Amosando publicacións coa etiqueta Banco de Tempo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Banco de Tempo. Amosar todas as publicacións

xoves, xaneiro 10, 2013

25ª xornada de traballo na horta comunitaria de Caranza.. este sábado 12 de Xaneiro ás 4 da tarde e ás 6 da tarde... presentación do banco de tempo de ferrol terra bdt


..ás 4 da tarde solicitamos de novo usar o local da Revolta para seguir construíndo o pequeno invernadoiro.. e ás 6 da tarde iremos á traseira do mercado de Caranza, ao local da cooperativa Arméria, para facer unha xornada de presentación do banco de tempo de ferrol terra bdt. http://bdt.deferrolterra.org/ . Con o fin de coñecer esta ferramenta de construción de comunidade entre veciños e veciñas, de apoio mutuo. Todas as entidades e colectivos poden facer unha presentación do bdt, quen queira aproveitar a presentación para a horta comunitaria de Caranza, a xornada está aberta a todas as persoas que queiran.


______

luns, decembro 10, 2012

Presentado en Ferrol o Banco de Tempo que promove Arméria Soc. Cooperativa

Na Galeria Sargadelos tivo lugar a presentación dunha iniciativa de economía social, nacida ao aveiro do Encontro Social de Ferrol Terra, e que se consolida como unha iniciativa autónoma promovida por Arméria Sociedade Cooperativa Galega - entidade sen ánimo de lucro, como un recurso máis da Rede de Apoio Mutuo.

O Banco de Tempo propón a circulación dunha moeda "o tempo" que todo o mundo pode ofertar en igualdade, para recibir e dar servizos, que beneficien e coexionen á comunidade, e promovan valores de cooperación e solidariedade entre as persoas.

Para asociarse ao Banco de Tempo pódese facer por internet, ou acudindo aos locais das entidades e colectivos que se asocien ao banco do tempo para axudar na súa xestión. "Cando na anterior corporación funcionaba o banco de tempo, un funcionario municipal encargábase da súa xestión. Nós témolo que facer con traballo voluntario, por iso é moi importante o compromiso do tecido asociativo", comentaba Carlos Vidal, do Encontro social de Ferrol Terra.

Para contactar:

correo-e:: bdt@deferrolterra.org
ou no teléfono 634357766.

Web do BDT de Ferrol Terra:

http://bdt.deferrolterra.org/
______________

mércores, decembro 05, 2012

Presenta-se o Banco de Tempo de Ferrol Terra


ESTE LUNS, NA GALERÍA SARGADELOS, PRESÉNTASE O BANCO DE TEMPO DE FERROLTERRA

Este luns, día 10 de decembro, de 19 a 20 horas, no Salón de Actos da Galería SargadeIos (Rúa Rubalcava, 30-32), celebraremos a presentación do Banco de Tempo de Ferrolterra. Explicarase en que consiste, como funciona e como participar.

Aprender unha receita ou a pasar o ferro a unha camisa, regar as plantas ou axudarche a mover un moble, son algunhas das necesidades da vida diaria que poden ser resoltas intercambiando servizos ou actividades, sen diñeiro, no novo Banco de Tempo.

O procedemento é sinxelo e gratuíto, unha vez que o usuario se rexistra na web do Banco de Tempo e é dado de alta, poderá consulta no Banco as ofertas e demandas dos outros socios e contactar con eles, así como especificar, os servizos que pode prestar e os que espera recibir. Cada vez que un usuario presta un servizo gaña horas que se acumulan na súa "conta". Despois, estas horas poderán se cambiadas por outros servizos cando o usuario o necesite. Non se usa diñeiro, só se intercambia tempo.

O Banco de Tempo de Ferrolterra é unha iniciativa que xorde dende a Cooperativa “Armeria”, pero que funciona de forma autónoma e aberta á participación de todos os veciños. Dende o principio da súa creación, estivo apoiada activamente pola Asemblea do Encontro Social de Ferrolterra, xa que con este proxecto, se pretende facilitar a colaboración e apoio entre veciños, dotándonos dunha alternativa para relacionarnos e intercambiar actividades sen diñeiro.

Se queres unirte ao Banco de Tempo de Ferrolterra, sentes curiosidade, ou simplemente queres coñecer de preto este tipo de alternativas achégate este luns á presentación, ou rexístrate en: bdt.deferrolterra.org, en breve te chamaremos para informarte e encher a ficha de inscrición. Tamén podes contactarnos, no correo electrónico: bdt@deferrolterra.org ou no teléfono 634357766.

Banco de Tempo:

http://bdt.deferrolterra.org/

Enviado por:
Comisión Economia do Encontro Social de Ferrolterra
-comisioneconomiasocial@gmail.com-
5 de dezembro de 2012 12:22
___________________