luns, maio 20, 2019

Este martes 21 de maio ás 7 da tarde, primeira tanda de debates no Ateneo Ferrolán, diante da Eleccións Municipais do 26M, coa participación dos candidatos á alcaldía por FeC Jorge Suárez, polo PSOE Angel Mato, polo PP Rey Varela, polo BNG Ivan Rivas e por CS Alejandro Langtry


Mesas de Debate no Ateneo Ferrolán en colaboración co Clube de Prensa de Ferrol.

Eleccións Municipais 2019

Martes día 21 de maio ás 19,30 h.:

Candidatos á alcaldía por FeC Jorge Suárez, polo PSOE Angel Mato, polo PP Rey Varela, polo BNG Ivan Rivas e por CS Alejandro Langtry

Bloques e apartados a debate:

➤Cultura, Educación e Deportes

➤Modelo de Cidade, Patrimonio, Urbanismo e Turismo

➤Servizos Sociais, Formación e Emprego, Inclusión Social

Modera: Patricia Hermida (xornalista)

Entrada libre

#Ferrol

Entrada libre

--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
20 de maio de 2019 13:29

_____________

Previsión de actividades de Marea de Ferrol para o martes 21 de maio: reunión co Club Ría de Ferrol e coa asociación veciñal de Canido, e na tertulia 'Un pincho co candidato', do bar Sur


PREVISIÓNS DE MAREA DE FERROL PARA O MARTES

Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para  mañá martes 21 de maio:

1. Ás 17.00 horas, manteremos unha reunión co Club Ría de Ferrol, no seu local situado no Pavillón de Deportes da Malata.

2. Ás 19.00 horas xuntarémonos coa AVV Canido no CC Canido.

3. Ás 21.30 horas, participaremos en "Un pincho co candidato", organizado polo bar Sur, para manter o "debate de taberna" que os seus propietarios lle propuxeron a todas as candidatas para as municipais de Ferrol.

4. Así mesmo, o noso local electoral (Rúa Dolores, 20) permanecerá aberto mañá e tarde -en horario de 10:00 a 14:00 hh. e de 17:30 a 19:30 hh.- como espazo de encontro e de conversa con todos os/as veciños/as que queiran achegarse.

Marea de Ferol
Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
Twitter | Facebook

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
20 de maio de 2019 11:23

____________

O 24 Maio, Folga de estudantes contra o cambio climático, dentro da convocatoria internacional que xa se desenvolve en máis dun cento de países, polo movemento 'Fridays For Future / Os Venres polo Futuro'


O 24 Maio, Folga de estudantes contra o cambio climático, dentro da convocatoria internacional que xa se desenvolve en máis dun cento de países, polo movemento "Fridays For Future / Os Venres polo Futuro".

Bos días,
Enviamos información sobre convocatoria de folga estudantil contra o cambio climático.
Saúdos!
Adega


Estudantes da Coruña e Ferrol convocamos unha folga estudantil contra o cambio climático o venres 24 de Maio, coincidindo coa convocatoria internacional do movemento “Fridays For Future”.

Dende A Coruña queremos dicirlle á sociedade e o goberno que debe darse un cambio ecolóxico para garantir o noso futuro. Por iso o 24 de MAIO faremos unha gran folga e manifestación a nivel global. No noso caso partirá unha marcha ás 19:00 h do Obelisco (A Coruña) para acabar diante do concello, onde terá lugar unha concentración a continuación.

Estamos vendo como o noso planeta se encamiña ao desastre polas malas accións e a indiferenza dos nosos gobernos. A xeración dos nosos paises está deixando que o cambio climático, a contaminación dos solos e augas, a extinción de miles de especies ou a destrución dos ecosistemas se converta nunha situación irreversible.

O noso futuro está hipotecado para  que algúns sigan aumentando as súas fortunas. Os nosos bosques arden e os nosos polos se desxean para pagar os luxos duns poucos.

Se amades aos vosos fillos, por que deixades que isto aconteza diante dos nosos propios ollos? Por que nos roubades o futuro?

Non é unha cuestión  ideolóxica, nin relixiosa, nin de nacionalidades. Aféctanos a todos os habitantes do planeta. É a maior crise á que nos podemos enfrontar e necesitamos tratala como tal.

Con equidade e sen perder nin un minuto máis.

Os gobernos  ignoráronnos. Decidiron non actuar. Pero quedaron sen escusas e nos sen tempo. Chegou o momento de cambialo todo.

Queremos convidar a tódolos centros que queiran unirse á folga, e aqueles estudantes, mestres, asociacións ou ONGs que lles gustaría participar na organización, contacten con nos a través do noso email ou das nosas redes sociais. Adxuntamos o cartaz da convocatoria e o panfleto en tamaño A4.

Un saúdo, Fridays For Future A Coruña.

Instagram   https://www.instagram.com/f4fcorunha/
   
Fridays for Future A Coruña (@f4fcorunha) | Instagram photos and videos | 739 Followers, 224 Following, 17 Posts | See Instagram photos and videos from Fridays for Future A Coruña (@f4fcorunha) | Ir á Web.

Facebook: https://www.facebook.com/Fridays4C/

correo-e: fridays4futurecorunha@gmail.com

Enviado por:
adega.gal
-adega@adega.gal-
20 de maio de 2019 10:05

___________

Abeledo confía no traballo na rúa para que 'Narón por Diante' sexa a gran sorpresa do 26M


Temos que conseguir que a veciñanza coñeza as nosas propostas para Narón, o noso programa, transmitirlles a nosa ilusión.

O 26M NARÓN POR DIANTE chegará  ABRINDO AS PORTAS do Concello a veciñanza.

O candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE, André Abeledo acompañado de membros da candidatura, militantes e simpatizantes toman nestes días as rúas.

Traballamos neste tramo final da campaña electoral para que a veciñanza coñeza os eixos do noso programa electoral e as nosas  propostas para construir un Narón mellor.

Estamos convencidos de que a única enquisa valida é a das furnas o 26M.

Estou convencido que a veciñanza vai a darnos a súa confianza o 26 de Maio.


NARÓN POR DIANTE- SON EN COMÚN
Local de campaña
Praza de A Gándara (Rúa Vigo, 20, Narón).
Facebook | Twitter



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
20 de maio de 2019 09:36

__________

Programación LiGanDo do que queda de campaña electoral: Actividade diaria, Mitín Central no Centro Cultural Torente Ballester e Mitín de Final de Campaña en Caranza (O Felgo, na Avda. castelao)


Programación LGD campaña Ferrol SEMANA 20-24/05/19


Luns 20/05/19-Pola maña reparto de información do programa municipal.
-Pola tarde café con Iolana Teixeiro con veciños de Catabois na Cervexeria A Casa da Troia.

Martes 21/05/19
-Pola maña reparto de información do programa municipal.
-Pola tarde, ás 19:00 horas debate no Centro Cívico de San Pablo.
-Pola tarde-noite 8:30 apoio ao mitin central en Miño de Xuntos por Miño.

Mércores 22/05/19
MITIN CENTRAL DE LIGANDO
20:00 horas no salón de actos do Torrente Ballester
con:
➤IOLANDA TEIXEIRO Candidata á alcaldía
➤Miguel Anxo Abraira Portavoz Nacional de LGD
➤Ricardo Sánchez alcalde de Miño.

Xoves 23/05/19
PROGRAMACIÓN PENDENTE DE DEFINIR

Venres 24 /05/19
Programación sen definir ao completo.
MITIN PECHE DE CAMPAÑA NO BAR "O FELGO" DE CARANZA,
ÁS 20:30 HORAS
Avda de Castelao 62 baixo 6 O Felgo- Caranza

Díptico Electoral de LiGanDo. | Acceder/Baixar.

Programa Electoral de LiGanDo. | Acceder/Baixar.


LIGANDO-LGD

http://www.ligando.org/

Facebook | Twitter


Enviado por:
LiGanDo Lgd
-ligando.lgd@gmail.com-
20 de maio de 2019 09:04

_______________

Partido Comunista dos Traballadores da Galiza: 'A UE é unha ferramenta do gran capital contra a clase traballadora'


Partidos Comunistas de toda Europa asinan chamamento de cara ao 26M
http://revistaforxa.blogspot.com/2019/05/partidos-comunistas-de-toda-europa.html

A candidatura do Partido Comunista ás europeas aspira a romper coa UE e o Euro
http://revistaforxa.blogspot.com/2019/05/a-candidatura-do-partido-comunista-as.html

A UE e a OTAN son perigosas para os pobos
http://revistaforxa.blogspot.com/2019/05/a-ue-e-otan-son-perigosas-para-os-pobos.html

O Euro atenta contra os traballadores e a soberanía
http://revistaforxa.blogspot.com/2019/05/o-euro-atenta-contra-os-traballadores-e.html

A UE está a destruír sectores económicos enteiros da nosa economía
http://revistaforxa.blogspot.com/2019/05/a-ue-esta-destruir-sectores-economicos.html

A UE favorece unha maior explotación da mocidade traballadora
http://revistaforxa.blogspot.com/2019/05/a-ue-favorece-unha-maior-explotacion-da.html

A UE sacrificou o tecido industrial no altar do turismo
http://revistaforxa.blogspot.com/2019/05/a-ue-sacrificou-o-tecido-industrial-no.html

Programa electoral do PCTG por un Vigo para a Clase Obreira
http://revistaforxa.blogspot.com/2019/05/programa-electoral-do-pctg-por-un-vigo.html

Síguenos nas redes sociais: @revistaforxa
Facebook | Instagram | Twitter | Youtube

Enviado por:
PCTG
-comunistasdagaliza@gmail.com-
19 de maio de 2019 20:22

____________

André Abeledo acompañado de Sonia Mauriz e Xesús Anxo López Pintos visitaron unha das explicacións gandeiras de Narón


NARÓN POR DIANTE defendemos o noso rural.


André Abeledo acompañado da número 2 da candidatura Sonia Mauriz e o número 3 Xesús Anxo López Pintos visitaron unha das explicacións gandeiras de Narón.

Debemos recuperar o rural. Ofertar servizos básicos, centros educativos  e transporte ao noso rural que permitan afincar poboación.

Temos que traballar porque o noso sector primario sexa motor da nosa economía, sen soberanía alimentaria non hai soberanía.

Agricultores e gandeiros deben ter garantido o apoio das administracións e no caso de sufrir danos por mor da fauna salvaxe, sobre todo do xabarín, as axudas deben ser suficientes e teñen que pagarse coa maior celeridade.

NARÓN POR DIANTE- SON EN COMÚN
Local de campaña
Praza de A Gándara (Rúa Vigo, 20, Narón).
Facebook | Twitter



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
19 de maio de 2019 17:50

______________

O BNG de Ferrol e o seu candidato á alcaldía Iván Rivas quixeron traballar na lareira, con Bernardo Penabade, sobre o Modelo Burela, un dos modelos actuais de éxito no avance da lingua galega entre a mocidade e as familias - Axenda do BNG de Ferrol para mañá 20 de maio

Axenda do BNG de Ferrol para mañá 20 de maio

11:00 horas: Iván Rivas, María do Mar López e Ana Pontón participan nun reparto informativo. Declaracións aos medios diante do edificio administrativo da Xunta.

20:00 horas: Acto público no local da asociación veciñal de Brión.

Conversas na lareira.

O BNG DE FERROL CONVERSOU NA LAREIRA CON PROPOSTAS PARA A RECUPERACIÓN E NORMALIZACIÓN DA NOSA LINGUA

No día de onte o BNG de Ferrol e o seu candidato á alcaldía Iván Rivas quixeron traballar na lareira, entre café e biscoitos, con Bernardo Penabade, un dos representantes do Modelo Burela, un dos modelos actuais de éxito no avance da lingua galega entre a mocidade e as familias de Burela.

Co seu Modelo Burela abriu onte á tarde Bernardo Penabade este encontro para propor alternativas para un posible Modelo Ferrol, alí comentáronse diversas propostas conectadas co exemplo internacional da mesma Burela en cuestións de Planificación sociolingüística. O Modelo Burela foi premiado e recoñecido en numerosas ocasións en Euskadi, Cataluña, Valencia, etc. Foi o que inspirou o paradigma aplicado no cinto urbano de Valencia ou en diferentes localidades do País Vasco.

En Burela a lingua habitual de máis do oitenta por cento das persoas é o galego. Na mocidade esta porcentaxe sobe 5 ou 6 puntos. Esta tendencia confirma o avance significativo do Modelo Burela que conecta directamente co plurilingüismo e coa diversidade cultural que achega a migración xa enraizada no galego, por exemplo de Cabo Verde, Indonesia, Perú, etc. As persoas que acudiron ao encontro analizaron e propuxeron alternativas ao redor deste proxecto, poñendo en valor as características propias de Ferrol.

O voceiro do BNG de Ferrol, Iván Rivas, empatizou de partida con todas estas propostas entroncándoas coa reunión do día anterior de persoas migrantes e cun futuro para Ferrol que atraia persoas de recente chegada, de diferentes culturas e de reforzo do noso, de dignificación dunha cultura, a galega, moitas veces mesmo estranxeira na súa patria. Rivas animou a participar a diferentes colectivos ofrecendo o BNG como espazo para crear e avanzar coa lingua galega.

Ferrol, 19 de maio de 2019.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol
Local Electoral BNG Ferrol
Rúa Galiano, 66 Baixo.

Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
19 de maio de 2019 17:18

________________

domingo, maio 19, 2019

Ses presenta 'Rabia ao Silencio', o seu novo disco, no Teatro Jofre de Ferrol, hoxe domingo 19 de maio, ás 7 da tarde


SÉS "RABIA AO SILENCIO"


Este domingo 19 de maio, ás 7 da tarde, no Teatro Jofre.

A “RABIA AO SILENCIO” que cantaba Yupanki da nome a este traballo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, mais todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron.
Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un traballo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten acostumados, para traer á Galiza do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil...), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Víctor Jara, Mercedes SoSa ou Zeca Afonso. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.

María Xosé Silvar "SES" - voz, guitarra e percusión.
Sabela Galbán - voz, acordeón e flauta.
Tito Calviño - guitarra.

Localidades disponíbeis. | Accede.

http://cunde.gal/tenda_ses/
____

O BNG de Narón, hoxe domingo 19 de maio, ás 12 do mediodía no local social d'O Val, con Teresa Sabio, Margarita Leirachá e Olalla Ledo


Máis de 179 medidas para construír o mellor Narón, vimos cos deberes feitos pero é o momento de avanzar, dar un paso adiante para construír un concello BNG que é o mesmo que dicir un concello de todas as persoas.

Hoxe domingo 19 de maio, vémonos na parroquia d'O Val ás 12h no local social.

Seguimos!

#Agora Naron #AgoraBNG #AgoraOlaiaLedo

BNG
Narón: Rúa 25 de Xullo 1, entrechán F.
Web | Facebook.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com
19 de maio de 2019 08:07

___________

Marea de Ferrol contou coa visita de Luís Villares, voceiro de En Marea no Parlamento Galego, vistando o Mercado da Magdalena e mantendo xuntanzas - Dentro das previsión para o luns 20 de maio, contarán coa eurodeputada Lídia Senra




PREVISIÓNS DE MAREA DE FERROL PARA O LUNS 20 DE MAIO


Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para  mañá luns 20 de maio.

1. Ás 10.00 horas, o noso candidato Bernardo Lorenzo Cuétara será entrevistado na COPE.

2. A partir das 11.30, estaremos repartindo a síntese do noso programa electoral no Barrio de Recimil.

3. Durante a tarde, contaremos coa visita de LIDIA SENRA, candidata ao Parlamento Europeo por Compromiso por Europa - En Marea. Xunto con ela, manteremos dúas xuntanzas no noso local electoral (R/Dolores, 20):

➤Ás 18.00 horas, cos operadores e operadoras dos tres mercados municipais.

➤Ás 19.30 horas, con MODEPEN (movemento pola defensa das pensións).

4. Así mesmo, o noso local electoral (Rúa Dolores, 20) permanecerá aberto mañá e tarde -en horario de 10:00 a 14:00 hh. e de 17:30 a 19:30 hh.- como espazo de encontro e de conversa con todos os/as veciños/as que queiran achegarse.


MAREA DE FERROL, ACOMPAÑADA POR LUÍS VILLARES, MANTÉN UNHA XUNTANZA CO CENTRO COMERCIAL ABERTO

Onte sábado 18 de Maio, Marea de Ferrol contou coa visita de Luís Villares, voceiro de En Marea no Parlamento Galego.

Na súa compaña, visitamos o Mercado da Magdalena, para conversar cos vendedores e vendedoras e coa cidadanía. Alí o voceiro de En Marea destacou a “clara vocación industrial” dunha cidade que precisa de incentivos dende o ámbito municipal. “Por iso a Marea de Ferrol está comprometida coa creación dun viveiro de empresas que permita promover espazos de ámbito local capaces de seguir xerando oportunidades de emprego”, explica Villares. Que reivindica administracións locais activamente involucradas coas políticas laborais.

Pola súa banda, Bernardo Lorenzo Cuétara amosouse ilusionado coa posibilidade de acadar o goberno local despois do día 26. O candidato de Marea de Ferrol denunciou o estado de abandono dos tres mercados municipais e reivindicou a necesidade de actuacións que, dende o municipal, contribúan á mellora e posta en valor dos abastos locais e do comercio de proximidade. “Cremos que vai sendo hora de abrir unha interlocución clara cos mercados, poñer en marcha un plan de mantemento para que os pequenos detalles dos que se debe ocupar o Concello non sigan véndose desatendidos, e que se faga coa participación da xente”.

Máis tarde, mantivemos unha xuntanza na nosa sede electoral con representantes da Xunta Directiva dos comerciantes do Centro Comercial Aberto, na que Luís Villares explicou o traballo que En Marea vén realizando no Parlamento Galego na procura de protección do pequeno comercio fronte ás agresivas políticas neoliberais que representa a liberalización das prácticas das grandes superficies. Un proteccionismo que se define en tres claves: a social, a laboral e a ambiental.

Valorouse que o pequeno comercio é o tecido produtivo que máis emprego e de máis calidade crea, e defendeuse o comercio de proximidade.

Durante a xuntanza, quedou plasmada a preocupación, que Marea de Ferrol comparte, sobre a necesidade de recuperar a cidade planificadamente tendo en conta sectores como o do pequeno comercio. Defendeuse, nese sentido, que se está a favor dunha peonalización do centro feita coa participación de todos os sectores afectados, o que nos últimos anos de goberno municipal non foi posible, sentíndose vetados e coa porta pechada ao diálogo e á exposición das propostas e necesidades do sector.

Unha vez máis constatamos a desidia e a falta de diálogo coa cidadanía imperante nos últimos mandatos municipais, en contraposición á participación cidadá que constitúe un dos eixos fundamentais das propostas programáticas de Marea de Ferrol.

Marea de Ferol
Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
Twitter | Facebook
Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
19 de maio de 2019 10:34
19 de maio de 2019 11:03

_____________

Narón por Diante vai presentar o seu programa electoral este luns 20 de Maio, na súa sede electoral


Narón por Diante presenta o seu programa electoral

Este luns  20 de Maio as 11:45 NARÓN POR DIANTE presentará o seu programa electoral nunha rolda de prensa no seu local de campaña situado na Praza de A Gándara (Rúa Vigo, 20, Narón).


https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante


NARÓN POR DIANTE- SON EN COMÚN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
19 de maio de 2019 02:48
_______________

Eliximos Narón realizou diferentes actos no Alto polo blindaxe das Pensións, en Xuvia de presentación da candidatura e un debate sobre as expropiacións do parque fluvial no acto de campaña en Piñeiros - Relación de actos previstos para o día de hoxe domingo e os vindeiros luns e martes en: A Solaina, Freixeiro, Sedes e Castro


Previsións de Eliximos Narón de actos de presentación da candidatura:


• Domingo 19 de maio, ás 11:30 da maña, acto no local social de A Solaina.
• Domingo 19 de maio, ás 20:00 da tarde, acto no local social de Freixeiro.
• Luns 20 de maio, ás 20:00 da tarde en Sedes.
• Martes 21 de maio, ás 20:00 da tarde en Castro.

Sobre os actos no Alto polo blindaxe das Pensións e en Xuvia de presentación da candidatura.

Actos no Alto polo blindaxe das Pensións e en Xuvia de presentación da candidatura.

Eliximos quere agradecer a asistencia de onte ao acto Conferencia – Debate sobre o Blindaxe Das Pensións na Constitución celebrada no Alto do Castiñeiro, tanto as persoas que foron interesarse polo acto como organizacións como Long Hope, Recortes Cero-Los Verdes, etc que o apoiaron, e especialmente a Joanen Cunyat, portavoz da Mesa Estatal polo Referendo polas Pensións (MERP), como poñente do acto.

Máis tarde tivemos o acto en Xuvia con unha interesante conversa en torno ao patrimonio como o muiño de Xuvia, logo de 30 anos de comprado e de feito o proxecto para a súa rehabilitación, 30 anos de abandono por parte de TEGA, como outras moitas, unha inversión que non se aproveitou nin se puxo en valor. Un exemplo máis do deixamento de funcións de TEGA.

de San Mateo (ver foto) onde falamos de todo ó traballo realizado durante estes catro anos e sobre o noso programa electoral. Tamén falamos das súas inquedanzas e tomamos nota para o futuro.


Debate sobre as expropiacións do parque fluvial de Narón no acto de campaña en Piñeiros.

Debate sobre as expropiacións do parque fluvial de Narón no acto de campaña en Piñeiros.

Eliximos continúa cos seus acto de campaña, na tarde do sábado estibemos en Piñeiros, onde falamos do proceso de expropiacións polo Parque fluvial de Narón no que Eliximos puxo a disposición dos afectados informes sobre os terreos do proxecto xustificando valoracións de 65,06 €/m² no rural e 145,53 €/m² no urbano, fronte aos 5,11 e 26,54 €/m² do proxecto.

Na táboa seguinte se mostran as distintas valoracións que o concello e Acuaes pagaron por distintas propiedades nos distintos anos.

Resulta cando menos sorprendente que o Concello viñese pagando moito máis polos terreos do que paga actualmente no novo proxecto de expropiación.
Desde Eliximos creemos que a construción do parque non pode ser a consta dos propietarios, aos que lles corresponde cobrar a valoración real das súas propiedades. Motivo polo que tivo reunións cos propietarios a axudoulles cos trámites para as alegacións, e finalmente alegaron sobre o 83% da superficie as propiedades do proxecto.

Eliximos Narón
(Recortes Cero – Grupo Verde)

673141822 - eliximos@gmail.com
Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.
Web  |  TwitterFacebook



Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
18 de maio de 2019 19:09
19 de maio de 2019 01:4

_____________________

Andaina II: Roteiro pola Costa de Ares, con Betula, Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico, este sábado 25 de maio


Andaina II: Roteiro pola Costa de Ares, con Betula,  Asociación Custodia Bosque Atlántico


Seguimos avanzando no programa anual de actividades, nesta ocasión, coa programación dunha andaina pola costa de Ares, dende Cervás ata a vila de Ares o sábado 25 de maio. Trátase doutro tramo de costa da península de Bezoucos de grande interese natural, paisaxístico e arqueolóxico. O percorrido será duns sete quilómetros e dificultade media baixa.

Partirá do aparcadoiro do cemiterio de Cervás e rematará na vila de Ares seguindo o carreiro costeiro.

Saída ás 10:30 h. e remate sobre as 14:00 h. en Ares.

Ao longo da mesma diferentes especialistas irán explicando as singularidades que presenta no que se refire a flora e fauna, arqueoloxía, etc. Tamén sobre ameazas e valores a preservar.

A inscrición gratuíta farase achegando os datos persoais: Nome, apelidos e DNI a Lan, Tel. 605355650, antes das 22:00 h. do 23/05/19, a efectos de formalizar o correspondente seguro.

Os menores irán acompañados dun adulto responsable.

Limodre, 18 de maio de 2019

---
BETULA, Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico, é unha asociación que procura a conservación e recuperación do patrimonio natural, cultural e paisaxístico a través da Custodia do Territorio.

A Custodia do Territorio consiste nunha serie de ferramentas e accións para concienciar aos propietarios e usuarios do territorio no seu coidado e posta en valor.

Na asociación xuntámonos xentes preocupadas pola perda dos valores naturais do territorio galego e que consideramos insuficiente o desempeño que as diferentes administracións públicas fan das políticas medioambientais, forestais, territoriais e urbanísticas, e tentamos melloralo coa nosa actividade:

⏩ Conservación e recuperación do patrimonio natural, cultural e paisaxístico utilizando como instrumento principal a Custodia do Territorio.

⏩ Realización de estudos científicos e culturais, congresos, cursos, xornadas, publicacións, etc.

⏩ Acceso á xestión do territorio mediante a adquisición de terreos ou dos seus dereitos de xestión, alugueres e/ou formalización de acordos de custodia.

⏩ Seguimento e avaliación das especies e espazos prioritarios.

⏩ Colaboración e/ou participación con entidades públicas ou privadas na Realización e fomento de actividades de custodia.

http://betula-atlantico.eu/

Facebook | Twitter

Enviado por:
Asociación Custodia Bosque Atlántico BETULA
-custodia.betula@gmail.com-
18 de maio de 2019 17:35

____________

O BNG de Ferrol presentou o seu programa electoral: 'Estamos diante dun programa electoral que o que precisa é contar cun Goberno coa suficiente determinación para que tome decisións que fagan que Ferrol teña unha transformación substancial de cara aos próximos catro anos'


O BNG de Ferrol presentou o seu programa electoral


O BNG de Ferrol presentou hoxe en rolda de prensa o seu programa electoral de cara aos vindeiros comicios electorais que terán lugar o 26 de maio. O candidato á alcaldía, Iván Rivas, incidiu en que se trata do único texto que explica de onde se van obter os recursos para desenvolver as propostas que se recollen no programa. “Estamos diante dun programa electoral que o que precisa é contar cun Goberno coa suficiente determinación para que tome decisións que fagan que Ferrol teña unha transformación substancial de cara aos próximos catro anos”, afirmou o voceiro do BNG de Ferrol.

Hai 5 ideas prioritarias que estruturan o programa electoral dos nacionalistas, que ten coma obxectivo rematar cos abusos que os veciños e veciñas desta cidade levan tanto tempo padecendo.

O primeiro baséase na necesidade de recursos que ten Ferrol. A falla de ingresos é un problema estructural que cómpre darlle solución de forma inmediata. En Ferrol, como xa temos dito en varias ocasións, non somos todos iguais. O Ministerio de Defensa, a Autoridade Portuaria, Navantia e a Igrexa non pagan os impostos que pagamos os demais. “É fundamental que se remate cos privilexios duns poucos que se manteñen a costa da maioría”, apuntou Rivas.  Ferrol é unha cidade que non chega aos 70.000 habitantes e que se sostén exclusivamente co esforzo dos veciños e veciñas, a pesar de que hai administracións públicas ou empresas como Navantia e Emafesa que deberían contribuír aos recursos económicos que permitan encarar o futuro da cidade con dignidade.

A segunda idea pasa por recuperar a nosa cidade. Ferrol actualmente non é das veciñas e veciños. Ten o 20% das vivendas baleiras e con algúns barrios en ruina. Aínda así, o resto de organizacións políticas están a avalar proxectos especulativos como o que se pretende facer no Sánchez Aguilera. Dende o BNG comprometémonos co crecemento urbanístico cero. “Isto non supón impedir a construcción de vivenda nova pero sí o desenvolvemento de novos solos urbanizables”, explicou o candidato. É preciso ademais ter en conta que o 20% do solo urbano da cidade está ocupado polo Ministerio de Defensa, polo que tamén é preciso recuperar terreos que pertencen aos veciños e veciñas de Ferrol e que lle foron negados durante tantos anos. “Refírome aos terreos que hai detrás da muralla do Arsenal.  Non consiste en ver o mar, consiste e acceder a el e incorporar todos eses terreos á trama urbana de Ferrol”, indicou Rivas.

A terceira idea ten que ver coa necesidade destinar o diñeiro dos ferroláns aos ferroláns.  Nesta cidade levamos moito tempo gastando millóns e millóns de euros por queimar o lixo en Sogama, por sanear a mala xestión da empresa Emafesa e o que nos queda, vai directamente a pagar os préstamos que se contrataron por parte doutros gobernos municipais, co único obxectivo de converter  a débeda privada das financeiras en débeda pública, no proceso de austericidio económico que implementou o PP en 2012 coa chamada Lei de Estabilidade. Ante este marco estatal, cómpre asumir unha política económica que vaia contra estas decisións. “Isto pasa por asumir que a xestión dos servizos esenciais debe ser pública, xerar emprego será máis económico e ademais  nos permitirá contar con recursos para investir nos veciños e veciñas. Outro dos obxectivos: o superávit cero”, indicou o candidato á alcaldía.

A cuarta idea pasa por converter Ferrol nunha cidade sustentable, tanto dende un punto de vista económico como medioambiental.  A relación que existe entre compacidade e densidade en Ferrol é unha das principais vantaxes. A sustentabilidade se basea fundamentalmente en que esa relación sexa equilibrada e as cidades medias como a nosa teñen todas as posibilidades para poder acabar eses obxectivos. Neste sentido, o lixo debe desenvolverse en base a criterios de reciclase e compostaxe no canto de seguir incinerando os residuos en Sogama. A electricidade ten que ser un ben básico e para iso hai que empezar a cobrarlle taxas e impostos ás comercializadoras que ocupan o solo público e con eses recursos poder financiar axudas para que ningún veciño ou veciño poida non ter acceso a unha necesidade básica como é a enerxía. Mentres, o transporte público non só debe orientarse dende un punto de vista para mellorar a mobilidade e a conexión entre os barrios de Ferrol, senón como unha maneira de reducir a contaminación. É preciso ter en conta ademais que a cidade se compón de espazos como a ría, que cómpre poñer en valor mediante a limpeza dos seus fondos, eliminando barreiras artificiais coma o peirao carboeiro e impedindo que outros proxectos que se pretenden desenvolver continúen a empeorar a súa capacidade de rexeneración, como no caso do acceso ao porto exterior. Doutra banda, a política forestal no Concello de Ferrol debería rexenerar o monte con especies autóctonas, asumindo a sustitución do eucalipto e de especies invasoras, con axudas e subvencións aos particulares para que tamén o fagan.

Por último, cómpre facer a cidade atractiva para poder aumentar a súa poboación. Para iso Ferrol ten a potencialidade, con 1.000 vivendas públicas que nos permitirían resolver unha das primeiras demandas: o acceso á vivenda. E temos tamén a capacidade, a través da xestión pública dos nosos servizos, para crear emprego. “Debe ser unha prioridade facilitarlle á xente de fóra que se asente na cidade. Exclusivamente con ferroláns é imposible que poidamos encarar a recuperación demográfica dunha cidade que leva tanto tempo nun proceso de perda constante de poboación”, concluíu Rivas.

Ferrol, 18 de maio de 2019.

Programa Electoral Municipais 2019, do BNG - Ferrol. | Acceder/Baixar.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol
Local Electoral BNG Ferrol
Rúa Galiano, 66 Baixo.


Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
18 de maio de 2019 17:04

_____________

sábado, maio 18, 2019

No día das Nosas Letras, a Marea de Ferrol realizou unha ofrenda floral na Praza de Rosalía de Castro, ademais de participar na Concentración organizada pola Plataforma Queremos Galego e realizar unha homenaxe a Ricardo Carvalho Calero - As previsión de actividades de Marea de Ferrol para domingo 19 de maio


PREVISIÓNS DE MAREA DE FERROL PARA O DOMINGO 19 DE MAIO

Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para  mañá domingo 19 de maio:

1. Desde as 11.30 horas, estaremos visitando a Feira de Ferrol.

2. Arredor das 12.30 horas, participaremos na Entrega de Trofeos da XIII Carreira do Ensanche A.


MAREA DE FERROL NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Na xornada do Día das Letras Galegas, Marea de Ferrol realizou unha ofrenda floral na Praza de Rosalía de Castro, ademais de participar na Concentración organizada pola Plataforma Queremos Galego.

Durante a ofrenda floral, leuse un manifesto no que se reflexionaba sobre a falta de garantías do dereito a vivirmos na nosa lingua, dereito avalado por diversos organismos internacionais entre os que se atopa o Consello de Europa:

"Na encrucillada pola que atravesa arestora o noso idioma, non pedimos que se marxine a ninguén. Reivindicamos e comprometémonos coa aplicación daquelas medidas legais que permitan sermos aquelo que secularmente se nos negou: un pobo con lingua de seu. É hora de que todas teñamos os mesmos dereitos e deberes reais, tamén no que atinxe aos dereitos lingüísticos.

Mais a situación do galego, pese á súa protección por parte do Estatuto de Autonomía e da Lei de Normalización Lingüística, está moi lonxe de ser normalizada. É unha realidade obxectiva que tanto na Galiza como na nosa cidade non se están a dar garantías para o uso normal do galego en sectores tan importantes como a educación, a xustiza, os servizos públicos ou os medios de comunicación, incumpríndose de feito os tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos. O verdadeiro problema non está na cooficialidade dos idiomas, senón na actitude de quen nega a existencia de pobos e linguas diversas. Esta actitude si é a negación da convivencia e da igualdade.

Desde Marea de Ferrol apelamos á conciencia democrática para que entre todas deamos pasos decisivos para que o galego sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial, e para que as galegofalantes teñamos o mesmo estatus legal que as falantes de calquera outra lingua no seu territorio
."

Por último, durante a tarde, Marea de Ferrol fixo unha pequena homenaxe a Carvalho Calero diante da que fora a casa onde naceu, a carón da Praza Vella, onde se fixo fincapé na importancia da súa figura, e na nosa aposta decidida por que lle sexa dedicado o próximo día das Letras Galegas, como se vén reivindicando desde hai xa anos por moitos colectivos da cidade.

Marea de Ferol
Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
Twitter | Facebook

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
18 de maio de 2019 10:55
17 de maio de 2019 22:58

_____________