mércores, agosto 03, 2016

A consulta telemática de Podemos Galicia decide a confluencia coa Marea por esmagante maioría, desdecindo o votado pola súa Asemblea Autonómica o pasado venres 29 de Xullo


As bases de Podemos apostan en ir ás eleccións galegas en alianza con En Marea


A opción tivo un 75% dos apoios na consulta telemática. Carmen Santos indica que é un aval para crear unha “fórmula electotal á catalá” en referencia a En Comù Podem.

As bases deron un si rotundo a concorrer en alianza electoral con En Marea ao 25 de setembro. Un 75,6% dos votantes na consulta telemática organizada por Podemos Galiza votou a prol desta opción, un “apoio claro”, en palabras da secretaria xeral, Carmen Santos, que xa anunciou que se ía poñer en contacto coas “forzas irmás”, en referencia a Anova, Esquerda Unida e as marés. Santos interpreta que os resultados do referendo, no que tomaron parte 6.056 inscritos (o 27,6% do censo total e 44,3% do 'censo activo') son un mandato para pular por crear o que cualificou como “fórmula electoral á catalá”, referíndose a En Comú Podem. Desta forma, Podemos non se diluiría en En Marea, que desde a asemblea do pasado sábado é partido instrumental.

A secretaria xeral destacou que "gañou a opción que eu defendía", incidindo en que tivo 4.576 votos (75,6%) fronte aos 1.471 (24,3%) dos partidarios de concorrer en solitario como Podemos, unha opción que fica descartada embora ser a maioritaria na asemblea da pasada sexta feira, e que non era vinculante.

A consulta despexa só en parte o camiño cara ás autonómicas do espazo que constitúen Podemos e as marés. Santos volveu deixar claro que a liña vermella era a de que o seu partido non se ía diluír e que os resultados da consulta eran a favor de ir en alianza, non de se integrar nun partido instrumental. De aí a súa refrencia a En Comú Podem, coligazón onde os actores integrantes manteñen a súa identidade propia. Mais isto bate co aprobado en Vigo, na asemblea xeral da maré constituínte, e na que se apostou por transformar En Marea nun partido instrumental.

Candidato

Preguntada polo candidato, Santos reiterou que só apoiarán un que saia dunhas primarias. O Faro de Vigo informaba na edición desta cuarta feira que Luis Villares, o maxistrado do TSXG que leva semanas sonando como a persoa para liderar a candidatura, descarta ser candidato de En Marea se Podemos rexeita "o partido instrumental".

Publicado en Sermos Galiza baixo Licenza Creative Commons | 03.08.2016

Faite asinante do semanario Sermos Galiza | Apoiando ao xornalismo galego e en galego. | Ir á Web.
_____________

martes, agosto 02, 2016

Diante do recurso contra a exención de avaliación de Impacto Ambiental e a nova sentenza firme contra Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha rolda de prensa, para este venres 5 de Agosto, ás 12 do mediodía no Ateneo Ferrolán


Diante do recurso contra a exención, por parte do Goberno Español, de avaliación de Impacto Ambiental á planta de gas de Mugardos e a nova sentenza firme contra Reganosa, onde anula o decreto polo que se aprobou o Plan de Emerxencias Exterior, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha Rolda de Prensa, para este venres 5 de Agosto, ás 12 do mediodía no Ateneo Ferrolán. Chamando á cidadanía en xeral e en concreto ao movemento opositor ao despropósito gasista, instalado en Punta Promontoiro -no corazón da nosa Ría, a acompañar a este Comité na súa comparecencia ante a opinión pública.

O obxectivo desta comparecencia pública é o de explicar cal é o estado da situación da planta de gas, despois das catro sentencias firmes do Tribunal Supremo contra Reganosa e do recurso que se acaba de anunciar contra a decisión

Para analizar a situación en torno á Planta de Gas, despois das últimas Sentenzas firmes do Tribunal Supremo contra Reganosa e do Recurso Contencioso Administrativo, ante o Tribunal Supremo, contra o acordo do Goberno do PP que excluía a Reganosa do trámite de Avaliación de Impacto Ambiental.

Novo Recurso ante o Tribunal Supremo

A Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Mehá", que forma parte do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentou recurso ante o Tribunal Supremo, o pasado día 26, contra o acordo do Goberno do PP que excluía a REGANOSA do trámite de Evaluación do Impacto Ambiental.

Solicítase a declaración de nulidade deste acordo e a paralización inmediata das actividades da Planta, como consecuencia das anteriores Sentenzas anulatorias da Autorización Administrativa Previa, de da Autorización de Funcionamento e do Plan de Emerxencia Exterior.
"...teña por interposto recurso contencioso administrativo contra o referido Acordo do Consello de Ministros de 27 de maio de 2016, polo que se declaran excluídos do trámite de avaliación de impacto ambiental aos proxectos da planta de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado en Mugardos, A Coruña en todo o seu contido, e que unha vez desenvolvido a canle procesual necesaria, procésase a:

Declarar a nulidade do Acordo do Consello de Ministros recorrido e de todos aqueles actos que teña causa no Acordo declarado nulo, incluíndo cualesquiera autorizacións que lle foron outorgadas a REGANOSA con base no Acordo do Consello de Ministros e, en consecuencia, sen superar a correspondente avaliación ambiental, na que se debe incluír en todo caso a alternativa 0, isto é a paralización inmediata da planta como consecuencia das Sentenzas de 28 de marzo e de 25 de abril de 2016, que declararon nulas as autorizacións previa e de construción da instalación de REGANOSA, e ordenar de xeito inmediato e expresa a paralización da actividade na planta de regasificación".

Texto completo do escrito. | Acceder/Baixar.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

---

Catro sentenzas firmes do Tribunal Supremo contra Reganosa:
  • Sentenza 1966/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do do Contencioso Administrativo - Sección Quinta - 26.07.2016 | Recurso de Casación Número: 2070/2014 | Anulando o Plan de Emerxencias Exterior de Reganosa e o Decreto 144/2007, do 9 de Xullo, da Xunta de Galicia | 16 páxinas en formato PDF | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia).
  •  Sentenza 889/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 25.04.2016 | Estima o recurso contra sentenza do TSJM e declara nula a resolución que aproba o proxecto de execución de instalación de Reganosa. | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia).
  • Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Estimar recurso contra sentenza do TSJM, polo que debe ser anulada a Autorización Administrativa Previa para a instalación de Reganosa. | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia).
  • Sentenza do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección Quinta. 11.05.2012| Recurso de Casación Núm. 4512/2008 | Ratificando a sentenza do TSXG que anula aresolución do pleno do concello de Mugardos onde se modificaba o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos para facilitar a instalación de Reganosa, mais sen que esta modificación puntual fora sometida a avaliación de impacto ambiental. |  Acceder/Baixar. (Recorrían Reganosa e o Concello de Mugardos).
Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
28 de julho de 2016 14:20
2 de agosto de 2016 14:07
________________

O Presidente da Xunta disolve o Parlamento Galego e convoca eleccións galegas para o 25 de Setembro, coincidindo coas do parlamento vasco - Quedan só 55 días para convencer á maioría do pobo galego de que é necesario o cambio, o porque, o para que e o como


Como era de esperar, o Presidente da Xunta, Nuñez Feijóo disolve o Parlamento Galego e convoca eleccións galegas para o 25 de Setembro, coincidindo coas do parlamento vasco, convocadas hai uns días polo Lendakari Iñigo Urkullu.

As eleccións galegas van ter lugar case un mes antes do día (23 de Outubro) que se previa hai meses, mais a situación de incerteza que se vive co respecto á elección dun presidente español e a consecuente conformación dun goberno,  fan máis probábel a convocatoria tamén dunhas terceiras eleccións xerais que interferirían no escenario político galego, bastante mais favorábel para o Partido Popular que o español. E en segundo lugar a situación da oposición política enfrascada en liortas internas que denotan pouca madurez, pouca fiabilidade e incapacidade, non só para poñer-se de acordo, senón para comunicar, a súa diagnoses e o programa que hai que aplicar, os novos rumbos que ten que tomar o país e como van a solucionar os principais problemas que nos afectan como persoas e como nación.

Agardemos que nestes 55 días que quedan para o evento electoral, haxa un revulsivo na esquerda e en vez de competir, comece a cooperar, compartillar e colaborar, para derrotar ao Partido Popular e a súas políticas neoliberais.

Quedan só 55 días para convencer á maioría do pobo galego de que é necesario o cambio, o porque, o para que e o como. Sen demora Xa! Coller a mochila e ao camiño que queda un bo treito...
____________

luns, agosto 01, 2016

Presentación Revista "Ollaparo" no Ateneo Ferrolán, este venres 5 de Agosto ás 6 da tarde


Presentación Revista "Ollaparo", este venres día 5 de agosto ás 6 da tarde, no Ateneo Ferrolán, na rúa da Magdalena 202-204.

Coas intervencións de:
  • Gabriel Beceiro, coordinador e editor da revista.
  • Fernando Igrexas, parceiro fundador.
  • Rafael Cid, xornalista e colaborador.
Ollaparo, coa lenda "Revista da Sociedade Cultural Chirlateira", é unha revista de información, opinión e criazón redactada integramente en galego e fundada en Cedeira (Galiza) en 1984 co obxectivo de revitalizar, dende unha perspectiva local, o pensamento crítico e os estudos cedeirenses logo da ditadura franquista, con especial atención á memoria histórica, á normalización lingüística e á recuperación cultural. O deseño integral de cada portada por un ilustrador foi un dos seus sinais de identidade. Publicouse de forma irregular dende 1984 a 1999 en Gráficas Paramés e Gráficas Adral e dende 2011 ten formato dixital.

A revista na rede en:
http://ollaparo.gal/

---

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org

O Ateneo en blogger, facebook e twitter.

Faite soci@ on line! Colabora con nos! Aquí.

Para axudas e colaboracións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa.
Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
1 de agosto de 2016 15:59

__________________

domingo, xullo 31, 2016

O cisma nas organizaçons do "cámbio" está latente, ... Por Inácio Martínez


Por Inácio Martínez [*]
31.07.2016


Na Asemblea de Podemos Galicia, celebrada este 29 de Julho em Compostela, decidírom por esmágante maioria (81,25%) concorrer em solitário às vindoiras elecçons galegas que estam previstas para Outono. Se bem é certo que a organizaçom manifestou que mais da metade das pessoas que participárom na Assembleia nom estavam já presentes, mas a tendência é mais que clara. Agora queda ver que é o que se decide através do voto telemático que já se está a votar, entre o 31 de Julho e o 2 de Agosto que vai ser o definitivo. Mas a crise em Podemos está servida, pois de sair o resultado contrário nas votaçons telemáticas, onde podem votar mais de 20.000 pessoas inscritas, a Secretaria Carmen Santos e todo o Consello Cidadá Galego teria que demitir e volver a ser dirigida a organizaçom na Galiza por unha Gestora. Decidindo Madrid de novo o que se fai por estes lares. No caso de que as pessoas inscritas em Podemos secundaram com seu voto o aprovado na Assembleia, a pataca quente estaria na Coordenadora Provisional da Marea, encabeçada por Xosé Manuel Beiras que se acaba de constituir onte, 30 de Julho em Vigo, pois o partido instrumental teria que aceitar, no melhor dos casos, umha coaliçom eleitoral com Podemos, onde este mantivera as suas siglas e unha presencia mais que relevante nas listas eleitorais, ou ir fraccionados ás Eleiçons Galegas do vindoiro Outono. Claro está si Madrid nom está a dispor outra cousa que todo é possível. E coa batalha intestina no seio do PSdeG-PSOE e o lento e difícil reseteio dun BNG gravemente tocado, Feijóo navega, no seu Partido Popular disfrazado de "Neo-galeguista", numha travessia com mar calmo, na conquista, outrora impensável, dumha nova maioria absoluta.

[*] Inácio Martínez Orero, participa no Colectivo Ártabra 21, em Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, nas Marchas da Dignidade e na Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización.
_________________

Na Asemblea de Podemos Galicia, celebrada este 29 de Xullo en Compostela, decidirom por esmágante maioría concurrir baixo a súa propia marca, ás vindeiras eleccións galegas que están previstas para Outono


Asemblea autonómica de Podemos Galicia


Podemos Galicia celebrou onte venres 29 desde as seis da tarde e ata preto da medianoite unha asemblea presencial autonómica coa que pechou o proceso de participación que a secretaria xeral de Podemos en Galicia, Carmen Santos marcou no documento político-organizativo co que foi elixida e que se abriu coas catro asembleas provinciais fai quince días. O encontro realizouse no hotel Apóstol Santiago da capital galega e contou con preto de 500 asistentes.

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, valorou á conclusión da reunión que "márchome moi satisfeita porque desde logo cando digan outras organizacións, que parece que lles molesta, o espírito participativo de Podemos, que vendemos participación pero que é mentira esta asemblea o que dá é unha proba clara de que podemos é unha organización diferente e que é unha organización que pode axuntar perfectamente a participación cunha dirección eficaz e eficiente".

Carmen Santos tamén manifestou a súa intención de asistir hoxe sábado á asemblea constituínte das mareas en común, algo que aínda que recibiu algunhas mostras de reticencias por parte dalgún dos presentes terminou por ser avalado. Carmen Santos indicou sobre a súa asistencia ao evento en Vigo que "eles (as mareas) son uns aliados fraternos, e queremos traballar con eles, pero queremos manter o noso proxecto que é lexítimo, e eses van á ser os termos nos que imos seguir traballando xuntos e tecendo alianzas".

Mediada a asemblea, a secretaria xeral dirixiuse aos presentes para anunciar a redacción definitiva da pregunta que se someterá aos 20.000 inscritos da formación morada en Galicia de maneira telemática e que se celebrará entre o día 31 deste mes e o 2 de agosto. Os termos da consulta foron recibidos moi calorosamente por todos os asistentes con berros de "Si se pode" e sobre a súa formulación tamén se manifestou Santos que indicou que: "pois o consenso da pregunta é que a dirección en todo caso estatal que autoriza este tipo de consultas recoñece a lexitimidade dende a secretaria xeral de formular a pregunta en consonancia co documento político organizativo votado polo inscritos".

Desenvolvemento da Asemblea

A Asemblea autonómica de Podemos iniciouse coa benvida do secretario xeral de Podemos en Santiago de Compostela, Victor Casas, á que seguiu a presentación do traballo realizado nas asembleas provinciais de fai 15 quince días.

A secretaria de participación, Begoña Hermida, presentou os datos relativos aos encontros provinciais celebrados fai quince días, que superaron os 500 participantes e dos que saíron máis de cen propostas distintas. Begoña Hermida resaltou algunhas das propostas en materia de participación, como as de máis asembleas telemáticas ou a participación da cidadanía nas áreas programáticas do partido.

A secretaria de Medio Rural de Podemos Galicia, Natalia Prieto, foi a encargada de presentar as propostas das bases de Podemos sobre como democratizar En Marea entre as que destacaron as que pedían que os representantes sexan elixidos por primarias, non por acordos de mesas de coordinación, ou que se esixa que a coalición cumpra cos mesmos requisitos que se autoimpón Podemos.

Ao Secretario de Mar da formación morada en Galicia, Rogelio Santos, tocoulle presentar a análise das propostas para integrar ás mareas municipais e aos movementos sociais no espazo de En Marea, que foron na liña de facilitar que as mareas municipais poidan incluír as demandas das súas cidades no programa electoral.

A militante do círculo de Podemos en Ames, Vanessa Martín, expuxo as propostas relativas aos sistemas de primarias nunha posible coalición, destacando a petición de primarias en cada un dos partidos.

Por último, a secretaria de economía de Podemos Galicia, Marlene Pérez, achegou as ideas das bases en materia de construción de programa colaborativo, nas que se fixo fincapé na importancia das memorias económicas e a viabilidade das propostas.

Tras a presentación dos resultados das asembleas provinciais, a secretaria de equidade e xustiza social, Ana Pérez, explicou o efecto da lei electoral nas circunscricións de Galicia, e o membro do consello cidadán autonómico, Angel Gey, membro tamén do colectivo Pleademar, fixo un relatorio sobre a participación dos movementos sociais no cambio político.

Tras as presentacións foi a quenda do debate, no que se deron máis de cincuenta intervencións de persoas da militancia sobre as distintas posibilidades que se abren na asemblea cidadá telemática que se inicia mañá domingo.

Este debate deu paso a unha votación, non oficial, na que se pretendeu pulsar o sentir dos presentes respecto das posibles opcións para concorrer aos comicios de outono. Aínda que máis da metade dos asistentes xa abandonaran a reunión, participaron na votación cento noventa e dous (192) persoas, das que cento cincuenta e seis manifestáronse a favor da concorrencia de Podemos ás eleccións coa súa propia marca, mentres que só trinta e seis (36) apostaron por facelo baixo a insignia de En Marea.

--

Prensa Podemos Galicia
Xosé Manuel Prieto
Oscar González
prensa@galicia.podemos.info

https://galicia.podemos.info/

Enviado por:
Prensa Podemos Galicia
-prensa@galicia.podemos.info-
30 de julho de 2016 04:24

________________

En Marea adoptará a forma electoral de partido instrumental para concorrer ás eleccións ao Parlamento de Galiza - Xosé Manuel Beiras é unha das 11 persoas que conforman a a Coordenadora provisional deste novo instrumento político


A maré concorrerá como partido instrumental ás eleccións galegas

Crear “un suxeito político galego”, definir un calendario de primarias para elixir candidato e unha metodoloxía eran tres dos obxectivos que se marcaba a asemblea da 'maré constituínte' que este sábado decorreu en Vigo. Unhas 2.500 persoas asinaron o manifesto dos alcaldes de Compostela, A Coruña e Ferrol que serviu de alicerce para este acto, que nas primeiras horas reunía por volta de mil persoas, segundo cifras das axencias.
Beiras avisa Podemos de que as "reivindicacións partidistas rachan a unidade" e di confiar en que "non o fagan"
Na sesión da mañá aprobouse que "En Marea adoptará a forma electoral de partido instrumental para concorrer ás eleccións ao Parlamento de Galiza". Unha fórmula que descarta Podemos Galiza. O nome electoral será escollido a proposta da xunta xestora. Tamén se acordou que as primarias resolveranse nun tempo menor a 20 días, aínda que falta por concretar o día que se iniciará o proceso. A asemblea decidiu permitir presentar listas de consenso mais o candidato non estará ligado a elas, senón que deberá facelo de forma individual.

A votación sobre o partido instrumental decorreu após unha polémica polo documento que establece a relación entre un eventual Goberno da Xunta, o partido instrumental e o grupo parlamentario, ao respecto do que un sector, algúns deles procedentes do colectivo Cerna, pedía pospoñer para máis tarde. Xosé Manuel Beiras tomou a palabra e urxiu crear o partido instrumental, propondo tamén un compromiso de todos os presentes de que se poderían modificar algúns aspectos.

Coordenadora provisional

A media tarde elixiuse a Coordenadora provisional deste novo instrumento político. Son 11 persoas, entre as que están, entre outras, Xosé Manuel Beiras (Anova), Rubén Pérez e Eva Solla (Esquerda Unida), Manuel Antelo (alcalde de Vimianzo e no BNG até hai unhas semanas), Iago Martínez (MareaAtlántica), Ledicia Piñeiro (Ourense en Común), Rafa Dopico (Anova), Victoria Esteban ou Manuel Barreiro. Na coordenadora hai 2 inscritas de Podemos, Mariajo Bóvenda e Carmen González.

Comité electoral


Tamén se aprobou un comité electoral, que será o órgano que tutele as eleccións primarias. A este órgano presentáronse dúas listas, unha delas vinculada a Cerna. Finalmente, foi a outra lista de nomes a que conformará a xestora. Millán Fernández, Nine Paz, Pablo Nieves, Martiño Ramos, Hermida Dios, Helena Cordero, Aníbal Ledo, Ronsel Pazos, Xermán Tobío, Dani Conde e María Xosé Fernández Pardo. Estas persoas non poden candidatarse.

Xulio Ferreiro (A Coruña), Jorge Suárez (Ferrol) e Martiño Noriega (Santiago de Compostela) foron os encargados de 'inaugurar' a asemblea constituínte, destacando que a vontade era a de poñer en valor o que une e poñer "punto e final" a esta etapa de gobernos de Feijóo. "Imos constituír un suxeito político transformador, inclusivo, que sexa quen de disputar a Feijóo" a maioría, proclamou Martiño Noriega, quen asegurou que será "un punto de inicio do suxeito político que devolverá a esperanza" a este país. Jorge Suárez asegurou que a estamos perante unha "xornada histórica" e que se abre "unha ventá de esperanza" . Pola súa parte, Xulio Ferreiro, manifestou que “hoxe imos construír esa unidade e ese suxeito político que vai devolver a ilusión á xente”.

Na asemblea participan simpatizantes e militantes dunha trintena de marés municipalistas, así como de Anova e Esquerda Unida. Tamén hai bases de Podemos, embora a liña vermella deste partido en Galiza sexa que non se diluirán nun novo suxeito político. Tamén asisten á mesma membros de Cerna e persoas como Carlos Aymerich ou Ana Luisa Bouza.

Podemos

A secretaria xeral de Podemos Galiza, Carmen Santos, apareceu na asemblea pola tarde. O seu partido decidrá entre este domingo e a terza feira o paso a dar. Os inscritos, por volta de 20.000 segundo a organización, votarán telematicamente se van ás eleccións galegas en solitario ou en alianza e coligazón con outras forzas. O que desbotan é diluirse nun partido instrumental.

Publicado en Sermos Galiza baixo Licenza Creative Commons | 30.07.2016

Faite asinante do semanario Sermos Galiza | Apoiando ao xornalismo galego e en galego. | Ir á Web.

---

Web de Mareas en Común:
http://mareasencomun.gal/

Web de Marea Constituínte:
http://mareaconstituinte.gal/

Web de En Marea:
http://enmarea.gal/

Web do Foro Galego:
https://forogalego.wordpress.com/

Web de Cerna:
http://www.cerna.org/

Web de Anova:
http://www.anova.gal/

Web de Esquerda Unida:
http://esquerdaunida.org/

Web de Podemos Galicia:
https://galicia.podemos.info/

A nova noutros medios: Buscar como Marea Constituínte. | Buscar como En Marea.

_______________

Lídia Senra: “A ‘non aplicación’ da multa non pode repercutir en máis ataques ás clases populares” - A ameaza de suspensión de fondos feita pola CE evidencia que o Estado está intervido por Bruxelas - O goberno Español comprometeu-se a aplicar un duro axuste para o ano 2017 - A eurodeputada galega formula unha batería de medidas a aplicar para facer fronte ao déficit, incluída unha posíbel saída do Euro


A oficina en Bruxelas da eurodeputada galega, Lídia Senra, remitiu-nos unha moi interesante información que nos vai comezar a afectar nos vindeiros meses. E non se trata do Brexit, onde o segundo maior contribuidor ás arcas europeas decidiu abandonar o barco da UE que seguro nós vai afectar e moito. Non, trata-se da "non aplicación da sanción de 2.200 millóns de euros" por incumprimento do déficit, a cambio dun forte axuste económico e social. O Goberno en funcións de Mariano Rajoy, comprometeu ao polo de agora Reino de España, a aplicar un duro axuste para o ano 2017. Desde Ártabra 21 convidamos a ler as dúas novas con atención e tomar nota do que se aveciña. Un novo goberno do cambio, tería que saber que o que iría facer fronte a isto no caso de acadar o poder nas institucións. Os próximos invernos van ser duros.

Lídia Senra: “A ‘non aplicación’ da multa non pode repercutir en máis ataques ás clases populares”. | A eurodeputada de AGEe plantexa unha batería de medidas a aplicar para facer fronte ao déficit, incluída unha posíbel saída do Euro. | Salienta a necesidade dun Goberno disposto a “dar pasos” para recuperar a Soberanía Popular e facer fronte á ditadura de Bruxelas.

O feito de que o Estado español e Portugal, non sexan multados por incumprir os obxectivos de déficit do 2015 é positivo, xa que o contrario, no caso do Estado Español, suporía sacar das arcas públicas uns 2.200 millóns de euros, tendo como consecuencia un incremento dos xa asfixiantes recortes que vimos sufrindo nos últimos tempos [1].

Agora ben, esta “non aplicación” da sanción non é gratuíta. O Goberno en funcións comprometeuse a aplicar un duro axuste para o ano 2017, para reducir o déficit do 5,2% -en 2015- ao 4,6% no 2016, para situarse en 2018 no 2,2%, é dicir, por embaixo do 3% que establece o Pacto de Estabilidade. A Comisión Europea xa puxo en marcha a chantaxe conxelando, polo momento, os fondos estruturais que recibe o Estado até saber cales son as medidas concretas que vai acometer o Goberno español para levar adiante os recortes comprometidos.

Diante deste novo contexto, “o primeiro que debería facer o Goberno español é explicar claramente que accións vai emprender para chegar aos obxectivos de déficit aos que se comprometeron”, esixiu a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGEe), Lídia Senra. Tendo en conta que a data límite para tomar medidas é o 15 de outubro de 2016, “é máis que urxente que este Goberno en funcións explique os compromisos asumidos”, apremiou.

Ademais disto, “cómpre esixir con contundencia que calquera compromiso para reducir o déficit debe pasar por incrementar os ingresos para o erario público sen acudir a privatizacións de ningún tipo nin cargar os impostos indirectos”, evitando que recaian novamente sobre as clases populares.

Estas son algunhas das medidas que a eurodeputada de AGEe identifica como necesarias para afrontar a crise provocada polas políticas de austeridade impostas para reducir o déficit:
  1. O primeiro paso debería ir no camiño de que sexan os bancos e as grandes empresas responsábeis da débeda pública quen asuma a parte que lle corresponde dos xuros da débeda -nos orzamentos de 2016 adícanse 34.000 millóns de euros so para pagar os xuros da débeda.
  2. Lexislar para poñer fin á elusión [2] e á evasión fiscal, obrigando ás grandes empresas a pagar os seus impostos. Cómpre recordar que o Ibex-35 triplicou a súa presenza en paraísos fiscais durante a crise. E que, segundo un informe de Oxfam Intermon e o ORCS, o Banco de Santander é o principal beneficiario da elusión fiscal con 235 filiais localizadas en territorios con vantaxes fiscais.
  3. Negarse a que sexa Bruxelas quen marque os obxectivos de déficit do Estado e as regras para reducilo, xa que isto impide facer políticas sociais, provoca o desmantelamento dos servizos públicos básicos como sanidade, ensino ou os servizos sociais, ameaza as pensións, obriga a privatizar todo o que nos queda público, provoca unha enorme destrución de emprego e impón “reformas” para arrebatar os dereitos laborais conquistados polas loitas das e dos traballadores.
  4. Facer fronte ás imposicións que significa o actual proxecto de integración neoliberal e autoritaria, mediante actuacións que permitan a recuperación da Soberanía Popular e o dereito a decidir dos pobos. Neste sentido esiximos a retirada do denominado “documento dos cinco presidentes” sobre como avanzar na construción dunha unión económica e monetaria, por canto supón afondar aínda máis nestas políticas neoliberais que nos están destruíndo.
  5. Eliminar da Constitución Española a obriga de priorizar o pago da débeda.
A Comisión Europea utiliza a chantaxe para lograr os seus obxectivos sabendo que as súas imposicións supoñen aumentar aínda máis o noso empobrecemento e a precarización das clases populares”, advertiu a eurodeputada galega. Por iso “cómpre un Goberno disposto a dar pasos”, reivindicou, “os pasos necesarios para recuperar a capacidade de decidir sobre os orzamentos e sobre o nivel de déficit en función dos intereses da maioría. Os pasos necesarios para priorizar políticas para manter os servizos públicos e os bens comúns a salvo das privatizacións, chegando mesmo ao abandono da moeda única se fora preciso para garantir os dereitos das persoas. Os pasos necesarios para crear emprego e recuperar a capacidade de desenvolver todos os nosos sectores produtivos e para que o respecto aos dereitos humanos, entre eles a saúde, a educación, ou o dereito á folga... estean por enriba dos intereses do capital”.

Bruxelas, a 28 de Xullo de 2016.

“A ameaza de suspensión de fondos feita pola CE evidencia que o Estado está intervido por Bruxelas”. | Achegamos listaxe correspondente aos fondos europeos propostos para suspensión pola CE e carta na que o PE acepta debate estruturado. | Senra esixe que Feijoo “dea a cara” para explicar o impacto nos orzamentos da Xunta e demanda oposición total ás medidas da UE.

O pasado 14 de xullo o Vicepresidente da Comisión Europea Jyrki Katainen remitiu unha carta ao Presidente do Parlamento Europeo, Martin Schulz, achegando unha lista de posíbeis Fondos Estruturais e de Investimento Social Europeo que poderían ser conxelados no Estado español e Portugal en virtude da Normativa de Disposicións Comúns que rexe este tipo de fondos -entre os que se atopan, entre outros, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ou o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e que prevé que parte deses recursos podan ser suspendidos se o Consello decide que un Estado membro non tomou medidas eficaces en resposta a unha recomendación emitida no contexto do Procedemento de Déficit Excesivo.

Posto que o pasado 12 de xullo, á vista de que o déficit do Estado español e Portugal non era inferior ao 3%, o Consello ditaminou que estes Estados realizaron un esforzo orzamentario que ficou “moi por embaixo do recomendado”, dánse xa as condicións contempladas pola tecnocracia europea para proceder á chantaxe da ameaza de suspensión de fondos públicos a estes dous Estados membro.

Nos fondos propostos para suspensión atópanse tódolos plans de desenvolvemento rural do Estado español, polo tanto tamén o galego; así como programas de dimensión estatal que afectan directamente ao noso País, como o Programa Operativo Rexional; o Programa Operativo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca; o Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación; o Programa Operativo de Inclusión e Economía Social; o Programa Operativo de Asistencia Técnica; o Programa Operativo de Crecemento Intelixente; o Programa Operativo de Crecemento Sustentábel ou o Programa Operativo Iniciativa PEME, entre outros.

O 25 de xullo o Presidente do Parlamento remitiu unha carta ao Presidente da Comisión Europea, Jean Claude Juncker, aceptando a proposta da CE de que logo do verán teña lugar un debate estruturado entre a Comisión Europea e o Parlamento Europeo a fin de discutir, no caso de que finalmente se dea unha suspensión de fondos, cales dos sinalados na lista proposta pola Comisión Europea serían os afectados. Logo deste proceso a Comisión Europea proporá para a súa aprobación no Consello Europeo -conformado polos/as presidentes dos estados membros- unha lista de fondos a conxelar, como castigo ao incumprimento do déficit do Estado Español.

De concretarse a posibilidade da suspensión de fondos -sinalou a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra-, o Plan Estratéxico 2015-2020 do que alardea Feijoo, e que mesmo nos veu ‘vender’ a Bruxelas o Conselleiro de Facenda, podería converterse en papel mollado”.

Este escenario de violencia económica debuxado polas institucións europeas, “pon de manifesto algo que sempre se quixo ocultar, que é a intervención do Estado español por parte de Bruxelas”, analizou a eurodeputada galega. “Chantaxear con cartos públicos para obrigar a favorecer aos intereses privados a través de recortes e privatizacións é totalmente inmoral e atentatorio contra os Dereitos Humanos; é arrepiante que a Comisión Europea empregue a extorsión para afondar nunhas políticas de austeridade que están levando ao aumento da pobreza e da exclusión social, á falta de recursos para o coidado da saúde a través do desmantelamento da Sanidade, á restrición do acceso á educación, e toda unha batería de medidas orientadas a atacar ás clases populares”.

Reiteramos que o Goberno central en funcións ten que explicar inmediatamente en que vai concretar os recortes comprometidos para acadar a redución do déficit orzamentario, así como explicar tamén se vai adoptar medidas con relación ao outros aspectos recollidos no Memorando de 2012, como as reformas do mercado laboral, das pensións, o déficit tarifario, etc.

O Goberno tense que opor rotundamente á conxelación de fondos, esixir á Comisión que retire esta chantaxe e desbotar as medidas neoliberais da UE apostando por aquelas que vaian directamente sobre os responsábeis das crise económica e non sobre as clases populares[3], esixiu Lídia Senra. “Se a chantaxe vai adiante e din que ou cumprimos co Memorando ou ficamos fóra da UE, o Goberno ten que tomar a decisión clara de romper ca Unión Europea. Non pode pasar o que pasou en Grecia.

A eurodeputada de AGEe esixiu tamén “un posicionamento claro” por parte da Xunta de Galicia diante da ameaza lanzada pola Comisión: “o Presidente Feijoo ten que dar a cara publicamente para explicar cal sería o impacto dunha medida deste tipo nos programas afectados e, en xeral, nos propios orzamentos da Xunta de Galiza.

Bruxelas, a 29 de Xullo de 2016.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

lidia.senra@europarl.europa.eu

Equipa de Comunicación AGEe:
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Bruxelas:
vera.montotovazquez@europarl.europa.eu
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Galiza:
age.europa.galiza@gmail.com
Xornal dixital de AGEe:
http://ageuropa.gal/

   


[1] O pasado sete de xullo, coincidindo coa sesión plenaria, o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), no que Alternativa Galega de Esquerda (AGEe) está integrada, realizou unha acción de denuncia na sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo en contra da aplicación da sanción.
[2A elusión fiscal é calquera acción, en principio por vías legais, que persegue evitar ou minimizar o pago de impostos [Ir á WipiquediA].

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
28 de julho de 2016 17:16
29 de julho de 2016 21:46
__________________________

Eliximos Narón sobre da devolución das taxas de auga e a revisión do programa de facturación


Sobre da devolución das taxas aos contribuíntes.

No pleno do día de hoxe, 28 de xullo, non se nos admitiu a trámite unha moción urxente sobre a modificación do programa de facturación de COSMA para poder facer devolucións nos recibos, e finalmente lle fixemos un rogo ao alcalde ao respecto.

Logo do episodio dos trihalomentanos do pasado ano, un dos argumentos dados polo Goberno para non proceder á devolución do diñeiro aos abonados foi que o programa de facturación de COSMA non estaba preparado para proceder a dita devolución, e o custo de modificalo era moito mais alto que o importe das devolucións e, polo tanto, non se xustificaba dito cambio.

A urxencia vén motivada porque deben aproveitarse as modificacións postas en marcha pola revisión da ordenanza No 8, aprobada no pleno do pasado mes de xuño, para introducir unha nova facturación correspondente ao saneamento en alta e a depuración, e isto implica necesariamente a revisión do programa de facturación e, dado que xa é necesario proceder á revisión, a introdución da opción de devolucións non implicará un incremento substancial no custo da mesma.

Pasado máis de un ano, os abonados aínda non foron resarcidos pola crise dos trihalometanos como legalmente lles corresponde e, introducindo dito cambio, si poderían ser resarcidos ao desaparecer a principal xustificación para non levalo a cabo.

Non debemos esquecer que a facturación de COSMA non só afecta a auga (nas partes do Concello e da Xunta), senón tamén ao saneamento, e ao residuos sólidos (de Urbaser), polo que estamos a falar dun importante déficit no principal programa de facturación de Narón.

A devolución das taxas en determinadas circunstancias é algo obrigatorio por lei (artigo 12 da Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos), polo que non se entende como ata a data non se incluíra esta posibilidade no sistema de facturación.

Sorpréndenos que a resposta do alcalde fose que llo ía “trasladar ao xerente de COSMA para que o considerase”, como si as devolucións non fosen unha obrigación para o Concello e por tanto para a empresa mixta.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 /
E-mail: grupomixto_ene@naron.es
Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web: http://eliximos.esy.es/


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
28 de julho de 2016 17:37
__________

O portavoz de Esquerda Unida Narón, o concelleiro André Abeledo, esixe a dimisión de Ana Pastor e Rafael Catalá na súa intervención no Pleno de Narón do 28 de Xullo, polas responsabilidades políticas, de ambolosdous, diante do proceso posterior ao accidente do tren de alta velocidade en Angrois


André Abeledo esixe a dimisión de Ana Pastor e Rafael Catalá na súa intervención no Pleno de Narón de Xullo.


Intervención integra de André Abeledo, Portavoz de EU Narón:

Angrois berra en silencio pedindo xustiza tres anos despois do accidente.

Estamos ante o máis dramático sinistro ferroviario ocorrido no país, un accidente que non pode quedar sen resposta. As frías cifras son dramáticas, falamos de 81 falecidos e 144 feridos no accidente de tren de Santiago.

É algo máis que decepciónante que poda pecharse a causa do sinistro do Alvia sen depurar responsabilidades políticas e deixando ás vítimas e as súas familias en total indefensión.

As vítimas e os seus familiares continúan a pedir, mellor dito, a esixir, “verdade, xustiza e reparación.

Temos que denunciar o absoluto desprezo con que o Partido Popular trata as vítimas do accidente de tren de Angrois. A elección de Ana Pastor como presidenta do Congreso dos Deputados é a mostra do desprezo do PP ás vítimas de Angrois, e tamén ao informe da Axencia Ferroviaria Europea e ao funcionamento democrático das institucións

¿Como explicar que se ascenda como premio aos dous responsábeis políticos de empregar as institucións públicas para ocultar o acontecido e evitar a depuracións das responsabilidades sobre un accidente en que morreron 81 persoas?.

Un Goberno realmente democrático asumiría as responsabilidades políticas e cesaría a quen tutelaron a comisión criticada pola Axencia Ferroviaria Europea, e decidiron a súa composición e funcionamento.

É indignante o descaro do Partido Popular e de que maneira desoe a unha sociedade que esixe coñecer a verdade para facer xustiza.

Dende este pleno debemos esixir a dimisión de Ana Pastor e Rafael Catalá e o nomeamento de políticos comprometidos coa transparencia e a xustiza no referido a Angrois.

DEBEMOS ESIXIR VERDADE, XUSTIZA E REPARACIÓN para as vítimas e os seus familiares.


Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Portavoz: André Abeledo Fernández.
Achégate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
http://esquerdaunida.org/




Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
28 de julho de 2016 17:30
___________________________

xoves, xullo 28, 2016

E xa son catro as Sentenzas que condenan a Reganosa: O Tribunal Supremo anula en sentenza firme, o Plan de Emerxencia Exterior da planta de gas de Punta Promontoiro e o decreto da Xunta de Galicia que o aprobou

Reganosa cuspindo na ría a Sopa Química

E xa son catro as Sentenzas que condenan a Reganosa: O Tribunal Supremo anula en sentenza firme, o  Plan de Emerxencia Exterior da planta de gas de Punta Promontoiro e os decretos da Xunta de Galicia que o aprobaron


O Tribunal Supremo, mediante sentenza 1966/2016 de 26 de Xullo, anula o Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa, que fora aprobado polo Decreto da Xunta de Galicia 144/2007, do 9 de Xullo e recorrido pola Plataforma Veciñal “O Cruceiro” de Mehá.

Esta nova Sentenza que deixa a REGANOSA sen Plan de Emerxencia, únese as outras recentes que anularon as Autorizacións Administrativa e de Funcionamento.

Este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol quere amosar a súa satisfacción ao ver confirmadas –una vez máis, polo máis alto Tribunal de Xustiza– as súas alegacións contra una Planta de Gas ilegal, perigosa, innecesaria e posta no interior da Ría en función do pelotazo económico dos seus promotores coa complicidade das Administracións.

Sentenza do Tribunal Supremo - Sala do do Contencioso Administrativo - Sección Quinta - 26 de Xullo de 2016 | Sentenza nº1966/2016 - Recurso de Casación Número: 2070/2014 | Anulando o Plan de Emerxencias Exterior de Reganosa e o Decreto 144/2007, do 9 de Xullo, da Xunta de Galicia | 16 páxinas en formato PDF | Acceder/Baixar.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
28 de julho de 2016 01:05

---

As outras tres sentenzas firmes do TS contra Reganosa:
  • Sentenza 889/2016 do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 25.04.2016 | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia).
  • Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia)
  • Sentenza do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Quinta. 11.05.2012| Recurso de Casación Núm. 4512/2008 | Acceder/Baixar. (Recorrían Reganosa e o Concello de Mugardos).
Todo o publicado sobre a loita contra o despropósito gasista de Reganosa en Ártabra 21 (Desde hai 10 anos, 887 publicacións a 28 de Xullo de 2016).
___________

Seminario no Parlamento Europeo sobre a “Defensa e protección da pesca artesanal e a pequena escala” que celebrará o 7 e 8 de Setembro e contará con participación de profesionais da pesca e do marisqueo da Galiza


Impulsamos o seminario “Defensa e protección da pesca artesanal e a pequena escala” no Parlamento Europeo. | Convocado a iniciativa da eurodeputada de AGEe, completan o núcleo coordenador do evento o Partido Comunista Portugués e o Sinn Féin. | Terá lugar no PE (Bruxelas) os vindeiros 7 e 8 de setembro, contando ca participación de profesionais da pesca e do marisqueo da Galiza.


Que Galiza é a zona pesqueira máis importante da Unión Europea (UE) ficou comprobado in situ polo Parlamento Europeo (PE) a través da visita do Comité de Pesca ao noso País, promovida pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, no pasado mes de marzo [1].

Agora, “cómpre seguir mantendo a presión sobre as institucións europeas para que sexan postas en marcha medidas contundentes pola defensa e mantemento do noso sector pesqueiro, que representa case o 7% do PIB galego, sendo o 80% da nosa flota de pesca artesanal e a pequena escala, e a Galiza o país onde máis pesca deste tipo se concentra de todo o Estado, xa que temos unha frota de aproximadamente 4.500 barcos”, apuntou.

Baixo esta perspectiva de traballo, a eurodeputada de AGEe, titular suplente na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), está a promover a realización do seminario “Defensa e protección da pesca artesanal e a pequena escala[2], que terá lugar os vindeiros 7 e 8 de setembro no Parlamento Europeo en Bruxelas.

Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) estará acompañada na coordenación deste evento internacional polo Partido Comunista Portugués (PCP) e o irlandés Sinn Féin, ámbalas dúas formacións políticas representantes de pobos cunha fonda tradición pesqueira, coma o galego, e ca que AGEe comparte o obxectivo de “loitar polo desenvolvemento dun sector pesqueiro europeo no que a sustentabilidade sexa o obxectivo principal, que garanta o maior número de postos de traballo posíbel, proporcione alimentos de calidade, e cuxa actividade profesional, lonxe de esquilmar os recursos, contribúa ao mantemento dunhas rías, mares e océanos sans e cheos de vida”.

Este seminario contará con catro mesas informativas e de debate. A primeira delas, que dará inicio na tarde do mércores 7, abordará o impacto dos acordos internacionais de pesca da UE na pesca a pequena escala. Seguidamente, logo dunha pequena pausa, analizaremos as consecuencias da Política Pesqueira Común (PPC) nas comunidades costeiras.

Na mañá do día 8 o encontro centrarase na faciana máis humana da actividade pesqueira da UE, debullando o papel das mulleres na pesca e as actuais condicións dos dereitos dos/as traballadores/as no mar, así como as cuestións relativas á súa seguridade.

Ademais dunha delegación de homes e mulleres do mar que se desprazarán dende a Galiza, as distintas organizacións políticas integrantes do GUE/NGL foron convidadas xa a facilitar a participación de persoas vinculadas á pesca de cadanseus países, polo que a eurodeputada Lídia Senra agarda para este encontro a compilación “dun interesante mosaico de experiencias internacionais que nos vai proporcionar información directa sobre a situación da pesca sustentábel, artesanal e a pequena escala na UE, ao tempo que vai permitir facilitar enriquecedores intercambios entre persoas que desenvolven este tipo de pesca nos distintos Estados membro”.


Dende a súa chegada ao Parlamento Europeo, a eurodeputada galega vén impulsando numerosas iniciativas a prol da protección e apoio ao sector pesqueiro galego [3], tanto en sede parlamentaria -a través de intervencións na Comisión de Pesca, Sesión Plenaria, encontros co sector no Parlamento Europeo, rexistro de preguntas parlamentarias [4] ou interlocucións cas distintas Presidencias semestrais da UE-, como na Galiza -destacando a convocatoria da xornada “As pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da Política Pesqueira Común (PPC): retos e propostas de futuro” en Cangas en novembro de 2005 ou a xornada “A problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo da UE”, celebrada en Ferrol en maio deste ano-.

Bruxelas, a 27 de Xullo de 2016.

[1] [NdP260316AGEe] A Comisión de Pesca coñecerá a implementación da PPC na Galiza a instancias da eurodeputada de AGEe, [NdP010416AGEe] AGE logra que por primeira vez a Comisión de Pesca do Parlamento Europeo visite Galiza de forma íntegra.
[2] Adxuntamos cartaz, polo dagora na súa versión provisional en inglés. Achegaremos o programa cando estean confirmadas a totalidade das persoas relatoras. Adxuntamos imaxe de arquivo correspondente á manifestación contra a Lei de Acuicultura celebrada o 27 de febreiro de 2016 en Santiago de Compostela.
[3] Compendio de inciativas recollidas na web de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe): http://ageuropa.gal/category/pesca/
[4] Deguace e cotas. | Colocar a pesca artesanal acidental fora dos TAC. | Distribución das quotas de sarda pelo Estado espanhol. | Reparto das cotas de pesca entre o cerco galego. | Etiquetado produtos acuicultura e pesca. | Prohibición da pesca de deriva con redes artesanais e tradicionais. | Recursos mineros en alta mar. |  Gobernanza dos océanos e enerxía.

[Vídeo] Lídea Senra traslada as prioridades galegas no sector pesqueiro e agrícola á Presidencia eslovaca da UE.

O 12 e 13 de xullo tivo lugar no Parlamento Europeo a comparecencia da ministra eslovaca de Agricultura e Desenvolvemento Rural en calidade de presidenta do Consello de Agricultura e Pesca, ao respecto das prioridades das Presidencia eslovaca do Consello da UE para este semestre.

Como coordenadora para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, e suplente na Comisión de Pesca , a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, tivo a posibilidade de trasladar as súas consideracións directamente á ministra Gabriela Matečná.
En relación ao sector pesqueiro, a eurodeputada de AGEe reiterou á ministra Matečná que o reparto de asignacións de cotas aos Estados en base ao principio de estabilidade relativa “supón unha inxustiza moi forte con países como o meu, Galiza, que é a maior zona pesqueira da Unión Europea”, polo que debe ser revisado urxentemente.

Con respecto ao sector agrícola, Senra alentou á Ministra a que “asuman dunha vez por todas que a liberalización do sector leiteiro está a ser un completo fracaso con gravísimas consecuencias para as gandeiras e gandeiros europeos, e que a solución pasa novamente por contaramos cunha política leitera pública forte e estábel”.

Canle de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA EN EUROPA. | Ir á canle. | Ir á vídeo.

---

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

lidia.senra@europarl.europa.eu

Equipa de Comunicación AGEe:
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Bruxelas:
vera.montotovazquez@europarl.europa.eu
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Galiza:
age.europa.galiza@gmail.com
Xornal dixital de AGEe:
http://ageuropa.gal/

   


Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
27 de julho de 2016 11:19
___________________

sábado, xullo 23, 2016

Denuncian a entrada na Ría, para Reganosa, dun novo gaseiro cargado con gas natural licuado procedente da fractura hidráulica (fracking) en Estados Unidos - De fondo o TTIP e a exclusión, por parte do Goberno español, do trámite de avaliación de impacto ambiental da planta de gas en Mugardos


Ás 4 da madrugada do venres 22 de Xullo, de 2016, entraba polo estreito, angosto e de pouco calado canle da ría de Ferrol, o metanero Sestao Knutsen, para a ilegal e perigosa planta regasificadora de Reganosa.

Como é habitual, sempre que entra un gaseiro na ría de Ferrol, o Comité Cidadán de Emerxencia convocou unha concentración en Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Praza Amada Garcia), ante o especial da situación, era un buque gaseiro cargado con gas natural licuado procedente de fracturación Hidráulica (fracking) de Estados Unidos, relacionado co que se pretende co TTIP e a exención a Reganosa da avaliación de impacto ambiental, por parte do Goberno Español en funcións.

40 plataformas cidadás e organizacións denunciaron a chegada ao Estado Español do primeiro cargamento de gas de fracking estadounidense, e mostraron o seu apoio á convocatoria do CCE en Ferrol.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


https://youtu.be/IFgMkXmrNew


Relacionado:

Todo o publicado sobre a loita contra o despropósito gasista de Reganosa en Ártabra 21 (Desde hai 10 anos, 882 publicacións a 6 de Xullo de 2016).

___________

Enlace de interese:
Blogue sobre fractura hidráulica de Ecoloxistas en Acción.
http://fractura-hidraulica.blogspot.com.es/
_______________________

Avante a República Galega! é o lema do acto que vai ter lugar esta tarde do sábado 23 de Xullo, en Ferrol, co motivo do Día da Patria Galega, convocado polo BNG, Cerna, a CIG e a Fundaçom Artábria


Avante a República Galega!

Con este lema, vai ter lugar esta tarde do sábado 23 de Xullo, ás 20:30hs un acto en Ferrol, co motivo do Día da Patria Galega, convocado polo BNG, Cerna, a CIG e a Fundaçom Artábria.

Umha Ruada Patriótica que partirá desde a Praza das Angustias, para finalizar no Cantón de Ferrol, con bandeiras e música.

Desde as organizacións que convocan a Ruada Patriótica, animan a participar neste acto festivo coa bandeira Galega.
_________________

Tempo de impasse, ... Por David Rodríguez - "...estívose máis atendo á consolidación dunhas siglas que ao avance do movemento popular..."


Por David Rodríguez [*]
23.07.2016


Atopámonos no impasse que media entre a repetición dunhas eleccións xerais e a celebración dunhas autonómicas galegas. Unha repetición de eleccións que se demostrou nefasta para os intereses globais das esquerdas. Se a orixe desta repetición está na "xogada mestra" mediante a cal, en rolda de prensa, os gurús da complutense comezaron a repartir ministerios e a poñer como condición para botar ao PP das institucións o acceso ao goberno co PSOE, estamos en disposición de concluír que, en realidade, aquela foi máis ben unha "cagada mestra". Ter negociado á portuguesa a investidura do PSOE sen entrar no goberno suporía, hoxe, que o Partido Podre de Rajoy sería historia, que o PSOE e Ciudadanos estarían xestionando os recortes de Bruxelas e que o Bloque Popular estaría facendo unha oposición dura coa vista posta na seguinte, probablemente próxima, crise do réxime. Na miña lectura estívose máis atendo á consolidación dunhas siglas que ao avance do movemento popular e, con todo, é probable que tampouco o primeiro obxectivo vaia ser posible.

En todo caso, isto é pasado. De cara ao futuro, as eleccións do 26 X deixaron, polo menos, dúas cousas claras:

1. O asalto aos ceos, que -na enésima baixada de listón- desta volta pasaba polo sorpasso ao PSOE, fracasou. Os resultados do fenómeno Podemos, se non chega a ir no Estado en coalición con IU, serían aínda máis magros. Neste sentido, o 26X marca o comezo da fin da burbulla podemos. A partir de agora o eventual avance dese partido vaise deber a un traballo máis pedestre e desagradecido que á inercia da política espectáculo.

2. A "operación envolvente" para dar unha patada no cu a Anova (entendida esta non coma as siglas continxentes desta organización -ao fin e ao cabo o menos importante- senón como a expresión do proxecto político que considera que do proceso de Unidade Popular que arrancou con AGE debía nacer un suxeito político galego de esquerdas -polo tanto non necesariamente nacionalista, ollo-), tamén fracasou.

A este respecto, algo de memoria:

O bloqueo interesado da mesa de coordinación de En Marea para que esta se democratizase e territorializase inmediatamente despois das eleccións do 20 de decembro de 2016 permitiu que tomase corpo ese sucedáneo da Marea Atlántica chamado Mareas en Común. Cando, debido a este bloqueo, En Marea concorre de novo coa fórmula de coalición -cometendo o despropósito de pretender falar outravolta de grupo parlamentario propio ao tempo que nada se fixera na fórmula xurídica de concorrencia para que este tivese algunha posibilidade máis de levarse a cabo- Marea Atlántica ponse de perfil e, ao tempo, Mareas en Común comeza a enarborar o discurso democratista e horizontalista que a propia Marea Atlántica contribuíra a bloquear en En Marea.

Antes das xerais, e de cara ás autonómicas, EU, na boca de Yolanda Díaz, expresa a súa aposta por En Marea como fórmula de concorrencia ás xerais e por Mareas en Común como fórmula para as autonómicas. Ao tempo, Garzón, o líder de IU, exprésase en twitter no mesmo sentido: En Marea para as xerais, MeC para as autonómicas. Outro tanto fai Ada Colau, sen dúbida influenciada por Marea Atlántica. A guinda do pastel pona Xulio Ferreiro cando, en lugar de pechar campaña en Compostela con En Marea, decide pechala en Madrid con Unidos Podemos. A envolvente estaba lista. A consecución do sorpasso deixaría ao que representa Anova sen espazo vital. Mareas en Común sería o espazo para as autonómicas, un espazo onde se incluirían EU, Marea Atlántica e Podemos.

O fiasco dos resultados electorais torceu os plans. Agora podíase argüír que a baixada de votos de En Marea tiña que ver co ninguneamento do factor "galego", co desprezo á figura de Beiras etc. Marea Atlántica estaba noqueada despois de que o seu alcalde apostase tan fortemente por Madrid en detrimento de Santiago. Mareas en Común, rápido habería comezar a facer xestos para ofrecerse máis como "pata" que como "espazo central" da confluencia de cara as autonómicas.

Aí chega o escrito dos alcaldes. O manifesto convoca unha asemblea constituínte para o 30 de xullo. Constituínte, suponse que quere dicir, constituínte, porén, dánse xa como elementos de partida os documentos elaborados por Mareas en Común. Confórmase unha xestora da asemblea cuxa composición, polo que se vai coñecendo, é bastante cuestionable e dáse por suposta a existencia dun chamado "candidato de consenso".

A aparición do manifesto dos alcaldes introduce unha contradición extra no espazo Podemos, onde a loita interna de faccións leva a que os deputados de En Marea, que, paradoxalmente, nas negociacións en Madrid para decidir se En Marea irá ao mixto ou quedará no Grupo Confederal se comportan como auténticos patriotas de siglas podemitas, teñan que defender o espazo de confluencia fronte a Carmen Santos, antigamente partidaria da confluencia e hoxe depositaria das esencias do patriotismo de siglas podemitas. Un cúmulo de despropósitos e cambios de parecer que fan pensar máis nunha partida de trileiros do oeste que en xente que non deixa de dar a brasa co fetixe dos "códigos éticos".

O vindeiro 30 de xullo asistiremos ao final dun tempo político partidario en Galicia. O que se ventila -ou, o que para min se debería ventilar nesa data- non ten que ver só coas eleccións autonómicas. Unhas eleccións ás que o PP chega bastante mellor do que se podía aventurar hai uns meses. O que se decidirá nesa asemblea será se o que saia do longo proceso que arrancou con AGE en Galicia dará lugar a un suxeito político galego ou a unha franquicia de Podemos. Quere isto dicir que, á hora da verdade, e ante a profusión de siglas e chiringuitos variados á que asistimos nos últimos tempos, a cousa vaise polarizar arredor desta cuestión. Só agardo que o que se vende como asemblea constituínte, sexa efectivamente unha asemblea constituínte, sen grupos de facilitación e outros "enxeños" para pastorear ovellas. Se esa asemblea é realmente constituínte e non a enésima patada á pelota para que xente con ideas incompatibles concorran xuntas ás eleccións, todo o mundo terá que retratarse. A implosión, logo, deste espazo heteroxéneo e incoherente será inevitable. Se a implosión non se produce nesta asemblea, producirase despois das eleccións, o que se poderá ler coma unha fraude ao electorado.

O resto, trangalladas para, nunca mellor dito, marear ao persoal.

Publicado o 20 de Xullo de 2016 no blogue do autor: O Funambulista Coxo. A foto do cabezallo do artigo foi postada por Ártabra 21, tirada de Tempos Galegos.

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
21 de julho de 2016 01:38

_______________