mércores, outubro 26, 2022

Valoracion da situación crítica da pediatría en Galicia - SOS Sanidade Pública


Valoración da situación crítica da pediatría en Galicia

Pediatras e Matronas Xa, Costa da Morte

Aquí na costa da morte é unha práctica habitual, ou son atendidos por médicos de familia con cursos de puericultura ou directamente por médicos de familia a secas, a figura do pediatra aquí está practicamente desterrada, non se fan moitos seguimentos de idade nin se dan as vacinas pautadas no seu debido tempo nin a bebés, e en moitos concellos xa se considera un luxo que che atendan o fill@

As nais e pais adoitan peregrinar polos centros de saúde mendigando atención e cando xa non queda máis remedio tirando de PAC (onde non hai pediatra), ou directamente as urxencias do hospital comarcal de Cee, onde tampouco soe haber pediatra (nas urxencias), salvo que lle cadre de garda ou que sexa algo tal gravidade que o fagan chamar.

Plataforma Sanxenxo

Aquí por desgracia está máis normalizado do que quixeramos de feito a veces ata se aplaude cando vas o Centro de Saúde e che atenden á nen@, e nós metémoslle moita caña a xente pero a xente xa ten asumidas dúas cousas:

- Que non imos volver a ter pediatras.
- Que o mellor é facer un seguro privado porque as crianzas son o primeiro.

E para rematala a individua esta sae dicindo dende a xerencia da SERGAS que non pretendamos ter un pediatras por centro de saúde, canta falta de humildade e canto exceso de soberbia teñen os ricos de berce.

Nós xa nos mobilizamos no 2.017 e conseguimos seguir tendo o servizo, pero moito me temo que agora vai ser máis complicado. O bo é que a xente desta zona están máis sensibilizada co tema da pediatría. Aquí xa non hai un pediatra por centro de saúde, haino nun dos dous que temos, e que atende parte dos concello limítrofes.

É o discurso do PP, o mesmo dixo o alcalde de Sanxenxo co tema dos médicos de familia, nun dos plenos. Traédenos médicos que os contratamos pero xa...

Plataformas Condado

Estivemos case 2 anos sen pediatra nin en Covelo, nin Mondariz, nin Mondariz Balneario, que tiñamos o servizo compartido para os 3 concellos distribuíndo a xornada de 8 a 12 en Mondariz e de 12 a 15 en Covelo

Restableceuse o servizo no 2019 tal como estaba, co Covid pasou a atender so no concello de Mondariz ás cativas dos 3 concellos tendo que ser as familias as que se desprazan e a iso hai que sumarlle que non hai transporte público ningún, soamente un taxi en todo o concello de Covelo, e dende finais do 2021 atende en Mondariz en xornada completa todos os días e en Covelo soamente ós xoves

Eu lémbrome que levamos as crianzas as concentracións tanto en Cañiza como en Ponteareas e a Garda Civil coas metralletas na man diante deles berrando "votaivos pa atras!!", as de 1ª fila eran as crianzas.... vergoñento...

Plataforma Sanxenxo

Nun principio, o Sr. Comesaña estará mañá no CS de Baltar a sacar peito da campaña de prevención do cancro de cérvix (as probas realizan-nas as matronas, non si?)  Algún recado para o conselleiro?

Pediatras e Matronas Xa, Costa da Morte

 Cal é a excusa para a falta de matronas.
- Vir quitar as fotos si pero as prazas sen cubrir
- Coa saúde das mulleres no  se xoga

Denuncian que 192 concellos de Galicia carecen de peditria

Si este dato é real, e contando que en Galicia hai 313 concellos, xa hai máis concellos sen pediatra que con pediatra.

Iso tamén llo había que espetar o Sr. Comesaña.

✅ Feijoo mentindo sobre a contratación de pediatras. | Nova no Faro de Vigo.

✅ O SERGAS non quere poñer pediatras nos Centros de Saúde. | Nova en Nós Diario.

Manuel Martin
Voceiro SOS Sanidade Pública

Contacto coa Plataforma SOS Sanidade Pública de Ferrolterra:

plataformasosanidadepublica@gmail.com


Web nacional da Plataforma:

https://sossanidadepublica.wordpress.com/

Foto: Demandando pediatra n'A Lama, de Gustavo Santos (Detalle).

Enviado por:
PLATAFORMA FERROLTERRA
-plataformasosanidadepublica@gmail.com-
20 de outubro de 2022 15:26

_______

Caeu a torre da vergoña da ENEL Green Power, veuse a baixo a metáfora de espada de Damocles sobre as nosas cabezas, ... Por André Abeledo Fernández




Por André Abeledo Fernández [*]
26.10.2022


Caeulles a torre aos de ENEL Green Power, os que ameazan a todo un pobo con montar o "Parque Eólico de Caaveiro" e destruír o noso entorno, a nosa forma de vida, e as nosas esperanzas dun futuro mellor para a nosa terra.

Querían medir a forza do vento, e o vento levoulles a canallada, agora si queren medir a forza da veciñanza defendendo a súa terra vainos levar o demo.

Caeulles a torreta de medición da velocidade do vento que todos os veciños podíamos ver como espada de Damocles sobre as nosas cabezas.

Vai ser que a natureza e o vento tamén están con nos na loita contra os muíños do espolio, da especulación e do desastre, vai ser que traballan con nos os elementos para defender a terra.

Ao día seguinte da caída da estrutura xigante, duns 100 metros, os veciños de Anca celebramos a caída do símbolo dos abusos do poder e das multinacionais do sector eléctrico na nosa parroquia.

Aplaudimos ao vento que levou o esperpento ameazante que nos miraba día e noite dende o noso monte.

Sabemos que a loita vai seguir, que volverán a levantar a torre da vergoña, será por cartos, pero esta vitoria do vento sobre os especuladores macroeólicos é a primeira de todas as que veñen detrás.

Porque non imos permitir que destrúan a nosa terra, o noso presente e hipotequen o futuro dos nosos fillos sen loitar.

Porque ata os elementos están berrando que a Galiza non se vende, se defende.

EÓLICOS AQUÍ NON!

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
26 de outubro de 2022 12:01

_______

'Agora Ferrol', a candidatura que aspira a representar a Podemos nas eleccións municipais presentarase o xoves día 27 na sede da formación - Tras a presentación da candidatura, o partido organiza a charla 'Emafesa, unha gran estafa' - Podemos Ferrol propón un pacto de cidade para que nos Orzamentos Xerais de 2023 haxa un investimento no tren Ferrol-A Coruña


“Agora Ferrol”, a candidatura que aspira a representar a Podemos nas eleccións municipais presentarase o xoves día 27 na sede da formación

As persoas que integran a lista que se presenta ás primarias farán unha presentación da mesma o xoves 27 de outubro ás 18:30 horas na sede da formación. A continuación, terá lugar unha charla sobre a situación actual de Emafesa. O relator será Inacio Martínez Orero, membro da Plataforma pola Defensa dos Servizos Públicos.

Ferrol, 26 de outubro. –

Podemos Ferrol presenta este xoves, 27 de outubro, a candidatura unitaria “Agora Ferrol” que aspira a representar a Podemos nas eleccións municipais e está encabezada por Borja San Ramón. Será ás 18:30 da tarde na sede que a formación ten na cidade.

Dende a organización queren lembrar a todas as persoas inscritas que o prazo de votación destas primarias comeza o 28 de outubro e remata o 3 de novembro. Poden facelo por vía electrónica, accedendo a https://primarias2022.podemos.info/. Para aqueles que non teñan a posibilidade de facelo dende o seu propio dispositivo, habilitarase un punto de votación telemática no recinto formativo. Os resultados faranse públicos o 4 de novembro.

Tras a presentación da candidatura, o partido organiza a charla "Emafesa, unha gran estafa", na que se tratará a problemática actual de Emafesa e na que participará Inacio Martínez, membro da Plataforma pola Defensa dos Servizos Públicos, pola remunicipalización. Dende a formación consideran que este é un dos temas importantes que afectan actualmente á cidadanía de Ferrol e ao seu peto. Ademais, segundo as palabras do cabeza de lista municipal da formación Borja San Ramón, “quedan moitas cousas por aclarar e resolver en canto ao saneamento da cidade”. Falan, por exemplo, do saneamento do rural, que foi obxecto de debate nun dos últimos plenos do Concello; as lecturas estimativas realizadas pola empresa, que levaron a moitos veciños a presentar denuncias por ter recibido facturas moi elevadas; ou tamén o cobro da taxa de depuración.

Podemos Ferrol propón un pacto de cidade para que nos Orzamentos Xerais de 2023 haxa un investimento no tren Ferrol-A Coruña

O Círculo de Podemos Ferrol insta ás forzas políticas con representación no pleno municipal a poñerse de acordo e, así, demostrar aos seus homólogos no Congreso dos Deputados que a cuestión do tren Ferrol-A Coruña non pode seguir demorando no tempo.

Ferrol, 20 de outubro. –

Podemos Ferrol non está satisfeito con que todas as forzas políticas presenten emendas aos Orzamentos Xerais reclamando antepoñer os intereses da cidadanía. En palabras de Borja San Ramón, futuro cabeza de lista desta formación na cidade, “o mellor resultado sería facer un pacto de cidade esixindo que todos os partidos voten a favor dunha mesma emenda e así conseguir que se aprobe si ou si. , en vez de quedar sen anuncio para a galería”.

Desde o seu punto de vista, o modus operandi dos políticos da cidade con respecto a esta cuestión responde "ao mesmo modelo de goberno que ven perpetuándose dende que houbo varias lexislaturas". Na súa opinión, é máis doado falar cos responsables do seu grupo en Galicia e Madrid para "rendibilizar algúns votos", que pensar en mellorar a cidade e mostrar unidade dende a Deputación.

Debido a que “os ferroláns levamos un tempo estresados” e que “o futuro de Ferrol non se xoga”, pide que o Concello aprobe por unanimidade unha declaración institucional “esixindo enerxicamente unha intervención urxente no ferrocarril”. liña Ferrol-A Coruña, tan necesaria para o futuro da Comarca”.

Comunicación Podemos Ferrol
contacto@ferrol.podemos.info

Enviado por:
contacto@ferrol.podemos.info
-contacto@ferrol.podemos.info-
26 de outubro de 2022 11:29

_______

Barcos de Papel para Patrimonio Mundial, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
26.10.2022


BARCOS DE PAPEL PARA PATRIMONIO MUNDIAL

O concello de Ferrol acaba de facer a botadura simbóloca de 30.000 barcos de papel para promocionar a candidatura da cidade a Patrimonio Mundial da Unesco. Nada menos que treinta mil! Burro grande ande ou non ande.

E aí entra o decrecentismo como fondamente diferente das propostas da economía circular do capitalismo verde. Hai quen pensa, como a edil do ramo, que producir papel procedente de algas non máis que para facer un acto simbólico desas proporcións é unha iniciativa ecolóxica. E incluso considera a botadura como un proceso natural.

Que mensaxe de educación ambiental lle estamos enviando aos nenos desde as institucións? Que producir, amais un produto innecesario, non contamina? Que o proceso de producir é limpo e xebre e non consume, por exemplo, un ben tan fundamental como auga?.

Hai tan pouca imaxinación para pensar nunha asociación innecesaria entre Armada e Ilustración?. Tan pouco siso como para involucrar ás escolas nun proxecto Ferrol. Porto da Ilustración?

Tendo a ría máis contaminada non sería mellor proposta de candidatura sanear a ría para recuperar o ecosistema mariño implicando a mariscadores e profesionais do mar como biólogos, oceanógrafos… e facer educación ambiental co obxectivo de recuperar a ría e a economía sostivel?.

Contamos contigo, disque. Non sei convosco. Comigo, non.

[*] Iolanda Teixeiro Rei. Secretaria de organización de LiGanDo-LGD. Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
25 de outubro de 2022 14:38

_______ _______

Camiñando cara o 25N - Conversas Feministas da Marcha Mundial das Mulleres - Acto no Centro Cívico de Canido - Xoves 27 de outubro, ás 7 da tarde


Camiñando cara o 25N - Conversas Feministas da Marcha Mundial das MUlleres - Acto no Centro Cívico de Canido. Xoves 27 de outubro, ás 7 da tarde

Coordenadora Local de Ferrol e comarca

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
24 de outubro de 2022 21:46

_______

II Congreso da Rede para o Decrecemento, celebrara-se en Ferrol este sábado 29 de outubro, no local social veciñal de Valón - Programa completo - Coa participación na clausura de Antonio Turiel e Carlos Taibo.





II Congreso da Rede para o Decrecemento

O II Congreso da Rede para o Decrecemento vai desenvolver o 29 de Outubro no local da Asociación de Veciños de Valón en Ferrol, coa participación na clausura de Antonio Turiel e Carlos Taibo.

Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo

https://www.facebook.com/rededecrecemento/


https://redeparaodecrecemento.wordpress.com/


/> Enviado por:
Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
-redeparaodecrecemento@gmail.com-
21 de outubro de 2022 20:45

_______

martes, outubro 25, 2022

Exposición de Xurxo Lobato en Ferrol e libro de Rafael Pillado, son os vindeiros actos da Memoria Histórica '50 aniversario 10 de marzo', este venres 28 de outubro






Exposición en Ferrol de Xurxo Lobato e libro de Rafael Pillado, vindeiros actos da Memoria Histórica "Dez de Marzo 50 Aniversario", este venres 28 de outubro.

E-mail:

10m72.50aniversario@gmail.com

Podes seguirnos na nosa páxina de Facebook: Dez De Marzo Cincuenta Aniversario,.

Baseado no enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
22 de outubro de 2022 19:21

_______

domingo, outubro 23, 2022

Presentación do libro de Carlos Taibo: 'Ecofascismo', en Ferrol, o venres 28 de outubro, ás 8 da tarde, na Fundaçom Artábria, coa participación do autor


Presentación do libro: "Ecofascismo", de Carlos Taibo en Ferrol, da man da Rede Decrescimento (Eo-Navia | Galiza | O Bierzo) que ao día seguinte celebra o seu segundo congreso, no mesmo concello no Centro Social de Valón, onde xunto a Antonio Turiel participará o autor na clausura do mesmo.

Día: venres 28 de outubro.
Hora: 8 da tarde.
Lugar: na Fundaçom Artábria, na Travessa de Batalhons, 7 (Esteiro-Ferrol).
Presentación: Iago López.
Intervención: Carlos Taibo.
Organiza: Rede Decrescimento (Eo-Navia | Galiza | O Bierzo).
Colabora: Fundaçom Artábria.

Ecofascismo
Unha introdución

de Carlos Taibo [*]

Taibo cre que o cambio climático e a caída das materias primas están a levarnos a unha nova forma de fascismo para preservar os recursos mundiais para unha minoría.

O ecofascismo é unha aposta en virtude da cal algunhas das clases dirixentes do mundo, conscientes dos efectos do cambio climático, do esgotamento das materias primas enerxéticas e da solución de interminábeis crises paralelas, se puxeran á tarefa de preservar os escasos recursos visíbeis para unha seleccionada minoría. E marxinar, na versión máis branda, e exterminar, na máis dura, o que se entende como poboación "excedentaria" nun planeta que rompeu visibelmente os seus límites. Nesta perspectiva, o ecofascismo non sería un proxecto negacionista ligado a circuítos marxinais da extrema dereita, senón que xurdiría no seo dos principais poderes políticos e económicos. Aínda que tería como núcleo principal as elites occidentais, a elas poderían engadirse outras asentadas en espazos xeográficos diversos. O ecofascismo afundiría as súas raíces, ademais, en moitas das manifestacións do colonialismo e do imperialismo de sempre, que a partir de agora poderían apostar polo exterminio, xa suxerido, daqueles que se estima que teñen abondo para utilizar poboacións enteiras nun réxime de explotación. lembra a escravitude de moi recente. En máis dun sentido, o ecofascismo sería, finalmente, unha forma de colapso. [Catarata].

Polo seu interese destacamos o seu último libro acabado de sair do prelo este 10 de outubro pasado: "En la estela de la guerra de Ucrania. Una glosa impertinente".

[*] Foi catedrático de Ciencias Políticas na Universidade Autónoma de Madrid dende hai trinta anos. Os seus últimos libros sobre a Europa Central e Oriental contemporánea son Historia de la Unión Soviética (Alianza, 2010), La Rusia contemporánea y el mundo (Los Libros de la Catarata, 2017), La desintegración de Yugoslavia (Los Libros de la Catarata, 2018), Marx y Rusia. Un ensayo sobre el Marx tardío (Los Libros de la Catarata, 2022) y Rusia frente a Ucrania. Imperios, pueblos, energía (Los Libros de la Catarata, 2022). | Web: http://www.carlostaibo.com.

_______

domingo, outubro 09, 2022

Ligando denuncia o abandono do barrio de Caranza




ABANDONO DO BARRIO DE CARANZA

O 22 de agosto deste ano celebrouse o 50 aniversario da inauguración do barrio de Caranza. Un barrio ben deseñado en canto a dotación de zonas verdes e servizos tendo en conta a época en que foi construido.

Medio século despois, asistimos a un deterioro preocupante. Hai poicos días retiráronse as cabinas telefónicas públicas. Hai unha escaseza de fontes públicas repartidas polo barrio. Do Parque do Montón xa nin falamos. Seguimos sen comedor senior e os parques presentan un aspecto de abandono e destrozo abraiante que incluso, nalgúns casos, pode resultar perigoso para a veciñanza.

Aquí enviamos fotos do Parque Fontelonga, para mostra.

LIGANDO-LGD

http://www.ligando.org/

Facebook | Twitter


Fotos: Vai para tres meses, ao pouco tempo de comezar, do abandono das obras de nova construcción do Parque de Fontelonga, adxudicada por máis de 528.000 euros, ao renunciar a empresa contratista por problemas económicos.

Enviado por:
LiGanDo Ferrol
-ligando.ferrol@gmail.com-
8 de outubro de 2022 18:05

_______

xoves, outubro 06, 2022

Interesante acto en Ferrol sobre as pensións públicas, presentes e futuras, recortes, inflación e pacto de rendas que contará coa participación de Xabier Pérez Dávila - Este venres 7 de outubro, ás 7 da tarde no CIFP Ferrolterra, situado no barrio de Recimil, nas inmediacións do Monumento do 10 de Marzo


Charla-Debate sobre as pensións públicas, presentes e futuras: Recortes, Inflación e Pacto de Rendas

Interesante acto en Ferrol sobre as pensións públicas que contará coa participación de Xabier Pérez Dávila, acto que vai ter lugar este venres 7 de outubro, ás 7 da tarde no CIFP Ferrolterra (Rúa Ramón y Cajal, S/N), situado no barrio de Recimil, nas inmediacións do Monumento do 10 de Marzo. Este acto, en forma de charla-debate, ten o obxectivo de informar e formar, para a mobilización do movemento pensionista na defensa dos seus intereses, na mellora das contías das pensións, paralizar calquera intento de recortes e menoscabo do sistema público de pensións e evitar a súa progresiva privatización. A presencia neste acto do compañeiro Xabier Pérez Dávila, economista e escritor, autor, entre outros, do libro "A batalla das pensións", vai significar un valor engadido á charla-debate, polos seus coñecementos e a súa calidade expositiva.

Este acto organizado pola Plataforma de Ferrolterra para a Defensa das Pensións Públicas (Modepen-Ferrolterra), está encadrado na campaña para a Marcha a Madrid do vindeiro 15 de Outubro (sábado), onde miles de persoas, procedentes de todo o Estado, imos coincidir nunha grande marcha popular na defensa do sistema público de pensións. Quen queira participar na Marcha, desde Ferrolterra, a Plataforma freta autobuses que sairán á 1 da madrugada do mesmo sábado día 15 de outubro desde Ferrol (Monumento 10 de Marzo - Recimil), pasando por Caranza, Fene e Cabanas. O prezo do billete son 30 euros (Ida e volta), para contactar pódese chamar aos teléfonos 616868602 ou 629850305. A volta será o mesmo día unha vez finalizada a Marcha.

EXIXIMOS O IPC REAL PARA SALARIOS E PENSIÓNS MÍNIMAS DIGNAS.

AUDITORÍA PÚBLICA DAS CONTAS DA SEGURIDADE SOCIAL, SEN DEMORA XA !

NON Á FENDA DE XÉNERO NAS PENSIÓNS PÚBLICAS!!

REXEITAMOS A PRIVATIZACIÓN.

GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIÓNS PÚBLICAS DEFÉNDENSE!

Polo dereito a envellecer con dignidade...

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Web de MODEPEN:
https://www.modepen.org/
_______

luns, setembro 19, 2022

Acompañamento no Xuizo, contra Navantia, promovido, como afectado polo Amianto, polo noso compañeiro Rafael Pillado Lista - Este martes 20 de setembro, ás 11:30 hs diante do Edificio dos Xulgados de Ferrol


A Asociación Galega de Vítimas do Amianto (AGAVIDA) e as Asociacións Culturais FUCO BUXÁN e MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA, que vimos, ao longo deste ano, conmemorando o 50º Aniversario do Dez de Marzo do 1972, sensibilizadas cos desbastadores efectos da asbestose entre a clase traballadora e as súas familias, cunha enorme incidencia nos do sector naval e nos protagonistas daqueles sucesos mencionados, convocamos a toda a cidadanía a participar no:

ACOMPAÑAMENTO SOCIAL

Martes 20 de Setembro, 11,30 h.

Diante dos XULGADOS DE FERROL (Rúa da Coruña, 89).

Con motivo de celebrarse nesa data o Xuízo, contra Navantia, promovido, como afectado polo Amianto, polo noso compañeiro RAFAEL PILLADO LISTA.

Neste momento, as Asociacións convocares, desexamos que sexa isto un xesto inequívoco de apoio a todos os afectados por esta pandemia asasina e silenciosa. Enfermidade adquirida non de forma casual ou imprevisible senón cando as Empresas e o Goberno eran coñecedores do alcance tráxico e consecuencias do uso do Amianto para quen ignorantes délo o manipulaban no exercicio do seu traballo, ou estaban no entorno do asbesto e os seus derivados.

E-mail:

10m72.50aniversario@gmail.com

Podes seguirnos na nosa páxina de Facebook: Dez De Marzo Cincuenta Aniversario,.

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
17 de setembro de 2022 11:30

_______

venres, setembro 16, 2022

A nova canción galega ao redor do 72 - Mesa redonda en Narón este venres 16 de setembro, no Café Teatro do Pazo da Cultura


A NOVA CANCIÓN GALEGA AO REDOR DO 72

As Asociacións Culturais Memoria Histórica Democrática e Fuco "Buxán comprácense en convidarte a participar na mesa redonda e posterior coloquio sobre A NOVA CANCIÓN GALEGA AO REDOR DO 72 presentada por Julia Díaz Sixto, Presidenta do Club de Prensa de Ferrol, e na que participarán Vicente Araguas, cofundador de Voces Ceibes, Sheila Fernández Conde, historiadora e investigadora da canción protesta galega e Xoán Rubia, cantautor e membro da Nova Canción Galega.

Esta actividade, que terá unha parte musical, forma parte dos actos, relacionados co Cincuentenario do 10 de Marzo do 72, que se prolongarán ao longo do ano e nos que queremos que todas e todos teñamos protagonismo e, polo tanto, agardamos contar coa túa participación. Un cordial saúdo.

Venres 16 de setembro ás 19,30 hs no Café Teatro do Pazo da Cultura (Narón).

Entrada libre. Concello de Narón.

Podes seguirnos na nosa páxina de Facebook Dez De Marzo Cincuenta Aniversario


E-mail:
10m72.50aniversario@gmail.com

Visita a nosa páxina:
Dez De Marzo Cincuenta Aniversario, no facebook.

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
15 de setembro de 2022 11:24

_______

martes, setembro 13, 2022

Alerta Amianto: A Pandemia Silenciosa - Mesa redonda en Ferrol, o mércores 14 de setembro ás 7 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño

 


Alerta Amianto: A Pandemia Silenciosa -  Mesa redonda en Ferrol, o mércores 14 de setembro ás 7 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño

Nos vindeiros días -20 de setembro- terá lugar o xuízo no que se resolverá a reclamación de Rafael Pillado contra Navantia pola enfermidade derivada da súa exposición durante décadas ao amianto. Pillado é un máis dos milleiros de persoas que, na nosa contorna, están afectadas polo uso indiscriminado deste axente letal que reclama a intervención decidida das autoridades no apoio ás vítimas e ás súas familias, reparacións, solucións para o presente e prevención con vistas ao futuro, tendo en conta a súa dimensión social.

Neste contexto a Asociación Galega de Vítimas do Amianto, AGAVIDA, organiza en colaboración coas Asociacións Culturais Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, unha mesa redonda informativa que baixo o título ALERTA AMIANTO - A PANDEMIA SILENCIOSA tratará as claves deste debate, imprescindible e inaprazable, e na que intervirán dende perspectivas diversas Antón Losada (profesor da USC e analista político), Carlos Piñeiro (médico social e experto en afeccións provocadas pola exposición ao asbesto), Rafael Pillado (Vicepresidente de AGAVIDA) e tamén os Sindicatos que aceptaron a invitación: CIG, CGT e USTG.

Esta actividade súmase á conmemoración do Cincuentenario do 1OM do 72 xa que a seguridade no traballo era unha reivindicación clara naquel intre e moitas das persoas destacadas naqueles feitos perderon a vida a resultas da súa exposición a este material. Nestes actos que estamos a desenrolar ao longo do ano queremos que todas e todos teñamos protagonismo e polo tanto agardamos contar coa vosa participación. Un cordial saúdo.

E-mail:
10m72.50aniversario@gmail.com

Visita a nosa páxina:
Dez De Marzo Cincuenta Aniversario, no facebook.

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
12 de setembro de 2022 18:08

_______

Así foi a concentración en Ferrol, polas pensións presentes e futuras - Quentando motores para a marcha a Madrid do vindeiro 15 de Outubro - Vídeos do acto


O movemento democrático e reivindicativo de pensionistas pretendemos conseguir reverter as contrarreformas de pensións impostas e paralizar as que nos queren impoñer en contra dos intereses da clase traballadora. Recuperar dereitos perdidos e reclamar unha política económica e social que xere un reparto equitativo da riqueza.




💚 Para a mobilización do 15 de outubro, xa se está organizando a marcha a Madrid, para apuntar-se nos buses chamar ao teléfono 616 86 86 02 .

EXIXIMOS O IPC REAL E PENSIÓNS MÍNIMAS DIGNAS.

AUDITORÍA PÚBLICA DAS CONTAS DA SEGURIDADE SOCIAL, SEN DEMORA XA !

REXEITAMOS A PRIVATIZACIÓN
.

https://www.modepen.org/

Polo dereito a envellecer con dignidade...

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Web de MODEPEN:
https://www.modepen.org/
_______

venres, setembro 09, 2022

Quentando motores para este outono quente polas pensións presentes e futuras, concentración en Ferrol: sábado 10 de setembro, ás 12 do mediodía no Cantón - Pola recuperación do poder adquisitivo: Aplicación do IPC Real - Auditoría Pública das contas da Seguridade Social


Este sábado, 10 de setembro de 2022, ás 12 do mediodía no Cantón de Ferrol, o movemento de Ferrolterra para defensa do sistema público de pensións concentrase polas pensións presentes e futuras, nun acto reivindicativo, para quentar motores para a marcha do vindeiro 15 de outubro, onde plataformas e colectivos de pensionistas de todas as nacións e pobos do territorio do Estado, pretenden confluír en Madrid na defensa do sistema público de pensións, reclamando a aplicación do IPC real na contía a cobrar, para a recuperación do poder adquisitivo nunha situación de inflación galopante, reivindicación á que se suma a auditoría da Seguridade Social, a eliminación da fenda de xénero, contra a carestía da vida, contra a pobreza enerxética, na defensa da sanidade pública, por un parque público de vivendas, na defensa dos servizos públicos universais e de calidade, por unha banca pública...

O movemento democrático e reivindicativo de pensionistas pretendemos conseguir reverter as contrarreformas de pensións impostas e paralizar as que nos queren impoñer en contra dos intereses da clase traballadora. Recuperar dereitos perdidos e reclamar unha política económica e social que xere un reparto equitativo da riqueza.

💚 Para a mobilización do 15 de outubro, xa se está organizando a marcha a Madrid, para apuntar-se nos buses chamar ao teléfono 616 86 86 02 .

EXIXIMOS O IPC REAL E PENSIÓNS MÍNIMAS DIGNAS.

AUDITORÍA PÚBLICA DAS CONTAS DA SEGURIDADE SOCIAL, SEN DEMORA XA !

REXEITAMOS A PRIVATIZACIÓN
.

https://www.modepen.org/

Polo dereito a envellecer con dignidade...

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Web de MODEPEN:
https://www.modepen.org/
_______

Álbum Fotos da inauguración da exposición itinerante 'Rostros da Memoria Ferrol 1972' de Xurxo Lobato, celebrada en San Valentín (Perlio - Fene) e rolda de prensa


Álbum Fotos Exposición "Rostros da Memoria Ferrol 1972" en Fene

Exposición en Fene : “ROSTROS DA MEMORIA FERROL 1972” de Xurxo Lobato.

O pasado 17 de agosto, na Praza 10 de Marzo de San Valentín, Perlío-Fene quedou inaugurada a Exposición Fotográfica “Rostros da Memoria Ferrol 1972” de Xurxo Lobato, realizada grazas ao apoio da Moncomunidade de Concellos de Ferrolterra, coa colaboración das Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, e outra das actividades que se inscriben na conmemoración do 50º Aniversario dos sucesos de Marzo de 1972 que deron lugar ao “Día da Clase Obreira Galega”.

Foi, esta de Fene, a primeira mostra da exposición, que rotará logo polos restantes Concellos da Mancomunidade e se inaugurou nun acto entrañable, coincidindo co “Día da Galicia Mártir”, rodeados os Rostros da Memoria de moitos rostros coñecidos, de protagonistas dos sucesos, de xentes daquela época e de moita xente máis nova preocupada por coñecer e porque a Memoria e os valores daqueles feitos se manteñan.

Interviron o Autor, o fotógrafo e académico Xurxo Lobato, Sari Alabau en nome das persoas represaliadas, especialmente de tantas mulleres que foron partícipes e sufriron aquel Marzo del 72, O Alcalde de Fene Xuventino Trigo e Rafael Pillado, tamén como protagonista e en representación das Asociacións citadas.

Os retratos de algúns dos protagonistas que aínda están presentes simbolizan a todas e todos os que participaron daqueles sucesos. Os acompaña unha relación de persoas feridas e represaliadas e uns fermosos textos de Ánxela Loureiro, escritora e profesora e de Lourenzo Fernández, catedrático da USC.

ÁLBUM FOTOGRÁFICO | Acceder/Baixar.

Rolda de Prensa

Exposición Fotográfica “OS ROSTROS DA MEMORIA”  de Xurxo Lobato.

Celebrouse pola mañá do mesmo 17 de agosto, a presentación da Exposición coa comparecencia do Alcalde de Fene, o autor o fotógrafo e Académico Xurxo Lobato e Rafael Pillado representando aos retratados e as Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, promotoras dos actos de conmemoración do 50º Aniversario do Dez de Marzo de 1972.

O Autor agradeceu á Mancomunidade de Municipios de Ferrolterra que fixera posible esta mostra e ao Alcalde de Fene en particular, por ser este o primeiro Concello que a recibe, coincidindo ademais co “Día da Galicia Mártir”, sendo os protagonistas dos sucesos que esta exposición reflicte, verdadeiramente, mártires do franquismo. Continuará recorrendo a partir do día 31 os outros Concello da Mancomunidade.

O Alcalde Juventino Trigo amosou a súa satisfacción por ser este Concello e primeiro en acoller a mostra que será visible ademais no Barrio de San Valentín, tan vinculado á vida sindical e obreira, na praza Dez de Marzo. Un barrio que acaba de cumprir tamén o 50º aniversario da súa existencia. Agradeceu o fundamental apoio da Mancomunidade e lembrou a vinculación deste Concello á Recuperación da Memoria –onte mesmo celebraban un acto de homenaxe a Ramón Souto, o derradeiro alcalde da Republica no 86º aniversario do seu asasinato polos golpistas, xunto a outros veciños de Fene. Actos que agardan seguir facendo ao amparo da nova Lei da Memoria a punto de publicarse.

Rafael Pillado, en nome das dúas  Asociacións citadas, felicitou ao Autor, á Mancomunidade e ao Alcalde de Fene que se empeñou no proxecto desde o principio e tamén as outras persoas colaboradoras con textos no evento, a escritora e profesora Ánxela Loureiro e o Catedrático da USC Lourenzo Fernández. Relatou que ambas Asociacións promoveron un Manifesto no que se explicaba a intención de facer actividades conmemorativas durante todo o 2022 e así se ven cumprindo e deixar claro que o 10 de Marzo non foi só una reivindicación laboral, senón que tivo una dimensión política, cultural, social de loita por recuperar a democracia, e máis aló dos sucesos locais repercutiu na Universidade, en Vigo, en toda Galicia.

Que los retratados son unha parte dos protagonistas que hoxe están vivos pero que a Exposición representa a todas e todos, cun recordo moi especial a cantas persoas quedaron no camiño, aos asasinados Amador e Daniel, a tantos feridos, a Xulio Aneiros, Paco Filgueira, Paco Balón, Amor, Riobó, a quen sufriron a represión: privación de liberdade, multas, torturas, exilio, despedimentos, problemas familiares… todas e todos conformaban un exército democrático que reivindicaba a loita polas liberdades, o fin da Ditadura e a volta a Democracia.




O día 31 de Agosto a exposición foi ate o Concello de Cedeira.

Visita a nosa páxina:
Dez De Marzo Cincuenta Aniversario, no facebook.

Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
18 de agosto de 2022 21:51

_______

venres, setembro 02, 2022

Auga, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
02.09.2022


AUGA

Agora que chegaron os meniños saharauhis a pasar o verao con familias galegas para sacalos da calor abafante dos acampamentos, onde os voitres xeopolíticos os teñen acornellados, agora podiamos aprender a economizar a auga. Economizar, isto é, usala racionalmente, que non mercantilizala. Para iso xa están as empresas mixtas.

Imaxino que deve pasar polo caletre destes pequenos cando abren a billa e faise a milagre. Cando ven as mangueiras a toda presión derrochando auga potavel para limpar vehículos, azoteas ou encher piscinas en cada urbanización costeira. Eles si poderíannos aprender a sobriedade porque nos educaron no derroche como amósega de éxito social. O de burro grande, ande ou non ande abranguendoo todo.

Os romeiros a Compostela visitan a cidade asolagada no encoro estiñado de Belesar cal nova Lucenza ou Valverde e nos medios parece un acontecemento trivial para divertimento de turistas. Ninguén relaciona a seca coa política pantanosa da dictadura e o desenrolismo que provocou a España vaciada coa apropiación estatal dos montes comunais, o monocultivo alóctono e a agrogandeiría intensiva. Nesta sociedade de datos combustibeis bradburiáns poucos teñen tempo ou azos para atar cabos. E por iso asistimos sen pestanexar ás imaxes do telexornal onde a xente desfruta en piscinas costeiras de luxosos aloxamentos mentres en Ribadavia o concello reparte botellas para beber, noutros concellos restrinxen o consumo ou curtan o suministro polas noites a salto de mato como se non houver responsabilidade política perante esta previsible seca e a falla de planificación ou da máis mínima política hídrica.

A mesma falla de prevención que cos incendios forestais. Lume e auga, as dúas caras da mesma moeda, a moneda da mercantilización dos recursos territoriais. Hai décadas, non lembro cantas, que saía do prelo un inquietante livro de Joaquín Araújo que era toda unha advertencia, España hacia la desertización. Mais decidimos darlle as costas a un grave problema e seguir coas abraiantes políticas de trasvases onde a agricultura do norde tiña que ceder auga á economía do boom turístico e dos campos de invernadoiros da España máis seca. Enfrontando povos acusándoos de insolidarios e esquecendo que os ecosistemas distintos necesitan distintos recursos hídricos e que a agricultura sempre ten de primar sobre o turismo. Aínda há moita xente que pensa que en Galiza chove dabondo, ignorando que o clima atlántico non é igual co mediterráneo e non precisan do mesmo rexime de chuvias.

Os concellos seguen desentendéndose da boa saúde dos ríos e da conservación das fontes. Non parece ir con niguén que os puríns rematen eutrofizando ríos ao punto de que as plantas non deixen ver a auga. Cando se abre outra pista, tantas veces innecesaria, desaparecen as fontes sen que ninguén reclame.

Na terra da auga daquel spot onde unha ra brincava detrás do camión da auga embotellada, quen ousa beber nas poucas fontes que quedan? Na fonte do santoandré de Teixido hoxe a auga da fecundidade só serve para saber se a miga aboia e a parella casa. Na fonte da Moura da miña parroquia, Santa Mariña do Vilar, o acceso norde ao porto, deixounos sen unha auga que tantos veciños iamos procurar. Montes e fontes sobrevivirán somentes na acordanza daquel fermoso livro. E na terra da auga, teremos de mercala ás corporacións que se apropiaron dos nosos mananciais como fixeron as hidroeléctricas co consentimiento dos nosos políticos.

Mais isto non é máis que o principio comparado co que as nosas empresas están a facer cos acuíferos arxentinos, coas terras dos aimara ou dos mapuches chilenos. Aquí aínda non matan Bertas Cáceres ou contaminan acuíferos a mantenta para saquear os recursos como fan na África.

No mundo pospetróleo, co derretemento dos polos e os glaciares e a suba dos océanos, a auga será o ouro dos mercados bursátiles.

Cando nenos, no tempo das fresqueiras, cando case que ninguén vira unha neveira e pasava o camión que vendía o xelo cunha pedra tamaña un iceberg, quen nos ía dicir, mentres cazavamos ras na pucharca do barrio, que aquel iceberg algún día sería un enorme lingote de ouro.

[*] Iolanda Teixeiro Rei. Secretaria de organización de LiGanDo-LGD. Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
15 de agosto de 2022 03:28

_______

Imaxe: Concello de Valdoviño - Encoro d'As Forcadas.
_______

Turistización: sinos, campas e campás, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
02.09.2022


TURISTIZACIÓN: SINOS, CAMPAS E CAMPÁS.

O grande escritor e viaxeiro Alberto Moravia, nos seus engaiolantes Paseos por África, alertava xa en recuados tempos contra o que hoxe definimos como turistización.

As grandes expedicións marítimas e o espertar das arelas exóticas acrescentadas polo romantismo á par que o petróleo barato, converteron aqueles elitistas Grand Tour da aristocracia europea nun turismo burgués que, xa nos navíos a vapor, xa polos camiños de ferro e máis tarde nos automóbiles, reduciron as distancias e o misterio. O boom turístico que sucedeu á Segunda Gran Masacre Mundial, co crescemento das grandes urbes e as grandes vías de comunicación, masificou o turismo de evasión e homoxenizou culturas e paisaxes nun xeito de colonialismo tremendamente deturpador. Os grandes tour operadores venden o lecer enlatado e os paraísos artificiais garantindo o imposibel, comodidades, aventura e seguridade. O mesmo ten que se trate do remedo dun romeiro medieval a Compostela, unha ruta por África dende 247 euros ou turismo de aventura na montaña, tan lonxe de A montaña máxica daquel Thomas Mann como poden estalo unha excursión de xubilados a Benidorm daqueles baños de barro no exquisito Bath.

A masificación turística aguilloada pola publicidade muda as cidades, vilas e aldeas en parques temáticos a demanda do turista que se cre con dereito a impor os seus costumes e vértolas, sen respectar espazos, tempos nen linguas.

Os turistas dun turismo rural séntense amolados pola bosta, os lameiros, o canto do galo que os esperta,as pitas ceivas e agora tambén polo son das campás na noite. En Herrero de Ibio, en Cantabria, -aínda ben que non foi na Campania- o párroco decide apagar os sinos polas protestas dos turistas. Seica o son metálico do bronce estrésaos máis que o bruído enxordecedor das cidades das que fuxen. Porén, a comunidade rural e os hóspedes viaxeiros reclaman o toque das campás como sinal de identidade.

Eu lembro o son bicudo da Berenguela furando a brétema polas rúas de Compostela. Ese son petava tan forte nos adentros que definía a personalidade da cidade e inclinava á introspeción nestes tempos tan dispersos. Como unha sorte de Adrián Solovio no Arredor de sí de Pedrayo, o son broncíneo daquela paisaxe sonora transportávanos á revolta contra Berenguel de Landoira e as luitas pontificias do s.XIV.

Rosalía ou Pondal versificaron todo o abano de emocións que as campás espertan, quer as de Bastavales quer as de Anllóns. E os escasos sineiros saben da habelencia de veciños que fan toques de muiñeira ou de xota anunciando festa. O antropólogo Lisón Tolosana dicía que as campás expresavan a harmonía comunitaria da parroquia chamando polos fregueses en momentos críticos. Por iso tocavan a morto, a parto ou avisavan de incendios e treboadas. Parece que o son metálico escorrentava aos nubeiros ou tronantes. Eses seres míticos altos e muros que fan as tronadas e saraivas subindo ás nubes nunha polvoriña ou remuíño de ar que fan mexando nunha morea de terra. Hai fermosas lendas e contos onde as colleitas de pan son salvadas dos trebóns polas badaladas axeitadas. Disque hai campás macho de son grave, como as que levan os volantes no antroido da Riveira Sacra e femia, cun son máis agudo. Nas noites de brétema os sinos das igrexas guiavan aos veciños para non se perderen.

Os turistas, fuxidos do estrés das súas vidas baleiras e de costas á morte, sentirán a anguria do destino en cada toque. Crenza houvo de que certo toque de campás agoirava a morte dalgún veciño. E hai unha cantiga que di que os sinos tocan polos vivos para que se lembren que son mortais. O que fai ciscar se o turista non andará a fuxir da morte mentres o viaxeiro vai ao seu encontro.

Teremos que orientar o turismo dos aloxamentos rurais cara o ecocultural e alén de ofertar cursiños de sineiro para aprender a tanxer como fan en Ouzande ou visitar obradoiros de sineiros como o de Caldas de Reis, organizar lecturas e forums encol dos sinos. Comezar polo livro Trece badaladas de Suso de Toro ou o de Xabier Do Campo, O misterio das badaladas, onde se espella como a campá partilla o tempo e orienta as horas de labor e lecer.

Anque ao boticario, don Anxo, que adoitava ler até moi tarde, as badaladas non lle permitían concentrar na lectura, e ía contando mentalmente: tann, oito. Tann, nove...Tann, TRECE…!!.


[*] Iolanda Teixeiro Rei. Secretaria de organización de LiGanDo-LGD. Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
12 de agosto de 2022 14:20

_______

sábado, agosto 27, 2022

A Plataforma no Pleno do 25 de agosto onde se pretendian aprobar 6 anos das contas irregulares de Emafesa e eximir a Emafesa da súa respondabilidade polo incumprimento das súas obrigas respecto ao saneamento do rural - O Pleno visto polos medios locais


Intervención de Lupe Ces no nome da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, no Pleno Municipal do Concello de Ferrol

Sr Alcalde, concelleiras e concelleiros:

O goberno municipal trae a pleno a aprobación das contas de EMAFESA dos anos 2016, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2021, sen explicar por que non se tiñan aprobado, e que foi o que cambiou para que agora haxa que aprobalas. Cando a propia auditoría que acompaña esas contas di que non se realizaron as Xuntas de Accionistas correspondentes para aprobalas e a Interventora xeral do Concello, anima á aprobación das mesmas dicindo aos concelleiros e concelleiras que “non xera ningún tipo de responsabilidade, e que tampouco significa estar de acordo coa xestión da empresa”, como se as cantidades e partidas reflectidas nas mesmas, non responderan a actuacións concretas tantas veces denunciadas neste pleno por, cando menos, irregulares. Isto ben reflectir, non só unha mala xestión dos diferentes gobernos municipais, senón que tamén toda unha mala xestión da parte privada Socamex que controla Emafesa, sen apenas fiscalización. Parte privada que impón ao Concello de Ferrol un xerente, Alejandro Pisa Jaraba, que amosa incompetencia na xestión de Emafesa, e ao noso entender só responde aos intereses de Socamex, sen importarlle a calidade do servizo, nin os intereses da veciñanza de Ferrol.

Tamén leva a aprobación unha Addenda 1ª ao Protocolo de Execución Concertada entre o Concello de Ferrol e EMAFESA para a xestión, explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración. Proposta acompañada por un informe de motivación asinado polo alcalde Ángel Mato, e o xerente de EMAFESA, Alejandro Pisa. Un informe que intenta xustificar a mala xestión da empresa, ao abeiro das distintas sentencias xudiciais que lle foron favorábeis ao longo destes anos, e que chega ao delirio cando asegura que o saneamento da zona rural non se puido realizar pola suspensión da taxa ou os problemas derivados da pandemia, cando este compromiso estaba recollido no Protocolo de Execución Concertada desde o ano 2014, ou como se EMAFESA non facturara mais de 7 millóns 129 mil euros cobrando unha taxa, á veciñanza, cando non se prestaba o servizo, polo tanto tampouco se realizou o gasto previsto. Agora pretenden eximir a EMAFESA e aos tres gobernos municipais de non ter acometido o saneamento do rural. Coa aprobación desta addenda pretenden fuxir de calquera responsabilidade e condicionar a súa aprobación coa execución do saneamento do rural, que tamén vai estar xestionado por EMAFESA. Temos que dicir á veciñanza do rural, que este goberno vai poñer ao raposo a coidar do galiñeiro do saneamento no rural, e aí nos van ter á Plataforma para apoiar, denunciar e mobilizar, pero hoxe non podemos máis que mostrar o noso desacordo con esta addenda e con esta aprobación de contas.

Neste informe, o Sr Mato e o Sr Pisa, botan balóns fora, que se Narón porque non acepta a cantidade do que se lle pide, que se a suspensión da taxa, que se o COVID19... todo menos asumir que houbo e hai unha mala xestión por parte de EMAFESA e os distintos gobernos municipais que manteñen abertas moitas vías por onde se desangra unha e outra vez a esta cidade. E non falamos só da xestión da depuración, tamén falamos dos contadores, das facturación de caño libre, das lecturas estimadas irregulares e avultadas, da non retirada de tramos de tubaxe de fibrocemento, da non retirada dos emisarios sumarinos como o que emerxe na praia de Caranza, do impago do Canon Concesionario ao Concello, do cobro por duplicado de parte da xestión da rede de saneamento que agora xestiona Acuaes e Viaqua, de financiar-se co diñeiro que se lle cobra ás veciñas e veciños pola recollida e transporte do lixo e do Canon da Auga, ...

Vémonos na obriga de vir de novo ante este pleno para asegurar que este intento de legalizar e branquear a mala xestión de EMAFESA e o mal goberno de Rey Varela, Jorge Suárez e Ángel Mato, non queda sen  oposición por parte da veciñanza que levamos anos intentando defendermo-nos de todos estes abusos, aos que haberá que somar, tal e como informa a Interventora Xeral no seu “Informe de control financeiro”, o aumento exponencial dos custes eléctricos do sistema que superaron para o ano 2021 o millón de euros. As perdas deste exercicio de 2021, pretende a empresa, como así o expón no informe de xestión, que sexan compensadas mediante subvención ou o mesmo canon concesional. Un sistema de saneamento insostíbel, e a mala xestión outra vez a costa da veciñanza de Ferrol. Un canon concesional que debera ser usado para a mellora do sistema ou para abaratar o servizo e investir en eficiencia enerxética, até agora usado para financiar á empresa mediante a falta de pago do mesmo, e agora xa abertamente se solicita o seu uso para tapar a mala xestión.

A outra grande desculpa en canto á situación das contas de EMAFESA, o conflito veciño concello de Narón, volve a situarnos nunha situación produto do electoralismo e da incompetencia dos gobernos desta cidade, que non admitiron a posibilidade de colaboración e unha xestión conxunta do que é unha infraestructura supramunicipal, por máis que estea localizada na sua maior parte en territorio do Concello de Ferrol. EMAFESA non pode admitila polo que implica de control e rendición de contas a outras instancias que non sexan gobernos ben atados a través dos seus representantes nos consellos de administración.

Queremos que a depuradora volva a mans de Augas de Galicia, mentres non haxa unha xestión mancomunada; queremos a apertura dun expediente administrativo a EMAFESA; queremos unha auditoria integral, tantas veces anunciada; queremos a apertura dunha oficina municipal para recoller directamente as queixas da cidadanía polo mal servizo, abusos e incumprimentos; queremos a recuperación da xestión 100% pública destes servizos básicos.

 Sabemos que hoxe se pretende pechar a posibilidade de que todo iso aconteza, mais esta Plataforma vai seguir pelexando, porque como di a frase que se atribúe a Abraham Lincoln, “Podes enganar a todo o mundo algún tempo. Podes enganar a algúns todo o tempo. Pero non podes enganar a todo o mundo todo o tempo”.

Aproveitamos tamén para amosar a nosa solidariedade cos traballadores de parques e xardín, dicindo que hai servizos públicos que hai que remunicipalizar de maneira urxente.

Ferrol, a 25 de agosto, de 2022


O Pleno nos Médios:

💧 La Voz de Galicia. | O pleno de Ferrol tomba as contas de Emafesa e apraza a votación do saneamento rural. | Rocío Pita Parada - Ferrol - La Voz - 25 ago 2022 . Actualizado ás 23:15 h. | O goberno retirou o punto da orde do día para evitar que fose rexeitado. | O alcalde, Ángel Mato, aceptou retirar o punto. Pero antes tivo que escoitar á representante da Plataforma pola Remunicipalización, Lupe Ces, que o advertiu de que «vai poñer ao raposo a coidar do galiñeiro do saneamento no rural», en alusión ao socio privado de Emafesa, Socamex. | Ir á Web.

💧 Diario de Ferrol. | El pleno rechaza las cuentas de Emafesa y el rural debe postergar el saneamiento. |   Redacción 26 de agosto de 2022, 00:03 | La gestión de la empresa mixta de aguas –Emafesa–, las cuentas, el saneamiento o los cobros a ciudadanos y Concellos vecinos volvieron a centrar un pleno que, pese a celebrarse en el mes de agosto, fue tan o más denso que los de los meses más laborables por execelencia. | Como en todo debate relativo a la gestión del servicio del agua, la Plataforma pola Remunicpalización, con Lupe Ces como representante, intervino en el pleno reclamando una auditoría integral, una oficina para recoger demandas cidadanas, una gestión 100% pública del servicio, la apertura de un expediente administrativo a Emafesa y que la depuradora vuelva a manos de Augas de Galicia, entre otras cuestiones. | Ir á Web.

💧 Enfoques. | El pleno de Ferrol aprueba reclamar a Narón 3,5 millones por el saneamiento. | PP y BNG rechazaron aprobar las cuentas de Emafesa de los ejercicios 2016, 2017, 2018, 2019, 2020 y 2021. |  Autor Redacción
25 agosto, 2022. | El pleno ordinario de Ferrol, correspondiente al mes de agosto y celebrado esta mañana, dio luz verde esta mañana a varios asuntos relacionados con el sistema de saneamiento de la ría. Uno de los puntos más importantes se retiró del orden del día. Se trata de la propuesta de aprobación de la adenda 1ª al Protocolo de Ejecución Concertada (PEC), de 2014, entre el Ayuntamiento de Ferrol y Emafesa para la gestión, explotación, mantenimiento y conservación del sistema de saneamiento y depuración, se retiró de la orden del día. | Ir á Web.

💧 Radio Cope. | La oposición “acorrala” al gobierno de Mato. | El PSOE no logró aprobar las cuentas de seis años de Emafesa, retiró del orden del día el proyecto para el saneamiento de la zona rural y pierde la votación de las zonas verdes. | Ir á Web.

💧 Ferrol 360. | PP y BNG tumban en el pleno de Ferrol las cuentas de Emafesa de los últimos seis años. | Viernes 26 agosto 2022 | 11:31 | Nuevo pleno tensionado este jueves en el Concello de Ferrol. Casi cinco horas de debate ―que puede visualizarse en este enlace de nuevo― en las que se ha abarcado la gestión de la empresa mixta de aguas Emafesa y una vez más el pliego al que están esperando los trabajadores de Parques y Jardines. Con instantes de nerviosismo y faltas de respecto, lo cierto es que ha sido nuevamente una sesión especialmente complicada para la edil de Servizos, Ana Lamas. | Tomó la palabra Lupe Ces como representante de la Plataforma pola Remunicipalización, acompañada de un nutrido grupo que sujetaba pancartas en las que se pedía que Emafesa fuera un servicio público al 100 %. El colectivo también solicitó una auditoria a las cuentas de la empresa mixta y la apertura de un expediente administrativo, además la apertura de una oficina que atienda a las demandas de la ciudadanía y que la depuradora vuelva a ser gestionada por Augas de Galicia, entre otras. | Ir á Web.


✅ Enlace ao Texto da intervención da Plataforma no Pleno | Acceder/Baixar.

✅ Vídeo da Intervención de Lupe Ces no Pleno. | Ir á Canle da Plataforma.

✅ Vídeo do Pleno que comeza no minuto 17. | Ir á Canle do Concello de Ferrol.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN

Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com

_______

venres, agosto 26, 2022

Intervención da compañeira Lupe Ces, no Pleno celebrado o 25 de agosto, onde o Goberno Municipal quixo dar carpetazo á xestión do saneamento, sen que ninguén asuma responsabilidades e ocultar o mal goberno e a mala xestión en todo o referente ao sistema de saneamento e depuración - Vídeo da intervención e enlace ao texto - Enlace ao vídeo completo do Pleno


Intervención da compañeira Lupe Ces, portavoz da Plataforma, no Pleno Ordinario celebrado o 25 de agosto de 2022, onde o Goberno Municipal quixo aprobar, entre outros asuntos, tres de suma importancia, para deste xeito dar carpetazo á xestión do saneamento, sen que ninguén asuma responsabilidades e ocultar o mal goberno e a mala xestión en todo o referente ao sistema de saneamento e depuración que vimos padecendo, durante mais dunha década, confiando en que a veciñanza, nos esquezamos do mal que xestionaron todo este asunto, tanto os diferentes gobernos municipais, como Socamex que é a parte privada que leva o temón e controla a xestión da Empresa Mixta de Augas de Ferrol e como Augas de Galicia (que a responsábel é a Xunta de Galicia).

Chama a atención que coa aprobación da 1ª Addenda ao Protocolo de Execución Concertada queiran eximir a EMAFESA de toda responsabilidade por non ter investido nin un só euro no saneamento do rural, investimento ao que estaba comprometido desde xuño de 2014, fai xa oito anos.

Estes asuntos que se trataron no Pleno foron:

 ✔ En primeiro lugar o goberno municipal do alcalde Ángel Mato, leva ao Pleno a proposta de aprobación das contas de EMAFESA dos exercicios 2016, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2021. | Este punto foi rexeitado polo Pleno, cos votos do PP e o BNG.

  ✔ En segundo lugar leva a proposta de aprobación da addenda 1ª ao Protocolo de Execución Concertada entre o Concello de Ferrol e EMAFESA para a xestión, explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración. | Este punto foi retirado polo Alcalde, a petición do PP para chegar a un acordo co goberno Municipal.

  ✔ E en terceiro lugar, a proposta de aprobación das reclamacións ao Concello de Narón por débedas contraídas co Concello de Ferrol, en concepto de saneamento. | Este punto foi aprobado polo Pleno, cos votos do PP e o PSOE.


✅ Enlace ao Texto da intervención da Plataforma no Pleno | Acceder/Baixar.

✅ Vídeo do Pleno que comeza no minuto 17. | Ir á Canle do Concello de Ferrol.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com

_______

mércores, agosto 17, 2022

Hoxe en Fene, mércores 17 de agosto, no Día da Galiza Martir, inauguración da exposición fotográfica de Xurxo Lobato: 'Rostros da Memoria Ferrol 1972'


Inauguración Exposición fotográfica, de Xurxo Lobato:
Rostros da Memoria Ferrol 1972.


Día: Mércores 17 de Agosto.
Hora: ás 20:30 hs.
Lugar: Praza do 10 de Marzo. San Valentín - Fene.

Este proxecto fotográfico artístico é unha homenaxe as persoas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras en Ferrol e comarca, do ano 1972, que aínda están vivas e son merecentes dun recoñecemento público no ano do 50 aniversario dos asasinatos de Amador e Daniel.

Organiza: Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol.

Colaboran: A.C. Fuco Buxán e A.C. Memoria Histórica Democrática.

https://es.wikipedia.org/wiki/Xurxo_Lobato

Visita o noso Facebook.
Dez De Marzo Cincuenta Aniversario
 
Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
7 de agosto de 2022 16:48

_______

xoves, agosto 11, 2022

Tributo a Moncho Reboiras 2022 - Actos en Dodro, Fene e Ferrol


A Unión do Povo Galego vai desenvolver como todos os anos, desde fai xa 47, os actos de tributo ao camarada Xosé Ramón Reboiras Noia asasinado pola policía española no ano 1975. Os actos de tributo desenvolveranse a vindeira sexta feira 12 de agosto baixo o programa que se anexa.

ACTOS CONMEMORATIVOS


DODRO

Cemiterio de Imo.

Ás 12:00h. Ofrenda floral.

FENE.

SCDR O Pote, Maniños.

Ás 14:30h. Xantar popular.

Ás 16:30h. Conferencia de Duarte Correa: “Novos desafíos no marco internacional”

FERROL.

Ás 19:00h. Concentración da Praza de Armas. Saída cara á rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras. Ofrenda floral e canto da Internacional.

Ás 19:30h. Intervencións Políticas na Praza de Armas.

- Manuel Polo (Secretario de Zona e concelleiro do BNG en Fene).

- Iria Carreira (Secretaria Xeral da UMG e deputada no Parlamento Galego).

- Néstor Rego (Secretario Xeral da UPG e deputado no Congreso).

Ao remate, canto do himno galego.

O lugar do xantar ás 14:30 será nas instalacións da SCDR O Pote de Maniños. O enderezo é: O Pombal, Estrada da Palma 217 Maniños, Fene. Anexamos ligazón coa localización: Google-Maps

O prezo do xantar é de 20 € (empanada, arroz con polo, postres, café, viño ou auga) existindo tamén a posibilidade de asistir levando o tu propio xantar. Tanto nun caso coma noutro será preciso anotarse no correo electrónico upg@upg.gal, indicando o nome das persoas e a opción pola que optas. A data límite para se anotar será cuarta feira 10 de agosto.

Recollendo o exemplo do camarada Moncho Reboiras no traballo de autoorganización do povo galego, proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o noso camarada entregou a súa vida, e convidámoste a participar nesta homenaxe.

Fonte: UPG | 04/08/2022/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
9 de agosto de 2022 23:47

_______