martes, xaneiro 15, 2019

Constitución da Asemblea Local de Ferrol 'Galegas 8M', este xoves 17 de xaneiro, ás 7 da tarde nos locais do Ateneo Ferrolán, en rexime de autoconvocatoria


O xoves 17 de xaneiro de 2019, Constitución da Asemblea Local de Ferrol "Galegas 8M", nos locais do Ateneo Ferrolán, ás 19:00 horas. A finalidade da reunión é impulsar e organizar a convocatoria da manifestación nacional que se desenvolverá o 3 de marzo en Lugo e a posterior folga de coidados, consumo e laboral do próximo 8 de Marzo.

A Asemblea Galegas 8M naceu o ano pasado co obxectivo de dar un novo sentido á conmemoración do 8 de Marzo, “en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal”. Desde este conxunto amplo e plural de colectivos e mulleres feministas, convocouse a mobilización feminista do 3 de marzo de 2018 en Vigo, unha das maiores mobilizacións que se acordan en Galiza. Así mesmo, Galegas 8M impulsou a convocatoria de folga e mobilizacións do propio día 8 de Marzo.

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
13 de janeiro de 2019 20:57

____________________

Hoxe, martes 15 de xaneiro, en Ferrol, como noutras cidades e vilas da Galiza e do resto do Estado, vai ter unha mobilización co lema: 'Nin un paso atrás en igualdade, os nosos dereitos non se negocian'


En Ferrol, hoxe martes 15 de xaneiro de 2019, como noutras cidades e vilas da Galiza e do polo de agora Reino de España, vai ter unha concentración, baixo o lema "Nin un paso atrás en igualdade, os nosos dereitos non se negocian", ás 8 do tarde no Cantón. A convocatoria de carácter estatal, xurde en todo o Estado en apoio á que está tendo lugar, hoxe ao mediodía, fronte ao Parlamento andaluz en Sevilla (Manifesto) e que se estendeu por todo o territorio por 111 cidades e vilas, ademais das cidades de Bos Aires, París, Toulouse e Bristol.

Feminismo nin un paso atrás.
__________________

Eliximos Narón Informa e analiza sobre os efectos do cambio do sistema de carga no contrato de recollida de lixo que está licitando o Concello



Efectos do cambio do sistema de carga no contrato de recollida de lixo.


O prego técnico di que “Se aposta pola introdución do sistema de carga lateral mono-operado para a práctica totalidade do Concello”, sen máis explicacións e sen xustificar a rendibilidade do investimento necesario en maquinaria e equipamento, que ascende a 3,4 millóns de euros (a amortizar nos 10 anos de contrato propostos). Analizamos a continuación as implicacións funcionais dos cambios no sistema de recollida:

Man de obra: Non se reduce a necesidade da man de obra porque, aínda que no camión de carga lateral só vai o condutor, require doutra persoa que, cun coche auxiliar (o que implica gastos adicionáis), vai diante recollendo bolsas de residuos depositadas fora dos contedores e apartando posibles obxectos que impidan operar ao camión; persoa que antes facía o mesmo, pero ía co camión, e que tamén achegaba os contedores para a súa descarga.

Tempos de recollida e percorrido: son maiores coa carga lateral, pois os camións de carga traseira coa axuda do peón son máis rápidos.

Accesibilidade: segundo o tipo de contedor, adoitan ser de apertura máis simple e accesible.

Ruído: redúcese xa que os contedores non se arrastran polo chan e o camión adoita ser máis silencioso.

Contedores: permite contedores de maior capacidade, o cal só supón unha vantaxe en lugares de alto volume de residuos (moitas vivendas xuntas) e que actualmente esixen de varios contedores iguais para dar cabida a todos os residuos entre recollidas. Con todo, o feito de empregar contedores de maior capacidade non debería de implicar unha diminución significativa do número de puntos de recollida, xa que se trata de ofrecer un servizo próximo ao cidadán.

Localización dos Contedores: ademais de ter que adaptar algunhas bases para os novos contedores ou ter que eliminar as suxeicións dos vellos tamén está o condicionante de que todos os contedores deberán de estar no lado dereito do sentido de avance do camión, nun só lado no caso de rúas dunha soa dirección ou nas que o camión só faga o recorrido nunha dirección, o cal pode ser un problema en bastantes casos.

Puntos de recollida: redúcense para a fracción resto ao 63 % e ao 60% o de envases, fixando a condición de que os usuarios non deban andar máis de 100 metros ata o máis próximo. Esta redución pode estar parcialmente xustificada pola eliminación de contedores duplicados nun mesmo punto de recollida debido ao seu menor tamaño, pero dificilmente explícase unha baixada do 37%. Os puntos de recollida selectiva xa son escasos actualmente fronte á fracción resto (43% envases, 15% papel/cartón e 12% vidro), o cal provoca protestas e desincentiva á reciclaxe, e, en lugar de aumentar, vai sufrir unha forte redución (40%) para os envases, algo que non vai contribuír a alcanzar os obxectivos fixados pola lexislación.

Frecuencias de recollida: As variacións destacadas son unha redución ao 50% na fracción resto da zona urbana, manténdose aproximadamente igual nas restantes zonas e, en consecuencia, prevese un posible incremento dos malos cheiros (ao pasar a recoller cada dous días en lugar de diariamente) e de reboses, pois a frecuencia redúcese á metade pero a capacidade dos contedores non se duplica senón que crece só nun 66 %. Nas recollidas selectivas aumenta, excepto na zona rural que se reduce á metade sen xustificación coñecida, duplícase na zona urbana e triplicase na semiurbana e polígonos, aínda que non parece que ofreza ningunha vantaxe práctica dado que as capacidades tamén se incrementan e estes materiais non adoitan xerar cheiros ou outras molestias como a fracción resto; é máis, podería verse como un gasto innecesario de recursos e combustible.

Á vista do exposto, podemos concluír que as únicas vantaxes significativas da proposta son unha certa mellora na accesibilidade e a diminución do ruído na recollida, melloras que non xustifican os sobre custos que comporta o cambio.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)

673141822 - eliximos@gmail.com

Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.

Web:
http://eliximos.es/

twitter:
https://twitter.com/eliximosnaron

facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
11 de janeiro de 2019 08:30

_________

Enlace relacionado:

https://www.naronparticipa.es/

___________

sábado, xaneiro 12, 2019

O concelleiro André Abeledo valora como frutífera e moi positiva a visita da Cónsul de Cuba Yahima Martínez a Narón en visita oficial


Abeledo valora como frutífera e moi positiva a visita da Cónsul de Cuba Yahima Martínez a Narón en visita oficial.


A nova Cónsul de Cuba na Galiza, Yahima Martínez visitou hoxe Narón en visita oficial.

André Abeledo valorou a importancia dunha visita onde por unha banda a Cónsul de Cuba foi recibida oficialmente e asinou no Libro de Ouro do Concello de Narón, e por outra se avanzou no traballo xa comezado co seu antecesor no cargo.

Abeledo transmitiu á Cónsul que Narón como oitava cidade da Galiza que conta ademais con tres polígonos industrias ten moito que ofrecer, a Cónsul amosou moito interese polas empresas enfocadas ao sector Naval, a enerxía eólica e o reciclaxe, afincadas en Narón. Pero tamén a facer un traballo serio e produtivo para atopar formulas de cooperación bilateral que sexan beneficiosas para Cuba e Narón.

Tamén se avanzou traballo para un intercambio cultural fluído que permitan que dous pobos irmáns coñézanse aínda mellor.

A Cónsul explicou a situación en Cuba e o proceso de elaboración dunha nova Constitución que se adapte mellor a sociedade e aos novos retos, unha constitución que emana da base, dos barrios, do pobo Cubano, un exemplo de democracia participativa a todos os niveis da sociedade.

André Abeledo, Voceiro de EU Narón remarcou que o Pleno do noso consistorio xa aprobou dúas mocións presentadas por EU en apoio ao pobo cubano e contra o criminal e ilegal bloqueo que sufre Cuba, ditas Mocións serán entregadas por Abeledo a Cónsul durante a visita ao noso Concello.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
11 de janeiro de 2019 16:28

________________

venres, xaneiro 11, 2019

Icaria Editora presenta os seus tres novos libros dentro da colección 'Sociedade en Movemento' - Parados en movemento (Historias de dignidade, resistencia e esperanza) - Movementos sociais e dereito á cidade (Creadoras de democracia radical) - Novos movementos sociais (Da rúa aos concellos)


Parados en movemento

Historias de dignidade, resistencia e esperanza
Pere Jodar e Jordi Guiu

A orixe deste libro está na indignación. O desemprego e a pobreza son resultantes do capitalismo neoliberal e das súas accións. Sobre os desempregados e pobres recae a sospeita, ou a certeza, de que llo merecen ou que, cando menos, non fixeron o suficiente para evitar a súa situación. É dicir, non só son arroxados á exclusión e os seus arredores, senón que ademais son estigmatizados, denigrados e inxuriados. Os autores quixeron dar a palabra a algunhas destas persoas para que elas mesmas, con enteireza e dignidade, mostren as súas vidas resistentes, e até sobriamente esperanzadas.

Ler máis.


Movementos sociais e dereito á cidade
Creadoras de democracia radical
Salvador Martí i Puig, Robert González, Ricard Gomá e Pedro Ibarra (eds.)

Este libro analiza como se están desenvolvendo os movementos sociais
"urbano/veciñal, autoxestión, laboral, feminista, refuxiados/migrantes, ecoloxistas e soberanías de proximidade" e observa como comparten certos trazos como estratexias de autonomía máis aló de lóxicas de resistencia, repertorios de acción máis disruptivos e á súa vez comunitarios e a conformación de loitas e novas subxetividades no espazo urbano, con vontade de impacto no municipalismo.

Ler máis.


Novos movementos sociais
Da rúa aos concellos
Merçè Cortina-Oriol, Pedro Ibarra, Salvador Martí e Ariel Sribman (eds.)

Durante as xornadas internacionais sobre movementos sociais que se celebraron na Universitat de Girona, xunto coa colaboración da fundación Betiko, destacáronse as transformacións, as novas orientacións estratéxicas
e os impactos imprevistos dos actuais movementos sociais, comparándoos cos anteriores movementos.

Neste libro preséntanse dúas aproximacións: unha máis xeral, que analiza
as grandes tendencias, e outra centrada nos cambios na xestión municipal, derivados das novas formas de acción política, á súa vez provenientes dos novos movementos sociais.

Ler máis.


Icaria editorial
c/ Bailén, 5 5ª planta
08010 Barcelona
premsa@icariaeditorial.com
933 011 723

http://www.icariaeditorial.com/
https://www.facebook.com/icaria.editorial/
https://twitter.com/icariaeditorial

Enviado por:
Anna Monjo
-amonjo@icariaeditorial.com-
8 de janeiro de 2019 12:14

_______________

mércores, xaneiro 09, 2019

A Plataforma insta a chegar a un acordo canto antes, para conseguir a renuncia do procedemento de contratación da recollida de lixo e da limpeza viaria, e comezar con urxencia o proceso de remunicipalización do servizo


A PLATAFORMA INSTA AOS GRUPOS POLÍTICOS FAVORÁBEIS Á RECUPERACIÓN DA XESTIÓN PÚBLICA DOS SERVIZOS BÁSICOS DO CONCELLO DE FERROL, A CHEGAR A UN ACORDO PARA CONSEGUIR A RENUNCIA DO PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN DA RECOLLIDA DE LIXO E LIMPEZA VIARIA, INICIADA DURANTE O GOBERNO DE REY VARELA, E ACLARA O SEU POSICIONAMENTO DIANTE DAS PRÓXIMAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS.


No Concello de Ferrol levamos desde o 31 decembro de 2014 sen contrato para cubrir a recollida de residuos sólidos urbanos e da limpeza viaria. O goberno de Rey Varela iniciou un procedemento de adxudicación dun novo contrato cunha duración de 10 anos, que non se axusta á legalidade e é claramente prexudicial para os intereses da nosa cidade. Desde a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, agardabamos que isto fose collido polo goberno saído das urnas no 2015, como unha oportunidade para a recuperación da xestión pública deste servizo básico, que levara asociado unha mellora na calidade do servizo prestado, un aforro de custes para as arcas do Concello, maior calidade no emprego con aumento de persoal, e unha campaña de sensibilización medioambiental con medidas específicas que fixeran da recollida de lixo unha oportunidade de avance nesta cidade e non un lastre como ven sendo até agora. Pola contra, o goberno de Jorge Suárez, ao longo destes case catro anos, mantivo as cousas como estaban, levando continuamente a pleno o pago extraxudicial de facturas, facendo do que debera ser algo extraordinario, a norma habitual de cubrir un dos servizos básicos fundamentais para facer de Ferrol unha cidade habitábel.

No pasado pleno do 27 de decembro, o alcalde propuxo incluír por vía de urxencia este tema no pleno, entregando a documentación horas antes e sen negociación previa cos grupos que teñen manifestado reiteradamente o seu apoio á remunicipalización deste servizo (PSOE, BNG e a concelleira Esther Leira), e non conseguiu os votos necesarios pola abstención desta última concelleira.

Desde esta Plataforma somos conscientes de que a catro meses de finalizar mandato, este proceder de Jorge Suárez, sen levar asociado unha proposta, ou unha negociación de como encarar a recuperación do servizo, despois de catro anos de parálise, pode parecer electoralismo, interese por sacar un titular que apunte na dirección contraria ao que se ven facendo ao longo deste triste mandato de oportunidades perdidas, en canto á xestión dos servizos básicos desta cidade, pero todo o que sexa avanzar neste sentido, e desbotar a entrega da nosa cidade ás grandes corporacións ten que tomarse como algo prioritario.

Neste contexto, a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización, insta aos grupos políticos favorábeis á recuperación da xestión pública dos servizos básicos do concello de Ferrol, a chegar a un acordo canto antes, para conseguir a renuncia do procedemento de contratación da recollida de lixo iniciada durante o goberno de Rey Varela, e ao goberno municipal presidido por Jorge Suárez a presentar unha alternativa para a recuperación da súa xestión pública e directa.

Esta Plataforma aproveita esta nota de prensa para aclarar que, diante dalgunhas novas aparecidas nalgúns medios informativos, non se presenta ás eleccións municipais, nin apoiará ningunha candidatura, dado o seu carácter plural e apartidario.

Ferrol, 8 de xaneiro de 2018

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

--

Atelier de dança, foliada e concerto do Zanfonista Ariel Ninas esta sexta-feira 11 de janeiro na Fundaçom Artábria - Travessa de Batalhons nº7 Esteiro, ferrol


Atelier de dança, foliada e concerto do Zanfonista Ariel Ninas esta sexta-feira

Chega a primeira atividade do 2019. Sexta-feira 11 de janeiro decorrerá umha intensa jornada na Fundaçom Artábria.

Às 20.30hs Decorrerá um atelier de danças galegas, portuguesas e da Europa Central com Uxio Leira.

Às 22.30hs  concerto do zanfonista Ariel Ninas.

Ariel Ninas, músico ligado ao projeto d’aCentral Folque desde o 2007, oferecerá um concerto de graça na Fundaçom Artábria. Será um recital a só com zanfona e algumha cançom.

Será umha viagem por distintas melodias, improvisaçons, versons de cançons de autor e tradicionais intepretadas com  zanfona.

E para fechar a jornada foliada ártabra. Traz o teu instrumento e soma-te!

https://www.youtube.com/watch?v=X0ABvaami9E

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
artabria@artabria.net
7 de janeiro de 2019 14:42

_____________________

O concelleiro André Abeledo propon unha serie de medidas en materia de vivenda e alugueiro para Narón relacionadas coa aprobación do Real Decreto-lei 21/2018, de 14 de decembro


Abeledo propon unha serie de medidas en materia de vivenda e alugueiro para Narón relacionadas coa aprobación do Real Decreto-lei 21/2018, de 14 de decembro.


André Abeledo recorda que no Estado español hai 3,5 millóns de vivendas baleiras, segundo o último censo de poboacións e vivendas dispoñible, realizado en 2011.

En EU Narón temos claro que hai que garantir a función social da vivenda. No seu momento propuxemos o recargo do IBI, as vivendas desocupadas en Narón, pero atopámonos con problemas legais pola ausencia dunha definición clara sobre o que é unha vivenda desocupada.

Pero agora despois da publicación no BOE do Real Decreto-lei 21/2018, de 14 de decembro, de medidas urxentes en materia de vivenda e alugueiro, que entre outras cousas fai unha reforma da Lei de Facendas Locais regulando o recargo previsto para os inmobles de uso residencial desocupados con carácter permanente, mediante a súa remisión a correspondente normativa sectorial da vivenda, autonómica ou estatal, con rango de lei, ao obxecto de que poida ser aplicado polos concellos mediante a aprobación da correspondente ordenanza fiscal.

Abeledo entende que xa non hai escusas, os Concellos poden a partir de agora adoptar unha serie de importantes medidas, e dende EU Narón imos propoñer que ditas medidas se leven adiante mediante unha Moción. 

1.- Elaborar un censo de vivendas desocupadas de acordo aos criterios establecidos no Real Decreto e instar a Xunta de Galicia a desenrolar o concepto de vivenda valeira.

2.- Modificar a ordenanza fiscal para establecer un recargo do 50% no IBI daquelas vivendas que se atopen desocupadas.

3.- Ademais tamén inclúense a posibilidade directa de modificar a ordenanza fiscal para establecer un 95% de bonificación daquelas vivendas destinadas ao aluguer con renda limitada.

Abeledo recoñece que este Decreto chega tarde, cando a maioría dos municipios xa temos aprobado as nosas Ordenanzas Fiscais. Aínda así abre un campo de posibilidades para traballar dende o ámbito municipal para que no haxa casas sen xente, ni xente sen casas.

Enlace ao BOE: http://iunida.org/boevivienda

Datos de vivendas valeiras por provincias segundo o Instituto Nacional de Estadística: http://iunida.org/ineviviendasvacias

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
8 de janeiro de 2019 15:26

______________

venres, xaneiro 04, 2019

As novas en esquerda.net, a 4 de janeiro 2018 - Estado tem de proteger pessoas dos ventos e tempestades dos mercados imobiliários - ... primeiras 24 horas de Bolsonaro na presidência do Brasil - ... a Vox exige eliminação de medidas contra violência machista para apoiar governo na Andaluzia

4 de janeiro 2018

Bom dia,

Estado tem de proteger pessoas dos ventos e tempestades dos mercados imobiliários. A Proposta de Lei de Bases para a Habitação do Bloco discutida esta quinta-feira define o papel central do Estado como provedor do direito à habitação. Aumentar a habitação de propriedade pública e garantir cidades vividas, edificado mantido e pessoas com casa assegurada são prioridades do Bloco.

O início de 2019 trouxe-nos também as primeiras 24 horas de Bolsonaro na presidência do Brasil. Como se adivinhava, o primeiro dia ficou marcado pelo ataque aos direitos laborais e sociais. A redução do salário mínimo aprovado pelo Congresso, a perseguição dos povos indígenas e da população LGBT são apenas alguns dos exemplos do projeto político do presidente brasileiro.

Já em Portugal, o SOS Racismo acusa a TVI de “branquear o criminoso Mário Machado, ao convidá-lo para o programa 'Você na TV'”, e exige às entidades responsáveis que "tomem as medidas necessárias para impedir que a comunicação social se transforme numa caixa de ressonância da ideologia racista no país".

Também em Espanha a extrema-direita tem cometido os seus atropelos habituais. Nem mais, a Vox exige eliminação de medidas contra violência machista para apoiar governo na Andaluzia. Isso mesmo: a formação de extrema-direita anunciou esta quarta-feira que não dará o seu apoio a um governo do Partido Popular e dos Ciudadanos caso o acordo inclua medidas contra a violência de género.

2019 parece um ano de continuidade para as lutas dos professores. A Fenprof considera que as afirmações do Ministro da Educação devem ser fator de mobilização para greve aos abusos. Assim, apelou à participação dos professores na greve às atividades que não constam no seu horário de trabalho e afirma que as declarações de Tiago Brandão Rodrigues conferem ainda mais razão à luta em curso. No mesmo sentido, os professores exigem ser tratados como os funcionários públicos. Nesse sentido, esta quinta-feira, representantes das dez estruturas sindicais de professores concentraram-se na residência oficial do primeiro-ministro, afirmando-se disponíveis para iniciar um novo processo de negociação. Não admitem que o tempo de serviço seja cortado, mas estão disponíveis para estabelecer um prazo mais dilatado.

https://www.esquerda.net/

Enviado por:
esquerda.net
-newsletter@newsletter.esquerda.net-
4 de janeiro de 2019 09:49

___________

Segundo Eliximos Narón: O Tripartito quere facer o parque fluvial co sacrifico de algúns propietarios - A participación novamente escondida aos naroneses


O Tripartito quere facer o parque fluvial co sacrifico dalgúns propietarios.


Estivemos a manter contacto con máis de una decena de propietarios afectados pola expropiación do parque fluvial do río Freixeiro, os cales non están de acordo coa proposta de expropiación do Concello, pois valora as propiedades rurais en 5,11 €/m² e o solo urbano en 26,54 euros/m².

Despois de estudar o proxecto de expropiación, atopamos datos erróneos e que Proyfe escolleu opcións menos favorables para os propietarios.

Os motivos do desencanto na zona rural é que en expropiacións anteriores, a cargo de outras entidades, se chegaron a pagar cerca 52 €/m² por propiedades similares. Ademais, o Concello comprou no 2016 unha parcela detrás do asilo de anciáns de Piñeiros, de características similares aos terreos agora comprados e destinado tamén ao parque fluvial, que foi pagado a 13,48 euros/m², é dicir, 2,5 veces máis. Tamén acaba de comprar para o parque neste pasado mes de decembro outras dúas a 21,75 €/m² e a 7,50 euros/m² respectivamente.

No solo urbano tamén podemos dicir que, a falta dun calculo exacto, obtemos valores catro veces superiores aos de Proyfe.

Moitas das sentenzas sobre expropiacións coinciden na mesma idea: “implantar servizos para a cidade non se pode facer a costa do sacrifico singularizado duns propietarios”, senón que debe primar o “principio de equidistribución das cargas e dos beneficios” recollido na lexislación.

Resulta evidente que o Tripartito naronés non está a tratar igual a todos os veciños, estamos a falar dun claro agravio comparativo, e de que este Goberno se está a aproveitar do descoñecemento dos propietarios para comprar o máis barato posible sen importarlles si é xusto.


A participación novamente escondida aos naroneses.

A participación cidadá en Narón é unha pantomima moi vella na que desgraciadamente xa case ninguén cre, aínda que o Tripartito non a ignora porque é algo que lle vén imposto legalmente, e porque lles dá certa visibilidade ante os veciños, especialmente á concelleira do PSOE.

Veñen gastándose ao redor de 40.000 euros anuais para contratar a unha empresa para organizar 26 reunións (e levantar actas, algo reservado a un funcionario no regulamento) con entidades veciñais ao longo do ano (uns 1.540 euros por reunión de unha hora de duración aproximadamente), reunións ás que xeralmente acoden máis políticos que veciños (en moitas ocasións só 2 ou 3 persoas das entidades convocadas) e nas que pouco máis se fai que recoller algunhas queixas ou peticións de mellora, ás veces históricas, ás que na súa maioría non se lles dá resposta, nin se actúa en consecuencia. Os famosos orzamentos participativos volveron ser unha quimera outra lexislatura máis.

O pasado ano abriuse un período para presentar propostas para a reforma do regulamento de participación cidadá, só Eliximos e unha persoa presentaron propostas, pero como non gustaron, e coa desculpa de introducir melloras relativas a igualdade de xénero, non se chegaron a debater nin a considerar, así que foi outra burla máis.

Como agora a lei obriga a someter “consulta pública” certas normas e regulamentos (con carácter previo a súa elaboración), e hai que xustificar que se fai algo en canto a participación, contratouse unha plataforma para colgar documentos e que a xente poida opinar. Por certo, optouse por unha plataforma de participación cara e bastante deficiente, en lugar de instalar software gratuíto e de mellor resultado.

A plataforma Narón Participa estreouse coa publicación de 3 ordenanzas e 2 regulamentos a comentar en 15 días e sen publicidade, tras as críticas ampliouse o prazo a 2 meses e publicitouse un pouco. Como era de esperar houbo pouca participación, pois á xente cústalle bastante tragarse 100 páxinas de regulamentos para analizalos e propoñer melloras nun prazo de 15 días, máxime sen garantías de que sirva de algo. Ningunha explicación sobre as mesmas, tampouco reunións, nin diálogo, nin debates, así que a participación só é para quen o poida facer por internet.

Agora a historia repítese, o 26 de decembro quitan simultaneamente 4 regulamentos e un expediente de contratación (algo non previsto) sen publicidade e sen que ninguén se decate, con prazos de 16 días en 3 casos e un mes nos outros dous. Falta novamente a transparencia, parece que se trata de xustificar o requisito pero sen dar pé á participación (nin sequera por internet).


Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)

673141822 - eliximos@gmail.com

Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.

Web:
http://eliximos.es/

twitter:
https://twitter.com/eliximosnaron

facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
1 de janeiro de 2019 19:43
30 de dezembro de 2018 23:55
_____________

Enlace relacionado:

https://www.naronparticipa.es/

_________________________

André Abeledo, concelleiro de Esquerda Unida de Narón, entende fóra de lugar sacar a concurso, por dez anos, o contrato da recollida do lixo e limpeza viaria do Concello - Defende a municipalización dos servizos básicos para que sexan un auténtico servizo público - Entende que os gobernos non poden hipotecar o futuro da veciñanza


Abeledo entende fora de lugar  sacar a concurso, por dez anos, o contrato da recollida do lixo e limpeza viaria en Narón.


André Abeledo indica que ningún goberno debería dar contratos que exceden da súa lexislatura.

Ademais de que o noso modelo non é este, e dende EU NARÓN defendemos a municipalización dos servizos básicos para que sexan un auténtico servizo público, entendemos que os gobernos non poden hipotecar o futuro da veciñanza.

Abeledo recorda ao Equipo de Goberno que os contratos de suministros e de servizos de prestación sucesiva terán  un prazo máximo de duración de cinco anos, incluíndo as posibles prórrogas que en aplicación do apartado segundo deste artigo acorde o órgano de contratación, respetando as condicións e límites establecidos nas respectivas normas orzamentarias que sexan aplicables ao ente contratante.

Excepcionalmente, nos contratos de servizos poderase establecer un prazo de duración superior ao establecido no parágrafo anterior, cando o esixa o período de recuperación das inversións directamente relacionadas co contrato e estas non sexan susceptibles de utilizarse no resto da actividade produtiva do contratista ou a súa utilización fora antieconómica, sempre que a amortización de ditas inversións sexa un custo relevante na prestación do servizo, circunstancias que deberán ser xustificadas no expediente de contratación con indicación das inversións as que se refira e do seu período de recuperación. O concepto de custo relevante na prestación do servizo  será obxeto de desenrolo regulamentario.

O contrato de servizos de mantemento que se concerte conxuntamente co da compra de ben a manter, cando dito  mantemento solo poida ser prestado por razóns de exclusividade pola empresa que suministróu dito ben, poderá ter como prazo de duración o da vida útil do produto adquirido.

Así mesmo poderá establecerse nos contratos de servizos relativos aos servizos as persoas un prazo de duración maior cando elo fora necesario para a continuidade de aqueles tratamentos aos usuarios nos que o cambio do prestador puidera repercutir negativamente.

No obstante o establecido nos apartados anteriores, cando ao vencemento dun contrato non se houbera formalizado o novo contrato que garanta a continuidade da prestación a realizar polo contratista como consecuencia de incidencias resultantes de acontecementos imprevisibles para o órgano de contratación producidas no procedemento de adxudicación e existan razóns de interese público para non interromper a prestación, poderase prorrogar o contrato orixinario ata que comence a execución do novo contrato e en todo caso por un período máximo de nove meses, sen modificar as restantes condicións do contrato, sempre que o anuncio de licitación do novo contrato téñase publicado cunha antelación mínima de tres meses respecto da data  de finalización do contrato orixinario.

Dende EU NARÓN preguntámonos que inversión vai a xustificar neste caso o Equipo de Goberno?.

Por exemplo no caso do servizo da auga poden dicir que as novas canalizacións son feitas para Narón e son inversión para Narón.

Pero cal é o argumento no lixo e limpeza viaria?.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
31 de dezembro de 2018 01:32

__________________

Foto: Cesar Toimil. |

xoves, decembro 27, 2018

Teleescravos, máquinas e pobreza enerxética, ... Por Iolanda Teixeiro Rei - É paradoxal que a telescravatura conviva coa pobreza enerxética e a tecnodependencia - Malia que o ciberfeminismo desenvolve software livre para a socialización do coñecemento e do traballo colaborativo, a informática da dominación rexe hoxe o mundo


Iolanda Teixeiro Rei [*]
27.12.2018


TELESCRAVOS, MÁQUINAS E POBREZA ENERXÉTICA

Cando en 1920 o dramaturgo checo Karel Capek estreou a obra R.U.R. (Robots Universals Rossum) disque lles quixo chamar labori, do latín labora, traballo a aqueles rudimentarios robots. Mais o seu irmao Josef suxeriulle roboti, de robota que significa literalmente traballo ou labor e figuradamente, traballo duro en checo e en moitas linguas eslavas.

Tradicionalmente, robota era o periodo de traballo que un servo devía outorgar ao seu señor, xeralmente seis meses do ano.

En 1848 proibiuse a servidume en Bohemia polo que cando Capek escreveu R.U.R, o uso do termo robota xa se espallara a varios tipos de traballo, mais o significado obsoleto servidume seguiría recoñecéndose.

A tecnoloxización da sociedade creou un novo contexto onde as cadeas da escravatura son transparentes e tan engaiolantes que somos os propios escravos quen pagamos por elas pois xa non há que remar amarrados ao duro banco dunha galera turquesa. Agora competimos por ser telescravos, levamos as argolas nas mans no canto dos nocellos. Pois é xa máis doado vivir sen dni do que sen móbil. Nel temos o cordón umbilical que nos promete a salvación do isolamento. O gran deus buscador que o ve todo e que nos abre a porta de todo desde o nacemento á morte. É unha pequena máquina que nos permite acceder a todas as demais. É a pedra filosofal, o santo grial do Capitalismo Asasino. Máis omnipresente que os deuses antigos. Un trebello fetiche que promete a satisfación dos desexos máis inconscientes. O mesmo nome de móbil no canto de mobivel ispe un animismo ancestral. Como se o móbil tivera vida propia. É a nosa cadea de ouro. A síndrome de dependencia do móbil é terribel e supón un peso tremendo nas economías familiares así como un lucro exponencial para as empresas de telefonía móbil. As nosas vidas xiran dun xeito abraiante en torno a el porque sabemos que sen el estamos esquecidos dun mundo, que xa é hoxe máis virtual que real.

É paradoxal que a telescravatura conviva coa pobreza enerxética e a tecnodependencia. Fannos crer no mito da independencia e no autoemprego para nos sustituir polas sumisas máquinas e arrastrarmonos a remar en galeras virtuais. A tecnoloxía aparva e isola. Agora a intelixencia soñada está nos smart (smart tv, smart phone, smart watch...) tecnoloxía avanzada que osma a nosa intimidade sen necesidade dun dron. Xa non precisamos intimidade pois o éxito consiste en amosar ao len unha imaxe emanada do tecnodivino como un efluvio dixital. Caída en picado de Black Mirror ou a distopía real. Xa non precisamos ser intelixentes, para iso está o sistema operativo, só funcionar, como dizía Baudrillard en La transparencia del mal.

Que lonxe fican aqueles primeiros autómatas humanoides medievais como o autómata de lavado de mans ou aquel cavaleiro mecánico de Leonardo da Vinci.

Aquela escena do filme Sleeper, O dormilón, esa xenial sátira futurista de Woody Allen, onde o robot-empregado doméstico (que en realidade é un humano que suplanta a unha máquina) disfruta do orgasmatrón, evidencia o camiño do pracer máis burdo, o pracer pasivo e eficiente, o hedonismo sumiso do proceso de infantilización desta civilización tecnolóxica. Ou incluso a asexualidade nunha ditadura onde as persoas son fríxidas, non teñen desexos polo que precisan as máquinas para ter orgasmos e funcionar ben no sexual.

Hoxe o orgasmatrón é un masaxeador da cabeza mais a Real Doll xa fabrica bonecos sexuais realistas, bonecos con pene biónico para nos poder relacionar cun outro pasivo. Poderiamos consideralo un onanismo asistido. Nunca tantas persoas houvo no planeta, nunca tanta capacidade de comunicación tivemos e porén, nunca tan necesitados do outro, dun outro que eslúe incluso na presencia!.

Cando Allan Poe descreve a John A.B.C Smith, aquel heroe de guerra cun corpo composto de múltiples próteses non podía sequera imaxinar os insectos cibor de DARPA capaces de transmitir información a través de sensores implantados. A meirande parte das persoas tecnolóxicas non precisamos nen de implantes. Funcionamos mellor que os insectos transmitindo información e por riba aínda pagamos por elo. Curisamente non triunfaron os robots humanoides senón os humanos robotoides. A invasión das máquinas, coa destrución masiva de emprego sen contrapartida social, foi encuberta polo xorne non-humano das mesmas. Amolaría máis que eses peaxes fáciles onde funcionamos de balde para a concesionaria dona do territorio foran androides. Certo que há ciborg que melloran as nosas vidas como os marcapasos ou os implantes cocleares que lles permiten oír ás persoas xordas. Mais penso que o maquinismo trouxo máis perxuízos que bondades. Entre estas sitúo ese manifesto cyborg de Donna Haraway que tivo o afouto de lle plantar cara ao feminismo esencialista rexeitando os límites ríxidos e propondo unir coalicións políticas en planos de afinidades máis ca de identidades.

Malia que o ciberfeminismo desenvolve software livre para a socialización do coñecemento e do traballo colaborativo, a informática da dominación rexe hoxe o mundo. Coa diferenza respecto ao Medievo de que antes eramos escravos forzados da terra e agora somos escravos entregados dos amos cibernéticos. E posto que a mensaxe é o medio, como ben aponta Jerry Mander: o proceso de imaxes editadas que se moven rapidamente através dun cerebro humano pasivo é moi diferente á recolección activa de información, tanto de livros ou xornais como de paseos na natureza. Como resultado, as persoas poden voltarse máis pasivas, menos capaces de lidar cos matices e a complexidade, menos capaces de ler ou crear. A xente pode volverse máis parva e ter menos entendemento dos eventos do mundo mesmo nun ambiente de moita disponibilidade de información.

A aceleración da vida e tamén da información fai que o noso sistema nervoso estea tamén, penso eu ao borde do colapso.

Anque a cibernética sexa a ciencia que estuda os fluxos de enerxía parece que é cega ao esgotamento das enerxías fosilistas e a falla de alternativas para manter este mundo orxiástico de demanda enerxética.

Mais nada há que temer cando o sistema colapse mentres o mundo mediático nos fabrique as expectativas e faga funcionar axeitadamente o noso sistema operativo nesa ilusión de presente perpetuo, condicionamento reforzado pola psicoloxía consumista da autoaxuda.

O malo vai ser se todos os cans que matan a soidade nas cidades mudan en ciborgcans como aquel abraiante can policía de Fahrenheit que se daba a cazar, en directo e desde a tv interactiva, a calquera que o Poder sinalava como delincuente. Quen sabe que farían entón os animalistas cibernéticos!.

[*] Iolanda Teixeiro Rei -Ferrol, activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Sermos Galiza.


Enviado por:

Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
27 de dezembro de 2018 12:21
___________

Proxección do documentario 'O soño de papá', de Xavier Bermúdez, hoxe xoves 27 de decembro no Ateneo Ferrolán - Sobre o fútbol base en Galicia - Unha reflexión sobre os diferentes problemas que veñen xurdindo ao redor deste deporte que xunta tanta xente e tanta atención mediática


Proxección documental "O soño de papá"

Xoves día 27 de decembro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

Chegar a formar parte da elite futbolística é un soño polo que loitar.

Un soño ao que dedicar unha infancia. Dos nenos futbolistas trata O SOÑO DE PAPÁ: un documental sobre o fútbol base en Galicia. Unha reflexión sobre os diferentes problemas que veñen xurdindo ao redor deste deporte que xunta tanta xente e tanta atención mediática.

O SOÑO DE PAPÁ ten unha duración de 57 minutos.

O seu director, Xavier Bermúdez, acudirá á presentación e ao cabo da proxección poderemos ter un coloquio cos asistentes.

---
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

https://ateneo-ferrolan.blogspot.com

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER.
FACEBOOK.
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
26 de dezembro de 2018 11:45

__________________

luns, decembro 24, 2018

'Coidando a Casa' a candidatura encabezada por Luís Villares, atinxiu máis do 59,2% dos votos, 1.596 sufraxios, gañando as eleccións internas de En Marea


Villares gaña as primarias de En Marea

Luis Villares gañou as primarias de En Marea. O actual portavoz da organización e parlamentar obtivo máis apoio das persoas inscritas para poder votar que o rival nas urnas, David Bruzos. 'Coidando a Casa' atinxiu máis de 59,2% dos votos, 1.596 sufraxios. Son datos provisionais que están a ser auditados. Máis de 4.000 persoas estaban inscritas para participar neste proceso. A pregunta agora, unha vez coñecido o resultado, é se as costuras de En Marea resistirán ao vivido nestas semanas e o acumulado ao longo de todos estes meses: dous sectores enfrontados e que semellan irreconciliábeis, os 'villaristas' (partidarios da actual dirección e do seu portavoz) e 'críticos' (Podemos, Esquerda Unida, gran parte de Anova e as marés de cidades como Compostela ou A Coruña).

Desde partes do sector crítico, e segundo avanza a Cadena Ser, poñen estes resultados baixo sospeita e consideran que puido haber un pucheirazo. A decisión de manter a candidatura dos críticos para as primarias desta fin de semana xerou un intenso debate no seo deste sector. De feito, unha das súas ponlas, Esquerda Unida, decidiu non participar nas votacións, por entender que non se daban as garantías "democráticas" mínimas. Unha opinión que tamén era partillada por parte de Podemos. Criticaban o cesamento de tres membros do comité electoral e expresaban dúbidas sobre o cambio dom sistema para auditar as votacións. 

Comisión de garantías

Nestas primarias tamén se votaba para elixir membros da comisión de garantías: Os cinco membros máis votados son da candidatura 'Coidando a casa'. Segundo consta na web de En Marea, a comisión de garantías é un órgano colexiado composto por cinco persoas elixidas democraticamente seguindo o criterio de paridade de xénero. En ningún caso actuarán de oficio, senón a instancia de parte. É o garante e o intérprete da normativa interna e dos acordos plenarios.

Este sábado constitúese o Consello das Mareas, 35 integrantes, e o comité de garantías. Será unha boa oportunidade para testar a disposición de ambas as dúas partes a acordos e a continuar no mesmo proxecto.

Fonte: Sermos Galiza | 24.12.2018 | Baixo licenza Creative Commons by-nc-nd.

Participa, Apoia Subscribe a un diario galego e na lingua propia da Galiza:
SERMOS O DIARIO GALEGO

___

Web oficial de En Marea:

https://enmarea.gal/


A nova noutros medios
:

Faro de Vigo.
Primarias de En Marea: Luís Villares gana las votaciones y acentúa el ...https://www.farodevigo.es › Galicia. Luís Villares ha ganado las primarias de En Marea con un 59, En Marea cierra, a las 9,00 horas de este lunes, día de Nochebuena, el proceso interno para ...

Praza Pública.
A candidatura de Villares gaña as eleccións de En Marea co 59% dos ...
praza.gal/.../a-candidatura-de-villares-gana-as-eleccions-de-en-marea-co-59-dos-votos
. A candidatura Coidando a casa foi a máis votada nas eleccións internas de En Marea. Segundo os resultados provisionais divulgados este 24 de decembro, ...
CRTVG.
Luís Villares gaña as primarias de En Marea e imponse a Bruzos co ...
www.crtvg.es/informativos/luis-villares-gana-as-primarias-de-en-marea
. Luís Villares, actual voceiro de En Marea, revalida o seu liderado no partido coa vitoria nas primarias celebradas esta fin de semana. Imponse á candidatura de

La Voz de Galicia.
Los resultados provisionales de las primarias de En Marea dan la victoria a Villares. Su candidatura podría haber obtenido el 60 % de los votos. El sector crítico habla ya de «pucherazo»
____________

venres, decembro 21, 2018

Os afectados de O Val recollen 824 firmas para pedir á conselleira que se cancele todo proxecto de senda peonil e ciclista na parroquia


Os afectados de O Val recollen 824 firmas para pedir á conselleira que se cancele todo proxecto de senda peonil e ciclista na parroquia


No escrito remitido esta semana á Conselleira, subscrito por 824 firmas, afirman:

Os afectados pola senda despois dun longo proceso no que sentimos ignorados polas Administracións, tras meses solicitando ser escoitados e a apertura de negociacións sobre o proxecto, para finalmente ser enganados polos membros do Goberno local, perdemos a confianza nas Administracións e agora rexeitamos abrir unha negociación para chegar a un novo proxecto da senda e acollémonos á súa decisión de non executar a obra.

Doutra banda, este rexeitamento facémolo extensivo aos outros tramos de senda nas estradas da Xunta en O Val
.”

Tamén queren lembrarlles novamente ás Administracións que cumpran coas leis que elas impoñen, así como as palabras do fiscal coordinador de Seguridade Viaria da Fiscalía Xeral do Estado, Bartolomeu  Vargas, que a pasada semana alertaba dos perigos que provoca o mal uso dos patinetes eléctricos e bicicletas, que están a causar problemas cos peóns, que están a ser os grandes prexudicados polos vehículos de mobilidade persoal, e quería deixar clara unha cousa: «As beirarrúas son para os peóns, que son quen máis dereitos teñen nas cidades».

Os afectados cren que a fiscalía debería de poñer freo ás actuacións da Xunta, que presume de levar construídos 100 Km. de sendas mixtas para ciclistas e peóns, obtendo de Europa fondos que deberían ir destinados a carrís bici segregados, destinados ao desenvolvemento dunha mobilidade alternativa real en Galicia.

A Orde VIV/561/2010 di “Os carrís reservados ao tránsito de bicicletas terán o seu propio trazado nos espazos públicos urbanizados, debidamente sinalizado e diferenciado do itinerario peonil”, e o mesmo Plan Director de Mobilidade Alternativa de Galicia fala de xurisprudencia sobre o tema recollendo que «o ciclista ten a condición de condutor de vehículo, e que as beirarrúa e as zonas peonís son destinadas ao tránsito de peóns, “en ambos os casos sen excepción ningunha”».

---

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)

673141822 - eliximos@gmail.com

Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.

Web:
http://eliximos.es/

twitter:
https://twitter.com/eliximosnaron

facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
21 de dezembro de 2018 08:47

_______________

Enlace relacionado:
Monográfico - Senda Peonil e Ciclista AC-116 no Va.| Narón Aberto - venres, 20 de xullo de 2018 | Ir á Web.


Foto de José Pardo.
________________________

O Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG, publicou o seu moi interesante Boletín Nº30 - Os grandes retos do futuro do traballo: unha ecuación que é necesario resolver - Radiografía sobre a calidade do emprego e as condicións de traballo no Estado español


Boletín CIG – Saúde Laboral Nº 30
20-12-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

O futuro do traballo presenta múltiples desafíos como as dificultades de emprego dos traballadores/as novos/as, as grandes desigualdades nos ingresos salariais, as relacións laborais informais, a revolución dixital, os procesos de innovación tecnolóxica e organizativa, a automatización e a robotización, as desigualdades de xénero, o envellecemento da poboación traballadora, o escaso desenvolvemento da economía rural, a menor sostibilidade do emprego, o deterioro da protección social ou o debilitamento da negociación colectiva. Ante esta problemática, son numerosas as contribucións que dende fontes autorizadas comezan a realizarse na procura de solucións, entre as que destacan a creación de impostos aos automatismos que substitúan o traballo humano ou a implantación do chamado “ingreso básico universal

O número 30 do Boletín CIG- Saúde Laboral, conta cun primeiro artigo denominado “Os grandes retos do futuro do traballo: unha ecuación que é necesario resolver”, baixo o epígrafe Análise –Opinión.

Dentro do epígrafe Documento-Análise atopamos os artigos “Radiografía sobre a calidade do emprego e as condicións de traballo no Estado español”, baseado nos textos “Bad Jobs” recovery? European Job Quality Index 2005-2015 do European Trade Union Institute e Condicións de Traballo 2015 de Eurofound, e “Guía Técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos ou mutáxenos durante o traballo” realizado sobre a Guía do mesmo nome do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

A Síntese de actividade 2018 do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral e o Taboleiro completan os contidos deste número.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 30 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

http://www.cigsaudelaboral.org/

Enviado por:
Confederación Intersindical Galega

-cig@cig.gal-
20 de dezembro de 2018 13:06
____