Amosando publicacións coa etiqueta Deportes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Deportes. Amosar todas as publicacións

mércores, xaneiro 25, 2017

Presentación do libro 'Bestiario do vestiario' de Martiño Suárez e mini concerto de Grampoder. Venres 27 de xaneiro ás 20 h. no Ateneo Ferrolán


O venres día 27 de xaneiro ás 20 h. no Ateneo Ferrolán presentarase o libro Bestiario do vestiario, de Martiño Suárez, editado por Carlos Meixide. Asi mesmo, o grupo Grampoder interpretará un miniconcerto con cancións dedicadas ao deporte.

Pioneiras incomprendidas, goleadores borrachos, nazis, ciclistas drogados, 'hooligans' bizantinos, campións negros, perdedores exemplares, rastafaris, filósofos gregos, santos, espías da RDA, Elvis e Bob Marley...

Bestiario do vestiario xunta un zoolóxico de deportistas desviados en cincuenta historias nas marxes do heroísmo habitual do xénero, regadas con sangue, alcohol, épica e humor.

Estes textos do Bestiario do Vestiario (fóra tres escritos para a ocasión) foron publicados orixinalmente en DIOIVO na sección do mesmo nome e tiveron unha excelente acollida por parte dos lectores.

Podes seguir este evento no facebook: https://www.facebook.com/events/207466569715982/