martes, xaneiro 30, 2018

Buses desde Ferrolterra á Manifestación de Compostela na Defensa da Nosa Sanidade Pública - Desde Narón e Ferrol, ás 9:45 e 10:00 horas respectivamente


Buses dede Ferrolterra á Manifestación SOS SANIDADE PÚBLICA que se celebra este domingo 4 de febreiro de 2018.

MANIFESTACIÓN en SANTIAGO DE COMPOSTELA o Domingo, 4 de Febreiro, ás 12 do mediodía na Alameda.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra está convocada a unha MANIFESTACIÓN por SOS GALICIA-SANIDADE PÚBLICA o vindeiro domingo, 4 de Febreiro.

Facemos un chamamento a cidadanía e todas as entidades da Plataforma da Sanidade Pública de Ferrolterra a participar nesta mobilización para rexeitar o proxecto de Lei Galega de Saúde que pretende aprobar no Parlamento a Xunta de Galicia do PP de forma unilateral sen a participación e debate das entidades sociais, sindicais, sanitarias...

A Plataforma pon un servizos de autobuses (gratuítos) para trasladarnos a Compostela:

Desde Narón.-

* Con saída ás 9,45 horas desde a Casa do Concello de Narón,

Desde Ferrol.-

* Con saída ás 10:00 horas desde o monumento 10 de Marzal, no Barrio de Recimil, con paradas en Caranza, Fene e Pontedeume.

Teléfono da CIG - 981358750
Móbil Plataforma- 649024612

Saúdos -

Comisión Permanente .-
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com


Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
28 de janeiro de 2018 18:26
___________________

A pesar de que saben que esta taxa é inxusta e está avultada, vai estar incluida nos próximos recibos que cobre Emafesa, pasando Ferrol, a pesar de ser a cidade máis empobrecida, a ter o servizo de sumidoiros, saneamento e depuración máis caro de todas as cidades galegas - A estafa continúa, é por iso que a Plataforma convoca unha Concentración Veciñal contra esta Taxa, o mércores 7 de febreiro ás 6 da tarde na Praza do Concello - Esta Taxa Non, por unha Taxa Xusta , Xustificada e Participada ! - Enlace ao evento no Facebook - Folla Informativa para Difundir - Taboa Comparativa

Clicar acima da imaxe para ampliar

Ferrol pasa a ter o servizo de sumidoiros, saneamento e depuración máis caro de todas as cidades galegas.


A ESTAFA CONTINÚA – ESTA TAXA NON
POR UNHA TAXA XUSTA, XUSTIFICADA E PARTICIPADA

       
Ninguén, pode negar a importancia do saneamento e depuración das augas residuais para preservar o medio ambiente e  recuperar a nosa Ría. O dereito ao saneamento e á auga, é un dereito humano, non un negocio, por iso reclamamos o retorno da súa xestión a mans públicas.

O Goberno Municipal vai pasar ao cobro, nestes días co recibo de Emafesa, a taxa de depuración, a sabendas de que é unha taxa inxusta e moi elevada, por riba do custe do servizo que se presta. Ferrol é a cidade mais empobrecida e avellentada, pero vai pagar as taxas máis elevadas de sumidoiros, saneamento e depuración, das sete cidades galegas.

Desde a Plataforma vimos solicitando ao goberno de Jorge Suárez que elabore unha Taxa de Saneamento e Depuración xusta, xustificada e participada. A súa resposta foi volver a impoñer a taxa do PP. Unha taxa inxusta, e calculada por Emafesa, en beneficio da súa parte privada Socamex.

O anterior alcalde José Manuel Rey Varela, do Partido Popular, enganara-nos  recepcionando e inaugurando unha depuradora defectuosa que non depuraba, e cobrando un recibo por un servizo que non se prestaba. Agora o novo Alcalde, Jorge Suárez, tamén nos engana, pois prometera devolver á veciñanza os 800 mil euros cobrados indebidamente; abrir un expediente informativo a Emafesa; entregar a depuradora a Augas de Galicia e iniciar o proceso de remunicipalización do servizo, como tiña anunciado no verán de 2015, mais non fixo nada. Agora, todos eses incumprimentos xeraron, xunto coa nefasta xestión de Socamex (parte privada de Emafesa), unha débeda millonaria no servizo de augas, cunha depuradora con cesión ilegal que debera xestionar Augas de Galicia até ser mancomunada, e endosando-lle á veciñanza e ao pequeno comercio e hostalaría, o servizo de saneamento e depuración máis caro de todas as cidades galegas.

O alcalde manifestou en repetidas ocasións que a taxa, agora a cobro, estaba avultada e todos os grupos municipais recoñecen que é inxusta. Isto está comprobado, non só polos propios estudos da Plataforma, senón que polos informes da mesma Emafesa, de Audigal, de Augas de Galicia e do Enxeñeiro Municipal. Mesmo no Pleno onde se aprobou, acordou-se a súa revisión inmediata ao día seguinte. Os nosos estudos técnicos sitúan a Taxa do PP (agora ao cobro), o dobre de cara, por estar baseada nun contrato eléctrico onde a potencia contratada é moi superior á necesaria. Un contrato que avulta as estimacións de consumos eléctricos e desproporcionadamente os caudais a depurar. Por outra banda está a diferencia nos custes de explotación a maiores do que se lle chama saneamento en alta (interceptores, colectores, tanques de tempestade, impulsores e alivios), que lle foi adxudicado a Viaqua por un 30% menos do custe previsto para o cálculo da Taxa. E por último, esta Taxa ponse a cobro sen os estudos e unha memoria económico-financeira sobre o custo do servizo, preceptiva, que a xustifique. De levar-se a cabo o Alcalde está incumprindo a Lei sobre taxas e prezos públicos, e el o sabe.

Desde o Concello seguen sen contestar a uns 200 recursos de reposición que se interpuxeron contra o acordo do Pleno do Concello de Ferrol, de rescatar a inxusta e avultada Taxa, aínda que só fora por 7 votos a favor do grupo de goberno, pactando a abstención do Partido Popular, con outra abstención máis de Ciudadanos e 6 votos encontra do resto dos grupos.

En vista da situación chamamos á veciñanza de Ferrol a mobilizar-se contra a continuación da estafa, polo que convocamos unha CONCENTRACIÓN a celebrar o mércores 7 de febreiro ás 6 da tarde na Praza do Concello de Ferrol.

CONCENTRACIÓN EN FERROL

MÉRCORES 7 DE FEBREIRO, ÁS 6 DA TARDE, NA PRAZA DE ARMAS

Ferrol pasa a ter o servizo de sumidoiros, saneamento e depuración máis caro de todas as cidades galegas.

A ESTAFA CONTINÚA – ESTA TAXA NON
POR UNHA TAXA XUSTA, XUSTIFICADA E PARTICIPADA

ANEXOS

Para a poiar a Concentración hai un evento no Facebook:https://www.facebook.com/events/558208254549579/

Folla Informativa para difundir a convocatoria da Concentración. | En B/N e formato pdf. | Acceder/Baixar.


Folla Informativa para difundir a convocatoria da Concentración. | A Cor e  formato pdf. | Acceder/Baixar.

Táboa Comparativa das Taxas nas Sete Cidades + Narón. | Acceder/Baixar.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es


__________

luns, xaneiro 29, 2018

O BNG de Ferrol valora, nun comunicado, a proposta de novo Convenio entre Augas de Galiza, o Concello de Ferrol e o Concello de Narón para a regularización dos gastos de explotación do sistema de saneamento e depuración, que será abordado mañá martes 30 de xaneiro, na xunta de portavoces, convocada para o efecto, considera que este documento significa perpetuar a liña iniciada por Rey Varela e o Partido Popular no anterior mandato

 A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez,
e o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez,o 13 de decembro n'A Coruña
O pasado 13 de decembro, A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, e o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, mantiñan unha xuntanza n'A Coruña, para buscar puntos de encontro na elaboración dun novo Convenio a tres bandas. Daquela Augas de Galicia emitira un comunicado da xuntanza que ao pouco corrixiu na súa web oficial, o que provocou unha respostas dos dous Concellos. Mais o acordo que se anunciaba daquela, non era tal. O Concello de Narón anunciara un recurso de reposición contra o Convenio asinado o 1 de Agosto de 2017 a dúas bandas entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol. A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, emitira un comunicado público denunciando que o "responsábel máximo da situación desolada da xestión do sistema de saneamento de Ferrol e Narón, Augas de Galicia, pon-se por arriba do ben e do mal e considera-se mediador nun conflito entre dúas administracións, os concellos de Ferrol e Narón", denunciando que se pasaba "dun requirimento de Narón moi ben elaborado e argumentado, centrando o asunto no seu punto real a unha suposta mediación impresentábel". Despois dun mes e medio de diferentes contactos agora vai-se presentar, mañá en Ferrol, antes a reunión de portavoces dos grupos municipais, un principio de acordo na redacción dun novo Convenio a tres bandas que sempre tería que pasar por un Pleno, para ser acordado e validado. O BNG, fixo público un comunicado hoxe, valorando o texto do Convenio que se vai presentar mañá martes 30 de xaneiro de 2018.

O mércores 7 de febreiro a Plataforma ten convocada unha concentración para denunciar o inminente cobro da Taxa de Depuración, co recibo que emite Emafesa, unha taxa inxusta que fai que sexa o Concello de Ferrol, o que teña as taxas de sumidoiros, saneamento e depuración máis altas da Galiza. Co lema a Estafa Continúa, ás 6 da tarde, na praza do Concello, está chamada a veciñanza de Ferrol, a amosar a súa disconformidade con esta Taxa.


O BNG VALORA O CONVENIO ENTRE AUGAS DE GALIZA EOS CONCELLOS DE FERROL E NARON QUE SE ANALIZA MAÑÁ NA XUNTA DE PORTAVOCES

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol logo de que se nos achegara o convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galiza, o Concello de Ferrol e o Concello de Narón para a regularización dos gastos de explotación do sistema de saneamento e depuración da marxe norte da ría de Ferrol, que será abordado mañá na xunta de portavoces, convocada para o efecto, considera que este documento significa perpetuar a liña iniciada por Rey Varela e o Partido Popular no anterior mandato.

O convenio que se nos propón é un paso máis na deriva política compartida por FeC e PP respecto do sistema de depuración na Cidade e que ten 2 obxectivos claros: incrementar o volume de negocio de EMAFESA, coa entrega a esta empresa da depuradora e a súa xestión e un segundo obxectivo que non é máis que o intento de lavarlle a cara e eximir de responsabilidade, á Xunta de Galiza, ao Estado e ao Partido Popular de todas as decisións adoptadas sobre o sistema de depuración na nosa cidade. Por este motivo queremos facer as seguintes consideracións:

1. Este convenio non anula o anterior asinado entre Augas de Galicia e o concello de Ferrol en abril de 2017 no que Ferrol se fixo cargo da EDAR. O concello de Ferrol segue a ser o responsable único da xestión dunha infraestrutura que non é da súa propiedade e que presta un servizo de carácter supramunicipal.

2. O concello de Ferrol é responsable subsidiario de calquera impago ou perxuizo ou controversia  que poida xurdir respecto do pago por parte do concello de Narón e deberá aboar integramente os custes de xestión mantemento e reparación da depuradora mais os posibles xuros derivados de impagos que non teñen porque ser imputables ao concello de Ferrol.

3. Augas de Galicia, que entregou a EDAR nunhas condicións que impedían o seu funcionamento se asegura mediante unha cláusula que non asumirá ningunha obriga económica derivada da xestión dunha infraestrutura da súa propiedade.

4. O convenio deixa as claras e literalmente que Augas de Galicia responsable da xestión da depuración actuará exclusivamente como intermediario entre os dous concellos.

5. Todos os custes que por parte da empresa EMAFESA se están a reclamar desde que en 2014 se lle entregou a EDAR serán asumidos polos ferroláns e Narón unicamente asumira o 30% dos importes xerados a partir do 1 de abril de 2017. Augas de Galicia se exime de toda responsabilidade en todo este proceso e sorprendentemente o goberno de Ferrol asinte e permanece en silencio.

Por tanto, serán os ferroláns os que teñan que asumir  o mantemento e a posta en funcionamento dunha infraestrutura que non é nosa e que superan os 2M de euros tal e como se reflexa no estudo económico que acompañaba a taxa do PP en 2014 e á que este goberno lle levantou a suspensión a finais de 2017.
Serán os ferroláns os que paguen a reparación dunha EDAR, construída polo Estado e sen acta de recepción que se nos entregou en condicións que impedían o seu funcionamento grazas ao convenio asinado entre o Sr. Rey Varela e Augas de Galicia en 2014 e que o PP e FeC validaron en 2017 mediante a ratificación dun novo convenio con Augas de Galicia.

O certo é que con este convenio certificase a vontade de eximir de toda responsabilidade a Xunta de Galiza, propietaria da infraestrutura e ao Estado, que a pesar de ser o responsable da construción da EDAR co diñeiro dos galegos e galegas máis os fondos FEDER nin se lle menciona neste novo convenio nin no anterior asinado entre o concello de Ferrol e Augas de Galicia.

En resumo, este convenio ven exclusivamente a determinar que o concello de Narón pagará o 30% dos custes a partir do 1 de abril de 2017. Nin o Estado nin a Xunta nin o concello de Narón se farán responsables en modo algún de ningunha das cargas económicas e de xestión que supón a reparación, xestión, posta en funcionamento e mantemento da depuradora. Estes custes serán exclusivamente soportados polos veciños e veciñas desta Cidade sen que tivesen ningún tipo de responsabilidade no despropósito que supón o deseño do sistema de depuración na ría de Ferrol.

Ferrol 29 de xaneiro de 2018.
BNG-Ferrolterra | ferrolterra@bng.gal
Grupo Municipal | bng@ferrol.es


BNG Ferrol
http://unpasoadiante.gal/
#UnPasoAdiante
http://ferrol.bng.gal/




_____________

Chamamento a Folga de Mulleres: O 8 de Marzo paramos Galiza! - As mulleres da Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres chamamos a secundar na Galiza o paro internacional de mulleres iniciado polas nosas irmás latinoamericanas no 2017 reclamando un mundo sen violencia e o dereito a vivirmos unhas vidas libres nunha sociedade máis xusta


Chamamento a folga do 8M a todas as mulleres galegas


Chamamento ás mulleres galegas
8M 2018 - Paramos Galiza!


Un mundo sen violencia e o dereito a vivirmos unhas vidas libres nunha sociedade máis xusta.

Este 8 de marzo é o primeiro día das nosas novas vidas, porque móvenos o desexo, 2018 é o tempo da nosa revolución.

As mulleres da Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres chamamos a secundar na Galiza o paro internacional de mulleres iniciado polas nosas irmás latinoamericanas no 2017 reclamando un mundo sen violencia e o dereito a vivirmos unhas vidas libres nun mundo máis xusto.

Queremos convidar á folga non só no ámbito laboral, tamén no ámbito dos coidados, visibilizando todos os traballos que asumimos as mulleres e sen os cales a sociedade non podería funcionar.

Este 8 de marzo a terra vai tremer porque as mulleres do mundo asumiremos un Paro Internacional de Mulleres poñendo en práctica o mundo no que queremos vivir. Un mundo onde as tarefas de coidados sexan unha responsabilidade de toda a sociedade, valorizando o traballo invisibilizado das mulleres construíndo redes, apoios e estratexias vitais en contextos difíciles e de crises.

Un mundo onde non existan as violencias económicas, o empobrecemento das mulleres, a explotación do capital sobre as economías precarias, a explotación dos Estados nacionais e dos mercados cando nos endebedan, desaparecendo a vulnerabilidade fronte á violencia machista, os feminicidios, o noso dereito ao aborto libre ...

As mulleres galegas estamos en folga para estarmos todas, nin unha menos, querémonos vivas. Porque están connosco: as vítimas dos feminicidios, as lesbianas e trans asasinadas por crimes de odio, as presas políticas, as desaparecidas, as mortas por abortos inseguros, as defensoras da nosa lingua, da nosa cultura, as que sofren acoso sexual, as encarceradas por delitos menores mentres a corrupción política, a banca e os delitos que benefician ao capital quedan impunes ...

As mulleres galegas organizámonos na folga agrupándonos a todas, en todas partes, a forza do noso movemento está nos lazos que creamos entre nós, organizámonos para mudalo todo.

Porque tecemos un novo internacionalismo, porque o movemento das mulleres emerxe como potencia alternativa, porque querémonos vivas e ceibes arriscámonos en alianzas insólitas, porque estamos para nós, este 8 de marzo é o primeiro día das nosas novas vidas, porque móvenos o desexo, 2018 é o tempo da nosa revolución.


#Ninunhamenos, #querémonosvivas,
#NósParamos, #AInternacionalFeminista,                         
#ParoInternacionalDeMulleres,

Pedímosche que nos axudes a difundir a campaña e que participes no proceso unitario galego ao que se suma a MMM para lograr que neste 8M teñamos de verdade a palabra as mulleres

--
'As mulleres decidimos'
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
Teléfonos de contacto:
Coord. A Coruña 639 78 76 26
Coord. Compostela:  647735737
Coord. Vigo: 630486886
Coord. Ourense: 652140217
Coord. Ferrolterra: 636 87 86 06
Comunicación:
http://www.feminismo.info
@MMMGaliza
www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

Enviado por:
Marcha Mundial das Mulleres - Galiza
-marchagaliza@gmail.com-
26 de janeiro de 2018 17:07

_________________

domingo, xaneiro 28, 2018

Memoria Histórica Democrática, neste mes de xaneiro de 2018, realizou diferentes actos en colaboración cos concellos de Ferrol e Narón nestas datas tan significativas de lembranza da represión fascista e nazi - Presentamos os álbunes fotográficos deste eventos que tiveron lugar na nosa Comarca


Memoria Histórica Democrática realizou diferentes actos en colaboración cos concellos de Ferrol e Narón nestas datas tan significativas de lembranza da represión fascista e nazi. Presentamos os álbums fotográficos deste eventos que tiveron lugar na nosa Comarca


Álbum fotográfico en memoria das vítimas do Holocausto, no Concello de Narón. Fotografías das charlas impartidas polo profesor Enrique Barrera en representación da A.C. Memoria Histórica Democrática, no CPR Jorge Juan e no IES Terra de Trasancos, da visita guiada á Exposición "Galegos en Mauthausen" e do Acto Institucional do Concello de Narón. | Acceder ao Álbum Fotográfico.

Álbum fotográfico en memoria das vítimas do Holocausto, no Acto Institucional do Concello de Ferrol. | Acceder ao Álbum Fotográfico.

Álbum Fotográfico da Homenaxe a Amada García, do sábado 27 de xaneiro, a A.C. M.H.D. participou, representada polo Secretario e Historiador Enrique Barrera, xunto coa A. VV. de San Felipe e a familia de Amada, no Acto Institucional organizado, no Castelo de San Felipe, polo Concello de Ferrol en Lembranza de Amada García e os asasinados pola ditadura franquista. Logo do acto, a A.C. M.H.D. acompañou á familia de Amada ao Cemiterio de Serantes onde está soterrada co seu fillo Gabriel e se realizou unha sinxela ofrenda floral que se repetiu tamén no monumento ao Alcalde de Serantes Alejandro Porto Leis e aos compañeiros asasinados con el. | Acceder ao Álbum Fotográfico.



Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Realacionada:

En lembranza de Amada García e as Vítimas da Represión Franquista, esta tarde, sábado 27 de xaneiro de 2018, ás 17,30 hs, no Castelo de San Felipe, celebrara-se o Acto Institucional e Popular, organizado polo Concello de Ferrol, coa participación da familia de Amada, a asociación vecilñal de San Felipe e a Asoc. Cultural Memoria Histórica Democrática. | Ir á Web.

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
28 de janeiro de 2018 22:44
28 de janeiro de 2018 22:34

_____________________

Hoxe luns 29 de xaneiro até o 10 de febreiro podera-se visitar a Exposición fotográfica 'Galegos en Mauthausen' que organiza a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática xunto ao Concello de Narón


Hoxe lúns 29 de xaneiro: Inauguración en Narón, Exposición fotográfica "Galegos en Mauthausen" que se poderá visitar até o 10 de febreiro

Organizado polo Concello de Narón e a A.C. Memoria Histórica Democrática, o Lúns 29 de xaneiro, ás 19 hs, na Biblioteca Pública Municipal de Narón, terá lugar a inauguración pública da Exposición fotográfica “Galegos en Mauthausen”.

O historiador e Secretario de M.H.D. Enrique Barrera a explicará nunha visita guiada.

A Exposición pódese visitar at o 10 de febreiro, en horario de 17 a 20 hs, de lúns a venres e de 10 a 13 hs os sábados.

Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática

www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook: Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
28 de janeiro de 2018 22:56

_____________________

Concentración en demanda da conexión entre Santa Mariña e o Ensanche 'A' que está convocada para mañá, domingo 28 de xaneiro, ás 12:30hs, polas asociacións veciñais de Santa Mariña e do Ensanche 'A', para pedir a execución do proxecto de pasarela sobre o tendido ferroviario - Hai un acordo municipal que non se cumpre


As asociacións veciñais de Santa Mariña e do Ensanche 'A' convocaron unha mobilización veciñal en demanda da construción dunha nova conexión entre os dous barrios, pois a actual está moi deteriorada, é moi estreita e con carencias moi importantes en seguridade.

Non son demandas novas datan de hai sobre uns seis anos, chegou a ter orzamentos concretos de adif que nunca se efectivizaron. Logo con Rey varela, considerou-se que habḉia que agardar por un proxecto máis ambicioso con ponte e estrada incluída, proxectos de máis dun millón de euros. Mais a demanda de pasarela accesíbel e segura non se resolvía, nen se resolveu. Cousa que está pasando na actualidade. A veciñanza a finais do pasado ano 2017 ao Pleno e todos os grupos amosaron ao seu apoio á demanda veciñal, mais segue sen relver-se unha actuación de máis de seis anos.

Pola execución do proxecto de pasarela sobre o tendido ferroviario

A veciñanza pide unha modificación de crédito que permita a execución da pasarela e non agardar pola inclusión dunha partida nos orzamentos de 2018 que tarden en aprobar-se ou mesmo pode que non se cheguen a aprobar en todo o que queda de mandato do Alcalde, Jorge Suárez, e do seu grupo de goberno.

Este domingo 28 de xaneiro, está convocada unha nova acción de protesta para reclamar a pasarela que permita conectar ambos barrios. Hai un acordo municipal que non se cumpre. A acción consistirá, nunha cadea humana na actual pasarela sobre a vía do tren ás 12.30 horas. Por outra banda tamén se reclama, que se leven a cabo as obras de reparación necesarias, para asegurar o muro de contención de Santa Mariña, que está en moi malas condicións. Consideran que o Concello debería acometer esta actuación ante a perigosidade que supón e dotar de seguridade ao lugar.
____________

sábado, xaneiro 27, 2018

O goberno municipal de Ferrol, coa poboación máis empobrecida da Galiza, vai pasar a cobro a Taxa máis cara das sete cidades galegas, polo servizo de Sumidoiros, Saneamento e Depuración - Ante as declaracións realizadas polo Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, o pasado luns 22 de xaneiro, en referencia ao inminente cobro da Taxa, a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, fixo no Palacio Municipal, unha Declaración Pública e un chamamento á veciñanza de Ferrol, a mobilizar-se contra a continuación da estafa, polo que convoca unha Concentración para o mércores 7 de febreiro, ás 6 da tarde na Praza do Concello

Foto de José Pardo - Pleno Extraordinario do Concello de Ferrol - 10.11.2017

DECLARACIÓN PÚBLICA

Ante as declaracións realizadas aos medios polo Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, o pasado luns 22 de xaneiro, en referencia ao inminente cobro da Taxa de saneamento e depuración, a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización, quere facer a seguinte

Declaración Pública

Vivimos nunha cidade en crise, social e economicamente deprimida, principalmente por mor das políticas aplicadas polas diferentes administracións (Central, Autonómica e Local), dos partidos políticos con responsabilidade de goberno e coa apatía e complicidade das elites que controlan a cidade.

Ferrol ten o menor porcentaxe de ocupación das sete grandes cidades da Galiza e o maior porcentaxe de desemprego, moitos puntos por encima d'A Coruña e de Santiago de Compostela. Do conxunto da poboación activa maior de 16 anos, a ocupada, apenas chega aos dous terzos. O resto está desempregada, sendo a poboación inactiva (xubilada, pensionista, ...), moi superior, en miles de persoas, á activa.

As cifras oficiais amosan-nos unha realidade de emerxencia social. Miles das persoas en paro son de longa duración, moitas con cargas familiares e sen subsidio, nin prestación algunha. En Ferrol sobre o 70% das persoas en paro non teñen prestacións por desemprego. Moitos mozos e mozas están aínda sen acceder ao primeiro emprego, case unha década en paro ou camiño da emigración.

Segundo os datos da ficha estatística do IGE sobre Ferrol, en 2017 houbo bastante máis do dobre de mortes (872), que de nacementos (393), un saldo negativo de 479 persoas nun só ano. Segundo o INE, Ferrol rematou o ano con só 67.569 habitantes. O centro histórico e comercial da cidade de 21 hectáreas, ten máis de 800 locais pechados. O saldo migratorio (2016) é negativo, marcharon 280 persoas máis das que viñeron. Ferrol é unha cidade que esmorece económica e socialmente. A depresión demográfica e os índices de envellecemento da súa poboación e desemprego, son unha consecuencia, no fundamental, do declive industrial, social e económico que vive Ferrol e a comarca no seu conxunto.

Tamén sofremos a parasitación do Ministerio de Defensa, cunha débeda histórica con Ferrol, por non tributar polos seus bens inmóbeis, que ocupan centos de hectáreas, até que llo ordenou unha sentenza, e agora pretenden cobra-nos polos ben desafectados.

Por riba, a pouca plusvalía que se xera e os poucos salarios e prestacións económicas que percibimos, saen da comarca pola vía dos beneficios empresariais das grandes superficies comerciais, da industria auxiliar de Navantia e dos servizos públicos privatizados dos Concellos e doutras administracións, maiormente en mans de grandes corporacións trasnacionais.

Non son os gobernos coas súas políticas, os que están a garantir a subsistencia destes sectores de poboación, nen solucionan o problema de falta de recursos económicos das persoas en paro, senón que son, en maior parte, as familias as que cargan coa responsabilidade e fan o traballo paliativo destes, a través das axudas e o acollemento. Moitas persoas, xubiladas e pensionistas ven-se na obriga de renunciar a gozar da súa pensión, para situar-se na precariedade ao ter que axudar aos súas fillas e fillos en paro ou con traballo pobre. Ou mesmo as hipotecas pendentes. Estas mesmas persoas son as que teñen que soportar a soberbia e as malas políticas dun Alcalde e un Goberno Municipal, desleal cos seus votantes, e cos grupos municipais que o puxeron no poder local para realizar un programa determinado. En concreto respecto á remunicipalización dos servizos públicos, mais sobre todo ao compromiso dunha Taxa de Saneamento e Depuración xusta, xustificada e participada. Pola contra, volven recuperar a Taxa do PP que mesmo todos os grupos municipais e o propio Alcalde, Jorge Suárez, recoñecen que está avultada, por encima do custe real do servizo. Pasando Ferrol a ter o servizo de Saneamento e Depuración, por moito, máis caro de todas as cidades da Galiza.

Despois do engano do Partido Popular, no mandato de José Manuel Rey Varela, recepcionando e inaugurando una depuradora que non depuraba, e cobrando un recibo por un servizo que non se prestaba, tiñamos as esperanzas postas no novo Alcalde, antigo compañeiro, e a súa equipa de goberno que viñan para cambiar as cousas. Fixo todo o contrario, en vez de devolver os 800 mil euros cobrados indebidamente á veciñanza, abrir expediente informativo a Emafesa e entregar a depuradora a Augas de Galicia, como tiña anunciado no verán de 2015, en tres meses pegou unha viraxe de 180 grados, xerando, xunto con Socamex (Xestora e parte privada de Emafesa) unha débeda millonaria no servizo de augas, unha depuradora con cesión ilegal que debería estar xestionando Augas de Galicia até ser mancomunada e endosando-lle á veciñanza e ao pequeno comercio e hostalaría, o servizo de saneamento e depuración, máis caro de toda Galiza.

Polo EXPOSTO queremos DENUNCIAR PUBLICAMENTE:

PRIMEIRO.- Que o alcalde manifestou en repetidas ocasións que a taxa aprobada recentemente en Pleno e que van a pasar ao cobro, era avultada e que non reflectía o custo real. Ségueo dicindo estes días ao anunciar a inminente emisión das facturas deste servizo por parte de Emafesa. Unha Taxa que todos os grupos municipais recoñecen que é inxusta, por estar avultada e conter conceptos que non poden ser obxecto de cobro nunha taxa, como o do financiamento do saneamento do rural. Ademais de estar comprobado, non só polos propios estudos da Plataforma, senón que polos propios informes da mesma Emafesa (Novembro 2016), de Audigal, de Augas de Galicia e do Enxeñeiro Municipal. Por estar baseada nun Convenio (Encomenda) recorrido polo Concello de Narón. Os mesmos informes técnicos da Plataforma sitúan a Taxa do PP (agora ao cobro), o dobre de cara por estar baseada nun contrato eléctrico onde a potencia contratada é moi superior á necesaria (Ver Anexo 1), por avultar as estimacións de consumos eléctricos e por avultar desproporcionadamente os caudais a depurar. Por outra banda está a diferencia (un 30% menos) nos custes de explotación a maiores do que se lle chama saneamento en alta (interceptores, colectores, tanques de tempestade, impulsores e alivios), que lle foi adxudicado a Viaqua. E por último, sen o informe económico de custes preceptivo que a xustifique. De levar-se a cabo o Alcalde está incumprindo a Lei sobre taxas e prezos públicos polo cal faremos as accións que legalmente nos correspondan.

SEGUNDO.- Que están sen contestar os 200 recursos de reposición que se interpuxeron contra o acordo do Pleno do Concello de Ferrol, que se celebrou o día 15 de novembro de 2017, onde se aprobou a “proposta para declarar finalizada a suspensión da aplicación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola depuración de augas residuais, publicada no BOP con data 3 de setembro de 2014”. Mesmo nin foron levados á Comisión Municipal Informativa de Economía e Facenda.

TERCEIRO.- Que segundo a mencionada Lei sobre taxas e prezos públicos, é obrigado devolver as taxas cobradas "cando non se realizase o seu feito impoñíbel por causas non imputábeis ao suxeito pasivo". O Concello ten sen devolver os 800.000 euros, dos cobros indebidos efectuados en xaneiro e febreiro de 2015.

QUARTO.- Que o prezo total do servizo de sumidoiros e depuración de augas residuais é o máis alto das oito principais cidades de Galiza (Ver Anexo 2).

QUINTO.- A falta de comunicación á veciñanza de Ferrol, pois se non lle chega a preguntar un xornalista pola Taxa, non nos enteraríamos até que chegaran os recibos ás nosas casas. Polo que reiteramos a nosa denuncia de falta de comunicación debida, pois non se informa de cando vai Emafesa a proceder ao cobro, número de meses que se van a facturar, como, e desde que data; e como e cando se van devolver os 800.000 euros, dos cobros indebidos efectuados en xaneiro e febreiro de 2015.


CHAMAMENTO Á MOBILIZACIÓN

En vista da situación chamamos á veciñanza de Ferrol a mobilizar-se contra a continuación da estafa, polo que convocamos unha CONCENTRACIÓN a celebrar o mércores 7 de febreiro ás 6 da tarde na Praza do Concello de Ferrol.

Clicar encima da imaxe para ampliar

Ferrol, a 25 de xaneiro, de 2018


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es



---

En lembranza de Amada García e as Vítimas da Represión Franquista, esta tarde, sábado 27 de xaneiro de 2018, ás 17,30 hs, no Castelo de San Felipe, celebrara-se o Acto Institucional e Popular, organizado polo Concello de Ferrol, coa participación da familia de Amada, a asociación vecilñal de San Felipe e a Asoc. Cultural Memoria Histórica Democrática


HOXE ÁS 17,30 EN SAN FELIPE, HOMENAXE A AMADA GARCÍA E ÁS VÍTIMAS DA REPRESIÓN FRANQUISTA

Esta tarde, ás 17,30 hs, no Castelo de San Felipe, se celebrará o Acto Institucional, organizado polo Concello de Ferrol, coa participación da familia de Amada, a A. VV. San Felipe e a Asoc. Cultural Memoria Histórica Democrática, en lembranza de Amada García e as Vítimas da Represión Franquista.

Amada García Rodríguez, unha muller loitadora e na vangarda do feminismo, combativa en dereitos e igualdade, e comprometida coa liberdade e a democracia que foi executada no Castelo de San Felipe o 27 de xaneiro de 1938, hai case 80 anos cando ela tan so contaba con 28 anos.

Natural de Mugardos, Amada foi condenada a morte pola súa militancia comunista cando estaba embarazada do seu segundo fillo. Foi asasinada a tiros xunto con outras 7 persoas aos 88 días de dar a luz a un neno ao que chamou Gabriel.

A A.C. M.H.D. ven organizando este Acto, xunto coa familia de Amada, desde 2010, e desde o pasado ano converteuse nun Acto Institucional do Concello de Ferrol.

M.H.D. estará tamén presente, acompañando á familia, ao remate do acto de San Felipe, nunha ofrenda floral no cemiterio de Serantes onde está enterrada Amada e o seu fillo Gabriel, a máis de moitos dos asasinados pola represión franquista.​

--
Visita as nosas páxinas web:
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
27 de janeiro de 2018 09:59

______________

mércores, xaneiro 24, 2018

O Concelleiro da esquerda de Narón, Abeledo rexistra pola vía de 'urxencia' unha moción para solicitar a retirada do proxecto de modificación da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia e en apoio ás mobilizacións convocadas por SOS Sanidade Pública para tal fin


André Abeledo rexistra pola vía de "urxencia" unha "MOCIÓN PARA SOLICITAR A RETIRADA DO PROXECTO DE MODIFICACIÓN DA LEI 8/2008 DE SAÚDE DE GALICIA E EN APOIO ÁS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS POR SOS SANIDADE PÚBLICA PARA TAL FIN".


O Concelleiro André Abeledo explica que a Lei de Saúde de Galicia do ano 2008, estableceu as normas polas que se ten que rexer o Sistema Sanitario Público de Galicia. Esta Lei contempla unha  Sanidade Pública, Universal, Gratuíta e de Calidade, tal e como manda o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Constitución do Estado Español. Agora a Xunta pretende cambiar esta Lei mediante un proxecto que:

1.- Reduce a participación social   na xestión e control do sistema.

Cambia a composición dos órganos de participación e súas funcións dos mesmos. Esta modificación faría imposible o control previo e a  aprobación do Plan Galego de Saúde, os contratos de servizos, os concertos co sector privado, subvencións, memorias anuais, orzamentos,  prestacións sanitarias e carteiras de servizos.

Tamén modifica  a composición e funcións do Consello de Saúde de Área e  crea un novo Consello Asesor de Pacientes,  deixando pendente a regulación da súa composición e funcionamento, responsabilidade que traslada as Xerencias de Área. A Consellería de Sanidade elixirá ademais quen poderá participar no mesmo, que deberán facer as  entidades participantes. O Proxecto e suprime o artigo 25 (apartado 5. d) que establecía que “ o Consello e Saúde debería coñecer os contratos de servizos sanitarios, concertos e subvencións na área sanitaria".

2.- Reduce as Áreas Sanitarias e mantén as Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS).

Reduce á actuais  Áreas Sanitarias de 11 a 7 coa intención de equiparar as mesmas ás Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXIS), creadas para suprimir as Xerencias de Atención Primaria (AP) que foron absorbidas polos hospitais. De este xeito a AP quedou sometida a hospitalaria perdendo orzamento e autonomía, polo que o sistema sanitario volve ao modelo curativo (reparación do dano) en detrimento da promoción e prevención, moito mais racional e eficiente para a saúde da poboación.

3.- Desmantela e recorta os recursos dos hospitais comarcais, que acercan a atención hospitalaria as poboación rural aleixada dos grandes hospitais.

Preténdese eliminar as Áreas Sanitarias de Monforte, A Mariña, Barco de Valdeorras  e o Salnés, polo que os hospitais das mesmas pasarían a depender dos hospitais das  Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS) de  Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo. As áreas dos hospitais comarcais se transforman en Distritos Sanitarios que son estruturas territoriais de menor rango, capacidade de xestión, orzamento e recursos.

4.- Mantén e consolida a selección dos traballadores sanitarios por libre designación, en lugar de por coñecemento, mérito e capacidade demostrada  en probas,  examines e concursos.

Esta decisión  perpetúa a arbitrariedade  o enchufismo na contratación do persoal sanitario, en detrimento da calidade da atención, da equidade e da xustiza.

5.- Consolida a privatización de formación, investigación e innovación dos sistema sanitario público galego. Mantén a amplía a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, parasitada por laboratorios e empresas tecnolóxicas e fondos de investimento internacional. De esta manara o SERGAS financiará e poñerá os seus centros, profesionais, equipamento e pacientes o servizo da experimentación de laboratorios, multinacionais e fondos de investimento, que farán grandes negocios cos resultados da mesma: O SERGAS pagara a investigación e ás multinacionais comercializaran os resultados.  Preténdese por o Sistema Sanitario Público ao servizo do desenvolvemento empresarial, en lugar de garantir a saúde da poboación.

Debemos ser conscientes de que están en xogo Sanidade Pública que ata agora protexeu o ben máis importante que temos como e a saude. O sistema Sanitario Público e algo que conseguimos entre tod@s coa democracia. Si deixamos que o privaticen, as xeracións futuras non nolo perdoarán.

Por ese motivo solicitará o apoio dos grupos do consistorio tanto para a aprobación da "URXENCIA" como dos seguintes ACORDOS da Moción:

1.- Instar á Xunta á retirada do Proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde.

2.- Instar á Xunta a apertura de un proceso de debate e negociación participativa para:

- Manter e reforzar os hospitais comarcais para garantir a asistencia de saúde a toda a poboación en condicións de igualdade.

- Recuperar as Xerencias de Atención Primaria, que recupere a súa autonomía e capacidade resolutiva, para promover e previr a saúde da   poboación.

- Desenvolver e potenciar a formación, investigación e innovación con recursos públicos.

 - Potenciar a Participación Social, sen exclusións, en todas as estruturas do sistema sanitario.

- Garantir a equidade de acceso ao sistema dos mellores profesionais e traballadores en base a criterios de igualdade, mérito e capacidade.

3.- Apoiar explicitamente a mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública para o vindeiro 4 de febreiro en Santiago de Compostela pola retirada  do Proxecto de Modificación da Lei 8/2008 de saúde de Galicia.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
23 de janeiro de 2018 11:56

______________

domingo, xaneiro 21, 2018

O Foro Galego de Inmigración, reunido esta fin de semana en Ferrol, entre outras resolucións, acordou promover un Encontro Aberto dos movementos sociais para artellar unha acción conxunta que formule as modificacións precisas do anteproxecto que desenvolve e regula a Lei de Inclusión Social que integra a Risga, para que entre outras cousas, esta contemple o acceso á mesma das persoas en situación de irregularidade administrativa


O Foro Galego de Inmigración, reunido esta fin de semana en Ferrol, entre outras resolucións, acordou promover un Encontro Aberto dos movementos sociais para artellar unha acción conxunta que formule as modificacións precisas do anteproxecto que desenvolve e regula a Lei de Inclusión Social que integra a Risga, para que entre outras cousas, esta contemple o acceso á mesma das persoas en situación de irregularidade administrativa. Este anteproxecto recibiu alegacións dentro do prazo que rematou o pasado venres 19 de xaneiro. Temos que destacar que esta é unha Lei que foi aprobada en 27 de novembro de 2013 e que se previa o seu desenvolvemento en seis meses unha vez aprobada(Estamos en xaneiro de 2018). A súa falta de desenvolvemento e regulamentación provocou unha situación de arbitrariedade á hora de conceder as axudas, estado de cousas que vai seguir, pois a súa aprobación definitiva está previsto que sexa para despois do verán. Esta desidia institucional do goberno da Xunta e en particular da Consellaría de Política Social, está provocando indefensión e inxustiza sobre o sector da poboación máis vulnerábel. Consellaría da que é responsábel José Manuel Rey Varela, o mesmo que di que o pobo de Ferrol clama por el, para que volva de Alcalde, despois de perder case 3.500 votos nas últimas eleccións municipais, despois da súa nefasta política municipal e querer enganar-nos cun falso saneamento.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

CAMPAÑA POLO DECRETO DA RISGA QUE EXCLÚE ÁS PERSOAS MIGRANTES EN SITUACIÓN DE IRREGULARIDADE ADMINISTRATIVA DESTA PRESTACIÓN BÁSICA

Na xuntanza asemblearia do Foro Galego de Inmigración celebrada este sábado día 19 de Xaneiro en Ferrol (no Ateneo desa cidade), as persoas en representación das asociacións e entidades do Foro procedentes de diferentes lugares de Galicia.

ACORDAMOS:

Promover unha Campaña, cun Encontro Aberto con outras entidades sociais, colectivos e movementos sociais interesados nesta cuestión, para artellar unha Declaración Conxunta que recolla as principais modificacións que serían imprescindibles para facer minimamente asumible este Decreto, entre ás que naturalmente propoñeremos o acceso a esta prestación para o colectivo de persoas en situación de irregularidade administrativa. Ademáis incluiremos outras propostas que se acorden no marco dese Encontro Aberto no que convidaremos a entidades sociais significativas, redes e movementos sociais, colexios profesionais implicados e outros grupos e persoas interesadas.

Despois de presentar alegacións formais o Decreto e unha vez rematado ese prazo, antes da aprobación definitiva no mesmo queremos facer un chamamento ás entidades e movementos e a cidadanía en xeral para tentar evitar unha inaceptable discriminación dun colectivo e facer posible tamén para toda a cidadanía un dereito social, a través dunha renda mínima decente.

--
Foro Galego de Inmigración - Coordinadora de Ferrolterra
ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com
En Ferrolterra podes atopar-nos no Facebook.

Foro Galego de Inmigración
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
http://www.forogi.wordpress.com

Enviado por:
Foro Inmigracion Ferrolterra
-ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com-
21 de janeiro de 2018 17:1

_________________

Documentación:
PROXECTO  DE  DECRETO  DE DESENVOLVEMENTO DA LEI 10/2013, DO 27 DE NOVEMBRO, DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA, NO RELATIVO Á TRAMITACIÓN DA RENDA  DE  INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA  E  DAS AXUDAS DE INCLUSIÓN SOCIAL. | 151 páxinas en formato pdf | Acceder/Baixar.

Relacionadas:

* O Foro Galego de Inmigración, reune-se en Ferrol esta fin de semana - Sábado 20 de xaneiro ás 11 da mañá no Ateneo Ferrolán - Como se ten acordado con antelación de rotar polas diferentes comarcas da Galiza, comeza-se o ano facendo a súa xuntanza de coordinación galega en Ferrolterra. | Ir á Web.

* Campaña de alegacións colectivas ao decreto da RISGA - Fronte a “esmola social” da RISGA e do resto de políticas sociais propoñemos a creación dun novo dereito que supere a política vixente prestacións e axudas sociais que non eliminan nin o empobrecemento nin a desigualdade - Modelos Alegacións. | Ir á Web.

Modelo Alegacións presentadas:

modelo_alegacion_decreto_RISGA.odt_____________

venres, xaneiro 19, 2018

Conta atrás para alegar, pois onte 18 de xaneiro de 2018, foi publicado o anuncio de sometemento a información pública do Proxecto de Saneamento na Malata, conforme o Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol - E que són 30 días habiles de prazo para poder alegar

Aínda que xa o sabiamos, pois o proxecto é de 2014, volve-se apostar por un Sistema de Saneamento Unitario, onde as augas fecais xuntan-nas coa pluviais e industriais, en colectores e tanques de tempestades unitarios prevendo-se alivios dos mesmos en días diferentes días do ano e non importando o coste enerxético que supón ter que bombear e depurar tamén a auga da chuvia e sobre todo nunha zona en grande parte rural.

Proxecto de Saneamento na Malata, conforme o Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol


Anuncio no BOP

O 18 de setembro do pasado ano 2017 a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (Beatriz Mato) e o Alcalde do Concello de Ferrol (Jorge Suárez) asinaron o “Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello para a execución de saneamento na Malata. Cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) nun 80%, no marco do programa operativo FEDER GALICIA 2014-2020”.

O obxecto desde Convenio é establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no “Saneamento na Malata. Ferrol (A Coruña). OH 315.1077”, a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

A cláusula “TERCEIRA.- OBRIGAS XERAIS DO CONCELLO” do devandito Convenio, no seu apartado 1, indica a obriga de someter o proxecto das obras de referencia (remitido por Augas de Galicia ao Concello) a información pública, mediante publicación no Boletín Oficial da Provincia, por un prazo non inferior a 30 días hábiles, e emitir unha certificación acreditativa de telo sometido a este trámite, á que se xuntará, no seu caso, un informe onde se dea contestación ás alegacións presentadas.

En cumprimento de dita Cláusula Terceira, sométese a información pública o proxecto de “Saneamento na Malata. Ferrol (A Coruña). OH 315.1077”, polo período de 30 días hábiles a computar dende o seguinte día hábil ó da publicación do presente anuncio no BOP da Coruña.

Calquera interesado poderá consultar o proxecto na páxina web do Concello de Ferrol, ou presencialmente nas dependencias de Urbanismo do Concello de Ferrol (rúa María 52-54, 5º andar) en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

As alegacións ou reclamacións poderán presentarse no Rexistro do Concello ou por calquera medio dos admitidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro , do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, dentro do prazo de 30 días hábiles de exposición pública.


Tomos do Proxecto que está a información pública

TOMO I DE IV "Documento nº1 Memoria y Anejos Memoria y Anejos del 1 al 11", de 513 páxinas, asinado polo enxeñeiro Manuel Quintana López, con data de febreiro de 2014 e visado no Colexio o 18 de novembro de 2016, da empresa EPTISA SERVICIOS DE INGENIERÍA S.L.

TOMO II DE IV (Continua) "Documento no 1 Memoria y Anejos del 12 al 26", de 554 páxinas, asinado polo enxeñeiro Manuel Quintana López, con data de febreiro de 2014 e visado no Colexio o 18 de novembro de 2016, da empresa EPTISA SERVICIOS DE INGENIERÍA S.L.

TOMO III DE IV "Documento nº2 Planos Documento e nº3 Pliego de Prescripciones Técnicas", de 363 páxinas, asinado polo enxeñeiro Manuel Quintana López, con data de febreiro de 2014 e visado no Colexio o 18 de novembro de 2016, da empresa EPTISA SERVICIOS DE INGENIERÍA S.L.

TOMO IV DE IV "Documento nº4 Presupuesto e Documento nº5 Estudio de Seguridad y Salud", de 382 páxinas, asinado polo enxeñeiro Manuel Quintana López, con data de febreiro de 2014 e visado no Colexio o 18 de novembro de 2016, da empresa EPTISA SERVICIOS DE INGENIERÍA S.L.


Enlaces, documentos e referencias:


Proxecto


Exposición pública do Proxecto na Web oficial do Concello de Ferrol. | Ir á Web.

* Anuncio no BOP. | Baixar.

* Proxecto comprimido e n ficheiro zip 4 doc. en formato pdf. | Baixar.


Convenio na páxina do Concello

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL AUGAS DE GALICIA E O CONCELLO DE FERROL PARA A EXECUCIÓN DA ACTUACIÓN DE SANEAMENTO NA MALATA

Nota: este Convenio na páxina web oficial do Concello de Ferrol figura como "Pendente" de asinar (mais na web da Xunta figura asinado o 18 de setembro de 2017) cos seguintes datos e non está exposto ao público:

Nº Expedente: 2017003869    
Referencia: CONV 1/17
Institución: AUGAS DE GALICIA.
Asunto: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL AUGAS DE GALICIA E O CONCELLO DE FERROL PARA A EXECUCIÓN DA ACTUACIÓN DE SANEAMENTO NA MALATA. CONCELLO DE FERROL (A CORUÑA) CONFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) NUN 80%, NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020.
Estado: PENDENTE.


Debate da proposta de Convenio no Pleno do 27 de xullo de 2017
(É interesante escoitar ou ler o que alegaba cada grupo municipal para apoiar ou non este Convenio cuxo obxecto está exposto no paragrafo):

* Acta do Pleno. En formato Doc. De 119 páxinas. Desde a páxina 18 á 32. | Baixar.

* Vídeo do Pleno na Canle do Concello. Desde o minuto 40. | Ir á Canle.

Convenio no sitio da Plataforma

No noso blogue hai esta referencia sobre o Convenio co visto bo do Secretario do Concello de Ferrol:

Auga - 2017.09.19 |  Expediente 2017003869 | Nº referencia CONV 1/17 | Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a execución da actuación de saneamento na Malata. Concello de Ferrol (A Coruña) confinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80%, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. | O Covenio foi aprobado polo Pleno do Concello de Ferrol o xoves 27 de Xulllo de 2017. | Acceder/Baixar.


Convenio na Web da Xunta

Consulta do Convenio e situación na Web da Xunta de Galicia, onde di que foi asinado o 18.09.2017

ACTUACIÓN DE SANEAMENTO NA MALATA. CONCELLO DE FERROL (A CORUÑA), COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) NUN 80%, NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020.

Neste enlace están os datos e os textos tanto do convenio, como da súa Memoria Xustificativa. Ir á Web.

---

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es---
---

O goberno de Ferrol traza unha diagnose integral do barrio de Recimil - A concelleira María Fernandez Lemos de Urbanismo, Vivenda... e Saínza Ruiz Ferreño de Benestar Social... avanzaron as fases dun plan no que están implicadas todas as áreas de xestión municipal - Entre outros, a intención do Goberno é acondicionar 30 vivendas para destinalas a usuarios de Benestar Social

Barrio de Recimil (Ferrrol) - Foto de Jorge Meis - 20 de xaneiro de 2017

O GOBERNO TRAZA UNHA DIAGNOSE INTEGRAL DE RECIMIL E DESEÑA UNHA INTERVENCIÓN SOCIOCOMUNITARIA MULTIDISCIPLINAR


O Goberno local ven de trazar unha diagnose integral do barrio de Recimil para coñecer, con datos actualizados e rigorosos, a realidade dunha barriada que é o segundo parque mais grande do Estado de vivenda pública e municipal a fin de activar unha intervención sociocomuninaria multidisciplinar real i efectiva para saldar a débeda histórica coa súa veciñanza e procurar a mellora da habilitabidade das súas vivendas e da convivencia dos seus habitantes nun barrio dotado e cohesionado.

As concelleiras de Urbanismo e Vivenda, María Fernández Lemos, e de Benestar Social, Saínza Ruiz, presentaron este mediodía en rolda de prensa os primeiros resultados de varias semanas de traballo dos concelleiros e dos técnicos de todas as áreas do Goberno local, desde Patrimonio a Rehabilitación e Vivenda, pasando por Seguridade, Obras, Centro de Recursos Informáticos (CRI) e Servizos Sociais, coordinados desde a Área de Urbanismo, en reunións quincenais desde o pasado mes de outubro para avanzar no deseño do plan, na recompilación e lectura dos datos e sentar as bases para pasar do diagnóstico a intervención sobre a base duns datos rigorosos e mapificados que sirvan de base a calquera traballo posterior no barrio.

Por primeira vez, facemos unha diagnose técnica multidisciplinar e posta en común no que nos coordinamos e implicamos desde todas as áreas cun traballo en rede moi frutífero e positivo recollendo os datos de todas as áreas: obras, patrimonio, seguridade... para poder presentar esta estratexia que imos seguir de aquí en diante, mais aló do social, para facer de Recimil o que debera ser”, manifestou a concelleira de Benestar.

Todos os membros do Goberno estamos implicados neste plan transversal. ¿Por qué? Porque era un dos obxectivos programáticos do Goberno e porque aprobamos dúas mocións para intervir no barrio”, manifestou a edil de Urbanismo, María F. Lemos. “Cando falamos de Recimil temos que falar das persoas porque todos sabemos dos problemas que ten o barrio e temos que apostar pola rexeneración urbanística e por todos estes plans que farían del un barrio exemplar e un orgullo”, engadiu.

O plan de traballo multidisciplinar para Recimil persegue, en dúas fases (diagnose e execución), os seguintes obxectivos:
  1. Rexeneración e recuperación do patrimonio edificado da cidade no segundo parque de vivenda pública mais grande do Estado con 1.006 vivendas de propiedade municipal- mais desde unha perspectiva sostible, a través de programas de rehabilitación e rexeneración urbana co apoio de financiación externa vía programas e fondos Edusi (UE), POS (Deputación), ARIS, Fondo Social Europeo, Pareer (UE), Caixa Pro Infancia,...
  2. Fixar estratexias que melloren a calidade de vida da veciñanza e a sostenibilidade da cidade.
  3. Desenvolver liñas de actuación na procura da mellora das condicións de vida e o desenvolvemento da eficiencia enerxética nas vivendas e da cohesión social e o equilibrio dos barrios da cidade, e de Recimil, no particular.
Cales foron os primeiros pasos? Logo de constituír esa equipa multidisciplinar, e recompilar os datos e estudos do pasado, cruzar datos entre áreas, pasouse a unha fase activa para facer unha comprobación o mais certeira posible do estado das rendas e alugueiros -logo do último proceso de regularización do censo no barrio artellado desde Patrimonio.

Os encargados de facer este traballo de campo, segundo explicaba a concelleira de Urbanismo, María Fernández Lemos, foron un equipo integrado por un axente da policía municipal, un técnico de Benestar Social, un técnico da Oficina de Rehabilitación e outro de Obras.

A conclusión é que do parque total de 1.006 vivendas son 840 alugadas, con rendas que van desde 5 a 250 euros mensuais, e un total de 102 as vivendas en estudo, isto é algunhas delas con ocupacións irregulares, tapiadas, pendentes de intervención dalgún tipo (revisión, obras de mellora da habitabilidade..) o que, sinxelamente, non se puido acceder as mesmas para coñecer a realidade da vivenda a dos seus habitantes.

Todo isto, foi envorcado nunha base de datos e mapificación do barrio desde o Centro de Recursos Informáticos do Concello para garantir a súa perdurabilidade e deixar este traballo, esta diagnose, a disposición de calquera intervención presente ou futura desta ou doutras Administracións Públicas.

Con respecto aos danos da vivenda, apuntaba Lemos, a causa mais habitual son provocados pola auga (humidades 67%) e xilófagos na estrutura das cubertas. Segundo lembraba hoxe a concelleira de Urbanismo, a mellora da envolvente enerxética de 72 vivendas de 10 portais en dous bloques das rúas Dez do Marzal e Narón con cargo aos ARIS faise, concretamente, nestas construcións porque a diagnose da Oficina de Rehabilitación pon de manifesto que son os que presentaban un peor estado e aconsellaba a intervención mais urxente.

A intención do Goberno é acondicionar 30 vivendas para destinalas a usuarios de Benestar Social, a maiores das 26 que adxudicara o anterior executivo, actualizando o censo da lista de espera dun proceso que se iniciara no ano 2010 e aínda inconcluso.

Para isto, explicaba a concelleira Ruiz, hai que facer a comprobación do estado das 26 anteriores -ocupación real e habitabilidade- e das 30 futuribles coa redacción dunhas novas bases que, ademais de Benestar Social, atendan e incorporen as opcións de adxudicar vivendas a outros segmentos que poidan ter necesidade de vivenda: maiores de 65, comunidade universitaria, familias con menores, diversidade funcional, ... a fin de procurar un barrio cohesionado, equilibrado para unha convivencia interxeracional.

Ferrol, 18 de xaneiro de 2018.-

Gabinete de Comunicación

Fonte: Novas - Web Oficial do Concello de Ferrol
______________________

xoves, xaneiro 18, 2018

Apresentaçom do número 3 da revista Kallaikia e concerto de Ulträqäns esta fim de semana na Fundaçom Artábria - A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza


Na sexta-feira 19 decorrerá às 20.30hs a apresentaçom do número 3 da revista de estudos galegos KALLAIKIA. Contaremos com a presença das colaboradoras de este número: Catarina Cortiças, licenciada em Geografia pola UDC e Ténica Superior em Química Ambiental; Joám L. Ferreiro Caramês, biólogo na Confraria de Pescadores de Baralhobre e Maurício Castro, docente de português na EOI de Ferrol.


No sábado 20 de janeiro desde a Corunha aterrizam em Ferrol os Ulträqäns que trazeram as suas melodias electro-folque-dance-tradicionais construídas com ladridos em semicorcheas e ouvidos de fusas e parafusa. O concerto começará às 22.30h e será de graça.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
18 de janeiro de 2018 16:47
_____________

Presentación de moción e deliberación no Pleno de Ferrol celebrado o 30 de novembro de 2017, onde se acordou solicitar a retirada do anteproxecto de Lei de Saúde do PP que pretende modificar a Lei de Saúde de 2008 aprobada no tempo do goberno bipartito (PSdeG-PSOE e BNG), sendo Conselleira de Sanidade María Xosé Rubio Vidal - Enlaces ao Anteproxecto do PP, Lei de 2008, Vídeo e Acta do Pleno


Presentación de moción e deliberación no Pleno de Ferrol, celebrado o 30 de novembro de 2017, onde se acordou solicitar a retirada do anteproxecto de Lei de Saúde do PP que pretende modificar a Lei de Saúde de 2008, bastante máis progresista, aprobada no tempo do goberno bipartito (PSdeG-PSOE e BNG), sendo Conselleira de Sanidade María Xosé Rubio Vidal
, e presidente de Galiza Emilio Pérez Touriño. O PP quere cargar-se est Lei para poder aplicar con máis facilidade as políticas neoliberais e privatizadoras do Partido Popular no sector sanitario.
Quentando motores para as mobilizacións que a plataforma galega SOS-SANIDADE PÚBLICA, ten convocado para o mércores 24 de xaneiro nas diferentes comarcas da Galiza, e o sábado 4 de febreiro en Santiago de Compostela. En concreto en Ferrolterra, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol que participa na mencionada plataforma galega, ten convocado unha Concentración o 24X, ás 19:30hs, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

Polo seu interese, Mel Sanxoán como coordinador da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, envía a moción que presentou aos grupos municipais de Ferrol, para o seu debate e aprobación en Pleno, cousa que ocorreu no Pleno Ordinario, celebrado no último xoves do mes de novembro do pasado ano 2017.


14.MOCIÓN DOS GRUPOS MUNICIPAIS DE FERROL EN COMÚN, SOCIALISTA, BLOQUE NACIONALISTA GALEGO E CIUDADANOS A FAVOR DA RETIRADA DO ANTEPROXECTO DE MODIFICACIÓN DA LEI GALEGA DE SAÚDE DO ANO 2008.- Examinada a moción que presentan os grupos de FeC, PSG-PSOE, BNG e C´s, que textualmente di: “O Grupo Municipal de Ferrol en Común, ao abeiro do disposto nos artigos 104 do Regulamento orgánico do Concello de Ferrol e nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, presenta ao Pleno da Corporación Municipal á moción relativa á solicitude para a retirada do anteproxecto de modificación da Lei Galega de Saúde do ano 2008".

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Lei de Saúde de Galicia do ano 2008, estableceu as normas polas que se ten que rexer o Sistema Sanitario Público de Galicia. Esta Lei contempla unha Sanidade Pública, Universal, Gratuíta e de Calidade, tal e como manda o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Constitución do Estado Español. Agora a Xunta pretende cambiar esta Lei mediante un Anteproxecto que:

1.- Reduce a participación social na xestión e control do sistema.

Cambia a composición dos órganos de participación e súas funcións dos mesmos. Esta modificación faría imposible o control previo e a aprobación do Plan Galego de Saúde, os contratos de servizos, os concertos co sector privado, subvencións, memorias anuais, orzamentos, prestacións sanitarias e carteiras de servizos.

Tamén modifica a composición e funcións do Consello de Saúde de Área e crea un novo Consello Asesor de Pacientes, deixando pendente a regulación da súa composición e funcionamento, responsabilidade que traslada ás Xerencias de Área. A Consellería de Sanidade elixirá ademais quen poderá participar no mesmo, que deberán facer as entidades participantes. O Anteproxecto suprime o artigo 25 (apartado 5. d) que establecía que “o Consello de Saúde debería coñecer os contratos de servizos sanitarios, concertos e subvencións na área sanitaria".

2.- Reduce as Áreas Sanitarias e mantén as Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS).

Reduce ás actuais Áreas Sanitarias de 11 a 7 coa intención de equiparar as mesmas ás Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXIS), creadas para suprimir as Xerencias de Atención Primaria (AP) que foron absorbidas polos hospitais. De este xeito a AP quedou sometida a hospitalaria perdendo orzamento e autonomía, polo que o sistema sanitario volve ao modelo curativo (reparación do dano) en detrimento da promoción e prevención, moito mais racional e eficiente para a saúde da poboación.

3.- Desmantela e recorta os recursos dos hospitais comarcais, que acercan a atención hospitalaria á poboación rural aleixada dos grandes hospitais.

Preténdese eliminar as Áreas Sanitarias de Monforte, A Mariña, Barco de Valdeorras e o Salnés, polo que os hospitais das mesmas pasarían a depender dos hospitais das Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS) de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo. As áreas dos hospitais comarcais se transforman en Distritos Sanitarios que son estruturas territoriais de menor rango, capacidade de xestión, orzamento e recursos.

4.- Mantén e consolida a selección dos traballadores sanitarios por libre designación, en lugar de por coñecemento, mérito e capacidade demostrada en probas, examenes e concursos.

Esta decisión perpetúa a arbitrariedade o enchufismo na contratación do persoal sanitario, en detrimento da calidade da atención, da equidade e da xustiza.

5.- Consolida a privatización de formación, investigación e innovación do sistema sanitario público galego.

Mantén a amplía a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, parasitada por laboratorios e empresas tecnolóxicas e fondos de investimento internacional. De esta maneira o SERGAS financiará e poñerá os seus centros, profesionais, equipamento e pacientes ó servizo da experimentación de laboratorios, multinacionais e fondos de investimento, que farán grandes negocios cos resultados da mesma: O SERGAS pagara a investigación e as multinacionais comercializaran os resultados. Preténdese por o Sistema Sanitario Público ao servizo do desenvolvemento empresarial, en lugar de garantir a saúde da poboación.

Debemos ser conscientes de que están en xogo Sanidade Pública que ata agora protexeu o ben máis importante que temos como é a saúde. O sistema Sanitario Público é algo que conseguimos entre tod@s coa democracia. Si deixamos que o privaticen, as xeracións futuras non nolo perdoarán.

Por todo o exposto, a Plataforma SOS Sanidade Pública, propón para o seu debate e consideración no pleno, a adopción dos seguintes acordos:

1.Retirada do Anteproxecto de modificación da Lei Galega de Saúde.

2. Apertura de un proceso de debate e negociación participativa para:

- Manter e reforzar os hospitais comarcais para garantir a asistencia de saúde a toda a poboación en condicións de igualdade.

- Recuperar as Xerencias de Atención Primaria que recupere a súa autonomía e capacidade resolutiva, para promover e previr a saúde da poboación.

- Desenvolver e potenciar a formación, investigación e innovación con recursos públicos.

- Potenciar a Participación Social, sen exclusións, en todas as estruturas do sistema sanitario.

- Garantir a equidade de acceso ao sistema dos mellores profesionais e traballadores en base a criterios de igualdade, mérito e capacidade.”

Previa deliberación, a Corporación, en votación ordinaria e por maioría de catorce votos a favor, correspondentes ós sres./as. membros dos grupos de Ferrol en Común, Socialista, Bloque Nacionalista Galego e Ciudadanos e as sras. Fernández Lemos, Méndez Fonte e a sra. Leira Penabad, fronte a once votos en contra, correspondentes ós sres./as. membros dos grupos  Popular, acordou aprobar a moción  transcrita.

DELIBERACIÓN

SR. ALCALDE: Vamos a dar a quenda de palabra pola orde que vén na moción.

SRA. RUIZ FERREÑO: Primeiramente agradecer á Plataforma pola Sanidade Pública, en especial ó seu voceiro Manuel, por terme enviado un modelo de moción e esta demanda e tamén ó resto de grupos que presentamos conxuntamente esta moción.

En primeiro lugar, pois traemos hoxe aquí unha proposta moi clara, moi sinxela, é unha moción a favor da retirada do anteproxecto de modificación da Lei galega de saúde do ano 2008. Nese sentido, pois pedimos no primeiro punto a propia retirada e a segunda, a apertura do proceso de debate e de negociación participativa pois para varias cuestións que implican esta modificación. A primeira, pois para potenciar a participación social sen recursos e sen exclusións de todas as estruturas do sistema sanitario. Esta modificación o que fai, faría imposible o control previo á aprobación do Plan Galego de Saúde. É dicir, determinaría menos participación e limitaría as funcións e a composición propias do Consello de Saúde, as áreas. É dicir, o Consello Asesor de Pacientes. Cada vez pois poderían intervir menos e facer menos propostas e controlar menos a xestión da saúde pública.

Como segundo punto, pois recuperar as xerencias de atención primaria, que recupere a súa autonomía e capacidade resolutiva para promover e previr a saúde da poboación.

Bueno, recentemente o que se propón dende o goberno da Xunta de Galicia é reducir as actuais áreas sanitarias de 11 a 7. É dicir, amortizarían as áreas sanitarias de Monforte, da Mariña, do Barco de Valdeorras e do Salnés e intentarían que as áreas dos hospitais comarcais se transformasen en distritos sanitarios meramente. É dicir, limitar os centros de saúde da súa capacidade de xestión, de orzamento, de capacidade de recursos e tamén pois de menor rango. É dicir, funcionarían como un pequeno distrito das áreas de Santiago de Compostela, da Coruña, de Ferrol, de Lugo, de Pontevedra, de Ourense e de Vigo. Cada vez menos competencias e loxicamente cada vez pois tamén primarían vostedes menos a atención primaria que, como saben, hai numerosos estudios científicos que avalan que a prevención e a atención primaria pois diminúe un montón de custes da sanidade pública e estarían convertendo a sanidade pública realmente nun modelo máis ben asistencial, caritativo ou intervencionista cando xa o dano está feito e non como esixen todos os profesionais sanitarios ou esiximos todos os profesionais sanitarios que se faga a prevención, porque está demostrado que, en numerosos estudios científicos, bueno pois con datos estatisticamente significativos se demostra que loxicamente a prevención e a atención primaria pois diminúen os custes do Estado na inversión da sanidade pública.

Tamén outros puntos que propoñemos é manter e reforzar eses hospitais comarcais e recuperar a asistencia de atención primaria.

Por último, garantir a equidade e o acceso ó sistema dos mellores profesionais e traballadores en bases de criterios de igualdade, mérito e capacidade. Porque o certo é que esta modificación o que promove é claramente, descaradamente, consolidar a selección dos traballadores sanitarios por libre designación. Se aumentan cuantiosamente esas plazas de libre designación ó noso sistema sanitario e, bueno, dicir que ata unha semana antes de entrar de concelleira traballaba nun centro público como sanitaria e as condicións dos traballadores e traballadoras en base a estas libres designacións e á diminución de atención primaria e a aposta polas unidades específicas na nosa comarca, como pode ser pois maxilofacial ou a unidade especializada en abestosis, pois cada vez son peores, son moito máis precarias e, neste sentido, esta modificación o que fai é, bueno, pois potenciar a privatización da sanidade pública a prol das empresas privadas. Porque o certo tamén é que con esta modificación inclúen vostedes, o goberno da Xunta de Galicia, pois a privatización da formación, da investigación e a innovación dos sistemas sanitarios públicos galegos. É dicir, o Sergas pagaría as investigacións, o investimento I+D e realmente quen disfrutaría deses hallazgos clinicamente significativos serían os laboratorios e as empresas que rondan ó redor da Xunta de Galicia.

Entón, sen máis, agradecer a todos os grupos se votasen a favor dos que presentamos a moción conxunta e tamén os que non a presentan, pois que o plantexen. Nada máis. Moitas grazas.

SR. DÍAZ DOCE: Nós imos votar a favor, porque presentamos tamén a moción. Polo tanto tamén nós agradecemos a nós mesmos ese voto favorable.

En todo caso, falábamos antes do Doing Business. Eu creo que esta etiqueta tamén serviría como apelido deste anteproxecto de Lei de saúde de Galicia. Do mesmo xeito que facía anteriormente, remítome á posición do Partido Socialista, do grupo parlamentario Socialista, manifestada no Parlamento de Galicia, e eu creo que estamos falando dun sistema público de saúde que ten sido o principal elemento de cohesión social e de benestar. Durante os últimos corenta anos todos os indicadores respecto da calidade do sistema público de saúde, no caso de Galicia e de España comparativamente con outros países, pois deixan nunha posición moi favorable. Tamén nos termos de custo respecto daqueles outros modelos nos que a iniciativa privada ten asumida unha parte maior. E, particularmente, no que se refire a esta lei, bueno, estamos votando unha moción que ten uns puntos moi concretos e que creo que son o suficientemente suaves, por dicilo dalgunha maneira, como para que concite un apoio maioritario. Porque fala, por un lado, desa retirada dese anteproxecto, que non foi consensuado, que introduce cambios substantivos no modelo do sistema de saúde de Galicia e cambios substantivos cunha dose ideolóxica detrás, pois eu creo que suficientemente importante como para que, no que ten que ver co punto segundo, que é abrir un proceso de participación que permita que esas medidas que se plantexan, eses cambios substantivos de modelo, sexan consensuadas e participadas por todos os axentes do sistema, cando estamos falando, xa digo, dun pilar nuclear do sistema de benestar, e máis no caso dunha comunidade como Galicia, na que as súas características socio-demográficas convirten a saúde nos próximos anos nun dos principais retos a abordar e a sostenibilidade dun sistema que vai ter que atender a unha población envellecida e cada vez máis envellecida, como así está establecido e, polo tanto, eu creo que plantexar esta lei, como tamén xa se ten denunciado, con nocturnidade e estío, no verán, cando estas cousas pasan máis inadvertidas, introducindo cambios moi importantes no modelo, xa digo, hacia unha ideoloxía que cando menos no ámbito da saúde non só é controvertida, senón que ademais se ten amosado ineficiente por completo. Eu creo que o que cumpre na liña que xa ten denunciado o grupo parlamentario Socialista é a retirada desta lei e a iniciar un proceso, en todo caso, consensuado, de debate, para este sistema, que entre todos temos construído e disfrutado nos últimos corenta anos, sexamos capaces de que manteña a súa esencia e non se vaia polo garete do mercado. Moitas grazas.

SRA. RODRÍGUEZ MASAFRET: Muy brevemente. Simplemente decir que, efectivamente, nos hemos sumado a la presentación de esta moción y a favor de la plataforma SOS Sanidad Pública porque entendemos que este anteproyecto presentado, como dice el Sr. Díaz, sorpresivamente en el mes de agosto, hace recortes severos en una sanidad pública ya diezmada. Entendemos, desde Ciudadanos, que estamos a favor siempre de una sanidad pública universal, gratuita y de calidad, que puede coexistir, eso sí, con una sanidad privada, pero que en ningún momento esa sanidad pública puede verse recortada y en detrimento precisamente por la sanidad privada. Por lo tanto, no decimos más, simplemente estamos de acuerdo con todos los puntos y, por tanto, por eso sí apoyamos a la plataforma y presentamos esta moción conjunta. Gracias.

SRA. PEDROUZO BARDELAS: Moitas gracias, Sr. alcalde e boas noites a todos e a todas. Este grupo pois vai emitir un voto en contra desta moción, porque é necesaria a actualización da Lei xeral de saúde a do 8/2008, xa que a calidade asistencial da sanidade pública galega avanzou enormemente na última década. Chegou o momento de actualizar tamén a súa estrutura organizativa para continuar avanzando. A modificación e a actualización da lei era necesaria logo de dez anos para garantir e ampliar o sistema de saúde público, ademais dunha óptima utilización dos recursos e unha atención máis eficiente ós pacientes. En definitiva, o paciente será o gran beneficiario da reforma coa que se actualiza a lei que estivo en vigor durante os últimos dez anos.

Coa nova lei as áreas sanitarias serán sete, coincidindo co número de estruturas organizativas de xestión integrada o EOXIS, que veñen a corresponder coas antigas sectoriales, que xa había pois no Instituto Nacional de Previsión e no Insalud.

A área sanitaria consolida un modelo das estruturas organizativas de xestión integrada para facilitar o achegamento dos profesionais ós pacientes, que desde o 2011 ata o primeiro semestre de 2017 evitou máis de 263.000 desprazamentos ós pacientes que foron atendidos en hospitais comarcais. Este modelo, no que a Xunta quere seguir avanzando, permitiu que se investisen no devandito período 19,6 millóns de euros para ampliar e modernizar os hospitais comarcais.

Hai que dicir que as áreas de xestión integrada que, por certo, foi Ferrol en plan piloto onde empezou, por ser a área máis pequena e está contemplada na Lei xeral de sanidade do ano 1976. É dicir, que non pode ter un departamento, unha atención primaria, un hospital, e vivindo os médicos do hospital de espaldas ós médicos do centro de saúde. É dicir, que realmente eso o que facía era que o médico do centro de saúde, non que eses están para facer recetas e para dar volantes, os do hospital son os médicos que saben, os fenómenos, non? Entonces, claro, nós estamos alí para eso, despachar. E eso, co feito de integrar todo nunha estrutura. De feito pois crearon servizos na atención primaria, seccións, igual que un hospital.

Entonces se crea o distrito sanitario cun marco de referencia para a coordinación da atención primaria, hospitalaria e sociosanitaria e está ligado á asistencia do hospital no seu ámbito xeográfico. Polo tanto, os distritos sanitarios serán catorce. Son a nova figura legal que permitirá blindar por primeira vez, por lei, a existencia dos hospitais comarcais. Xa que, como ben sabedes, antes eran fundacións, non estaban estruturadas como o Sergas. De feito o Hospital de Verín, era a Fundación Hospital de Verín, a Fundación Hospital de Monforte, eran fundacións semipúblicas, é dicir, que realmente non estaban na estructura do Sergas. E con esto si que se blinda xa realmente ós hospitales de distrito como estruturados no Sergas.

Contarán con peso específico dentro da área e da propia organización sanitaria, do que ata ahora non gozaban. Xa digo, eran fundacións.

A modificación legal non altera en absoluto a asignación de médico ó hospital que na actualidade corresponde a cada paciente, nin moito menos a calidade asistencial.

A adaptación da organización territorial administrativa redundará nun beneficio xeneralizado para o paciente, xa que permitirá ampliar a oferta de recursos asistenciais nos hospitais comarcais. A atención máis próxima ó domicilio está na base desta reforma. En canto á transparencia e participación na elaboración da norma, o texto cumpre o máximo para a garantía, transparencia e participación. Comunicóuselle ós sindicatos o mesmo día en que se publicou no portal de transparencia e ampliouse o plazo para a presentación de suxestións. A Xunta non descarta o debate, que considera enriquecedor, en todas as achegas que contribúan á mellora da sanidade. Por iso xa se produciron reunións con colexios profesionais e con alcaldes e portavoces municipais.
En canto ós órganos de participación e recursos humanos, a anterior redacción da lei fixo practicamente imposible levar á práctica a participación. En ca
se dez anos non se reuniu nin unha sola vez o Consello de Saúde. A nova norma simplifica esa composición dos órganos de participación, garantes de que exista un nivel autonómico e unha por cada unha das áreas. Estarán representados os concellos da área, os sindicatos e organizacións empresariais. Por primeira vez darase tamén voz ós pacientes a través do seu propio consello asesor. Considerámolos o eixo primordial en torno ó que debe virar calquera proxecto.

Por outra parte, non se altera en ningún caso o actual sistema de contratación temporal, xa que os profesionais poderán anotarse na lista dunha das sete áreas e expresar a súa preferencia por distrito concreto. O sistema xa funciona así para Barbanza, Cee e Verín. Tampouco é certo que se introduzan novidades no sistema de provisión de plazas. A libre designación seguirá sendo de aplicación excepcional. Pero mentres se aplica para cargos, para puestos de xefe de servicio ou de xerente ou director de procesos…

Logo, a continuación, mellorará a xestión dos recursos humanos do Sergas en cada territorio, que derivará nun maior achegamento dos servizos sanitarios á cidadanía. Os profesionais seguirán, sen ningunha dúbida, ligados á área e manterán o seu destino orixinal. Moitas grazas.

SRA. RUIZ FERREÑO: Me gustaría aclarar unha cuestión, simplemente. Para finalizar, bueno, me parece un pouco idílica a exposición que fai o Sr. Pedrouzo, pero non é a realidade. A realidade é que nese anteproxecto se suprime o artigo 25, no que no apartado 5.d) establece claramente que o Consello de Saúde deberá coñecer os contratos de servizos sanitarios, concertos e subvencións na área sanitaria. É dicir, eso queda suprimido, non se coñecerá e no propio consello se lle dá a potestade á propia xerencia da área a que decida quen participa ou non del. É dicir, non é real o que estaba vostede comentando e o certo é que se reducen de 11 áreas a 7 áreas e se desmantelan e recortan os recursos dos hospitais comarcais. Eso está constatado e o di a Plataforma pola Sanidade Pública. E precisamente tamén se aumentan os cargos de libre designación.

SR. DÍAZ DOCE: Minimamente. Eu, simplemente, se a lei ou o anteproxecto de lei fose tan boa, seguramente tería sido presentada en prime time na rúa.

Fonte: Acta do Pleno celebrado o 30 de novembro de 2017. | Acceder/Baixar. | Ir á Canle do Concello de Ferrol, para ver o Vídeo do Pleno.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Información baseada na enviada por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-   
18 de janeiro de 2018 20:01
_______________________