xoves, xuño 14, 2018

Umha das grandes vozes da lusofonia, a de 'Luanda Cozetti', na Fundaçom Artábria esta sexta-feira, 15 de junho, e o sábado 16, às 22.30hs, noite de rock and roll ao vivo, da mao do grupo de Compostela 'Catro Ghatos' e dos locais 'Os Derradeiros' - Em Ferrol, na Travessa de Batalhons nº7 de Esteiro


Umha das grandes vozes da lusofonia, a de Luanda Cozetti, na Fundaçom Artábria esta sexta-feira


Sexta-feira, 15 de junho, chegam ao nosso Centro Social umha das grandes vozes da lusofonia, Luanda Cozetti, filha do revolucionário Alípio de Freitas, acompanhada polo Norton Daiello, no projeto Couple Coffee.

O preço do bilhete para o Concerto em parceria com o Beco Da Língua é de 4 euros, 3 euros para pessoas associadas às duas entidades.

Couple Coffee gravam o disco "Puro" em 2005. Em 2007, publicam o disco "Co'as Tamanquinhas do Zeca", dedicado a José Afonso. No ano seguinte editam "Young And Lovely", uma homenagem aos 50 anos da Bossa Nova.

Em junho de 2017 editavam o novo disco "Fausto Food", no qual recriam a música de outro dos grandes da músíca lusófona Fausto Bordalo Dias.

O concerto dará início às 23.00hs.


Os Derradeiros e Catro Ghatos este sábado na Fundaçom Artábria

Este sábado 16, às 22.30hs, noite de rock and roll ao vivo na Fundaçom Artábria da mao do grupo de Compostela Catro Ghatos e dos locais Os Derradeiros, que voltam aos cenários após vários meses no dique seco. Para nom perder, e é de graça!

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
13 de junho de 2018 21:07
13 de junho de 2018 21:30

_____________________

mércores, xuño 13, 2018

A redución e redistribución de escanos como resultado do BREXIT non reforzará o papel do Parlamento Europeo - O Parlamento Europeo aprobou hoxe en sesión plenaria a proposta do Consello de reducir de 751 a 705 o número de deputadas a partir de 2019 - Senra lamenta que o Consello desperdiciara esta oportunidade para facer unha fonda reforma que dotase ao PE de iniciativa lexislativa


A redución e redistribución de escanos como resultado do BREXIT non reforzará  o papel do PE. | O Parlamento Europeo aprobou hoxe en sesión plenaria a proposta do Consello de reducir de 751 a 705 o número de deputadas a partir de 2019. | Senra lamenta que o Consello desperdiciara esta oportunidade para facer unha fonda reforma que dotase ao PE de iniciativa lexislativa.

No marco da sesión plenaria que está a ter lugar durante esta semana en Estrasburgo (Francia), o  Parlamento Europeo (PE) vén de aprobar unha recomendación sobre o proxecto de decisión do Consello Europeo que fixa posición ao respecto da composición da Eurocámara para o periodo 2019-2024, marcado pola previsión de conclusión do BREXIT. Esta proposta ten como plantexamento central a redución do número total de escanos, que pasarían de 751 a 705.

A eurodeputada galega do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Lídia Senra, votou hoxe en contra desta modificación ao considerar que limitar o número total de representantes da cidadanía no Parlamento Europeo implica “un recorte máis na capacidade de acción das deputadas e deputados que dificulta o traballo dos grupos políticos non maioritarios”.

Un Parlamento Europeo reducido, ou con limitacións da súa capacidade de iniciativa, non corrixirá o actual déficit democrático nin o distanciamento das clases populares con respecto á acción política europea”,  subliñou.

Senra avoga polo establecemento dun número de representantes “axeitado”, que viría dado pola aplicación de “sistemas electorais proporcionais e sen limiares mínimos para acceder ao reparto de escanos”. Deste xeito, argumenta, avanzaríase na consolidación de cámaras “verdadeiramente representativas da poboación e que non creen nesgos que favorezan somentes aos partidos políticos e grupos maioritarios".

Estrasburgo, 13 de xuño de 2018.

Oficina de Lídia Senra
Eurodeputada Galega
Grupo da Esquerda Unitaria Europea/
Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)
Comisión de Agricultura
Comisión de Pesca
Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE
0034 609 845 861
Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas)
Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo)
lidia.senra@europarl.europa.eu
http://ageuropa.gal/

Twitter. | Facebook.

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
13 de junho de 2018 16:36

_________________

luns, xuño 11, 2018

Ante facturas da auga abusivas, con lecturas estimadas avultadas e irregulares, emitidas pola empresa mixta de augas de Ferrol -Emafesa, o pasado 7 de xuño, a Plataforma realizaba unha concentración de protesta diante da Casa do Concello - Vídeo


A Plataforma, non pode deixar de protestar ante os continuados abusos de Emafesa e a política do goberno municipal respecto da auga. Ten que haber unha resposta, aínda que esta non teña o suceso que cumpriría agardar, ante o grave dos feitos denunciados. A veciñanza está indefensa, ante a subida desproporcionada da factura da auga, e a Plataforma por si soa non chega para informa e asesorar a veciñas e veciños. Parte da responsabilidade, debe-se á inacción das directivas das asociacións veciñais que non están á altura das circunstancias, mantendo o movemento veciñal totalmente inoperante ante taxas avultadas e lecturas estimadas abusivas. E un goberno municipal que deixa facer á empresa mixta de augas[1] o que quere, pois este deixa de exercer a súa función fiscalizadora. Unha empresa mixta á que non se lle aproban as contas desde 2014 e que ameaza a concelleiros coa perda do seu patrimonio persoal se non se fai o que interesa á parte privada.

Emafesa emite de xeito masivo facturas calculadas en base a unhas estimacións de consumo irregulares, non conformes á normativa municipal da auga,[1] conseguindo miles de euros de xeito irregular.

A mobilización veciñal, aínda que digna, foi escasa, insuficiente para mover do seu letargo a un goberno inactivo. É insuficiente, para desactivar a irregular actuación dunha empresa de augas que está poñendo en xaque a un goberno moi débil que se prega aos intereses da multinacional, fronte aos intereses veciñais.

Mais aínda así, a Plataforma persiste na esixencia ao Alcalde que poña freo aos abusos de Emafesa, que lle abra un expediente informativo e faga unha investigación a fondo, como así o solicita no escrito enviado o pasado 25 de maio.

Segue-se denunciando a Augas de Galicia e á Xunta, por atrasar, adrede, a solución legal para que o Concello de Narón poda pagar a depuración e por endosar ao Concello un sistema de saneamento que comeza a arrastrar unha débeda millonaria que está poñendo en perigo a súa viabilidade económica.

A entidade veciñal esixe unha revisión completa da factura e todos os conceptos relacionados coa auga. Non pode ser que teñamos a factura máis cara de todas as cidades galegas nos conceptos de sumidoiros, saneamento e depuración. Algo está sendo moi irregular. Como tamén é moi necesario revisar os baremos de exencións, totalmente inxustos e os cobros estimados do barrio de Recimil onde persoas que viven soas estean pagando un consumo estimado bimensual de 20m3.

Non só se protesta ante as medidas deste goberno (Convenio, Taxa,...), contrarias ao que viñan defendendo, senón que denuncian ao anterior goberno de J. M. Rey Varela que enganou, e asumiu unha depuradora que non funcionaba e un sistema de saneamento e convenios que resultan ser un saco sen fondo

Desde a Plataforma segue-se demandando: unha Taxa Xusta, Explicada e Participada; unha auditoría integral a Emafesa; a denuncia dos convenios (Acuaes e Augas de Galicia); e a devolución da depuradora a Augas de Galicia mentres non estea constituído un ente mancomunado que a xestione.

Reivindica-se unha Emafesa 100% Pública, a devolución dos servizos da auga e o saneamento ao poder local, o retorno do ciclo da auga a mans públicas, porque a auga e o saneamento non són un negocio, son un dereito humano.[2]


https://youtu.be/F7bFzKxUPhM

Notas.-
[1] Emafesa é a Empresa Mixta de Augas doe Ferrol, 51% pública e o 49% privada, mais xestionada ao 100% pola súa parte privada, Socamex-Urbaser, pertencente desde 2016 ao grupo de investimentos chinés Firion Investments, SL, pertencente, a súa vez, ao grupo transnacional de investimentos Ying Zhan Investment (HK) Limited - CNTY.
[2] Por exemplo o disposto no Artigo 8, no Punto 8.3.B) da Ordenanza Fiscal Nº16 reguladora da taxa por subministración de auga potable: "8.3.B.: Facturación no caso de que non exista lectura: No caso de que nun bimestre non se poda toma-la lectura do abonado, existindo contador operativo, tomarase como consumo estimado a media de consumo dos anteriores bimestres..." O mesmo no resto das ordenanzas e regulamentos do ciclo da auga (Abastecemento, Sumidoiros e Depuración).

[3] Resolución 64/292 "O dereito humano ao auga e o saneamento", aprobada pola Asamblea Xeral o 28 de xullo de 2010. | Acceder/Baixar.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es

#Emafesa

#Ferrol
---

Governo feminino ou governo feminista?, ... Por Iolanda Teixeiro - Simplainas é este mundo veloz, compulsivo e desmemoriado onde se emite a mensaxe antes de a ter procesado


Por Iolanda Teixeiro [*]
11.06.2018


GOVERNO FEMININO OU GOVERNO FEMINISTA?


Anda por aí o runrún de que se acaba de formar en España un governo feminista. A cousa anda algo trascaburrada. Alguén pensa que un libreiro é por forza un lector ou mesmo que un músico ten unha audiometría perfecta?. Para amósega, Beethoven, o da Quinta do Xordo. E, porén todo o mundo é a dizer que porque o governo de Pedro Sánchez (a pouco digo socialista) está formado por once ministras contra seis ministros, xa vivimos ás portas da revolución lila. Magoa que a moción de censura non florecera en maio para queimar sosténs nas prazas públicas!. Ninguén pensou que se temos dúas palavras distintas: seso e sexo, algo terá a ver?. Será o xénero condición necesaria ou abonda para ser feminista?. E de o ser, de que caste de feminismo estamos a falar, burgués ou marxista, clásico ou ecofeminista?

Simplainas é este mundo veloz, compulsivo e desmemoriado onde se emite a mensaxe antes de a ter procesado. Si, fondamente desmemoriado e preguiceiro para navegar ate o pequeno historial político desas presuntas feministas. Desde logo Eco-feministas non  vos son nen de lonxe. Botemos unha olladela.

Comezo polo caso máis abraiante, a ministra de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Teresa Ribera. Ninguén esperava que fora unha Wangari Maathai, aquela egrexia nai das árvores, mais darlle esta carteira á ministra pro-fracking non deixa de ser un esperpento de caleixón do gato madrileño. Supoño que en Levante lembran o Proxecto Castor no 2014, con todos os movementos sísmicos que produciu. En maio dese ano a Fiscalía denunciou este proxecto por prevaricación ambiental e por delito contra o medio ambiente sendo Teresa Ribera unha das acusadas pois cando se aprobou, ela ocupava a Secretaría Xeral de Cambio Climático e foi ela que asinou a declaración de impacto ambiental pola que se autorizou este proxecto e para o que o ministerio de Medio Ambiente só utilizou información da empresa Escal UGS, controlada pola omnipotente ACS de Florentino Pérez. Unha inxeción de gas espertou unha falla e a terra comezou a tremer fronte ás costas de Tarragona e Castellón. Un dos moitos negocios de miles de millóns, de gas natural de Florentino ao que andaremos ainda a indemnizar nas nosas facturas eléctricas. Mais esta falla contra a falla de Amposta e do erario público da profesora universitaria de Dereito Público, que xa fora directora xeral da oficina de cambio climático así como membro de distintos consellos de fundacións de respecto ao medio ambiente como Fundipax e institutos de desenvolvemento sostivel e biodiversidade; esta falla, digo, non foi atranco para que Pedro Sánchez a incorporara na equipa de expertos que elaboraron o actual programa do Psoe. Visto o visto, moi ecofeminista non parece.

Outro caso curioso é o da vicepresidenta e ministra de Igualdade, Carmen Calvo. Alén da súa paixón polos touros, incomprensivel desde a nosa nazón de vacas, é sobradamente coñecido o tipo de feminismo burgués no que milita desde que ocupou aquel ministerio de Cultura e desde a súa afeizón á moda estilo Ágatha Ruiz de la Prada. Desde os postulados do ecofeminismo, a defensa da moda con todo o seu constructo na creación de ideoloxía consumista e sexista non ten cabida, por moito premio que se reciba de federacións de mulleres progres ou do Lobby europeo de mulleres.

Así que porque teñamos en Defensa, Economía, Xustiza, Traballo, Educación... tamén mulleres, non podemos agardar que vaiamos ter un exército, unha economía, unhas leis, un traballo e unha educación feminista.

Cando menos, deberiamos sospeitar que se unhas mulleres chegaron a atravesar ese teito de cristal, non foi porque utilizaran valores, comportamentos ou ideas feministas, senón mesmamente porque son mulleres exitosas dentro dos valores patriarcais que nos manteñen nun sistema capitalista de clases onde a desigualdade de todo tipo (non só de xénero) é condición inherente ao propio sistema. E se estas mulleres empoderáronse foi no poder que consagra a cultura da dominación masculina ou patriarcal.

Así que eu, de momento, non sacaría a airear o poncho daquel maio francés, principalmente porque o ministro de Interior é un Grande-Marlaska e o de Exteriores é un tal Borrell. E nin Margarita Robles vai facer Defensa se armamos a revolta feminista ecopacifista.

[*] Iolanda Teixeiro Rei -Ferrol, activista ecoloxista e decrecentista, articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Sermos Galiza.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
9 de junho de 2018 21:34

__________

domingo, xuño 10, 2018

Miles de persoas encheron a praza do Obradoiro de Compostela, contra a mina de Touro-O Pino, para defender a terra e a vida, porque non queremos unha herdanza envelenada que significa a explotación da mina de cobre - O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol estivo presente na Manifestación Nacional - Vídeo


Manifestación nacional contra a mina de Touro-O Pino, celebrada o domingo 10 de xuño de 2018, ás 12 do mediodía na Alameda de Compostela: porque non queremos unha herdanza envelenada, para defender a terra e a vida contra a mina de Touro-O Pino.


https://youtu.be/Gb5Bb2zL2O8


_______________

Esquerda Unida apoia a loita contra o proxecto da Mina de Touro - O Pino - André Abeledo rexistrará unha Moción onde solicitará a participación do resto dos Grupos Políticos do Consistorio de Narón en apoio a esta loita


EU NARÓN apoia a loita contra o proxecto da  Mina de Touro - O Pino.


O pobo galego unha vez máis toma as rúas para defender o futuro da nosa terra, esta vez contra o proxecto da  Mina de Touro - O Pino. GALIZA DÍ NON A DEPREDACIÓN do noso entorno e a Praza do Obradoiro quedouse pequena ante a resposta popular este Domingo día 10 de Xuño.

André Abeledo rexistrará unha Moción onde solicitará a participación do resto dos Grupos Políticos do Consistorio de Narón en apoio a esta loita.

Texto da Moción:

Sobre a importancia do sector do mar de Arousa na economía local.

O sector primario do mar de Arousa é estratéxico na economía local, polo emprego directo que xera; mariscadoras a pe, bateeiros, mariñeiros, mariscadores a flote, etc. constitúen un amplísimo colectivo que ten o seu medio de vida no mar. Este sector xera empregos estables, tamén en épocas de crise, en comparación con outras actividades xa que este sector resiste mellor os vaivéns do ciclo económico, como se veu demostrando nos últimos anos. En cifras, este sector representa o 1,33% da produción total da economía galega, achega o 33% do valor engadido xerado no conxunto do sector a nivel galego e dá traballo, directo ou indirecto, a miles de familias.

No ano 2016, traballan na ría o 44% das mariscadoras/es a pé, mais do 41% das embarcacións de artes menores e o 68,7% das bateas de mexillón de Galicia. Nas lonxas arousáns poxáronse 38.329.584 kg de produtos da pesca e do marisqueo que se traduciron en 91.301.357 euros. E nas augas de Arousa colleitáronse 174.497.538 kg de mexillón (máis 70% do mexillón producido en Galicia), cun valor de 77.999.843 euros.

A frota pesqueira de Arousa está composta por 1.709 buques de pesca e 842 auxiliares de pesca e acuicultura, respectivamente o 38,6% e o 69,9% do total de Galicia.

De feito o sector primario do mar en Arousa é un sector estratéxico na economía dos nosos pobos e vilas pola riqueza e emprego que induce ademais en diversas actividades en terra:
  • empresas destinatarias dos nosos produtos (depuradoras de moluscos, cocedoiros, conserveiras, centros de conxelación e pasteurización, procesadores, comercializadores)
  • empresas provedoras de servizos e subministracións (estaleiros, cordoarías, carpintaría, montaxes e maquinaria)
  • actividades auxiliares e de apoio, como transportes, centros de investigación, formación e control do medio mariño, etc.
Á importancia económica derivada do sector primario do mar arousán únese o valor social que adquire nos municipios costeiros, onde irradia beneficios socioeconómicos entre amplas capas da poboación, converténdose nun importantísimo mecanismo de distribución e reparto de riqueza no entorno local que incentiva a implantación de actividades e pequenos negocios.

Asemade, este conxunto de actividades do mar teñen un importante valor dende o punto de vista etnográfico e gastronómico, o que aporta trazos de identidade propia e de diferenciación a través da calidade do local que son aproveitados por un dos sectores que actualmente presenta un maior desenvolvemento económico, o turismo. Así, o turismo en Arousa susténtase sobre catro piares: a calidade das augas e dos produtos que saen delas, a singularidade etnográfica ligada ao mar, a beleza da paisaxe costeira e unha gastronomía que ten como emblema os produtos do mar locais.

Este forte vencello entre as actividades primarias e o entorno onde se desenvolve singulariza a paisaxe da ría de Arousa que é única, coa actividade das bateas, as embarcacións de pesca artesanal e o marisqueo. Todos eles producindo peixes e mariscos de calidade, aos que os consumidores outorgan alta estima e prestixio. Todo elo suma e atrae cada ano a un número maior de turistas que sustentan un volume crecente de negocios, grandes e pequenos, nas localidades arousáns.

Pero todo isto pode verse en risco se se compromete a calidade das augas da ría; tamén augas arriba as do río Ulla, o máis caudaloso e longo dos que alimentan a ría de Arousa.

Sobre a importancia ambiental do Río Ulla e da ría de Arousa.

A riqueza pesqueira  e mariñeira que se resaltou na primeira exposición de motivos deste documento descansa sobre a riqueza ambiental existente na ría de Arousa e os ríos que nela desembocan, onde a saúde do río Ulla ten un papel fundamental, xa que alimenta dun xeito moi importante de sedimentos e nutrintes á ría.

Esta riqueza ambiental está amplamente recoñecida, non so por publicacións científicas, senon pola propia lexislación ambiental. A ese respecto cabe destacar a declaración de varios Espazos Protexidos, como son:
  • O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (declarado o 1 xullo de 2002, mediante a lei 15/2002). Este Parque inclue 4 arquipélagos e o mar que os rodea, entre os que se atopa o de Cortegada, na desembocadura do río Ulla, e a illa de Sálvora, na zona exterior da ría de Arousa. Este Parque Nacional, (unha das figuras de protección máis restrictivas que se poden aplicar sobre un espazo natural) declarouse polas especial riqueza ambinetal dos seus fondos mariños e  debe velar pola súa conservación.
  • A Zona de Especial Conservación Ulla-Deza, (declarado o 31 de marzo de 2014, polo Decreto 37/2014) que protexe a maior parte do río Ulla ata Rianxo. Dito río ten gran importancia ambiental onde destaca a presenza de peixes como lamprea e salmón, especies moi sensibles á contaminación das augas.
Así mesmo a ría de Arousa, xa na parte exterior acolle o ZEC Ons-O Grove e o Parque Natural do complexo dunar de  Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixan, que ten zona mariña dentro da súa superficie protexida.

A ría de Arousa é unha unidade ecolóxica que non se pode desligar dos ríos que a alimentan, e os 4 espazos protexidos que esta ría acolle é un bo indicador da inmensa riqueza ambiental que posue e que por lei debe ser amparada.

A administración debe velar pola conservación dos espazos protexidos da ría de Arousa. A reactivación da mina de Touro aumentará a drenaxe de contaminantes hacia a cunca do Ulla, afectando irremisiblemente á riqueza ambiental da ría, e consecuentemente á riqueza económica que sustenta.

Sobre o proxecto de explotación da mina de cobre San Rafael sita nos concellos de Touro e o Pino.

O pasado 25 de agosto saíu a exposición pública o proxecto da explotación mineira de cobre San Rafael, nº 2946, sita nos concellos de Touro e O Pino, na canle media do río Ulla.

Este xacemento foi anteriormente explotado entre 1970 e 1986; a partir desta data abandonouse a explotación deste mineral deixando unha grande superficie cuberta por entullos, balsas de lodos, etc. Trinta e un anos despois aínda non se restauraron todas as superficies afectadas.

Isto provocou no entorno unha forte contaminación dos solos e das augas, tanto das superficiais como das soterradas. Augas de drenaxe hiperacedas con concentracións altas de metais que contaminaron varios afluentes do río Ulla. A contaminación actual do estuario do río ten unha relación directa con esta mina.

Agora queren reactivar e ampliar esta concesión, coa participación do grupo multinacional Atalaya Mining, como consecuencia dos altos prezos do cobre estimulados pola demanda do mercado.

Inicialmente van a actuar durante dezaseis anos e medio sobre 689,65 hectáreas das 1.827 que ocupa a concesión, en dez ocos mineiros a ceo aberto dos que se prevé extraer 267,1 millóns de toneladas de materiais; 102,74 millóns de toneladas de mineral de cobre. Para extraer os materiais realizarán 6 voaduras diarias (cada unha con entre 9 e 16 toneladas de explosivos) o que producirá microterremotos que afectarán á estabilidade dos diques de contención das balsas de lodos.

O proxecto estima que durante os tres primeiros anos vanse verter ata mil millóns de litros anuais de augas que, despois de ser utilizada no tratamento químico necesario para precipitar os metais, será vertida ao Dominio Público Hidráulico.

Os lodos do proceso almacenaranse en dúas balsas: (i) unha auxiliar cunha capacidade de almacenamento de 34 millóns de toneladas estará contida por un muro de mais de 3 km de lonxitude e unha altura de ata 81 metros, e (ii) unha balsa permanente formada entre as cortas de Arindeiro e Viveiro (chamada lagoa de Arinteiro e Vieiro) cunha capacidade de almacenamento de 69 millóns de toneladas estará contida por un muro de case 3 km de lonxitude e unha altura de entre 55 e 74 m.

Debido a que estes son os residuos máis perigosos, por ser xeradores de drenaxes acedas mobilizadoras de metais, está previsto almacenalos en depósitos impermeabilizados mediante xeomembrana PEAD e xeotéxtil. Estas balsas, que conterán a maiores os restos non degradados dos compostos químicos empregados na separación do cobre (algún sospeitoso de causar cancro), van ocupar unha superficie total de 269 hectáreas, o que nos dá idea do enorme volume de residuos perigosos almacenados.

Ademais se proxecta unha entulleira de estériles potencialmente xeradores de ácidos cunha capacidade de 58 millóns de toneladas que ocupará unha superficie de 484.000 m2, e diversas entulleiras para os estériles non inertes con menor capacidade de mobilización de metais.

Ante os previsibles efectos prexudiciais que todos estes materiais van ter na calidade das augas dos afluentes do río Ulla, a empresa prevé o impermeabilizado e clausura destes materiais ao final do proxecto, sen ter en conta que os impermeabilizantes degrádanse e caducan co tempo polo que se verá incrementada a contaminación das augas proporcionalmente ao volume de residuos perigosos almacenados.

Por todo o expresado anteriormente, a empresa non garante dabondo que os metais tóxicos, os reactivos das augas do proceso, os lixiviados das cortas e das entulleiras non vaian  afectar ás augas e sedimentos do río Ulla.

Os concellos situados río abaixo da mina poden verse afectados pola contaminación das augas do río nas captacións de auga potable.

A experiencia previa constatou o importante dano ambiental que esta explotación mineira orixinou e segue orixinando na cunca do principal río que desemboca na ría de Arousa. De feito na actualidade o rego de Pucheiras -afluente do Ulla- tras estar en contacto coa zona de explotación abandonada amosa niveis de cadmio e de mercurio moi superiores aos máximos legais permitidos.

A execución deste novo macro-proxecto de explotación mineira na cunca do Ulla pon en risco a principal área de produción de moluscos da UE, a ría de Arousa. Por tanto as administracións deberían aplicar o “principio de precaución” para protexer as actividades de pesca, marisqueo e cultivo de mexillón que se realizan nesta ría.

A execución deste macro-proxecto tamén pon en risco as captacións de auga potable de concellos de Vedra, Boqueixón, Teo, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Pontecesures, Valga, Catoira e Vilagarcía de Arousa.

A execución deste macro-proxecto tamén pon en risco os valores naturais protexidos como o ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza, as especies ameazadas (nomeadamente o mexillón de río, Margaritifera margaritifera e a toupa de río, Galemys pyrenaicus) e o Humidal Ramsar Complexo intermareal Umia-Grove-Carreirón.

Por todo isto, os distintos sectores do mar de Arousa temos solicitado á Consellería do Mar e á Consellería de Economía, Emprego e Industria a retirada do proxecto de explotación da mina de San Rafael de Touro-O Pino e

propoñemos que o Pleno Municipal acorde:
  1. Instar ás Consellerías do Mar e de Economía, Emprego e  Industria que se desestime a autorización administrativa á actualización do proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental da concesión de explotación San Rafael, nº 2946, ditando así mesmo unha declaración ambiental desfavorable en virtude dos efectos negativos para o medio ambiente e a incompatibilidade do proxecto coa debida protección das augas da cunca e da desembocadura do Ulla, dos espazos naturais deste sistema fluvial, coas captacións de auga potable de numerosos concellos, coa riqueza pesqueira e marisqueira da ría de Arousa e, en concreto coas áreas de produción de moluscos bivalvos ESO14PEAEGAL-19, ESO14PEAEGAL-18/02 e ESO1429.
  2. Instar á Xunta de Galicia para que se promova unha completa restauración da antiga explotación mineira de Touro, eliminando os focos de contaminación de metais pesados, para como mínimo asegurar que esta explotación non compromete a calidade ambiental do río Ulla e da ría de Arousa.
  3. Remitir o texto do acordo acadado polo Pleno Municipal a
PLATAFORMA EN DEFENSA DA RÍA DE AROUSA (PDRA), Avda. Dr. Tourón nº 44 -entrechán, C.P. 36600, correo-electrónico: pdrarousa@gmail.com

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
10 de junho de 2018 16:02

__________

Acto de colocación da placa denominativa no Parque 'Carmelo Teixeiro' de Caranza - Inicio da Marcha - Intervencións en Meá na XII Marcha a Mugardos contra o despropósito gasista de Reganosa - Vídeos


Acto institucional de colocación da placa no Parque 'Carmelo Teixeiro' de Caranza


Colocación da Placa denominativa no Parque “Carmelo Teixeiro”, que fixo o Concello de Ferrol en cumprimento do Acordo Plenario adoptado por unanimidade en 2009, en testemuña a unha vida dedicada as cuestións sociais, ao seu compromiso cidadán, cultural, sindical e político e sobre todo ao seu papel fundamental como primer Coordinador deste Comité.

Intervencións de Manuel Angel Rodríguez Carballaeira-Lalán, Coordenador do Comité, do Alcalde de Ferrol Jorge Suárez Fernández e detalle da intervención de Carmelo o segundo dos tres fillos de Carmelo e Victoria (Por cuestións técnicas non temos a intervención completa).


https://youtu.be/zq8Orv9C62g

XII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos contra o despropósito gasista de Reganosa

O 8 de xuño, foi a XII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, desde o Parque Carmelo Teixeiro de Caranza. Media hora antes do inicio da Marcha contra o despropósito gasista de Reganosa, tivo lugar o acto institucional, onde se colocou a placa denominativa no Parque “Carmelo Teixeiro” de Caranza. Logo ás 5 datarde partía a Marcha, coa que lembramos o peche que perante 111 días mantivo a veciñanza de Mugardos no seu Concello, contra o despropósito gasista.

O Comité Cidadán con esta Marcha quere poñer, unha vez máis, ao descuberto a corrupción política e económica que subxace en todo este despropósito que despois de catro sentenzas do Tribunal Supremo en contra da Planta de Gas, o Goberno Español de Mariano Rajoy, dun partido corrupto até o espiñazo, que mediante unha resolución gubernamental, eximiu a Reganosa de ter que someter-se a avaliación ambiental, intentando saltar-se deste xeito as sentenzas condenatorias que declaran ilegal, á perigosa planta regasificadora (Asunto que xa temos recorrido).


https://youtu.be/zZfCFENaLqQ

Intervencións en Meá na XII Marcha a Mugardos contra o despropósito gasista de Reganosa

Intervencións de Manuel Angel Rodríguez Carballeira -Lalán, Luz Mariña Torrente e Lupe Ces, en Meá na XII Marcha a Mugardos contra o despropósito gasista de Reganosa.

https://youtu.be/KD_vYX4ySAU

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

---
Edita Ártabra 21
artabra21@gmail.com
https://artabra21.blogspot.com/
______

Presentación do libro 'O Canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega', de David Rodríguez - O martes 12 de xuño de 2018, ás 21:00hs, na Fundaçom Artábria, Travesa de batallóns, 7, Esteiro-Ferrol


Presentación do libro "O Canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo se democracia. Unha ollada galega", de David Rodríguez.

Acompaña ao Autor Lupe Ces e Alexandre carrodeguas, o martes 12 de xuño de 2018, ás 21:00hs, na Fundaçom Artábria, Travesa de batallóns, 7, Esteiro-Ferrol

Este libro pescuda nas orixes políticas, económicas e filosóficas do cada vez maior afastamento dos centros de decisión a respecto da xente e da súa vida cotiá. Afonda na reflexión sobre a elitización dun capitalismo que retoma a súa faciana máis incompatible coa democracia. En "O canastro sen tornarratos" abórdase a dificultade para articular resistencias e hexemonías alternativas nun tempo en que a ideoloxía dominante conta cunha capacidade inédita de penetración en calquera recanto xeográfico, cultural e mesmo psicolóxico; ademais de na propia teoría e praxe do movemento emancipador. O "tornarratos" –a pedra horizontal que impedía ás alimañas accederen ao gran almacenado no canastro– proponse como metáfora dun tempo sen devasas políticas e culturais que mitiguen o espolio do mundo do traballo e da natureza. Neste ensaio, David Rodríguez, lonxe de pensar o ser humano desde o cosmopolitismo abstracto, opta por unha ollada ampla e global, pero ben afincada nun lugar xeográfico e cultural concreto aínda chamado Galicia. En palabras do autor: "Trátase de delimitar o ermo en que nos atopamos, paso primeiro para que algún día volva medrar a herba".

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
31 de maio de 2018 02:35

_______________

sábado, xuño 09, 2018

Irracionalidades no acceso ás casas polas obras de ampliación d'O Trece - Proposta de melloras para a ampliación da estrada - Proposta básica que lle fai Eliximos Narón á veciñanza e que reclamarán para esta vía ante o Concello e a Deputación


Irracionalidades no acceso ás casas polas obras de ampliación d'O Trece.

En Sedes estase a repetir un problema co acceso ás propiedades, problema de sobras coñecido e, polo tanto, entendemos que interesadamente non resolto por parte das Administracións.

A lei establece que la construción dos accesos ás estradas corren por conta dos propietarios das parcelas lindeiras (previo permiso correspondente) a pesar de ser actuacións que en parte execútanse sobre chan público. En condicións normais é razoable que así sexa dado, que responde o seu interese particular.
Con todo, o caso de obras de ampliación de estradas, como a de O Trece, danse outras circunstancias para ter en conta:
  1. A falta de coñecemento da situación final da obra e dos prazos de execución (moi dilatados no caso de O Trece) impide solicitar con moita antelación os permisos de obra e tamén a contratación das mesmas.
  2. Ao non contratar o veciño o traballo á empresa executora da obra, encontrase un problema de coordinación na execución dos traballos, presentando o problema engadido de non poder executarse normalmente nunha soa fase debido a que o illamento prodúcese con bastante anterioridade á fase de acabados, momento antes do que dificilmente se pode facer un remate adaptado á obra executada.
  3. Dado que non se pode condenar aos veciños sen accesos, e ante a imposibilidade de que estes resolvan o problema polos seus medios no curto prazo, a empresa executora ten a obrigación de instalar accesos provisionais para os mesmos, e isto vólvese un problema loxístico cando son moitos os casos para liquidar por a empresa.
  4. Ante esta situación temos un problema complexo no que as empresas adoitan incumprir os seus deberes, e mesmo forzar aos veciños a illamentos e incomodidades, á procura de solucións provisionais (moitas veces pouco adecuadas), e, en ocasións, a recorrer a persoas da contorna da obra que se aproveitan da necesidade para facer caixa.
Esta é unha situación irracional que non debese de darse e que tería que vir resolta como parte da obra, lo que repercutiría tanto en beneficio dos veciños como do propio contratista e, polo tanto, da Administración. O proxecto xa debese de contemplar a execución da reposición dos accesos na parte pública, aínda que tendo en conta a situación final da contorna (relevos e outros) para que devandito acceso resulte operativo.

Con todo, a procura de supostos aforros e unha visión pouco racional do problema, e ás veces interesada, lévannos a situacións que, cando menos, debemos rexeitar.

Esperamos que esta situación se resolva con prontitude na ampliación do Trece.

Proposta de melloras para a ampliación da estrada d'O Trece


O proxecto da estrada é de hai 20 anos (marzo de 1998), con dúas actualizacións do orzamento: unha primeira en 2005 e outra finalmente en 2014. En consecuencia as referencias ás normativas quedáronse moi obsoletas, aínda que as solucións técnicas en boa parte sigan sendo válidas, e outras non se contemplan como, por exemplo, normativas de accesibilidade e normativa de protección de motociclistas.

E un proxecto moi simple que define a plataforma principal da estrada sen entrar a definir nin as zonas de estreitamentos nin as solucións a aplicar neles, nin sequera para soportar a propia estrada, e da carta branca para que o contratista constrúa e arranxe sobre da marcha (algo que pode dar lugar a calquera resultado, normalmente moi pobre).

Despois de 20 anos de espera deberíase requirir, a maiores que ancheala, darlle solución a unha diversidade de problemas da estrada que quedan sen resolver, e a outras necesidades actuais, porque a alternativa parece ser ter que esperar outros 20 anos.

Esta é a nosa proposta básica que lle facemos aos veciños e que reclamaremos para esta vía ante o Concello e a Deputación:
  • Solución aos problemas de accesibilidade.
  • Están a crearse uns problemas de accesibilidade ás vivendas ou propiedades, en ocasións dificilmente salvables (con chanzos imposibles), aos que hai que dar resposta.
  • Dotación dunha senda / aceira sobre a cuneta.
  • Non se dá solución aos problemas de circulación peonil especialmente nas zonas de núcleo rural.
  • Protección de seguridade en casas próximas á estrada en nivel inferior.
  • Atopámonos con desniveis que normalmente non requirirían de protección nun tramo de estrada normal, pero en zona de Núcleo rural se o require, non só polos peóns, senón tamén polas casas
  • Recollida de augas nos tramos máis horizontais próximos á feira, e estudo das descargas das restantes zonas.
  • Hai casas que se atopan bastante expostas á baixada de augas do outeiro, que antes estaban protexidas por elementos que agora desapareceron coas obras, e non se prevén sistemas de recollida para elas.
  • As cunetas revestidas con formigón van descargar en puntos concretos que anteriormente non recibían tanta concentración de auga e non se fixo unha previsión respecto diso.
  • Durabilidade do acabado de Triplo Tratamento Superficial.
  • Sabemos que é inferior ao sistema de aglomerado en quente, actualmente máis empregado, e que non presenta problemas como o de gravas miúdas soltas.
  • Preinstalación de tubos para electricidade / comunicacións.
  • Existe un acordo do Pleno aprobado en base a unha moción de Eliximos para tratar de deixar instalados os tubos que logo faciliten ao acceso dos núcleos rurais ás redes de comunicacións de banda ancha e outros posibles servizos.
Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)

Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.

facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web:
http://eliximos.esy.es/http://eliximos.esy.es/

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
6 de junho de 2018 23:19
7 de junho de 2018 23:48

_______________

Chamamento en Monforte a ordenar o monte e acabar co monocultivo de eucalipto e piñeiro para previr o lume - Lídia Senra denuncia o 'desprezo' que a Xunta de Galiza ten pola poboación das zonas máis abandonas e que tras os incendios quedan en mala situación - Expertos na materia piden un cambio de sistema e ensaiar fórmulas como os cortalumes vexetais ou de pastoreo fronte aos que abren pesadas máquinas


Chamamento en Monforte a ordenar o monte e acabar co monocultivo de eucalipto e piñeiro para previr o lume· | Lídia Senra denuncia o “desprezo” que a Xunta de Galiza ten pola poboación das zonas máis abandonas e que tras os incendios quedan en mala situación. | Expertos na materia piden un cambio de sistema e ensaiar fórmulas como os cortalumes vexetais ou de pastoreo fronte aos que abren pesadas máquinas.

Persoas expertas en materia medioambiental, rural e forestal, bombeiros, biólogos, axentes sociais e representantes políticos reclaron hoxe en Monforte un cambio de sistema e unha ordenación do territorio e do monte, que poña fin ao monocultivo de eucalipto e piñeiro que está proliferando nas últimas décadas, como medida de protección fundamental para facer prevención e atallar a lacra dos incendios forestais desde a raíz. Así se está poñendo de manifesto, na xornada organizada pola eurodeputada Lídia Senra, que baixo o título ‘Os incendios forestais na UE: Alternativas de protección’, se está a desenvolver durante todo este sábado na Casa da Cultura de Monforte.

Lídia Senra, encargada de inaugurar hoxe pola mañá a xornada, denunciou que “unha vez que o lume prende, e ante o abandono da actividade agraria e gandeira que hai no rural galego, apagar o lume é difícil”, mentres que “onde hai actividade e un rural vivo, o lume non avanza así de fácil”. Así, chamou a reflexionar sobre as causas do lume e sobre as medidas que se deberían implementar para poñer fin ao abandono do medio rural, e tamén sobre como se están facendo os cortalumes e as agresións que están supoñendo as prácticas que está levando a cabo a Xunta de Galicia.

A europarlamentaria tamén criticou a privatización dos servizos de extinción e a precariedade dos traballadores e traballadoras, pero considerou tamén fundamental reflexionar sobre aqueles pobos nos que o nivel de abandono é moi grande e nos que queda pouca xente e moita terra sen cultivar. Senra denunciou que a Administración está a practicar un desprezo por esta xente e estas zonas abandonadas, nalgúns casos abrindo pistas tras os lumes con grande maquinaria sen consultar coa poboación e cun forte impacto ambiental. Así, tras reclamar unha vez máis que se declare o eucalipto como especie exótica, Senra instou a convencer á sociedade da necesidade de actuar e de rematar co monocultivo de especies pirófitas. Na mesma liña, reclamou respectar as distancias de plantación ás casas e establecer liñas de protección. “Hai pobos en situacións que supoñen un auténtico atentado, con piñeiros ata as portas das casas”, dixo.

A xornada, que se estrutura en varias mesas de debate, comezou cun coloquio sobre “Cortalumes verdes e outras alternativas aos cortalumes de terra espida”, moderada pola concelleira de Esperta Monforte, Maribel García Díaz. A edil arremeteu contra as políticas que están a rematar coas explotacións agrarias en beneficio das explotacións forestais e pediu unha ordenación do territorio con alternativas sostibles e viables e co establecemento dun dispositivo de prevención e extinción dos lumes profesional e público.

Antonio Rodríguez García, gandeiro de cabrún de leite e membro da Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG), explicou como funciona a Rede de áreas de pasto e cortalumes animais en Andalucía, onde o Goberno autonómico apostou por este programa tras moita presión dos gandeiros. Trátase dun pastoreo controlado, un traballo polo que se paga, que actúa de cortalume e como instrumento de prevención e conservación e servizo á sociedade. Así, mediante un contrato laboral entre a Administración e o ou a gandeira, as vacas, ovellas e cabras son conducidas a pastar polas zonas que están consideradas para actuar como cortalumes.

O andaluz recoñeceu estar sorprendido polo cerca que a maleza alta está das casas en moitos lugares da Galiza, e animou aos galegos e galegas a presionar á Xunta para que aquí se implante un sistema semellante de cortalumes sostibles de pastoreo como medio tamén para proporcionar unha renda nova para os gandeiros e para manter un rural vivo.

Claudio Quintillán Vallejo, técnico de Explotacións Forestais e Membro da Asociación Galega de Comunidades de Montes, centrou a súa intervención en expoñer a situación de abandono na que está o rural e o monte galego, provocando o avance dos incendios. “Se os montes siguen nas condicións de impulso do monocultivo de eucalipto e piñeiro actuais, ímonos atopar grandes lumes que non se poden parar nin metendo enormes bulldozer nin abrindo pistas de cortalumes como se empeña a Xunta”, denunciou. Así, asegurou que os monocultivos “non respectan nada, non se respectan as vagadas nin as divisorias, hai unha continuidade da vexetación que non ten fin”, o que provoca situacións como a do ano pasado, un lume iniciado en Ponteareas que chega a Moaña, por culpa deste modelo que a Xunta non trata de modificar a pesar dos incendios ano tras ano.

Quintillán explicou que se non temos unha ordenación do territorio e do monte, por moita barreira que fagamos, o problema seguirá e chamou a ir ao fondo da cuestióne á orixe. Así, reclamou que se poña fin á masa continuada de especies altamente inflamables como son o eucalipto e o piñeiro, e propuxo aproveitar as vagoadas para plantar outras especies ou establecer un control de vexetación mediante pastoreo de gando. “Os cortalumes con máquinas, ademais do impacto visual que provocan e da erosión, tense demostrado que nalgúns sitios en pendente actúan de chimenea e polo tanto aínda comprometen máis o avance dos incendios forestais”, dixo. “Se o monte non é multifuncional e non se aposta por aproveitar en cada zona a potencialidade que ten, diversificando as producións e volvendo á madeira frondosa de calidade, ao pastoreo do gando, ao cultivo de cogumelos, á produción de mel, de herbas aromáticas, ao coidado de patrimonio,…, se non valorizamos todo isto e non hai unhas aposta da administración por mudar o modelo é moi complicado poder facerlle fronte ao lume”, concluiu.

Na mesma liña, Felipe Castro López, axente medioambiental da Xunta de Galicia, lembrou como fai décadas a ordenación do territorio na Galiza era moi diferente e os espazos estaban diferenciados, de forma que os montes estaban nas zonas máis afastadas, e as zonas habitadas estaban protexidas polas terras agrarias e por frutais e árbores que non supoñían perigo ningún. Castro reclamou eliminar as especies pirófitas por unha vexetación protectora e máis verde, que non se seque no verán, e apostou por rarear os piñeiros e eucaliptos e ter limpo o solo, así como as estradas.

Sobre o lume de Chavaga acontecido a mediados de outubro do 2017

A segunda mesa da xornada durante a mañá estivo protagonizada pola Asociación de Veciños e Veciñas de Chavaga, a través de Luisa Pallares González e María Teresa Rodríguez Rodríguez, e polo enxeñeiro forestal e membro da Asociación Forestal Frouma Diego Sánchez Agra.

Sánchez Agra denunciou que de sempre, na Galiza, as faixas de protección non se cumpriron e que a Administración moitas veces, cando había unha denuncia neste sentido, miraba para outro lado. “Agora, tras os lumes do ano pasado, estamos indo ao lado totalmente oposto: Pasamos de que a Xunta non fixo nada durante todos estes anos a que agora implante unha política do medo, dicindo até que se vai expropiar o monte a quen non o limpe. Esta política do medo lévanos a que a xente pense que se ten que arrasar con todo no monte”, criticou. “As faixas de protección son moi importantes e hai que evitar as especies pirófitas en altas densidades, pero a política do medo estanos levando a que a xente pense que ten que cortar ata as froiteiras cerca da casa e iso non é”.

As veciñas de Chavaga, lugar que sufriu un dos lumes de mediados de outubro do 2017, críticas coa actitude promovida pola Xunta, denunciaron como a maquinaria pesada desfixo moitos terreos pasados os lumes e informaron sobre a denuncia que cursaron a este respecto.

A xornada continuou pola tarde, co coloquio ‘Aprender dos erros. O sistema de emerxencias e extinción dos lumes forestais’, no que participan como ponentes Benxamín Balboa Cereijo, bombeiro forestal; Davide Rodríguez Estévez, tamén bombeiro forestal e deputado de En Marea no Parlamento Galego; e Manuel Martínez Méndez, bombeiro e representantes sindical da CIG en Ourense, membro da Plataforma Asociativa de Sindicatos de Bombeiros Forestais. Vanesa Garrido Blanco, membro de C@urel Vivo, introducirá e moderará esta parte.

E última das mesas, sobre ‘Fronte ao abandono da terra, a valoración do monte’, con Víctor Álvarez Arias, técnico da Consellería do Medio Rural e concelleiro en Lugo por LugoNovo; Félix Domínguez Cortiñas, alcalde de Manzaneda; e Paula Verao, deputada de En Marea no Parlamento Galego, que fará de moderadora.

Monforte, 9 de xuño de 2018.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). |  Tlf: 609 845 861,
lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Documentación.-
Información e vídeos resumo da xornada ‘Os incendios forestais na UE: O negocio do lume’, que se celebrou en Ourense en outubro do 2016, aquí:

https://ageuropa.gal/ourense-acolle-este-sabado-unha-xornada-critica-internacional-sobre-os-incendios-forestais/

https://ageuropa.gal/lidia-senra-esixe-maior-esforzo-publico-en-determinar-as-causas-que-hai-detras-dos-incendios-forestais/

https://ageuropa.gal/agee-xunto-a-experts-forestais-e-bombeirs-esixe-unha-politica-consensuada-de-pais-fronte-ao-lume/

https://www.youtube.com/watch?v=PbLOP2XK6cYhttps://www.youtube.com/watch?v=6K_TDHmdd-k

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
9 de junho de 2018 16:12

_________

Andaina 2018 de Por+Vida para o domingo 17 de xuño en Fene, pola mañá ás 10:30, na praza Alcalde Ramón Souto González, xunto á casa do Concello


ANDAINA 2018 de POR+VIDA para o domingo o 17 de xuño en Fene

No 10º Aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica que se iniciou no concello de Fene no ano 2008 no pavillón de San Valentín, impartido por José Barcia Tuccelli.

DOMINGO 17 XUÑO
10.30 HORAS
PRAZA DO ALCALDE RAMÓN SOUTO GONZÁLEZ
(XUNTO A CASA DO CONCELLO DE FENE)

10.00 a 10.30 horas> Recollida de dorsais e benvida
10.30 a 11.30 horas> Andaina cun percorrido doado dunha hora
11.30 a 12.00 horas> Carreira infantil e entrega de premios
12.00 a 12.30 horas> Actuación musical
12.30 a 13 horas> Remate da xornada con sorpresas e regalos

Nota.-

Recadaranse cartos para proxectos de investigación de mediciña xenética da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

--
por + vida
Asociación oncohematolóxica
Tlf. 650 812 030
pormaisvida2011@gmail.com
pormaisvida2011.blogspot.com

Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
9 de junho de 2018 17:23

___________________

Album fotográfico do Comité Cidadán de Emerxencia sobre o acto no Parque Carmelo Teixeiro e da marcha a Mugardos, neste xuño de 2018, contra o despropósito gasista de Reganosa


FOTOS : PARQUE CARMELO TEIXEIRO E MARCHA A PÉ FERROL-MUGARDOS 2018


Esta tarde, nun sinxelo acto organizado polo Concello de Ferrol, a  A.C. Fuco Buxán, a A.VV. “Ruíz de Cortazar” de Caranza e o Comité Cidadán de Emerxencia, colocouse a Placa que da o Nome de Carmelo Teixeiro, ao Parque situado a carón da Ermida de Caranza, dando cumprimento ao Acordo Plenario, por unanimidade da Corporación, en 2009.

O Acto foi arroupado pola cidadanía e estiveron presentes o Alcalde, Concelleiras e Concelleiros de FeC. PSdG-PSOE e BNG, e representantes de diversas Entidades e Asociacións.

A continuación iniciouse a XII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, coa que o CCE quere poñer de manifestó a fraude, a ilegalidade e o perigo permanente da Planta de Gas de REGANOSA, rematando, acompañados da choiva permanente, na A.VV. “O Cruceiro” de Mehá, donde houbo un espazo de reflexión, poesía e confraternización.

O CCE agradece a participación de todas e todos, e seguirá traballando na defensa da Legalidade, da Ría e da Vida.

PLANTA DE GAS : PECHE XÁ !


ÁLBUM FOTOGRÁFICO | ACCEDER/BAIXAR

--
Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de junho de 2018 22:04

____________

Roger de Flor e Helga Méndez García apresentam Ela e Dylan: As flores solitárias, sábado 9 de junho na Fundaçom Artábria - Um espetáculo poético e concerto acústico sobre letras de cançons e poemas de Bob Dylan traduzidas à nossa língua - Em Ferrol, na Travessa de Batalhons nº7 de Esteiro


Ela e Dylan este sábado 9 na Fundaçom Artábria

Roger de Flor e Helga Méndez García apresentam Ela e Dylan: As flores solitárias, sábado 9 de junho na Fundaçom Artábria.

Um espetáculo poético e concerto acústico sobre letras de cançons e poemas de Bob Dylan traduzidas à nossa língua. O fio temático é a mulher nas letras e na música do artista norteamericano. Durante umha hora irám sucedendo o recitado de letras e textos de Dylan misturados com as cançons cantadas a umha ou duas vozes por Helga Méndez e Roger de Flor. A posta em escea fai um montom de guinhos ao imaginário Dylan e ao movimento de performance poética "Spoken word" promovido pola geraçom beat ao longo dos anos 50.

O concerto dará início às 22.30hs e a entrada é de graça.
--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
 ....
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
7 de junho de 2018 13:10

______________

Manifestación nacional contra a mina de Touro-O Pino - Domingo 10 de xuño, 12 do mediodía na Alameda de Compostela: porque non queremos unha herdanza envelenada, acode a defender a terra e da vida contra a mina de Touro-O Pino

O Val, pobo soberano, preparase para a acción - A asociación de veciños de O Val, a petición dos afectados pola senda peonil e ciclista, convoca aos seus veciños a unha asemblea, que se celebrará o vindeiro sábado día 9 ás 7:30


O Val, pobo soberano, como xa demostrou en ocasións anteriores, preparase para a acción.

A asociación de veciños de O Val, a petición dos afectados pola senda peonil e ciclista, convoca aos seus veciños a unha asemblea, que se celebrará o vindeiro sábado día 9 ás 7:30, cun único punto da orde do día sobre a citada senda.

O pasado sábado día 2, na súa reunión semanal, os afectados pola senda acordaron os puntos básicos que esixirán á Xunta: unha reforma do proxecto para a construción da senda de forma que a senda teña dous partes diferenciadas (ciclista e peonil) en todo o trazado, que non se expropien parcelas con peches existentes, que recolla todos os accesos a vivendas e parcelas, e que instale todos os servizos e preinstalacións non existentes. Ademais piden outras medidas como que as pontes sexan de formigón armado, o cumprimento da normativa de accesibilidade, e a instalación de dous pasos de peóns un en O Cruceiro e outra fronte ao colexio.

Rexéitase un proxecto mal concibido e mal desenvolvido que non cumpría nin sequera cos requisitos básicos fixados para este tipo de actuacións, e que debese de pasar por un mínimo control de calidade, criticándose un malgaste de diñeiro público, habitual nas nosas Administracións, en chapuzas que logo hai que ir remendando e que nunca darán un bo resultado.

A reunión, que contou coa presenza do portavoz do Partido Popular no Concello e co concelleiro de Eliximos Narón, acordou un diálogo coa Xunta sobre os problemas do conxunto do proxecto antes de falar de casos individualizados como propoñía a Xunta a través da alcaldesa e do portavoz popular.

A estratexia do Partido Popular, baseada no “divide e vencerás” e en a “compra-venda de favores” para a resolución de problema individuais á marxe de solucións recollidas no proxecto, foi rexeitada por ser outra forma de corrupción (habitualmente usada polo PP e outros partidos) que deixa aos veciños sen garantías, débiles e indefensos, ante unha Administración que xoga con toda as vantaxes.

Transcorridos xa 14 días dunha suposta oferta de diálogo da Xunta aínda non hai noticias reais sobre o mesmo, motivo polo que O Val prepárase para entrar en acción.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)

Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.

facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web:
http://eliximos.esy.es/http://eliximos.esy.es/

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
6 de junho de 2018 10:07

_______________

Foto: Narón Aberto.
____________________

venres, xuño 08, 2018

André Abeledo, actual concelleiro, encabeza a única candidatura que se presenta en Narón as primarias abertas para a elección de candidatos de EU cara as eleccións municipais de 2019 - Unha candidatura paritaria e plural onde afiliadas e simpatizantes, mulleres e homes participan para seguir traballando por una Narón pola esquerda


André Abeledo encabeza a única candidatura que se presenta en Narón as primarias abertas para a elección de candidatos de EU cara as eleccións municipais de 2019

Unha candidatura paritaria e plural onde afiliadas e simpatizantes, mulleres e homes participan para seguir traballando por una Narón pola esquerda.

A candidatura que se presenta a estas primarias abertas de EU Narón é a seguinte:

01.- André Abeledo Fernández (Concelleiro de EU Narón)
02.- Mª Belén Aneiros López (Coordinadora Local)
03.- Roberto Villasuso Vázquez (Secretario de Organización)
04.- Tamara López Díaz (Simpatizante)
05.- Argemiro Montero Martiño (Secretario de Finanzas)
06.- Manuela Dolores López García (Afiliada)
07.- Luis Miguel García Pita (Afiliado)
08.- Lorena Bermúdez Doce (Simpatizante)
09.- Jorge Torres Machado (Afiliado)
10.- María Luisa Agra Parada (Afiliada)
11.- Rubén Méndez Otero (Simpatizante)
12.- Nuria Fernández Sánchez (Simpatizante).


ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida

-eu-naron@esquerdaunida.org-
5 de junho de 2018 21:27
_____________________