Amosando publicacións coa etiqueta Lefre de Caldereta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lefre de Caldereta. Amosar todas as publicacións

luns, agosto 06, 2012

'Lefre de Caldereta' co Ateneo Ferrolán

Comunicado "Local do Ateneo Ferrolán"

Lefre de Caldereta, naceu polo ano 2006, sen ánimo de ter un local propio para realizar a súas actividades, na certeza, de que para a realización das mesmas, poderíamos contar coa colaboración das entidades democráticas, veciñais e culturais que os posúen, sen obviar as privadas e as municipais, estas últimas de toda a cidadanía...

A primeira en ofrecernos a súa colaboración foi o Ateneo Ferrolán con quen tivemos a honra de organizar conxuntamente diversos actos.

No ano 2009 nomeamos ao Ateneo Ferrolán, "Caldereta de Honra", premio anual da nosa asociación, adicado a entidades ou persoas a toda unha traxectoria.

Apoiamos firmemente a loita do Ateneo, contra o intento de usurpación por parte da dereita, do edificio, “Ateneo Ferrolán”, referente da nosa historia e cultura democráticas, sobradamente recoñecido na nosa cidade e mesmo fora das fronteiras do Estado.

Rúa do Sol, 224-230, 1º B.
15401 Ferrol
lefre@lefredecaldereta.com
lefredecaldereta.com

Enviado por:
Lefre de Caldereta - Asociación Cultural
-lefre@lefredecaldereta.com-
5 de agosto de 2012 21:24

_______

luns, xuño 18, 2012

Mareando as Nosas Letras 2012, unha travesía pola Ría de Ferrol: fraternidade, paisaxe, palabras, música e poesía.


Un ano máis a Asociación Cultural 'Lefre de Caldereta' organizou o 'Mareando as Nosas Letras' (omareonosopatrimonio). Pasadas as doce e media da mañá, do Domingo 17 de Xuño, desatracaba a lancha mariñeira rumo a unha travesía pola nosa fermosa, mais depauperada Ría de Ferrol. As marabillas paisaxísticas e patrimoniais, converxeron coas cancións e poesías da xornada. O tempo non acompañou de todo, mais non podemos dicir que se portara mal. Deixou que as persoas, crianzas, mozas e maiores gozaran da travesía das nosas letras.

Agardemos tamén que o goce da travesía, faga pensar na necesidade que temos de salvar a Nosa Ría, das gadoupas do Capitalismo depredador e cobizoso que non respecta o medio ambiente nin a saúde das persoas. A Ría require xa un plano integral de recuperación: saneamento, limpeza e rexeneración. E Reganosa fora xa!

Agora podemos tamén gozar da galería fotográfica que tivo a ben publicar o noso compañeiro Suso.

Fotos: Susete'70.

Pode-se acceder ou baixar o Folleto coas Letras de Cancións Mariñeiras


Rúa do Sol, 224-230, 1º B.
15401 Ferrol
lefre@lefredecaldereta.com
lefredecaldereta.com





Enlace relacionado:

Ártabra 21: Poesía e Música do Mar, este Domingo 17 de Xuño en Ferrol: "Mareando as Nosas Letras 2012"
______________

xoves, xuño 14, 2012

Poesía e Música do Mar, este Domingo 17 de Xuño en Ferrol: "Mareando as Nosas Letras 2012"



Embarcados nun Cantar, Poesía e Música do Mar, este Domingo 17 de Xuño, no peirao de Ferrol: MAREANDO AS NOSAS LETRAS 2012.

Se virades entrar un veleiro na ría co veleme despregado ao vento,
os foques tensos no botalón de proa
e a vela escandalosa alta no vento coma unha bandeira,
veriades a miña nenez a sorrir.

Antón Avilés de Taramancos

Lefre de Caldereta, aníma a participación, logo do aprazamento de esta actividade programada para o 20 do mes pasado.

MAREANDO AS NOSAS LETRAS 2012
(omareonosopatrimonio)

Festa marítima na ría de Ferrol

POESÍA E MÚSICA DO MAR

O domingo 17 de xuño ás 12:30h da mañá, no peirao de Curuxeiras.

A lancha de Mugardos navega na ría, cargada de música e poesía do mar.

Abarloate a nós na defensa e recuperación do patrimonio mariñeiro!!

Animamos as persoas que teñan embarcación a facer o seguimento da lancha.

Embarcados nun cantar, repartiremos folleto con letras de cancións mariñeiras.

Para acceder, baixar ou difundir o Acto -Cartaz e Folleto:


Rúa do Sol, 224-230, 1º B.
15401 Ferrol
lefre@lefredecaldereta.com
lefredecaldereta.com




Enviado por:
Lefre de Caldereta - Asociación Cultural
-lefre@lefredecaldereta.com-
14 de junho de 2012 09:43

________________

Lembrando o acto do ano pasado:

Galería Fotográfica do Acto: "Mareando as Nosas Letras 2011"



Fotos de Suso Pazos - Susete'70.

Álbum recopilatorio de Suso Pazos
Celebrando as Nosas Letras en Ferrol Terra:

"As nosa Letras 2011 - Lembrando a Lois Pereiro"
______________________

domingo, novembro 06, 2011

Que tes na caldereta...? - Martes 8 de Novembro - Vicente Couce: " unha vida pola liberdade"

QUE TES NA CALDERETA...?

Día 8 de Novembro, Martes, ás 20:30 horas, no Pub Borsalino de Ferrol

CHARLA-TERTULIA CON VICENTE COUCE

UNHA VIDA POLA LIBERDADE

Vicente Couce Ferreira, ex-crego de Sta. Mariña, ex-concelleiro do Concello de Ferrol, loitador antifranquista e do Frente Sandinista falará da súa vida.

Asoc. C. Lefre de Caldereta
Móvil 609. 933.098

Rúa do Sol, 224-230, 1º B.
15401 Ferrol
CIF:-G-70027909
lefre@lefredecaldereta.com
lefredecaldereta.com


Enviado por:

Lefre de Caldereta - Asociación Cultural
-lefre@lefredecaldereta.com-
6 de novembro de 2011 21:07
_________________

xoves, maio 19, 2011

Acto de recoñecemento aos "curas obreiros" de Ferrol Terra que loitaron contra a ditadura franquista

Máis unha vez a asociación "Lefre de Caldereta" recuperando a Memoria Histórica

OS CURAS OBREIROS

Acto de recoñecemento aos curas de Ferrolterra que durante o franquismo loitaron firmemente ao lado de persoas e organizacións clandestinas contra a ditadura en prol da mellora social e cultural de Ferrol e a súa comarca.

Falarán:
  • Xaquín Campo Freire
  • Vicente Couce Ferreira
  • Anxo Ferreiro Currás
  • Bernardo García Cendán
  • Antón Martínez Aneiros

Presenta:
  • María Elisa Montañés Fojo

Lugar: Sede da Fundación Caixa Galicia de Ferrol (Cantón de Molíns)

Día: 19 de Maio (Xoves)

Hora: 8 da Tarde

Organiza : A.C. Lefre de Caldereta

Colaboran : Concellaría de Cultura de Ferrol e Fundación Caixa Galicia

Asoc. C. Lefre de Caldereta
Móvil 609. 933.098

Rúa do Sol, 224-230, 1º B.
15401 Ferrol
CIF:-G-70027909
lefre@lefredecaldereta.com
lefredecaldereta.com


Enviado por:
Lefre de Caldereta - Asociación Cultural
-lefre@lefredecaldereta.com-
18 de maio de 2011
__________________

luns, maio 16, 2011

Galería Fotográfica do Acto de Lefre de Caldereta: "Mareando as Nosas Letras 2011" - Paseo Marítimo: "Poesía e Música do Mar"

Esta foi a segunda edición de "Mareando as Nosas Letras" organizada pola asociación cultural "Lefre de Caldereta"

Celebrando as Nosas Letras 2011
(omareonosopatrimonio)

No peirao tivo lugar primeiro, ás 12 do mediodía, deste Domingo 15 de Maio de 2011, un recital poético onde interviñeron: Antón Cortizas, Guillermo Ferrández, Karlotty, Xosé Leira e Xurxo Souto.

Despois un paseo marítimo pola Ría de Ferrol, coa música e cancións de, Manolo Bacallao, María Manuela e Xurxo. Antón Varela foi o gaiteiro abordo. A xente d'A Revolta, xa dun xeito máis "informal", cantou o seu repertorio de cancións mariñeiras.

Foi unha xornada de Poesía e Música do Mar.

Foi unha xornada na defensa da nosa Cultura Mariñeira.

Varias embarcación e "O Ría de Ferrol" acompañaron a tarvesía.

Embarcados nun Cantar: Reparteu-se un folleto con letras de cancións mariñeiras.

-------

Galería Fotográfica do Acto: "Mareando as Nosas Letras 2011"


Fotos de Suso Pazos - Susete'70.

Álbum recopilatorio de Suso Pazos
Celebrando as Nosas Letras en Ferrol Terra:

"As nosa Letras 2011 - Lembrando a Lois Pereiro"
____________________

sábado, maio 14, 2011

Mareando as Nosas Letras - Lefre de Caldereta: Paseo marítimo "Poesía e Música do Mar" - Domingo 15 de Maio

Lefre de Caldereta - Asociación Cultural

Letras Galegas 2011

Mareando as nosas letras

(omareonosopatrimonio)

Paseo Marítimo pola ría de Ferrol

Poesía e Música do Mar

Domingo 15 de Maio as 12 da Mañá

Peirao de Curuxeiras


A Lancha de Mugardos dará unha volta pola ría, cargada de música e poesía do mar.

Colaboran con nós:
  • Antón Cortizas
  • Guillermo Ferrández
  • Karlotty
  • Xosé Leira
  • María Manuela e Xurxo
  • Manolo Rivas
  • Xurxo Souto
  • Antón Varela
Participa con nós, na defensa da nosa Cultura Mariñeira.

Animamos a todas as persoas que teñan embarcación a facer o seguimento da lancha.

Embarcados nun Cantar: Repartiremos folleto con letras de cancións mariñeiras.

http://www.goear.com/listen/142f72f/idioma-meu-maria-manoela

--
Manuel Alonso Varela
Presidente
Asoc. C. Lefre de Caldereta
Móvil 609. 933.098
lefredecaldereta@gmail.com
Rúa do Sol, 224-230, 1º B.
15401 Ferrol
CIF:-G-70027909
lefre@lefredecaldereta.com
lefredecaldereta.com
______