domingo, abril 15, 2018

A Plataforma na Defensa das Pensións Públicas Ferrolterra, convoca unha concentración o luns 16 de abril, ás 8 da tarde no Cantón de Ferrol, como noutras cidades da Galiza - A mobilización vai ter lugar en coordinación con máis de cento cincuenta convocatorias en cidades e vilas de todo o terriorio e nacións do Estado


A Plataforma na Defensa das Pensións Públicas Ferrolterra, convoca unha concentración o luns 16 de abril, ás 8 da tarde no Cantón de Ferrol, como noutras cidades da Galiza, nunha acción conxunta en coordinación co Movemento Galego pola Defensa do Sistema Público de Pensións, a Coordinadora Estatal Defensa das Pensión Públicas e decenas de plataformas, coordinadoras, colectivos...

A mobilización vai ter lugar en coordinación con máis de cincuenta convocatorias en cidades de todo o territorio, pobos e nacións do Estado, multitude de plataformas e colectivos auto-organizados para a defensa do sistema público de pensión, despois de anos de abandono, e incluso de agresión, por parte do Goberno español e a adopción de medidas que ían dirixidas á súa substitución en parte por plans de pensións privados, a súa diminución dentro das contas do Estado e a súa transformación nun sistema de subsistencia.

Non imos cesar no empeño da defensa do sistema público de pensións e do seu blindaxe constitucional. E tampouco imos deixar o destino do mesmo nas mans de quen no pasado participaron de algúns dos ataques que se produciron contra ese sistema: reformas de 2011, 2013 e últimas reformas laborais.

Chamamos a toda a cidadanía, pensionistas, aos traballadores e traballadoras en activo, ás persoas en desemprego e á xente nova que está preparándose para entrar no tecido produtivo, a participar nesta concentración. A defensa do Sistema Público de Pensións afecta-nos a todas. Somos inmensa maioría quen queremos un sistema que asegure o futuro das persoas cando cheguen á idade de dar paso a novas xeracións con mellor preparación e novas forzas para asegurar o desenvolvemento da nosa sociedade.

COMUNICADO UNITARIO DA PLATAFORMA NA DEFENSA DAS PENSIÓN PÚBLICAS FERROLTERRA

Ante a dinámica mobilizadora da sociedade en defensa dun Sistema Público de Pensións digno, que foi traducida nas masivas Manifestacións e Concentracións en todo o Estado, o Goberno veuse obrigado a dar unha resposta e mover ficha, aprobando este proxecto con medidas que desde o noso punto vista estimamos totalmente INSUFICIENTES e que non abordan a problemática actual do Sistema, demostrando unha vez máis que o proxecto político e social do Goberno de M. Rajoy e os seus socios que o sustentan está completamente esgotado.

1.- Cualificamos como vergoñentas e insuficientes as “medidas estrelas” relacionadas no “proxecto orzamentario” en relación á subida ata o 3% para as pensións máis baixas e as supostas melloras para as pensións de viuvez, xa que eran extremos que estaban comprometidos desde a reforma das pensións do 2011 pero que se negaron a aplicar ata agora e todo coincidindo (por casualidade?) coas nosas mobilizacións.

2.- Que as medidas expostas polo goberno no proxecto NON se corresponden en ningunha maneira e en ningún caso ás nosas reivindicacións, xa que o noso proxecto como Plataforma que xorde á calor da preocupación da cidadanía polas falacias e ameazas creadas ao redor da insostibilidade do sistema público de pensións vai moito máis alá da proposta do Goberno, esixindo:

>>> Unha pensión digna, equiparando a pensión mínima ao salario mínimo interprofesional, cunha subida mínima do 8% (porcentaxe idéntica ao que subiu en 2017 o SMI, todo iso por xustiza e equidade social, con idea de avanzar cara a unha pensión mínima de 1080 € que garanta con dignidade a vida en relación cos criterios da Carta Social Europea.

>>> Incremento de Pensións Non Contributivas e subsidios do 8%, así como os subsidios para maiores de 52 e 55 anos na mesmo porcentaxe. - Incremento de “todas” as pensións en porcentaxe igual ou por encima do IPC, empezando polo 1,9% perdido no 2012.

>>> Manter o Sistema da Seguridade Social tal e como está (sistema de reparto e solidario) e en caso de necesidade recorrerase aos Orzamentos Xerais do Estado.

>>> Blindaxe constitucional das actualizacións das Pensións públicos.

>>> Non aos intentos de privatización das pensións e dos servizos públicos. Por iso esiximos a eliminación  das desgravacións fiscais para os Plans de Pensións Privados. Ademais, opoñémonos rotundamente a calquera directiva que poida ser imposta aos estados membros da Comunidade Europea que poida favorecer a constitución destes plans e fondos privados. (PANEUROPEO)

>>> Así mesmo reiterámonos en solicitar a derrogación das reformas dos anos 2011 e 2013 tan lesivas para a clase traballadora en xeral e para aensionistas en particular, pedindo o restablecemento da xubilación aos 65 anos, e a non entrada en vigor do factor de sustentabilidade prevista para o próximo ano, que liga a contía da pensión á esperanza de vida do pensionista.

>>> Eliminar os topes das bases de cotización para incrementar os ingresos do sistema e a xubilación con menos de 65 anos sen penalizar con coeficientes redutores para cotizacións de máis de 40 anos.

>>> Ante a rebaixa fiscal anunciada no proxecto de Presupostos Xerais do Estado que eximirá do pago ás rendas inferiores 14.000€, o certo é que boa parte dos pensionistas maiores de 65 anos xa non tributan ata esa cantidade.

>>> Mellora das Políticas sociais e socio-sanitarias .

>>> RENDA BÁSICA para as persoas en risco de exclusión social.

>>> Eliminación dos COPAGOS sanitarios.

>>> Participación de representantes de nosas Plataformas nas Mesas das Pensións públicas.

Por todo iso e máis, continuaremos na loita e DEFENSA POR UN SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS DIGNO e non pararemos as mobilizacións que hoxe máis que nunca fanse necesarias.

Desde aquí facemos un chamamento ao pobo, mulleres e homes, novos e pensionistas, para que loiten e participen connosco nas próximas mobilizacións convocadas;

As Pensións Públicas son un dereito gañado e pagado”.

Que non che rouben a túa pensión, Que non che rouben o teu futuro!!

A UNIDADE DA CIDADANÍA É A CHAVE !!

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Enviado por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
-plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com-
15 de abril de 2018 09:15

____________

xoves, abril 12, 2018

Apresentaçom do documentário 'Sitio Distinto', dirigido polo corunhês, e emigrado em Euskal Herria, Davide Cabeleiro, esta sexta-feira, 13 de abril en Ferrol, na Fundaçom Artábria e o sábado 14, Cuarta Xusta apresenta 'Un novo espertar'


Apresentaçom do documentário "Sitio Distinto" esta sexta-feira na Fundaçom Artábria

13 de abril, sexta-feira, às 20.00hs, projetaremos o documentário “Sitio Distinto” dirigido polo corunhês, e emigrado em Euskal Herria, Davide Cabeleiro. Producido por Zirriborro e Pixel Films, Sitio Distinto é um documentário que mostra as diferentes ondas migracionais desde Galiza.

Umha viagem que comezou há 150 anos com destino às minas de ferro, depois viria a pesca, a indústria.. até chegar à mocidade galega de hoje em dia que povoam a identidade basca. Um caminho que uniu com o tempo os dous povos.

Kepa Junkera, Antóm Reixa, Ugia Senlhe ou Xurxo Souto som parte das pessoas que saem neste trabalho de Cabeleiro. A entrada é livre até cubrir aforo.

Trailer do ducumentário


https://youtu.be/KJfhmxcC0rE


E o sábado 14, Cuarta Xusta apresenta 'Un novo espertar'

No sábado 14 de abril, às 22.30hs, Cuarta Xusta apresentám o seu primeiro trabalho discográfico "Un novo espertar", gravado a início de ano em Arçua por Paco Cerdeira.

O trabalho inclue oito temas próprios que seguem umha marcada linha social e conta com grandes colaboraçons do eido musical galego.

Cuarta Xusta nasce em 2016, fazendo versons de outros grupos galegos como Nao, Sés ou Herdeiros da Crus, Ruxe Ruxe.

A dia de hoje o grupo de Melide está composto por 4 mulheres (Marta Sánchez, Aida López, Alba Vilarinho e Lúa Aguete) e 1 homem (Alberto Garcia). Com esta forte presença feminina, o grupo soma-se às vozes que amosam que as mulheres tenhem muito a dizer na cena musical do nosso país.
A entrada é de graça.

Curta Xusta apresenta "Querémonos libres"


https://youtu.be/EIguxkNLkpY

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
12 de abril de 2018 16:16
12 de abril de 2018 16:36
______________

A eurodeputada galega Lídia Senra, valora o anuncio da Comisión Europea de lexislar para prohibir as 'prácticas desleais' na cadea alimentaria - O Comisario Phil Hogan presentou hoxe no PE as claves da proposta de Directiva da CE para abordar cuestións como a demora nos pagos ao sector produtor. | Activista agraria, hoxe con escaño no Parlamento Europeo, reivindica retomar a regulación dos mercados e da produción como un ferramenta de base para frear os abusos na cadea alimentaria


Lídia Senra valora o anuncio da CE de lexislar para prohibir as “prácticas desleais” na cadea alimentaria. | Phil Hogan presentou hoxe no PE as claves da proposta de Directiva da CE para abordar cuestións como a demora nos pagos ao sector produtor. | Lídia Senra reivindica retomar a regulación dos mercados e da produción como un ferramenta de base para frear os abusos na cadea alimentaria.


A coordenadora da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Lídia Senra, saúda o anuncio realizado esta mañá polo Comisario de Agricultura Phil Hogan da posta en marcha por parte da Comisión Europea (CE) dunha proposta de directiva para paliar as coñecidas como “prácticas desleais” na cadea de subministro de alimentos.

Se ben durante a sesión da Comisión de Agricultura do PE celebrada hoxe o Comisario Hogan unicamente formulou as liñas principais, a falta de que se faga público o texto definitivo que vai presentar a CE, Senra destacou a importancia de que o ente comunitario “por fin supere a fase de análise e comece a dar pasos de cara a elaborar unha lexislación que poña couto aos abusos que se están a dar na cadea alimentaria”.

Algunhas das cuestións que semella van ser abordadas por parte da Comisión Europea recollen demandas que se veñen denunciando dende as organizacións labregas dende fai moitos anos, e que a nivel galego teñen un impacto moi significativo en sectores tan relevantes como o vacún ou o hortofrutícola. “Valoramos positivamente que a CE identifique como prácticas concretas a prohibir os retrasos nos pagos ás produtoras e produtores de produtos perecedoiros, ou as cancelacións de última hora e as modificacións unilaterais ou retroactivas dos contratos”, destacou. “Tamén é interesante que a proposta que vai desenvolver a Comisión obrigue aos Estados a designar unha autoridade pública encargada de facer cumprir as novas normas”.

Malia todo, a xuízo da eurodeputada galega “se como di a CE, o que se pretende é rematar ca incerteza e riscos aos que teñen que facer fronte ás labregas/os e pequenas e medianas explotacións, ademais de prohibir prácticas concretas debería deixar de eludir abordar politicamente o problema de base, que non é outro que a necesidade de establecer medidas de control das producións e os mercados”.

Dende a súa participación como coordenadora na Comisión de Agricultura, Lídia Senra realizará un seguimento exhaustivo da proposta da Comisión Europea e presentará unha batería de emendas de cara a avanzar na protección das labregas e labregos fronte ás prácticas abusivas na cadea agroalimentaria impostas maiormente polas grandes industrias.

Bruxelas, 12  de Abril de 2018.


Oficina de Lídia Senra, Eurodeputada Galega do Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Comisión de Agricultura e na
Comisión de Pesca. | Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE. |
0034 609 845 861/+32(0)2 28 45414/+33(0)3 88 1 75414 .| lidia.senra@europarl.europa.eu. | http://ageuropa.gal/ | twitter | facebook

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
12 de abril de 2018 13:3

___________________

mércores, abril 11, 2018

15 Anos con Couso: Esquerda Unida Ferrol organiza o acto “15 Anos con Couso” no que queremos reunir a tres persoas e amigos da Familia Couso, para falarnos do seguimento xudicial - No Ateneo Ferrolán, o luns 16 de abril, ás 7 da tarde


15 ANOS CON COUSO. LUNS 16 DE ABRIL. 19:00 ATENEO FERROLÁN


Esquerda Unida Ferrol organiza o acto “15 Anos con Couso” no que queremos reunir a tres persoas e amigos da Familia Couso, para falarnos do seguimento xudicial que o caso está a ter e que segue aberto a través dun recurso ante o Tribunal Constitucional no que se pretende conseguir a inconstitucionalidade da reforma do código penal sobre xurisdición universal aprobada en marzo de 2014 por parte do Partido Popular.

Día:  luns 16 de abril.
Hora: 19:00 hs.
Lugar: Ateneo Ferrolán.

Intervenientes:

* Eva Solla: Coordinadora Nacional de EU e Deputada de En Marea no Parlamento Galego.

* Enrique Santiago, Secretario Xeral de PCE e avogado da Familia Couso Permuy.

* Rafael Permuy, Xornalista e Portavoz da Familia Couso Permuy.

--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
10 de abril de 2018 20:47

______________

Concentración de protesta pola actuación da compañía israelí Mayumana en Ferrol, contra o silencio ante a nova masacre criminal por parte do exercito israeli na franxa de Gaza, utilizando munición de guerra contra persoas que se manifestaban pacíficamente en defensa do seu dereito a voltar á terra da que foron expulsados... - Diante do Auditorio de Ferrol, en Caranza, o venres 20 de Abril, ás 20:30 horas


[BOICOTE] Adhesión ao comunicado pola actuación de Mayumana en Ferrol

​A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra súmase á Campaña de BDS-Galiza, e convoca a cidadanía á concentración​ que terá lugar fronte ao Auditorio de Ferrol, o venres 20 de Abril, ás 20,30 horas.

Desde BDS-Galiza enviamos comunicado da campaña de boicote contra a próxima actuación da compañía israelí Mayumana no Auditorio de Ferrol.

Nas últimas semanas, o exército de Israel perpetrou na Faixa de Gaza unha nova masacre criminal utilizando munición de guerra contra persoas que se manifestaban pacificamente en defensa do seu dereito a voltar á terra de que foron expulsadas violentamente hai agora 70 anos. Nesta altura xa son millares as persoas feridas (moitas delas crianzas) e as mortas máis de 32, asasinadas por disparos de franco-atiradores de Israel, algunha polas costas.

O silencio da comunidade internacional e a normalización da ocupación son cómplices da limpeza étnica e o xenocidio do pobo palestino.

Nesta situación, e tomando en conta que para Israel, a cultura é un instrumento de propaganda que procura esconder a brutalidade da ocupación, pedimos ao concello de Ferrol que cancele o concerto previsto para os días 20, 21 e 22 de abril e a toda a cidadanía que se una á campaña de Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel e nos acompañe nunha nova acción de denuncia da complicidade co terrorismo sionista.

A compañía israelí MAYUMANA, cómplice da ocupación Palestina,
NON É BENVIDA EN FERROL

A CAMPAÑA BDS E O BOICOT CULTURAL

En xullo de 2005, unha ampla coalición de colectivos palestinos lanzou a campaña BDS Global apelando ás “persoas con consciencia en todo o mundo a practicaren o boicot aos produtos de Israel e a póren en marcha iniciativas de Desinvestimentos e Sancións ao Estado Sionista” como medida de presión para acabar coa cada vez mais sanguenta limpeza étnica en Palestina. A campaña persegue a fin da ocupación e a colonización, o desmantelamento do ilegal muro que divide Palestina, a fin do apartheid e o respecto do dereito ao retorno. Unha iniciativa civil inspirada na tradición do combate non violento contra a inxustiza que se converteu no eixo reivindicativo da solidariedade con Palestina e en que tod@sd podemos colaborar.

Para Israel, a cultura é un instrumento de propaganda que procura esconder a brutalidade da ocupación, dos asentamentos de colonatos ilegais, do apartheid e a limpeza étnica. O Ministerio de Asuntos Estranxeiros financia xenerosamente ás empresas artísticas que "promoven os intereses da política"  do Estado de Israel, ao tempo que persegue con furia calquera expresión disidente.

Por iso, artistas e eventos promocionados por institucións israelís contribúenvoluntaria ou involuntariamente coa súa artea lavar a imaxe de Israel e a lexitimar a violencia contra o pobo palestino. Mais por iso tamén son milleiros @s artistas do mundo que se negan a cooperar con tamaño engano, que dan o seu apoio ao boicot e os comprometen a non actuar en Israel: Roger Waters, Coldplay, Faithless, Lauren Hill...

MAYUMANA

Mayumana é unha compañía israelí que ten a súa sede en Jafa, poboación palestina que sufriu o exilio forzado e violento de 70.000 habitantes en 1948, á quen non se recoñece o dereito ao retorno. Despois da limpeza étnica das súas rúas e da destrución do seu patrimonio cultural palestino, Jafa (distrito municipal de Tel Aviv) é a sede de artistas israelís que non cuestionan os seus privilexios sobre a poboación palestina, normalizando a ocupación e contribuíndo a borrar as pegadas palestinas do territorio.

Forma parte da folla de parra atrás da que Israel oculta os seus crimes. A pesar de definirse como grupo independente, a revista "En la red", do Ministerio de Exteriores Israelí, define o grupo como “O ritmo de Israel: compañía que reflicte as raíces, o dinamismo e a modernidade da realidade israelita", ao tempo que a Embaixada de Israel no Estado Español dá publicidade e ofrece desconto nas súas actuacións. Con todo, o ritmo dos tambores de MAYUMANA contribúe a facer esquecer o estrondo dos disparos e as bombas en Gaza.

Mayumana declara que se centra nos seus espectáculos, mentres mantén un silencio que non pode ser considerado inocente sobre a política xenocida do Estado de Israel. Ante a continua isolación de dereitos humanos, “ser neutral signifca escoller o lado do opresor” (Deomond Tutu). Nós, non queremos ser cómplices do sionismo e a ocupación.

Por todo isto, pedimos ao Concello de Ferrol que cancele o concerto previsto para os días 20, 21 e 22 de abril e a toda a cidadanía que se una a este potente movemento solidario que nos permite a todas colaborar coa resistencia xusta do pobo palestino.

A limpeza étnica, a ocupación e o terror de Israel non son benvidos en Ferrol!

CONCENTRACIÓN: o venres 20 de abril, no Auditorio de Ferrol, ás 20.30 h.


Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza



Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
11 de abril de 2018 10:36

_________

Palestra de Henrique da Costa, a quinta feira 12 de abril ás 8 da tarde, no centro social da Fundaçom Artábria (Travessa de Batalhons nº7 Esteiro - Ferrol), titulada 'Carvalho, o estudoso da literatura'


Palestra de Henrique da Costa


Na passada quinta-feira, davam início os atos de homenagem, organizados polo Concello de Ferrol, a Carvalho Calero com umha palestra sobre a sua faceta de lingüística e professor.

As atividades terán continuidade mañá, quinta feira 12 de abril ás 20hs, no centro social da Fundaçom Artábria con unha palestra ministrada por Henrique da Costa, titulada "Carvalho, o estudoso da literatura".

Fundaçom Artábria
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Enviado por:
Vítor Santalha
-vitorsantalha@gmail.com-
11 de abril de 2018 13:38

______________

Presentación Disco 'Reflejos' de Adrián Vigo & Banda. Venres 13 de abril ás 20 h., no Ateneo Ferrolán


Presentación Disco "Reflejos" de Adrián Vigo & Banda


Venres día 13 de abril ás 20 h. no #AteneoFerrolán

Entrada: 5 €

Concerto de Adrián Vigo, un virtuoso que rompe barreiras, acompañado da súa banda presentan o seu segundo disco "Reflejos"

https://www.facebook.com/FetenProducciones/
--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK.
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
11 de abril de 2018 12:05

______________

Rádio FilispiM vai as VI Xornadas de Enfermería Familiar e Comunitaria - Este sábado 14 de abril a partir das 10:30 am, dende o Áula Nodo de Innovación do Hospital Naval de Ferrol, gravación do programa especial


RÁDIO FILISPIM VAI ÁS VI XORNADAS DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA

Este sábado 14 de abril a partir das 10:45 am, dende o Áula Nodo de Innovación do Hospital Naval de Ferrol, gravación do programa especial: “FilispiM vai ás VI Xornadas de Enfermería Familiar e Comunitaria”. Coa participación de enfermeiras, psicólogos clínicos, traballadoras sociais, médicos, xestoras sanitarias e responsábeis de formación.

Filispim vai ás VI Xornadas de Enfermería Comunitaria”. Este sábado 14 de abril a partir das 10:45 am. Entrada libre.

Emisión en diferido: sábado 21 de abril a partir das 7:00 pm, en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Rádio FilispiM, nacida libre.

---
Escoita! Rádio FilispiM Winamp, iTunes Windows Media Player Real Player TuneIn QuickTime VLC

FACEBOOK - TWITTER

OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
E-mail: filispina@gmail.com
Direcçom Postal: Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]

Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
11 de abril de 2018 10:33

____________

martes, abril 10, 2018

En Ferrol como noutras 22 cidades e vilas da Galiza, nunha xornada nacional de mobilizacións, vai ter lugar este domingo 15 de abril, unha concentración en defensa das pensións públicas e pola recuperación dos dereitos - Ás 12 do medio día na praza de Amada García - 'A clase traballadora ten que dar esta resposta como sempre fixo, a través dunha folga xeral que obrigue ao PP a recuar nas súas políticas', dixo Paulo Carril, Secretario Xeral da CIG


A CIG convoca mobilizacións en defensa das pensións públicas e pola recuperación dos dereitos. | O domingo 15 de abril haberá manifestacións e concentracións ao longo de toda Galiza.


A CIG vai desenvolver unha xornada nacional de mobilizacións o domingo 15 de abril, en defensa do sistema público de pensións, pola recuperación dos dereitos roubados e para reivindicar emprego e salarios dignos, como única garantía de termos unhas pensións dignas. Nese día, a central convocará mobilizacións simultáneas nas sete cidades e en múltiples vilas do país co obxectivo de descentralizar as protestas e visibilizar o amplo rexeitamento social ás políticas dos gobernos do PP.

Esta iniciativa enmárcase na campaña que a central sindical está desenvolvendo para esixir a derrogación das reformas antisociais e antiobreiras aprobadas baixo a escusa da crise económica, e que centrará tamén a conmemoración deste Primeiro de Maio. Previamente, a CIG porá en marcha unha campaña para levar aos centros de traballo o debate sobre a necesidade de defender o sistema público de pensións, xa que a reivindicación dunhas pensións dignas "é unha loita que abrangue a toda a clase traballadora".

É o momento de dar unha resposta contundente

A solidariedade interxeracional constitúe un dos piares da protección social do estado de benestar e conquistar este dereito supuxo décadas de loita obreira, que agora toca defender con firmeza. Por iso, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, subliña que é o momento de acumular forzas e dar unha resposta contundente que obrigue o Goberno do PP a derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións, xa que esta "é a única alternativa para articular medidas que garantan, de verdade, a viabilidade do sistema público de pensións, o seu poder adquisitivo e que as pensións mínimas sexan iguais ao salario mínimo interprofesional".

Nesta liña, Carril sostén que "temos que plantarlles cara e defendernos, vencer as reformas laborais e acadarmos unhas condicións de traballo e de vida dignas. A clase traballadora ten que dar esta resposta como sempre fixo, a través dunha folga xeral que obrigue ao PP a recuar nas súas políticas".

Reformas para favorecer os plans de pensións privados

As reformas aplicadas en 2011 (polo Goberno do PSOE, co apoio de CCOO e UGT, e contra da que a CIG convocou unha folga xeral en solitario) e en 2013 (polo Goberno do PP) introduciron recortes tremendamente regresivos dirixidos a dificultar o acceso as pensións públicas e a rebaixar as súas contías: atraso da idade de xubilación; aumento dos anos de cálculo para o cómputo da base reguladora; incremento do número de anos para cobrar a pensión completa; desligar as subas anuais do IPC oficial e a introdución do chamado factor de sustentabilidade, que se comezará a aplicar a partir de 2019.

Estas medidas provocaron unha importante perda de poder adquisitivo das e dos pensionistas e están ocasionando que as galegas e galegos que acceden agora á xubilación o fagan percibindo contías inferiores a quen accedeu en anos anteriores. Por iso, para a CIG non deixa de resultar rechamante que, organizacións que facilitaron a implantación destes recortes e día tras día reeditan a lacra do pacto social que nos está levando a que se consolide unha situación social sen saída, con total descaro corran agora a convocar protestas, cando tamén son causantes, xunto co PP e PSOE, destes ataques ás pensións.

Lexislar para favorecer as grandes empresas e a banca

Doutra banda, a reforma laboral e da negociación colectiva facilitan que as empresas rebaixen os salarios e que se multipliquen os contratos a tempo parcial e temporal, consolidando así un mercado laboral precarizado e unha caída agudizada das cotizacións, que merma tanto os ingresos actuais do sistema como as posibilidades de acceder a unha pensión digna no futuro ás persoas que hoxe está en activo. Non cómpre perder de vista un dato significativo: en 2011, cun número similar de cotizantes ao de 2017, a Seguridade Social obtivo 2.300 millóns de euros de superávit. Porén, no 2017, ingresáronse 8.900 millóns de euros menos.

De xeito paralelo, o goberno promoveu medidas para subvencionar as contratacións precarias, modificou o imposto de sociedades para favorecer as grandes empresas, rebaixou os impostos directos ás rendas máis altas e incorporou desgravacións fiscais aos plans privados de pensións. Esta batería de medidas nada inocentes veu acompañado da construción dun relato catastrofista no que todo o público aparece etiquetado como "inviábel", nomeadamente o sistema público de pensións, garante da cohesión social, mais tamén negocio millonario do que banca e as grandes empresas queren apropiarse.

"A única posibilidade de termos pensións dignas pasa pola derrogación das reformas feitas polo PSOE e polo PP", conclúe Carril, e fai un chamado a participar coa CIG na xornada de mobilizacións do 15 de abril para demostrar que "nin nos resignamos nin imos permitir máis agresións á clase traballadora, que é a que realmente crea a riqueza existente".

Domingo 15 de abril - Xornada Nacional de Mobilizacións

• Pontevedra: 11:30h Praza da Ferrería
• Vilagarcía: 12:00h Casa do Mar
• A Estrada: 11:30h Praza do Mercado
• Lugo: 12:00h Diante do Concello
• Sarria: 12:00h Praza da Vila
• Guitiriz: 12:00h Praza da Feira
• Monforte: 12:00h Diante do Concello
• Burela: 12:00h Praza da Mariña
• Ribadeo: 12:00h Diante do Concello
• Vilalba: 12:00h Praza da Constitución
Ferrol: 12:00h Praza Amada García.
• As Pontes: 12:00h Diante do concello
• Santiago: 12:00h Praza do Toural
• Padrón: 12:00h Biblioteca Municipal (Rúa Fonte da Vila)
• Boiro: 12:00h Diante do Concello
• Noia: 12:00h Diante do Concello
• A Coruña: 12:00h Praza de Vigo
• Cee: 12:00h Praza do Concello
• Vigo: 12:00h Vía Norte
• Moaña: 12:00h Diante do Concello (Rúa ás Barxas)
• Ourense: 11:30h Praza do Ferro
• Verín: 12:00h Praza do Concello
• O Barco: 12:00h Diante do Hospital Comarcal

Fonte: Avantar.

_____________________

Xornada de Loita Estatal o luns 16 de abril.-

O luns 16 de abril, ás 8 da tarde, no Cantón de Ferrol, tamén ten convocada a Plataforma na Defensa das Pensión Públicas Ferrolterra, unha concentración, en sintonía coas que están convocadas na Galiza e en todo o territorio do Estado. | Ir a conta facebook.
_________

CCOO e UGT convocan o domingo 15 de abril.-

CCOO e UGT, támén acordaron mobilizar-se o domingo 15 de abril, nunha xornada de loita polas pensións, máis polo de agora non anunciaron lugar, nin hora. | Ir á Web de CCOO. | Ir á Web de UGT.
________________

O grupo Municipal de EU Narón fai un chamamento a veciñanza, para que participe nos actos de homenaxe as vítimas do franquismo que se van a celebrar o próximo Sábado 14 de Abril, organizados pola A.C Memoria Histórica Democrática e o Concello de Narón


EU Narón fai un chamamento a veciñanza para que participe nos actos de homenaxe as vítimas do franquismo que se van a celebrar en Narón o próximo Sábado 14 de Abril, faranse ofrendas florais en homenaxe as vítimas do franquismo.

No monumento en O Val as 12:00 Sábado 14 de Abril.

No cemiterio de San Mateo as 12:30 Sábado 14 de Abril.

No Pazo da Cultura as 13:00 Sábado 14 de Abril.

Organizan A.C Memoria Histórica Democrática e o Concello de Narón.

Abeledo entende que estes actos de homenaxe as vítimas do fascismo e de conmemoración da II República deben servir tamén para a reivindicación da necesidade da chegada da III República.

André Abeledo explica que “quen esquece a súa historia esta condenado a repetila”, o dixo hai séculos Marco Tulio Cicerón, gran verdade histórica que precisamos ter na memoria.

Tamén Miguel Hernández, ese gran poeta comunista que rematou a súa luminosa vida no mes de marzo de hai 74 anos nunha cadea fascista, deixounos dito: “Xamais renunciaremos nin ao máis vello dos nosos soños”.

A guerra civil non foi unha guerra, foi un golpe de estado perpetrado por traidores contra un goberno lexitimo referendado nas urnas, a II República foi un corto e intenso período de esperanza, de avances, de unidade, que rematou cun golpe brutal que nos levou a unha guerra, non podemos esquecer que no estado español houbo un xenocidio ideolóxico, as cunetas seguen cheas da semente dun pobo que se quería libre.

A II República promoveu o avance na transformación da nosa sociedade, na defensa das liberdades individuais e colectivas, e na consecución da xustiza social.

Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.

O 14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos  os alcaldes e concelleiros dos concellos daquel período, así como condenar o golpe de estado franquista contra a II República.

A II República, o primeiro réxime democrático da nosa historia que instaurou  un verdadeiro Estado de Dereito e proclamou a primeira constitución democrática de España. Esta Constitución plasmou o principio de igualdade dos españois ante a lei, ao proclamar España como “unha república de traballadores de toda clase que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza”, o principio  de soberanía popular, establece o sufraxio universal para homes e mulleres maiores de 23 anos.

En economía a propiedade privada quedou suxeita aos intereses da economía nacional, constituíuse un “Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e as  Rexións”, o principio de laicidade “o Estado, as rexións, as provincias e os Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións e Institucións relixiosas”, ademais recoñeceuse o matrimonio civil e o divorcio así como o ensino primario laico, gratuíto e obrigatoria, e recoñécese a liberdade de cátedra.

A II República promoveu o avance na transformación da nosa sociedade, na defensa das liberdades individuais e colectivas, e na consecución da xustiza social.

Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.

O 14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos  os alcaldes e concelleiros dos concellos daquel período, así como condenar o golpe de estado franquista contra a II República.

Algúns din que cando falamos de memoria, xustiza e reparación se reabren feridas, pero, como se vai reabrir o que nunca se pechou?; como se pode perdoar cando nunca se pediu perdón? Teñamos presente que na Alemaña negar o holocausto é delito. Non se debe esquecer sen máis.

Quero recordar una vez mais neste Pleno que por Narón, polo noso concello tamén pasou a besta fascista. As cifras contan unha pequena parte do horror e o terror que se viviu, pero só temos datos estimados, tan só coñecemos a punta do iceberg da barbarie, posto que algúns aínda teiman en perder a Memoria.

Temos documentados un total de 93 asasinados en Narón, unha parte deles mariñeiros que se mantiveron fieis á República, á legalidade, cando o golpe. No Val foron fusilados e enterrados no cemiterio 48 mariñeiros do acorazado “España” e do vapor “Domine”. En San Mateo foron fusilados e enterrados no cemiterio 17 mariñeiros do “Mar Cantábrico”.

Nove veciños de Narón foron fusilados, quince foron paseados e asasinados nas nosas cunetas, un foi apaleado ata a morte, dous morreron en enfrontamento armado, outro morreu en prisión…

Estas 93 persoas foron asasinadas, pero tamén están os represaliados, os que foron depurados, os desterrados, os escapados e exiliados, os presos, os multados…

Como terrible anécdota do terror das hordas Nacional Católicas do Franquismo, destas beatas persoas que loitaban por “Deus” e “España”, esta o feito de que o día 26 de Decembro, supoño que para celebrar o Natal, no Val foron fusilados máis de 20 mariñeiros do citado acorazado “España”.

Dende EU Narón entendemos que os actos de homenaxe as vítimas do fascismo e de conmemoración da II República deben servir tamén para a reivindicación da necesidade da chegada da III República e convocamos a toda a cidadanía a participar nas ofrendas florais na memoria de todos os represaliados polo fascismo.

Honor e Gloria aos nosos mártires.

Saúde e República. A pola terceira.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
9 de abril de 2018 23:34

_________________

Unha nova protesta tivo lugar ante a entrada do LNG Bayelsa, cargado para Reganosa, unha planta de gas que cada vez que descarga ou carga un gaseiro, aumenta exponencialmente o seu perigo para a poboación que moramos na contorna da Ría de Ferrol - Vídeo da protesta


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, realizou unha nova protesta, este luns 9 de abril de 2018, para denunciar a entrada na Ría, do LNG Bayelsa, o buque 235 cargado con 60.000 toneladas de gas natural licuado para Reganosa, unha planta de gas que cada vez que descarga ou carga un gaseiro, aumenta exponencialmente o seu perigo para a poboación que moramos na contorna da nosa Ría. Foi o día anterior, o domingo 8 de abril, cando o LNG Bayelsa entrou na sinuosa, estreita e de fondo rochoso, canle para atracar no pantalán do porto mugardés de Punta Promontoiro, perante 24 horas a poboación estivo exposta ante o exponencial aumento do perigo. Un buque tanker de 15 anos de antigüidade e bandeira de conveniencia das Bermuda Islands, cunha eslora de 288,73m, 48,09m de manga e 10m de calado, a poucos metros de núcleos de poboación e a menos de 2.000 metros de decenas de miles de persoas.

Din formalmente os políticos corruptos, cando lles convén que as sentenzas está para cumprilas, mais este non é o caso de Reganosa, con catro sentenzas do Tribunal Supremo que a declaran ilegal. O goberno español, daquela en funcións, de Mariano Rajoy, para saltar-se formalmente as sentenzas do alto tribunal, resolveu eximir a Reganosa de someter-se a preceptiva avaliación ambiental que por suposto o Comité Cidadán de Emerxencia ten recorrida a citada resolución gobernamental. Mesmo esta decisión gobernamental de exclusión da obriga de someter-se a avaliación ambiental foi custionada por "El Defensor del Pueblo". Reganosa foi construída de xeito fraudulento ao amparo dun acordo confidencial, asinado o 20 de xullo do ano 2000, baixo o paraugas do goberno Fraga, con empresas multinacionais da enerxía, o Grupo Tojeiro e Caixa Galicia, entidade financeira corrompida pola súa directiva, hoxe moitos dos seus membros condenados por sentenza firme.


https://youtu.be/SU63u5rgivM


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
___________

domingo, abril 08, 2018

No próximo 12 de abril decorrerá apresentaçom em #Ferrol da @ViaGalega com a presença de Suso Seixo, Lidia Romero e Bruno L. Teixeiro. Será às 20.30h no Centro Cultural Carvalho Calero, do Inferninho


Na próxima Quinta-feira 12 de abril, decorrerá apresentaçom em Ferrol da @ViaGalega, umha plataforma social em defensa dos direitos nacionais da Galiza, com a presença de Suso Seixo, Lidia Romero e Bruno López Teixeiro. Será às 20.30h no Centro Cultural Carvalho Calero, do Inferninho.

Web oficial:
http://www.viagalega.gal
_____________

sábado, abril 07, 2018

Miles de persoas mostran o vigor das mobilizacións da xustiza galega en Comsptela este sábdo 7 de abril: 'Frente a prepotencia, resistenncia' - Xa son 60 días en folga indefinida


"FRONTE Á PREPOTENCIA, RESISTENCIA"

Miles de persoas mostran o vigor das mobilizacións da xustiza galega
X.M. 07 Abril 2018 13:49 h.

Este 7A a greve fai exactamente dous meses e os ánimos están moi lonxe de decaer, como testemuña a presenza de miles de persoas na manifestación que as e os traballadores da xustiza convocaron para este sábado nas rúas de Compostela.

Cartaces co número 60 -os días da greve- decoraron a marcha, xunto con outros rótulos que apuntaban directamente a responsabilidade de Alfonso Rueda na non resolución do conflito: "Rueda demite, a túa proposta non se admite".

A marcha contou cun respaldo inequivoco das forzas da oposición, concretizado na presenza nela dos seus tres líderes: Luís Villares (En Marea), Gonzalo Caballero (PSdeG) e Ana Pontón (BNG).

declaracións aos meios realizadas antes do comezo da marcha, e recollidas por Europa Press, Enrique Araújo, do Sindicato de Traballadores de Xustiza, afirmou: "Non é certo que teñamos intención de que esta greve dure, é a Xunta quen a está a prolongar coa súa incapacidade e prepotencia". Desde o comité de greve, por súa parte, estímase en 80 por cento o grao de seguimento da folga, embora os intentos da Xunta por "enfrontar os funcionarios coa sociedade e cos pensionistas".

Portavoces do comité de greve que atenderon a imprensa chegaron a afirmar que a Xunta está a realizar descontos nas súas nóminas -pola súa participación na folga- superiores a aqueles que marca a lei. Tácticas que procurarían levar as e os traballadores ao desistiren das mobilizacións. Todo en van: "A greve continúa viva", declararon.

A equiparación salarial co funcionariado do resto do Estado -"no Pais Vasco cobran máis de 500 euros que nós", dicía unha manifestante-, a dotación de máis recursos para a xustiza galega e a non penalización polas baixas laborais médicas son algunhas das reivindicacións do colectivo en greve, que marcharon polas rúas do casco vello de Compostela até concluíren a súa marcha na Praza da Quintana.

A resposta da Xunta

O departamento de imprensa de Vicepresidencia da Xunta distribuíu un audio esta mesma mañá do director xeral de Xustiza, Juan José Martín, en que garante que a oferta do Goberno galego ao comite de greve representaría unha suba salarial na contorna de 14 por cento, o que viría supor "aproximadamente 300 euros mensais para cada un dos funcionarios. As cifras cantan e non hai nada máis que engadir".

Esta suposta oferta é descoñecida pola representación laboral, segundo indicou un dos portavoces das e dos traballadores, Pablo Valeiras, de Alternativas pola Xustiza: "Non sabemos de onde saen eses 300 euros. Nós pedimos 180. Nunca houbo esa cantidade [300 euros] enriba da mesa".

Fonte: Sermos Galiza.

Interesante entrevista, realizada en febreiro, para saber o que pasa no sector

A mediados de febreiro deste ano 2018, Pilar Aymara, relizaba unha interesante entrevista a Pablo Valeiras, membro do Comité de #FolgaXustiza. Paga a pena ver e difundir.

https://youtu.be/oJLB6WFUU5I
____________

Unha importante cita nas Terras de Trasancos que por once anos consecutivos pon a poesía nas rúas, A PALAVRA ENCARNADA aí onde esta a súa hábitat natural: A XI Semana de Poesía Salvaxe - Ferrol, 25, 26, 27 e 28 de Avril de 2018



PROGRAMA DA XI SEMANA DE POESÍA SALVAXE
Ferrol, 25, 26, 27 e 28 de Avril de 2018


Comeza o 25 de Avril, tan querido para nós, dará comezo con PROCLÁMA POLÍTICO-POÉTICA, e a continuación​,​ ​o​ TEATRO JOFRE será o escenario para os poemas e as súas voces, de cinco poetas: Maria do Cebreiro, Iolanda Zuñiga, Eva Veiga, Estíbaliz Espi​nosa​, e a portuguesa, FILIPA LEAL. Transcorrida unha semana de actividade, o Sábado concluirá esta cita na Fundaçom Artábria, nunha sesión vermut, inesquecible.

Unha importante cita que por once anos consecutivos pon a poesía nas rúas, A PALAVRA ENCARNADA aí onde esta a súa hábitat natural.

PROGRAMA

DÍA 24, Martes, Comunicado á PRENSA, PROGRAMA COMPLETO DA ONCE SEMANA DE POESÍA SALVAXE, FERROL  (Sempre Provisional) (Os Días 25, 26, 27 e 28 de Avril 2018)

DÍA 25, MÉRCORES,
Ás 18h. Proclama POÉTICO-POLÍTICA Guillermo Ferrandez, Victor M. Diez, Karlotti e Xurxo Souto rematando con recital de poetas locais no  Kiosko da Música, Cantón De Molins.

Ás 20h. no TEATRO JOFRE, Gran Recital Poético a cargo as poetas: IOLANDA ZUÑIGA, MARIA DO CEBREIRO, FILIPA LEAL, EVA VEIGA e ESTÍBALIZ ESPINOSA, cosidas por EUGENIA SANMARTÍN arropadas polo resto de poetas participantes LEMBRAREMOS A Revolução dos Cravos, neste 25 do noso Avril das BARRICADAS EN FLOR.

DÍA 26, XOVES,

Ás 12h.  no MERCADO DA MAGDALENA e no MERCADO DE CARANZA, poesía encarne viva. Carlos d´Adra, Victor M. Diez, Karlotti, ALBA MARIA e SARA MARCHENA, Cris de la Maza Ricardo Lado, GRUPO POÉTICO MORAIMA e ELI ZETA.

Ás 19h
. no ATENEO FERROLÁN, Pia SUMMER a palabra  encarnada, e LOIS PEREZ
                                          
Ás 22h.  CARLOS SANTIAGO, Pia Sommer REGUEIFAS, Karlotti e Guillermo Ferrandez, e Poética Sesión  con @s poetas invitad@s.

DÍA 27, VENRES, 


Ás 12h. no MERCADO DE RECIMIL, Carlos d´Adra,  Carlos Santiago, REGUEIFAS, Pia Sommer, e todos e todas, Poesía pra facer os días a man.

Ás 12, 30h. na Praza do Inferniño, MÚSICA IN VERS@S, Turnes&Casquero&Ferrández, Suin Al y BEATRIZ LARÓN Blues, Manolo Bacalhau

Ás 17h, mareando os versos na LANCHA DA RÍA Regueifeiras. Filipa Leal, Montserrat Villar, Miguel Neira, Victor M. Diez, Pedro Campos Cristina de la Maza, Eugenia San Martin, Fernando Naveiras, Manolo Bacalhau, Carlos da Adra, DAVID TRASHUMANTE, AL VIDAL Y CIA, LUCAS.

Ás 19,30h. na SALA TORRENTE BALLESTER, EL PATIO, Javier Semprún, Eduardo Fernández Gijón y Borja Semprún.

Ás 23,30h
. SUSO GARCIA EIROÁ Improvisación  soando  insomnes PIA SUMMER, ITHA K, e EUGENIA SANMARTIN, NOVAS VOCES, Faiscas e verbas fresca

DÍA 28, SÁBADO,

Ás 12,30h. SESSON VERMUTE  e PECHE DA XI SEMANA DA POESÍA SALVAXE, na Fundaçom Artábria con MARIA DE MALLOU e LUCÍA ALDAO, MANOLO BACALHAU DAVID TRASHUMANTE, VICTOR M. DIEZ
BLUISCERALES (Zapico-Ordás-Cachaldora). Al Suin e BERTA LARÓN, Quico Cadaval, Xurxo Souto, Alberte Momán, Fefi Naveiras, Roger de Flor, Cabe Garcia.



Enviado por:
juan carlos valle
-karlotty@gmail.com-
7 de abril de 2018 18:22

http://www.karlotti.com

_________________

Fene : Xuntoiro de tránsfugas e corruptos, ... Por Xosé Manuel Galdo Fonte


Por Xosé Manuel Galdo Fonte [*]
07.04.2018


Sen erradicar da vida política prácticas ilexítimas como o "transfuguismo". resultará imposible vigorizar a democracia, pois mantendo o acceso aberto a quen antepón o seu propio aproveito á defensa do interese xeral, a vía da involución farase endémica.

No coruñés concello de Fene a axitación política fíxose dona da actualidade, e todo, como consecuencia da Moción de Censura interposta contra o actual alcalde do BNG por quen foi o seu antecesor no cargo e politicamente membro do super-corrupto Partido Popular, que sorprendentemente contou para tal manobra de derrocamento co apoio explícito de dous concelleiros tránsfugas.

Despois de ser vangarda e referente do municipalismo mais alá dun cuarto de século tras a instauración da democracia, o Concello vive actualmente as horas mais convulsas da súa historia, tal é así, que tras 39 anos de corporacións democráticas, -en segundo intento- esta é a primeira ocasión que unha Moción de Censura altera o normal funcionamento de a institución municipal fenesa.

Non debendo estrañar á veciñanza do Concello a súa entrada en escena, considerando os factores de dependencia laboral e económica que acompañan a boa parte dos corporativos promotores da mesma; que coa súa aprobación ademais de ver resoltas as súas limitacións pecuniarias, ven protexido o seu  status e blindada a súa revogación.

Protección, que anacronicamente outorga a estes tránsfugas a indemnidade para pasarse de bando e traizoar aos seus electores baixo prezo ou mercé; a teor da feble integridade moral dos seus membros e a súa total ausencia de vocación de servizo público.

Si alarmante é, deixar de novo o goberno municipal de Fene en mans dos artífices de esnaquizar as institucións coa súa corrupción, moito máis pavoroso resulta comprobar que quen a través da Moción de Censura facilitáronlle ao PP o acceso ao poder, son dous concelleiros que pescaron a súa credencial de representación institucional no caladoiro electoral da esquerda, e que para maior engano, nos comicios municipais ilusionaban á sociedade proclamando aos catro ventos xusto o contrario da felonía que agora viñeron a consumar 

Estou a referirme  aos "zascandiles" de Somos Fene, aos membros daquela candidatura que en campaña electoral en clara alusión ao Alcalde que agora promoven, prometían  rexenerar o ente municipal; e que actualmente polo seu repelente transfuguismo ideolóxico e o radical cambio de parecer resultan non ser de fiar.

Nun municipio onde continuadamente desde a instauración da democracia a esquerda no seu conxunto sumou máis votos que a dereita, como actualmente segue ocorrendo; por aritmética electoral resulta imposible que un partido como o PP que conta co apoio dun terzo escaso dos votos, tivese  posibilidade algunha de facerse co bastón de mando da alcaldía, a non ser que se impuxese a bastardía política sobre a dinámica democrática, de tal modo que os pactos contra natura e a confluencia de intereses persoais prevalecesen sobre a vontade popular.

Isto é xusto o que aquí veu acontecer  coa rocambolesca Moción de Censura, secundada desde Somos Fene, utilizando artificios gansteriles, conseguiu que o voto limpo e progresista depositado no seu favor polos electores, se transmutara na emblemática gaivota do PP que agora xa aniña na alcaldía do Concello; un obsceno proceder dos que van á política para lucrarse dela, nunha tentativa máis que evidente de facilitar que a indecencia se apropie da democracia. Un comportamento nauseabundo e vomitivo

Xa que logo, aos  inimigos da esquerda na localidade non hay que buscalos entre os seus votantes, toda vez  que  o apoio electoral cara ao progresismo mantense inalterable co paso do tempo a pesar da variable  diversidade  das formacións que  conforman  o seu ámbito.

Onde realmente radica a  descapitalización da esquerda no municipio, é na total ausencia de integridade e na falta de honradez dunha boa parte do seu sector dirixente, como pon de manifesto a vendetta consumada por Somos Fene contra a vontade dos seus enganados electores; como tamén, o implícito apoio do PSOE á Moción de Censura  que sibilinamentre  disfrazou  de abstención buscando gardar as aparencias.

En contraposición é de salientar á actitude firme e de compromiso co progresismo mostrado por PODEMOS, EU e BNG a través do rexeitamento da Moción de Censura  e defensa da continuidade do Goberno municipal,   o que de seu lles confire por consecuente proceder a autenticidade representativa  de esquerdas.

Queda visto por tanto, que foron os transfugas de Somos Fene e a falsa esquerda do PSOE, os que sen fundamento argumental probado, nun Concello con maioría electoral de esquerdas, regaláronlle a alcaldía á mafia política  do PP, razón sobrada para desenmascarar entre todos aos membros desta trama de indecentes e aos propios beneficiarios da felonía, coa finalidade de ir limpando o Concello de arribistas, aproveitados e persoeiros sen ética  para exercer a actividade política con integridade e en suxeición á vontade expresada nas urnas polos electores.

Mentres isto non aconteza, a alcaldía usurpada polo "farolas" non deixará de   ser unha apropiación indebida

Publicado no seu blogue de opinión: Que non se pare o tempo - "puntadas, pespuntes e ganduxes". La Opinión - A Coruña. | Ir á Web.

[*] Xosé Manuel Galdo-Fonte, foi traballador de ASTANO e sindicalista, perante varias lexislaturas foi concelleiro polo BNG en Fene, dentro do Colectivo Avante, posteriormente pasou ao mundo empresarial, formando parte da Iniciativa Empresarial del Noroeste que se integrou en 2007 en IEN por Europa, da cal formou parte da súa xunta directiva. É articulista e analista político, os seus artigos están publicados en moitos dos xornais galegos, tanto impresos como dixitais. A súa última aposta política foi por Podemos Fene, na promoción da Agrupación Política de Electores Avante Fene (Grupo no Facebook).

Blogue:
http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/
Conta facebook:
https://www.facebook.com/galdofonte
Conta no twitter | @galdofonte:
https://twitter.com/galdofonte
Escritos publicados no no Diario de Ferrol:
http://www.diariodeferrol.com/opinion/autor/000045/xose-manuel-galdo-fonte
____________

venres, abril 06, 2018

Apresentaçom do Atlas das naçons sem estado na europa hoje, sexta-feira 6 de abril, na Fundaçom Artábria com a presença de Abrahán Bande e Fernando Corredoira - E o sábado 7 o fotógrafo ferrolano Óscar Millarengo inaugura a sua exposiçom 'Ferrol Molla' - No mesmo sábado às 22.30hs o grupo local Bule apresenta o seu primeiro EP 'Aquelas cancións' e concerto de Bule e Nobody´s Fool


Apresentaçom do Atlas das naçons sem estado na europa, fotografia e concerto de Bule e Nobody´s Fool para esta fim de semana

Na passada quarta-feira com umha palestra sobre música e cultura brasileira, ministrada polo músico baiano Túlio Augusto, dava início o programa de atividades da Fundaçom Artábria tem agendadas para este mês de abril.

Um completo programa que contará com audiovisual, fotografia, música, apresentaçom de livros, luso gastronomia ou atividades para crianças.

Atlas das naçons sem estado na europa

As atividades continuam esta sexta-feira, 6 de abril, com a apresentaçom do “Atlas das naçons sem estado na europa", editado por Atravês editora. No ato, que dará início às 20.30hs, contaremos com a presença de Abrahán Bande e Fernando Corredoira.

O livro é umha traduçom atualizada do original francês Atlas des Nations sans État en Europe de Mikael Bodlore-Penlaez publicado em outubro de 2010 polas Éditions Yoran Embanner.


No sábado 7, às 21.00hs, o fotógrafo ferrolano Óscar Millarengo inaugura a sua exposiçom “Ferrol Molla”, diversas imagens de cenas de chuva na nossa cidade.


No mesmo sábado às 22.30hs o grupo local Bule apresenta o seu primeiro EP “Aquelas cancións” (CGTH Records / Hold Your Ground Records). Melodias contagiosas, letras em galego e um montom de referências cinematográficas, lúdias e de experiências vitais é o que podemos encontrar nas suas cançons. Junto a eles estarám no cenário o grupo punk de Dom Ramiro Nobody´s Fool. A entrada é gratuíta.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
6 de abril de 2018 01:34

____________