Amosando publicacións coa etiqueta Privatización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Privatización. Amosar todas as publicacións

luns, maio 30, 2016

Esquerda Unida Narón estará atenta a que a mancomunidade non sirva para outorgar monopolios de servizos a empresa privada


EU Narón estará atenta a que a mancomunidade non sirva para outorgar monopolios de servizos a empresa privada.


Dende Esquerda Unida de Narón estaremos atentos a que a posible mancomunidade do servizo do lixo entre Narón, Ferrol, e Neda non se converta no monopolio dunha empresa para a xestión de dito servizo na nosa comarca, algo que sería moi insán ademais de totalmente contrario o fin que se di perseguir con esta medida.

Dende EU Narón defendemos a necesidade de municipalizar os servizos básicos, e entendemos que sería moi beneficioso que unha vez recuperada a concesión de servizos, como o lixo, a auga, etc, estes pasen a xestionarse dun xeito mancomunado para mellorar o servizo e abaratar costes a veciñanza.

Sabemos que a lei de “Réxime de Administración Local” sacada adiante polo PP, e contra a que EU Narón xa presentou unha moción no nosos Concello, limita as competencias dos Concellos e complica moito o proceso de municipalización dos servizos, agardamos que das próximas eleccións autonómicas saia un goberno que derrogue esta lei tan prexudicial para os intereses das veciñas e veciños, que recorta competencias básicas no social, e tamén na contratación de servizos, e creación de emprego publico, unha lei que so serviu para baleirar os concellos de competencias e beneficiar a empresa privada.


Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Concelleiro: André Abeledo Fernández.
Achégate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
http://esquerdaunida.org/



Enviado por:

Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
24 de maio de 2016 18:46

________________