada o día 28 en Grañas, así como a cita xa habitual cada xoves no mercado local de Ortigueira.

A comarca do Ortegal vese afectada polo de agora por 3 proxectos P. E. Barqueiro, P. E. Balocas e P. E. San Brandán, San Cibrao. A plataforma defende a idea de que outro modelo enerxético é posible no que se inclúa un respecto pola natureza, o noso patrimonio e que afecte o menos posible aos habitantes  das nosas aldeas.

Hai estudos que demostran os efectos nocivos da implantación de estes muíños tan preto dos humanos e sentenzas a favor dos afectados noutros países europeos.

Ademais, estes proxectos farían perigar a candidatura do Xeoparque Cabo Ortegal, por non falar da economía local baseada na agricultura, o gando e o turismo rural.

Considera que hai outras opcións para contribuír ao aforro enerxético coma a creación de comunidades enerxéticas, a colocación de paneis solares nos teitos dos edificios en polígonos industriais xa en uso, unha concienciación cidadá do uso da enerxía, non aumentando a produción sen limite facendo desaparecer a nosa paisaxe e identidade.

A día de hoxe xa se sabe que parte da enerxía que Galicia xeraría pretendese exportar en forma de hidróxeno a outros países.

Estanse presentando proxectos en todo o rural para obter os cartos dos fondos europeos, a rede eléctrica actual non sería capaz de soportar as xeración de estes proxectos, temos unha rede mal planificada, pensada fai moitos anos para grandes centrais, na actualidade compensan as renovables con gas, o subir o prezo deste sube o prezo da electricidade. Aumentar a produción non abarataría o prezo final o consumidor, se non que descompensaría mais a rede o que se xoga aquí é obter fondos europeos non pesar no consumidor.

Pretendemos con estás accións concienciar á xente da manipulación que hai detrás deste boom da enerxía verde ca intención de que por unha vez se fagan ben as cousas dende a base, pesando nos cidadáns e non nos intereses das grandes corporacións.

Ortegal di Non

Contacto: ortegaldinon@gmail.com

#NonInvasionEolica
#EolicaAsiNon

Enviado por:
Ortegal Di Non
-ortegaldinon@gmail.com-
23 de novembro de 2021 23:14

_______

venres, outubro 29, 2021

A loita contra os megaproxectos eólicos é de todos e por todos, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
29.10.2021


Algunhas loitas son de todos, axuntan as persoas, cada un do seu pai e da súa nai, a veciños con vidas diferentes, a xente de distintas ideoloxías, eso é o que está sucedendo agora na Galiza co movemento nado para loitar contra os macroproxectos eólicos que ameazan ó rural galego e o seu xeito de vivir.

O movemento non é uniforme, en cada comarca, en cada aldea organizase dun modo diferente e está mellor ou peor organizado, pero nun movemento cun potencial de unidade transversal capaz de poñer de acordo as aldeas enteiras no seu afán de seguir vivas e non permitir que intereses económicos esmaguen a súa dignidade e destrúan o seu futuro.

Como ocorre neste tipo de movementos sempre hai quen intenta controlalos, ou busca sacar un rédito político, as multinacionais lles interesa calar as voces discordantes, adormecer a opinión pública, e enganar aos veciños afectados. Os poderes económicos sempre atopan políticos aos que comprar ou parvos útiles aos que utilizar para alcanzar os seus obxectivos.  

Persoalmente entendo que unha plataforma debe nacer da organización dos afectados a nivel individual, e fortalecerse coa achega doutras persoas solidarias, con asociacións de veciños, grupos ecoloxistas, etc. E cando a causa é xusta, como é o caso, debe estar apoiada, que nunca controlada, polo Goberno Municipal e os distintos grupos políticos.

Pero non o van a ter fácil, o rural galego xa ten demostrado noutras ocasións a súa capacidade de loita. Como galegos somos desconfiados, pois temos sido enganados e utilizados en demasiadas ocasións.

En cada comarca e en cada concello nacen plataformas para loitar pola nosa terra, polo noso presente, e polo futuro dos que virán detrás, algunhas nacen ben, son plataformas de afectados a nivel individual, coa participación de asociacións ecoloxistas ou veciñais, e tamén de persoas que aman a Galiza como a si mesmos, outras nacen mal, con políticos de mente estreita que tentan controlalas por medo a que alguén poida sacar un suposto beneficio electoral no futuro, ou ainda peor nacen controladas por persoas que se teñen vendido as multinacionais do sector.

En realidade é algo que ten pasado sempre, ben sexa na loita contra a megaminería, ou na loita contra os megaproxectos eólicos, ou en tantas outras.

Persoalmente estou convencido de que os traidores ao seu propio pobo serán arrastrados por unha marea humana que non se vai a parar por moitos atrancos que lles poñan no camiño.

A nosa Galiza profunda, o noso rural galego dará nesta batalla e a gañará, pobre do político que pense que pode enganar a este pobo, mais lle valería sacarse do medio antes de que suba a marea, ou mellor, escoller trincheira coa xente que loita polo que é xusto, que defende a súa su dignidade e a de todo un pobo contra xigantes que como no Quijote hoxe son muíños.

Esta loita a imos gañar entre todas e todos. A Galiza non se vende, se defende.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
28 de outubro de 2021 08:04

_______

xoves, setembro 30, 2021

Roteiro polo Coto da Lagoa, para coñecer o patrimonio paisaxístico e natural ameazado por un proxecto eólico - Domingo 3 de outubro, ás 10 da mañá, no local social da asociación viciñal de Marmacón (Papoi) - Ferrol

O vindeiro domingo día 3 de Outubro, está organizado un roteiro pola SGHN e outras entidades que están contra dos proxectos eólicos entre elas ADEGA, no monte da Lagoa con subida ate o coto, coa finalidade de coñecer o patrimonio paisaxístico e medio ambiental ameazado polo proxecto eólico mal chamado Monteventoso. Será un percorrido duns 8 Km, con saída do local da AVV de Marmancón (Papoi) ás 10 da mañá.

Punto de encontro (mapa):
https://goo.gl/maps/MgVwFegp969kGitG7

Participa !

"Non queremos un modelo eólico que rompe, deteriora e minusvalorara o noso territorio e a súa xente para o beneficio dos de sempre".

#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica
#aldeaslibresdemacroeólicos
#Moratoriaeólica
#PorUnNovoModeloEolico
#aldeasconhorizonte
#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

Delegación de Adega
Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Info baseada na enviada por:
Adega Ferrolterra
-adegatrasancos@adega.gal-
30 de setembro de 2021 09:57

_______

martes, setembro 14, 2021

Unha plataforma veciñal para loitar contra o macroproxecto Parque Eólico Barqueiro: 'Ortigueira di Non' - Por unha transición enerxética xusta e sustentable


Non sei se vostede esta o corrente do que está a acontecer a día de hoxe nas nosas aldeas, e é que hai un movemento que pretende que se escoite a nosa voz. Un movemento que intenta paralizar o que vemos repetido na historia unha e outra vez. Fanse proxectos co único fin de acadar subvencións sen importar a quen se levan por diante. E esta vez temos algo que dicir: Ortigueira di Non!

ORTIGUEIRA DI NON realizou unha concentración diante do Concello o día do pleno extraordinario que tivo lugar o pasdo 9 de setembro, que se suma ás distintas formas de protesta que están a ter lugar nas últimas semanas, incluído "os roteiros reinvindicativos" que tiveron lugar o domingo5 de setembro e que finalizaban nun marco incomparable, Monasterio de Caaveiro, corazón das Fraguas do Eume onde estes muíños xigantescos tamén chegarían.

Esta plataforma é unha asociación veciñal e apolítica que emerxeu para loitar contra o proxecto Parque Eólico Barqueiro, un dos seis proxectos que ocuparían parte da zona de Ferrol Terra, Ortegal e Mariña.

O aluvión de proxectos eólicos débese ás axudas Next Generation que a Unión Europea está a conceder e ao afán das empresas por conseguir os fondos europeos.

ORTIGUEIRA DI NON está a favor das enerxías renovables. Pero considera que non se poden vulnerar os nosos dereitos e saltarse a lei vixente. Non se pode permitir a instalación de aeroxeradores de 200 metros a 300 metros das casas como se pretende, a destrución da nosa paisaxe, que é máis que un reclamo turístico para nós, sen un estudo tan básico como o de acuíferos, por exemplo. E moito menos permitir o espolio das terras dos nosos veciños. Todo iso para que se lucre unha empresa privada e nós os galegos, nin sequera a nosa comarca, teñamos ningún beneficio máis que a destrución da nosa contorna.

Cremos que como mínimo se debe informar á xente para que teñamos unha idea real do que todo isto significaría para a nosa comarca. E evitando así o botar as mans a cabeza unha vez que o mal xa esta feito.

Lucía Bermúdez Blanco, en representación
PLATAFORMA VECIÑAL ORTIGUEIRA DI NO

No facebook.

Manifesto de Caaveiro -  Por unha transición enerxética xusta e sustentable - 05.09.2021 | En formato pdf, 6 páxinas. | Baixar/Acceder.

Info baseada na enviada por:
Ortigueira Di Non
-ortigueiradinon@gmail.com-
7 de setembro de 2021 22:14

_______

sábado, setembro 11, 2021

Eólicos, así non, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
11.09.2021

EÓLICOS, ASÍ NON

Recentemente, e en calidade de delegada da organización política Ligando-LGD, veño de rexistrar no concello de Ferrol unha iniciativa contra dos macroproxectos eólicos no noso territorio. Iniciativa que consideramos necesario divulgar nos medios para compartila coa cidadanía. A razón de ser da Administración local non é outra que pór en marcha políticas de servizo á cidadanía, participadas por esta. Máis, cando esa cidadanía fica indefensa perante oligopolios económico-financeiros e lobbies enerxéticos.

Co cambio climático, eses territorios e espazos marítimos que van ser cedidos ao lobbie enerxético van necesitalos as comunidades locais para sobrevivir á incerteza e ás consecuencias dese cambio. Ceder eses territorios significa reducir a capacidade de resiliencia da sociedade ferrolá, contrariando a lóxica da supervivencia.

Por iso, consideramos un despropósito que a cidadanía de Ferrol se teña que informar polos medios de comunicación de que o seu alcalde fai de portavoz deses oligopolios enerxéticos que, por riba, nútrense de subvencións públicas. Apoiar desde o goberno local macroparques eólicos de gran impacto ambiental e patrimonial, arteiramente fraccionados para se poder tramitar na administración autonómica, sen comunicación previa aos afectados, está moi lonxe de calquera política democrática e relaciona perigosamente o goberno municipal cos intereses privados especulativos de grupos de poder alleos que cobizan os fondos europeos Next Generation. Fondos que deberían destinarse aos grupos sociais máis afectados pola crise da pandemia. Sobre todo, porque son empréstitos que o Estado terá que devolver e que recaerán, como sempre, na clase traballadora.

Ligando, como organización decrecentista que é, non se posiciona en contra da enerxía eólica per se anque así non por moitas razóns que paso a enumerar:

1- As enerxías renovabeis na lóxica capitalista, están moi lonxe de ser sostibeis e sociais.

Os megaproxectos -malia ser fragmentados- son sempre insostíbeis por motivos ecosociais. Nun mundo pospetróleo cara o que transitameos, estes megaproxectos especulativos e coloniais, son dependentes do petróleo. Os materiais dos eólicos fabrícanse, transpórtanse e instálanse de xeito directo ou indirecto co uso do petróleo. Parte dos seus compoñentes son moi difíciles, cando non imposibeis, de reciclar e moitos dos mesmos son extraídos e producidos en países que carecen de lexislación ambiental e laboral protectora. Supoñen un saqueo colonial alí onde se asentan, que é sempre na periferia dos grandes centros de consumo enerxético, en zonas colonialmente empobrecidas e indefensas, maiormente no rural. Por tanto, potencian o transporte da enerxía extraída -coa perda e derroche que iso implica- da periferia ao centro cando son as grandes cidades as grandes consumidoras.

2- Non estamos para malos investimentos en custosa tecnoloxía cuxo futuro a medio prazo xa é cuestionabel. Amais de destruir enormemente o territorio, xerarían unha débeda que habería que pagar con máis subas na xa inflada factura de electricidade, mentres se exporta a meirande parte da enerxía, como xa pasou coas aldeas sen luz á beira dos grandes encoros.

3- A instalación de parques eólicos debería realizarse onde se produce e consume enerxía, sobre todo, en solo industrial e urbano porque iso é o máis sustentabel e xusto. Cada vez haberá menos disponibilidade de camións, excavadoras, guindastres… menos disponibilidade de materiais por verse limitada a súa extracción e transporte. A eólica ten de ser, pois, local e comunitaria para poder recibir o calificativo de sostibel. 4-Das Renovabeis pódese tirar moita electricidade pero, no mellor dos escenarios, despois de anos dun desenvolvemento axeitado, poderíase obter delas unha cantidade igual ao 40% da enerxía total que se consume actualmente e non poderán sustituir por completo aos combustibeis fóseis. Polo que promover a idea de que as renovabeis van suplir ao petróleo e ao carbón, sen políticas de redución de consumos nin pór en marcha políticas decrecentistas é unha fraude á cidadanía e aboca ao desastre ás vindeiras xeracións.

5- Galiza é autosuficiente en enerxía eléctrica polo que é irracional e colonial calquera política enerxética de destrución do territorio para transportar (saqueo) a outros territorios que se libran así destas nefastas externalidades.

6- Non é de recibo que a administración faga inventario de Patrimonio ecolóxico e arqueolóxico para logo agasallalo ao lobbie enerxético. Desde Ligando, apoiamos totalmente aos comuneir@s afectados polo proxecto eólico P.E.BRIÓN no monte do Cha e suscribimos o seu rexeitamento, así como ao P.E.MONTEVENTOSO e P.E.FERROL.

É deber do goberno municipal velar pola conservación do territorio, máis do LIC Costa Ártabra e Rede Natura 2000, do patrimonio arqueolóxico catalogado (máis de medio cento de mámoas afectadas) e dos aproveitamentos comunais do Monte do Cha. Así como tamén protexer ás persoas das liñas de alta tensión, do ruído constante das pás xigantes, do efecto sombra, das interferencias nas comunicacións e os acuíferos, fontes e traídas dos que se abastecen os núcleos rurais. Non queremos torres de 200 m. de altura sobre os montes que abeiran a ría de Ferrol! No que ten á eólica mariña, Galiza é a segunda comunidade autónoma en produción de enerxía eólica polo que resulta abraiante e curtopracista sacrificar a biodiversidade única do litoral galego para exportar enerxía. Máis cando isto afundirá a un sector punteiro como é o pesqueiro-marisqueiro. Ao impacto económico súmase o impacto ambiental pois os proxectos San Brandán e San Cibrao son lindeiros cun dos máis importantes corredores de aves de Europa, co grave impacto ecolóxico sobre a avifauna. Polo que resulta grotesco defender a un tempo a eólica mariña e o turismo sostibel, por exemplo.

O goberno municipal ten a obriga de protexer os intereses da economía resiliente do sector pesqueiro e marisqueiro así como das comunidades costeiras afectadas, con miras á soberanía alimentar. Así como o deber de velar pola conservación dos ecosistemas litorais e mariños. Solicitamos deste goberno o posicionamento en contra de calquera megaproxecto eólico, terrestre e mariño que non obedeza ao interese do ben común de proximidade e produción comunitaria. A creación dunha Empresa Municipal de Enerxía Renovabel que fomente o autoconsumo e o cooperativismo enerxético. Un programa municipal de reducción do consumo de enerxía, eficiencia e autonomía a nivel social e individual. Un aproveitamento descentralizado das fontes renovabeis retomando tamén as súas aplicación non eléctricas, ao parecer máis eficientes. Campañas educativas de concienciación nas que se priorice a necesidade de reducir consumos debido á escaseza enerxética nun mundo posfosilista. Políticas cara a re-ruralización e a posta en valor do patrimonio arqueolóxico, especialmente das necrópoles neolíticas.

[*] Iolanda Teixeiro Rei. Secretaria de organización de LiGanDo-LGD. Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com
8 de setembro de 2021 20:58

_______

mércores, setembro 01, 2021

Megaproxectos eólicos, espolio, abuso e atentado contra a saúde, ... por André Abeledo Fernández

Por André Abeledo Fernández [*]
01.09.2021


Megaproxectos eólicos, espolio, abuso e atentado contra a saúde - Efectos dos parques eólicos sobre a saúde.

Logo de case 20 anos de implantación de parques eólicos de forma masiva preto das vivendas en países como Dinamarca, Francia, Bélxica, Holanda, coñécense xa os graves problemas que provocan na saúde das persoas, feito que carrexou a paralización eólica en Australia, e ata que se haxan ditado sentenzas que obrigan a desmantelar aeroxeneradores e parques eólicos por estes motivos.

Coñécese este problema como a "síndrome da turbina eólica" polo que os expertos recomendan a localización dos aeroxeneradores a unha distancia de polo menos 2 quilómetros das vivendas. Con todo, algúns parques eólicos están xa construídos ou proxectados a menos de 500 metros de áreas residenciais, pobos ou casas individuais.

Calquera persoa que viva a unha distancia inferior a 6 km dun parque eólico, debería ser avisada das consecuencias que pode ter para a súa saúde e calidade de vida?.

O ruído, é un dos problemas máis evidentes. As puntas das aspas dun molino de vento poden chegar a alcanzar unha velocidade de ata 80 metros por segundo o que provoca sons e vibracións e ata cambios na presión do aire.

A iso hai que engadir os infrasóns ou ultrasóns, e ondas de baixa frecuencia ou de baixa intensidade, sons de frecuencia inferior a 16 Hz. Nos aparellos de maior potencia, de 3Mw, son maiores os infrasóns, propáganse quilómetros, e poden ocasionar dores de cabeza, problemas de soño, pesadelos nocturnos e problemas de aprendizaxe en nenos, zumbidos nos oídos (tinnitus), irritabilidade, ansiedade, depresión, problemas de concentración e memoria, de equilibrio, mareos e náuseas, cansazo extremo e neurosis.

Tamén se pode engadir o efecto estroboscopio ou "efecto discoteca", que provocan as sombras parpadeantes proxectadas polas aspas ao virar cando o sol está detrás dos muíños, moi estresante e asóciase ata a certos problemas de saúde como ataques epilépticos.

Escintileos e fogonazos das luminarias dos aeroxenedores pola noite, do mesmo xeito, supoñen un motivo relevante de estrés e de perda de calidade de vida para as persoas que viven cerca ou rodeadas de muíños.

Colectivos veciñais, organizacións ecoloxistas e plataformas, grupos de montañeiros e asociacións veciñais e culturais de distintas zonas do rural están en guerra contra o despregue de parques.

A razón é que saben que se aveciña un futuro cun ventilador en todos e cada un dos montes e, por outra e, sobre todo, porque non é máis que un, un espolio.

A min tócame a ameaza do proxecto "Parque Eólico de Caaveiro", a todos os veciños de Anca tócanos loitar si non queremos desaparecer.

O macroproxecto eólico de Caaveiro aféctanos de cheo.

Un proxecto vergonzoso que por non cumprir nin sequera cumpre coa lexislación vixente.

Megamuiños xeradores a uns 269 metros de vivendas, cando a lei marca 500 metros para xeradores moito máis pequenos e polo tanto menos potentes e daniños.

En Alemaña multiplícase a altura do eólico por 10 para calcular a distancia do aeroxenerador das vivendas, neste caso estamos falando de muíños de 200 metros, así que a distancia sería de 2 quilómetros e non de 500 metros.

Obrigáronnos a movernos e facer alegacións sobre proxectos que non deberían estar sobre a mesa, porque atentan contra a poboación e ata contra a lexislación vivente, obrigáronnos a comezar unha loita e poñer diñeiro dos nosos petos para tratar de frear un abuso, un auténtico acto de agresión contra os intereses dos poboadores dos territorios afectados.

Para os veciños afectados por estes megaproxectos eólicos os efectos serán demoledores.

Estamos falando de aeroxeneradores de máis de 200 metros de altura que van provocar uns fortes impactos sobre os veciños e o territorio.
  • Os terreos e as vivendas situados ata a 3 quilómetros do parque perderán sobre o 30% do seu valor actual.
  • O espazo forestal e agrario quedará dependente do macroparque por 30 anos prorrogables.
  • As interferencias no uso do chan, en relación ao uso gandeiro, agrícola e forestal.
  • O grave impacto na paisaxe.
  • O impacto sobre a auga, fontes, caudais, traídas, etc,
  • O ruído insoportable e constante que ten graves efectos sobre a saúde física e mental das persoas.
  • As interferencias que dificultan o funcionamento dos sistemas de telecomunicación, radionavegación aérea, e dos radares.
  • Os accidentes polo desprendemento de pezas.
  • O chamado "efecto discoteca" ou palpádeo de sombras das aspas en movemento sobre as casas.
  • Non aportan postos de traballo, é unha gran mentira.
  • Agudizan o despoboamento do rural, posto que a ninguén lle gustaría vivir preto dun parque eólico. A realidade demostra que o 90% dos municipios con parques eólicos perderon poboación.
  • Problemas coa flora. Todos os anos morren miles de animais como consecuencia da produción de enerxía eólica. Os morcegos son os máis prexudicados.
  • Non son bos para o ser humano. Pode traer problemas biolóxicos ao ter moita contacto con elas, por iso levantar estes parques tan preto da poboación é un verdadeiro atentado contra nosa saúde.

EÓLICOS AQUÍ NON!

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical e Delegado da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
31 de agosto de 2021 23:48

_______

Concentración no Mosteiro de Caaveiro (Fragas do Eume), o vindeiro domingo 5 de setembro, ás 12:30hs, punto de encontro dos roteiros reivindicativos contra os proxectos de parques macroeólicos e na defensa do rural - Betula participará no roteiro que parte desde a Alameda do Eume parroquia de Ombre (Pontedeume)

Concentración no Mosteiro de Caaveiro (Fragas do Eume), o vindeiro domingo 5 de setembro, ás 12:30hs, punto de encontro dos roteiros reivindicativos contra os proxectos de parques macroeólicos e na defensa do rural.

Betula participará no roteiro que parte desde a Alameda do Eume parroquia de Ombre (Pontedeume), no Centro de Acollida de Visitantes de Ombre, ás 10:30 h.

Dende hai varios meses vense producindo unha considerable alarma social motivada polos proxectos de instalación indiscriminada de macroeólicos en diferentes espazos naturais de Galicia. A envergadura destas estruturas de 250 m de altura, provoca impactos irreversibles na paisaxe, na flora, na fauna e no patrimonio arqueolóxico e etnográfico. Tamén na vida, economía e saúde das comunidades do rural, xa mermadas por outras circunstancias.

A Asociación Betula de custodia do territorio non pode permanecer indiferente ante esta agresión especulativa ao medio natural amparada nunha falsa transición enerxética. Necesitamos enerxías limpas, pero non así.

Á parte das alegacións masivas que se están a presentar, varias asociacións e plataformas convocan unha concentración en Caaveiro, nas Fragas do Eume, o vindeiro domingo 5 de setembro, ás 12:30 h, para facer visible este rexeitamento aos proxectos en marcha.

Betula, con moito esforzo, conseguiu adquirir en propiedade máis de 14 ha. nas Fragas do Eume, que trata de conservar e mellorar. Por iso se suma á convocatoria, pola conservación do patrimonio natural, nesa xornada e contribuír a evitar unha nova degradación deste extraordinario espazo.

As persoas participantes deberán achegar nome (custodia.betula@gmail.com), apelidos, DNI e Tel. para organizar a xornada e cumprir co protocolo Covid. Os menores irán acompañados de adulto. Data límite para apuntarse 3/09/21, ás 14:00 h.

O lugar de encontro será o Centro de Acollida de Visitantes de Ombre, ás 10:30 h. Feito o reconto, dende alí accederemos en vehículos á zona de Fornelos (onde Betula ten propiedades) e logo faremos o último tramo (uns 3 km.) camiñando ata o Mosteiro para encontrármonos cos restantes participantes.

Limodre, 26 de agosto de 2021


BETULA, Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico, é unha asociación que procura a conservación e recuperación do patrimonio natural, cultural e paisaxístico a través da Custodia do Territorio.

http://betula-atlantico.eu/

contacto@betula-atlantico.eu

Foto: Mosteiro de Caaveiro - Xulio Barreiro.

"Non queremos un modelo eólico que rompe, deteriora e minusvalorara o noso territorio e a súa xente para o beneficio dos de sempre".

#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica
#aldeaslibresdemacroeólicos
#Moratoriaeólica
#PorUnNovoModeloEolico
#aldeasconhorizonte
#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

Enviado por:
Asociación Custodia Bosque Atlántico BETULA
-custodia.betula@gmail.com-
26 de agosto de 2021 20:54

_______

xoves, xullo 22, 2021

Concentración en San Sadurniño contra o parque eólico Caaveiro - Sábado 24 de xullo, ás 7 da tarde, en Louseira - Convocada pola asociación veciñal O Castelo de Narahio e outros colectivos - #NonInvasionEolica #EolicaAsiNon

Concentración en San Sadurniño contra o Parque Eólico Caaveiro, convocada para este sábado 24 de xullo, ás 7 da tarde, no Cordal d'A Louseira (Narahio), pola asociación veciñal O Castelo de Narahio e outros colectivos.

San Sadurniño é outro dos concellos afectados pola invasión de macroparques eólicos proxectados para Galiza, polas multinacionais da enerxía. Neste caso trata-se do Parque Eólico Caaveiro 78 MW, promovido pola multinacional ENEL, proxecto que tamén afecta aos concellos de Neda, Fene, A Capela, As Pontes, Cabanas e Narón. O Concello de San Sadurniño, puxo ao servizo da veciñanza un servizo xurídico para facilitar a formulación de alegacións que o propio Concello vai facer. Ante o anuncio por pare da Xunta de Galicia do Informe negativo, para este parque e outros 16 máis das comarcas do noroeste, superiores a 50MW de potencia,o Alcalde de San Sadurniño, Secundino Garcia Casal, fixo un chamamento a continuar coas alegacións das que remata o prazo para a súa presentación o vindeiro martes 27 de xullo, pois o informe negativo da Xunta non é gantía suficiente, para que este parque sexa denegado pola administración central que é o que ten as competencias por superar os 50 MW de potencia. O Concello adiantou o Pleno para este xoves 22 de xullo, para aprobar unha resolución institucional contra o Parque Eólico Caaveiro.

NON AO PARQUE EÓLICO DE CAAVEIRO.
 
"Non queremos un modelo eólico que rompe, deteriora e minusvalorara o noso territorio e a súa xente para o beneficio dos de sempre".

#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica
#aldeaslibresdemacroeólicos
#Moratoriaeólica
#PorUnNovoModeloEolico
#aldeasconhorizonte
#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration


Enlaces de relacionados:

Plataforma Veciñal A Capela Di Non. | Facebook. |

✔ Plataforma Cabanas Di Non. | Facebook. |

Ferrolterra Di Non aos MacroEólicos. | Facebook. |

✔ Asociación Veciñal 'O Castelo de Narahio'. | Facebook. |
_______

Manifestación en Neda contra o parque eólico Caaveiro - Sábado 24 de xullo, con saída ás 11:30hs, diante da Casa do Concello ate O Puntal - Convocada pola Plataforma Veciñal 'Neda di Non' - #NonInvasionEolica


A Plataforma Veciñal "Neda di Non", convoca unha Manifestación en Neda contra o parque eólico Caaveiro, para o sábado 24 de xullo, con saída ás 11:30hs, diante da Casa do Concello ate O Puntal.

O anuncio da área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Caaveiro de 78  MW e a súa infraestrutura de evacuación, publicado no BOE, causou preocupación entre a veciñanza e esta comezou a organizar-se. Esta situación esta-se dando por toda Galiza, unha invasión de proxectos de parques eólicos, que pretenden aproveitar a nova política de transición ecolóxica e acoller-se aos fondos europeos "Nex Generation", sen respectar o medio ambiente, nun afán especulativo, do negocio do vento, nunha Galiza xa saturada de parques en funcionamento.

Mesmo os concellos afectados en moitos caso veñen a opoñer-se a construción destes macroparques que pretenden instalar aeroxeneradores de grande potencia e eólicos que superan a altura dos 200 metros. É o caso do Concello de Neda que veu poñer á disposición da veciñanza servizos xurídicos, para facilitar as alegacións ao proxectado parque. Celebrando asembleas veciñais ofrecendo asesoramento legal e achegado escritos de adhesión ás alegacións elaboradas polo propio Concello.

Os principais argumento que do Concello contra a instalación do macroparque no seu escrito de alegacións refiren-se a "vulneración da Directiva europea relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres; os prexuízos significativos e incompatibles co benestar das familias que residen e viven en núcleos poboacionais afectados; os prexuízos significativos e incompatibles cos valores paisaxísticos das comarcas afectadas e coa protección dos seus valores medio ambientais; a afectación severa e incompatible co desenvolvemento turístico das comarcas afectadas e a promoción do Camiño de Santiago, co patrimonio cultural e arqueolóxico, así como xeolóxico e xeomorfolóxico; o impacto hidrolóxico ou sobre a fauna e, máis nomeadamente, determinadas especies, ou os prexuízos irreparables para explotacións forestais, madereiras e agrogandeiras, así como o seu impacto na demografía, favorecendo un despoboamento do rural". Solicitando en base ás citadas alegacións en que se "desista e arquive o proxecto do Parque Eólico e todas as súas infraestruturas, así como que se rexeite o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa".

A propia Xunta de Galicia, emitiu informe negativo sobre o Parque Eólico Caaveiro que afecta aos concellos de Neda, Fene, San Sadurniño, A Capela, As Pontes, Cabanas e Narón, así como outros das comarcas do noroeste, como o de Tesouro (As Pontes e A Capela), entre os que están os de Pena do Corvo (Monfero, A Capela e Cabanas), Nordés (Cerdido, Moeche e Valdoviño), Carbeira (Cerdido, Moeche, As Somozas, Valdoviño e As Pontes), Gondre (As Somozas e As Pontes) e Taboada (Monfero e As Pontes), todos estes parques tramitan-se na administración central, a través da área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia. A Xunta só tramita os parques de menos de 50 MW de potencia, mentres que os que superen ese limiar corresponden á administración central.

#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica
#EolicaAsiNon
#aldeaslibresdemacroeólicos
#Moratoriaeólica
#PorUnNovoModeloEolico
#aldeasconhorizonte
#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration


Enlaces de relacionados:

Plataforma Veciñal A Capela Di Non. | Facebook. |

✔ Plataforma Cabanas Di Non. | Facebook. |

Ferrolterra Di Non aos MacroEólicos. | Facebook. |
_______

martes, xullo 20, 2021

Roteiro en 3D pola simulación do proxecto de Parque Eólico Brión - Doniños (Ferrol)


Roteiro en 3D pola simulación do solicitado Parque Eólico Brión, unha contribución da Plataforma Veciñal Monfero di Non, coa colaboración persoas e asociacións de cartógrafía, arqueoloxía, bioloxía, e outros perfís, de Galiza e do resto do Estado. 


Asociación Rural Contemporánea

https://monferodinon.wordpress.com/mapa/

#MontesDoCha #Doniños #Brión #Ferrol #mamoas #MonferoDiNon


#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica
#EolicaAsiNon
#aldeaslibresdemacroeólicos
#Moratoriaeólica
#PorUnNovoModeloEolico
#aldeasconhorizonte
#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

_______

sábado, xullo 17, 2021

Novo Boletín Informativo Ambiental: Novo informe negativo da Xunta aos parques eólicos do Ministerio (PE de Berdoias); Adega vence nos tribunais contra os seus intentos de impedir o acceso a información ambiental; as dunas da praia de Rodeira (Cangas) ...


Boletín informativo ambiental 16/07/2021
Novo informe negativo da Xunta aos parques eólicos do Ministerio. Desta volta, apunta contra o PE de Berdoias; ADEGA vence nos tribunais á Consellaría de Medio Rural contra os seus intentos de impedir o acceso a información ambiental sobre plantacións ilegais de eucaliptos e un novo delito ambiental protagoniza a semana: a eliminación das dunas da praia de Rodeira (Cangas do Morrazo)... Se queres coñecer a actualidade ambiental galega, escoita Radio Cerna!

Queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza? Escoita Radio Cerna!
[Boletín informativo ambiental 16/07/21]



Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica
#EolicaAsiNon
#MoratoriaEolica
#PorUnNovoModeloEolico
#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Foto: Maquinaria pesada na Praia de Rodeira.

Enviado por:
Miguel Anjo Delegación Adega Ferrolterra
-adegatrasancos@adega.gal-
16 de julho de 2021 10:44

_______

martes, xullo 13, 2021

Actividades de verán por uns montes vivos sen macroeólicos, desbroce de mámoas (monte do Chá) - Venres 16 e Sábado 24 de Xullo ás 9:30hs no local social de Valón - E o Marcha das 'Bágoas de San Lourenzo', o domingo 1 de Agosto


Actividades de verán por uns montes vivos sen macroeólicos desbroce de mámoas (monte do Chá), este venres 16 de xullo e o sábado 24 de Xullo, os dous díasa quedada, para achegar-nos ao monte en grupos, será ás 9:30hs no local social de Valón xantar a cargo dos comuneiros do Chá.

Pregase inscribirse para calcular ferramentas e xantar comunidade-montesdocha@hotmail.com ou 660128544.

Marcha das “Bágoas de San Lourenzo”, domingo 1 de Agosto as 22:00hs, refuxio de animais (Mougá), ate o monte de Pedrouzo 1,5 km.

#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica
#MontesDeBrionPaqueEolicoNon
#EólicaAsíNon
#MoratoriaEolica
#PorUnNovoModeloEólico
#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

Enviado por:
Miguel Anjo - Adega Trasancos
-adegatrasancos@adega.gal-
13 de julho de 2021 18:52

_______

luns, xullo 12, 2021

Non queremos un parque eólico na porta da casa. De un veciño de Anca (NEDA), ... Por André Abeledo Fernández - Ademais do demostrado impacto sobre a saúde, ou o ruído, está tamén o impacto sobre o valor patrimonial das vivendas e dos terreos, o impacto medioambiental sobre a fauna, e o brutal impacto paisaxístico


Por André Abeledo Fernández [*]
12.07.2021


Non queremos un parque eólico na porta da casa. De un veciño de Anca (NEDA)

Son veciño de Anca e non vou a permitir que os intereses económicos arruínen a miña terra e supoñan hipotecar o futuro dos meus fillos.

Fai días que me decatei que vanme poñer un xigantesco muíño eólico ó lado da casa, un muíño a menos de 300 metros da casa da miña irmá.

Unha ilegalidade de saída, porque a lei marca que a distancia mínima, xa só por motivos de saúde son 500 metros, outras 20 vivendas están na mesmas situación que a casa da miña irmá.

Ademais do demostrado impacto sobre a saúde, ou o ruído, está tamén o impacto sobre o valor patrimonial das vivendas e dos terreos, o impacto medioambiental sobre a fauna, e o brutal impacto paisaxístico.

Por isto e moito máis, como veciño de Anca, estou disposto a defender a miña terra, os meus dereitos como veciño, e tamén o futuro da miña parroquia e do meu concello.

Porque os meus fillos teñen tamén dereito a herdar unha terra a que aman tanto como eu.

É importante que os veciños fagamos alegacións a este mega proxecto que unha vez máis non pensa na vida dos veciños do rural, e tan so esta a pensar no beneficio económico.

BAIXO O LEMA "NEDA DI NON AO PARQUE EÓLICO CAAVEIRO" reunimonos uns 300 veciños/as que acudimos a palestra de Ana Martina.

Unha palestra organizada polas AAVV de Anca, O Roxal, Viladonelle, Ancos, xunto con PETÓN DO LOBO na pista de Anca.

Ditas AAVV promoven a creación da "Plataforma veciñal NEDA DI NON AO PARQUE EÓLICO" para loitar contra este megaproxecto  que ameaza con destruír a nosa forma de vida, o noso presente e o noso futuro.

Sen dúbida precisamos de ser solidarios, isto é unha loita de todas e todos, debemos esixir aos gobernos municipais que poñan os medios, que se poñan diante, que fagan un esforzo, que recuperen o tempo perdido.

O compromiso do Concello de Neda na boca do Alcalde de poñerse ao fronte desta loita é sen dúbida unha boa noticia, non podía ser menos, toca defender os intereses da veciñanza.

O comenzou necesario da loita son as alegacións.... despois a loita vai seguir, será longa, e sobre todo é unha loita de todos.

O pobo é quen máis ordena!







[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
11 de julho de 2021 22:55

_______

venres, xullo 09, 2021

A invasión eólica na Galiza ten unha importante contestación popular, a Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo, contribúe a esta loita na defensa do medio natural facilitando información, análise e argumentadas alegacións ante a burbulla eólica que se quere instalar na Nosa Terra



A invasión eólica na Galiza ten unha importante contestación popular, a Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo, contribúe a esta loita na defensa do medio natural facilitando información, análise e argumentadas alegacións ante a burbulla eólica que se quere instalar na Nosa Terra.

A asociación bergantiñán facilita documentación e información sobre os parques eólicos terrestres e mariños que pretenden instalar-se na Galiza.

https://valfluvialdolouridocorcoesto.com/

Desde Ártabra 21, non podemos mais que amosar o noso agradecemento ao inxente traballo, tan tan útil e ben elaborado. Obrigadas ! Obrigados !

#NonInvasionEolica
#EolicaAsi Non

---

Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo

É unha asociación sen ánimo de lucro, de carácter ambiental e cultural. Aínda que non descoida outros eidos importantes, como o feminismo e o empoderamento das mulleres.

A sede social localiza-se na parroquia de Corcoesto, no municipio de Cabana de Bergantiños.

A súa lema é “Lobo e territorio”. O coidado do territorio, dos seus recursos e todos os elementos que o configuran, convértense no eixo vertebrador da actividade da asociación.

Contacto:

asociacionpetondolobo@hotmail.com

Podes seguirnos en Twitter:

@PETONDOLOBO

_______