mércores, maio 11, 2022

Charla no Ateneo Ferrolán: 'Dereitos sanitarios: testamento vital e eutanasia', este xoves 12 de maio ás 7 da tarde

 



Charla no0 Ateneo Ferrolán: "Dereitos sanitarios: testamento vital e eutanasia".

Xoves 12 de maio ás 19 hs, no Ateneo Ferrolán

Charla: "Dereitos sanitarios: testamento vital e eutanasia"

Coa presencia das membros da directiva da asociación "Dereito a Morir Dignamente (DMD): Ascensión Cambrón Infante e Isabel Blanco Domíngez, presentadas polo presidente de o Ateneo, Javier Dongil.

https://derechoamorir.org/

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
10 de maio de 2022 12:24

_______

martes, maio 10, 2022

A dor allea non nos debe ser indiferente, ... Por Celso Posada Fernández


Por Celso Posada Fernández [*]
10.05.2022


A DOR ALLEA NON NOS DEBE SER INDIFERENTE


Vivimos tempos de salvaxe ditadura do capital, de hexemonía do Neoliberalismo no que cada día se concentra máis e máis a riqueza, os privilexios e o poder nas mans dunha minoría privilexiada a costa do recorte dos dereitos, da dignidade, dos salarios da clase traballadora e das maiorías sociais. E todo isto debe-se a decisións políticas tomadas por organizacións políticas e por gobernos que actúan como esbirros e lacaios, como o brazo executor das políticas neoliberais e de salvaxes recortes ditadas ao servizo das elites económicas e financeiras e das grandes trasnacionais.

Ante isto e ante o perigoso e preocupante avance da ultradereita e o fascismo tanto no estado español, como na Europa e no mundo toca organizarse social, sindical e politicamente, dar a batalla cultural e ideolóxica dende unha pedagoxía democrática e antifascista, crear comunidade e moverse polos principios e valores do apoio mutuo, da solidariedade internacionalista, pola empatía e pola colectividade construída dende abaixo e de forma transversal e democrática.

Hai que dar unha resposta política e loitar fronte os valores neoliberais como son: o individualismo salvaxe, o consumismo exacerbado de bens innecesarios e a competitividade extrema e de fomentar valores como son: os do compañeirismo, a igualdade, a solidariedade, a colectividade e loita polo ben común e pola defensa do público, da democracia e das liberdades tanto colectivas como individuais.

Non hai democracia cando a riqueza e o poder están concentrados nunha plutocracia que vive a todo luxo a costa do recorte de dereitos, dos salarios, da dignidade e da liberdade da clase traballadora e das maiorías sociais.

Toca pasar a acción política e o compromiso social e político que a cidadanía e a sociedade civil se organicen en todos os ámbitos (sociais, políticos, culturais, veciñais, sindicais, estudantís,...) tanto dende os movementos sociais, como nas asociacións culturais, veciñais, no movemento ecoloxista, feminista, nos sindicatos de clase, nas plataformas na defensa da sanidade e do ensino público, na defensa das pensións e dos servizos públicos, nas PAHS e Stop Desafiuzamentos, nos centros sociais, nas radios libres e comunitarias, nas organizacións políticas de esquerdas.

Son tempos nos que as nosas liberdades e os nosos dereitos están seriamente ameazados pola ultradereita e por organizacións políticas racistas, machistas, clasistas, fascistas, lgtbifóbicas que enfrentan o último co penúltimo pra defender os privilexios dos seus amos a elites económicas.

Non deixemos que a resignación, a apatía, o medo, a represión nos desmobilicen e nos fagan persoas egoístas, individualistas e alleas o sufrimento, a dor e as inxustizas alleas, xa que nos afectan directamente tamén a nós mesm@s xa que MORREMOS CANDO GARDAMOS SILENCIO FRONTE AS INXUSTIZAS.

ANTE ELAS EMPATÍA, SOLIDARIEDADE, COLECTIVIDADE, COMUNIDADE, APOIO MUTUO, LOITA, ORGANIZACIÓN E MOBILIZACIÓN COLECTIVA.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra. Militante do BNG e a UPG. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook. | En Twitter. | Artigos en: Nós Diario, Diario de Ferrol, Galicia Confidencial, Ferrol 360, GalizaLivre, Praza Pública, El Comunista e Ártabra 21.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
9 de maio de 2022 12:00

_______

domingo, maio 08, 2022

Presentación en Ferrol do novo libro de Luis Gonzalo Segura: 'El ejército de Vox' - Organizada pola asociación cultural Fuco Buxá, para o vindeiro xoves, 12 de maio, ás 7 da tarde no Centro Cívico de Canido


Presentación en Ferrol do novo libro de Luis Gonzalo Segura: "El ejército de Vox", acompañado por Victor G. Novas (Fuco Buxán A.C.).

Luis Gonzalo Segura, exteniente do Exército de Terra español, deu un “Paso al frente” no ano 2014 para denunciar aquelo habitual no mundo militar pero descoñecido para a maioría da cidadanía (corrupción, abusos e privilexios anacrónicos). A súa denuncia pública custoulle meses de encerro nun centro disciplinario, unha intensa campaña de desprestixio e -finalmente- a expulsión das FF.AA. Colabora en diferentes medios de comunicación i é autor das novelas “Un paso al frente” (2014) e “Código rojo” (2015), e tamén dos ensaios “El libro negro del Ejército español” (2017), “En la guarida de la bestia” (2019) i “El Ejército de Vox” (2020).

As últimas eleccións democráticas (abril/novembro 2019) confirmaron a presenza parlamentaria da extrema dereita e a relación clara, directa e irrefutable coas FF.AA. polos resultados electorais de Vox en vivendas militares, bases e comandancias, emprazamentos nos que a extrema dereita obtén resultados por riba doutros entornos. Políticos, periodistas, académicos ou intelectuais non se enfrontaron a unha realidade que, dende a publicación deste libro, será imposible negar.

Xoves 12 de maio ás 19 h. no Centro Cívico de Canido - Ferrol

ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN
Calle Armada Española,nº 32 Baixo.
Ferrol,15406

fucobuxan@gmail.com
http://www.fucobuxan.net

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
8 de maio de 2022 11:50

_______

Unha semana máis un novo Boletín informativo ambiental de Radio Cerna: As organizacións ecoloxistas galegas advirten sobre os prexuízos ambientais que a fábrica de fibra téxtil de Altri podería traer para a comarca da Ulloa e para o país e outras novas


Boletín informativo ambiental 06/05/22

As organizacións ecoloxistas galegas advirten sobre os prexuízos ambientais que a fábrica de fibra téxtil de Altri podería traer para a comarca da Ulloa e para o país. Alén disto, esta semana deixou información de interese sobre proxectos hidroeléctricos en activo e en proxección nos ríos galegos. Tamén se deron avanzas na elaboración do catálogo estatal de reservas hidrolóxicas, onde por primeira vez, aparecerá o Pedregal do Irimia, un dos lugares nos que maioritariamente se sitúa o nacemento do río Miño. En Radio Cerna atoparán o resto da actualidade ambiental e ecoloxista da semana.

Queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza? Escoita Radio Cerna!





Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo. | Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal | Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela | Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal

#GalizaPolaPaz
#RadioCerna
#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica

Foto: Altri xa é un comprador habitual do eucalipto galego para as súas plantas en Portugal.

Delegación de Adega
Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
7 de maio de 2022 09:27

_______

Palestra en Ferrol: 'O problema do lixo', con Miguel Anjo Gozález Garcia (membro de ADEGA) - A quarta-feira, 11 de maio, ás 8 da tarde na Escola de Idiomas


A próxima cuarta feira día 11 de maio, vai haber na Escola de idiomas de Ferrol (R. Real, 29, 15402 Ferrol, A Coruña) unha palestra organizada por ADEGA-FERROLTERRA, que versará sobre os problemas do lixo. Será a cuarta feira as 20h.

Delegación de Adega
Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
7 de maio de 2022 09:27

_______

Queremos Galego convida a manifestarse o 17 de maio en Compostela 'En galego agora e sempre: por un novo futuro para a lingua' - A plataforma cidadá, composta por máis de 500 entidades sociais e culturais do país, convoca a sociedade a manifestarse o 17 de maio ás 12h entre a Alameda e a Praza da Quitana - Autobuses desde as comarcas



A plataforma cidadá, composta por máis de 500 entidades sociais e culturais do país, convoca a sociedade a manifestarse o 17 de maio ás 12h entre a Alameda e a Praza da Quitana baixo o lema “En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua

Representantes da xestora da plataforma cidadá Queremos Galego, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais do país, anunciaron esta mañá, acompañados por representantes do audiovisual galego, que o 17 de maio sairán ás rúas de Compostela para “evidenciar que a situación do galego non é irreversível” e “que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua”. Haberá transporte dende todas as comarcas galegas, para facilitar o desprazamento. A información dos puntos de saída estará dispoñíbel na web queremosgalego.gal.

O voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, recordou na presentación que todos os avances para o galego se conseguiron “pola perseverancia e polo esforzo do pobo galego”, como a incorporación do galego ao catálogo de Netflix ou a recente sentenza do TSXG contra Facenda por atacar os dereitos lingüísticos dun cidadán galego. Maceira advertiu que “a sociedade galega está soa, sen institucións que a amparen na defensa da lingua” e salientou que “é hora de que isto mude e os poderes públicos, comezando polo novo presidente da Xunta, abandonen a súa política de agresión sistemática ao galego e comecen a exercer a súa responsabilidade na defensa dos intereses de Galiza e da súa lingua”.

A plataforma reclama a posibilidade de vivir “en galego agora e sempre” e denuncia que o ensino e unha limitadísima oferta audiovisual en galego botan abaixo os esforzos das familias por garantiren a transmisión da lingua. A sociedade galega propón solucións, como a Iniciativa Xabarín, a Iniciativa polo audiovisual galego ou as bases para a normalización da lingua elaboradas pola maioría da representación sindical do profesorado, das anpas, dos movementos de renovación pedagóxica e pola Mesa, pero dende Queremos Galego recordan que para que que estas solucións frutifiquen cómpre que os gobernos galego e español abandonen o desprezo pola lingua galega e garantan a súa presenza e dispoñibilidade “en todo e para todo”.

Mesmo os pequenos pasos que como pobo conseguimos para o noso idioma están sometidos a revisións constantes”, advertiu Maceira. “Só hai que ver como despois da ampla campaña social e da unanimidade política acadada arredor da iniciativa Xabarín”, recordou, “o debate no Congreso pode acabar limitando os avances en horas e cotas de emisión a unha soa das linguas cooficiais”. “É unha vergoña que non imos permitir que o recoñecemento da pluralidade lingüística no audiovisual, onde Galiza foi quen levou o maior peso na iniciativa social, poida rematar por excluír precisamente o galego”, rematou.

Un novo futuro para o galego é posíbel, se todas e todos, cidadanía, entidades sociais e gobernos imos na mesma dirección, a de asegurar que o galego está presente e plenamente dispoñíbel. A lingua galega une é o principal elemento de cohesión, identidade e progreso de Galiza. O 17 de maio manifestarémonos en Santiago para que a Xunta de Galiza comece a actuar en consecuencia.

Compostela, 28 de abril de 2022.-

Na fotografía: Marcos Maceira (Queremos Galego), Fernando Lacaci (ANPAS Galegas), Suso Bermello (CIG), Lucía López (BNG), Xerardo Roca (AS-PG), Daniel Asorei (AELG), Andrés Bellas (APRADOGA), Iria Taibo (AGPTI), Uxía Caride e Xosé Lois Ledo (AGAPI), Xosé Barato e Toni Salgado (AAAG), Dores Vidal, Sara Seco e Leo Rei (MNL).

AUTOBUSES 2022


A plataforma Queremos Galego! está a organizar a saída de varios autobuses das principais cidades para facilitar a participación na manifestación a prol galego «Por un novo futuro para a lingua» que terá lugar o 17 de maio ás 12h en Compostela.

*O custe será de 5€ por persoa.

TELÉFONOS DE CONTACTO PARA ANOTARSE NOS AUTOBUSES PARA ASISTIR Á MANIFESTACIÓN:

✅ A Coruña: 981 169 810
Ferrol: 630 219 861 / 981358750
✅ Lugo: 982 225 812/ 982 280 410 (Saída ás 10:00h de Ronda da Muralla, 58)
✅ Vigo: 986 827 900
✅ Pontevedra: 986 866 205
✅ Ourense: 988 233 134
A Mariña: 982 581 861 / 982 140 654 ou 605 377 317

https://www.queremosgalego.gal/
_______

martes, maio 03, 2022

Mesa Redonda en Ferrol: Amianto, Orixe e efectos (non silenciosos), un achegamento desde a perspectiva de xénero - No Ateneo Ferrolán este xoves 5 de maio, ás 7 da tarde - Contará coa presencia de Suso Porta Dovalo, Carmen Diego Roza, Rober Amado e Sara González Veiga

Mesa Redonda en Ferrol: "Amianto, Orixe e efectos (non silenciosos), un achegamento desde a perspectiva de xénero"

Terálugar este xoves 5 de maio, ás 7 da tarde, no salón de actos do Ateneo Ferrolán.

Contará coa presencia de Suso Porta Dovalo, Carmen Diego Roza, Rober Amado e Sara González Veiga.

Organiza: Memoria e Dignidade, Comisión do 50 Aniversario de Marzo do 72, con Agavida, Fuco Buxán, Memoria Histórica Democrática e Ateneo Ferrolán.

10 de Marzo do 72
Presente e Futuro


Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
https://memoriahistoricademocratica.org/
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
2 de maio de 2022 23:58

_______

Charla saudable: Como convivir co cancro de próstata? - O xoves 5 de maio na Casa da Cultura de Fene, organizada pola asociación oncohematolóxica POR+VIDA que contará coa presencia da oncóloga médica do CHUF Carme García Lorenzo


A asociación oncohematolóxica POR+VIDA de Fene volve a ofrecer unha charla saudable neste mes de maio, volvendo a actividade habitual antes da pandemia.

Xa iniciamos estes faladoiros contando coa presenza de Ángel Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (Sergas-Xunta de Galicia) no mes de xaneiro.

Nesta ocasión a charla que leva o título de Como convivir co cancro de próstata? correrá a cargo da oncóloga médica do CHUF Carme García Lorenzo, profesional adicada especialmente ao cancro de pulmón e xenitourinario e vogal del Grupo Galego Cancro Pulmón. Será no salón de actos da Casa da Cultura de Fene ás 17.30 horas, o xoves día 5 de maio.

O cancro de próstata é o de maior taxa na poboación masculiña. Segundo os datos aportados por SEOM (Sociedade Española de Oncoloxía Médica).

O cancro de próstata ten para este ano 2022 unha estimación de 30.884 novos casos nos homes. Dito aumento vai parello ao aumento poboacional e ao seu envellecemento, exposición a factores de risco (como o tabaco, o alcohol, a contaminación, a obesidade, o sedentarismo entre outros moitos) ,... e nalgúns casos como o colorrectal e os de mama, cérvix ou próstata o aumento da detección precoz. De feito se os programas de detección precoz son axeitados, primeiro conducen a un aumento do número de casos incidentes (invasivos) pero posteriormente a unha diminución dos casos invasivos (maior diagnose de carcinomas in situ) e tamén a unha redución da mortalidade. Debido á combinación destes factores, pódese dar o caso de que a pesar de que a exposición a factores de risco non varíe ao longo do tempo, o número absoluto de casos aumente debido a outros factores (aumento poblacional e envellecemento).

Un saúdo,

Foto: Mulleres de por + vida na 6ª Carreira de Fene en setembro de 2018.
--
por + vida
Asociación oncohematolóxica
Tlf. 676 478 361
pormaisvida2011@gmail.com
https://www.pormaisvida2011.blogspot.com/

Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
2 de maio de 2022 11:15

_______

sábado, abril 30, 2022

O goberno de Pedro Sánchez vai espido


Socialismo 21 Declaración

O GOBERNO DE PEDRO SANCHEZ VAI ESPIDO

A decisión do presidente Pedro Sánchez e do seu goberno de enviar armas ao goberno ucraíno e apoiar as medidas de guerra económica contra Rusia ditadas por EEUU e a OTAN, teñen un efecto "boomerang" contra as condicións de vida da maioría social en España, non axudar a desescalar o devandito conflito ou avanzar nunha solución negociada, xunto coa traizón do pobo saharauí ao incumprir os mandatos da ONU de someterse á monarquía reaccionaria de Marrocos, abrindo un grave conflito con Alxeria, que é o principal provedor de gas a España, e o anuncio de aumentar o gasto militar ate o 2% do PIB, que suporá novos recortes sociais, acabaron coas ilusións dunha parte importante da sociedade nunha gobernanza progresista baseada no programa da coalición entre PSOE e Unidos Podemos.

O goberno de coalición tivo que facer fronte á extraordinaria situación provocada pola pandemia de Covid-19 e as súas consecuencias económicas e sociais. O balance da súa actuación estivo condicionado polos graves recortes da sanidade pública, a privatización das residencias de maiores e o deterioro das de carácter público, herdadas de anteriores gobernos. Aínda que estes servizos son competencia das autonomías, e a xestión dos gobernos autonómicos, especialmente en Cataluña e Madrid, foi nefasta con decenas de miles de falecidos en residencias que deberían terse evitado, tampouco o goberno español achegou recursos suficientes e medios para fortalecer o sistema público de saúde e residencia.

A implantación dos ERTE para evitar o desemprego e o peche de empresas, aínda que conseguiu boa parte do seu obxectivo, non gozou do nivel de protección social adoptado por Francia e Alemaña e, polo tanto, non evitou o importante agravamento da pobreza no conxunto do Estado español.

Durante todo este período son salientábeis os incumprimentos do programa de goberno pactado: a Lei de Seguridade Cidadá presentada polo goberno non derroga os aspectos máis lesivos da “lei mordaza”, non derrogou aspectos importantes da reforma laboral do Partido Popular. xa que a baixada de despedimentos, etc., recortou en varios puntos o poder adquisitivo das pensións ao non aplicar o IPC real, aproba un proxecto de lei sobre vivenda que obtivo o rexeitamento unánime de 120 entidades sociais, a PAH, Sindicatos de Inquilinos, Ninguén Sen Fogar, Marea Pensionista-COESPE, Alianza de Mareas e Movementos Sociais, sindicatos, ..., e fixo necesario rexistrar 60 emendas no seu trámite parlamentario, ...

A nova Lei de Ingreso Mínima Vital, presentada como un gran paso na loita contra a pobreza, estableceu serias limitacións para acceder a este dereito (esixencia dun período de carencia de ingresos de 1 ano antes da solicitude), e posteriormente ampliou o prazo de resolución de tres a seis meses. As previsións anunciaron en 2020 que dita lei beneficiaría a 850.000 familias e 2,2 millóns, en realidade só deu cobertura en marzo de 2022 a 428.000 fogares e 1,06 millóns de persoas, nunha situación de agravamento da exclusión social en España.

A xestión dos fondos europeos de reactivación económica non é transparente, o seu destino non prima o reforzo dos servizos públicos nin a creación de industrias públicas que respondan ás principais necesidades da sociedade, unha vez máis estes recursos serven para favorecer ás grandes multinacionais e empresas privadas, xerando fortes críticas por parte de amplos sectores sociais, das organizacións ecoloxistas, e tamén das comunidades autónomas que se senten discriminadas na súa distribución.

Este balance da acción de goberno, cheo de incumprimentos do programa de goberno, insuficiencias notorias, que xera malestar social e perda de apoios populares, empeorou seriamente despois do apoio de Pedro Sánchez e da maioría do seu goberno para o envío de armas ao goberno de Ucraína, que se agravou gravemente a guerra económica contra Rusia, a traizón ao pobo saharauí, a apertura dunha grave crise con Alxeria e o compromiso de aumentar o gasto militar ate o 2% do PIB. Vexamos algunhas das súas consecuencias:

✔ O peche das exportacións de produtos agroalimentarios de España a Rusia e o bloqueo da importación de materias primas minerais de Rusia a España, imprescindibles para a industria.

✔ Aumento do custo da enerxía que desencadea a inflación.

✔ Os graves efectos destas medidas en Europa e especialmente en Alemaña prexudican tamén as exportacións e importacións con España.

✔ O conxunto de medidas de guerra económica impulsa cara a unha nova recesión económica.

✔ O anuncio do BCE de poñer fin ás medidas de expansión monetaria e de activar de novo as medidas de axuste e austeridade, afectará gravemente ao Estado español polos seus elevados déficits orzamentarios, débeda pública e exterior, e traducirase en graves recortes sociais, aumento do paro e da pobreza.

✔ A esta sinistra perspectiva hai que engadir a irresponsábel actitude de Pedro Sánchez cara ao Sáhara, que abriu un grave conflito con Alxeria e traerá novos problemas no abastecemento e no prezo do gas importado dese país.

✔ O gasto militar real pactado polo goberno de coalición nos orzamentos xerais para 2022 ascende a 22.796 millóns de euros, un 124% máis que o asignado ao Ministerio de Defensa e un incremento do 5,75% respecto ao ano anterior. A estes datos hai que engadir o compromiso de Pedro Sánchez, obedecendo as indicacións de EEUU, de aumentar o gasto militar do Ministerio de Defensa ate o 2% do PIB, o que supón incrementar o devandito gasto en case 15.000 millóns de euros anuais (ver informes e comunicados do Centro Delás). Como é previsíbel, o diñeiro empregado no gasto militar, na compra de armas a EE. UU., descontarase do gasto social.

Se, ademais, o conflito en Ucraína se atrincheira ou entra nunha espiral belicista, as consecuencias serán catastróficas e recaerán de novo sobre a clase traballadora e a maioría social.

A credibilidade do goberno de coalición está en poucas horas. O xiro adoptado por Pedro Sánchez no Sahara desacreditouno, deixándoo en minoría no Congreso dos Deputados. O escándalo de espionaxe a través do sistema "Pegasus" aos representantes políticos independentistas en Cataluña e Euskadi, pendente de aclaracións por parte do goberno español, debilita o apoio e a estabilidade do goberno.

Nesta conxuntura política, a actuación de Pedro Sánchez facilitou que o Partido Popular resucito das súas cinzas tras a dimisión de Pablo Casado e o nomeamento de Alberto Nuñez Feijóo. As eleccións andaluzas previstas para xuño anuncian unha vitoria do PP e VOX, e un desastre para o PSOE e a candidatura que tenta agrupar ao resto da esquerda andaluza. O que sementa ventos, recolle tempestades.

O papel de Unidos Podemos como socio minoritario do goberno de coalición

A praxe do goberno de coalición, entre un PSOE social liberal que abandonou a defensa da soberanía popular, facendo méritos ante Joe Biden, e o socio minoritario Unidos Podemos, confirma os temores de quen advertiu dos riscos de Unidos Podemos se entrou na devandita operación política, a partir da experiencia histórica en Francia, o colapso do PC francés tras a súa entrada no goberno de François Mitterrand en 1981, ou o caso máis recente do goberno de coalición de IU co PSOE de Susana Díaz en 2013 en Andalucía.

Ante boa parte da cidadanía, Unidos Podemos é un socio de goberno que se deixa levar pola xestión de Pedro Sánchez e do PSOE. A división dos membros de Unidos Podemos no goberno pola axuda militar a Ucraína foi un sinal de crise e impotencia. A oposición de Unidos Podemos ao xiro de Pedro Sánchez sobre o Sahara non foi suficiente para evitar a traizón ao pobo saharauí. Os avatares e contradicións de Unidos Podemos ante o proxecto de lei de vivenda acordado no goberno, e a posterior rectificación que apoia o rexistro de emendas tras a presión social e doutros grupos parlamentarios demostra que ante un PSOE social liberal, que abandonou a defensa da soberanía popular e nos arrastra a unha guerra económica con terríbeis consecuencias para a poboación,

O desencanto esténdese entre o electorado e os activistas de Unidos Podemos, acentuando as crises internas entre as súas organizacións políticas. O proxecto "Fronte Ampla" da vicepresidenta Yolanda Díaz naceu moi debilitado, ao perder boa parte da súa credibilidade polo seu escandaloso apoio a Pedro Sánchez no envío de armas ao goberno ucraíno, a súa incapacidade para opoñerse á guerra económica contra Rusia, e ao facer prevalecer unha política que favoreza unha solución negociada.

Unha vez máis, un proxecto político, meramente electoral e institucional, sen un programa que aborde a recuperación da soberanía popular, para levar a cabo os cambios económicos necesarios como a nacionalización do sector enerxético, a reindustrialización do país, o avance da soberanía alimentaria, a reversión da privatización no ámbito público. Sectores, xerando pleno emprego digno derrogando totalmente a reforma laboral do PP, impulsando unha lei de vivenda digna, que apoie a loita dos movementos sociais, e o empoderamento da cidadanía, non pode suscitar esperanzas, e impedir a gobernabilidade dos partidos do sistema, ben mediante a recuperación da alternancia entre PSOE e PP, unha alianza entre o PP e Vox, ou a posibilidade dun goberno de gran coalición entre PP e PSOE.

Facemos un chamamento á reflexión crítica sobre os cadros e activistas das organizacións que forman Unidos Podemos, o resto das formacións que están á esquerda do PSOE, os sectores dentro do PSOE que rexeitan o xiro á dereita de Pedro Sánchez e os seus. apoio a unha monarquía corrupta, ás organizacións e activistas sociais que coa súa loita permanente defenden os dereitos sociais e impediron novos recortes sociais, sobre a necesidade de abrir un debate fraternal sobre como saír da encrucillada actual e construír unha nova esperanza de liberación.

Nesta conxuntura determinada pola guerra en Ucraína e a estratexia de EEUU e a OTAN de estenderse no resto do mundo ameazando a estabilidade e a paz no planeta, co obxectivo de perpetuar a súa dominación para apropiarse dos recursos do resto de países, explotar á clase traballadora, incrementar a desigualdade, ameazar o equilibrio ecolóxico, impedir unha democracia que garanta a participación efectiva e empoderamento da cidadanía, preservar as ditaduras dos seus aliados, ..., é necesario levantar un proxecto de transformación social, que permita recuperar a soberanía popular e económica, a democracia real, saír da OTAN, e construír novas relacións de cooperación e solidariedade entre as nacións e pobos, baseadas na xustiza e equidade, no mutuo respecto á seguridade, sen bloques, que recoñeza a realidade dun mundo multipolar, que defenda a paz e abra a perspectiva do socialismo para a humanidade.

25 de abril de 2022

ASOCIACIÓN POLÍTICO CULTURAL SOCIALISMO 21

https://socialismo21.net/

as.socialismo21@gmail.com

Enviado por:
Plataforma Salir Euro
-salireuro3@gmail.com-
29 de abril de 2022 19:24

_______

venres, abril 29, 2022

A CIG convoca mobilizacións en cidades e vilas de toda Galiza este Primeiro de Maio - En Ferrol desde a Avenida de Esteiro e n'As Pontes desde a Praza do Hospital, ás 12 do mediodía - A central sindical reclama políticas públicas e salarios dignos para combater a pobreza


A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, baixo o lema “Contra a pobreza, políticas públicas e salarios dignos”. A central sindical acompaña esta reivindicación cun paquete de propostas para facer fronte ao descontrolado incremento de prezos dos produtos básicos.



MANIFESTACIÓNS

A Coruña: 12h desde a Praza de Vigo

Cee: 12h na Praza Concha Blanco.

Compostela: 12h desde a Praza Roxa

Ribeira: 12h desde a Praza do Peixe

Ferrol: 12h desde o local da CIG (Avda. de Esteiro)

As Pontes: 12h na Praza do Hospital


Lugo: 12h desde o Edificio Sindical (Ronda da Muralla)

Foz: 12h na Delegación de Facenda

Ourense: 11.30h desde a Praza Maior

Verín: 12h na Praza do Concello

O Barco: 12h na Praza do Concello

Pontevedra: 11.30h desde a Ferreiría

Vilagarcía: 12h desde a Casa do Mar

A Estrada: 12h desde a Praza do Mercado

Vigo: 12h desde a Dobrada

Cangas: 18h na Praza do Concello


Neste ano o Primeiro de Maio ten lugar no medio da crítica situación económica e social pola carestía da vida na que xa viviamos, agravada polas consecuencias da guerra na Ucraína. A CIG propón un paquete de medida urxentes para atallar o impacto que os altos prezos dos bens e servizos básicos están a ter sobre as clases populares. Estas propostas, na liña das que xa se trasladaron aos Gobernos español e galego para avanzar nunha saída galega xusta da crise, requiren dunha decidida intervención pública e inciden en varios ámbitos para poder garantir unhas condicións de vida dignas. Entre as medidas destacan:


Electricidade

1.- Creación dunha Tarifa eléctrica especial que, durante 24 meses, fixe o prezo de referencia entre os 10 €/MWh e os 60 €/MWh para quen teña potencia contratada igual ou inferior a 15 kW.

2.- Implantar a Tarifa Eléctrica Galega mediante a eliminación do pagamento da peaxe de transporte e aplicando unha redución do 10% da tarifa mensual a quen teña o seu domicilio en Galiza, tendo en conta o carácter produtor e exportador de enerxía que ten o noso país.

3.- Limpar a factura dos cargos sen relación directa co funcionamento do sistema (fomento das enerxías renovábeis, custos extrapeninsulares e déficit de tarifa, etc.) e que sexan asumidos polos Orzamentos Xerais do Estado.

4.- Retirar do mercado maiorista (pool) para fixar o prezo da electricidade as centrais hidráulicas, as nucleares e gas para conseguir unha baixada xeneralizada no prezo da electricidade.

5.- Controlar e fixar límite ao beneficio obtido polas empresas eléctricas.

6.- Crear unha Empresa Pública Galega de Electricidade.

7.- Fiscalizar as concesións hidroeléctricas. Reverter as instalacións hidroeléctricas ao sector público, destinado os beneficios da produción a abaratar o custo da electricidade.

8.- Aplicar na tarifa o tipo mínimo do IVE (4%) e eliminar do imposto á xeración (7%) que as empresas produtoras repercuten nos recibos.

9.- Esixir compromisos industriais, de emprego e de participación pública para as empresas que opten á concesión de instalacións de produción de enerxía renovábeis.

10.- Crear e pór en funcionamento en Galiza (As Pontes) o Centro para a Competitividade e a I+D+i no Almacenamento de Enerxía.

Salarios

1.- Os incrementos salariais deberanse situar nos 1.226 euros/ano lineais (87 euros/mes 14 pagas) e incremento salarial do 4,50%.

2.- Incluír en todos os convenios a cláusula de revisión salarial con carácter retroactivo conforme ao IPC interanual acumulado.

3.- Aprobar as medidas necesarias para que as auditorías retributivas e os plans de igualdade conteñan medidas reais e eficaces para rematar coa fenda salarial e outras desigualdades.

4.- Fixar o salario mínimo interprofesional en 1.167 euros ao mes, que é o 60% do salario medio do Estado español, tal como recomenda a Carta Social Europea.

Emprego


1.- Prohibición de simultanear a aplicación dun ERTE con outras medidas de recorte: descolgues, modificación das condicións de traballo, mobilidade xeográfica, desregulación da xornada, etc.

2.- As empresas para podérense acoller ao ERTE estarán ao día na actualización das revisións salariais, completar até o 100% os salarios, e manter a todo o persoal temporal da empresa principal ou externas.

Combustibles

Fixación polo Goberno dun prezo máximo de gasolina e diésel mentres non se estabilicen os prezos e non se avance nunha solución fiscal xusta, tomando como base o prezo medio nas gasolineiras ao 24 de febreiro de 2022.

Mobilidade

Reforzar os servizos de mobilidade aumentando frecuencias e ampliando horarios para facilitar os desprazamentos, así como reducir as esixencias para o acceso a maiores descontos.

Alugueiro

Conxelación das cláusulas de actualización das rendas de alugueiro en todos os conceptos durante o ano 2022

1º de Maio de 2022

Confederación Intersindical Galega - CIG
https://www.cig.gal/
_______

A CGT no 1º de Maio: 'Nin nos farán crer, nin nos farán calar' - Os dereitos conquístanse loitando !!


Nin nos farán crer, nin nos farán calar

O que se prometía como a solución aos problemas da clase traballadora non supuxo máis que un novo e enorme fracaso; a nova reforma supón a definitiva lexitimación e consagración, por parte do autoproclamado goberno máis progresista da historia, daqueles aspectos máis lesivos que xa se avanzaron nas reformas laborais de 2010 (goberno Zapatero) e de 2012 (goberno Rajoy).

Entre outras cuestións, mantéñense os mecanismos que facilitaban os despedimentos (non se recuperan indemnizacións nin os salarios de tramitación), quedan as razóns intanxibles das previsións económicas (perdas previstas ou futuras) para poder levar a cabo despedimentos colectivos, ou a non intervención da autoridade laboral nos ERE.

Dos convenios de empresa, unicamente garántese a igualdade salarial, pero non o demais. E en materia de subcontratación, vai haber que loita-la nos xulgados sen dúbida, xa que non se dá unha solución clara a quen realiza igual traballo pero non reciben igual salario.

Mentres tanto, o custo da vida segue encarecéndose a toda velocidade, sen que as rendas da clase traballadora crezan ao mesmo ritmo. Nuns casos, coa complicidade activa dos sindicatos maioritarios. Noutros, por culpa dunha estudada pasividade por parte de quen goberna. Bens de primeira necesidade alcanzan o seu prezo récord un mes tras outro. Nin os salarios nin as rendas básicas teñen unha actualización que se equipare ao encarecemento do custo da vida. En todas as frontes podemos observar o mesmo: pensións que non se revalorizan, convenios que quedan conxelados... Agora, ademais, cando apenas empezamos a pagar as consecuencias da crise do Covid 19, avecíñanse as da guerra de Ucraína. O sistema capitalista xa puxo a funcionar a súa maquinaria para que de novo sexamos as traballadoras e traballadores quen asuma os sacrificios e vano a facer como sempre, coa complicidade dos sindicatos maioritarios, que sen dúbida nos van a vender unha vez máis, como xa o fixeron coas reformas laborais, co chamado Pacto de Rendas.

Á CGT nin a farán crer nin a farán calar, por máis operacións propagandísticas que leven a cabo quen prometía asaltar os ceos. As conquistas sociais conséguense na rúa e non nas urnas. As verdadeiras conquistas sociais, as que supoñen unha verdadeira transformación, xamais xurdiron dun pacto entre oligarquías.

Os dereitos conquístanse loitando !!

1º de Maio de 2022

Confederación Xeral do Traballo

CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/
_______

CCOO e UGT chama á cidadanía galega a mobilizarse o 1º de Maio pola suba dos salarios, a contención dos prezos e máis igualdade, para que a clase obreira 'non pague os pratos rotos» desta crise'


UGT chama á cidadanía galega a mobilizarse o 1º de Maio pola suba dos salarios, a contención dos prezos e máis igualdade

UGT e CCOO convocan manifestacións en toda Galicia, en Ferrol partirá desde o Inferniño ás 12 do mediodía.

O secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, xunto á secretaria xeral do S.N. de CCOO de Galicia, Amelia Pérez, presentaron hoxe en Santiago en rolda de prensa o 1º de Maio que este ano vaise celebrar baixo o lema “A solución: subir salarios, conter prezos e máis igualdade”.

Segundo Amelia Pérez, "reivindicamos que o centro das políticas deste país siga sendo o factor traballo, porque é o verdadeiro elemento transformador da sociedade". Neste sentido, as políticas que se adoptan na materia "son o que ao final mellora a vida das persoas", apuntou a dirixente sindical.

José Antonio Gómez, destacou que "este 1º de Maio vai ser unha data para a celebración, orgullo polo conseguido froito da concertación e diálogo social, para defender e esixir que o conseguido se cumpra pero tamén para poñer enriba da mesa vellas reivindicacións non acadadas e novas demandas".

O Secretario Xeral de UGT-Galicia, fixo fincapé en que "a celebración deste 1º de Maio no pode escapar ó contexto, abafado pola guerra en Ucraína que está a levar a unha situación de crise económica a nivel mundial pero tamén ao sufrimento inxusto do pobo ucraíno e de moitos cidadáns rusos que están a ser perseguidos polo súa postura en contra desta inxusta guerra". Neste senso, manifestou a solidariedade do Sindicato con todos eles e con "moitos outros pobos onde celebrar esta data e mesmo facer sindicalismo no día a día é causa de represión e persecución".

A secretaria xeral de CCOO reiterou o apoio dos sindicatos de clase ao pobo ucraíno, rexeitando tanto a invasión rusa como a represión por parte do Goberno de Putin contra os manifestantes que piden a paz; tamén ao pobo saharauí, criticando o cambio de postura do Goberno de España, "que non compartimos".

Amelia Pérez, amosou a súa preocupación polo avance da extrema dereita no Estado español e en Europa: "Estase banalizando e normalizando de xeito alarmante", e puxo como exemplo a recente entrada de Vox no Goberno autonómico de Castela e León.

A secretaria xeral de CCOO defendeu a importancia de subir os salarios, debate que ten lugar cunha guerra en Ucraína e cun aumento aínda maior da inflación, que xa viña subindo nos últimos meses. "Estase falando dun pacto de rendas, que ten que ser como asumamos entre todos e todas, e non só a clase obreira, o custo da crise que se está producindo", advertiu.

José Antonio Gómez, destacou "a bagaxe positiva coa se concorre a esta edición do 1º de Maio, cos acordos en materia de pensións, o SMI, teletraballo, ERTE`s ou reforma laboral, froito todos eles do diálogo social e dunha ardua tarefa de negociación e concertación. E, precisamente, isto debe animar ós galegos e galegas a saír ás rúas para defender o conseguido".

"Pero a cara negativa deste 1º de Maio é unha conxuntura económica marcada por un IPC na contorna do 10% que se non vai acompañado dunha suba de salarios e non se garante a suba das pensións, como algúns xa están a suxerir, conducirá ó empobrecemento das familias deste país".

Finalmente, Amelia Pérez, reclamou máis igualdade, "porque iso significa máis xustiza social". Neste sentido apelou a "aproveitar os plans de igualdade e as novas normas en materia de igualdade que se aprobaron nos últimos anos para reducir os desequilibrios que se rexistran nas empresas".

O Secretario Xeral de UGT-Galicia, manifestou que "a postura da CEOE, en relación ó AENC, ten que mudar. Ten que apostar por garantir cláusulas de revisión salarial que aseguren o mantemento do poder adquisitivo das familias. O contrario vai supoñer o conflito e o país, na conxuntura actual, require de pacto e negociación. Pero a cerrazón da patronal pode conducir ó contrario porque non se pode consentir que sexan os traballadores, cos seus salarios, os que paguen as consecuencias. Xa hai a día de hoxe sectores, como o do telemarketing ou o do alimentación e comercio da provincia da Coruña que xa están nunha situación de conflito aberto ata que non se lles garanta ós seus traballadores e traballadoras o mantemento do poder de compra".

José Antonio Gómez, recoñeceu que tanto o Goberno central como o da Xunta adoptaron medidas para paliar a situación, "medidas que UGT saúda pero que considera insuficientes. Urxe un maior soporte para os máis vulnerables. Hai en España 9.500.0000 persoas con salarios de 1.000 euros ou menos, desempregados, perceptores de pensións non contributivas ou con complementos a mínimos. Cifra que en Galicia sitúase nas 500.000 persoas, que, de seguro, teñen serias dificultades para chegar a fin de mes. Por iso, urxe habilitar outro tipo de achegas para os máis vulnerables".

Na súa intervención, o Secretario Xeral da UGT-Galicia, tamén rexeitou a receita, para combater esta crise, das rebaixas fiscais que, "de seguro traerían consecuencias negativas no eido internacional e traerían consigo consecuencias moi negativas no eido do investimento público".

A secretaria xeral de CCOO envioulle unha mensaxe ao Partido Popular e á Xunta, advertíndolles aos seus dirixentes que "Galicia non pode pagar as consecuencias desta longa interinidade". A situación actual "esixe tomar medidas e as familias non poden agardar aos tempos dos partidos políticos. A Xunta ten que traballar xa", afirmou Amelia Pérez.

Finalmente, José Antonio Gómez, explicou que neste 1º de Maio vanse levar ás rúas unha serie de reivindicacións como a suba do SMI a finais de ano para que este se sitúe no 60% do salario medio do país; seguir avanzando en materia de igualdade; poñer en marcha un plan de loita contra a lacra da sinistralidade laboral; as 32 horas semanais; unha transición ecolóxica xusta; e a reforma dun ET para o século XXI.

Santiago, 26 de abril de 2022

✔ Manifesto 1º de Maio conxunto de UGT e CCOO de Galicia. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto 1º de Maio do S.N. de CCOO de Galicia. | Acceder/Baixar.


UGT Galicia
https://www.ugtgalicia.org/


S.N. de CCOO de Galicia
https://www.ccoo.gal/
_______

Boletín informativo ambiental semanal de Radio Cerna: O movemento ecoloxista consegue que se protexan 1.130 zonas húmidas de Galiza tras 15 anos de pasividade e desproteccón por parte da Xunta e do Estado ... e outras novas


Boletín informativo ambiental 29/04/22

O movemento ecoloxista consegue que se protexan 1.130 zonas húmidas de Galiza tras 15 anos de pasividade e desproteccón por parte da Xunta e do Estado. Tamén os activistas galegos lideran a o oposición estatal ao real decreto lei que simplifica a tramitación de macroproxectos eólicos e os exime de avaliación ambiental ordinais. E a fábrica de fibras téxtiles de Altri preséntase como nova amezada para o medio ambiente galego.... Esta e máis novas no eido ambiental e ecoloxista de Galiza na última semana. Escóitaas en Radio Cerna!!

#GalizaPolaPaz

Queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza? Escoita Radio Cerna!





Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo. | Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal | Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela | Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal

#RadioCerna
#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica

Foto: Lagoa de Vixán, en Ribeira | 02.02.2022 | Dirección Xeral de Patrimonio Natural - Xunta de Galicia

Delegación de Adega
Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
29 de abril de 2022 12:03

_______

Día Mundial da Terra: Camiñando cara a sexta extinción, ... Por Miguel Anjo González Garcia


Por Miguel Anjo González Garcia [*]
29.04.2022


O planeta Terra está a vivir un momento histórico, no que a vida nel como a entendemos desde fai milleiros de anos, está sobre pasando o límite de destrución dos seus ecosistemas, os cales son os que a diferencian do resto de planetas coñecidos, pola acción do ser humano e do seu sistema de vida, por mor do seu sistema económico. Un sistema económico que basease no consumismo como motor de crecemento da economía o cal, está a depredar os recursos naturais de xeito totalmente desbocado, co resultado que estamos a vivir (cambio climático-contaminación-desertificación- aparición de novos virus etecetera) Segundo a ONU o ano 2020 foi o máis cálido da historia desde que se teñen rexistros. O nivel do mar esta a subir máis rápido do que se esperaba así como, o quecemento e a acidificación o que esta a facer é que moitas especies mariñas emigren cara os polos. Na próxima década senón facemos algo 2/3 dos bosques tropicais desapareceran, por non poder soportar o aumento das temperaturas. Por mor da agricultura e gandería intensiva, estamos a acabar cos bosques tropicais, coa auga fresca e os sistemas de polinización o que vai traer consigo, que moitas especies vexetais e os seus depredadores estean en risco de desaparecer, alterando con isto a cadea trófica natural, ademais de por en xaque a produción de moitos alimentos para humanos. Tamén estase a comprobar que por mor do cambio climático, esta a repuntar a fame, estase a propagar certas doenzas que estaban mais ou menos controladas ademais de ter récords de concentracións de dióxido de carbono na atmosfera. Ademais da COVID, África e unha parte de Asia están a sufrir máis do que antes era normal praga de langostas co espécimes de máis tamaño do normal, que están a devorar a maior parte dos cultivos co conseguinte risco de fame negra nestes países. A destrución da natureza a nível mundial e dos servizos ecosistémicos que presta, xunto coa desaparición das especies correspondentes, esta a custar entre o 10-20% do PIB mundial ano tras ano.

Desde a asociación ecoloxista ADEGA queremos facer un chamamento ás autoridades este 22 de abril Día Mundial da Nai Terra e tamén a poboación en xeral de que se seguimos co noso sistema de vida baseado no consumismo e se non aceleramos o abandono dos combustíbeis fósiles, estamos poñendo ao planeta e sobre todo a nós mesmos, ante o inicio do que moitos científicos chaman a Sexta Extinción. Desde ADEGA-FERROLTERRA creemos que as nosas autoridades deben empezar a traballar xa en serio en temas como:

✅ A mobilidade onde a poboación coa axuda das autoridades debemos apostar por modelos sostíbeis aínda que o carro sexa eléctrico.

✅ Reducir o consumo de enerxía en todo o que sexa posíbel e camiñar cara a un modelo extensivo na súa produción.

✅ Apostar por reducir o noso consumo polo menos de unha gran parte do que sexa superfluo.

✅ Apostar polos produtos locais e feitos con materiais sostíbeis.

✅ Apostar polos produtos a granel como se fixo nunha gran parte da nosa historia.

✅ Apostar polo compostaxe esixindo as nosas autoridades municipais que o favorezan e promovan nos barrios.

✅ Apostar por produtos de mais duración e sempre que sexa posíbel volver a cultura da reparación como sempre se fixo neste país.

✅ Educar as nosas rapazas no consumo responsábel e nos perigos da obsolescencia percibida para o medio ambiente.

✅ Intentar abandonar a cultura do avión e apostar polo tren nas cortas e medias distancias etcétera.

En resumo, desde ADEGA pensamos que debemos empezar a camiñar cara outro sistema de vida acorde coa natureza, a cal é con certeza, a que nos permite vivir e sen ela, a vida dos humanos tal como a coñecemos é imposíbel.

Foto: Un día calquera na praia de Caranza (Ferrol) | 7 de Xaneiro de 2022.

[*] Miguel Anjo González Garcia, é o Coordinador da Delegación Comarcal de Ferrolterra - Trasancos da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega). E condutor do programa "Residuo Cero" en Rádio Filispim (93.9 da FM). | Artigos no Diario de Ferrol | OllaparoÁrtabra 21.

_______

xoves, abril 28, 2022

A palavra adoquinada, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Iolanda Teixeiro Rei [*]
29.04.2022


A PALAVRA ADOQUINADA

Descarbonizando a praza do Carbón, peonalizando a praza do Callao en cuxos altos loce o monumento ao almirante vigués Méndez Núñez, (un dos heroes da batalla do Callao) o governo municipal cambia os vedraños adoquíns de granito do país polo horrendo formigón. Reclama ser Ferrol Patrimonio Mundial e, a un tempo, deixa nas cobizosas mans dos construtores de tixolo e cemento o enfeitizo dunha cidade ilustrada. Na praza do Callao, da verba celta caliavo, que provén de kal, isto é pedra ou callau, praia de cantos rodados, como os fermosos pavimentos das belidas cidades portuguesas, nos Açores, Madeira ou no Languedoc francés. Como os fermosos adoquíns que loce a cidade tan premiada de Victoria, artellados alí polos canteiros artesáns pontevedreses, como Karlotti me comentava onte, un dos artelladores da Palavra Encarnada, da Poesía salvaxe, a adoquinar de versos livres as rúas e as prazas da cidade racionalista durante tres longos lustros. Na praza do Callao a verba dos arxinas que Ferreiro cantara, a pedra de granito lavrada por canteiros, o addukkín que fai das rúas espellos de ríos grisallos por onde a auga lúe sen apozar, por onde o paseante camiña sen esvarar. O empedrado ferrolán patrimonial que devera ser mimado como os abraiantes mosaicos dos irmaos portugueses. O adoquín lambonada ou carambelo. O adoquín político, torpura dos diñeiros públicos que escorregan polas arcas do formigón armado. O adoquín-cubo de xelo con azucre para as bebidas do Callao peruano. As pedras escadradas dos antigos romanos, lindas e rexas, como radiantes versos de luz ecoados nos espellos das brancas galerías. Pedra-osamenta da terra nai. Adoquín da revolta no maio francés, baixo o teito de pedra, pavimento de areais contra as cargas policiais nas primaveras. Adoquim do Brasil, zona policiada. Pedra de escândalo, Palavra encarnada, cerco de pedra en que a verba encarna para curar ao sol. Versos nas calzadas. Silenciada arma carregada de futuro. Encarnada nas tascas e mercados, entre o viño e a cebada, no mar de dentro e no de fóra, nos Ateneos abertos, entre cuncas e linguas de cor e lume, nos ancos sombrizos da cadrícula ferrolana. Pedra de amolar, para aguzar as facas. Pedra de xelo, saraiva nos cravos de abril, festexando a revolución guiada outrora por Saraiva de Carvalho.

A Palavra Encarnada a empedrar as rúas de Ferrol. Bardos do povo, desmercantilizando a beleza, convocando a voz, compangando o pan, sementando as leiras, afiuzando na colleita e na sazón. Sen curiais nen dezmos. Poetas, pedra a pedra, erguéndose en encostas. Consagradores da pedra infernal que há corroer as nauseabundas espullas do Mercado. Pedra-adoquín, fita nas verbas, liberando a cidade dos valados.

[*] Iolanda Teixeiro Rei. Secretaria de organización de LiGanDo-LGD. Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
27 de abril de 2022 20:14

_______

Memoria Histórica Democrática, inaugurou cunha charla explicativa, no IES Blanco Amor de Culleredo, a exposición fotográfica 'A fuxida do Bou Ramón' - Galería fotográfica do acto


Memoria Histórica Democrática, inaugurou cunha charla explicativa, no IES Blanco Amor de Culleredo, a exposición fotográfica "A fuxida do Bou Ramón"

Memoria Histórica Democrática, tivemos a satisfacción de inaugurar cunha charla explicativa, no IES Blanco Amor, a nosa exposición fotográfica “A fuxida do Bou Ramón” que relata como 27 republicanos, agachados durante a guerra civil na comarca de Ferrolterra, partiron de Ares, unha noite de xullo de 1939, para chegar a Francia salvando a súas vidas e como foron as súas vivencias posteriores.

É una historia, non só de supervivencia, senón tamén de xenerosidade solidaria, de sacrificios e da loita pola dignidade dun pobo.

Agradecemos moito o seu interese ao alumnado as profesoras e a dirección do centro, que tivo a atención de agasallar a nosa Asociación cunha placa de Sargadelos, cuxo motivo é Eduardo Blanco Amor que lle da nome ao Centro, pero o verdadeiro regalo é que nos permitan levar á xuventude –ao futuro– estas leccións de Historia solidaria. A todas e todos moitas grazas.











Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
https://memoriahistoricademocratica.org/
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
27 de abril de 2022 18:59

_______

martes, abril 26, 2022

Unidas Podemos pregunta no Congreso: Cando ten previsto o Goberno outorgar o cuarto indulto a María Salmerón?


Grupo Parlamentario Confederal de
Unidas Podemos, En Comú Podem e Galicia en Común


Á MESA DO CONGRESO DOS DEPUTADOS
C.DIP 209091 11/04/2022 11:13

Ao amparo do establecido no artigo 185 e seguintes do Regulamento do Congreso dos Deputados, os deputados e deputadas que subscriben formulan as seguintes preguntas dirixidas ao Goberno para a súa resposta escrita.

En setembro de 2019, máis de 300 organizacións de mulleres e máis de 500 firmas individuais pediron ao Goberno un novo indulto para María Salmerón. Afirmaban, ademais, que este caso é un claro exemplo de violencia institucional cara ás mulleres e reclamaban a necesidade de avanzar cara a unha xustiza con perspectiva de xénero.

Trataríase do cuarto indulto que podería recibir Salmerón polo mesmo delito: a desobediencia por incumprir as visitas da súa filla co seu exmarido, condenado por malos tratos en 2008.

Desde finais de xaneiro de 2021, a execución da condena a nove meses de prisión por desobediencia á autoridade ditada en 2019, ao seguir incumprindo Salmerón a custodia compartida da súa filla co pai maltratador, está suspendida ate que sexa resolta a solicitude d o novo indulto, coa súa aceptación ou denegación.

O propio Goberno manifestou publicamente que ningunha muller debería ser condenada e entrar en prisión por protexer aos seus fillos da violencia machista e dun maltratador. É evidente que a violencia institucional cara ás mulleres non se resolve cunha medida excepcional como é o indulto, pero son os indultos gobernamentais os que conseguiron até agora que Salmerón non entre en prisión.

Con todo, a finais de marzo pasado, o xulgado do Penal nº6 de Sevilla deu por desestimado o indulto solicitado alegando que transcorreu un ano sen resposta, de tal forma que se reactiva o ingreso de María Salmerón en prisión. Por iso, é sumamente importante coñecer en que situación se atopa o expediente do indulto solicitado ao Goberno.

Cando ten previsto o Goberno outorgar o cuarto indulto a María Salmerón?

Palacio do Congreso dos Deputados

Madrid, a 11 de abril, de 2022

Miguel Ángel Bustamante Martín
Diputado GCUP-ECP-GEC

Martina Velarde Gómez
Diputada GCUP-ECP-GEC

Pedro Honrubia Hurtado
Diputado GCUP-ECP-GEC

Isabel Franco Carmona
Diputada GCUP-ECP-GEC

Juan Antonio Delgado Ramos
Diputado GCUP-ECP-GEC

✔ Documento da pregunta escrita en formato pdf. | Acceder/Baixar.

✔ Situación da pregunta na Web do Congreso do Deputados. | Ir á Web.

Enviado por:
Inacio GZ
-inaciogz@gmail.com-
26 de abril de 2022 17:41

_______

Presentación do libro 'Alejandro Viana, un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos' (Ed. Belagua) por Roberto Mera Covas, acompañado de Henrique Dacosta e Víctor García Novás - O venres 29 de abril, ás 8 da tarde, no Centro Cívico de Canido


Presentación do libro "ALEJANDRO VIANA, un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos" (Ed. Belagua) por Roberto Mera Covas, acompañado de Henrique Dacosta e Víctor García Novás.

📅 Venres 29/Abril/2022
20hs
📍 Centro Cívico de Canido

Con esta obra, o autor achéganos á historia dun “ponteaerán de película”, o Schindler galego, do que quere subliñar a súa faceta humanitaria. Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos devecían por chegar a América para salvar as súas vidas.

Alejandro Viana, á fronte de varias organizacións humanitarias, organizou a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas. Acosado pola Falanxe e a GESTAPO, emprendeu unha fuxida e logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México, xunto coa súa dona e coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
25 de abril de 2022 22:00

_______

Presentación do libro: 'Galicia 1972. A clase obreira e a cidadanía contra o franquismo', no Ateneo Ferrolán - O mércores 27 de abril, ás 7 da tarde


Presentación do libro: "Galicia 1972. A clase obreira e a cidadanía contra o franquismo"

Mércores día 27 de abril ás 19 h. no Ateneo

A Fundación 10 de Marzo e o Ateneo Ferrolán organizan a presentación do libro:

"Galicia 1972. A clase obreira e a cidadanía contra o franquismo"

Participarán:

✔ Esperanza Piñeiro (historiadora e coautora).
✔ Bernardo Máiz (historiado e coautor).
✔ Sari Alabau (militante do PCG no 10 de marzo de 1972).
✔ Ricardo Gurriarán (editor e director da Fundación 10 de Marzo).
✔ Emilio Crespo (editor e secretario da Fundación 10 de Marzo).

Publicación do libro "Galicia 1972. A clase obreira e a cidadanía contra o franquismo". Editores: Ricardo Gurriarán e Emilio Crespo. Publicado pola Fundación 10 de Marzo, 2022 - Prezo: 20 euros.

Este libro quere render un homenaxe a unha parte fundamental da nosa historia recente; unha historia que comeza cando o noso país viu como a liberdade e os dereitos se lle escapaban das mans coma a auga escorrega dun cesto. Despois chegou a escuridade; e dentro desa escuridade irrompeu a necesidade e as ganas de moitos homes e mulleres de arriscarse e loitar por recuperar os bens perdidos.

Nesta historia merece un capítulo especial o ano 1972. O acontecido naquela data selou o dicir do noso país e marcou a vida de centos de homes e mulleres que puxeron contra as cordas a ditadura, nos seus derradeiros estertores.

A vida cotiá era tan dura e intensa que parte dos e das protagonistas, ao lles preguntar se tiñan a sensación de estar participando nun fito histórico, responden moi ao xeito galego: Non, faciamos o que tiñamos que facer.

Poñer negro sobre branco todo o que estas persoas viviron ten, se cabe, máis importancia agora que se leva o de reescribiren a historia aqueles que non a protagonizaron, aqueles que a viviron desde outro prisma ou os que, co paso do tempo, prefiren aderezala pervertendo o realmente acontecido. Polo tanto, o sucedido en Ferrol, en Vigo e durante as revoltas na universidade de Santiago, a principios dese ano, son páxinas imprescindibles que contén esta obra, nacida para lembrar e non esquecer.

De aí a nosa vella reivindicación de que estes feitos deberían formar parte das ensinanzas impartidas en todos os colexios. Porque estamos ante un capítulo que mudou o rumbo da nosa historia recente e que moitos tentan terxiversar como xa dixemos ou agochar, e non recoñecer.

Hónranos dicir que en calquera das loitas actuais da clase obreira perdura o espírito do 72.

#Ateneo #SomosCultura #Libros #ClubDeLectura #Ferrol #Galiza

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Cristina Meizoso
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
25 de abril de 2022 17:59

_______