sábado, maio 01, 2021

Radio Cerna presenta o novo Boletín informativo ambiental semanal: O Senado aproba a lei de cambio climático, o goberno estatal frea o depósito de áridos a carón da illa Sálvora e comezan a agromar as mobilizacións presencias en contra dos macroproxectos eólicos...


O activismo ecoloxista rexorde en contra do que xa se denomina o novo "espolio" do territorio galego

Algunhas das novas que nos deixa a semana: O Senado aproba a lei de cambio climático, o goberno estatal frea o depósito de áridos a carón da illa Sálvora e comezan a agromar as mobilizacións presencias en contra dos macroproxectos eólicos. O activismo ecoloxista rexorde en contra do que xa se denomina o novo "espolio" do territorio galego. Queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza? Escoita Radio Cerna! [Boletín informativo ambiental 30/04/21]



Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

Foto: Illa de Sálvora.

Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
30 de abril de 2021 10:43

_______

LiGanDo aposta pola xestión pública do Complexo Deportivo Municipal d'A Malata - Os servizos municipais de deporte non poden servir de competencia desleal cos ximnasios privados da cidade senón que deben xestionar directamente unha oferta distinta de servizos orientados a prevención e tratamento de doenzas e a un ocio socioeducativo


Perante a noticia na prensa de que o concello de Ferrol prepara unha nova concesión e reforma total da área deportiva de A Malata, a organización política Ligando quere manifestar a súa oposición a unha nova concesión, e menos por case corenta anos, pois consideramos que é máis económica e social a xestión pública. Os servizos municipais de deporte non poden servir de competencia desleal cos ximnasios privados da cidade senón que deben xestionar directamente unha oferta distinta de servizos orientados a prevención e tratamento de doenzas e a un ocio socioeducativo.

En Ligando defendemos unha política municipal de deporte onde se priorice a saúde e o deporte de base fronte á mercantilización, o elitismo ou as modas. A xestión concesionada do servizo deportivo adoita, como é este caso, potenciar os intereses privados e marxinar aquelas actividades que non interesan comercialmente.

Defendemos unha remodelación das instalacións mais tamén un programa serio de actividades deportivas que estean máis enfocadas á medicina preventiva e o lecer saudábel que ás vértolas das grandes corporacións, ou como di con descaro o concelleiro de deporte, a expensas de atraer a empresas de primeiro nivel.

LiGanDo Ferrol

http://www.ligando.org/

Facebook | Twitter



Enviado por:
LiGanDo Ferrol
-ligando.ferrol@gmail.com-
29 de abril de 2021 22:08

_______

Estamos a vivir un momento histórico, de grandes agresións por parte da patronal, dun sistema que, aproveitando a pandemia afondou, aínda máis, na concentracion de capitais nas mans duns poucos a conta do empobrecemento das maiorías sociais, .... Por Manuel Anxo Grandal Anca - 1º de Maio de 2021


1º de Maio


Estamos a vivir un momento histórico, de grandes agresións por parte da patronal, dun sistema que, aproveitando a pandemia afondou, aínda máis, na concentración de capitais nas mans duns poucos a conta do empobrecemento das maiorías sociais. Estamos nun momento no que amparándose na necesidade dun cambio produtivo pretenden dar un paso máis nas políticas neoliberais e na consolidación do modelo económico e social que nos levou até aquí. Temos que facer deste 1º de maio un día de loita, enchendo as rúas de Ferrol, un berro colectivo na demanda dun mundo mellor, máis xusto e solidario. E só nós,  a través da loita obreira e social podemos acadalo.

1º DE MAIO
MANIFESTACIÓN ÁS 12:00 DO MEDIODÍA
SAÍDA  LOCAL DA CIG-FERROL

Un saúdo nacionalista e de clase

Manuel Anxo Grandal Anca
Secretario Comarcal da CIG-Ferrol

CIG INFORMA -- Celebración 1º de Maio
https://www.cig.gal/

Enviado por:
CIG FERROL INFORMA
-cig@cig.gal-
29 de abril de 2021 19:26

_______

xoves, abril 29, 2021

Reganosa estivo incumprindo a Normativa de Seguridade de Navegación dentro da Ría, ao atracar o 'Maria Energy LNG' a menos de 100 metros do petroleiro 'Levantine Sea' - Vídeo



O 'Maria Energy', é un buque gaseiro de 290 metros de eslora por 46 de manga, que navega baixo unha bandeira de conveniencia de Liberia, construído en 2016. O LNG 'Maria Energy' arribou ao peirao de Punta Promontoiro (Mugardos), para cargar 4.600 m3 de LNG de Reganosa (Posta en frío dos tanques), proceso que durou unhas 50 horas, nun dos diferentes negocios da regasificadora, aínda que isto signifique aumentar as probabilidades de risco para a poboación que moramos na contorna da Ría. Para o holding gasista supón negocio e aumentar a baixa porcentaxe de utilización da planta, para xustificar a súa permanencia no sistema. Pois o historial de utilización da planta é moi baixo respecto á súa capacidade e previsións no documento xustificativo para a súa construción.


Reganosa sempre cobra do tesouro público

Hai que ter en conta que Reganosa sempre cobra do tesouro público (máis de 8 millóns de consumidores de gas domésticos, industriais e comerciais pagan en forma de peaxes, impostos e cargos) só polo feito de ter gas dispoñíbel para abastecer o sistema gasista peninsular, unha rede local de gasodutos, por carga e descarga de gaseiros e cisternas, considerando á planta dentro da rede básica (Lei 34/1998 de 7 de outubro) segundo as planificacións estatais dos sectores da electricidade e gas en diferentes períodos desde 2002. Desde novembro de 2007, Reganosa estivo percibindo, liquidacións económicas do Sistema Gasista, a correspondente retribución polas instalacións e actividade da planta de Mugardos, sen que os permisos de construción e autorizacións de funcionamento foran os adecuados e sempre condicionados a cumprir os requisitos sobre "condicións de seguridade, protección do medio ambiente e adecuación urbanística", precisamente os tres que as sentenzas do supremo cuestionaron, anulando ditos permisos e autorizacións.

Adecuación Urbanística con complicidade institucional e política

O requisito de "adecuación urbanística", resolveron-no, o 20 de xuño de 2012, coa complicidade política e institucional do Concello de Mugardos e a Xunta de Galicia, adecuando -cinco anos despois da posta en funcionamento e case 10 desde que se iniciara a súa construción-  o PAXOM aos intereses de Reganosa.

As condicións de seguridade e protección do medio ambiente imposíbeis de conseguir

Os outros dous requisitos de "condicións de seguridade e protección do medio ambiente", aínda que se lle outorgara a DIA, o pasado 2 de decembro de 2020, en resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental -pola que se formulou Declaración de Impacto Ambienta (DIA) do proxecto de instalación da planta de gas-, son imposíbeis de conseguir, pola localización da planta dentro da Ría a poucos metros de núcleos de poboación, á beira dun complexo pretroquímico (que almacena máis de 300.000 m3 de liquidos inflamábeis), unha fábrica de colas (Imegasa) e unha planta de coxeneración eléctrica (que funciona a base de queimar fuel-oil), unha base naval militar e ter que atravesar os buques gaseiros un sinuoso, estreito, pouco profundo, longo e de fondo rochoso canle de entrada da Ría o que imposibilita ao buque saír polos seus propios medios como require a normativa UNE EN ISO 28460:2011 (Industrias do petróleo e do gas natural. Instalacións e equipamento para gas natural licuado. Interfaz terra-navío e operacións portuarias - ISO 28460:2010).

Unha manobra realizada cun coeficiente de marea moi alto

Por se fose pouco, toda esta manobra, do pasado 26 de abril de 2021, fixo-se, en plena baixa mar, cun dos máis altos coeficientes de marea (110) que se coñecen na Ría de Ferrol desde que hai rexistros. Tomando como referencia o nivel medio do mar (NM), a baixamar de pola mañá foi de -1,9 metros, a baixa mar máxima rexistrada nas táboas de mareas de Ferrol é de -2,1 metros. Os grandes coeficientes levan a grandes e baixas mareas; adoitan producirse grandes correntes e movementos dos fondos mariños. A primeira marea baixa foi ás 10:32 horas, hora na que comezaron as manobras do buque gaseiro 'Mari Energy LNG' entre punta Leiras e a punta do martelo, onde o calado máximo está entre 14 e 15 metros.

O petroleiro 'Levantine Sea' levaba un día atracado en Punta Promontoiro

O petroleiro 'Levantine Sea', tamén é un superbuque que navega baixo bandeira de conveniencia de Liberia, construído en 2018, de 250 metros de eslora e 44 de manga que procedente de Rotterdan (Holanda), arribara a primeira hora da mañá do pasado domingo 25 de abril, no mesmo peirao de Mugardos, para o comercio de fuel-oil con Forestal del Atlántico. A normativa marca unha distancia mínima de 200 metros, nestes casos no que o gaseiro vai cargar GNL en Reganosa, cuestión que reiteradamente se está incumprindo, co consentimento das administracións e a vista gorda (moi gorda) da Autoridade Portuaria, que é a encargada de controlalo. Feitos que este CCE ten denunciado, en numerosas ocasións, e á Dirección Xeral da Mariña Mercante, que pasa tamén do tema.

Irresponsabilidade e lamentacións

Cando ocorra una desgracia, ninguén se sentirá culpábel de estar sempre mirando para outro lado en beneficio dos intereses dunha empresa ilegal, perigosa, deficitaria e innecesaria e dunhas personaxes que levan 20 anos beneficiándose do diñeiro público, e de todas as trampas e ilegalidades, a costa da nosa seguridade.

Planta de Gas: Peche Xa !!
Planta de gas, fora da Ría !!
Gas Non é Solución !!

#GasNoneSolucion
#PlataDeGasForaDaRia



Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Info baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
26 de abril de 2021 13:21

_______

Gas: os excesos dun sistema que pagas na factura. Un especial dixital realizado por "Ballena Blanca".

Gas e fracking. | Ecoloxistas en Acción.

_______

martes, abril 27, 2021

Turismo sélfico, ... Por Iolanda Teixeiro Rei - Tras os packs turísticos para viaxantes pasivos arrastrados a duras xeiras de turismo low cost onde o único seguro era a rápido desprazamento no espazo e o despilfarro do tempo, asistimos ao que poderiamos chamar tecnoturismo nudista

Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
27.04.2021


TURISMO SÉLFICO

Antes de nada precisemos que o termo turismo sélfico non alude a un xeito de viaxar para afondar no noso self ou conciencia reflexiva. Non ten nada a ver con profundar na individualidade e o autoconcepto para lle dar un sentido á vida. Mais que nada porque iso podíano facer os viaxeiros -cando viaxar era privilexio dunha elite- mais nunca os turistas.

Nos tempos de xentrificación e  turismo de masas o self está máis perto da idea conductista de nos considerar a nós mesmos como obxectos que do enfoque psicoanalítico de Kohut vencellado á autorreferencia (autoimaxe, autoestima e autoeficacia). Porque que crenzas, conceptos e representacións subxectivas pode ter un turista accidental en tempos de pandemia? Tras os packs turísticos para viaxantes pasivos arrastrados a duras xeiras de turismo low cost onde o único seguro era a rápido desprazamento no espazo e o despilfarro do tempo, asistimos ao que poderiamos chamar tecnoturismo nudista. Unha sorte de exhibicionismo nas redes promovido por unha política de tecnofilia, incompativel cun mundo de escaseza enerxética e luita contra o cambio climático.

O concello de Ferrol vén de se postular como pioneiro na Galiza neste eido instalando postes en distintos puntos da cidade para se facer o selfie perfecto. O devandito poste non é máis do que un pau metálico cun artello onde se pon o móbil para se autorretratar co fondo elixido polo executivo. Dous mil euros por pau que custou a brincadeira. Doce mil euros en total para tirarse fotos en seis lugares, disque estratéxicos, da cidade. Praza de Armas cos tilos e o concello de fondo. Praza de Galicia co Teatro Jofre. Amboaxe co polémico marqués. Xardíns de Herrera. O porto de Curuxeiras e o Auditorio de Ferrol. Sinceiramente, non sería máis acaído que os turistas trouxeran o seu propio pau de selfies na mochila e decidiran eles que subir, se suben, ás redes?. Ou é que presumimos de políticas de infantilización?

A concelleira de turismo que anda no Edusi vendendo o turismo sostivel de calidade non terá onde investir eses doce mil euros para atraer un turismo digno dese adxectivo? Non hai moito que os surfeiros reclamavan aseos públicos todo o ano na costa. Urinarios dos que carece toda a cidade. Unha carencia que resultou limitante da mobilidade durante o peche da hostelería. Non hai moito que desde a organización Ligando reclamavamos tambén cabinas de teléfono público, fontes ou carrís-bici. Porque iso é que fai habitavel unha cidade que non ha ser pensada só para o turismo.

Porén, e como os cartos públicos de Concello e Deputación xa están desbotados nos paus sélficos eu mudaría a ubicación para salientar un Ferrol histórico e social crítico onde se autorretratar. Poría un pau para facerse un selfie perante o chalet de Canido como exemplo da arquitectura modernista de Ucha. Un pau perante as ruínas da casa natal de Carvalho Calero para que se tiren o sefie os irmandados de Vila do Conde. Outro diante do muro que isola Ferrol da ría máis contaminada de Europa. Outro onde saia a única planta de gas dentro dunha ría. Outro diante da estación de tren xunto a un cartaz que poña Pacto pola Mobilidade Sostibel 2021 e o último pau na costa Ártabra para albiscar os eucalitos  e o deleixo na Rede Natura.

Con esta política turística mal chamada sostivel e a última ordenanza de seguridade non nos vai tremer o brazo ao facer selfies senón ao coller a bici para transitar sen emisións contaminantes. Porque certamente as cidades non son intelixentes senón quen as governa e a súa cidadanía.

[*] Iolanda Teixeiro Rei. Secretaria de organización de LiGanDo-LGD. Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
26 de abril de 2021 20:44

_______

A Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos (Next Generation) e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol mobilizaron-se para denunciar que Reganosa non é ningún modelo de sustentabilidade para recibir fondos europeos e menos para presidir ningunha comisión que os xestione - Vídeo da concentración, intervencións e fotos


A Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos (Next Generation) e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol mobilizaron-se para denunciar que Reganosa non é ningún modelo de sustentabilidade para recibir fondos europeos e menos para presidir ningunha comisión que os xestione. No acto demandou-se un reparto xusto e unha saída sostíbel para os fondos europeos. A concentración foi este sábado 24 de abril en Mehá (Mugardos), nas inmediacións da regasificadora. Denunciou-se que o gas natural licuado (LNG) é un combustíbel fósil e un factor importante destrutor da capa de ozono se sae a atmosfera e que a súa combustión como fonte de enerxía produce CO2; denunciou-se a falta de transparencia no proceso elaboración das propostas na Galiza, con a ausencia de participación pública e deixando de lado mesmo ao Parlamento; exixiseu-se un reparto xusto e sustentábel dos fondos europeos e non conceder-llos a quen contamina.


Planta de gas, fora da Ría !!

Gas Non é Solución !!


#GasNoneSolucion

Gas: os excesos dun sistema que pagas na factura. Un especial dixital realizado por "Ballena Blanca".

Gas e fracking. | Ecoloxistas en Acción.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______

luns, abril 26, 2021

Martes de Cine no Ateneo Ferrolán - Ciclo: 'Cine feito por mulleres' - Todos os martes ás 7 da tarde, desde o 27 de abril ao 25 de maio - Este martes Martes 27 de abril: '15 años y un día de Gracia Querejeta’


[Ateneo Ferrolán] Martes de Cine. Ciclo: "Cine feito por mulleres"

MARTES de CINE. Ciclo “Cine Feito Por Mulleres” ás 19 h.

Martes día 27 de abril: “15 años y un díaGracia Querejeta. 2013. 96’

Reparto

Maribel Verdú, Tito Valverde, Arón Piper, Belén López, Susi Sánchez, Boris Cucalón, Pau Poch, Sfía Mohamed, Aitor Mazo

Cando a Jon, un adolescente conflitivo, expúlsano do colexio, a súa nai mándao a vivir co seu avó Max, un militar retirado que estivo na guerra de Bosnia e que agora vive nun pobo da Costa da Luz. Pero a Jon gústalle vivir perigosamente, e o seu avó converteuse nun home de costumes tranquilos. Os dous terán que enfrontarse ás súas limitacións e aos seus medos.

Martes día 4 de maio
: “Carmen y Lola” Arantxa Echevarria. 2018. 103’

Reparto

Zaira Romero, Rosy Rodriguez, Moreno Borja, Carolina Yuste, Rafaela León

Carmen é unha adolescente xitana que vive no arrabalde de Madrid. Como calquera outra xitana, está destinada a vivir unha vida que se repite xeración tras xeración: casar e criar a tantos nenos como sexa posible. Pero un día coñece a Lola, unha xitana pouco común que soña con ir á universidade, debuxa grafitis de paxaros e é diferente. Carmen desenvolve rapidamente unha complicidade con Lola, e ambas tratarán de levar cara adiante o seu romance, a pesar dos inconvenientes e discriminacións sociais ás que teñen que verse sometidas pola súa familia.

Martes día 11 de maio: “María (y los demás)” Nely Reguera. 2016. 96’

Reparto

Bárbara Lennie, José Ángel Egido, Pablo Derqui, Vito Sanz, Julián Villagrán, María Vázquez, Rocío León, Marina Skell, Alexandra Piñeiro, Miguel de Lira, Aixa Villagrán


Desde que morreu a súa nai cando ela tiña 15 anos, María coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsable e controladora, sempre foi o piar da familia, e sente orgullosa diso. Por iso, cando o seu pai namórase repentinamente da súa enfermeira e anuncia o seu inminente compromiso, María sente que a súa vida se desmorona. Con 35 anos e sen noivo á vista, deberá atreverse a cambiar o seu destino.

Martes día 18 de maio: “Un otoño sin BerlínLara Izagirre. 2015. 95’

Reparto

Irene Escolar, Tamar Novas, Ramón Barea, Paula Soldevila, Naiara Carmona, Lier Quesada, Mariano Estudillo, Itziar Ituño, María Isabel Díaz, Pablo Viña, Patricia López Arnaiz

une (Irene Escolar) é unha moza de aspecto fráxil pero valente e cun gran instinto de supervivencia. É impulsiva e soñadora, aínda que leva ás súas costas un pasado moi doloroso. Diego ( Tamar Novas) é un novo escritor pouco sociable e moi sensible que vive illado do mundo. Tras deixar a súa terra en busca de mellores oportunidades, June regresa á súa cidade natal e volve ver a Diego. Xuntos enfrontaranse ao desencanto e á falta de expectativas. Ao mesmo tempo renacerá a súa vella historia de amor

Martes día 25 de maio: “El OlivoIciar Bollain. 2016. 94’

Reparto

Anna Castillo, Javier Gutiérrez, Pep Ambròs, Manuel Cucala, Miguel Angel Aladren, Carme Pla, Ana Isabel Mena, María Romero, Paula Usero, Janina Agnes Schröder, Cris Blanco, Paco Manzanedo, Inés Ruiz Inés Ruiz, Aina Requena, Pia Stutzenstein

Alma ten 20 anos e adora ao seu avó, un home que leva anos sen falar. Cando o ancián négase tamén a comer, a moza decide recuperar a árbore milenaria que a familia vendeu contra a súa vontade. Pero para iso, necesita contar coa axuda do seu tío, unha vítima da crise, do seu amigo Rafa e de todo o pobo. O problema é saber en que lugar de Europa está a oliveira.

#Ateneo #SomosCultura #Ferrol #Galiza #ArtesPlásticas

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
26 de abril de 2021 12:04

_______

O Congreso dos Deputados español aprobou o proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética, e enviouno ao Senado, onde se discutirán en breve as emendas (por medios expresos) e posteriormente devolveranse ao Congreso para a súa aprobación definitiva - Antonio Turiel fai unha avalización da Lei que se debate nas cámaras lexislativas estatais


Por Antonio Turiel Martínez [*]
25.04.2021

A lei de cambio climático e transición enerxética: unha avaliación persoal

Hai uns días, o Congreso dos Deputados español aprobou o proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética, e enviouno ao Senado, onde se discutirán en breve as emendas (por medios expresos) e posteriormente devolveranse ao Congreso para a súa aprobación definitiva. Se todo sae como estaba previsto, a Lei aprobarase definitivamente nunhas semanas.

Como sabedes, esta mesma semana comparecín ante a Comisión de Transición Ecolóxica do Senado, que ten un papel destacado, precisamente, no debate desta lei ao seu paso por esta cámara. Podería dicirse que a miña comparecencia non puido ser máis oportuna. Non obstante, dada a comprensíbel urxencia de aprobar finalmente unha lei tan crítica e que tivo un proceso tan longo, é improbábel que algunha das críticas que fixen na miña comparecencia (fundamentalmente, a falta de mención á crise enerxética), poda que se incorpore á lei neste momento.

Varias persoas pediron-me que escribise unha publicación sobre a lei, polo que lin as 39 páxinas do texto enviado ao Senado para dar a miña opinión con bo coñecemento. Tiña unhas expectativas moi baixas sobre esta lei, tendo en conta como foi o procedemento de participación cidadá (iniciado polo anterior goberno), e o certo é que o borrador final sorprendeume. A lei é, de feito, moi boa e, en moitos aspectos, é unha lei valente. Sería unha moi boa Lei, se fose aprobada hai 20 anos. O problema desta lei é que agora xa é demasiado tarde e non afronta correctamente os retos que imos ter a curto prazo; pero para o tempo político é demasiado e pronto: é unha lei avanzada.

Aínda que por un momento deixemos de lado o maior defecto da lei (é dicir, que é tarde porque se pretende aplicar a un mundo que xa non existe), tamén ten algúns outros defectos. No seguinte, comentarei con algún detalle a estrutura da lei, destacando en cada apartado aqueles aspectos que considero máis relevantes.

O preámbulo é unha xustificación das razóns e unha definición dos obxectivos da lei. Dentro dos parágrafos preliminares, no medio das cousas coas que podo estar máis ou menos de acordo, hai frases que considero curiosas, como (as negras son sempre miñas):

"España debe ofrecer respostas de apoio e inclusión aos grupos máis afectados polo cambio climático e a transformación da economía, así como proporcionar os sinais adecuados para atraer a confianza dos investidores e reducir os riscos financeiros asociados ao aumento do volume de emisións de efecto invernadoiro gases ou maior vulnerabilidade aos impactos físicos do cambio climático".

Sinceramente, se nos preocupa "reducir os riscos financeiros" non entendemos nada.

"A loita contra o cambio climático e a transición enerxética leva parello transformacións tecnolóxicas e cambios na industria. Polo tanto, é necesario vincular a transición enerxética á política industrial e ao I + D, establecendo mecanismos de apoio á industria para que a tecnoloxía de transición xere maior competitividade e un mellor posicionamento da mesma, e de resultados na xeración de riqueza e emprego de calidade".

As primeiras frases rozan a falacia (haberá un "progreso tecnolóxico" só porque nos interesaría moito), mais aproban-na. Non obstante, esta "transición tecnolóxica", con maior probabilidade, suporá un retroceso tecnolóxico e non xerará máis competitividade no sentido actual, nin xerará máis riqueza no sentido actual nin, empregos de calidade no sentido actual. Isto non ten por que suceder e tamén todo indica que isto non ocorrerá.

"A Comunicación da Unión Europea sobre o acordo verde europeo (O acordo verde europeo), de decembro de 2019, establece unha nova estratexia de crecemento que busca transformar a Unión Europea nunha sociedade xusta e próspera, cunha economía moderna, eficiente no uso dos seus recursos e competitivo, e co obxectivo de facer da Unión Europea o primeiro continente climaticamente neutral para o ano 2050".

Obviamente, o "crecemento" non ten ningún sentido, non é entender a orixe dos problemas e tampouco que xa alcanzamos os límites do crecemento e que estamos condenados a diminuír. O "competitivo", tres cuartas partes do mesmo: non se pode garantir e case con certeza non o pode ser. E ser neutral no clima en 2050 é discutíbel de moitas maneiras diferentes, pero falaremos diso.

"A obriga de limitar as emisións condiciona as políticas sectoriais e implica cambios nos patróns de consumo. Pero esta transformación trae vantaxes relacionadas coa modernización do modelo de produción e do sistema enerxético e ofrece oportunidades de emprego, negocio e crecemento sempre que a medio e longo prazo se incorpore a perspectiva para facilitar a descarbonización ordenada da economía".

Se por "modernización" nos referísemos a sistemas economicamente non rendíbeis no noso modelo económico actual, aínda se entendería. Pero non haberá oportunidades de traballo, negocio nin crecemento. Sentímolo: a loita contra o cambio climático non é unha "oportunidade vibrante". Non o é. E combinado coa crise enerxética é máis ben un amargo declive...

"Así, entre as importantes transformacións que van ter lugar no sistema enerxético e, polo tanto, no conxunto da economía, como consecuencia da transición enerxética promovida por esta lei, está a mellora sistemática da eficiencia enerxética da economía En concreto, a previsión é que a intensidade enerxética primaria da economía española mellore anualmente un 3,5% ao ano ate 2030; así mesmo, estímase que a dependencia enerxética do país, desde o 74% en 2017, caerá ate o 61% no ano 2030, como consecuencia da caída das importacións de carbón e petróleo".

Estiven mirando os datos máis actuais que atopei sobre a intensidade de enerxía primaria en España e, segundo eles, a mellora anual nos últimos 20 anos foi do 1% ao ano. Lembremos que o concepto de intensidade enerxética é en si mesmo bastante discutíbel, porque o que reflicten estas "melloras" é un aumento na subcontratación da economía española e unha subcontratación a outros países (China, sobre todo) dos máis contaminantes e intensivos actividades enerxéticas, aínda que logo os produtos consúmense aquí, cun maior gasto enerxético e emisións debido ao aumento dos custos de transporte, o que implica un certo cinismo cando se di que "loitamos contra o cambio climático" pero provocamos un aumento das emisións globais grazas a este modelo de subcontratación. E aquí na Lei dinnos que, por decreto lexislativo, xa non baixará ao 1% ao ano, senón ao 3,5% ao ano e así de aquí ata 2030. Isto é ridículo: é imposíbel decretalo pasará algo así, e se pon ese número é porque alguén determinou que camiño se debe seguir e calculou ese número absurdo. Por outra banda, esa dependencia enerxética só baixa do 74% ao 61% (unha caída do 18%), tendo en conta que principalmente os combustíbeis fósiles proceden do estranxeiro, dános unha indicación de que a estrada non vai ser tan magnífica. A pesar desta mellora da intensidade enerxética, estase a supor que o PIB de España medrará. É por iso que se estima que as emisións se reducirán un 23% en 2030: iso, basicamente, supón un consumo total de enerxía moi similar ao actual (aproximadamente o 95% do actual) e coa mellora da intensidade enerxética do 3,5% anual do PIB o pode medrar entre o 1,6 e o ​​2,5% anual que posteriormente contarán. A cuadratura do círculo... Obviamente, isto é o primeiro que se vai ver que non sucede nin como broma, especialmente coa grave crise económica que se está producindo debido á crise enerxética.

"É necesario establecer, no marco da lei, obxectivos de redución de emisións para o ano 2030 e 2050, ofrecendo previsibilidade para orientar as decisións dos investidores e reguladores con competencias na materia. Os obxectivos cuantificados buscan favorecer a previsibilidade e os signosmedidas económicas adecuadas, asumindo o principio de non regresión nos obxectivos fixados. Desde o punto de vista ambiental, este principio de non regresión defínese como un en virtude do cal a normativa, a actividade das administracións públicas e a práctica xurisdicional non poden implicar unha redución ou un retroceso cuantitativo ou cualitativo respecto dos niveis de protección. lexislación ambiental existente en todo momento, agás situacións plenamente xustificadas baseadas en razóns de interese público e unha vez emitido un xuízo de ponderación entre os diferentes dereitos legais que poidan estar en contradición co ambiental".

Declaración de intencións preocupante. Os obxectivos manteranse, a non ser que non os manteñan ...

Xusto antes dos artigos da lei, establécense os obxectivos: redución das emisións de CO2 no 2030 dun 23% en comparación co valor de 1990 e neutralidade das emisións no 2050. Moita xente criticou a falta de ambición da lei, porque o obxectivo xa está obsoleto con respecto ao establecido polo IPCC na cúpula de Madrid en 2019 (o 55% para 2030, a escala mundial). A min, sinceramente, é o que menos me preocupa. Tamén se di que polo menos o 74% da xeración de electricidade debe ser renovábel en 2030. Se se compara co 43% do ano pasado parece moito, pero en realidade hai momentos concretos nos que se chegou ao 60%, polo que debería ser factíbel. Pero hai un problema que Beamspot explicou varias veces neste blog, e é a inestabilidade da rede posterior á integración de moita enerxía renovábel, que é un problema que Alemaña enfrontou repetidamente e que dificulta a expansión das renovábeis. Así, aínda que non se di, o xeito de lograr esta expansión e evitar a inestabilidade é dedicando directamente unha parte substancial desta electricidade renovábel á produción in situ de hidróxeno verde, esa quimera... Entón, aínda que non se di, probabelmente estea pensando en confialo todo á ruína do hidróxeno verde. Outra cousa curiosa é que se establece que a eficiencia enerxética terá que mellorarse reducindo o consumo de enerxía primaria polo menos nun 39,5% para 2030, aínda que non me queda claro que. Unha redución tan salvaxe no consumo de enerxía só significa unha cousa: unha brutal contracción económica. E é que o aumento da eficiencia enerxética non implica unha diminución do consumo de enerxía por mor do paradoxo de Jevons. O curioso disto é que, tendo en conta o que se nos vén ao camiño, é probábel que se produza tal descenso.

Respecto dos artigos, como digo, non me deterei a analizalo polo miúdo e destacarei algúns aspectos dispersos. Os artigos que non comento (que son, en realidade, a maioría) non os comento porque xa me parece bo (ou, polo menos, non me parece mal) o que din.

✅ O artigo 6 trata da dixitalización. Non se considera que a dixitalización estea ameazada pola escaseza presente e futura de microchips. Nisto, como en tantas outras cousas, non hai un plan B para afrontar o escenario máis realista.

✅ O artigo 7 explica o uso hidráulico. Ponse énfase nas plantas reversíbeis, aínda que se sabe que a súa capacidade total para almacenar enerxía excedentaria é moi limitada. Tamén subliña que as canalizacións de abastecemento e saneamento urbanas poden empregarse para xerar electricidade. Moita sorte con iso tamén.

✅ O artigo 9 prohibe a concesión de novas licenzas para o estudo ou explotación de hidrocarburos en España. Sen dúbida é un elemento moi valente, aínda que tamén é certo que xa non queda nada rendíbel por explotar, agora que os promotores do fracking da terra natal déronse conta de que nunca ía ser rendíbel.

✅ O artigo 10 prohibe o mesmo coas minas de materiais radioactivos. É aínda máis valente que o anterior. Tampouco hai ningunha mina radioactiva rendíbel en España, pero aínda así é moi valente.

✅ O artigo 12 di que se fomentará a penetración do uso de gas renovábel, incluído o biogás e o hidróxeno. O biogás pódese producir en cantidades limitadas (debido a un problema similar ao que explicamos ao principio de todo neste blog), e en canto ao hidróxeno xa sabemos de que se trata. O preocupante da introdución de hidróxeno aquí é que parece ir na dirección que apuntou Beamspot: que se mesturará con gas natural, reducindo así a súa potencia de combustíbel, pero cargarannos coma se fose un bo gas.

✅ O artigo 13 di que se promoverán combustíbeis renovábeis para o transporte. Iso só poden ser biocombustíbeis (un grave erro) e, por suposto, hidróxeno de novo. Xa sabemos que o hidróxeno é a única alternativa para tratar de manter a matriz industrial europea, aínda que é unha mala e dubidosa alternativa que, seguramente, bombeará os ingresos das clases traballadoras aos do capital.

✅ Do artigo 14 gustaríame destacar dúas cousas: unha, que a partir de 2040 os coches terán que ter cero emisións de CO2 (vexo que é doado de conseguir: en xeral, non teremos coches en 2040); dúas, que nos concellos de máis de 50.000 habitantes, haberá que poñer en marcha toda unha serie de medidas a máis tardar no 2023 que estou seguro de que darán moito do que falar nos próximos anos, incluíndo estritas limitacións á circulación de vehículos convencionais.

✅ O artigo 15 trata da instalación de puntos de recarga eléctrica, supoñendo que haberá unha introdución masiva do coche eléctrico, o que é incerto cando menos. Engádeo ao que se di na ligazón anterior: recentemente revisei os meus cálculos de hai 10 anos sobre o número de coches eléctricos que se poderían fabricar ao ano se empregásemos todo o litio producido a nivel mundial para iso. A produción aumentou moito desde 2010 (multiplicada por 3), aínda que sofre altos e baixos considerábeis. E a cantidade de litio por coche baixou considerablemente. Tomando como referencia un vehículo de 50 Kw/h ou 8 Kg de litio metálico, hoxe poderían fabricarse 8 millóns de coches eléctricos ao ano. A produción mundial de automóbiles caeu agora debido a CoVid e sitúase en case 80 millóns de automóbiles ao ano, fronte aos case 100 millóns de 2018. Entón, se toda a produción mundial de litio se empregase para fabricar coches (adeus teléfonos móbiles, tabletas, portátiles e sistemas de copia de seguridade eléctricos para ordenadores e centros de datos), levarían 175 anos renovar toda a flota mundial de 1.400 millóns de coches. E iso é co litio: se observamos a situación con cobalto e neodimio, os pescozos de botella son peores. Pero, si, ponse o acento en poñer máis puntos de carga que só os poucos privilexiados (e seguramente ricos) que terán un coche eléctrico poderán gozar. Tamén é interesante que este artigo obrigue ás estacións de servizo que venderon máis de 5 millóns de litros de combustible en 2019 a instalar estes puntos de recarga, asumindo o gasto por si mesmos (creo que isto aumentará moitas burbullas). Ah, e a partir deste ano, cando teña que revisar a licenza de concesión dunha estación de servizo, obrigarán a poñer un punto de recarga eléctrica, por moito combustíbel que venda. E, por certo, o novo Código Técnico da Edificación tamén requirirá puntos de recarga nos garaxes das casas.

✅ O artigo 16 trata sobre a redución de emisións no sector marítimo. Fálase de "estimular o subministro eléctrico ou o uso de combustibles alternativos nos buques atracados". Agás para os barcos realmente pequenos e con pouca autonomía, a electrificación dos barcos é completamente impensable. A clave, entón, está neses "combustibles alternativos". A transición ao hidróxeno é aínda máis difícil no caso dos buques grandes, debido ás dificultades de manipulación e contención de hidróxeno para viaxes longos como os mariños, polo que seguramente será necesario recorrer a solucións enerxéticas laranxas (aceptando a pelota que non teñen emisións netas). Coa desvantaxe adicional de que o custo da enerxía laranxa é moi alto e a capacidade de produción é bastante limitada. O problema subxacente é que a transmutación do sector marítimo á enerxía verde non é factible na práctica e iso vai causar problemas moi graves.

A verdade, gústanme moito os artigos que seguen, especialmente os 20 que falan de aumentar a capacidade de recuperación da infraestrutura do medio mariño. Interesante ✅ artigo 21, que fala de protexer as áreas naturais sensibles das novas instalacións enerxéticas. E espectacular ✅ artigo 22, que fala do impacto da dieta. O resto dos artigos, realmente moi bos, o mellor da lei.

A partir do ✅ artigo 27 dise que a transición enerxética é xusta, o que é moi bo e introduce ideas interesantes. O que me parece moi difícil é garantilo. E vendo as medidas concretas, están pensando nun esquema de cousas típico de hai 20 anos, cun mantemento da sociedade industrial actual. Non é iso o que vai pasar. O ✅ artigo 29 fala do cesamento da produción nacional de carbón, e tamén aquí haberá un gran punto de adhesión. Especialmente cando preveo que, cando o petróleo deixe de chegar, teremos que recorrer ao carbón nacional e a Fischer-Tropsch para manter a imprescindíbel maquinaria.

Ignoro os ✅ artigos do título VII (recursos dispoñibles), que non me interesan en absoluto e parecen un pouco extraterrestres, e vou ao ✅ título VIII, sobre educación e investigación: en principio, todo o que din soa razoábel. ✅ O título IX trata sobre gobernanza e aquí o máis importante a destacar é a creación do Comité de expertos: veremos a quen elixen e de que se trata. A creación da Asemblea Cidadá é moi interesante, aínda que haberá que ver como se articula.

As disposicións adicionais tamén son interesantes. O primeiro exclúe ao exército de todo isto, aínda que se anima a cumprilo. No cuarto, a aviación menciónase por primeira vez e é vagamente: é como dicir "descarboniza o que poidas, ao teu gusto". O quinto é economía circular: un bo concepto difícil de implementar. O sexto, promover o ferrocarril, que considero axeitado e que incluso podería ter sido máis incisivo. E nas disposicións finais hai moitos cambios normativos en leis e regulamentos anteriores cuxo alcance se me escapa, pero hai cousas que parecen ter moito impacto. De seguro que escoitaremos falar dalgúns destes nos próximos meses.

En resumo, hai moi boas ideas nesta lei. Ademais, é unha lei que levará bastantes burbullas en moitos sectores porque as obriga a facer cousas que claramente van en contra dos seus intereses.

O peor dos casos é que se trata dunha Lei inútil ou bastante inútil, a pesar de que estou convencido de que se fixeron moitos esforzos e boas intencións. Todos os plans de execución, todas as ideas de transición, todas as previsións que existen nel, arruinaranse cando nuns meses teñamos o primeiro pico dos prezos do petróleo e entramos no negro camiño do descenso enerxético para o que non nos temos preparado. Unha mágoa, porque moita xente criticará esta lei coma se fose a causa, cando en realidade o seu problema chega demasiado tarde.

Salu2 .

AMT

Publicado en  The Oil Crash. | Luns 19 de abril de 2021

[*] Antonio Turiel Martínez (nacido en León, 1970) é un científico e divulgador licenciado en Física e Matemáticas e doutor en Física Teórica pola Universidade Autónoma de Madrid. Traballa como Investigador Científico no Institut de Ciències do Mar do CSIC. Autor de  Un futuro sin más (novela) e o seu último libro: Petrocalipsis: Crisis energética global y cómo (no) la vamos a solucionar (ensaio).   [Wikipedia]

|||||||

venres, abril 23, 2021

CCOO gaña as Eleccións Sindicais en Endesa na Galiza, con mais do 52% dos votos e 11 representantes, desbancando a UGT da maioría, ao ser as eleccións coa plantilla de Enel Green Power

Eleccións Sindicais en Endesa

FINALIZAN AS ELECCIÓNS SINDICAIS EN ZONA NOROESTE

Xa finalizaron as eleccións en Galicia e polo tanto no Territorio do Noroeste (Galicia, Cornisa Cantábrica e Castilla-León), onde CCCO conseguiu unha nova delegada en Endesa S.A. nas Pontes, María Mourín Mourenza, á que damos a tan merecida parabéns.

Grazas ao traballo de CCOO en todos os centros, onde agora acompáñannos os compañeiros e compañeiras de Enel Green Power, (filial de enerxías renobábeis de Endesa, centro loxístico de compoñentes e parques eólicos) deron un cambio significativo á representación no territorio, tendo CCOO un claro apoio maioritario do persoal. En Galicia pasouse dun 30,77% de representación nas eleccións do 2015 a un 52,38% en 2021, onde en todos os centros mantívose e aumentou o apoio a en CCOO. No territorio Noroeste terminan as eleccións como empezaron, cunha contundente vitoria de CCOO.

A comparativa final reflícteo á perfección. Polo tanto, CCOO asume a representación maioritaria en todo o territorio Noroeste (Galicia, Cornisa Cantábrica e Castilla-León), que queda cun 60,61% para CCOO (20 delegados), seguido dun 21,21% para UGT (7 delegados), 9,09% para SIE (3 delegados) e 9,09% para CIG (3 delegados).

Desde CCOO queremos agradecer ao persoal o apoio maioritario mostrado cara a esta organización e á que facemos partícipe desta vitoria e manifestamos que este gran respaldo que habemos ter estase reflectindo no día a día, na maior participación do persoal na negociación colectiva e na ratificación dos acordos que se alcancen coa empresa.

Animamos ao persoal dos territorios onde están aínda en marcha ou pendentes os procesos electorais a que se sumen ao cambio que se está producindo na representación sindical dentro de Endesa para que o persoal poida ter máis participación nas negociacións coa Empresa.

CC.OO. ENDESA PRIMEIRA FORZA SINDICAL EN GALICIA
email: ccoogalicia@enel.com

Eugenia Freire Fajardo
Resp. Organización - Gabinete Económico
CCOO Industria - Galicia
Tlf. oficina: 981.36.93.26
efreire@industria.ccoo.es

Foto: En Endesa de As Pontes, o 8 de Marzo de 2018.

Enviado por:
MARIA EUGENIA FREIRE FAJARDO
-efreire@industria.ccoo.es-
23 de abril de 2021 13:41

_______