luns, novembro 27, 2017

IV Xornadas de Documentación do Ateneo 'Medios de comunicación social, medios sociais: experiencias' - Ferrol, 14 e 15 de decembro - As XornadasDOC do Ateneo Ferrolán teñen entre os seus obxectivos dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan as distintas institucións e profesionais no ámbito da arquivística, a biblioteconomía e a documentación


IV Xornadas de Documentación do Ateneo "Medios de comunicación social, medios sociais: experiencias".
Ferrol, 14 e 15 de decembro de 2017
Salón de Actos do Ateneo Ferrolán
ás 17 h.


Os medios de comunicación social nas IV Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán celebrará o xoves 14 e o venres 15 de decembro, a partir das 17.00 horas, na súa sede da rúa Magdalena, as IV Xornadas de Documentación "Medios de comunicación social, medios sociais: experiencias", presididas polo concelleiro de Cultura de Ferrol Suso Basterrechea.

O desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación supor un cambio no paradigma comunicativo, configurando un novo sistema de información dos medios convencionais ao incorporar unha nova interacción coa sociedade, unhas novas redes sociais.

A presente voracidade informativa evidencia a importancia do manexo, directa ou indirectamente, das técnicas documentais, e son os profesionais que, grazas a súa formación e as habilidades adquiridas na praxe laboral, fan fronte ao vórtice informativo demandado polas masas.

Polo tanto, achegar á cidadanía a realidade cotiá do traballo das institucións e profesionais dos medios de comunicación social, constitúe a finalidade das IV Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán.

Presentación das xornadas polo Concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea.

O xornalista e director fundacional do Diario de Ferrol Germán Castro Tomé, impartirá a conferencia inaugural baixo o título “Da información de boa fe ao xornalismo documentado”.

Pola súa banda, Marta Corral, xornalista de Ferrol360, disertará sobre o novo xornalismo dixital no eido local.

Para rematar o primeiro día das xornadas, José Pardo Vázquez, fotógrafo, centrará o seu relatorio nas súa experiencia profesional: “Do fotoxornalismo local á fotografía arqueolóxica en Palestina

Ao día seguinte, a comunicadora da Radio COPE Ferrol, Ada Romero Sixto, abordará “A radio como medio de comunicación social. 50 anos de COPE Ferrol”.

A continuación, Xoán Porto, documentalista, “Memoria e arquivo nos medios sociais”, sobre a crecente importancia de xestionar a información persoal que compartimos de forma pública nas redes sociais centralizadas pertencentes a corporacións privadas como Google, Facebook ou Twitter

Carmen Rial, Arquiveira do Estado, pechará as xornadas cunha charla sobre a visión non oficial da arquivística e os arquivos militares en Twitter.

As XornadasDOC, que son abertas ao público, finalizan cun coloquio moderado por Fernando Rivera, responsable da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán.

O contexto das XornadasDOC

As XornadasDOC do Ateneo Ferrolán teñen entre os seus obxectivos dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan as distintas institucións e profesionais no ámbito da arquivística, a biblioteconomía e a documentación.

Ferrol, 23 de novembro, de 2017

Máis información no sitio web:
http://xornadasdoc.ateneoferrolan.org


--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: Facebook
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
24 de novembro de 2017 18:03

___________________


domingo, novembro 26, 2017

XVIII Festival Treme a Terra de Pontedeume - Música, Palestras, Homenaxes, ... Sábado 9 de decembro coas actuacións de Voodoo, Ses, Nao e Rebeliom do Inframundo - Diversas actividades os días 10, 15, 16, 17 e 31 de decembro


Palestras, homenaxes e música na 18 edición do Festival Treme a Terra, un evento que volveu con forza no 2015 logo de varios anos de silenzamento forzoso.

O Treme a Terra está en marcha! Con esta van xa 18 edicións e o alicerce sobre o que pivote será a loita antifranquista. Un chamado a non esquecer ás que loitaron coas armas na man contra a barbarie fascista. Ás persoas que xa no 1936 tiveron que escapar ao monte logo da sublevación militar e mantiveron unha dura resistencia formando co tempo as primeiras estruturas guerrilleiras do Estado. Porque na Galiza non houbo guerra civil, pero si un exterminio sistemático da poboación fiel á República. En tan so tres anos foron asasinados 4699 persoas galegas. Mortes controladas e instigadas por militares e falanxistas. Namentres no resto do territorio agudizábase unha contenda militar con dous bandos diferenciados, no noso país, aparentemente sometido, prendíase unha larvada guerra sen frontes nin exércitos. Unha heroica resistencia que agardou ata que non puido máis por unha axuda internacional que nunca chegou. Sirva este festival de homenaxe ás que perderon a vida na procura da liberdade.

A programación do festival ven marcada polo prato forte do sábado 9 de decembro coas actuacións de Voodoo, Ses, Nao e Rebeliom do Inframundo. Cada banda con estilo e propostas de seu, diferentes, mais que coinciden en ser exemplo da calidade do panorama musical actual do no noso país. Dende as 21:00h na pista Polideportiva (Fronte a FP). Contaremos con postos con comida para que non tenhas que sair do recinto.

Domingo 10. Minifestival para pequenas e maiores coa actuación de Cé Orquestra Pantasma. Ás 17:00h na Casa da Cultura.

Venres 15. Palestra sobre a Guerrilla Antifranquista co historiador Bernardo Maiz. Ás 20:00h na Casa da Cultura

Sábado 16. Homenaxe ao guerrilleiro Riqueche e ao resto do destacamento Arturo Cortizas, que a día de hoxe seguen soterrados nunha foxa común no Mosteiro de Monfero.  Contaremos co historiador Manuel Domínguez Ferro. Ás 12:00h no Mosteiro de Monfero.

Domingo 17. Minifestival co grupo eumés Trebellos. Música e maxia para toda a familia. Ás 17:00h na Casa da Cultura.

Domingo 31. Ofrenda floral ao guerrilleiro nado en Pontedeume Francisco Martínez Leira "Pancho". Ás 12:00h no cemiterio de Meá, Mugardos.

Como cada ano, todas as actividades son de balde. Un desafío para todas as que formamos parte do Colectivo Terra, asociación sen ánimo de lucro na que todo o recadado destínase financiamento das actividades que promovemos.

"E que importa, meu ben, que morramos, se deixamos semente de vencer”.

Colectivo Terra.

| Twitter |

http://colectivoterra.gal/

sábado, novembro 25, 2017

Urxe material sanitario para os campamentos saharauis, di o Concelleiro André Abeledo, ao tempo que solicita ao Concello que faga un chamamento, á solidaria veciñanza de Narón, de apoio aos campamentos de refuxiados saharauis no deserto de Alxeria - Unha desas necesidades é a dun quirofano que pode salvar moitas vidas e mellorar a calidade de vida das persoas nos campamentos


Dende EU queremos facer un chamamento a solidaria veciñanza de Narón para cós campamentos saharauis no deserto de Alxeria

O concelleiro das esquerda de Narón, André Abeledo, explica que os campamentos precisan de material sanitario. Temos que lembrar que as difíciles condicións de vida, a escaseza de auga, a dificultade para levar unha dieta equilibrada, as altas temperaturas, fan moi vulnerable as enfermidades a poboación dos campamentos, e sobre todo as nenas e nenos.

É urxente a axuda sanitaria. O próximo 2 de Decembro saíra un envío de material sanitario cara aos campamentos, por ese motivo a necesidade de colaboración é se cadra máis urxente.

O concelleiro recoñece estar convencido de que as naronesas e naroneses darán mostra unha vez máis do seu espírito solidario.

Unha desas necesidades é a dun quirofano que pode salvar moitas vidas nos campamentos.

Indicamos o número de conta habilitado por SOGAPS para poder conseguir este importante obxectivo.

IBAN ES4020805056133040034374

Solicitan ao Concello a realización dunha campaña de apoio ao programa de acollida de nenas e nenos saharauís de "VACACIÓNS EN PAZ".

André Abeledo solicita ao Concello a realización dunha campaña informativa para buscar familias de Narón dispostas a participar no programa solidario de acollida de nenas e nenos saharauís de "VACACIÓNS EN PAZ" durante o verano.

Este proxecto que tira cando menos durante as vacacións de verán da difícil situación de sobrevivir nos campos de refuxiados a nenas e nenos que son acollidas por familias galegas é moi importante para eles, é un autentico drama non poder participar para estas crianzas que pasaron todo o ano agardando esta oportunidade.


Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
http://sogaps.org/gl/

A Comisión Sanitaria de SOGAPS volve aos Campamentos. | 15 Sanitarios participarán na Comisión Sanitaria de SOGAPS que traballará nos campamentos de refuxiados saharauís do 2-9 de decembro. | Ir á Web.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
24 de novembro de 2017 15:10
23 de novembro de 2017 20:32
__________


Este sábado 25 de novembro en Fene, ás 6 da tarde contra a violencia machista, acto convocado pola Marcha Mundial das Mulleres: O machismo oprime e mata dende a infancia - Organizémonos para combatelo


DIA INTERNACIONAL CONTRA A VILOLENCIA MACHISTA


ACTO CONMEMORATIVO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE FERROLTERRA

Sábado 25 de novembro:
"Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres"

A Marcha Mundial das Mulleres convoca unha acto en Ferrolterra como no resto da Galiza e do Mundo, no Día Internacional contra a violencia machista.

O acto de Ferrolterra, terá lugar desde as 6 da tarde na barriada de San Valetín (Fene), entre a ribeira e a Avenida do Mar, xunto ao Pavillón Polideportivo Municipal e o centro escolar A Xunqueira.

Este ano volve a ser Fene o concello anfitrión dos actos organizados pola Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra baixo o lema “O machismo OPRIME e MATA dende a infancia”.

O acto consistirá nunha performance baseada no lema escollido para esta ocasión. Preténdese con ela, facer unha reflexión sobre o aumento de casos de violencia contra os e as menores, utilizados e asasinados coa única finalidade de facer o máximo dano á muller, á nai. É necesaria a implicación de todo o mundo para illar aos agresores e a o propio machismo existente na sociedade, e loitar contra a violencia de xénero.

Farase tamén unha lembranza ás mulleres asasinadas no que vai de ano no Estado Español.

Para elo pediremos a implicación das persoas asistentes, como por outra parte ven sendo habitual nos actos da Marcha, na propia performance.

Rematarase o acto coa lectura do manifesto aprobado pola MMM a nivel nacional.​

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
En Facebook e Twitter.

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
24 de novembro de 2017 13:39

___________________

venres, novembro 24, 2017

Hai 35 anos: expulsos do Parlamento galego 3 deputados nacionalistas por se negar a xurar a constitución española - A representatividade popular que lles outorgaran os votos de milleiros de galegos e galegas foilles roubada por unha aplicación retroactiva dunha normativa que obrigaba a xurar a 'carta magna', buscando provocar a expulsión dos tres parlamentares electos polo Bloque-PSG (Bautista Álvarez, Lois Dieguez e Claudio López Garrido)

O 24 de novembro de 1982, aos tres deputados -Bautista Álvarez, Lois Dieguez
e Claudio López Garrido, electos nas listas do Bloque-PSG, se lles impide
a entrada no Parlamento Galego (Daquela estaba no Pazo de Fonseca)

"Parlamento sin oposición, Parlamento de cartón"

Hai 35 anos: expulsos do Parlamento galego 3 deputados nacionalistas por se negar a xurar a constitución

O BNG apresenta o avanzo dun documental sobre un feito sen precedentes no Estado español. A aplicación retroactiva dunha normativa que obrigaba a xurar a 'carta magna', buscando provocar a expulsión dos tres parlamentares electos polo Bloque-PSG.

O 24 de novembro de 1982 tres deputados -Bautista Álvarez, Lois Dieguez e Claudio López Garrido-, eleitos pola candidatura Bloque Nacional-Popular Galego-PSG, eran expulsados do Parlamento de Galiza por se negar a xurar a Constitución española e defender os dereitos nacionais de Galiza. 35 anos despois, o BNG presenta o avanzo dun documentario no que se fai memoria dun feito político sen precedentes do Estado español.

O vídeo está concibido como un acto de denuncia e de recoñecemento político aos seus protagonistas, “precisamente nun momento de involución democrática no conxunto do Estado, marcado polo recorte de dereitos e liberdades, -tanto individuais como dos pobos-, e de criminalización das ideas políticas que non encaixan no status quo do actual marco institucional”, indican desde o BNG.


https://youtu.be/YanKkEnSWcQ

Publicado en 23 de nov de 2017 na Canle do BNG - Bloque Nacionalista Galego

O 24 de novembro de 1982 os tres deputados nacionalistas da coalición Bloque-PSG foron expulsados do Parlamento Galego por se negaren a xurar a Constitución Española. A representatividade popular que lles outorgaran os votos de milleiros de galegos e galegas foilles roubada por unha aplicación ideolóxica da lei ao servizo das forzas españolistas. Foi un caso único na historia da "democracia" española. Trinta e cinco anos despois, desde o BNG estamos a elaborar un documental que recupera e trae á actualidade o acontecido, porque hoxe volvemos vivir un claro proceso de criminalización das ideas e de involución nos dereitos democráticos. Os poderes do Estado e o españolismo político, mediático e económico, novamente, perseguen as ideas das e dos que defendemos liberdade, democracia e dereitos para os nosos pobos. Este pequeno teaser é simple adianto do video que vos presentaremos en poucas semanas. Onte, hoxe e mañá, no BNG estamos polo dereito a decidir e as liberdades democráticas. E hoxe toca dar #UnPasoAdiante para as conseguir.

http://www.bng.gal/
| Facebook | Twitter | Youtube |

Fontes: Sermos Galiza e BNG.

Sermos Galiza, é un outro semanario impreso, comprometido co Pobo, a Terra e a Fala que está nos quioscos os xoves, mais tamén pública-se todos os días en formato dixital: http://www.sermosgaliza.gal/. Baixo Licenza Creative Commons. Podes-te facer subscritor/a e/ou Participa. | Ir á Web
__________________

xoves, novembro 23, 2017

O advogado Borxa Colmenero apresentará, na Fundaçom Artábria, esta sexta-feira, 24 de novembro, o seu livro 'Vidas culpáveis. O controlo neoliberal do crime' e o sábado 25, concerto dos ferrolanos Jaime Fifthring and the coffee breakers


Borxa Colmenero apresenta esta sexta-feira "Vidas culpáveis. O controlo neoliberal do crime"


O advogado Borxa Colmenero apresentará, na sexta-feira 24, o seu livro "Vidas culpáveis. O controlo neoliberal do crime" editado por Laiovento. O ato tem hora de início marcada para as 20.00hs.

Borxa Colmenero é doutor em direito e investigador da Universidade da Corunha no grupo ECRIM (Criminologia, Psicologia jurídica e Justiça penal no século XXI). Os seus campos de trabalho estendem-se desde os estudos do governo neoliberal ao controlo social-penal contemporâneo. Assim mesmo, como advogado tem desenvolvido a sua atividade profissional, principalmente, no âmbito do direito penal e laboral.

As instituições de encerramento prototípicas da sociedade disciplinar, tais como a fábrica, a escola ou o cárcere, nas que o indivíduo ficava ao dispor do poder para a sua correção, foram incapazes de cumprirem o seu objetivo principal, perante a implosão dum modelo social em que um número crescente de vidas acabou por ficar de fora da institucionalidade. A deslocalização da produção, a terceirização da economia ou a deterioração das agências welfaristas tornaram, então, obsoleta a espessa rede de mecanismos de controlo próprios do disciplinamento. Ora, também não nos encontraríamos na atualidade perante um capitalismo desorganizado ou irracional incapaz de reconduzir a situação sem recorrer à repressão, senão, antes bem, perante uma racionalidade de governo que extravasa os tradicionais marcos da punição estatal. Por outras palavras, não voltamos a um Estado essencialmente punitivo, mas a um modo de governo que, acima de tudo, aquilo que busca é administrar eficaz e eficientemente o seu corpo social.



Fecharemos as atividades do mês de novembro no sábado 25, com o concerto dos ferrolanos Jaime Fifthring and the coffee breakers . O concerto é de graça e dará começo às 22.30h.

Jamie Fifthring&The Coffee Breakers é um grupo que representa o folque americano no nosso país. É umha banda que monstra o seu estilo mais pessoal e que tem ritmos de influências doutros estilos como o rock dos anos 90. Jamie começa como um cantante em solitário em 2011, cantando versons dos temas que mais lhe gostavam, mas aos poucos vai criando novas composiçons com temática própria até que em 2015 cria o seu primeiro LP.

Atualmente participa junto com a banda The Coffe Breakers e juntos representam as melhores versons e também as cançons própias em direto.


https://www.youtube.com/watch?v=JX-uO55oc7Q


--
Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone: +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
23 de novembro de 2017 13:29

________________________

En decembro chega @Sondobar... de Manolo Bacalhau: CD+DVD - Un bon presente do Apalpador!


Un bon presente do Apalpador!

En decembro chega @Sondobar... de Manolo Bacalhau: CD+DVD.

@Sondobar

Sondobar... é o nome que leva o primeiro trabalho discográfico do cantor ferrolano Manolo Bacalhau.

En Xaneiro deste ano 2017: Apoiando o proxecto #Sondobar... - Unha singradura ten comezado, nun barco que se nun tempo foi peixeiro agora vai ser recreativo, cultural e participativo. Capitanea un vello mariñeiro coñecido polos mares mais tamén nos currunchos portuarios, nas movidas reivindicativas e nas noites de taberna compartida e cantos corais. | Ir á Web.
__________________

Polo Tren de Proximidade: Viaxe reivindicativa desde Coruña até Ferrol, para defender o tren e a mellora da liña, o sábado 2 de decembro, ás 12 do mediodía na Estación de Ferrol, para recibir á Plataforma d'A Coruña


Polo Tren de Proximidade: Viaxe reivindicativa desde Coruña até Ferrol, para defender o tren de proximidade e a mellora da liña, o Sábado 2 de decembro, ás 12 do mediodía na Estación de Ferrol, para recibir á Plataforma da Coruña.
Queremos un Ferrocarril, Público e Social, parar a privatización de RENFE e ADIF, e queremos un Tren de Proximidade para a Comarca... e toda Galicia.

Queremos facer un acto reivindicativo para defender o tren de proximidade e a mellora da liña A Coruña - Ferrol. O acto consiste nunha excursión a Ferrol desde A Coruña, para volver sobre ás 15:30 (hora de chegada aproximada).

En Ferrol estaremos un par de horas onde tomaremos uns petiscos e daremos un paseo.

Tamén convidaremos aos alcaldes dos concellos polos que pasa o tren para que participen no acto. O tren ten que ser unha demanda da cidadanía, e tamén dos alcaldes que a representan. A nosa intención é a de que todos os concellos reclamen a mellora do tren.

Aquí tedes as paradas na viaxe de ida:

Saída: 10:50 A Coruña (quedada na estación 10:15)
10:55 Elviña - Universidade
11:03 O Burgo – Santiago
11:09 Cambre
11:12 Cecebre
11:19 Betanzos Infesta
11:29 Betanzos Cidade
11:36 Miño
11:39 Perbes
11:44 Pontedeume
11:47 Cabanas-Areal
11:56 Perlio
12:07 Ferrol.

Quen se queira subir será ben recibido. Animar-se! Participar !

Participa no Evento, difunde a Viaxe:

https://www.facebook.com/events/361472470946438/

Plataforma en Defensa do Tren (A Coruña – As Mariñas)
Por un ferrocarril público, ecolóxico, eficiente, sostíbel e social

plataformatrenmarinhascorunha@gmail.com

| Facebook | Twitter | Web |

Constituíron a Plataforma:
| 15M Monte Alto | ADEGA | Agrupación Cultural Alexandre Bóveda | Anova | BNG | CGT | Comités | Corrente Vermella | CUT | Equo | Esquerda Unida | Espazo EcoSocialista | Fronte Cívica-Somos Maioría | Galiza Nova | Nós-UP | Plataforma pola Mobilidade |

Manifesto | Ir á Web.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
22 de novembro de 2017 13:13

_______________

mércores, novembro 22, 2017

Requirimento antes de interpoñer Recurso Contencioso-Administrativo contra o Convenio de Colaboración (Encomenda)... de Augas de Galicia ao Concello de Ferrol, interposto polo Concello de Narón, para que as administracións asinantes deixen sen efecto e sen vixencia o mencionado Convenio

Marián Ferreiro Díaz, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Narón

Requirimento antes de interpoñer Recurso Contencioso-Administrativo contra o "Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol, para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento, conservación do sistema de saneamanto e depuración do Concello de Ferrol", interposto polo Concello de Narón,  para que as administracións asinantes deixen sen efecto e sen vixencia o mencionado Convenio. [1]

Destinatario: Augas de Galicia
Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras

Att: D. Roberto Rodríguez Martínez

Dª. Marián Ferreiro Díaz, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Narón, ao amparo do disposto no artigo 21.1 k) da Lei reguladora de Bases de Réxime Local[2] e sen prexuízo da ratificación plenaria que, no seu caso, se remitirá a ese organismo, formula mediante o presente escrito o requirimento previsto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa,[3] a fin de que polo órgano competente desa entidade, se adopte acordo deixando sen efecto e sen vixencia 0 “Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol, para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento, conservación do sistema de saneamanto e depuración do Concello de Ferrol”, asinado o 1 de agosto de 2017 e publicado no DOG nº192, do 9 de outubro[4] deste ano, por no resultar o texto do devandito Convenio conforme a Dereito, como paso a xustificar:

1.- A determinación e encomenda en exclusiva ao Concello de Ferrol da xestión do Emisario submarino de Cabo Prioriño, da EDAR de Cabo Prioriño, do Emisario terrestre A Malata-EDAR de Cabo Prioriño, e do Cruce e impulsión de A Malata-incluído o colector no peirao Femández-Ladreda- a través dun sistema xestor exorbitante ao facultado polo Convenio do 27 de decembro de 2013, subscrito pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e por esa entidade,[5] non se cohonesta coas únicas posibilidades previstas naquel documento convencional, que prevé exclusivamente a xestión pola propia CC.AA. ou a través da promoción dun sistema xestor de carácter supramunicipal (isto é e neste caso, polos Concellos de Ferrol e Narón conxuntamente; mais aún tras a posta en funcionamento do Interceptor Xeral o pasado tres de abril de 2017,[6] que supuxo o efectivo vertido á EDAR de Cabo Prioriño, por parte de ambos os dous Concelllos).

2.- O prazo de vixencia do Convenio recollido na súa estipulación sétima, fai depender da exclusiva vontade dos dous asinantes -excluíndo por iso a Narón nesa decisión- a duración e pervivencia dos seus efectos no tempo. E iso posto que a pesares de fixala inicialmente nun prazo dun ano, engade despois a disxuntiva de prolongalos ata a formalización do correspondente Convenio de colaboración entre Augas e os dous Concellos, ou ata que un órgano de xestión supramunicipal asuma a explotación do sistema; posibilidades ambas que na práctica facultan e fan depender de calquera dos dous asinantes (Augas de Galicia e Concello de Ferrol) a efectiva aceptación de calquera desas dúas opcións o seu veto, e poden conferir a ese documento paccionado unha duración sine die.

3.- O obxecto específico da encomenda de xestión recollida no Convenio bilateral asinado o 1 de agosto de 2017, afecta a xestión da explotación, mantemento e conservación do servizo público de saneamento e depuración de dous municipios (non só de Ferrol, única entidade local asinante), e posúe natureza inequivocamente contractual, posto que o contido de tal xestión e encomenda coincide plenamente coa definición que do contrato de xestión de servizos públicos fai o artigo 8 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público;[7] resultando polo tanto o documento convencional, dende o punto de vista xurídico-material, un contrato administrativo sometido a normativa de contratación pública e, en primeiro termo, á libre concorrencia; sen que poida reputarse ao Concello da cidade departamental como un medio propio da entidade pública Augas de Galicia, inexistindo polo tanto os requisitos do artigo 24.6 do TRLCSP.[8]

Polo exposto,

requírese a Augas de Galicia -aos efectos previdos no artigo 44 da Lei da Xurisdición Contencioso-Administrativa[9] e dada a concorrencia das causas de nulidade de pleno dereito recollidas no artigo 47.1, letras b) e e) da Lei 29/2015, de l de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas,[10] para que, previos os trámites que resulten oportunos, deixe sen efecto e sen vixencia o “Convenio de colaboración subscrito entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol”.

Narón, 15 de novembro, de 2017.

A Alcaldesa.-

Asdo: Marián Ferreiro Díaz

CONCELLO DE NARÓN
Praza de Galicia, s.n. - 15570 - Narón -A Coruña - CIF: P 1505500 G -Te|.: 981 337700 - Fax: 981337701 - www.naron.es
---

Notas da Plataforma.-

[1] Escrito orixinal de Requirimento do Concello de Narón a Augas de Galicia. En formato pdf. 2 páxinas. | Acceder/Baixar. Outro escrito nos mesmos termos foi dirixido ao Concello de Ferrol.

[2] Artigo 21.1 k) da Lei reguladora de Bases de Réxime Local. | Ir ao BOE. | Xurisprudencia complementaria do artigo. | Ir ao BOE.

Artigo 21
1. O Alcalde, é o Presidente da Corporación e ostenta as seguintes atribucións:

k) O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa do concello nas materias da súa competencia, ata cando as houber delegado noutro órgano, e, en caso de urxencia, en materias da competencia do Pleno, neste suposto dando conta ao mesmo na primeira sesión que celebre para a súa ratificación.

[3] e [9] Artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa. | Ir ao BOE. | Xurisprudencia complementaria (Sentenzas Supremo). | Ir ao BOE.

Artigo 44
1. Nos litixios entre Administracións públicas non caberá interpoñer recurso en vía administrativa. No entanto, cando unha Administración interpoña recurso contencioso-administrativo contra outra, poderá requirila previamente para que derrogue a disposición, anule ou revogue o acto, faga cesar ou modifique a actuación material, ou inicie a actividade a que estea obrigada.

Cando a Administración contratante, o contratista ou terceiros pretendan recorrer as decisións adoptadas polos órganos administrativos aos que corresponde resolver os recursos especiais e as reclamacións en materia de contratación a que se refire a lexislación de Contratos do Sector Público interpoñerán o recurso directamente e sen necesidade de previo requirimento ou recurso administrativo.

2. O requirimento deberá dirixirse ao órgano competente mediante escrito razoado que concretará a disposición, acto, actuación ou inactividade, e deberá producirse no prazo de dous meses contados desde a publicación da norma ou desde que a Administración requirente coñecese ou podido coñecer o acto, actuación ou inactividade.

3. O requirimento entenderase rexeitado si, dentro do mes seguinte á súa recepción, o requirido non o contestase.

4. Queda a salvo o disposto sobre esta materia na lexislación de réxime local.

[4] Resolución do 4 de setembro de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no segundo cuadrimestre do ano 2017. DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017. | Ir á Web. | Texto de Convenio que se levou ao Pleno. | Acceder/Baixar.

Convenio
Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do concello de Ferrol.

Obxecto
Determinar as condicións que rexerán a encomenda de xestión para a explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración das instalacións descritas no convenio.

Importe total do convenio
Sen custo económico

Data da sinatura
1.8.2017

[5] Resolución de 7 de maio de 2014, pola que se publica o Convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Augas de Galicia, para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación das obras consistentes na condución das augas, depuración e vertido de Ferrol, asinado uns meses antes, en Ferrol, o 27 de decembro de 2013 e publicada no BOE o 19 de maio de 2014. | Publicado só nove días antes de realizar-se o Pleno Municipal onde foi aprobado o "Convenio de Colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol", o Protocolo con Emafesa e a Taxa.  | 13 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

[6] Acuaes iniciou as conexións das redes de sumidoiros de Ferrol e Narón ao novo sistema de saneamento tralo acordo alcanzado entre estes dous concellos e Augas de Galicia. | Acceder/Baixar.

[7] Artigo 8 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público. | Ir ao BOE.

Artigo 8. Contrato de xestión de servizos públicos.

1. O contrato de xestión de servizos públicos é aquel en cuxa virtude unha Administración Pública ou unha Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, encomenda a unha persoa, natural ou xurídica, a xestión dun servizo cuxa prestación foi asumida como propia da súa competencia pola Administración ou Mutua encomendante.

As Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais só poderán realizar este tipo de contrato respecto de a xestión da prestación de asistencia sanitaria

2. As disposicións desta Lei referidas a este contrato non serán aplicables aos supostos en que a xestión do servizo público se efectue mediante a creación de entidades de dereito público destinadas a este fin, nin a aqueles en que a mesma atribúase a unha sociedade de dereito privado cuxo capital sexa, na súa totalidade, de titularidade pública.

[8] Artigo 24.6 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público. | Ir ao BOE.

Artigo 24. Execución de obras e fabricación de bens mobles pola Administración, e execución de servizos coa colaboración de empresarios particulares.

6. Aos efectos previstos neste artigo e no artigo 4.1.n), os entes, organismos e entidades do sector público poderán ser considerados medios propios e servizos técnicos daqueles poderes adxudicadores para os que realicen a parte esencial da súa actividade cando estes ostenten sobre os mesmos un control análogo ao que poden exercer sobre os seus propios servizos. Si trátase de sociedades, ademais, a totalidade do seu capital terá que ser de titularidade pública.

[10] Artigo 47.1, letras b) e e) da Lei 29/2015, de l de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Ir ao BOE.

Artigo 47. Nulidade de pleno dereito.

1. Os actos das Administracións Públicas son nulos de pleno dereito nos casos seguintes:

b) Os ditados por órgano manifestamente incompetente por razón da materia ou do territorio.

e) Os ditados prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido ou das normas que conteñen as regras esenciais para a formación da vontade dos órganos colexiados.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es

________________

Acto aberto en Ferrol, no que se falará sobre a tarifa eléctrica, interpretación das facturas, solucións de aforro, protección ás persoas xubiladas, bono social... organizado polo Colectivo de xubilad@s e pensionistas da CIG, para o vindeiro mércores 29 de novembro, ás 7 da tarde, no salón de actos do Centro Cultural Calvalho Calero - Participa ! Para defender-nos mellor


CIG Informa: Acto Tarifa Eléctrica


O Colectivo de xubilad@s e pensionistas da CIG vai celebrar o vindeiro mércores 29 de novembro, ás 19:00hs, no salón de actos do Centro Cultural Calvalho Calero de Ferrol, un acto aberto  no que se falará sobre a tarifa eléctrica, interpretación das facturas, solucións de aforro, protección ás persoas xubiladas, bono social  e todos aqueles aspectos que rodean ao mercado eléctrico e que afectan a un servizo tan básico e esencial como é o da electricidade.

Nel intervirán Xosé Manuel Golpe Acuña, consultor enerxético, e Fernando Branco Parga, Secretario de Enerxía de Federación de Industria da CIG.



Unión Comarcal Ferrol
Local: Ferrol
Rúa Eduardo Pondal, 41-43 |  Ferrol (15403)
Tlfno: 981 358 750 - Fax: 981 358 760
ferrol@galizacig.gal
| Web | Twitter | Facebook | Youtube |


Información baseada na enviada por:
Confederación Intersindical Galega
-cig-galicia@cig-galiza.org-
21 de novembro de 2017 13:02

________________

martes, novembro 21, 2017

Partido Polpular e Ferrol en Común, pactaron para lavar-se a cara mutuamente e tapar as súas responsabilidades na situación actual do sistema de saneamento e depuración de Ferrol e Narón, mais tamén, do suposto endebedamento pola actividade alegal de Emafesa no citado sistema - No Pleno celebrado o pasado 15 de novembro, quedou levantada a Taxa que fora imposta en maio do 2014 polo Partido Popular, unha taxa inxusta, non participada e non xustificada


No Pleno celebrado o pasado 15 de novembro de 2017, quedou aprobado o levantamento da Taxa que fora imposta en maio do 2014 polo Partido Popular, unha taxa inxusta, non participada e non xustificada. Mais tamén unha Taxa que ten un percorrido de fraude, engano e estafa. Unha Taxa que foi recorrida por máis de 2.500 persoas. Unha Taxa cobrada sen ter-se elaborado o preceptivo Padrón Municipal. Unha Taxa avultada no seu prezo pois levaba a maiores o financiamento do saneamento no rural, un pago de caudais aumentados, a depuración da auga da chuvia, avultados os custes de consumo e contratación eléctrica, o financiamento das obras dos interceptores (unha obra declarada de interese xeral que tería que estar incluída nos orzamentos do Estado )...Unha taxa que se cobrou indebidamente, foron máis de 800.000 euros que se prometeu devolver á veciñanza, en innumerábeis ocasións, mais que nunca se fixo. Unha taxa consecuencia de encadeamentos de encomendas, ao noso entender fraudulentas,... Unha taxa que se aprobou a sabendas de que era inxusta.

O Partido Polpular e Ferrol en Común pactaron para lavar-se a cara e tapar as súas responsabilidades na situación actual do sistema de saneamento e depuración de Ferrol e Narón e do suposto endebedamento pola actividade non legal de Emafesa no citado sistema.

Ultimato de Socamex e Pleno do 10 de novembro

No Pleno anterior do 10 deste mesmo mes, a mesma Taxa non foi aprobada, o Partido Popular, na súa rebaixada de esixencias de informes, algúns supostamente preceptivos, quedou en esixir só que se pedira o do Consello Consultivo, algo que o Alcalde en declaracións aos medios ese mesmo día inmediatamente despois do Pleno, manifestou claramente que non o ía pedir. Mais como a palabra do Alcalde, Jorge Suárez, vale moi pouco, esta esixencia foi concedida ao pouco tempo ao Partido Popular, sendo Martina Aneiros (Portavoz do PP no Concello) a que supervisou o texto da petición ao Consello Consultivo ao que deu o visto bo. Con antelación, Socamex a parte privada de Emafesa (49%), á que xestiona ao 100%, presentaba no rexistro un escrito advertencia da súa situación patrimonial, e manifestando que de non aprobar-se a Taxa antes do 21 deste mes, solicitaría a disolución da empresa mixta a través da vía xudicial. Socamex participa activamente, co diñeiro de tod@s, nas decisións do Pleno, coa ameaza-advertencia citada e dando o día libre remunerado, a todo o persoal da empresa, para que asistira ao Pleno para premer a favor da Taxa, como así foi. Ningunha só palabra de crítica ou esixencia de responsabilidades, saíu de boca do Comité de Empresa, contra a xestión de Socamex en Emafesa, polo que dan por ben feito o que Emafesa se fixe-se cargo do sistema de Depuración e Saneamento, cousa que foi a causa principal da situación patrimonial e de creba técnica da empresa mixta de augas de Ferrol. Triste que os dirixentes sindicais das centrais sindicais representadas nese Comité opinen o mesmo.

Peche da Plataforma no Concello

Unha representación da Plataforma, despois dunha rolda de prensa quedou pechada no Concello até que se celebrou a sesión plenaria, amosando a súa desconformidade con recuperar a Taxa do PP: "Pedimos a todos os grupos municipais que se opoñan a levantar a suspensión da taxa, non só pola falta de análise en detalle tanto dos custos incluídos na mesma como dos gastos até agora incorridos en reparacións, postas a punto e pola falta de acordo con Narón de como vai pagar polo servizo, senón tamén pola inviabilidade de que Emafesa poda executar a xestión do sistema, polo que pedimos que se esixa á Xunta de Galicia que encargue a depuración a Augas de Galicia, responsábel principal deste servizo".


 Pleno do 15 de novembro de 2017


Como se desenvolveu o Pleno e as diferentes intervencións: a do representante da sección sindical da CGT, Alberto Espiñeira; Jesús Castro presidente do Comité de Empresa, en representación da CIG, CCOO e UGT;  a da Plataforma a través do compañeiro Fernando Ramos; a de Álvaro Montes en representación do Goberno Municipal e de Ferrol en común, indistintamente; a de Esther Leira, non adscrita; a de Ana Masafret, en representación de Ciudadanos; a de Iván Rivas, en representación do BNG; a de Beatriz Sestayo, en representación do PSdeG-PSOE; a de Martina Aneiros, en representación do PP e a do propio Alcalde, Jorge Suárez; pode-se ver e escoitar no vídeo que a continuación compartillamos que se pode descargar da canle do propio Concello de Ferrol. Pois todas as sesión Plenarias do Concello, retransmiten-se en directo, desde a Canle de Youtube, e despois quedan penduradas na web oficial, buscando en Concello, Actividade Municipal e Plenos. O Pleno dura 3 horas e 6 minutos.


https://youtu.be/sNMz0hmqjug

O acordado no Pleno

Proposta do Goberno Municipal. | Acceder/Baixar.

Proposta do Partido popular. | Acceder/Baixar.

Despois dun receso de case unha hora, entraron no Pleno cunha sinte-se pactada, supostamente co visto bo, dos habilitados estatais, Secretario e Interventor, ao menos así o pedira o Alcalde ao saír para a recesión, como se pode escoitar no vídeo.

Acordos do Pleno de levantamento da suspensión da taxa de saneamento (15-11-2017)


Primeiro.- Declarar finalizada a suspensión da aplicación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola depuración de augas residuais, publicada no BOP de data 13 de setembro de 2014 con efectos de data de hoxe.

Segundo.- Os efectos de validez e eficacia do carácter retroactivo do levantamento da suspensión na aplicación da Ordenanza fiscal virán determinados polo contido do ditame do Consello Consultivo, para garantir a legalidade da proposta, para salvagardar as responsabilidades económicas e patrimoniais do Concello para garantir a viabilidade da empresa municipal coa súa saída da situación de potencial causa de disolución.

Terceiro.- Manifestar o compromiso de proceder de xeito inminente ao inicio dos trámites necesarios para a modificación da taxa de depuración de augas residuais.


Publicación no BOP e recurso de reposición

O acordo do Pleno do Concello, xa foi publicado en Edicto, o venres día 17 de novembro no BOP. | Acceder/Baixar. Mais no citado Edicto só figura un só punto de acordo: "Declarar finalizada a suspensión da aplicación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola depuración de augas residuais publicada no BOP do 3 de setembro de 2014, con efectos dende a data de adopción do dito acordo". Os outros acordo (Segundo e Terceiro) ao non ter efectos xurídicos, quedaran para a galería. Para reclamar só colle o recurso de reposición de conformidade co disposto no artigo 123 e dentro do prazo que establece o artigo 124, ambos da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Logo ante o mesmo Pleno e no prazo dun mes (30 días) desde o día seguinte de ser publicado no citado boletín, queda de prazo até o día 18 de decembro.


Declaracións do Alcalde, despois do Pleno

Despois dos Plenos, é habitual que o Alcalde faga declaracións sobre o tratado nos mesmos. Desta vez, as declaracións de Jorge Suárez, levantaba expectación. Non era para menos, o Alcalde acababa de traizoar as súas propias declaracións, o seu propio pensamento, de cando era activista nas plataformas cidadáns e en concreto na Plataforma contra a Taxa do PP, onde foi dirixente. Como o dito en campaña electoral, o programa de Ferrol en Común, o Programa de Goberno, polo que foi elixido Alcalde e todo o aprobado e declarado nos tres primeiros meses de goberno en 2015. Un Alcalde sen palabra e con moita frivolidade.

Detalle do Informativo de Ferrol Televisión - Canal 31, do 15 de novembro de 2017.


https://youtu.be/xqBwSaCl05w


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es

_______________

luns, novembro 20, 2017

Desde finais do mes de setembro deste ano, a Asociación Grupo diversidade Funcional Ferrol e Comarcas puxo en marcha obradoiros de formación, dirixidos a persoas con diversidade funcional e público en xeral, estes deseñaron-se para que as persoas usuarias potencien as súas capacidades individuais e acaden o maior grao de autonomía persoal e vida independente


Desde finais do mes de setembro deste ano, a Asociación Grupo diversidade Funcional Ferrol e Comarcas puxo en marcha obradoiros de formación.
       
Os obradoiros son entrada libre e se están desenvolvendo de 6 a 8 da tarde no seu local social, situado en Esteiro, Rúa Colón, esq. Mendizábal, B/4, P/5, baixos 38-39, de Ferrol.

Até agora desenvolveron-se os seguintes obradoiros ou módulos transversais:
  • Obradoiro de Hixiene Postural -xoves 28 de setembro. Impartido por Saimara Herrera, médico.
  • Obradoiro de Nutrición -5 de octubro. Impartido por José Luis Ramos Fernández, fisioterapeuta
  • Obradoiro de Reciclaxe Creativo -10 de octubro. Impartido por María López Morado, activista do medio ambiente.
  • Obradoiro de Motivación, Autoestima e Solución de Problemas -19 de octubro. Impartido por Mercedes Alonso, psicológa Teima Down Ferrol
  • Obradoiro de Reflexoloxía Podal -26 de octubro. Impartido Ana Freire, terapeuta.
  • Obradoiro de Diversidade – Asistencia Sexual -2 de novembro. Impartido por Anxela Leiceaga, avogada e presidenta Vigalicia -Vida Independiente.
  • Obradoiro de Comunicación e Cómo Falar en Público -9 de novembro. Impartido por Mercedes Alonso, psicológa Teima Down Ferrol.
  • Obradoiro de Igualdade -16 de novembro. Impartido por Beatriz Dorrio, psicóloga e xurista, Fundación Concepción Arenal.
O vindeiro xoves 23 deste mes de novembro, remata as importantes xornadas de formación co Obradoiro de Mindfulness, impartido por Guadalupe González, profesora de ioga e terapeuta.

Os módulos transversais (obradoiros) ían dirixidos a persoas con diversidade funcional e público en xeral, estes deseñaron-se para que as persoas usuarias potencien as súas capacidades individuais e acaden o maior grao de autonomía persoal e vida independente que lles permita un óptimo desenvolvemento na sociedade en igualdade de oportunidades.

Esta campaña formativa contou coa colaboración do Concello de Ferrol e se enmarca dentro do convenio que esta administración ten asinado coa Asociación Grupo diversidade Funcional Ferrol e Comarcas para o “Proxecto de habilidades sociais e formación para a inserción laboral”.

ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
Rúa Colón, esq. Mendizábal, B/4, P/5, baixos 38-39, 15403 Ferrol - Teléfono/Fax: 981930544
diversidadefuncionalferrol@hotmail.com


Enviado por:
Asoc. Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas
-diversidadefuncionalferrol@hotmail.com-
20 de novembro de 2017 13:35

___________________

domingo, novembro 19, 2017

O Concelleiro de Esquerda Unida, André Abeledo, entende que é o momento para que se estableza un 'Plan de Traballo', para a erradicación da 'Herba da Pampa' ou 'Plumacho' en Narón


Abeledo entende que é o momento para que se estableza un “Plan de Traballo” para a erradicación da "Herba da Pampa" ou "Plumacho” en Narón

A Xunta activou fai meses unha operación de erradicación de especies invasoras. Así figuraba na estratexia que quería poñer en marcha a consellería do Medio Ambiente, ao que se destinaban uns 370.000 euros para tentar conter as pragas que están poñendo en perigo a flora e a fauna autóctona da Galiza.

Esta iniciativa está dentro do Plan estratéxico para a xestión das especies exóticas invasoras na Galiza que dispón dun sistema de análise de riscos.

Entre esas medidas está a da loita pola erradicación da Cortaderia selloana (herba da Pampa).

Recordamos que André Abeledo reuniuse en Xaneiro deste ano có técnico (Eliseo Zaera) que traballou no concello de Oleiros no control da "Herba da Pampa", e con varios veciños preocupados pola presencia do "Plumacho" ou "herba da Pampa" no Concello de Narón. Advertiu xa entón que esta é unha especie invasora que ameaza a biodiversidade da flora e a fauna autóctona o eliminar a vexetación local desprazando así a flora e a fauna da nosa terra.

Abeledo defendeu entón a necesidade de establecer en Narón un "Plan de Traballo" e un "Protocolo de Tratamento" para controlar e erradicar esta praga antes de que o problema se agrave. Entendendo que nun principio deberíamos centrar os esforzos nos terreos municipais, polígonos, solares, e os marxes das carreteiras.

Lembremos tamén que André Abeledo acompañado por un grupo de rapaces desempregados do rural e de labregos de Narón ocupou o 21 de Xaneiro simbolicamente unha das parcelas do "Polígono do Rio do Pozo".

A ocupación simbólica fíxose nunha das parcelas máis afectadas pola invasión da "herba da Pampa" ou "Plumacho". Desde EU Narón denunciamos entón que esta é unha especie invasora moi perigosa para a biodiversidade galega e que debe ser combatida, e tamén defendemos a formación de rapazas e rapaces desempregados para loitar contra a "herba da Pampa", porque pensamos que isto vai reverter positivamente en dous sentidos, crear postos de traballo e loitar para erradicar esta praga.

Abeledo entende que non se fixo o suficiente e agora a praga esta moito máis estendida en Narón e na comarca.

Debemos esixir que a Xunta de Galicia tome  medidas para que xunto có Concello se estableza un “Plan de Traballo”, un plan que tome en conta a formación de persoas desempregadas para levar acabo este traballo de erradicación da "herba da Pampa" ou "Plumacho”.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org
16 de novembro de 2017 02:25

____________________

En Ferrolterra como noutros lugares da Galiza e do Mundo, este 25 de Novembro hai mobilización, cun acto en Fene, polo Día Internacional contra a violencia machista - O machismo oprime e mata dende a infancia. Organicémonos para combatelo!


25 Novembro O machismo oprime e mata dende a infancia Organicémonos para combatelo!

O 25 de novembro é o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Neste día, como no resto do ano, queremos visibilizar a violencia que sufrimos as mulleres polo feito de sermos mulleres e reclamamos medidas efectivas e concretas para combatela. Esta violencia asumímola desde que nacemos e aféctanos a todos os aspectos das nosas vidas: violencia estética, acoso sexual, agresións sexuais, discriminación laboral, etc., ata chegar á máis evidente que é o asasinato.

Esta violencia sistémica, o patriarcado, é aínda máis cruel coas mulleres que están relegadas ás marxes pola súa condición de raza, clase, orientación sexual, inmigración...

Mais cando falamos de violencia machista non sempre entramos a debater sobre as fillas e fillos asasinados como forma de vinganza contra as súas nais. Os asasinos son sempre os seus pais biolóxicos, ou ben parellas ou exparellas das súas nais. Soen facelo durante o réxime de visitas. Usados como un mero obxecto para danar de xeito irreparábel ás súas nais, para provocarlles o maior dano posíbel. É un dos xeitos máis crueis da violencia machista porque o obxectivo é que non se recupere e non o esqueza xamais.

De feito, as administracións tan só recoñecen dous feminicidios durante este ano 2017 en Galiza: o de Virginia, de 55 anos, no Carballiño, e o de María José Mateo (Sesé), de 52 anos en Redondela. Mais aínda que non computan para as cifras oficiais, foron catro e non dúas as vítimas do machismo. Xa que no mes de maio un meniño de 11 anos foi asasinado polo seu pai en Oza Cesuras. E durante o secuestro da súa filla de tan só 21 meses, asasinaban na Coruña a M.M.A, de 73 anos, quen foi atopada molida a paus a mans do seu ex-xenro.

Nos últimos dous anos foron 18 os asasinatos machistas na Galiza. Destes, non podemos esquecernos dos asasinatos das irmás Amaia e Candela Oubel, con tan só 9 e 4 anos, asasinadas polo seu pai cunha radial durante o período de visitas estival. Por iso pretendemos visualizar na nosa campaña non só na violencia contra as mulleres no marco das relacións de parella, senón poñer o foco tamén no tipo de violencia que exercen os machistas no sistema patriarcal, agredindo todo aquelo ao que ás mulleres teñen estima: obxectos, animais de compañía, mais tamén inclúen ameazas e violencia contra amizades, novas parellas das vítimas, familiares e dentro destes, incluso as fillas e fillos. De feito, os maltratadores transforman ás crianzas en obxectos para continuar co maltrato e a violencia contra a muller, conscientes de que a través dos fillos e fillas manterán o contacto e poderán continuar coa extorsión, o acoso. Este tipo de violencia recibe un nome: violencia vicaria, que é a que se exerce contra as crianzas para ferir á muller.

Non é casual que moitos dos varóns que amosaron comportamentos violentos na relación de parella, que durante a convivencia non se preocuparon polos seus fillos e fillas, no momento da separación soliciten un réxime de custodia compartida, un réxime amplo de visitas, ou mesmo a custodia das crianzas, só co afán de seguir en contacto coa exmuller e poder continuar co maltrato. Por iso rexeitamos calquera modificación legal dirixida a impoñer este modelo de custodia cando non exista acordo entre os membros da parella.

No estado español a realidade é igual de crúa. Foron case un cento as mulleres asasinadas durante o ano 2017. Máis de dez menores. Se acudimos as estatísticas sobre violencia as cifras son demoledoras: preto de 3 mulleres ao día son violadas (as estatísticas soamente contan os casos nos que hai penetración), ducias violentadas en cada recuncho do planeta, tamén aquí ao pé das nosas casas, dos nosos lugares de ocio ou traballo. Como é posible que a loita contra a violencia machista non sexa unha prioridade? Para chegar a estas cifras tan arrepiantes sen que exista unha conmoción, é necesaria unha violencia tolerada pola noso sistema de valores. En consecuencia, reclamamos que se combata como un problema social e político. Os problemas das mulleres son problemas da sociedade e como tales, sen complexos patriarcais, deben ser tratados.

É urxente loitar contra a impunidade do acosador, do maltratador xa que esta impunidade da abeiro a múltiples abusos. Si, precisamos de leis máis coercitivas que disuadan o home maltratador de concretar con violencia o seu desprezo polas mulleres, pero é necesario insistir en que non se trata dunha violencia con motivacións psicolóxicas ou individuais senón que debemos mudar o tecido social. Non cremos na individualización da defensa contra a violencia machista. Non podemos permitir que cada unha dependa da súa sorte ou da súa fortaleza.

Esta violencia patriarcal e a cultura da violación teñen intereses económicos pois o capitalismo, na súa lóxica de acumulación de riqueza precisa que as mulleres percibamos como unha violencia menor que nos reclúan nos nosos fogares, baixo o pretexto do amor romántico, responsabilizándonos da reprodución, obrigándonos a realizar gratuitamente traballos indispensables para a sostibilidade da vida. Non soamente estas responsabilidades non son asumidas pola sociedade senón que as políticas neoliberais desmantelan os servizos públicos: garderías, centros de atención á vellez, sanidade, etc. O capital financeiro, as medidas de austeridade e a privatización provocan a pobreza e as violencias cara as mulleres.

Rebelámonos contra a intimidación colectiva que xorde das agresións físicas ou sexuais. As vítimas sofren o último mecanismo de imposición do poder masculino, son mulleres que resisten, valentes que se atreveron a cuestionalo, que deciden non ser a posesión da súa parella, que deciden non terlle medo á noite, que toman as rúas. Mentres unha soa de nós sinta medo non viviremos nunha sociedade xusta e igualitaria. Unidas en resistencias loitamos e loitaremos contra o capitalismo, o heteropatriarcado, o racismo e o colonialismo, construíndo alternativas para un mundo que poña no centro a vida, sen converter as persoas en mercadoría.

Esiximos orzamentos que se tomen en serio a violencia afrontándoa desde todos os ámbitos sociais. Rexeitamos pactos de estado que manteñen a violencia no ámbito doméstico e de parella negando a existencia dunha estrutura de opresión das mulleres. Non queremos políticas de foto e apertóns de mans, queremos solucións e recursos contra a violencia que sufrimos.

Para acadar a igualdade efectiva reclamamos:
- Unha educación non sexista nun modelo de escola que non sexa androcéntrico no reparto de espazo, nos contidos, na organización do traballo...,

- Educarmos en relacións en pé de igualdade baseadas no respecto e a liberdade para sermos e estarmos con quen nos pete.

- Campañas de concienciación social dirixidas aos nenos, adolescentes e homes para que non asuman a violencia como pauta de comportamento masculino.

- Unha xustiza ao servizo da igualdade: aumentar e dotar de recursos materiais e humanos máis Xulgados especializados en violencia de xénero.

- Protección real ás mulleres que sofren violencias: aumentar o número de vivendas de acollida para mulleres e crianzas vítimas de malos tratos, garantir a liberdade económica das mulleres que sofren violencia, garantir a asistencia letrada da vítima por parte da mesma profesional en todos os procesos xudiciais que teña que emprender tras denunciar ser vítima de violencia -separación legal, custodia das crianzas, pensións alimenticias, disolucións de gananciais, ..., acurtar os prazos de resposta na tramitación de ordes de afastamento, e realizar unha correcta avaliación do nível de risco, conquerindo que as vítimas sexan acompañadas desde o inicio por profesionais dos servizos sociais que orienten ás mulleres durante todo o proceso.

- Unha sanidade que coide das persoas: formación en perspectiva de xénero de todo o persoal sanitario que trate a mulleres e crianzas.

Mais para lograr vivir sen violencia é preciso dun cambio de actitudes, dun cambio de políticas e dun cambio do modelo social vixente na nosa sociedade. Desde a Marcha Mundial das Mulleres seguiremos loitando para acadalo. Seguiremos en marcha ata que todas sexamos libres.

Mobilizacións:

OURENSE - ás 19h diante do C.C. Ponte Vella
VIGO - às 20h dende a Farola de Urzàiz
A CORUÑA - ás 19h no Obelisco
COMPOSTELA - ás 20h dende a Praza 8 de Marzo
FERROLTERRA - ás 18h polideportivo San Valentín (Fene)
ARZÚA - ás 19.30h entrada principal do Multiusos

#QuerémonosVivas
#FeminismoparaVivir

'As mulleres decidimos'


Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza

Teléfonos de contacto:
Coord. A Coruña 639 78 76 26
Coord. Compostela:  647735737
Coord. Vigo: 630486886
Coord. Ourense: 652140217
Coord. Ferrolterra: 636 87 86 06

Comunicación:
http://www.feminismo.info
@MMMGaliza
www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

A curta galega Matria, de Álvaro Gago Díaz, gaña a 47ª edición do Festival Alcine - O cinema galego continúa a recoller premios alá onde vai - Dando-lle voz ás mulleres silenciadas... - O director vigués narra na curta a historia de Ramona, unha 'heroína anónima' que traballa nunha conserveira...


A curtametraxe galega Matria, dirixida por Álvaro Gago,[*] resultou a gañadora da 47ª edición do Festival Alcine, en Alcalá de Henares (Madrid). Gañou o premio á mellor fita e o premio á mellor interpretación feminina.

O cinema galego continúa a recoller premios alá onde vai. Nesta ocasión foi a curtametraxe Matria, dirixida por Álvaro Gago, quen trouxo para Galiza un novo galardón. A fita resultou gañadora na 47ª edición do Festival Alcine, que tivo lugar esta fin de semana en Alcalá de Henares (Madrid).

Matria non só se fixo co premio á mellor curta, tamén foi premiada Francisca Iglesias Bouzón polo papel de Ramona. O pasado mes de outubro, o filme xa se fixera co galardón á mellor curta na Semana Internacional de Cine de Valladolid, Seminci.

O director vigués narra na curta a historia de Ramona, unha “heroína anónima” que traballa nunha conserveira. Unha vida que é igual a de tantas mulleres “cunha determinación tremenda”, mulleres que “cultivan moito os seus tesouros, que teñen a ver coa familia”, “mulleres loitadoras, mulleres que son perfecto exemplo do mito do matriarcado”, pon de manifesto Álvaro Gago, que creou a curta co fin de “darlles voz ás mulleres silenciadas que soportan e calan”.

Após o pase por Cineuropa, Matria recalará no Festival Internacional de Cine de Verín e en San Sadurniño, dentro do programa “En negro contra as violencias”. Tamén estará presente no festival de curtas de Zubroffka (Polonia) e nos certames de Cartagena e Aguilar del Campo (España).


https://youtu.be/dR6Yvr7HHok

Publicado na canle de Álvaro Gago.

Dedicado a Francis, Eulogia, Pilar, Diana, Marta, Sara, Begoña, Janet, Carmen, Sita, Manola, Paula, Lucía, Sonia, Soraya, Sandra, Verónica, Consuelo, Irene, Carmen, Mari e todas as Matriarcas da terra dun tal Breogán.

Vai un agradecemento moi especial a fábrica de conservas Daporta, que traballou arreo como nos para levar a curtametraxe Matria (estrea a comezos de Maio) á pantalla.

Sipnose do filme

Ramona vive co seu marido, con quen apenas se comunica, e traballa nunha fábrica de conservas gobernada por unha encargada tirana. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que lle une á súa filla e a súa neta.

Equipa de Rodaxe

Guión e Dirección
ÁLVARO GAGO DÍAZ

Producción
JOSÉ GAGO RODRÍGUEZ
ALBERTO GAGO RODRÍGUEZ
ALVARO GAGO DÍAZ

Dirección de producción
SILVIA FUENTES

Script
LUCÍA ESTÉVEZ

1er Asistente de Dirección (prep)
MIGUEL GAGO CAAMAÑO

1º Asistente de Dirección (rodaxe)
MARTA FONT

2º Asistente de Dirección
ALVARO ALSINA

3º Asistente de Dirección
ANXOS FAZÁNS

Dirección de Fotografía
LUCÍA C. PAN

1er Asistente de Cámara
JORGE BASTERRETXEA

Auxiliar de Cámara
DIEGO DOJER

Gaffer
ALCIDES FORBITTI

Eléctrico
ROI F. CARVAJAL

Directora de Arte
ALBA ALGUIAR

Axudante de Arte
NACHO OZORES

Xefa de Vestiario
UXÍA VAELLO

Axudante de Vestiario
BEATRIZ MÉNDEZ

Son
XAVIER SOUTO

Microfonista
LORENA FERREÑO

Montaxe
ALVARO GAGO DÍAZ

DIT / Colorista
LETICIA TUÑAS

Posproducción de Son
SOUND TROOP

Categoria
Filmes e deseños

Licença
Licença padron do YouTube

Música
"Matriarcas" por Guadi Galego (Google Play • iTunes).

Trailer de Matria


Matria Trailer
from Alvaro Gago Diaz on Vimeo.

| La VanguardiaGalicia Confidencial | Praza Pública | La Galega - TVG | Semos Galicia |

Temos que romper esta falsa idea de que Galicia é un matriarcado”. | Unha moi interesante entrevista de Luis Pousa, a Álvaro Gago en "El Correo Gallego". 21 de abril de 2017. | Ir á Web.

[*] Álvaro Gago Díaz (Vigo, 1986). Graduado en Comunicación Audiovisual pola Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, Álvaro Gago Díaz estudou dirección de teatro na North Pak University de Chicago (Estados Unidos). No ano 2009 trasládase a Londres, iniciándose no cine nos Ealing Studios da Met Film School, e dous anos máis tarde pasa a formar parte do MA Filmmaking, ofrecido pola London Film School.

Edita o documentario Skin e a curta de ficción Lipstick, gañadoras de varios premios en Europa e América. En 2013, coa curta Curricán, obtén os premios á mellor dirección no Curtocircuito Internacional Short Film e á mellor película no Festival de Cans e na Primaveira do Cine de Vigo. Dirixe no 2015 Bombolles e gaña o Premio do Público no Festival Fenêtre sur l`Europe de París. En marzo de 2017 filma Matria. (Fonte: Luis Pousa).

Baseado na info publicada no Sermos Galiza. | 19 de novembro de 2017.