luns, abril 24, 2017

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol precisa axuda económica para continuar os procesos xudiciais logo de que o Goberno de Rajoi decidira excluír á planta de gas de Reganosa da aplicación da Sentencia do Supremo, eximindo-a de someter-se á avaliación ambiental, asunto que tamén está recorrido ante os tribunais


O pasado 12 de abril, deste ano 2017, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, facía un chamamento ao compromiso coa loita contra o despropósito gasista de Reganosa que ameaza a nosa seguridade, as nosas vidas e á Ría que despois de catro sentenzas e un auto do Tribunal Supremo encontra do proxecto gasista, instalado no corazón da nosa ría, o Goberno de España eximiu, á Planta de Gas, de someter-se á avaliación ambiental, intentando deste xeito saltar as decisión xudiciais do alto tribunal, asunto que está tamén recorrido ante os tribunais.

Neste momento o Comité Cidadán precisa axuda económica para continuar procesos xudiciais logo de que o Goberno de Rajoi decidira excluír á planta de gas de Reganosa da aplicación da Sentencia do Supremo.

Na causa contra a planta de gas de Reganosa,

o pasado 2014, fixémosvos unha solicitude de apoio económico, que tivo unha resposta extraordinaria, superando os 3.000 euros. Queremos agradecérvolo a todas aquelas persoas que fixéchedes este importante esforzo.

Como sabedes desde hai case 16 anos, contamos coa inestimable colaboración totalmente gratuíta de vari@s avogad@s, en Ferrol, Coruña e sobre todo en Madrid, que nos permitiron iniciar e continuar os procesos xudiciais contra as diferentes fases de aprobacións da planta de gas, sen que isto supuxera maior gasto que o pago aos procuradores, de moita menor contía que o que serían as minutas d@s avogad@s.

Recordarvos de novo que a lei de taxas 10/2012 do 20 de novembro, supuxo un cambio e unha barreira importante para poder continuar cos procedementos que temos en marcha. Para unha interposición de recurso contencioso administrativo hai que ingresar 350 euros; para un recurso de apelación, 800 euros; para un recurso de casación, 1.200 euros. Aínda que a lei de taxas foi anulada polo Constitucional, supuxo unha importante sangría para as nosas finanzas.

Para a Administración estes gastos non supoñen ningún cambio porque está exenta do seu pago, e para Reganosa eses importes son unha nimiedade fronte aos ingresos millonarios que ten a través das retribucións do sistema gasista. Neste ano 2017 vai recibir máis de 51 millóns de euros do diñeiro público, en concepto de amortización da inversión, retribución financeira e custes de operación e mantemento fixos. Aparte recibirá os importes variables en función da súa actividade: peaxes por volume de regasificación, carga e descarga de buques, carga de cisternas e postas en frío de gaseiros.

Todos estes importes pagámolos entre toda a cidadanía, no noso recibo de butano, propano ou gas natural canalizado. Para o CCE, porén, supón unha importante carga económica que debemos afrontar só cos nosos propios medios.

Ademais deste espolio hai outro abuso propiciado polos tribunais. Mentres este Comité foi condenado a Costas no recurso contra as verteduras que perdemos, Reganosa e o Estado que perderon 3 sentenzas no Supremo contra as autorizacións previa, a de construción e o Plan de Emerxencia Exterior non foron condenados a costas.

 Aparte doutros gastos empregados noutras actividades (custes das mensaxes de aviso de entradas de gaseiros, fotocopias de cartaces, documentación, etc.), ao longo de todo o ano 2016, temos feito pagos por valor de  máis de 6.300 euros. Na folla que acompaña facemos unha relación deles. Fixemos fronte a estes gastos, cos fondos acumulados de loterías e outros actos organizados nos últimos tres anos, que conseguimos grazas a todas e todos vós.

Agora unha vez máis necesitamos unha contribución extra para poder continuar os procesos pendentes contra as novas autorizacións administrativa previa, a de construción e contra o acordo do Consello de Ministros en funcións que as propiciaron ao excluílo do cumprimento do trámite de avaliación ambiental. Inmediatamente temos que dispor de 900 euros para as provisións de fondos para este tres procedementos. Á parte debemos afrontar os gastos derivados co que está admitido a trámite no Supremo contra a modificación Puntual do Plan de Ordenación de Mugardos do 2012, realizada por mor doutra  sentenza do Supremo que anulaba ao plan anterior que facilitou a concesión as autorizacións iniciais da planta.

É difícil poder concretar unha cantidade media a aportar, porque sempre vai depender da situación económica de cada quen. Barállanse cifras orientativas de uns 150 a 300 euros por asociación e de 20 a 40 euros (ou máis se se pode) por persoa a título individual.

Unha vez máis, moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!

Relación de gastos xudiciais ano 2016

Data..........   Concepto. ....................................................   Importe.

08/07/2016   Honorarios procurador en el 4661/12. ......     584,82

05/09/2016   Taxa recurso casación en 1768/16. ..........   1.161,00

08/11/2016   Depósito Casación contencioso 4290/08.       50,00

29/11/2016   Provisión de  fondos en 1768/16. ..............     220,00
..
26/12/2016   Pago costas en 1517000089453710. .........   2.169,00

28/12/2016   Liquidación final procurador en 2070/14. ...    168,08

30/12/2016   Liquidación final procurador en 35/04. .......     530,53

02/01/2107   Liquidación final procurador en 966/04. .....  1.001,22

30/03/2017   Provisión de  fondos contra MINETUR. .......    450,00

TOTAL ...............................................................................   6.334,65 euros         

Para axudas económicas:

Desde España: 0049 3315 77 2894017995

Desde o Estranxeiro: IBAN ES 71 00493315772894017995

Ferrol a 12 de Abril de 2017



Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc



Información baseada na enviada polo:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
11 de abril de 2017 20:04

___________

Rana Plaza está por todas partes - 24 de Abril, desmantelar o poder das corporación na vida das mulleres - Marcha Mundial das Mulleres, convoca Acción en Vigo


O 24 de abril lembramos a masacre ocorrida en Rana Plaza, Bangladesh, onde máis de 1000 mulleres, resultaron feridas e mortas no 2013, por causa do derrube do edificio no que traballaban en condicións infrahumanas e por un salario inmoral. Nós, activistas da Marcha Mundial das Mulleres, xuntas, en solidariedade, elevamos as nosas voces para denunciar o lucro do capitalismo por medio da expropiación e a explotación do traballo produtivo que este está empregando de diversas maneiras, en todos os recunchos do mundo e na nosa vida diaria.


O capitalismo reestrutúrase permanentemente e utiliza os mesmos mecanismos violentos de acaparamento presentes dende a súa orixe: apropiación das terras e da natureza, explotación laboral, control dos corpos das mulleres, violencia e poder militar. Isto significa que este sistema, nas súas diversas manifestacións, está directamente relacionado co neo- colonialismo e o patriarcado.

As compañías organizan a súa produción e toda a cadea de valores de maneira diseminada ao redor do mundo e teñen como obxectivo os países do Sur considerados como “paraísos fiscais” con man de obra barata. Con todo, a forza de traballo non debe ser máis barata a costa dos dereitos das e dos traballadores. Mulleres, en particular negras, asiáticas e /ou inmigrantes, inclusive dos países do Norte, sofren polas condicións precarias de traballo, realizan longas xornadas e reciben baixo salario.

Isto tamén se debe á usurpación das terras das comunidades, á transformación da agricultura familiar en agricultura para a exportación, á deforestación e a contaminación dos ríos polas devanditas actividades das multinacionais. Son as mulleres as que sofren a ausencia de recursos básicos como alimentos e auga necesarios para o sostén e o benestar das súas familias. Así, dependemos do mercado para poder comer sen que teñamos poder adquisitivo e temos que percorrer longas distancias para abastecernos de auga. A clase traballadora de inmigrantes urbanos – na súa maioría composta por homes - que xorde da presenza destas compañías nas comunidades, favorece á súa vez a prostitución, os matrimonios precoces, é dicir o sexo multinacional, para liquidar as dificultades financeiras vividas polas mulleres e as súas comunidades.

Así mesmo, a industria alimentaria que apoia os alimentos xeneticamente modificados (OXM) instalouse plenamente nos nosos mercados. Nesta industria, a aparencia estética dos alimentos é máis importante que a súa calidade nutricional, o que significa que a nosa saúde e benestar se vexan gravemente comprometidos. A industria da moda e da tecnoloxía, pormedio da manipulación mediática para garantir un consumo acelerado, crea necesidades superfluas e convéncenos de que tal consumo nos concede un status elevado, levándonos a un modo de culto polo noso amor propio.

Rexeitamos esta falsa idea que pretende que a feminidade se mide pola cantidade e o prezo do que compramos.

Este contexto, que afecta cada día ás Mulleres de distintas formas, é consecuencia do que se chama “libre intercambio”, que non é ningunha novidade e que ademais non ten nada de libre. Os acordos de libre intercambio (ALC) son instrumentos que establecen normas moi ríxidas formuladas a través dun proceso extremadamente antidemocrático, cuxo obxectivo é que tales normas sexan irreversibles para que as empresas multinacionais poidan ampliar o seu poder sobre as nosas vidas, controlar as políticas dos estados e a explotación da forza de traballo das mulleres. Con estes tratados de libre comercio (ALC), as sociedades tenden a apropiarse cada vez máis dos coñecementos ancestrais dos nosos pobos. Queren patentar a vida, as sementes, o coñecemento e posuír o monopolio das patentes o maior tempo posible. Exemplos disto son o Acordo Tras Pacífico (TPP), o Tras-Atlántico (TTIP) e o Acordo sobre comercios e servizos (TISA). Nós as Mulleres, loitamos contra os TLC xa que estes acordos son máis que simples regulamentacións do comercio entre países, son estratexias de dominación das persoas. Tales acordos amplían o alcance do mercado, aumentan as desigualdades entre os países e os pobos e son unha ameaza para a sustentabilidade da vida, contribúen ao aumento do efecto invernadoiro e repercuten na preservación da vida, a natureza e a súa diversidade terrestre e mariña. Representan un interese desmesurado de conquistar e explorar lugares como a lúa e outros planetas. As multinacionais ademais contan coa impunidade: contaminan a natureza, violan os dereitos humanos, os nosos corpos e non son castigados. Cambian os seus nomes, as súas marcas e os seus lugares de produción para aumentar as súas ganancias.

Ao opoñernos ao libre comercio, cuestionamos tamén un modelo de desenvolvemento que asocia o machismo e o racismo no mercado capitalista e beneficia unicamente a unha pequena élite. Así, denunciamos as estratexias do avance permanente do capital sobre os territorios e a biodiversidade dos países do sur e a mercantilización da vida.

Nós, mulleres da MMM, reafirmamos a data do 24 de abril como data de Resistencia e de loita contra o poder e a impunidade dos TNC e contra todas as formas de explotación capitalista neoliberal. Convidamos ás nosas activistas e ás súas aliadas para unirnos ao redor desta reflexión/acción sobre o seu contexto específico incorporando as súas loitas locais neste debate máis amplo. O noso cuestionamento está na base das alternativas que construímos ao redor da soberanía alimentaria, a agro-ecoloxía e a economía solidaria dende onde defendemos o traballo como un espazo para a liberdade das persoas que son produtoras e das que son consumidoras.

A nosa acción refórzanos e estimula as loitas e resistencias na nosa diversidade como mulleres que somos e representamos a nivel local e internacional.

---

Na Galiza a Marcha Mundial das Mulleres convoca Acción en Vigo


Este 24 de Abril, recordamos a masacre de Rana Plaza en Bangladesh onde no ano 2013, resultaron feridas e mortas máis de 1000 mulleres ao se derrubar o edificio onde amoreadas, en condiciones inhumanas e a cambio dun salario inmoral, traballaban para marcas occidentais tales coma Benetton, The Children's Place, DressBarn, Mango, Monsoon e Primark, así como para empresas de distribución coma El Corte Inglés.

Na industria textil hai miles de Rana Plaza. As empresas priman cada vez máis o beneficio ilimitado a costa dos dereitos humáns. Na Galiza, Inditex é un claro exemplo, que deslocaliza empresas en territorio galego para establecelas en países nos que exerce a explotación e expolio d@s traballador@s sen prácticamente barreiras.

A cobiza que se impón como lema deste sistema capitalista, non pode ser a norma que dirixa o mundo. A Marcha Mundial das Mulleres rebélase contra este mercado inmoral e criminal e para iso convócate a participar nunha acción de denuncia na rúa.


Rana Plaza está por todas partes

ACCIÓN DE DENUNCIA

Lugar:  R/ Eduardo Iglesias (Vigo)

Día: 24 de abril ás 19:30h

Agardamos contar contigo e ser moitas as voces que se escoiten na rúa en contra desta barbarie! Se queres participar, avísanos no correo mmmvigo@gmail.com para poder organizar o material preciso e coordinarnos.

Desmantelando o Poder das Corporacións Económicas e Finaceiras Transnacionais:

http://www.stopcorporateimpunity.org/?lang=es

---

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza


Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.
____________

Esquerda Unida de Narón presenta un paquete de propostas ao Equipo de Goberno para os orzamentos do Concello - O concelleiro André Abeledo entregou ao equipo de goberno un paquete de propostas para o seu estudo


André Abeledo indica que para EU a prioridade é Narón e a súa veciñanza. Presentamos unha candidatura con capacidade para gobernar e sobre todo con capacidade para traballar e para construír, a nosa oposición é firme, honesta e construtiva, todo o noso traballo vai encamiñado a ser unha ferramenta útil para a veciñanza, a ser a súa voz e defender os seus intereses dende unha posición clara e nitidamente de esquerdas.

En ese sentido con Narón e as naronesas e naroneses como prioridade por riba de calquera tipo de interese persoal ou de partido, presentamos as nosas propostas.

Entendemos que os orzamentos teñen que ter en conta as prioridades de protección social e urxencia para a súa aprobación:

a) Traballar na recuperación  dos Servizos públicos. Emprego e Retribucións.

b) Ingresos previstos reais e a súa correspondencia co PIB a nivel local.

c) Medidas reais  para  estimular a creación de emprego (Industrial, Público, Servizos, Turístico, Primario..)

d) Medio Ambiente .- Saneamento, Depuración , Auga, Montes, Ría

e) Impostos e taxas.- Creación da bolsa para urxencia e protección das persoas que non poden facer fronte (IBI, Auga, Fornezo eléctrico... )

d) Renda Básica Municipal e axuda de urxencia contra a pobreza enerxética

Así mesmo Abeledo transmitiu a necesidade de que os orzamentos tomen en conta as partidas necesarias para poñer en marcha as mocións aprobadas en Pleno.

Como xa fixo o Equipo de Goberno coa partida para poñer en marcha o viveiro de cooperativas que propuxo EU Narón por medio dunha Moción. 

Ou unha partida para poñer de marcha a Oficina de Información o Inmigrante (mancomunada ou non).

Así mesmo Abeledo vai defender no Pleno deste mes de Abril unha “MOCIÓN PARA INICIAR OS ESTUDOS NECESARIOS PARA A MUNICIPALIZACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS PRIVATIZADOS” e no mes de Maio presentará outra “MOCIÓN SOLICITANDO A ELABORACIÓN DUN ESTUDO SOBRE AS NECESIDADES DE VIVENDA EN NARÓN” que de ser aprobadas van a precisar da sensibilidade do Equipo de Goberno para ir poñendo as bases dun Narón de todas e todos e para todas e todos.

Entendemos tamén necesario redobrar os esforzos para a promoción do turismo en Narón, pois o temos todo, praias, rural, castros, festas, centro urbano, e contamos con ferramentas como Aldea Nova que debe ser promocionada como destino escolar a nivel, comarcal, nacional, e estatal.

A Municipalización dos servizos básicos e un dos eixos do programa de EU Narón, por ese motivo solicitamos un estudo, valoración, e avaliación, do custo real dos servizos municipais privatizados. Así como a elaboración dun diagnostico inicial e propostas encamiñadas a recuperar o funcionamento dos sistemas de abastecemento e saneamento municipais.

Abeledo indica que somos conscientes das dificultades que veñen aparelladas aos procesos de recuperación dos servizos privatizados dado que existen contratos asinados en algunhas ocasións por moitos anos, e que as empresas poden ter realizado inversións para prestalos.

Tamén somos conscientes de que hai diferencias substanciais entre municipalizar cando finaliza a relación coa actual empresa privada que presta o servizo, e outra ben distinta, romper esa relación cando atopase vixente a concesión do servizo, pois neste último caso estariamos a falar de rescates ou resolucións contractuais que virían acompañadas de importantes indemnizacións as empresas, claro está sempre e cando as empresas estivesen prestando os servizos sen incidencias.

André Abeledo defende que as dificultades non poden servir como escusa para non abordar o debate. As administracións públicas, incluído o Concello de Narón, deben buscar dar a veciñanza a maior calidade dos servizos básicos, baixo os maiores controis, e baixo a premisa da eficacia e da eficiencia. Son necesarios os procedementos de control e de avaliación das políticas públicas, e por elo debese analizar si a prestación dos servizos é a correcta e si os custos económicos responden as necesidades reais.

Abeledo tamén transmitiu ao Equipo de Goberno que dende EU Narón damos especial importancia e prioridade a Vivenda Social Pública e o proxecto de inversión na creación do cooperativismo  en todas as materias posibles (agrícola, financeira, dos sectores  produtivos, autónomos….etc)

A necesidade de traballar polo rural de Narón. Precisamos un Plan de investimento programada e participada polas respectivas asociacións, colectivos e veciñanza en xeral.

Novos accesos, mantemento do público, investir na recuperación de manantiais de auga potable, ríos e regatos. Sinalización para a comunicación e información dos respectivos lugares. Acordos coas Comunidades de Montes para a integración medio ambiental e social debido á especial importancia e transcendencia contra os incendios forestais, vertedoiros incontrolados e demais actuacións que poden danar o medio rural.

Avaliar e valorar no medio a horta para unha agricultura ecolóxica e respectuosa, facilitando a información sobre os cultivos e a produción agrícola, medios e recursos que faciliten a formación e información sobre a forma de organizarse en cooperativas.

Un plan de compostaxe que repercuta de forma real no recibo de recolleita de lixo co fin de compensar ás vivendas que fagan un bo uso do reciclaxe e non vertan residuos orgánicos nos contedores. Isto co fin de ir poñendo os medios para valorar este tipo de recolleita no rural.

Entendemos necesario uns investimentos no programa para o centro urbano que prioricen a humanización da nosa cidade:
  • Humanización das beirarrúas.
  • Parques . (melloras e adaptación).
  • Accesibilidade dos edificios públicos .
  • Cultura.
  • Plan de participación e dinamización para todas as actividades culturais . Debemos integrar nos programas dos diversos grupos ou persoas que realizan actividade cultural no Concello. No mesmo sentido coa programación das festas e demais eventos populares. Trátase de dar presenza, facilitar e orientar a actividade cultural para a participación de actuacións de todo tipo poñendo especial incidencia aos grupos de creación propia e afeccionados con poucos recursos e promocionar a actividade de máis proximidade, facilitando e programando nos locais sociais e casas de cultura de barrio.
  • Crear unha tea de araña dos respectivos locais e programar actividades que intercambien actos e demais actividades culturais.
  • Estes plans deberán ser participativos con dotación e recursos para levalos a cabo. Poden ser plurianual e desenvolvidos con programas concretos e reais.
  • Deporte.
  • Coñecemento público e información sobre as partidas. Avaliación e seguimento dos gastos por partidas, actividades e subvencións.
  • Medio Ambiente
  • A Ria, o Monte, a Terra, os Rios a Cidade e toda a actividade que se desenvolve forma parte e incide no cambio climático. Debemos poñer os medios de concienciación e defensa daquilo que beneficia o medio para protexelo. Poñer e promover recursos para a protección do medio ambiente. Dotar dunha avaliación sobre o medio no noso Concello, participativa en centros de ensino, colectivos ecoloxistas, asociacións, comunidades, profesionais e persoas en xeral.
Abril, 2017
GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
23 de abril de 2017 16:21

________

domingo, abril 23, 2017

A cultura de base do país homenaxea a Francisco Rodríguez como unha figura imprescindíbel - Unhas 300 persoas participaron no acto de entrega do Premio Galiza Cultura - Non quero Paco no pasado. Quero Paco no presente e quero Paco no futuro, dixo durante o evento o seu amigo Balbino - Unha reportaxe de Xosé Mexuto, Director do xornal Sermos Galiza


Hai múltiples Francisco Rodríguez. Todos e cada un deles foron homenaxeados no acto de entrega do Premio Galiza Cultura. Por volta de trescentas persoas acudiron a un restaurante do ferrolán bairro de Serantes -o paraíso da infancia de Rodríguez- para render tributo a unha figura "imprescindíbel, única e irrepetíbel", epítetos que compuxeron o retrato que del fixo Pilar García Negro, a presidenta da Federación Galiza Cultura, a entidade que instituíu un premio convocado por 12 entidades e ao que se adheriron outras 40. Todo o tecido cultural nacional galego, auto-organizado e de base do país.


Colás fotográfico da entrega Premio 'Galiza Cultura' a Francisco Rodríguez, en Ferrol, o 22 de Abril de 2017

Hai un Francisco Rodríguez profesor mozo que se rebela contra a ditadura fascista non en nome dunha abstracción cosmopolita, senón dun país concreto, unha nación negada, unha nación anónima na súa infancia de Serantes. "Eu de cativo non ouvía pronunciar o nome do meu país", evocou na emocionada intervención coa que fechou o acto. Hai un Francisco Rodríguez activista que aterra en Ourense a principios dos 70 do pasado século coa firme determinación de falar galego en toda a parte, custar o que custar, e que contribúe para revitalizar o asociacionismo cultural, a comezar pola Auriense da cidade das Burgas. Hai un Francisco Rodríguez que imparte maxisterio ás súas alumnas e aos seus alumnos, aos que non só lles transmite coñecimentos, senón tamén paixón por unha materia concreta chamada Galiza. Hai un Francisco Rodríguez investigador que resgata da deturpación e da mistificación os clásicos da literatura galega, Curros, Pondal e nomeadamente Rosalía, un dos motores da súa vida (non por acaso é del a primeira tese de doutoramento sobre a autora fundacional da literatura nacional galega). Hai un Francisco Rodríguez político que se nega a aceitar a negación do país e que dedica todos os seus desvelos á construción dun movimento nacionalista galego con capacidade para disputarlle espazos políticos ás organizacións de obediencia estatal.

Todos eses Francisco Rodríguez apareceron no acto de entrega do premio da Fundación Galiza Cultura, un xantar fraternal con máis de trescentos comensais, todas elas persoas con múltiples historias de Francisco Rodríguez que contar, todas elas unidas por un nexo común, o coñecimento dalgún aspecto da biografía do homenaxado e o compromiso pola conquista dunha Galiza distinta, dona de si, non satélite, senón planeta.

Foi un festín da nostalxia, un acto para a recreación saudosa do pasado? En absoluto. Houbo, claro, evocación. Houbo recordacións de episodios e lances do Rodríguez mozo, do Rodríguez novo, do Rodríguez xa máis maduro, tamén do Rodríguez máis recente. Mais houbo vontade expresa por parte de todas as persoas que tomaron a palabra no acto de ollar para o futuro, onde habita ese país por conquistar co que se comprometeu Rodríguez hai cinco décadas, no principio de todo.

Esclareceuno na súa intervención -a penúltima, a que fechou o acto foi a do propio Francisco Rodríguez- Pilar García Negro, presidenta da Federación Galiza Cultura, cando explicou que non por acaso a lenda do premio era "50 anos ao servizo da cultura galega". "Foi en 1967 cando Francisco culminaba a súa licenciatura na Complutense. Nese momento tomou a decisión de retornar a Galiza", dixo. Un retorno-compromiso co país, coa súa lingua e coa súa cultura, e cunha intención clara entre cella e cella: a construción dun movimento político que devolvese a dignidade a Galiza.

O acto estivo en todo momento tinxido de emoción. A que lle puxeron, ao termo do xantar, as intervencións das distintas persoas oradoras. A primeira en tomar a palabra foi Nemesio Barxa, avogado ourensán, membro do consello de administración de Sermos Galiza e presidente da asociación cultural Auriense xa á altura de novembro de 1967.

Barxa optou por facer un perfil "humanístico" de Rodríguez, dun Rodríguez de pouco máis de 20 anos. "Coñecín Francisco Rodríguez a finais dos anos 60 sendo profesor de instituto. Chegou con esa inocencia que aínda conserva e a mirada picaresca que os anos non acabaron de borrar", relatou e con ironía apuntou: "Vino co desleixo dun pobriño que chegaba por aí, así que pensei que o debía tomar baixo a miña protección". Risos xeneralizados.

Aquel mozo comezou a frecuentar a tertulia que Barxa organizaba nas sobremesas na súa casa, mantel e conversas que partillaba con xigantes como Blanco Amor ou, de cando en vez, Manuel María. Non demorou en advertir Barxa que "baixo a súa aparencia algo fráxil o que se agachaba era un espírito realmente indomábel".

A completar o retrato do Francisco Rodríguez en Ourense como motor da Auriense dedicou tamén as súas palabras Norberto Tabares. "Foi a alma da asociación nos primeiros anos 70, daba cursillos en galego, trouxo a falar a xente moi significativa e logo estaba o aspecto humano, Paco suscitaba moitas simpatías e adhesións entre as alumnas e os alumnos".

Da man de Rodríguez, enfatizou Tabares, "toda unha xeración entramos en contacto coa cultura galega". E esa tamén foi a porta para abrazar o compromiso coa política e coa causa nacionalista.

O profesor Rodríguez apareceu evocado no discurso de Xoán Carlos Garrido, filósofo e integrante da Asociación Cultural Vagalumes de A Estrada. Falou en parte como representación da ampla nómina de ex alumnas e alumnos del, algúns deles -como Goretti Sanmartín- presentes no xantar. En todo caso, Garrido precisou: "El non me trouxo á política. Eu xa estaba nela, aínda que organizado noutros espazos. Tardei en caír da burra", brincou.

Ter a coraxe de respeitar as discrepancias -Garrido era daquela discrepante, "agora xa non o son", dixo entre os risos do auditorio. E alimentar todas as expresións do activismo social, desde o ecoloxista, a loita contra os encoros, até o lingüístico. Todo iso aprendérono as alumnas e os alumnos de Rodríguez nos seus anos de profesor na Estrada.

E, mais unha vez, o factor humano. Tal e como tamén explicara Nemesio Barxa na súa evocación ourensá, na Estrada anos depois "Paco era moi querido" e, de feito, "cando fixo falta o demostrou moita xente, con aquela prisión extemporánea absurda de finais dos 80 [acusado de queimar unha bandeira española estivo na antiga prisión da Coruña], daquela mobilizarase toda a cidadanía, todo o alumnado do instituto da Estrada. Puxemos una faixa xigante, do terceiro piso ao baixo, en que se lía Paco, Liberdade".

O Francisco Rodriguez investigador e estudoso da literatura galega apareceu no discurso de Xoán Costa, presidente da ASPG e do consello de administración de Sermos Galiza. Costa salientou que "Rodríguez é membro da ASPG desde o principio" e que a el se deben proxectos de tanta dimensión como a Historia da Literatura Galega, unha iniciativa que nacía coa pretensión de mesmo superar a única que até aquel momento se realizara desde a dignidade e o amor ao obxecto de estudo, a de Ricardo Carvalho Calero. E logo está, sempre está, Rosalía. "Francisco Rodríguez colocou Rosalía no meio do quefacer da ASPG", dixo, non só coa publicación da súa tese de doutoramento e posteriormente coa edición de Estranxeira na súa patria, senón tamén co lanzamento de formatos rosaliáns novidosos, desde o musical até o videográfico.

E non podían faltar as amizades. Non hai vida digna de ser vivida sen amizades. Pediu a palabra para falar do "Paco amigo" un vigoroso home de 88 anos. Balbino Pérez. De Vigo. "Este é un día grande para Galiza, aínda que moitos dos que están aí fóra e que teñen o poder nin o mencionarán", dixo.

"Falábase de que ía vir de Ourense un profe que só falaba en galego. Iso creou unha grande conmoción, unha transformación de coherencia sobre o idioma", relatou na súa quenda César Varela, profesor que partillou aulas con Rodríguez no instituto de Cangas de Morrazo. "Criouse un ambiente tal que unha vez veu falarme unha muller para me dicer: que lle pasa á miña filla? Que lle pasa? Só fala galego e fíxose vexetariana", dixo, para xolda xeral do auditorio.

Non só houbo discursos. Tamén houbo música. Servida por algúns dos componentes de Tempos 4. Tocaron con talento e sensibilidade composicións especialmente caras para Rodríguez, de Rosalía e de Pondal. E até facturaron dúas estreas, Muitas veces nos matos nativos e Carballos de Carballido, ambas do vate de Ponteceso, vigorosamente interpretadas por Alberte López e Xoán Padín. A vocalista Lidia Castrillón deu voz aos versos rosaliáns en Miña Santa Margarida. O combo completábao aos teclados André Pazos, autor tamén da música de todas as pezas.

Foi Pilar García Negro, presidenta da Federación Galiza Cultura, a que tomou a palabra imediatamente antes de que as e os representantes das distintas entidades convocantes do acto a arroupasen para facer entrega do premio ao homenaxeado. Nun discurso cheo de emoción -"este é un día feliz"- compuxo un retrato de Rodríguez como un mozo que con apenas 22 anos asume a frase de Chao Rego, "Eu Renazo Galego", e adquire un compromiso coa nación galega que xa non ten volta atrás.

García Negro puxo o acento na capacidade criadora de Rodríguez, na súa determinación por construír a partir practicamente do nada, como deu pasado dunha "galeguidade furiosa" -perante a inexistencia do país- a unha "galeguidade organizada". Dúas palabras de orde clave para o futuro do nacionalismo galego -"auto-organización" e "auto-responsabilización"- son as que Rodríguez asume como propias para pór en marcha o lanzamento dun proxecto político a construír virtualmente desde cero.

A profesora García Negro ponderou tamén o Francisco Rodríguez intelectual, o pensador, o traballador da cultura galega, o incansábel pronunciador de palestras. E o escritor. Os seus textos "non envellecen", continúan plenamente actuais, o signo distintivo que caracteriza "os clásicos". "Na súa tesina de Curros, de 1973, hai claves fundamentais non só ao respeito do grande escritor, senón a respeito de nós, as galegas e os galegos, que continúan a teren toda a súa validade", dixo.

Categorías fundamentais na sociolingüística como conflito lingüístico ou normalización nas condicións concretas da Galiza débenlle moito a Rodríguez, salientou García Negro, quen non dubidou en atribuírlle os cualificativos de "imprescindíbel", "único" e "irrepetíbel", epítetos cos que el nunca se sentiría cómodo, alérxico como é a toda toda forma de "egotismo".

Os agasallos foron chegando. Do fotógrafo Manuel Blanco. Da asemblea do BNG de Carnota. Visibelmente tocado pola emoción -após ver todo o auditorio posto en pé no momento de receber o premio Galiza Cultura de mans de Pilar García Negro- Rodríguez tomou a palabra para pór o ramo ao acto.

E aí foi Rodríguez puro. Unha intensa evocación do seu paraíso infantil de Serantes -unha economía autocentrada, con toda a xente a traballar "e cos nenos e as nenas, mesmo os aparvados coma min, a xogar"- deu paso a unha reflexión sobre as transformacións operadas na conciencia social a respeito da existencia da Galiza como nación.

"Na miña infancia, eu no escoitaba a palabra Galiza. Era un país sen palabra que o designase, un país anónimo". Ese país sen nome agora ten quen terme del. "Houbo unha tranformación nas conciencias. MInoritaria, si, mais estamos aquí grazas a esas transformacións".

"Fomos capaces de ir recuperando a tradición que había no país de conciencia sobre si mesmo, sobre o seu direito a existir como tal", dixo.

A esa tarefa de construción dunha conciencia galega dedicou as súas enerxías na política e tamén na cultura, sempre co propósito de  "descobrir o agochado e servir proveitosamente a nosa sociedade".

O traballo non foi en van. "Hoxe temos un instrumento", dixo en alusión ao movimento nacional galego, "por máis que necesitamos máis dimensión e máis influencia".

Como sempre, Rodríguez ollando con optimismo para o porvir. Rodríguez, con confianza "no noso potencial". "Estamos en momentos difíceis, mais tamén estamos en momentos de reduplicar o noso potencial e de confiar no futuro".

Hai capacidade, si, mais tamén hai atrancos. E enumerounos: "A atomización, o desamparo, o desnorte, a hostilidade da propia administración, a falla de credibilidade en nós mesmos".

Serantes ao final e ao principio. O Serantes en que -el aínda neno- había algo estraño no ambiente, non nomeado. A sombra dos mortos e dos torturados. Mais tamén o Serantes en que era posíbel que o Rodríguez cativo vise no cinema Arroz Amargo con Silvana Mangano, privilexio que lle era vedado ás nenas e aos nenos do centro de Ferrol. Ese Serantes símbolo do país puxo o fecho ao discurso de Rodríguez, non sen antes chamar a Federación Galiza Cultura para que este premio teña continuidade no futuro e distinga cada ano persoas e colectivos desacomplexadamente comprometidos coa cultura da Galiza.

Concluía así un emotivo acto convocado por trece asociacións culturais -Alexandre Bóveda (A Coruña), Maio Longo (Pontevedra), Vagalumes (A Estrada), Medulio (Ferrol), A Pomba do Arco (Foz), Francisco Lanza (Ribadeo), Auriense (Ourense), O Castro (Vigo), Altofalante (Ribeira), O Galo (Compostela), a cultural e musical Solfa (Compostela) e a Universidade Popular de Corcubión-, ao que se adheriron outras 40 entidades, tal e como recolle o web da Federación Galiza Cultura, e no que -entre outros moitos, a lista sería interminábel- estiveron presentes nomes da cultura como Vítor Vaqueiro, Marta Dacosta, Cesáreo Sánchez Iglesias, Manuel Lourenzo, Marica Campo, Isabel Risco, da lingua como Xosé Ramón Freixeiro Mato ou Marcos Maceira, da política como Guillerme Vázquez, Ana Pontón, Goretti Sanmartín, Iván Rivas, Rubén Cela, Avia Veira, Francisco Jorquera, Alfredo Suárez Canal, Olalla Fernández Davila, ben como a alcaldesa de Moeche e os alcaldes de Fene, San Sadurniño e Carnota; e do sindicalismo como Suso Seixo, Anxo Louzao e Paulo Carril.

"Non quero Paco no pasado. Quero Paco no presente e quero Paco no futuro", dixo durante o evento o seu amigo Balbino. Unha frase que sen dúbida asinarían todas e cada unha das trescentas persoas que acompañaron Rodríguez na entrega desta primeira edición do Premio Nacional Galiza Cultura.

Publicado no Sermos Galiza o 23 de Abril de 2017 - Baixo licenza Creative Commons.

Por Xosé Mexuto

[*] Francisco Rodríguez Sánchez, nado en Serantes, Ferrol, o 22 de novembro de 1945, é un político e crítico literario galego. Catedrático de lingua e literatura castelá dende 1973. É crítico e historiador de literatura galega, especialista en Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Blanco Amor. Foi deputado, polo BNG, no parlamento galego entre 1993 e 1996, e deputado, en Madrid, no Congreso dende 1996 até 2008. [Galipedia] [AELGA] [Terra e Tempo] [BVG].

Federación Galiza Cultura GZCultura
Por un punto de encontro do asociacionismo cultural galego

http://www.galizacultura.gal/

federacion@galizacultura.org

facebook | twitter | youtube | rss

Enlace ao documento 'Francisco Rodríguez: 50 anos ao servizo da cultura galega'. | Acceder/Baixar.
__________

luns, abril 10, 2017

IX Conspirando por unha radio libre e comunitaria da terra de Trasancos - Sesión Vermú en apoio a Rádio Filispim e ao Ateneo Ferrolán [xoves 13 de abril ás 12 horas no Ateneo Ferrolán] - Festival IX Conspirando por umha Rádio Livre [Xoves 13 de abril ás 22:00 horas na Sala Super 8]



Ven celebrar con nós 
"IX Conspirando por unha radio libre e comunitaria da terra de Trasancos"

Xoves día 13 de abril a partir das 12 h. 
Lugar: Ateneo Ferrolán

Argallan: Ateneo Ferrolán e Radio Filispim-Colectivo OPAÍI

Este ano Rádio FilispiM e o Ateneo Ferrolán argalharom também umhaSessiom Vermut para celebrar o IX Conspirando por umha rádio livre, nela actuará Eugenia Sanmartín (Músicas do Brasil e outras Terras), vem e participa na autogestom do Ateneo e da Rádio livre e comunitária da Terra de Trasancos

Haberá petiscos, photocall e sorteio de camisolas


----------------------------------


 

Este Joves 13 de Abril, ven celebrar com nós a novena ediçom do Conspirando por umha Rádio Livre.

Participa na autogestiom da livre e comunitária da Terra de Trasancos e do Ateneo Ferrolán, vindo á Sessiom Vermú que celebraremos no Ateneo a partir das 12 do meiodia, com a actuaçom de Eugenia Sanmartín.

Já à noite, a isso das 10h., na sala Super8, disfrutaremos do clássico concerto "Conspirando por umha Rádio Livre" com as actruaçons do grupo de "música Surf" KANALOAS e o de "Rap&Roll" SOKRAM.
Lembra, este Joves 13 de Abril, toca conspirar por umha rádio livre, Rádio FilispiM.

Joves 13 de abril ás 22:00 horas - Entrada 7 euros 


mércores, abril 05, 2017

A tese Cunha-Urgorri, que nega a afectación da Ría polo impacto de Reganosa, carece de rigor e é contraria a estudos europeos feitos ao abeiro da CE, que cualifican o uso de biocidas e arrefriamento da auga como contaminación mariña


A tese Cunha-Urgorri, que nega a afectación da Ría polo impacto de Reganosa, carece de rigor e é contraria a estudos europeos feitos ao abeiro da CE, que cualifican o uso de biocidas e arrefriamento da auga como contaminación mariña
.

Diferentes medios publicaban estes días a tese da investigadora da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, Xela Cunha, dirixida por Vitoriano Urgorri - responsable da estación-, na que se afirma que “a planta de gas de Reganosa non ten afectación nas augas da Ría”. Na entrevista publicada na Voz (26-03-2017) ven a dicir: “A estación da Graña e Reganosa levan traballando en conxunto desde finais de 2006”. A tese abarca desde o ano 2007 até o 2013 e dí que, “segundo os estudios na estación máis próxima á planta de Reganosa (dos catro estudados), non existen ningún descenso na riqueza especifica, é dicir, no número de especies que hai, e na abundancia, no número de exemplares de cada unha das especies”. En cambio, ”nas outras tres estacións observouse que foron descendendo os valores paulatinamente”.

O resultado do “estudo” publicado agora, ven a coincidir coa opinión do director do estudo, Victoriano Urgorri, que xa no seu momento fixo por encargo un informe mediombiental que non puña obxeccións á relocalización da planta de Reganosa no interior da Ría, nunhas declaracións a El Pais, o 19 de Nov. 2007 di, a instalación de Reganosa non supón, segundo Urgorri, "un problema ambiental". Un informe realizado por este e outros biólogos coas universidades de Santiago e Vigo, desmenten aos mariscadores, que vaticinaron un descenso na temperatura das aguas e un grave prexuízo para o marisqueo. Procede denunciar aquí o tratamento irregular que Augas de Galicia dá aos rexistros de datos de temperatura de saída da auga utilizada (un requisito imprescindible para a autorización de verteduras), utilizando só os valores medios diarios, co que os valores máximos e mínimos quedan totalmente enmascarados.

A tese onde se estuda o número de especies en catro estacións situadas desde 50 a 400 metros arredor da planta, asegúrase que na máis próxima a Reganosa foi na que os valores de abundancia e riqueza específica se mantiveron máis ou menos similares, desde 2007 a decembro de 2013. Baixo a opinión deste Comité, carece de rigor a comparación, ao non ter en conta factores como a degradación da Ría por vertidos urbanos, ou vertidos industriais, nas zonas das outras tres estacións estudadas. Ignórase a influencia das mareas e correntes que fan que o efecto do proceso de regasificación de Reganosa, se faga extensivo a toda a Ría, e non só localizado nun radio ao redor da mesma. Ademais, aplicando o sentido común, chégase á conclusión de que ao absorber Reganosa 13.200 Tons./hora de auga da Ría, máis que o caudal medio do Rio Xubia, que conten microorganismos, larvas, algas, animais... plancto en xeral, a base da vida da Ría, que logo se trata con hipoclorito sódico (lixivia), e vertida á Ría cos restos de ese hipoclorito, esterilizada e devolta á Ría cunha redución da súa temperatura de 6ºC, ao longo destes 10 anos de funcionamento de Reganosa, algunha pegada habería que esperar que deixara no ecosistema da Ría. Outra cousa é que cos datos reais, a produción da planta nos 10 anos desde a súa posta en marcha, estivo sempre por baixo do 30 %, co que o volume de auga utilizada até agora é moito menor do nominal, e polo tanto os efectos que se producen, sempre son menores, que se a planta funcionara tal e como foi planificada. Este Comité non pode máis que rechazar esta tese por interesada e manipulada. Ademais, nada novidosa por estar dirixida por un veterano defensor de Reganosa, Victoriano Urgorri, empresa para a que elaborou varios informes neste mesmo sentido (Outro Informe onde xa aparecía Xela Cunha Veira - 29 de febreiro de 2016, vamos nada novidoso o que sae agora na prensa, senón pura propaganda).

Existen ademais estudos científicos que certifican que o sistema de limpeza de “fouling” (restos orgánicos nos sistemas de refrixeracións), que utilizan as industrias do tipo de Reganosa, a base de biocidas (hipocloritos), presentan unha alta toxicidade para os organismos do medio mariño. Estudos como os realizados ao abeiro da directiva marco sobre a estratexia mariña, Directiva 2008/56/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de Xuño de 2008, pola que se establece un marco de acción comunitaria para a política do medio mariño, que ten o obxectivo do bo estado ecolóxico das augas mariñas para o 2020. A Comunidade Europea, considera contaminación mariña o arrefriamento das augas e o uso de biocidas. Todas as plantas costeiras de GNL de EE.UU. (na costa e en alta mar) utilizan sistemas de circuíto pechado de regasificación queimando parte do gas que regasifican.

Reiteramos que a planta de gas de Reganosa é unha instalación perigosa, un produto da corrupción político-financeira deste pais. A relocalización da planta no interior da Ría, nos terreos do Grupo Tojeiro, non tiveron máis razóns, que facilitar que este puidera afacerse con 30 millóns de euros, e blindar a permanencia in situ do complexo petroquímico de Forestal. Reganosa é unha instalación ilegal que o Supremo determinou en 4 Sentenzas. O Goberno en funcións de Rajoi, en desacato ás sentenzas, decidiu excluír a Reganosa da aplicación da lei, e outorgoulle pola vía de urxencia unha nova autorización.

A planta de Reganosa, cuxo funcionamento no 2016 non pasou do 28%, cústanos á cidadanía perto de 60 millóns de euros ao ano, namentres se mantén pechado o gasoducto de Tui, que abastecía de gas a Galicia, para xustificar o timo de Reganosa.

A planta de Reganosa levantouse sobre un recheo e dragado ilegais (máis superficie da concedida), onde se soterraron miles de toneladas de vertidos contaminantes sen illamento xeotextil, a carón dos bancos marisqueiros de A Barca, Noville e Sta. Lucia. Reganosa utiliza auga da ría para regasificar, modelo non contemplado na autorización de construción. Son 13.200 Tons/hora de auga tratada con hipoclorito sódico (lixivia) para a eliminación de microorganismos.

En Punta Promontoiro radica hoxe o principal foco de contaminación da nosa Ria, xunto á planta de Reganosa, o complexo petroquímico de Forestal ten autorizado pola Xunta verquer á Ría 27 millóns de tons/ano (Desde a entrada en funcionamento até setembro de 2008, Reganosa levaba vertido á Ría máis de 115 millóns de metros cúbicos de augas residuais sen control, polo que foi multada no seu momento).

A Tese de Xela Cunha, negando o carácter nocivo para o ecosistema da Ría, é un traballo de encargo ao servizo de quen o paga. Semella outros estudos “científicos”, como os que se realizaron cando se regulou o uso do tabaco, que probaban que o tabaco non era daniño para a saúde, financiados polas tabacaleiras; os que negaban o carácter nocivo do amianto, ou os que negan o cambio climático, pagados polas petroleiras. Esta tese máis que ocultar, amosa o carácter corrupto do produto.

Ferrol a 1 de Abril de 2017

Sopa química que sae dos vaporizadores de Reganosa
Sopa química que sae dos vaporizadores de Reganosa
Enseada de Santa Lucía


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc



Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
1 de abril de 2017 21:49
____________

Hoxe, a Acampada pola Paz e o Dereito ao Refuxio, xoves 5 de Abril en Ferrol - Ás 19:30hs no Ateneo Ferrolán - Acto aberto a toda a veciñanza


ACAMPA POLA PAZ E O DEREITO A REFUXIO


Presentación en Ferrol.
Día: xoves 5 de Abrl.
Hora: 19:30hs.
Lugar: No Ateneo Ferrolán.

Unha iniciativa solidaria que está en marcha n'A Coruña

ACAMPA é unha asociación sociocultural de iniciativa cidadá, sen fins de lucro e impulsada pola plataforma 'A Coruña Contra a Guerra', que integra colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, sindicais, universitarios, artísticos, empresas con responsabilidade social, etc, creada como reacción á crise humanitaria que sofren as persoas refuxiadas, están a organizar un evento internacional de información e sensibilización, cuxo acto central terá lugar do 15 ao 18 de xuño do 2017, no que se pretende instalar un simbólico campo de persoas refuxiadas no centro d'A Coruña. Este evento desenvolverá tamén outras actividades paralelas, como encontros, testemuños de persoas refuxiadas, concertos, debates, exposicións, documentais, visitas guiadas, entre outras. O obxectivo é alcanzar a máxima repercusión e participación entre a cidadanía.

Ademais, durante o ano, ACAMPA organizará diferentes actos de sensibilización con convidadas de recoñecido prestixio nacional e internacional.

Máis info na web da Inciativa:
http://www.acampa.eu/gl/




Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
28 de março de 2017 16:09

__________________

martes, abril 04, 2017

Case tres anos despois, Ferrol en Común e o Partido Popular, pactan o SÍ ao denostado Convenio de José Manuel Rey Varela - Interesante Vídeo Completo da sesión do Pleno Municipal celebrado este 4 de abril de 2017


O 29 de maio de 2014, a maioría absoluta do Partido Popular impuña a aprobación polo Pleno municipal de Ferrol, do Convenio de Colaboración entre o Concello de Ferrol e Augas de Galicia, para a formalización da Encomenda de Xestión de Explotación, Mantemento e Conservación do Sistema de Saneamento e Depuración do Concello de Ferrol, coa oposición do BNG, Esquerda Unida e PSOE. Agora case tres anos despois e unhas eleccións municipais polo medio que puxeron a Jorge Suárez (Ferrol en Común), na Alcaldía cos votos do seu propio grupo e os dos grupos municipais do PSOE e BNG; un Pacto do Goberno Municipal de Ferrol en Común co Partido Popular, aproban o mesmo Convenio de Colaboración para limpar as irresponsabilidades e desmáns  de Augas de Galicia (empresa da Xunta) e privatizar a xestión do sistema de depuración, entregando-llo á cuestionada Emafesa. A continuación presentamos o vídeo completo da sesión de hoxe.


https://youtu.be/GkeJibI8HrY

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!

Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego |  Lupe Ces |

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

Afectadas por Emafesa (Asociación promovida pola Plataforma)

afetadasporemafesa@gmail.com

https://afectadasporemafesa.blogspot.com.es/
__________

A auga é un dereito e non un negocio, e o saneamento da nosa Ria é unha necesidade de interese xeral para a Galiza


André Abeledo entende que a taxa que vai a ter que afrontar a veciñanza de Narón polo saneamento continua a ser unha carga para as economías familiares do noso municipio dificilmente xustificable.

Ademais o calculo de 72 euros anuais para unha familia que consuma 10 m3 o mes non se corresponde coa realidade, posto que as matemáticas din que serán entre 80 e 81 euros o ano como mínimo.

Abeledo entende que a Xunta de Galicia e o Goberno Central teñen unha débeda coa veciñanza de Narón. O saneamento da Ría é riqueza para a Galiza, sen dubida é urxente o saneamento da nosa Ria, pero o saneamento non debería supor un castigo para as veciñas e veciños de Narón en forma de taxas e impostos, unha poboación xa castigada especialmente polo paro e a crise económica que ve agora como os seus salarios vanse en pagar servizos básicos.

André Abeledo continua a defender que ante a emerxencia social que continua a vivir o noso Concello, e a nosa comarca, debemos esixir a Xunta de Galicia que nos seus orzamentos contemple partidas no sentido de reverter os cartos que vémonos na obriga de pagar por mor do saneamento da Ría, e tamén, non debemos esquecelo, por estar pagando unha parte dunha obra de interese xeral que debería ser costeada polo Goberno do Estado, estas partidas deberían ser destinadas a proxectos e políticas de emprego para Narón.

Defendemos que nos orzamentos da Xunta de Galicia esas partidas sexan separadas anualmente para dar continuidade a un proxecto real e que de resultados para a creación de postos de traballo en Narón, un proxecto que debería sacarse adiante dende os técnicos da xunta en colaboración directa có Concello de Narón.

André Abeledo dixo que para EU Narón a municipalización do servizo da auga continua a ser unha prioridade. Entendemos que a auga é un dereito e non un negocio, e o saneamento da nosa Ria é unha necesidade de interese xeral para a Galiza. Seguimos defendendo que é posible mellorar o servizo e abaratalo cando o convertemos nun verdadeiro servizo público.

Abeledo indica que mentres seguimos traballando cara o obxectivo da municipalización dos servizos básicos a cidadanía, debemos esixir que as empresas que están facendo negocio cumpran cós seus deberes con transparencia e baixo un control minucioso da parte pública sobre a parte privada para evitar abusos. 


GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.



Fonte da Foto: Visiones de Ferrolterra, por Carlos Rodríguez.
___________

Diante do Pleno Municipal onde o goberno Municipal de Ferrol en Común e o Partido Popular, pactaron eximir da súa responsabilidade a Augas de Galicia e privatizar a xestión do Sistema de Depuración, entregando-lla á cuestionada Emafesa



COMUNICADO PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN

En Ferrol, a 3 de abril de 2017, esta Plataforma comparece publicamente para expoñer o seu posicionamento ante o Convenio de Colaboración entre o Concello de Ferrol e Augas de Galicia, para a formalización da Encomenda de Xestión de Explotación, Mantemento e Conservación do Sistema de Saneamento e Depuración do Concello de Ferrol (Ao que se debería engadir “... e do Concello de Narón, mais que non se pon para poder asignar-lle a Emafesa a xestión da Depuradora) que o Alcalde Jorge Suárez, pretende levar á aprobación no pleno municipal convocado para este martes 4 de abril.

Primeira cuestión.-

Este Convenio é lesivo para os intereses da cidade. A depuradora é un servizo do que se benefician varios concellos, polo que a súa xestión corresponde a Augas de Galicia, mentras non se asume mancomunadamente, se así se considera finalmente. Se o Alcalde de Ferrol quere que os ferroláns e ferrolás, asumamos o custe dun servizo que non nos corresponde, é porque mantén unha postura totalmente submisa ante Augas de Galicia, e a súa intención é aumentar o negocio de EMAFESA, e polo tanto do socio privado SOCAMEX, único responsábel da situación de quebra que ten esta empresa.

Segunda cuestión.-

A depuradora de Cabo Prioriño mediante este Convenio, vai estar en mans dunha empresa EMAFESA con antecedentes que puideran ser constitutivos de delitos, como así, esta Plataforma, informou mediante denuncia á Fiscalía. Unha empresa que mentiu dicindo que a depuradora funcionaba no 2014 e 2015; unha empresa que ocultou que a auga estaba contaminada por trihalometanos; unha empresa que cobrou unha taxa sen dar o servizo; unha empresa que está en quebra, e agora, unha empresa que segundo informes técnicos municipais, presentou un informe avultado para cobrar unha nova taxa. Esta piratería continuada, non é auditada nin denunciada por Jorge Suárez, senón que é consentida e amparada.

Terceira cuestión.-

O Concello de Narón, vai pagar simplemente o coeficiente de vertedura a Augas de Galicia. Nós, ferroláns e ferrolás, pola contra, temos que asumir que non se devolva a taxa ilegalmente cobrada; os traballos de reparación e posta a punto da depuradora realizados por Emafesa, cando non lle correspondía facelo, porque foi Augas de Galicia quen recepcionou ás obras en mal estado; temos que facernos cargo da conservación e mantenemento dunha infraestrutura que non é nosa e presta servizo a varios concellos; ademais se nos obriga a pagar os impostos que corresponderían a Augas de Galicia como propietaria, incluíndo o IBI; tamén temos que pagar as concesións que a Autoridade Portuaria asinou para as obras da estación de bombeo de A Malata e o tendido eléctrico desde o porto exterior á depuradora; temos que asumir unha parte elevadísima do custe das obras dos interceptores..., e todo iso sen garantías de que se realice un saneamento eficaz, tanto polo modelo do sistema, como pola desconfianza na empresa EMAFESA, que mostra un funcionamento totalmente opaco e deu mostras claras de irresponsabilidade.

Cuarta e última Cuestión.-

Descoñecemos canto nos vai custar realmente a xestión de EMAFESA da depuradora. En todo caso, desde a Alcaldía, debera-se reflexionar sobre a diferencia de medio millón de euros que se calculaban entre o informe presentado por EMAFESA, e o estudo realizado polo concello no 2016, só en custes enerxéticos. Tamén EMAFESA presenta un informe avultado en 131.567,44 € ao ano, en gastos de persoal, segundo informe do Enxeñeiro municipal de marzo de 2017. Pero nada parece torcer a vontade do Alcalde Jorge Suárez, no seu camiño contrario á defensa dos intereses públicos, frente aos intereses privados, e a defensa desta cidade, frente á afrenta doutras administracións.

Desde a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, seguimos demandando:

1) QUE A PLANTA EMPECE A TRABALLAR XA, nas mans de Augas de Galicia, ou mediante unha empresa pública (Seaga, Tragsa, Emalcsa,...) na que delegue baixo a súa responsabilidade, mentres se acondicione e se emenden as deficiencias rexistradas nas instalacións ou as relativas coa posta a punto delas, subrogando ao persoal que traballa na actualidade no sistema de saneamento e depuración.

2) ESIXIMOS A REALIZACIÓN DUN ESTUDO TÉCNICO-ECONÓMICO DA FUTURA TAXA, realizado por unha entidade independente do sector e coa participación veciñal e social.

3) REXEITAMOS CALQUERA CUSTO DE TRABALLOS FEITOS ATÉ HOXE POR EMAFESA NAS INSTALACIÓNS DA EDAR, EBAR, EMISARIOS E INTERCEPTORES. Estes traballos deberán ser soportados en custo e alcance por Augas de Galicia xa que nada teñen que ver con decisións ou responsabilidades da veciñanza.

4) ESIXIMOS DE FORMA URXENTE UNHA AUDITORÍA DAS CONTAS DE EMAFESA. Non nos parece razoábel nin suxeita a dereito que cos cartos da veciñanza se cubran perdas imputábeis directamente a xestión da parte privada de Emafesa (Socamex-Urbaser).

5) ESIXIMOS A DEVOLUCIÓN OU NOTIFICACIÓN DE FUTURA COMPENSACIÓN, POR PARTE DE EMAFESA, POLO RECIBO DA TAXA COBRADO INDEBIDAMENTE Á VECIÑANZA POR UNHA DEPURACIÓN QUE NON SE EFECTUOU.

Ferrol, 3 de abril de 2017

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!

Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego |  Lupe Ces |

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/


Documentación:

Convenio de Colaboración entre o Concello de Ferrol e Augas de Galicia, para a formalización da Encomenda de Xestión de Explotación, Mantemento e Conservación do Sistema de Saneamento e Depuración do Concello de Ferrol. | Acceder/Baixar.

Informe da Oficial maior. | 30 de Maio de 2017 | 3 páxinas en formato PDF.| Acceder/Baixar.

Irforme do Enxeñeiro Municipal. | 27 de marzo de 2017 | 2 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Informe do Interventor Xeral Municipal. | 30 de marzo de 2017 | 5 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.
---

martes, marzo 28, 2017

O Ateneo Ferrolán con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil 2017, organiza Contacontos, de Maquinarias Teatro, este venres día 31 de marzo, ás 18:30h.


Contacontos 'Palabra de sombreiro'
de Maquinarias Teatro


Día: venres 31 de marzo.
Hora: 18:30hs.
Lugar: Biblioteca do Ateneo Ferrolán.

O Ateneo Ferrolán con motivo da celebración do 'Día Internacional do Libro Infantil 2017' organiza un Contacontos de Maquinarias Teatro. Entrada de balde. Para crianzas entre 5 a 10 anos preferentemente. O acto dten unha duración de 45 minutos.

Sinopse.-
O chapeu da contista escapou xogando co vento, así que esta pídelles aos nenos e nenas que a axuden a atopalo seguindo as pegadas que foi deixando ao seu paso… Unhas pegadas un tanto especiais que farán que os nenos xoguen, adiviñen, canten e rimen… Palabra de chapeu!

Interprete.-
Helga Méndez

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén en Twitter e facebook.

Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350


Enviado polo:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
28 de março de 2017 17:34

______________