xoves, novembro 08, 2018

En Ferrol, 'Cacerolada' ao Supremo e contra os abusos bancarios, este venres 9 de novembro, ás 11:30hs diante dos Xulgados - Mobilización en cidades e vilas da Galiza e do resto do territorio do Estado - A PAH loitará porque haxa xustiza contra esta sentenza vergonzosa do Tribunal Supremo - Pedro Sanchez queda-se curto


En Ferrol, "Cacerolada" ao Supremo e contra os abusos bancarios, pola mañá deste venres 9 de novembro, ás 11:30hs diante dos Xulgados. | Mobilización en cidades e vilas da Galiza e do resto do territorio do Estado.

Protesta en Ferrol, convocada pola PAH de Ferrol e Comarca e Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, contra o sucedido na Sala Terceira do Tribunal Supremo, non só polo acordo tomado en relación do imposto das hipotecas, senón polo como se chega a esa resolución a todas luces unha interferencia da banca na decisión tomada que se suma a toda unha chea de acumulación de decisión en sintonía cos intereses da banca do IBEX35.

A PAH loitará porque haxa xustiza contra esta sentenza vergonzosa do Tribunal Supremo. | 15 marionetas obedecendo á banca no tribunal Supremo.

A Sala do contencioso do Tribunal Supremo perpetrou un novo golpe á cidadanía deste país, no seu permanente parcialidade, dependencia e submisión aos poderes económicos. O presidente da Sala, decidiu, nunha acción sen precedentes, a suspensión de todos os procedementos xa en trámite, e a convocatoria da reunión que onte concluíu cunha flagrante violación da xurisprudencia do TXUE en relación coas cláusulas abusivas.

Logo de 2 semanas de intensa presión mediática da banca no seu favor, lograron que xuíces servís aos seus intereses, volteen unha xurisprudencia xusta e acorde coa europea, nacida da Sección II.

Esta decisión vén confirmar a impunidade que os máximos xuíces deste país outorgan ás entidades financeiras. Non esquecemos a súa sentenza sobre as cláusulas chan, a súa consulta ao TXUE sobre o vencemento anticipado ou os intereses de demora, sempre para beneficiar á banca e contra os intereses da cidadanía. Non o esquecemos.

Tampouco esquecemos como viñeron ignorando sistematicamente os máis de 700.000 desafiuzamentos, nin como miraron a outro lado cando sentenza tras sentenza do TXUE ían chegando dereitos aos hipotecados, eles non fixeron o menor esforzo para revisar as nosas inxustas leis.

Sempre dixemos que todos os poderes do Estado estiveron ao servizo da banca. O político, mantendo unha lexislación de xeito evidente inxusta, e en moitos aspectos ilegal, segundo sentenciou en case 20 ocasións o TXUE. O xudicial, salvo moi honrosas e escasas excepcións, aplicando rutineiramente esa lexislación que expulsa á xente das súas casas e déixalles débedas impagábeis e para sempre, e ditando sentenzas como esta, fóra de toda lóxica xurídica e oposta á doutrina do TXUE. E por suposto, o aparello represor que nos empuxa, golpea ou multa coa lei mordaza. Todos eles, traballando para garantir a impunidade financeira.

Pero por si aos banqueiros non lles basta, no Congreso estase tramitando a lei de crédito inmobiliario, elaborada polo banqueiro De Guindos e orientada á protección aínda maior da banca fronte á xente, moderando cláusulas abusivas e intentando reactivar os miles e miles de procedementos suspendidos pola acción do Supremo ante o TXUE sobre o vencemento anticipado; hai un grave perigo de que tamén se carguen a protección a debedores hipotecarios, a dación en pago e impoñan a responsabilidade ilimitada, a cesión de crédito/titulización e intereses de demora altos. E PP, Cs e PSOE queren aprobar ese proxecto, mentres PP e Cs están bloqueando a Lei de Vivenda da PAH mediante a petición de prórrogas do prazo de emendas.

Parece que a ninguén lle importen os máis de 33.000 desafiuzamentos do primeiro semestre deste ano, nin os prezos dos alugueiros, ou os prezos de compra de vivendas, nin a violación dos Dereitos Humanos en materia de vivenda que non cesa de denunciar o Comité de dereitos Económicos, Sociais e Culturais da ONU. Queren reactivar as execucións hipotecarias para que haxa máis desafiuzamentos e podamos ata superar as cifras dos peores anos da crise.

Por iso a PAH lanzamo-nos á mobilizacións que comezarán nos territorios con caceroladas ante os xulgados, cando o decidan os diferentes territorios e o sábado ás 18 horas en Madrid ante o Supremo.

A BANCA MANDA, A XUSTIZA OBEDECE!

PODE-SE !!


Pedro Sánchez quédase curto

En relación co anuncio feito por Pedro Sánchez trala sentenza do Supremo de onte, sobre o real decreto que pensa aprobar mañá o Goberno, para que o imposto de actos xurídicos documentados o pague a banca en diante, desde a PAH consideramos que:

É unha medida que intenta salvagardar a decisión do Supremo, no sentido de liberar á banca da retroactividade e da obrigación de devolver ás familias as cantidades indebidamente pagas por estas, establecendo que en diante sexan os bancos quen o fagan, que xa atoparán a fórmula de cobrárnolo.

É unha medida insuficiente á hora de protexer aos debedores hipotecarios. Recórdanos a aquela outra sentenza do Supremo de 2013, sobre as cláusulas chan na que intentaron liberar da retroactividade á banca, e que foi corrixida polo TXUE en 2016. Aos bancos non lles custará atopar a fórmula de cobrárnolo e o pago, pois pago está.

3º Este país o que necesita urxentemente é unha lexislación hipotecaria acorde cos estándares europeos, onde a parte claramente máis débil, estea suficientemente protexida. Para lograr isto, Pedro Sánchez ten a opción a aceptar na lei de crédito as emendas que protexen ao debeor hipotecario, como son a dación en pago, a limitación da responsabilidade ao ben hipotecado? Introducindo tamén os criterios establecidos na Directiva 93/13/UE, sobre os contratos entre profesionais e consumidores de forma que se reequilibre a radical desigualdade entre prestamistas e prestatarios, banqueiros e hipotecados, protexendo especialmente á parte máis débil, e non como até agora, en que a sentenza do Supremo é o último exemplo da desigualdade existente. Até o momento, Pedro Sánchez estase apoiando en PP e Cs para sacar adiante o proxecto do banqueiro De Guindos, e vén rexeitando emendas que van en sentido contrario.

Pero si como anunciou fai tempo Pedro Sánchez, o que desexa é garantir o Dereito á Vivenda, dispón dun instrumento idóneo: A Lei de Vivenda PAH, actualmente en trámite suspendido pola fraude sistemática petición de prórrogas que veñen facendo PP e Cs, demostrando que a situación de emerxencia residencial que atravesa o país non lles afecta.

Xa que logo, desde a PAH, non vemos outro camiño que o de seguir loitando, mobilizándonos, porque nada cambiou, todo presaxia que os máis de 33.000 desafiuzamentos do primeiro semestre deste ano, van ser amplamente superados no segundo. Os prezos dos alugueiros non deixan de subir. As casas baleiras seguen baleiras sen que ninguén faga nada por mobilizalas para ampliar o parque público de vivenda e dar resposta á urxencia residencial.

Por iso a PAH convocou e mantén mobilizacións en todos os territorios para este venres, e para o vindeiro sábado ante o Supremo en Madrid.

#VergonzaSuprema
--
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
@StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

--- ---

As eurodeputadas Sabine Lösing e Lídia Senra denuncian en Santiago que a UE estase preparando cada vez máis para a guerra coa escusa da seguridade - A eurodeputada galega e a alemá chaman a desenmascarar a dulcificación das intervencións militares de Europa e a traballar nas políticas da paz


Lídia Senra e Sabine Lösing denuncian en Santiago que a UE estase preparando cada vez máis para a guerra coa escusa da seguridade. | A Unión Europea estase preparando cada vez máis para a guerra coa escusa da seguridade. | Senra e Sabine Lösing denuncian que máis de 60.000 millóns dos orzamentos da Unión irán no 2021-2027 para militarización e reforzo armamentístico. | A eurodeputada galega e a alemá chaman a desenmascarar a dulcificación das intervencións militares de Europa e a traballar nas políticas da paz.


A UE estase preparando para a guerra co argumento de escusa de protexer a seguridade da cidadanía europea e do aumento das persoas migrantes e refuxiadas. Iso estase plasmando a través de partidas de diñeiro cada vez maiores que se están recollendo por exemplo directamente no Marco Financeiro Plurianual (MFP). En efecto, no MFP para o período 2021-2027 prevese que máis de 60.000 millóns de euros irán destinados a capítulos que teñen que ver coa militarización e o reforzo armamentístico. Así o denunciaron este xoves pola mañá en rolda de prensa en Santiago de Compostela a eurodeputada galega Lídia Senra, acompañada pola súa compañeira do Die Linke alemán no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo, Sabine Lösing.

Sabine Lösing está estes días na Galiza por primeira vez, convidada por Lídia Senra, para dar a coñecer á sociedade esta preocupante situación que está sendo ocultada e dulcificada polos poderes do neoliberalismo. “A UE estase armando en nome da seguridade e de defender un estilo de vida europeo, pero o certo é que a guerra non trae seguridade senón todo o contrario. Preparándose para a guerra é imposible cultivar a paz. O que nos están é enganando para favorecer o negocio redondo do capitalismo que supón a venda de armas e o acaparamento dos recursos naturais dos países empobrecidos a través de intervencións armadas no exterior”, asegurou Lídia Senra esta mañá. Por iso, chamou a confrontar este discurso, a desenmascaralo e a traballar na cultura e nas políticas de paz. “A guerra non se pode xustificar con nada, nin cos postos de traballo da industria armamentística. Se todos os orzamentos que van investir en industria armamentística se empregaran en relanzar a economia e os postos de traballo noutras actividades económicas civís, responsables e sustentables teriamos moitos máis postos de traballo”, engadiu. Así, criticou que “mentres a UE pretende seguir mantendo o control dos recursos nos países empobrecidos, preténdeselle pechar as portas de entrada en Europa á xente destes lugares. Trátase de manter a riqueza duns cantos europeos a costa de empobrecer os países do sur e de estar armados para que despois non poida entrar aquí a xente deses lugares”, dixo.

Senra ve fundamental debater publicamente sobre estes aspectos para que a sociedade acade unha maior concienciación do que significan as guerras. “Hai que denunciar que o neoliberalismo usa termos eufemísticos como ‘guerra humanitaria’ cando o que provoca é un sufrimento da poboación que non podemos consentir e un avance da política autoritaria que pretende controlar a loita social e enfrontar a pobres contra pobres, ás vítimas do sistema capitalista en Europa coas víctimas do mesmo sistema no resto do mundo".

Seguindo o exposto pola eurodeputada galega, Sabine Lösing criticou que o presidente da Comisión Europea (CE), Jean Claude Juncker, se parabenizou na Conferencia de Seguridade de Múnich de que nos últimos dez meses a UE ten feito máis avances nas súas capacidades militares que nos últimos 10 anos. “Que significa isto? Que se están reducindo cartos doutras liñas orzamentarias para investilos en cuestións que teñen que ver coa industria militar e de armas, fondos estruturais e de desenvolvemento para xestionar conflitos, o que implica un preocupante cambio de política europea a longo prazo e a supresión, por exemplo, de moitos proxectos civís en beneficio de proxectos militares, o que fará que se dispare a violencia tamén”, denuncia Lösing. “Se están desenvolvendo as capacidades militares, será porque porque pensan poñelas en práctica e iso terá tamén un impacto negativo aínda maior nos países de orixe das persoas refuxiadas”, engadiu.

ESTA EVOLUCIÓN DA UE É ILEGAL PORQUE ESTÁ PROHIBIDO USAR ORZAMENTO EUROPEO PARA FINS MILITARES

A eurodeputada alemá asegurou ademais que esta evolución europea é “ilegal” atendendo a que no Tratado de Lisboa se especifica que hai unha prohibición de utilizar o orzamento europeo para fins militares. A pesar diso, estanse a incrementar os gastos neste tipo de actividades sen que teña lugar un coñecemento público nin un debate aberto coa cidadanía.

Así, por exemplo, a reforzar as fronteiras exteriores destinaranse 21.300 millóns de euros, fronte aos 5.600 do período anterior. A chamada Frontex, a Axencia Europea para a Xestión da Cooperación Operativa nas Fronteiras Exteriores dos Estados membros da Unión, terá a 10.000 persoas traballando nestes aspectos fronte ás 1.200 actuais. No capítulo de seguridade e defensa da Unión investiranse 27.515 millóns de euros, cunha partida para crear un fondo novo de Defensa de 13.000 millóns. E no capítulo de infraestruturas, por poñer outro exemplo, o facilitamento da mobilidade militar financiarase con 6.500 millóns de euros dentro do Mecanismo Conectar Europa.

Case sempre, a UE cando fala deste tipo de proxectos, inclúe a palabra paz neles e case sempre son proxectos para todo o contrario, para a militarización en África, por exemplo, para evitar a chegada de persoas refuxiadas a Europa”. “Para nós é importante que haxa unha politica e unha cultura da paz verdadeira e sustentable e para iso hai que cambiar esta evolución política da UE e camiñar cara ao comercio comercio xusto, a loita contra a pobreza neses países e políticas que promovan o coidado do medio. Para nós o significado de seguridade é outro, defendemos unha seguridade desde o punto de vista social, da xustiza, e temos que dar un sinal moi claro contra estas políticas de militarización”, engadiu Lösing. A europarlamentaria alemá reclamou tamén que cese esa imaxe das persoas migrantes como inimigas que a UE dá continuamente e que cese a loita militar contra elas. “A guerra e a militarización son como o Conde Drácula, que cando sae á luz, desfaise. Temos que sacar á luz e denunciar todo isto que está acontecendo. Os miles de millóns de euros que se van investir en militarización vanse quitar dos cartos públicos para proxectos civís importantes. A xente ten que sabelo”, concluiu.

Sabine e Lídia Senra ofrecerán esta mesma tarde, ás 19:00 horas, na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela, unha charla-coloquio baixo o título ‘Con esta Europa non hai paz. Non ao gasto militar’, que será presentada ademais polo catedrático de Economía Aplicada da USC Xavier Vence.

Santiago, 8 de novembro de 2018.

Adxuntamos varias fotografías da rolda de prensa de hoxe en Santiago, con Lídia Senra e Sabine Lösing.

__________

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu | http://lidiasenra.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez |

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
8 de novembro de 2018 14:15

_________________

mércores, novembro 07, 2018

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización toma mais unha vez a palabra no Pleno do Concello de Ferrol onde se aprobaron novas ordenanzas para regular servizos básicos (Lixo, Sumidoiros e Auga), quedando adiada para outro Pleno posterior da Depuración - Vídeo e Texto


O 29 do pasado mes de outubro, o goberno municipal facilitaba a proposta de ordenanzas municipais que decidiron adaptar á nova Lei de Contratos do Sector Público que entrou en vigor en marzo deste ano e que xa fora aprobada en novembro do pasado 2017. Máis de 400 páxinas entre informes e datos, para ao día seguinte trata-los nunha Comisión de economía e facenda. Entre as ordenanzas estaba a de recollida de lixo, sumidoiros, abastecemento de auga e depuración. Celebrada a Comisión, quedou convocada outra para o luns 5 de novembro e ao día seguinte 6 de novembro convocado un Pleno Extraordinario, para entre outros asuntos aprobar as ordenanzas municipais que para o Alcalde Jorge Suárez e o seu goberno municipal, só era un asunto de trámite, menos na da depuración que presentaba cambios substanciais no prezo, logo das diferentes propostas que se estiveron barallando logo da xunta de portavoces que tivera lugar unha semana antes. Segundo os nosos datos viña supoñer para un consumo de 20m3 bimensuais, un ha baixada de pouco máis de 2 euros, con respecto ao que se está cobrando na actualidade. O mesmo luns unha vez celebrada a Comisión e un día antes do Pleno o Alcalde anunciaba que retiraba do Pleno a ordenanza de depuración, pois se incluíra erroneamente, para o cálculo do prezo final os custes do pago do financiamento das obras do Convenio con Acuaes, pago que non pretende que repercuta no prezo final a pagar directamente pola veciñanza, mais si indirectamente a través dos orzamentos municipais. As tres ordenanzas foron aprobadas só por catro votos a favor (Pois dous membros do grupo de goberno xa non estaba presentes no Pleno no momento das votacións -Sainza Ruíz e Álvaro Montes- e a edil de urbanismo María Lemos que faltou a toda a sesión), fronte aos tres en contra do BNG e Esther Leira, e a abstención do Partido Popular, PSdeG-PSOE e Ciudadanos (A páxina web do concello non pon a verdade e di que foron aprobadas por seis votos as dúas primeiras e non di número de votos na segunda).

Chama a atención o que para Jorge Suárez e o seu grupo de goberno (Ferrol en Común e dúas non adscritas), consideran un simple feito de cambio de terminoloxía, para 50 deputados e deputadas dos seus afíns de Unidos Podemos - En Podem Común e En Marea, trata-se dunha cuestión inconstitucional, presentando en febreiro pasado, un recurso ante o Tribunal Constitucional (Admitido a trámite) o 6 de marzo de 2018 [1].  O obxecto da impugnación é a modificación da natureza xurídica das prestacións que recibe o concesionario, que pasaron a ser "de natureza de prestación patrimonial de carácter público non tributario"; o que ben supoñer unha ruptura de principios tradicionais e que afecta aos principios tributarios. Os lobys das grandes corporacións que buscan o facer-se con máis facilidade co diñeiro público e que están detrás desta Lei, teñen dous obxectivos: que o concesionario cobre directamente a contraprestación (Cousa que xa ben facendo en Ferrol) pagada pola veciñanza e face-la directamente súa. E, en segundo lugar, que se pretenda eliminar o límite do custo do servizo propio que establece unha taxa. Din quen recorre que está é unha cuestión que consideran unha regulación que entra en contradición co disposto no artigo 31 da Constitución.[2]

Din que "ten un risco engadido que é romper a identidade que debe existir entre a contía da taxa e a cantidade que supón a prestación do servizo e con iso, reaparece un risco de encarecemento da prestación de certos servizos públicos".

As Disposicións Final 9ª, 11ª e 12ª da Lei refírense a modificacións da lexislación de taxas e prezos públicos, da de facendas locais e da xeral tributaria que están en consonancia co anterior; así como a Disposición Adicional 43ª.

Estes preceptos impugnados "constitúen un dos elementos máis escandalosos da visión ideolóxica da norma" de fondo neoliberal; que introducen restriccións ao réxime das remunicipalizaciones dos servizos públicos.[3]


Intervención de Lupe Ces no nome da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, no Pleno Extraordinario do Concello de Ferrol, celebrado hoxe, 6 de novembro de 2018.


https://youtu.be/awyzwn-j89Y

Señoras concelleiras, señores concelleiros, señor alcalde:

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización toma mais unha vez a palabra no pleno do concello de Ferrol para intentar coa nosa contribución a modificación, desta nova proposta do goberno municipal que vostede preside, para a aprobación de novas ordenanzas que regulen servizos básicos nesta cidade, para adecualas á nova lei aprobada no Parlamento español durante o goberno de Mariano Rajoy, e na actualidade recorrida nun dos seus artigos e diferentes disposicións, no aspecto que nos ocupa de taxas ou prestacións non tributarias, por 50 deputadas e deputados, afines ao seu grupo, por anticonstitucional. Porque cando falamos de servizos como o abastecemento de auga, recollida e tratamento dos residuos sólidos e saneamento e depuración de augas residuais, estamos  a falar de servizos básicos. Onde a da auga e o saneamento xa foron recoñecidos, como dereitos humanos pola Organización de Nacións Unidas en 2010. Esta polo tanto, é unha das tarefas principais que a cidadanía encomenda ao seu goberno local, que lle garanta estes dereitos e que eses dereitos sexan cubertos por servizos de calidade e a prezos xustos, que baixo o noso criterio, que antes vostede compartía, estas dúas condicións, de calidade e,  prezos xustos, só se poden cumprir cando servizos básicos destas características son de xestión 100% pública.

Non imos ocupar máis tempo do que nos corresponde. Somos unha Plataforma Veciñal que funciona ao abeiro do Regulamento de participación Cidadá desta cidade, e que traballa, e moito, para intentar rescatar estes servizos básicos da usura das grandes empresas ás que se lle teñen entregado. Obxectivo que vostede compartía. E que denuncia as políticas que perpetúan os seus privilexios e latrocinios, e aos políticos cómplices. Pertencemos ao movemento social que en todo o planeta está a defender os servizos públicos fronte á rapina capitalista. E como o resto de movementos, elaboramos tamén propostas e alternativas como as que imos expoñer neste pleno. Unhas propostas que nacen do estudo das normativas, ordenanzas e os sistemas técnicos de realizar estes servizos, pero tamén do contacto directo coas persoas beneficiarias deles, escoitando e analizando toda a información que nos achegan como afectadas da mala xestión e o roubo continuado que se practica na nosa cidade, como así o constatamos na nosa campaña barrio a barrio, realizada neste mes de outubro, coa recollida de 2.267 sinaturas para unha carta onde lle solicitabamos actuacións concretas.  Pero esta carta, vendo a redacción das novas ordenanzas, seguirá pechada no mesmo armario onde estarán os recursos presentado para modificar o proxecto de saneamento de A Malata (oportunidade perdida para comezar a modificar un sistema económica e ecoloxicamente insostíbel), ou os miles de recursos presentados contra o cobro da taxa, cando a depuradora non depuraba no anterior goberno de Rey Varela.

Queremos alzar a voz no nome desas 2.267 veciñas e veciños de Ferrol que solicitamos unha xestión diferente dos servizos básicos da nosa cidade. Unha carta que lle dirixiamos a vostede na que pediamos se lle abrise un expediente administrativo á empresa mixta de augas pola mala práctica de emitir masivamente facturas por lecturas estimadas (non reais), polo consumo de auga, moi por riba do permitido na normativa en vigor, presuntamente para financiarse dun xeito irregular; onde pedíamos que non se aplicara o cobro da taxa de depuración con efecto retroactivo, pois non é conforme ao aprobado no Pleno de 15 de novembro de 2017, e menos, unha taxa que se recoñece inxusta e avultada por todos os grupos municipais e os informes de EUDITA e OTIMA, que debe ser re-calculada dun xeito explicado, participado e transparente, como tamén debe ser revisada e adaptada a taxa de saneamento (sumidoiros) aos custos reais, moito menos que os máis de 1,8 millóns de euros que pagamos; onde pediamos que se devolvan os 800.000 euros cobrados indebidamente en 2015, durante o goberno de J. M. Rey Varela, por un servizo de depuración que non se realizaba; onde pediamos que se realice dunha vez, a tantas veces anunciada auditoría integral sobre a xestión da empresa EMAFESA; onde pediamos que se devolvan as infraestruturas do sistema de depuración a Augas de Galicia, mentres non podan ser asumidas por un ente supramunicipal, onde entre o concello de Narón e nun futuro o de Neda;  pediamos tamén a denuncia dos convenios con Aquaes e Augas de Galicia por ser claramente lesivos para o noso concello.

Pois ben, agora encontrámonos cunhas propostas de ordenanzas que non recollen ningunha das  peticións destes 2.267 cidadáns, peticións que van na liña do que vostede recollía no programa co que se presentou ás eleccións, no programa de goberno e no acordado nos plenos e xunta de goberno no verán de 2015. Unhas ordenanzas elaboradas, cun corta e pega, de continuísmo coas políticas anteriores, e apoio incondicional á empresa EMAFESA, concretamente á parte privada SOCAMEX, que é quen controla a xestión, sen que este goberno cumpra coa súa función fiscalizadora.

Como senón explicarnos que se permita a EMAFESA que siga cobrando polo servizo de saneamento (alcantarillado ou sumidoiros) sobre uns 1.830.000 euros, cando agora, unha parte da rede de saneamento xa o fai empresa Acuaes a través de Viaqua? Estásenos aplicando unha dupla imposición! 416.316 euros anuais que se inclúen para o cálculo da taxa de depuración.

Que investiu EMAFESA no mantemento da rede de sumidoiros nesta cidade? Pois polo que cobrou ao longo destes 20 anos, e polo que seguirá a cobrar por este servizo segundo a nova ordenanza que se propón, ben puideramos ter sumidoiros bañados en ouro!

Como se controla a xustificación do diñeiro que a propia SOCAMEX saca de entre 3 e 7 actuacións diarias nesta cidade para resolver obturacións de instalacións de saneamento das comunidades de veciños e particulares da nosa cidade, onde se cobra 120€ por hora e outros 120€ por fracción? Como se controla ese mesmo servizo para limpar fosas sépticas no rural? SOCAMEX cobra por custe de persoal, xestión de residuos e materiais utilizados. Quen controla o que fan con eses resíduos? Se os transportan á empresa, antiga SOGARISA no concello de Somozas, agora privatizada na UTE PMA-CONTECO, para o seu tratamento, ou simplemente o introducen directamente ao sistema de depuración que pagamos os veciños e veciñas de Ferrol? Inclúen nos custes de materiais a auga utilizada? Porque tamén a recollen directamente do noso sistema de abastecemento.

O servizo de saneamento na nosa cidade, en mans de Emafesa-Socamex é un saco sen fondo e cheo de irregularidades.

Pero non é mellor o servizo de abastecemento, tamén controlado pola mesma empresa EMAFESA-SOCAMEX. Porque vostede preside o seu consello de administración e ten o papel de fiscalizar a xestión da parte privada, pero permite lecturas estimadas por mais do dobre ou mesmo o triplo do consumo habitual, que van repercutir logo no cálculo dos volumes consumidos para o pago de saneamento e depuración, e que son unha práctica contrastada por parte da empresa, de financiarse a conta dos veciños e veciñas de Ferrol.

No caso das vivendas de Recimil e San Pablo o abuso é maior, porque se ven aplicando un consumo  lineal desde o 2013 de 20m³ por vivenda, independentemente das condicións e número de persoas que habiten esa vivenda. O que se instaurou como unha medida provisional mentres non se acometía unha solución para os contadores deses barrios, leva convertido en norma 5 anos, porque supón uns ingresos moi cuantiosos para a empresa. EMAFESA ten a obriga de instalar eses contadores!, como lle obriga o artigo 25-d da Lei de Augas de Galicia, a maiores de ser obriga incluída no propio Regulamento de Servizo de Auga Potable deste concello.

Tampouco podemos ter tranquilidade coa calidade da auga que consumimos, porque tras a experiencia da crise da auga do 2015, cos trihalometanos, este verán se anunciaba a existencia de cianobacterias no encoro das Forcadas. A Plataforma solicitou a este concello analíticas da calidade da auga. A nosa sorpresa foi comprobar que non existen analíticas independentes, só as que realiza a empresa EMAFESA. O raposo emite certificados de  que non se come ás galiñas, cando, vistos os antecedentes desta empresa, o concello debera realizar analíticas aleatorias e independentes para cumprir coa súa función fiscalizadora.

O servizo de depuración, sendo tan novo na nosa cidade é xa un vello coñecido desta Plataforma. O sistema que se nos impuxo, merecería o Premio Guines por estrambótico, custoso e insostíbel a nivel medioambiental. É certo que ten conseguido eliminar os malos cheiros e mellorar a calidade das augas dunha parte importante da nosa ría, pero non é menos certo que seguen a existir vertidos como os que constata habitualmente esta Plataforma na enseada do Montón no barrio de Caranza, onde por certo aínda está sen retirar un emisario submarino, agora teoricamente desconectado, polo que segue a cobrar Emafesa. E como este poderiamos poñer máis exemplos. Ou no propio camiño Inglés deste barrio, cunha inundación de toalliñas e augas fecais saídas do alcantarillado para o medio do camiño, que non sabemos explicar aínda cal é a súa orixe. Por non falar da explosión ocorrida no mirador de A Cabana onde as tapas do alcantarillado saltaron polos aires, que agora está pechado ao público. Ou a denuncia do deterioro do medio mariño feita por mariscadores no Cabo Prioriño.

Este servizo tan desexado na nosa cidade, non pode ser un lastre máis. Un servizo tan reivindicado e pelexado, que veu con 20 anos de atraso, que desaproveitou o investimento europeo, e que agora vostede, como ocorreu co goberno de Rey Varela, acepta que recaia, o que é o financiamento dunha obra de interese xeral, sobre nós, veciños e veciñas de Ferrol. Hai que transforma-lo, pero se negou a facelo aprobando o mesmo modelo para o saneamento de A Malata, facendo caso omiso da Lei do Regulamento do Servizo Público de Saneamento e Depuración de Augas Residuais de Galicia, o mesmo que permite o retraso desta obra anunciado por Augas de Galicia que supoña que esa parte da nosa Ria siga a ser un vertedoiro durante un ano máis.

Ademais, non pode ser calculado o prezo do servizo de depuración, en base aos datos de volumes, custes eléctricos ou custes de depuración que aporta a propia empresa. O cálculo do custe do servizo ten que ser explicado, participado, transparente e xusto. Esta Plataforma non deixamos de felicitarnos porque imos conseguindo pouco a pouco que se rebaixe o prezo da chamada taxa de depuración,  pero afirmamos que aínda hai marxe para baixa-la máis do valor no que a cifra a proposta deste goberno. Por exemplo, coa optimización técnica para reducir consumos eléctricos e caudais a tratar (bio-gas, xeración de enerxía eléctrica co potencial do emisario terrestre, contratación eléctrica por tramos...); a revisión no recibo da taxa de saneamento-sumidoiros; a revisión do canon concesional para facelo finalista para o servizo de augas, entre outros...

Apontar tamén para que conste neste pleno, a nosa total disconformidade co sistema de bonificación que se está a aplicar nestes momentos e ao que se pretende dar continuidade segundo aparece nas novas ordenanzas. Segundo o sistema que vostede e o seu goberno apoian, unha persoa que viva soa que teña de ingresos o IPREM (Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples), 537,84€, ten dereito a bonificación. Fíxese que absurdo: unha persoa soa que cobre 538 euros ao mes, uns céntimos máis, xa non ten dereito a esa bonificación. Pero podemos poñer outro exemplo, unha familia de 7 membros que ingresen por unidade familiar 860,64€ ten dereito a bonificación, se ingresan 861€ xa perde o seu dereito. E ademais, se algunha familia, sexan 5, 7, 8 ou nove membros se pasa de 30m³ de consumo perde o dereito á bonificación. Vostede quere perpetuar o castigo á pobreza que practican os gobernos da dereita. A Plataforma propoñemos un sistema progresivo tanto no relativo a ingresos como a consumo.

O obxectivo desta Plataforma é conseguir o rescate dos servizos básicos para unha xestión 100% pública. Levamos xa dous anos indicando o camiño para conseguilo, aínda que vostede olle para outro lado. Agora engadimos que as novas ordenanzas teñen que ir nesa dirección, polo que anunciamos que presentaremos alegacións ás que se aproben hoxe, incluíndo a aplicación do artigo 133 da Lei de Procedemento Administrativo Común, que vostede non quere aplicar para estas ordenanzas, intentando poñer unha mordaza máis á participación cidadá en Ferrol.

Ferrol, 6 de novembro de 2018

Documentos Audio-Visuais.-

Os Plenos son retransmitidos por emisións-online desde a canle do Concello por medio de Youtube.

Pode-se ver o Pleno completo, de case tres horas e medías, na Cale Oficial do Concello, xa publicado. | Ir á Canle.

O Pleno segundo algúns os medios:

Auga. | 2018.11.05 -  Diario de Ferrol. | A oposición reprocha ao alcalde destinar máis diñeiro á débeda que a investimento. | Aínda que o resultado final foi a aprobación de todos os puntos que se incluían na orde do día do pleno extraordinario celebrado onte, referentes ás cuantías e proxectos que se executarán con cargo ao superávit e procedentes de remanentes de Tesorería, o certo é que nada máis lonxe do consenso no debate plenario. | Ir á Web.

Auga. | 2018.11.05 -  La Voz de Galicia. | A oposición abronca a Suárez por perder dous millóns pero facilita investir outros tres. | Un minimizado grupo de goberno tamén logrou a aprobación de ordenanzas fiscais. | Ir á Web.

Auga. | 2018.11.05 -  Ferrol 360. |  Non informa. | Ir á Web.

Auga. | 2018.11.05 -  Galicia Ártabra Digital. | Non informa. | Ir á Web.

Auga. | 2018.11.05 -  Páxina Oficial do Concello. | O Goberno de Ferrol, aproba en Pleno 35 intervencións con 3,8 millóns de investimento. | Os catro puntos da orde do día do pleno extraordinario celebrado o martes 6 foron aprobados logo de catro horas e media de debate. Aqui podes ver o listado das intervencións aprobadas con cargo a case 4 millón de euros: 1,8 do superávit (investimentos financeiramente sostíbeis)+ 1,9 m do remanente de Tesourería. | Ir á Web.


[1] Recurso de inconstitucionalidade n.º 739-2018, contra o artigo 289.2, disposición adicional 43ª e as disposicións finais 9ª, 11ª e 12ª da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transportaren ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014. | Ir á web do BOE.

[2] Artigo 31 da Constitución. |  Ir á web do Congreso.

A Constitución española de 1978.
Título I. Dos dereitos e deberes fundamentais
Capítulo segundo. Dereitos e liberdades
Sección 2.ª Dos dereitos e deberes dos cidadáns

Artigo 31

Todos contribuirán ao sostemento dos gastos públicos de acordo coa súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios de igualdade e progresividade que, en ningún caso, terá alcance confiscatorio.

O gasto público realizará unha asignación equitativa dos recursos públicos, e a súa programación e execución responderán aos criterios de eficiencia e economía.

Só poderán establecerse prestacións persoais ou patrimoniais de carácter público con arranxo á lei.

[3] Lei de contratos do sector público. Pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español varias directivas do Parlamento europeo e do Consello, no Congreso dos Deputados, pois foron modificados varios aspectos da LGT (Lei Xeral Tributaria) e da LHL (Lei de Facendas Locais), a favor do lobby da auga. Dando un paso máis na desregulación do servizo municipal da auga, iniciado pola Lei de Economía Sostíbel do 2011, para acabar coa xurisprudencia moi reguladora da auga da Sentencia do Tribunal Constitucional 185/1995 de 14 de decembro que obrigou a modificar a LGT de 2013.

_____________________

luns, novembro 05, 2018

Por unha xustiza independente do poder financeiro - Concentración en Ferrol no marco das concentracións simultaneas na Galiza e en todo o estado - Vídeo - Manifesto da PAH - Tanto o Tribunal Supremo, como o Parlamento na Lei de Créditos Inmobiliarios, teñen que seguir a xurisprudencia do TXUE a favor das persoas e anular os abusos bancarios


Convocada pola PAH de Ferrol e Comarca e Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterrade Ferrolterra, este luns 5 de novembro de 2018, tivo lugar en Ferrol, ás 11 da mañá, diante dos Xulgados, como noutras cidades e vilas da Galiza e do do resto do Estado (En Madrid diante da sede do Supremo), unha concentración pola protección dos dereitos das persoas, fronte os abusos bancarios, diante da revisión das sentenzas do Tribunal Supremo, sobre o pago do imposto de actos xurídicos documentados que resolveron que este imposto teñen que abona-lo as entidades bancarias, en relación cos créditos hipotecarios.

Foi unha concentración simultáneas en todo o estado por unha xustiza independente do poder financeiro que confirme a sentenza, que di que o imposto das hipotecas ten que paga-lo a banca.


https://youtu.be/GZRbwxfo8ec

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
@StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Nota vídeo.-
Intervención de Inácio Martínez da Rede de Apoio Mutuo, na Concentración diante dos Xulgados de Ferrol
---

Este luns 5 de novembro, a PAH inicia novas mobilizacións para que a banca pague por todas as cláusulas abusivas fronte aos intentos de branquea-las.


Tanto o Tribunal Supremo, como o Parlamento na Lei de Créditos Inmobiliarios, teñen que seguir a xurisprudencia do TXUE a favor dos consumidores e anular os abusos bancarios.

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea declarou abusiva a lexislación hipotecaria española, mandatando que as cláusulas abusivas han de eliminarse do contrato, grazas ao cal as persoas afectadas puideron reclamar ao banco o diñeiro pago de máis ou até suspender a súa execución hipotecaria nos tribunais, abrindo nova xurisprudencia. Dentro de dita vía xudicial, a sentenza 1505/2018 da sala especializada en tributos do Tribunal Supremo indica que é o banco quen debe pagar o imposto por escriturar o préstamo, xa que precisamente iso permítelle executar a vivenda si se impaga algunha cota. Outra punta de lanza para reclamar a quen non dubidaron en executar até a casa dos avalistas.

Desde a PAH denunciamos que, en lugar de facer xustiza suscitándose o terríbel de que 700.000 desafiuzamentos executáronse a través dun procedemento abusivo por non traspoñer a directiva europea de protección ao consumidor, os poderes do Estado só se estean revolvendo pola repercusión na conta de beneficios da banca, o que intentan paliar con 2 vías de branqueo:

1) Premendo ao Tribunal Supremo para que branquee o alcance da sentenza, que como cláusula viciada de orixe debe ser retroactiva total.

2) Legalizando os abusos bancarios na Lei de Créditos Inmobiliarios, deseñada por De Guindos e que nin PSOE nin Cs están emendando para eliminar de raíz as cláusulas abusivas, entre elas a responsabilidade ilimitada, a cantidade de intereses ou a cesión a fondos voitres. Especialmente relevante é o branqueamento retroactivo do "vencemento anticipado" cando o TXUE aínda está pendente de pronunciarse, o que supoñería unha nova ola de execucións hipotecarias e desafiuzamentos.

Ante esta estratexia dos poderes fácticos fronte á vía da Lei Vivenda PAH, a PAH ponse en pé, non só para que os tribunais sexan firmes ante os abusos bancarios, tamén para que o Parlamento e o Goberno non permitan un abuso máis, modificando a Lei de Créditos Inmobiliarios a favor do consumidor e aprobando as medidas contidas na Lei Vivenda PAH, como a dación en pago retroactiva.

Este luns 5 de novembro é un pistoletazo de saída para acabar coas cláusulas abusivas, interpelando aos poderes públicos para que lexislen a favor do dereito á vivenda fronte á especulación financeira.


MANIFESTO

Ante a decisión do Tribunal Supremo sobre o imposto hipotecario, a PAH manifesta:

PRIMEIRA, QUE OS GASTOS DE HIPOTECA TEÑEN-NOS DE PAGAR OS BANCOS.

A razón é que os Bancos impóñennos a escritura hipotecaria ás persoas consumidoras co obxectivo de, si non se pagan as cotas hipotecarias, poder exercer a garantía: é dicir, iniciar un procedemento xudicial que pode acabar quedándose coa nosa vivenda. Xa que logo, é absurdo que os gastos que ocasiona a escritura hipotecaria sexan pagados polas persoas afectadas, posto que somos nós, as persoas quen estamos prexudicadas. Só o banco ten interese niso, como se deduce do art 29 da Lei do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, e recolle a sentenza 1505/2018 da Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, relativa ao suxeito pasivo do Imposto de Actos Xurídicos Documentados

SEGUNDA, O MANTEMENTO DA SENTENZA 1505/2018 E O RESPECTO Ao TXUE.

Nunca se convocou un Pleno dunha Sala do Tribunal Supremo tras unha sentenza. Atopámonos ante unha actuación sen precedentes: o Presidente da Sala, ao día seguinte de coñecerse a Sentenza, ante "o seu enorme repercusión económica e social", acordou, "con carácter urxente", "deixar sen efecto todos os sinalamentos sobre recurso de casación pendentes cun obxecto similar", e "achegar ao Pleno da Sala o coñecemento dalgún de devanditos recursos pendentes, a fin de decidir si devandito xiro xurisprudencia debe ser ou non confirmado".

Isto, no seu caso, debería haberse realizado antes da sentenza, por iso a utilización indebida das facultades legais do Tribunal Supremo, puxo en cuestión a imparcialidade e independencia dos xuíces, xerando ante a cidadanía unha imaxe lamentábel, xa que parece que toda esta manobra só ten un obxectivo: reducir ao máximo as repercusións da sentenza na Banca.

Á PAH e ás organizacións que apoian esta concentración parécenos indigno que o Poder Xudicial sexa sensíbeis precisamente cando se toca un euro da banca, pero nunca, nunca, mova nin un só dedo, cando a cidadanía sufriu o indecíbel durante os anos da chamada crise:

A) Especialmente os 700.000 desafiuzamentos o amparo dunha lexislación que nos deixou moitas veces nunha situación de indefensión, unha lexislación en moitos aspectos preconstitucional, e ilegal por conter infinidade de cláusulas abusivas. Ante elas, non coñecemos de ningunha reunión da Sala Xudicial que estudase as repercusións sociais nin puidese en dúbida a validez de devandita lexislación; foi o TXUE quen, sistematicamente, refutou-na e modificou-na.

B) Tamén recordamos outras prácticas bancarias abusivas, como as preferentes ou as cláusulas chan. Non é a primeira vez que desde o Tribunal Supremo emanan sentenzas ou acordos que, despois teñen que ser rectificadas polo TXUE, para protexer o que en España se desprotexera (por certo, sempre á parte máis débil) ou actuando deliberadamente contra a xurisprudencia do Tribunal Europeo, intentando moderar cláusulas abusivas, para permitir así unha parte do abuso. Recórdese a sentenza da Sala do Civil nº 241/2013 de 9 de maio, sobre as cláusulas chan, limitando a restitución do indebidamente cobrado pola banca á data da sentenza. Tendo que ser o TXUE en sentenza de decembro de 2016 o que restituíse o dano provocado polo Tribunal Supremo, ao ratificar por enésima vez que non se poden moderar as cláusulas abusivas, que hai que telas por Non postas. Todo iso, sen esquecer as cuestións prexudiciais en relación coas cláusulas de vencemento anticipado e a de intereses de demora.

Rexeitamos a total falta de sensibilidade cara aos intereses da cidadanía e que as decisións do TS non estean motivadas por argumentos xurídicos que as xustifiquen, senón por razóns económicas e sociais cando afectan aos poderosos, como agora, que parece que responde a presións da banca. E si iso é así, denunciamos alto e claro rómpese non só un dos principios da democracia, como é a independencia da xustiza, senón tamén que o poder xudicial está sometido e ao servizo do poder fáctico que constitúe a banca. Isto significaría unha aposta pola ruptura do sistema democrático, e esta concentración vén aquí, hoxe, a manifestar que non o tolerará: porque a xustiza e as leis han de estar ao servizo dunha sociedade democrática.

Por estas razóns, a PAH e as organizacións que lle dan apoio esixe ao Pleno da Sala que non faga outra cousa que ratificar a sentenza 1505/2018, confirmando a obrigación por parte dos bancos ao pago do imposto de actos xurídicos documentados, declarando abusiva a cláusula que impón ao cliente o pago da mesma e admitindo a retroactividade desde a orixe pola anulación desta cláusula abusiva.

Finalmente comunicamos que non só nos preocupa o Pleno do Tribunal Supremo. Este problema de hoxe non é máis que a punta do iceberg. Actualmente estase tramitando no Congreso dos Deputados a lei de crédito inmobiliario, elaborada polo ex ministro e banqueiro De Guindos, e que, entre outras cláusulas abusivas, mantén a figura do "Vencimiento Anticipado", ponteando con todo descaro ao TXUE, que está pendente dunha pronta resolución que pode declarar con bastantes indicios que o Vencemento Anticipado é tamén unha importante cláusula abusiva.

Desde a PAH interpelamos ao PSOE para que non ratifique as propostas do PP nesta materia e garanta todas as medidas propostas en defensa dos debedores hipotecarios, advertindo que, si non se modifica o texto actualmente defendido por Cs, PP e PSOE, poderían reactivarse miles de procedementos de execución hipotecaria actualmente suspendidos na maior parte das Audiencias Provinciais, co conseguintemente o aumento dos desafiuzamentos e sufrimento para miles de familias.

¡POR ISO, ESTA ACCIÓN VAI A SER O PISTOLETAZO DE SAÍDA PARA NOVAS MOBILIZACIÓNS SI SÉGUESE LExISLANDO NA NOSA CONTRA EN MATERIA DE CLÁUSULAS ABUSIVAS!!

POR QUE OS BANCOS, PAGUEN OS GASTOS DAS HIPOTECAS!!

POLO DEREITO Á VIVENDA!!
___________

O dereito á vivenda: De créditos, Cretos e Avutres, ... Por Iolanda Teixeiro Rei - ... se non fora porque xa perdimos o dereito de poder cobrar unha nómina sen necesidade de ter conta bancaria, poucos acreditariamos na Banca, nen sequera cando se facía pasar por nosa,... - ...o vindeiro mércores, un fondo avutre quere despexar dun piso da cidade olívica a unha inquilina con tres fillos menores.


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
05.11.2018

     

O DEREITO Á VIVENDA: DE CRÉDITOS, CRETOS E AVUTRES.

Parece ser que non existe a palabra creto en portugués. No entanto, acho que en galego arrédase crédito de creto. Dándose o caso que na Galiza, crédito dan os bancos mentres que creto resérvase sempre para os clientes. Certamente, se non fora porque xa perdimos o dereito de poder cobrar unha nómina sen necesidade de ter conta bancaria, poucos acreditariamos na Banca, nen sequera cando se facía pasar por nosa, mentres marchava cos nosos aforros para non se sabe que escuros investimentos nas antípodas do planeta. Andava eu nestas leas cando reparei nunha foto do xornal onde se vía o dinoseto da Porta do Sol de Vigo coa figura dun home de cabelo albo e grande bigode, cuberto de chapeu negro e traxe da mesma cor,  enfeitado cunha gravata vermella  e portando un cartaz coa lenda Monopoly Calidade Galicia. O saurio, coma min, parecía non saír do seu abraio. Así foi como me informei de que Mr.Monopoly anda por Galiza para recoller na vindeira edición do xogo “rincones e iconos típicos gallegos”. E disque o mercado inmobiliario de Vigo trema perante Mr. Monopoly.

Non é para menos pois mesmamente o vindeiro mércores, un fondo avutre quere despexar dun piso da cidade olívica a unha inquilina con tres fillos menores. Na pescuda vexo que en xuño do ano pasado conseguírase paralizar o desafiuzamento dunha familia con tres fillos menores tambén en Vigo mentres o alcalde socialista Abel chamava a acodir ao concello a quen estivera ameazado de desafiuzamento porque sempre se resolve, dizía. Ao fin estamos a falar do home das luzes, das bólas de 12 m. de diámetro. Será a mesma familia, pergúntome.

Como eu sempre fun parva demais para esta sociedada plusvalente, non enxergo como no Estado europeo con máis vivendas baleiras se pode deixar a calquera persoa a durmir na rúa, maiormente a unha familia con menores. Quen pode ser ese desalmado propietario sen corazón que desafiuza a unha familia nas vésperas do acendido de luzes do Nadal, esa festa que comemora o nacemento dun neno deus nun pesebre? Supoño que alí estarán para evitalo, amais da PAH de Tui-Vigo, todos os vigueses, e en avangarda os cristiáns. Porque se teñen dúvidas da actitude de Cristo perante o despexo, non a terán dese artigo da sagra constitución española que declara a vivenda como dereito básico. Con máis motivo e anoxo acodirán a evitar o despexo os clientes do BBVA que foi quen vendeu a vivenda con toda a familia dentro a un fondo avutre chamado Cerberus Capital que foi quen solicitou a execución do desafiuzamento.

Na mitoloxía grega, era Cerbero ou Cérbero un can de tres cabezas que gardava as porta do Inferno. As tres cabezas dos tres poderes do Estado ao servizo do Monopolio transnacional.

Mais tambén era de xustiza que acodiran as persoas que teñan un fondo de pensións pois que Cerberus Capital é un fondo de inversión estadounidense especializado na xestión de fondos de pensións. Este Cerberus do Inferno xa conta cun exército privado ao ter mercado DynCorp International, contratista habitual de defensa do governo estadounidense. Así que mentres os vigueses e demais galegos andan distraídos cos cancerbeiros do Celta ou do Depor, un dos fondos avutres máis grandes do mercado, faise co país a prezo de ganga. Imos enxergando o abraio do dinoseto?.

A crise económica de 2008 fixo desembarcar en España a grandes Fondos de Investimento. Entre eles, Cerberus Capital Management que viñeron na busca de gangas inmobiliarias. Para tal fin crearon a filial Promontoria Plataforma, da que nomearon conselleiro a José M. Aznar Botella, ese grande financeiro, casualmente, primoxénito do ex-presidente do governo.

Ao que parece, Cerberus é un dos fondos avutre máis grandes do mercado que busca se facer con activos a baixo prezo en España, o paraíso das burbullas inmobiliarias, esas que banca e governos fachendeavan de inflar. Cerberus amosa especial interese nos activos da Sareb, eis o banco malo. A fins de 2012 adquiriu os dereitos para 17 millóns de euros de activos da banca mala. (Valla a redundancia porque se houvera algunha boa para que se tería de crear a banca ética?). Amais, conseguiron a cesión en exclusiva dos activos inmobiliarios e os préstamos promotor de BFA-Bankia para os vindeiros dez anos. E asumirá a xestión dos activos transferidos a terceiros que actualmente xestiona Bankia que supoñen unha millonada onde os meus miolos se perden. Tambén conta o Cerbero cunha filial do banco Liberbank, fusión das antigas caixas de aforro de Cantabria e Asturias. En que viñeron a dar os aforros dos povos!. Incluso o banco de Santander acaba de lle vender parte da súa carteira inmobiliaria.

Son os avutres unhas maxestosas aves de rapina diurna de grandes dimensións, que se alimentan principalmente de animais mortos. Nada a ver con estes fondos rapina que veñen pola noite a carroñear nas familias, víctimas da burbulla creada polo Poder Financeiro. Sociedades que mercan a prezo de saldo, que xogan coas vidas dos máis como se foramos pezas dese taboleiro de Monopoly. E tudo co parabén dun Estado cuxo forte investimento público non foi destinado a cubrir as necesidades básicas da cidadanía senón a dar axudas millonarias a fondo perdido á banca sen ningunha contrapartida social, sequer.

Así as cousas, e vistas as luzes duns governos máis adicados a competir polo derroche enerxético ca por reduzir o consumo e investir nun Plan Municipal de Vivenda Social, propóñolle a Mr.Monopoly que na edición galega do xogo de mesa faga un taboleiro coas rúas das cidades galegas onde figuren os inmobeis rapinados polos fondos avutres e polos financeiros metidos a políticos ou viceversa, porque certamente esa é a icona máis típica galega.

Xa o dizía o poeta Ugo Fóscolo naquel lindo retruécano:

En tiempos de las bárbaras naciones
de las cruces colgaban los ladrones
hoy en el siglo de las luces,
del cuello del ladrón
cuelgan las cruces.

[*] Iolanda Teixeiro Rei -Ferrol, activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que vai ter lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Sermos Galiza.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
4 de novembro de 2018 22:42

____________

sábado, novembro 03, 2018

O escandalo da reforma da lei hipotecaria que pilla á esquerda no limbo, ... Por Jose Maria Erauskin - A resposta é sinxela, non compete ao lexislador establecer criterios de abusividade de contratos subscritos por consumidores, pois ese papel corresponde exclusivamente aos xuíces e tribunais


Por Jose Maria Erauskin [*]
03.11.2018


O escándalo da reforma da lei hipotecaria que pilla á esquerda no limbo


Pregúntanme que me parece a reforma da Lei Hipotecaria e cantas cotas entendo eu que deberían facultar ao Banco para acudir á execución hipotecaria, que si seis, que si dez, que si nove.

A resposta é sinxela, non compete ao lexislador establecer criterios de abusividade de contratos subscritos por consumidores, pois ese papel corresponde EXCLUSIVAMENTE aos xuíces e tribunais, quen aplicarán a Directiva 93/13/CEE e a Xurisprudencia do TXUE que interpreta a vontade do lexislador comunitario.

Si permitimos que a Lei Hipotecaria fixe o número de cotas que permiten ao Banco acudir ao procedemento xudicial estamos fixando por lei o límite no que a cláusula de vencemento anticipado resulta abusiva, pois si esta permite que o Banco acuda á execución hipotecaria con 9 incumprimentos significa que con 8 non pagos a cláusula é abusiva pero con 9 ou máis xa non.

É dicir, sen a actuación do xuíz, sen que este poida valorar a totalidade de circunstancias do momento da contratación como esixe o artigo 4.1 da Directiva 93/13/CEE, queda establecido por lei, que nun préstamo hipotecario, un vencemento anticipado por incumprimento de 8 cotas non pagadas resulta abusivo, pero con 9 xa non.

Deste xeito, o xuíz convértese nunha especie de notario que unicamente comprobará e dará fe de cantas cotas resultaron non pagadas, sen poder valorar os feitos e as circunstancias de cada caso.

O artigo 4.1 da Directiva 93/13/CEE é moi claro cando establece que o carácter abusivo dunha cláusula contractual apreciarase tendo en conta a natureza dos bens ou servizos que sexan obxecto do contrato e considerando, no momento da celebración do mesmo, todas as circunstancias que concorran na súa celebración, así como todas as demais cláusulas do contrato, ou doutro contrato do que dependa.

Si establece-se por lei cando a cláusula é abusiva e cando non, quen se ocupa de valorar todas as circunstancias da celebración do contrato, quen as poñerá en conexión co resto de cláusulas do contrato, tal e como obriga a Directiva 93/13/CEE?. NINGUÉN.

A lei non entra en individualidades, pero o xuíz si, esa é a diferenza, logo non podemos establecer por lei cando é abusiva a cláusula de vencemento anticipado porque esa tarefa compete aos xuíces e a NINGUÉN MAIS QUE Aos XUÍCES.

Con data 17 de marzo de 2016, o TXUE dictó Auto C-613/15 no que nos daba resposta a esta dúbida, pois sinalaba que o feito de que a Lei de Enxuizamento Civil establecese a posibilidade de dar inicio á execución hipotecaria con tres non pagos ou o feito de que a Lei Hipotecaria establecese que a cláusula de intereses de demora é abusiva si estes exceden tres veces o interese legal do diñeiro, non podía condicionar aos xuíces que tiñan total liberdade para valorar, atendendo ás circunstancias e á xurisprudencia do TXUE, cada caso como entendesen que tiñan que valoralo segundo o seu leal saber e entender.

En consecuencia, non corresponde nin ao Goberno, nin ao Senado, nin ao Congreso, establecer criterios de abusividade, pois ese labor corresponde aos xuíces, e punto final.

Si finalmente faise así, non faltará algún xuíz que suscitará a cuestión prexudicial respecto de si resulta contrario ao artigo 4.1 da Directiva 93/13/CEE que unha norma nacional impida ao xuíz valorar as circunstancias de cada caso e lle marque os criterios para declarar ou non abusiva unha cláusula inserida nun contrato subscrito por un consumidor e un profesional.

Pero o peor é que ese cambio que se pretende facer na Lei Hipotecaria ten carácter retroactivo, de maneira que si, por exemplo, decidísese, e é un exemplo, que o Banco pode acudir á execución hipotecaria con 9 incumprimentos, todas as cláusulas de vencemento anticipado que contemplan a resolución por un só incumprimento e resultan nulas pasarían a contemplar a resolución anticipada con 9 incumprimentos, o que levaría a que centos de miles de familias que non poden ser obxecto de execución hipotecaria porque a cláusula de vencemento anticipado que teñen agora reputa nula, poderían selo en canto incumplieran as nove cotas agora establecidas.

A Banca ten agora en resérvaa miles de casos con incumplimientos de cinco, seis, sete cotas, casos que non pode levar ao xulgado porque se lle caerían polo carácter abusivo da cláusula de vencemento anticipado, pero que despois de que esta se adapte á lei que agora é obxecto de reforma, sacará do caixón para inundar os xulgados de novas execucións hipotecarias que darán lugar a miles de desafiuzamentos.

VAIA FAVOR Á BANCA, e a esquerda no limbo, e iso que agora está gobernando.

Señores de PODEMOS e PSOE, onde hostias tendes a cabeza.

[*] Jose Maria Erauskin, avogado e activista de Stop Desafiuzamentos Gipuzkoa. Avogado que xunto a Maite Ortiz, libran batallas contra os abusos bancarios por todo o territorio do estado, conseguindo logros recoñecidos e o de máis relevancia contra o índice de referencia IRPH.
______

Fundaçom Artábria: Neste mês de novembro damos continuidade às atividades do nosso XX aniversário que se prolongarám até finais de ano

Neste mês de novembro damos continuidade às atividades do nosso XX aniversário que se prolongarám até finais de ano.

As atividades começam hoje, sexta-feira 2, com a visita ao nosso Centro Social dos Empty Barrels, grupo de "irish folk" que chegám desde Euskal Herria, dentro da Turne galega "Bilbo Rebel Folk". O concerto dará início às 22.30hs e a entrada é de graça.

Sábado, 3 de novembro, às 2030hs decorrerá a inauguraçom da exposiçom fotográfica de Juanpa Ameneiros "Ao Vivo", que poderá visitar-se até inícios do mês de dezembro.

9 de novembro, sexta-feira, 'as 22.30hs concerto com o grupo viguês Grima e os ferrolanos Turbo Kraks. A entrada é de balde.
+info:
https://damosmuchagrima.bandcamp.com/
https://turbokraks.bandcamp.com

No dia 10 de novembro, sábado, celebraremos desde as 20.30hs o nosso magusto ártabro, no qual poderemos degustar de graça as melhores castanhas dos soutos dos Vidueira, na comarca do Bolo. Além disso, haverá liscos ao preço de 2 euros. 

Sexta-feira 16, decorrerá a palestra "A cultura como reserva india" onde fará um percurso polas políticas culturais desenvolvidas na Galiza nos 35 anos de governos da Junta da Galiza. A conferência dará início às 20.30hs.

Domingo 18 deslocaremo-nos a Lugo para participar dos atos convocados pola plataforma Via Galega para comemorar o 100 aniversário da I Assembleia Nacionalista de Lugo.

Um novo atelier infantil decorrerá sexta-feira 23, às 19hs, desta volta as crianças trabalharám a repostaria criativa. E precissa inscriçom prévia, a qual é gratuita, chamando ao 671 200 160 ou escrevendo para o correiodeartabria@gmail.com.

Sábado 24, desde Monte Alto, cruçando a Marola e desembarcando em Curuxeiras chegam ao nosso Centro Social umha das legendas da música nacional para acompanhar-nos no nosso XX aniverário. Senhora, tome nota porque esse dia estarám na Fundaçom Artábria Os Diplomáticos de Monte Alto!.  Os bilhetes estarám à venda a inícios da próxima semana a um preço de 10 euros  anticipada e 12 em bilheteira.O concerto dará início às 22.30hs.

Terça-feira, 27 de novembro, às 20.30hs, a Fundaçom Moncho Reboiras apresenta o livro "Vixencia do Pensamento Marxista" com a participaçom de Uxío-Breogán Dieguez, professor da UDC e membro da Fundaçom Moncho Reboiras e Maurício Castro, professor da EOI de Ferrol e membro da diretiva da Associaçom de Estudos Galegos.

Fecharemos o mês de novembro, sexta-feira 30 às 21.30hs, com o espetáculo "A Xiba Circo Anarkista para nenas e dragois" com entrada de graça.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
2 de novembro de 2018 17:29

___________

Concentracións simultáneas en todo o estado por unha xustiza independente do poder financeiro que confirme a sentenza, que di que o imposto das hipotecas ten que paga-lo a banca - En Ferrol, o luns 5 de novembro, ás 11 da mañá, diante dos Xulgados, convocada pola PAH de Ferrol e Comarca e Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra


En Ferrol, o luns 5 de novembro, ás 11 da mañá, diante dos Xulgados, convocada pola PAH de Ferrol e Comarca e Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. | Concentracións simultáneas en todo o estado por unha xustiza independente do poder financeiro que confirme a sentenza, que di que o imposto das hipotecas ten que paga-lo a banca.

A loita popular contra os abusos bancarios, nesta última década, destapou unha economía especulativa sen precedentes, unha espécime de executivos bancarios corruptos, ligados en tramas políticas, para beneficios privados e de grupos de poder. Esta loita fixo desvanecer a idea inculcada na sociedade de que o dereito á vivenda, era sinónimo do "dereito a hipotecar-se". Mentres a iniciativa privada especulaba con diñeiro público construíndo sen cesar, marcando un prezo da vivenda inasumíbel, a iniciativa pública foi residual,... até que extoupou a burbulla inmobiliaria. O movemento antidesafiuzamentos contribuíu de xeito especial a esta loita e amosou que a lexislación hipotecaria e bancaria, era ilegal, abusiva e inxusta, feita á medida das entidades bancarias, para o seu único e exclusivo beneficio. Tivo que ser o Tribunal de Xustiza da Unión Europea o que fixo algo de xustiza, sentenza tras sentenza, declarando abusivas as cláusulas hipotecarias que os gobernos e tribunais españois intentaban salvar. O último capítulo o estamos vivindo agora coa decisión de suspender a sentenza firme e revisar en Pleno da Sala Terceira do Tribunal Supremo, dita resolución que falla a favor das persoas, dicindo que o imposto das hipotecas ten-no que pagar a banca. Afectando esta decisión ao conxunto de hipotecas constituídas (a millóns de persoas). O Presidente da Sala acordou, sen fundamento xurídico, só baixo a afirmación de que esta sentenza, ditada pola súa Sección Segunda, do Contencioso Administrativo; tiña unha "enorme repercusión económica e social". As entidades financeiras do IBEX35 perdían varios puntos o mesmo día que se deu coñecer a sentenza. É por iso que pretenden que a mesma, xunto a outras dúas que fallan no mesmo sentido, só pendentes de notificación, non senten xurisprudencia.

Mobilizacións simultáneas o 5 de novembro

O vindeiro luns 5 de novembro, ás 11 da mañá, diante dos Xulgados en Ferrol, como noutras cidades e vilas da Galiza e do do resto do Estado (En Madrid diante da sede do Supremo), vai ter lugar unha concentración pola protección dos dereitos das persoas, fronte os abusos bancarios, diante da revisión da sentenza  do Tribunal Supremo, sobre o pago do imposto de actos xurídicos documentados que decidiu que este imposto teñen que abona-lo as entidades bancarias, en relación cos créditos hipotecarios.

Mobilízamo-nos en resposta á medida adoptada polo mencionado presidente da Sala Terceira do Tribunal Supremo, de paralizar a decisión da Sección Segunda que en Sentenza moi ben argumentada, di que son ás entidades financeiras as que teñen que pagar o imposto de actos xurídicos documentados.

Decisión do Presidente da Sala Terceira do Tribunal Supremo

O presidente da Sala Terceira, do Contencioso Administrativo, Luís María Díez-Picazo, acordou ao día seguinte da publicación da Sentenza, "deixar sen efecto todos os sinalamentos sobre recursos de casación pendentes cun obxecto similar." e "chamar ao Pleno da Sala o coñecemento dalgún dos recursos pendentes, a fin de decidir si devandito xiro xurisprudencial debe ser ou non confirmado".

Lexislación ilegal e inxusta, segundo o TXUE

Son anos de loita contra os abusos e latrocinio das entidades bancarias, que establecían con toda impunidade, amparadas nunha lexislación española declarada ilegal e inxusta en diferentes sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (Cláusulas Chan, de Vencimiento anticipado, de Intereses moratorios, de Gastos de formalización de hipoteca, de Hipoteca en divisa ou multidivisa, e no chamado IRPH).

Facer xustiza cos centos de miles de familias ás que se lles arrebatou as súas vivendas e as empobreceron de por vida

Durante esta última década, onde os abusos bancarios foron contestados ante a inxustiza e desesperación, das centos de miles de persoas ás que se lle arrebatou as súas casas e se lles condenou a débedas ilexítimas de por vida, amparado todo por unha lexislación amplamente cuestionada polas sentenzas do TXUE, ningunha Sala xudicial se reuniu nunca para facer ningunha valoración respecto diso, cando o Tribunal de Xustiza da Unión Europea veu sentenciando que a lexislación española causante dos desafiuzamentos e o empobrecemento das familias era ilegal.

A inseguridade xurídica que causa quen está chamado a garantir dita seguridade

Queremos denunciar a inseguridade xurídica que xera a decisión do Presidente da Sala de suspender e revisar a citada sentenza e paralizar dúas máis que ían no mesmo sentido, por quen está chamado a garantir esta seguridade, decisión que cuestiona e erosiona gravemente a aparencia de independencia e imparcialidade da que deben estar imbuídas as decisións xudiciais. Decisión que parecen ditadas polas entidades do IBEX35 que ven perigar os seus intereses.

Queremos denunciar os términos que utiliza o presidente da Sala ao recoñecer que a decisión tómase polo súa "enorme repercusión económica e social" sen sinalar fundamento xurídico algún que xustifique esta decisión sen precedentes.

O acordo de suspensión dos recursos ordenada polo Presidente da Sala Terceira do Tribunal Supremo recoñece nos seus propios términos, que a decisión se toma, sen sinalar fundamento xurídico algún que xustifique esa decisión que se saiba, sen precedentes.

O Pleno non pode tomar mais decisión que confirmar os efectos da sentenza

Esiximos que o Pleno da Sala convocado para o próximo día 5, non faga outra cousa que confirmar as sentenzas xa coñecidas, confirmando a obrigación dos prestamistas ao pago do imposto de actos xurídicos documentados, declarando abusiva a cláusula que impón ao prestatario esa obrigación.

Unha chamada de atención ante o que está pasando no Congreso dos Diputados

E por último, para denunciar a pretensión de legalizar as cláusulas abusivas mediante a futura Lei de Contratos de Créditos Inmobiliarios (Do ex-ministro De Gindos) que se está debatendo no Congreso de Deputados que se non se emenda pode hipotecar a futura Lei da Vivenda que foi presentada pola PAH que garante o dereito á vivenda digna e adecuada e que se admitiu a trámite hai poucos meses.

Ferrol, a 2 de novembro, de 2018

PAH de Ferrol e Comarca e Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterrade Ferrolterra

---

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
@StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

---

Documentos de interese:
Sentenza STS n.º 1505/2018 | 50 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Na páxina web da Consellería de Economía e Facenda Dispón:

Ao tratarse de forma conxunta os préstamos hipotecarios, e seren concedidos por entidades financeiras, estarían suxeitos a IVE pero exentos, polo que tributarían pola cota gradual de documentos notariais.

A base sobre a que se aplicaría o tipo sería a total responsabilidade hipotecaria e o obrigado ao pago sería o que recibe o préstamo (Se as sentenzas do Supremo que van abordar no Pleno son confirmadas, pasaría ser o prestamista, vamos a entidade financeira sería o prestamista).

Nota: Esta información ten carácter divulgativo e non recolle o contido íntegro do Real Decreto Lexislativo 1/1993, de 24 de setembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Imposto sobre Transmisións patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (B.O.E. 20/10/1993), e no Real Decreto 828/1995, de 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre Transmisións patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (B.O.E. 22/6/1995). A estes efectos acompáñase o texto íntegro das normas antes citadas para a súa consulta.
__________

mércores, outubro 31, 2018

Clara, lúcida e didáctica entrevista a José María Euraskin (Advogado de Stop Desafiuzamentos Gipuzkua) sobre a Sentenza dos Impostos da Hipoteca (Actos Xurídicos Documentados) publicada pola Sección Segunda da Sala Terceira do Tribunal Supremo o pasado 16 de outubro de 2018 - Vídeo


Clara, lúcida e didáctica entrevista a José María Euraskin (Advogado de Stop Desafiuzamentos Gipuzkua) sobre a Sentenza dos Impostos da Hipoteca (Actos Xurídicos Documentados) publicada pola Sección Segunda da Salta Terceira do Tribunal Supremo o pasado 16 de outubro de 2018 e que o presidente da Sala Terceira acordou someter a Pleno (31 maxistrad@s) a súa eficacia xurisprudencial o vindeiro 5 de novembro. Día no que van ter lugar mobilizacións do movemento antidesafiuzamentos convocadas polos 242 nodos organizados e adheridos á PAH e por outros colectivos do movemento por unha vivenda digna, das diferentes nacións e e pobos do territorio do estado. Mobilización que tivo o seu precedente o pasado de 24 de outubro diante do Tribunal Supremo, para denunciar a inxerencia da banca na xudicatura e reclamar a independencia xudicial ante os poderes económicos e democracia.


https://youtu.be/UpdHWn04YOc

Mobilizacións o 5 de novembro

O vindeiro luns 5 de novembro, ás 11 da mañá, en Ferrol, como noutras cidades e vilas da Galiza e do do resto do Estado, vai ter lugar unha concentración diante dos Xulgados, para reclamar que o Pleno da Sala Terceira do Tribunal Supremo, non pode decidir outra cousa que confirmar as sentenzas que conclúen que é obriga dos prestamistas o pago do imposto de actos xurídicos documentados, declarando abusiva a cláusula que impón ao prestatario esa obrigación.

Por outra banda para denunciar a pretensión de legalizar as cláusulas abusivas mediante a futura Lei de Contratos de Créditos Inmobiliarios (Do ex-ministro De Gindos) que se está tramitando no Congreso de Deputados que se non se emenda pode hipotecar a futura Lei da Vivenda que foi presentada pola PAH que garante o dereito á vivenda digna e adecuada.

Sentenza STS n.º 1505/2018 | 50 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/ @StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

_______________

martes, outubro 30, 2018

Esta quarta-feira 31 de outubro, chega o Samaim ao bairro de Esteiro da mao da Fundaçom Artábria


Samain na Fundaçom Artábria


Amanhá quarta-feira 31 de outubro, chega o Samaim ao bairro de Esteiro da mao da Fundaçom Artábria.

Às 19.00hs dará início o atelier de cabaças terroríficas com Maru Alonso Correa. A inscriçom é gratuita a partir dos 4 anos. Podes fazê-la por whatsaap ou chamando ao 671 200 160. Recomendamos que cada criança traia a sua própria cabaça.

Desde essa hora também haverá Liscos e chouriços a 1 euro.

Desde as 22.00hs haverá umha sessom de cinema com a projeçom de várias curtas de terror, escolhidas polo especialista no gênero Gorentoso Pineda

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
30 de outubro de 2018 12:44

______________

Moeche xa é oficialmente “Concello Amigo da Infancia” recoñecido por UNICEF


A noticia coñecíase esta mesma mañá coa chegada dunha comunicación do Comité Español da UNICEF na que a delegación deste organismo internacional informaba ao Concello do seu recoñecemento como nova Cidade Amiga da Infancia, dentro da convocatoria de candidaturas para o período 2018-2022. A distinción vén respaldar o labor do consistorio a prol da integración da rapazada na toma de decisións da axenda municipal e o desenvolvemento de políticas dirixidas a garantir os seus dereitos. Moeche convértese deste xeito nun dos 114 concellos do Estado que obteñen o galardón por primeira vez -en total son 274-, ao igual que outros sete municipios galegos que se suman ao de Castrelo de Miño, o único que ostentaba o título até o momento.

Beatriz Bascoy mostrábase “contentísima” tras coñecer a decisión da Secretaría Permanente do programa Cidades Amigas da Infancia. E non é para menos, o título é froito de case tres anos de traballo “feito integramente en Moeche con moito esforzo e dedicación por parte do persoal municipal, da comunidade educativa do CEIP San Ramón e tamén da propia rapazada, que se implicou na iniciativa desde o primeiro momento”.

O acordo da concesión da distinción adoptouse onte mesmo no seo de UNICEF Comité Español, quen lle trasladou ao Concello os parabéns polo seu traballo en favor da implementación “de políticas e medidas que melloran o benestar da infancia e a adolescencia no municipio”, ademais de destacar o seu compromiso coa Convención sobre os Dereitos do Neno e coa promoción “dunha cidadanía democrática con e para a infancia”.

Xunto coas felicitacións, o comunicado remitido hoxe pola UNICEF é tamén un convite para a cerimonia de entrega dos galardóns, que terá lugar no Pazo de Exposicións e Congresos de Oviedo o próximo 27 de novembro.

Porén, a obtención do distintivo de Concello Amigo da Infancia -ao que tamén accederon en Galicia os municipios de Cabanas, Carnota , Ourense, O Porriño, Redondela, Teo e Tomiño- non queda só nun título e unha foto, senón que leva aparellado estar en disposición de termar do proxecto no tempo. As convocatorias de novas incorporacións fanse cada dous anos e cada catro é necesario renovar os selos concedidos, algo que só se consegue mantendo mecanismos reais de participación infantil e adolescente e cunha estratexia a longo prazo que conte coa cativería e a mocidade como interlocutores válidos na toma de decisións sobre o territorio.

Moeche traballou duro para chegar a obter o recoñecemento, pero o grande reto empeza agora”, comenta Beatriz Bascoy. “Unha vez dado o paso de que os nenos e nenas teñan voz xa non hai volta atrás. É unha cuestión de dereitos, pero tamén a maneira de xerar apego territorial e, hai que dicilo, de garantir no futuro o relevo xeracional na institución e no tecido asociativo. Os nenos e nenas que hoxe poden decidir, tamén decidirán mañá”.

Unha idea de 2015

O camiño para chegar ata aquí empezouse a andar hai case tres anos como idea, aínda que foi en agosto de 2017 cando o pleno municipal acordou adherirse ao selo da UNICEF. Dous meses despois aprobouse a configuración que tería o Consello Local da Infancia e a Adolescencia -CLIA- e maila Mesa de Coordinación Interna de Participación Infantil, encargada de estruturar participación e de levar ao papel tanto a diagnose da situación de partida como o plan de actuacións, nutrido en boa parte polas achegas expresadas nos plenos polos nenos e nenas.

Un dos últimos pasos deste traxecto foi a constitución formal do CLIA -máximo órgano de representatividade das nenas e nenos do municipio- o pasado mes de xullo. O consello está formado por 9 persoas adultas -membros do goberno, dos grupos políticos, da ANPA e profesorado do CEIP San Ramón- e 10 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos quen, ademais, tamén integran o Grupo Municipal Infantil. Este último vén sendo un órgano executivo que se reúne mensualmente para achegar ideas e demandas do colectivo ou para solventarlle dúbidas ao propio Concello sobre como orientar políticas e actuacións dirixidas á infancia e a mocidade.

Fonte: Web oficial do Concello de Moeche.

Cidade Amiga da Infancia
https://ciudadesamigas.org/
________

luns, outubro 29, 2018

Mobilizacións o vindeiro luns 5 de novembro, ante a decisión da sección segunda, da sala Terceira do Tribunal Supremo, de celebrar un Pleno (31 maxistra@s), o mesmo día 5, para confirmar ou non, o xiro xurisprudencial da sentenza, publicada o pasado 16 de outubro sobre o que conclúe que o Imposto de Actos Xurídicos Documentados, corresponde abona-lo á entidade financeira


Despois da sentenza do pasado 16 de outubro, sobre o imposto das hipotecas, a sala Terceira do Tribunal Supremo decide tratar en Pleno os efectos da mesma, para confirmar ou non, o xiro xurisprudencial da sentenza.

Nota informativa do Presidente da Sala Terceira:
"O presidente da Sala Terceira, do Contencioso-administrativo, do Tribunal Supremo, Luís María Díez-Picazo, emitiu a seguinte nota informativa:

Dado que a sentenza nº 1505/2018 da Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, relativa ao suxeito pasivo do Imposto de Actos Xurídicos Documentados, supón un xiro radical no criterio xurisprudencia ata agora sustentado e tendo en conta, así mesmo, do seu enorme repercusión económica e social, o Presidente da Sala acordou, con carácter urxente:

Primeiro.- Deixar sen efecto todos os sinalamentos sobre recursos de casación pendentes cun obxecto similar.

Segundo.- Chamar ao Pleno da Sala o coñecemento dalgún de devanditos recursos pendentes, a fin de decidir si devandito xiro xurisprudencial debe ser ou non confirmado."
Esta nota foi matizada nunha posterior polo Presidente do Tribunal Supremo e logo en declaracións públicas onde pediu perdón.

A PAH responde


Ante a decisión do Tribunal Supremo sobre o imposto hipotecario, a PAH manifesta:

Malia os máis de 700.000 desafiuzamentos executados no conxunto do territorio do estado, desde o inicio da crise, de que a inmensa maioría deses desafiuzamentos foron consecuencia de procedementos de execución hipotecaria, baseados nunha lexislación en moitos dos seus aspectos pre constitucional, e manifestamente ilegal noutros moitos, segundo a normativa europea vixente, malia todo, non temos coñecemento da reunión de ningunha Sala Xudicial que estudase a validez de devandita lexislación, que foi sistematicamente refutada e modificada grazas ao TXUE en cada unha das súas resolucións ditadas respecto diso.

Non é a primeira vez que desde o Tribunal Supremo emanan sentenzas ou acordos que, despois teñen que ser rectificadas polo TXUE, para protexer o que aquí se desprotexera (por certo, sempre á parte máis débil) ou actuando deliberadamente contra a xurisprudencia do Tribunal Europeo, intentando moderar cláusulas abusivas, para permitir así unha parte do abuso. Recórdese a sentenza da Sala do Civil nº 241/2013 de 9 de maio, sobre as cláusulas chan, limitando a restitución do indebidamente cobrado pola banca á data da sentenza. Tendo que ser o TXUE en sentenza de decembro de 2016 o que restituíse o dano provocado polo Tribunal Supremo, ao ratificar por enésima vez que non se poden moderar as cláusulas abusivas, que hai que telas por Non postas. Todo iso, sen esquecer as cuestións prexudiciais en relación coas cláusulas de vencemento anticipado e a de intereses de demora.

O acordo de suspensión dos recursos ordenada polo Presidente da Sala Terceira do Tribunal Supremo recoñece nos seus propios términos, que a decisión se toma pola súa "enorme repercusión económica e social", sen sinalar fundamento xurídico algún que xustifique esa decisión sen precedentes, segundo distintos xuristas de recoñecido prestixio.

Por iso, desde a PAH esiximos que o Pleno da Sala convocado para o próximo día 5, non faga outra cousa que confirmar as sentenzas xa coñecidas, confirmando a obrigación dos prestamistas ao pago do imposto de actos xurídicos documentados, declarando abusiva a cláusula que impón ao prestatario esa obrigación.

Pero non é isto o único que nos preocupa. Estase tramitando no Congreso a lei de crédito inmobiliario, elaborada polo ex ministro e banqueiro De Guindos, que é un novo intento de moderación e branqueo de cláusulas abusivas, e lamentablemente, o PSOE, de momento, está mantendo varios deses intentos de branqueo, entre outras da de vencemento anticipado, cando aínda estamos pendentes da decisión do TXUE respecto diso, que ademais se producirá en breve.

Desde a PAH interpelamos ao PSOE para que non ratifique as propostas do PP nesta materia e garanta todas as medidas propostas en defensa dos debedores hipotecarios, advertindo que, si non se modifica o texto actualmente defendido por Cs, PP e PSOE, poderían reactivarse miles de procedementos de execución hipotecaria actualmente suspendidos, co conseguinte aumento dos desafiuzamentos.

Mobilizacións o 5 de novembro

O vindeiro luns 5 de novembro, ás 11 da mañá, en Ferrol, como noutras cidades e vilas da Galiza e do do resto do Estado, vai ter lugar unha concentración diante dos Xulgados, para reclamar que o Pleno da Sala Terceira do Tribunal Supremo, non pode decidir outra cousa que confirmar as sentenzas que conclúen que é obriga dos prestamistas o pago do imposto de actos xurídicos documentados, declarando abusiva a cláusula que impón ao prestatario esa obrigación.

Por outra banda para denunciar a pretensión de legalizar as cláusulas abusivas mediante a futura Lei de Contratos de Créditos Inmobiliarios (Do ex-ministro De Gindos) que se está debatendo no Congreso de Deputados que se non se emenda pode hipotecar a futura Lei da Vivenda que foi presentada pola PAH que garante o dereito á vivenda digna e adecuada.

Sentenza STS n.º 1505/2018 | 50 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Antecedes e comentarios técnicos da Sentenza por Adrián Garzón Ximénez. | Ir á Web.

---
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra |
forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
@StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra


______________