xoves, decembro 22, 2016

Acto Público en Ferrol, EMAFESA Problema ou Solución?: Taxa, Saneamento, Depuración, Abastecemento... - Xoves 22 de decembro, ás 7 da tarde no Centro Cívico de Caranza


Acto Público da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, este xoves 22 de decembro de 2016, ás 7 da tarde, no Centro Cívico de Caranza. Coa participación de Luís Babiano, xerente da Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento - AEOPAS, e os membros da Plataforma: Alexandre Carrodeguas, Bernardo Rego e Manuel Amorím.

Taxa?
Custes Estimados?
Saneamento?
EMAFESA
Problema ou Solución?
Auga pública e transparente en Ferrol?

Trata-se de analizar o papel de EMAFESA, como empresa mixta (publico/privada), mais de xestión privada (Socamex, sección para a auga de Urbaser), na xestión do servizo público do ciclo integral da auga (abastecemento, distribución, comercialización, saneamento e depuración).

Enviado por:
Plataforma Remunicipalizacion remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
22 de dezembro de 2016 13:53
____________

luns, decembro 19, 2016

Manifestación contra a pobreza enerxética e o oligopolio das corporacións eléctricas - En Ferrol, ás 7 da tarde, do mércores 21 de decembro


O recibo da luz volveu a subir en Novembro 2016, co que acumula sete meses consecutivos de incrementos, o que representa unha suba media por fogar do 27,8%. En Outubro, era o Tribunal Supremo o que tombaba o chamado "bono social", e obrigaba a indemnizar as eléctricas por ter que pagar esa tarifa subvencionada que levaba dous anos en vigor. O tribunal recoñece o "dereito" das compañías eléctricas a cobrar unha indemnización polas cantidades que tivo que asumir, o que repercutirá na tarifa que temos que pagar todas. Mentres, Iberdrola, Endesa e Gas Natural-Fenosa rexistraron un beneficio conxunto nos seis primeiros meses de 2016 de perto de 2.900 millóns de euros... mentres, na Galiza son máis de 110.000 fogares afectados pola pobreza enerxética e no resto do estado supera os catro millóns de persoas afectadas...

Mobilizámonos para esixir medidas contra a pobreza enerxética, na súa prevención e eliminación, mais tamén na denuncia aos oligopolios eléctricos que, co apoio gobernamental, impoñen prezos, baleirando as economías domésticas e as arcas públicas, para os seus beneficios privados. Desde principios deste mes veñen-se realizando mobilizacións en toda Europa, para denunciar esta situación, onde moitos fogares padecen a pobreza enerxética. Este 21 de Decembro, están convocadas varias mobilizacións en Galiza e en moitas cidades do resto do Estado, para que, entre outras demandas, non se permita ás compañías eléctricas que corte a luz a familias con problemas económicos. O recente casos de Rosa, unha anciá de Reus (Catalunya) que finaba queimada polo lume causado po unhas velas, logo de que Gas Natural Fenosa cortara a subministración eléctrica sen informar aos servizos sociais; mesmo, con anterioridade en Ourense, onde outro ancián, de 87 anos, morría queimado, e o seu irmán quedaba con queimaduras graves pola mesma razón; crearon unha onda de indignación. Cada vez son máis as persoas que queren rematar xa coas tarifas abusivas e os cortes de luz a familias sen recursos.

O estado neoliberal avanza na súa consolidación e o que tiña que ser o recoñecemento do dereito de acceso universal á enerxía e á auga como subministración básica, ao igual que o dereito á vivenda digna e adecuada, o dereito á alimentación, aos coidados, á educación e á saúde, a un traballo digno ou a unha renda básica, para que cada persoa poida gozar dunhas condicións de vida dignas; o estado neoliberal converte, o dereito á enerxía como servizo público esencial, nun negocio privado con beneficios garantidos, controlado por cinco corporacións eléctricas que conforman un oligopolio... O estado neoliberal, fai do dereito beneficencia; e en vez de desenvolver medidas estruturais, con solucións inmediatas, permanentes e preventivas... aplica só medidas paliativas, perpetuadoras da pobreza e a dependencia, de por vida, dos servizos sociais de ducias de miles de fogares.

Cumpre xa pasar a ofensiva, non se mantén que o oligopolio conformado polas corporacións eléctricas manteñan en xaque a un Estado e na pobreza enerxética a millóns de persoas, logo de facer-se con máis de 103.000 millóns de euros cobrados ilexitimamente entre o período 1997 e 2013 ou que siga reclamando ducias de miles de millóns polo chamado "déficit enerxético" sen ningún tipo de control, nin auditoría.

Polo que Reclamamos:

1. Prohibición legal de todos os cortes de luz a familias con problemas económicos. As eléctricas deberán dirixirse á administración para comprobar a situación das familias que non abonen os seus recibos. Si sofren vulnerabilidade económica, non poderán cortarlles o fornezo e o custo será asumido polas compañías.

2. Fin aos abusos tarifarios. Aprobación dunha tarifa accesíbel, regulada polo Goberno, á que poderán acollerse todos os consumidores domésticos na súa primeira residencia.

3. Creación dunha auténtica tarifa social. Substitución do actual bono social por unha tarifa de reducida contía dirixida ás familias con baixos niveis de renda, sufragada polas eléctricas.

4. Recoñecemento e devolución por parte das grandes eléctricas dos 3.500 millóns de euros que cobraron indebidamente en conceptos de Custos de Transición á Competencia (CTCs).

5. Auditoría ao sistema eléctrico. Realización dunha análise dos custos do sistema desde que se puxo en marcha a liberalización do sector, co obxectivo de determinar o prezo real das tarifas eléctricas.

6. Aplicación do tipo de IVA superreducido á electricidade, pasando do 21% actual ao 4% por ser considerado un servizo esencial para a cidadanía.

7. Creación dunha tarifa eléctrica galega. Non só tendo en conta que Galiza é excedentaria na produción de electricidade como tamén polo impacto ambiental negativo que padecemos a causa diso.

8. Rescate para o sector público de activos enerxéticos hoxe en mans privadas, exercendo así o control sobre as actividades estratéxicas enerxéticas e devolver o carácter de ben público ao sector, para que se poida exercer con garantía o dereito de acceso universal á enerxía, un ben común esencial, para que cada persoa poida vivir dignamente.

As 23 entidades que polo de agora participan na convocatoria:

- Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra.
- PAH de Ferrol e Comarca.
- Espazo Ecosocialista.
- Asociación Veciñal "O Rosario" do Inferniño.
- AVV "A Madalena" Ferrol .
- Fundaçom Artábria.
- Marcha Mundial das Mulleres.
- Foro Galego de Inmigración.
- A Revolta de Trasancos Colectivo Sociocultural.
- Esquerda Unida.
- ANOVA-IN (Pendente de Confirmar).
- Fuco Buxán A.C.
- Decide En Común.
- Marchas da Dignidade Ferrolterra.
- Cerna.
- MoveNeda - Movemento Veciñal.
- Asociación Sociocultural Muíño do Vento.
- Ateneo Ferrolán.
- Asociación Sociocultural “López Bouza”.
- Sindicato de Estudantes.
- Esquerda Revolucionaria.
- Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza -ADEGA.
- Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega.

Evento no facebook:
MATERIAL GRÁFICO PARA A CONVOCATORIA

Cartaces en formato pdf e tamaño DIN-A3, tanto en B/N coma a Cor.
Folla informativa en formato pdf e tamaño DIN-A5.
Nota.- Vai moi axustado, para imprimir dúas follas porcada DIN-A4, polo que si sae algo cortado, configurar a impresión sen marxes. probamos e sae ben.

Unha imaxe para difundir polas redes sociais ou colgar nos blog e web. en formato jpeg.
CUÑA RADIOFÓNICA

Elaborada e difundida por Rádio Filispim, en formato mp3: Acceder/Baixar.

Enviado por:
Marchas Dignidade Ferrolterra
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
19 de dezembro de 2016 11:32

_____
---

xoves, outubro 13, 2016

Este venres 14 de Outubro, imos dicir Basta ! Non podemos permitir que Vanesa e os seus dous fillos menores queden na rúa sen un teito para vivir con dignidade


Este venres 14 de Outubro, pola mañá, ás 11:30hs, en Ferrol, na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia) imos dicir Basta ! Non podemos permitir que Vanesa e os seus dous fillos menores queden na rúa sen un teito para vivir con dignidade.

Imo-nos concentrar, para protestar, denunciar e reivindicar, unha vivenda digna e medios para poder vivir Vanesa e os seus dous pequenos, e para todas persoas que como Vanesa están sufrindo as consecuencias desta sociedade inxusta e insolidaria.

Xunto á reclamación dunha solución inmediata para a familia de Vanesa, imos formular tres esixencias mínimas, para solucionar ou paliar a situación das persoas afectadas polos 7 desafiuzamentos diarios, na súa maioría silenciosos que se producen na Galiza:

1ª Paralización inmediata dos desafiuzamentos.

2ª Creación dun parque público da Vivenda a través da mobilización de vivendas baleiras en mans de entidades financeiras e filiais inmobiliarias, fondos voitre, entidades de xestión de activos (incluídos os procedentes da reestruturación bancarias e entidades inmobiliarias).

3ª Garantir os subministros básicos (auga, enerxía, alimentación, medicación...), mediante medidas que superen as restricións que supoñen as medidas de esmola da Xunta de Galicia.

---

A situación de Vanesa, non só é inxusta, senón que é un sen sentido. Vivir en Vigo, unha cidade con milleiros de vivendas baleiras, máis de 325 mil en toda Galiza, e ter que abandonar a vivenda con dous nenos, porque as axudas sociais que recibía remataron, pasado o prazo de cinco anos, unha axuda para pagar a súa vivenda que sen ela élle imposíbel facer fronte ao alugueiro. Desde 2011 pagaba o alugueiro, até o de agora, coa axuda que percibía por mor do disposto na normativa da Xunta. Unha vez rematada comezaron-se a acumular as débedas.

Vanesa e os seus dous fillos de 9 e 6 anos van ser desafiuzados, por carecer de recursos económicos suficientes para poder vivir. Se non o remediamos e lle poñemos freo a esta inxustiza, verán-se na rúa sen un teito onde vivir. Terán que irse do piso subvencionado pola Xunta xa que terminado o prazo do "bono", non pode seguir pagando o alugueiro que pasou de 70 a 400 euros.

Vanesa carece de ingresos suficientes para poder vivir ela e os seus dous fillos menores. A familia de Vanesa, é unha máis das ducias de miles de familias galegas que se atopan en exclusion social. Miles de fogares galegos vive sen ingresos, sen retribución regular, segundo os datos da última Enquisa de Poboación Activa (EPA). A cifra ademais medrou de forma considerábel, con 5.200 fogares máis (un 17%), con respecto ao ano anterior.

Venesa ao deixar de percibir a axuda da Xunta, vai acumulando débeda porque cos aproximadamente 370 euros de ingresos mensuais, non pode facer fronte ao pago do alugueiro e alimentar aos seus fillos, ...

É dicir a propia Xunta é culpábel da débeda xerada, ao finalizar a subvención. O Partido Popular non entende que o dereito á Vivenda Digna non ten prazo.  E, se o houbera sería cando desapareza a situación que levou a Vanesa e as miles de familias á situación de emerxencia habitacional. Cando remate-mos coa "Estafa" chamada "Crise", provocada pola cobiza e o latrocinio xeneralizado desa clase social apropiada da riqueza que posúe o poder económico e político, a través do partido Popular e poderosos lobyes socioliberais do PSOE que se empecina na construción do estado neoliberal... unha sociedade sen dereitos, sen benestar social, que empobrece a e arruína á clase traballadora que pretende converter en mercancía absolutamente todo, até o aire que respiramos.

"Como é posíbel que existindo tantos pisos baleiros non se logre un plan real é dar saída social a tanta vivenda baleira ou deshabitada".

"Como é posíbel que exista entón 38.300 familias sen ingresos e que o ano pasado se praticaran en Galiza 2.432 lanzamentos, é dicir, que practicamente sete familias cada día perdesen as súas vivendas datos que NON inventamos nós, son datos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia" din @s compañeir@s da PAH de Vigo.

@s compañeir@s da PAH de Vigo están intentando por todos os medios paralizar o desafiuzamentos, e que as administracións (local, autonómica, ...) garantan o dereito de Vanesa e os seus fillos a unha vivenda digna e adecuada.

Imo-nos mobilizar en toda Galiza, en Ferrolterra, quedamos este venres 14 de Outubro, ás 11:30hs na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia).

Desde Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, xunto coa PAH de Ferrol e Comarcas, chamamos a participar neste acto de solidariedade, reivindicación e protesta.

VANESA NECESÍTA-CHE, TODAS AS VANESAS DE GALIZA NECESITAN-CHE NON LLES FALLES, O VENRES, 14 DE OUTUBRO MOBILIZA-TE.

Fonte: Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra.
_________

sábado, setembro 10, 2016

Betanzos acolle a V Semana de Custodia do Territorio Fragas do Mandeo, o GDR Mariñas-Betanzos e varias asociacións da bisbarra programan a súa celebración para a segunda quincena de Setembro - Nas nosas comarcas está constituída unha entidade similar ás que organizan esta quinta semana, trata-se da asociación para a custodia do bosque atlántico 'Betula'


A Semana de Custodia é un evento anual no que se dan cita especialistas, expóñense experiencias e realízanse actuacións co obxecto de difundir entre os cidadáns os valores naturais da bisbarra e para promover a súa preservación a través da custodia do territorio. Desde Ártabra 21 chamamos a participar, neste tipo de iniciativas, tan necesarias, non só para salvar a nosa biodiversidade, ou zonas sensíbeis, humidais, cabeceiras de rios, fontes, especies da flora autóctona, ou a fauna en perigo; senón que tamén unha loita contra o acaparamento de terras por parte das multinacionais, recuperar o valor do rural e do monte, a loita contra desmesurada plantación de eucaliptos e piñeiros... e como unha actividade saudábel e en defensa da natureza e o ben común. Nas nosas comarcas do noroeste (Ferrolterra, Eume e Ortegal), está constituída unha entidade similar ás que organizan esta quinta semana, trata-se da asociación para a custodia do bosque atlántico 'Betula' que leva poucos anos en acción, mais que xa ten baixo a súa custodia algunhas hectáreas de zonas a protexer e coidar. Quen queira contribuír, doando ou deixando terras, participando ou axudando, pode face-lo, poñendo-se en contacto coa entidade:

correo-e: custodia.betula@gmail.com                         
twitter: @betulacustodia
Facebook: facebook.com/betulacustodia

Betanzos acolle este mes a V Semana de Custodia do Territorio Fragas do Mandeo, o GDR Mariñas-Betanzos e varias asociacións da bisbarra programan a súa celebración para a segunda quincena
.

Entre o 17 e 25 de setembro de 2016

A Fundación Fragas do Mandeo e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos programan a celebración da V Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo entre o 17 e 25 de setembro. O programa inclúe conferencias, actividades de voluntariado ambiental e unha eco-regata para a mellora dos espazos naturais da reserva da biosfera.

A Semana de Custodia é un evento anual no que se dan cita especialistas, expóñense experiencias e realízanse actuacións co obxecto de difundir entre os cidadáns os valores naturais da bisbarra e para promover a súa preservación a través da custodia do territorio. Esta fórmula de protección do patrimonio natural permite á cidadanía comprometerse directamente na conservación da natureza local mediante accións de voluntariado e de patrocinio, así como a propietarios de fincas e montes que formalizan acordos de custodia.

A edición deste ano leva o título Recuperando espazos naturais mediante a custodia do territorio. A primeira das actividades será o sábado día 17 de setembro pola tarde, para cando está programada a eco-regata na ría de Betanzos, data escollida para que coincida ben a marea. Esta actividade deportiva e lúdica consiste en competir pola recollida de lixo no xuncal. Será a súa terceira edición; na do 2015 os refugallos recollidos encheron dous contedores industriais (un volume total de 16 m3 ). Comezará ás 16:00 horas no porto de Betanzos, onde se recibirá ós voluntarios, lanchas e piraguas que se teñan inscrito. A saída das embarcacións cos seus equipos de voluntarios será inmediatamente en canto rematen as inscricións; a chegada está prevista para as 20:00. Haberá premios para os tres primeiros gañadores. Paralelamente, no porto haberá actividades infantís, música, comida e bebida.

Fernando Bandín:
O estado dos espazos naturais da bisbarra é manifestamente mellorable. Hai refugallos no xuncal que levan décadas no mesmo sitio. Ninguén os retira e xunto a eles van amoreándose os que día a día traen as mareas ou baixan polo río. Se non hai campañas oficiais para retiralos, os veciños debemos organizarnos para afrontar este problema na medida das nosas posibilidades”.
O domingo día 18 pola mañá haberá unha actuación de voluntariado ambiental para eliminar especies exóticas invasoras e recoller lixo na praia da Alameda (Ponte do Porco, Miño). Por quinto ano, os participantes poderán axudar a conservar o mellor hábitat dunar presente no espazo natural protexido Betanzos-Mandeo.

A xornada de conferencias será o sábado 24 pola mañá no Liceo de Betanzos, estando invitados á súa apertura o alcalde da vila, D. Ramón García, e o presidente do GDR Mariñas-Betanzos, D. José Antonio Santiso. Ó longo da mañá, cinco especialistas abordarán aspectos importantes para a recuperación do bosque autóctono e das zonas húmidas. A intervención dos doutores da Universidade de Santiago D. José Guitián, D. Javier Amigo e D. Manuel Antonio Rodríguez Guitián, permitirá coñecer en detalle a composición florística das fragas do Mandeo e a interdependencia entre a fauna e as árbores autóctonas. Na segunda parte, o Dr. Serafín González, investigador do CSIC e presidente da SGHN, expoñerá exemplos de recuperación de hábitats húmidos e D. Juan Neira, secretario do padroado de Fragas do Mandeo, os avances na creación da reserva de anfibios do Catorce (Coirós).

Fernando Bandín:
Os anfibios son o grupo animal máis ameazado do planeta. Sofren a destrución e contaminación dos seus hábitats, a introdución de especies exóticas invasoras e a aparición de enfermidades que acaban con eles, todo elo agravado co cambio climático. Por ese motivo temos a responsabilidade de velar pola conservación das poboacións locais. A mellor maneira de facelo é garantíndolles hábitats húmidos en bo estado de conservación para que desenvolvan con éxito o seu ciclo vital”.
O domingo día 25 será cando celebre Fragas do Mandeo a limpeza simultánea de ríos en toda Galicia promovida polo Proxecto Ríos (aínda que a xornada foi adiada unha semana por causa das eleccións, Fragas do Mandeo mantena para o día 25 por motivos organizativos). Dependendo do número de voluntarios que participen, repartiranse os equipos por distintas zonas do río Mendo para recoller canto refugallo atopen ó longo da mañá. O ano pasado participaron 54 entidades, e os 691 voluntarios recolleron 13,5 toneladas de lixo.

Fernando Bandín:
Durante todo o ano gozamos do río Mandeo e da ría de Betanzos. Son espazos de lecer onde paseamos, observamos a natureza, facemos deporte ou celebramos festas. Xa que logo, temos unha débeda pendente, e nada mellor que pagala dedicándolles un día ó ano no que fagamos algo práctico para mellorar o seu estado de conservación”.
Fragas do Mandeo anima a todo o mundo a participar e inscribirse nas actividades chamando ó teléfono 981 669 541 ou dirixindo un correo electrónico cos seus datos persoais a info@marinasbetanzos.org. O programa completo pode descargarse en www.fragasdomandeo.org

A V Semana de Custodia está organizada por Fragas do Mandeo e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, que a financia na súa totalidade. Na organización da eco-regata tamén participan diversas asociacións locais. En distintas actividades colaboran os concellos de Betanzos, de Coirós e de Miño.

Fragas do Mandeo: É unha entidade de custodia do territorio non gobernamental e non lucrativa. Ten creado o fondo de conservación da natureza da comarca de As Mariñas, que lle permite adquirir fincas de interese ambiental para a protección a perpetuidade dos hábitats naturais. Máis información en www.fragasdomandeo.org

Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos: Este GDR foi constituído no ano 2008 coa finalidade de agrupar ás entidades comprometidas co desenvolvemento rural. Xestiona o Programa L EADER 2014-2020 e acadou no ano 2013 a declaración de reserva da biosfera para a bisbarra. Máis información en www.marinasbetanzos.com

Proxecto Ríos: É unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos galegos. Nela participan 299 grupos de voluntarios (asociacións, centros de ensino, particulares...) e organiza este ano a IX edición da limpeza simultánea de ríos de toda Galicia. Máis información en www.proxectorios.org

Betanzos, 16 de setembro de 2016.

Fundación Fragas do Mandeo

correo@fragasdomandeo.org

www.fragasdomandeo.org

www.facebook.com/voluntariadomandeo

Fotografías:

Poden solicitarse imaxes a correo@fragasdomandeo.org ou descargarse da cuarta edición para a súa publicación en:

http://www.fragasdomandeo.org/galeria/iv-semana-de-custodia-nas-marinas-corunesas-e-terras-do-mandeo/

Lista de entidades participantes na organización da eco-regata:

Fragas do Mandeo.
Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.
Asociación de Amigos dos Ríos de Betanzos.
Asociación Ría do Pedrido.
Sociedade Gastronómica, Cultural, Deportiva e Xuvenil Lar de Unta.
Asociación Cultural Casa Castillo Betanzos.
Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal.

PROGRAMA DAS V XORNADAS 2016. | Acceder/Baixar.

Enviado por:
Fragas do Mandeo
-correo@fragasdomandeo.org-
9 de setembro de 2016 22:22
______

luns, setembro 05, 2016

Acompañamos a Patricia e ás súas fillas á Audiencia Provincial - Os días 6, 7 e 8 de setembro celebrarase na Coruña o xuízo contra o “presunto” violador das súas tres fillastras e a súa filla cando estas eran menores de idade - Bankia iniciou o proceso de execución hipotecaria, proceso que non se paralizou porque o cotitular da hipoteca é o “presunto”, que tería que asinar a solicitude do código de boas prácticas e aceptar a demanda de Patricia de dación en pago e oferta de vivenda social


A Coordinación Galega de PAHs e STOPs, acordou somar-se ao Chamamento á sociedade civil, das compañeiras e compañeiros de Stop Desafiuzamentos Compostela, para mobilizar-se e acompañar a Patricia e ás súas fillas, vítimas da violencia machista e institucional, perante anos, que saltou á luz en Novembro de 2014, agora vai ter lugar o xuízo penal na Audiencia Provincial da Coruña, os días 6, 7 e 8 de Setembro contra o “presunto”, maltratador de Patricia e violador das súas tres fillastras e a súa filla, cando estas eran menores de idade. U
n caso no que se xuntan pobreza enerxética, falta de alternativa habitacional, desatención pública e violencias machistas, non só contra unha muller senón tamén contra as súas fillas. Desde Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, integrante da Cordinación galega, tamén acordou secundar o chamado á mobilización e acompañamento.

DENUNCIA, PROTECCIÓN, XUSTIZA E REPARACIÓN
CONCENTRACIÓN, POLA MAÑÁ, ÁS 8:45 HS. DO MARTES 6 DE SETEMBRO, NA PRAZA DIANTE DO EDIFICIO DA AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA. O XUÍZO ESTÁ PREVISTO QUE TEÑA LUGAR, ÁS 9 DA MAÑÁ NO XULGADO DO PENAL Nº1 (OS DÍAS 6, 7 E 8 DE SETEMBRO DE 2016).

Acompañamos a Patricia e ás súas fillas á Audiencia Provincial
Stop Desafiuzamentos Compostela acompaña a Patricia e as súas fillas no xuízo contra o “presunto” maltratador  e violador das fillas menores.

Os días 6, 7 e 8 de setembro celebrarase na Coruña o xuízo contra o “presunto” violador das súas tres fillastras e a súa filla cando estas eran menores de idade.

Pedro Rañó Espasandín, natural da parroquia de Alón (Santa Comba) e residente na Baña, está acusado de violación continuada sobre a súa filla e as súas tres fillastras  durante nove anos, así como de maltrato continuado contra a súa parella, Patricia, nai das catro menores. Atópase en prisión preventiva desde novembro de 2014.

Desde Stop Desafiuzamentos Compostela pedímoslle á sociedade que acompañe estas mulleres e nenas os días 6, 7 e 8 de setembro durante o xuízo que se celebrará na Audiencia Provincial da Coruña (r/ Capitán Juan Varela).  | Mapa.

Patricia e as súas fillas terán que enfrontarse agora ao xuízo, terán que narrar o inferno en que viviron, e unhas persoas alí presentes xulgarán o responsable último desa situación, o acusado. Pero ninguén xulgará os que o apoian e alentan, os que miraron para outro lado e non fixeron nada. Ninguén dirá nada das institucións garantes dos nosos dereitos que non fixeron os deberes, que deixaron a Patricia e as súas fillas desprotexidas porque, no fondo, pensan que algo farían.

Patricia e as súas fillas non se enfrontan só a este xuízo, teñen sobre a súa cabeza a espada de Damocles do desafiuzamento da súa vivenda; Patricia ten sobre a súa cabeza a exclusión social que supón vivir e manter a súa familia con 426 euros; ten sobre a  súa cabeza o estigma social dun pobo que non entende por que non aguantou un pouco máis... e nós pensamos que é moito peso para unha soa cabeza. Bankia iniciou o proceso de execución hipotecaria, proceso que non se paralizou porque o cotitular da hipoteca é o “presunto”, que tería que asinar a solicitude do código de boas prácticas e aceptar a demanda de Patricia de dación en pago e oferta de vivenda social. Pero, claro, o “presunto” está en prisión e non vai asinar nada. E, en palabras da responsable de Bankia, NON se pode facer nada.

Violencia dun suxeito, violencia dunha veciñanza que mira para outro lado, violencia dunhas institucións que aparentemente lles garanten ás mulleres vítimas unha vida normalizada tras a denuncia e, na realidade, empúrranas ao enrevesado mundo do papelorio, do volva vostede mañá, do fáltalle este requisito…, violencia dun banco, violencia do noso silencio.

Desde Stop Desafiuzamentos Compostela pedímoslle á sociedade civil, a esa parte que non quere ser partícipe ni cómplice desta situación, que se mobilice, que se sume, que faga oír a súa voz, que nos acompañe para que elas saiban que non están soas.

Algúns medios informando dos feitos:

Prisión provisional para o home acusado de violar aos seus tres hijastras e a súa filla. | O xuíz atribúelle tres delitos de agresión sexual mentres segue a instrución. | La Voz de Galicia. | Xurxo Melchor. | Santiago 28 de novembro de 2014 17:53 | Ir á Web.

Detido por violar a tres hijastras e á súa filla menor durante oito anos. | As vítimas confesaron os abusos á súa nai cando rompeu co home, natural de Santa Comba, ao que denunciara por maltrato. | Xurxo Melchor. Santiago / La Voz de Galicia. 28 de Novembro de 2014 08:44. | Ir á Web.

A Fiscalía pide 67 anos de cárcere para o home acusado de violar á súa filla e a tres hijastras. | A nai, veciña da Baña, descubriu as agresións tras botar de casa ao seu marido por sufrir maltratos. | xurxo melchorsantiago / La Voz de Galicia, 10 de Maio de 2016. Actualizado ás 05:00 h. | Ir á Web.

Denuncian o desahucio para unha familia bañesa agredida. | A nai, co marido xa entre rejas, asume unha hipoteca e a manutención de seis acodes, segundo Stop Desafiuzamentos. | O.D. VILLAR A BAÑA El Correo Gallego.  | 15.05.2016 | Ir á Web.

Stop Desahucios Compostela denuncia un novo caso dunha vítima de violencia de xénero. | Kaos en La Red. Por Stop Desahucios - Compostela. | Stop Desafiuzamentos Compostela envía denuncia para visualizar un novo caso, esta vez nunha vítima de violencia de xénero. Muller nai de catro fillas violadas polo seu marido ao que o fiscal pide 67 anos de cárcere. Resaltan que é un caso no que se xuntan pobreza enerxética, falta de alternativa habitacional, desatención pública e violencia de xénero non só contra unha muller senón tamén contra as súas fillas. 11 de Maio de 2016 | Ir á Web.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1673896709604554/

 Stop Desafiuzamentos Compostela

https://www.facebook.com/StopDesahuciosCompostela/

stopdesahucioscompostela@gmail.com
Compostela, a 31 de Agosto de 2016

---

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com


Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol
_______

mércores, agosto 24, 2016

Un informe do Instituto Tecnolóxico de Galicia, fulmina a proposta máis valorada do Contrato Eléctrico - Vídeo: O grupo de goberno de Ferrol anuncia en rolda de prensa que propoñerá ao Pleno a renuncia ao Contrato Eléctrico por interese público


Un informe do Instituto Tecnolóxico de Galicia [1], fulmina a proposta da UTE SEFCON - FCC, a máis valorada, para acceder ao Contrato Eléctrico do Concello de Ferrol. Un Contrato Eléctrico polémico, que mantivo en tensión as relacións no grupo de goberno perante meses, dado que Ferrol en Común opuña-se á remunicipalización do servizo e do subministro, posición que si mantiña o PSOE, e o BNG desde a oposición. As diferencias por este asunto que transcenderon aos medios locais estiveron a punto de acabar co bipartito. Ferrol en Común fixo unha Asemblea Xeral especifica para conseguir o respaldo da mesma a súa posición de privatizar o servizo, entregando por 15 anos este contrato á UTE SEFCON - FCC. A formación política alegaba a imposibilidade de remunicipalizar o servizo sen ter que pagar unha indemnización millonaria e poñer en perigo a situación persoal e do patrimonio das concelleiras e concelleiros da súa formación, se apoiaban a anulación do Contrato, alegando acusacións penais de prevaricación, segundo o informe xurídico. O respaldo da Asemblea á privatización foi unánime con só cinco abstencións. Diante desta situación membros da citada formación e outras activistas constituíron a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, unha iniciativa cidadá que tiña como primeiro obxectivo "parar o Contrato Eléctrico que tramita o Concello de Ferrol e iniciar unha loita en defensa dos servizos públicos e municipais, e o rescate dos privatizados".

O informe xurídico alegado por Ferrol en Común, e utilizado na mencionada Asemblea como argumento contra a remunicipalización, resultaron ser informes de parte, como así demostrou a Plataforma pola Remunicipalización, dado que o administrador único dunha das empresas que conforman a UTE, Borja Silveira Rey (SEFCON), é un dos socios e directores do despacho de avogados (Lama & Asociados) que emitiu o mencionado informe xurídico presentado á asemblea de Ferrol en Común.

Hoxe, 24 de Agosto de 2016, o grupo de goberno do Concello de Ferrol, realizou unha rolda de prensa para explicar o contido do último informe do Instituto Tecnolóxico de Galicia, sobre o Contrato Eléctrico. Onde se xustifica tecnicamente o porque de renunciar a el por interese público. Na Rolda de Prensa, participaron: Jorge Suárez, Beatriz Sestayo, Germán Costoya e Álvaro Montes.


https://youtu.be/02aqjc47yJI
---
Máis info en:
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

Todo sobre o Contrato Eléctrico en Ártabra 21.

[1] A Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) é Centro Tecnolóxico Nacional recoñecido oficialmente desde o ano 2012 polo Ministerio de Economía e Competitividade, Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. | De carácter privado e situado na Coruña, ten como obxectivo mellorar a capacidade competitiva das empresas, organizacións e profesionais a través da investigación e prestación de servizos profesionais no ámbito da enerxía e o medio ambiente, as telecomunicaciones e a construción sostenible, sendo o organismo certificador en España do selo internacional BREEAM®. | Ir á Web.
___________________

luns, agosto 22, 2016

Exposicións no Ateneo Ferrolán: "Reciclar Cultura" e "Exposición Colectiva​" - Entre os libros que se poderán ver na exposición hai obras dos séculos XVIII e XIX de Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro


Exposicións en agosto no Ateneo


Exposicións abertas no Ateneo Ferrolán.
Horario de 10 a 14 h. de luns a venres

Exposición de Libros "Reciclar Cultura" na Biblioteca - Hemeroteca do Ateneo

Recinor (Reciclaje de Inertes del Noroeste S.L.) inaugurou a exposición de libros “Reciclar Cultura” na Biblioiteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán.

Dita mostra é parte da doazón de libros que a empresa regalou a esta entidade recuperados dos contedores de entullos que chegaron a nosa planta de reciclaxe, máis de 2.500 libros.

Entre os libros que se poderán ver na exposición hai obras dos séculos XVIII e XIX de Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro (Casdemiro, Ourense,1676 - Oviedo, 1764).

Venta Solidaria co Ateneo Ferrolán​. Exposición Colectiva​

Durante todo este mes teremos expostos na entrada do ‪#‎Ateneo‬
unha serie de cadros  doados solidariamente por divers@s artistas.

Pásate!!! Merca un cadro e colabora co Ateneo Ferrolán !!!!

Artistas Solidarios Participantes desta iniciativa:

Alejos, Alfonso Costa, Alfredo Erias, Alicia Seoane, Angeles Jorreto,
Anna M. Constanseu, Antón Sobral, Anxo Alvarez, Carlos Pereira Martínez,
Carmela Cagiao, Carmen Martín, Carolina Martínez, Celestino Poza, Delio Sánchez, Edu Pereira, Emilio Celeiro, Enrique Castro Piñeiro, Fátima Fernández, Fernando Ocampo, Fernando Maceira, Isabel Pintado, Luis Mazorra, Luis Rapela, María Piensos, María Vilanova, M.ª Luisa Rojo-Novais, M.ª José Leira, Miguel Anxo Varela, Miguel Navarro Salinas, Noemí Lorenzo Pérez, María Leal, Teresa Candal, Teresa Fagiras, Pedro Perico, Ramón Astray, Raquel Castro Torrado, Rosa Guisán, Spela Trobec,
Victor Rey Grande e Xaquín Marin.

---
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org

O Ateneo en blogger, facebook e twitter.

Faite soci@ on line! Colabora con nos! Aquí.

Para axudas e colaboracións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa.
Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
22 de agosto de 2016 13:06
____________

Sobre as primarias de En Marea, ... Por David Rodríguez


Por David Rodríguez [*]
22.08.2016


Pasemos por alto os variados despropósitos sucedidos no proceso das primarias de En Marea, entre os cales, dos máis graves, se atopa a revocación pola Coordinadora da decisión da asemblea do Mar de Vigo de que non houbese voto telemático. Centrémonos só en que se produciron esas primarias e lembremos aquilo que se podía deducir do que dicía Francisco Louçà nun seu artigo sobre ese sistema: as primarias tenden a "normalizar" as propostas dos partidos. E, efectivamente, iso é algo facilmente comprobable na candidatura saída das primarias de En Marea.

No eixo nacional, a irrupción fortisima de Podemos nas listas de En Marea -despois, compre lembralo, dunha campaña desacomplexadamente colonial; carabelas incluídas- suporá a entrada no espazo da esquerda galega duns deputados cuxa axenda pasa máis por Madrid que por Galicia. E, salvo para pánfilos irredentos e amigos da impostura, un partido cunha axenda de construción organizativa propia máis que clara ao que o da Unidade Popular lle soa a cousa de pitufos gruñóns.

No eixo esquerda-dereita a normalización tamén é evidente.

O apoio de Beiras-Anova ao candidato Villares -un home, por forza de profesión, de orde, como xa está a deixar claro en entrevistas; velaí a súa crenza na preponderancia da Lei escrita sobre a Política por exemplo arredor da posible inhabilitación de Otegi- cuxo discurso político é francamente semellante ao de Quintana (o cal en si non ten nada malo, salvo pola peculiaridade de que os que onte protestaban polo xiro á dereita de Quintana hoxe aplauden o charmé de Villares) só é comprensible a través dunha pirueta de dobre salto mortal discursiva de dimensións olímpicas que nos conduce, sen solución de continuídade, de "a Constitución está cancelada de facto", "vivimos na Autoanemia" e estamos "no IV Reich sen Wehrmacht" á ladaíña do aproveitamento competencial e da Constitución como límite.

Da entrada masiva do posmarxismo podemita, nas súas distintas tribus galaicas, só se pode agardar xornadas gloriosas de navalleo pola cuestión alimentaria dos cargos, qualunquismo, galeguismo sentimentaloide de raíz fraguiana e festival de significantes baleiros.

Os resultados de EU, discretos, son dignos para un partido da súa forza e militancia en Galicia pero, que Fajardo quedase nun posto moi baixo e a xente de Yolanda Díaz quedase en postos aceptables son, de novo, boas novas para Podemos.

Quen sacou boa tallada do proceso foi Cerna, os que deixaran "o barco entre as pedras" e que moita militancia en Anova criticaba por autonomistas, rendibilizando altamente en potenciais deputados o seu pequeno tamaño en militancia e en incidencia social. Tallada abondosa sacou tamén o espírito de Quintana co ex senador e ex CxG Pérez Bouza nun bo posto de saída por Ourense.

A derrotada, sen paliativos, deste proceso é Anova. Algo, por outra banda, previsible e predicido. O partido de Beiras, alguén cun capital político importante neste país, non un chaíñas calquera, celebra conseguir dous postos de saída en Coruña e Ourense (como se non estivesemos a falar dunhas galegas e non dunhas xerais!) e asiste con xúbilo á realidade de que en Pontevedra o seu primeiro militante sexa o número 8 (despois de ceder, nun xesto de dadivosidade realmente rechamante, o número un da candidatura a unha militante de Anticapitalistas-Podemos).

Canto á Marea Atlántica, o que xa sabiamos. Por si mesmos son pouca cousa. Un mero apéndice de Podemos cuxa militancia, como é obvio, prefire o orixinal á copia, de aí que o candidato de MA quedase relegado ao número sete da candidatura da Coruña.

En suma, unha ensalada de ingredientes variados e máis ben insípidos que, de seguro, dará grandes espectáculos no Parlamento e que só ten, no medio prazo, dous destinos posibles: asimilación con Podemos ou implosión.

Publicado o 20 de Agosto de 2016 no blogue do autor: O Funambulista Coxo.

A imaxe do cabezallo do artigo foi postada por Ártabra 21, tirada de "Terra de Ratos", unha fábula política difundida por Tommy Douglas, activista e político, elixido en 2004 como "O canadense máis grande de todos os tempos".


[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
22 de agosto de 2016 01:01

sábado, agosto 13, 2016

De paseo con Francisco para coñecer a realidade das persoas con mobilidade reducida en Narón


De paseo con Francisco para coñecer a realidade das persoas con mobilidade reducida en Narón.

André Abeledo Portavoz de Esquerda Unida no concello de Narón, fai un chamamento as distintas administracións públicas para que aborden a realidade da problemática das persoas con mobilidade reducida, “dende o punto de vista de quen sofre o problema, baixando a rúa con elas e eles”.

De paseo con Francisco para coñecer a realidade das persoas con mobilidade reducida en Narón.

Francisco Díaz Mouriz quedou en cadeira de rodas por causa dun accidente laboral, fai uns días púxose en contacto comigo, como concelleiro e representante das veciñas e veciños de Narón, para compartir a súa problemática diaria a hora de desprazarse pola nosa cidade.

Despois de contarme as moitas dificultades e os obstáculos que atopa a diario, pedinlle un favor, que me permitise dar un paseo xunto con el, quedamos na Gándara o día seguinte e nos coñecemos en persoa.

Son da idea que un non é capaz de poñerse no lugar do outro ata que vive a mesma situación, e neste corto paseo dinme conta das moitas cousas de fácil solución que entorpecen a vida destas veciñas e veciños, dende beirarrúas demasiado estreitas ata pasos de pións con bordos que se converten en verdadeiros obstáculos insalvables, e que obrigan a estas persoas a cruzar a rúa por onde non deben pero vense obrigados a facelo poñendo en risco a súa integridade física. Ou a tentar pasar por riba deses bordos tendo accidentes como a última caída da que me falou Francisco e que lle aconteceu mesmamente na Gándara o tentar facer a temeraria manobra de cruzar un destes pasos de pións do xeito correcto.

Estas persoas ven limitado así o seu dereito a poder desprazarse libremente e a poder valerse por si mesmas, e precisan de alguén que as acompañe para poder facer cousas como ir o médico, facer a compra, ou visitar os seus representantes no concello.

Sería bo que todas e todos os que temos algún tipo de responsabilidade pública désemos un paseo cun deses Franciscos e Franciscas, heroes anónimos do día a día, para recuperar esa empatía có sufrimento alleo que nos permita construír unha cidade mais humana e un futuro máis xusto para todas e todos.






Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Portavoz: André Abeledo Fernández.
Achégate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
http://esquerdaunida.org/



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
13 de agosto de 2016 12:17

____________

Presentación das VI Xornadas "Memoria dun tempo", o martes 16 de Agosto no Ateneo Ferrolán - Proxeción do documental "Ferrol 1936" de Jorge Gil e Mesa Redonda con Bernardo Maiz, Rafael Permuy e Eliseo Fernández: O Papel de Ferrol na Guerra


Presentación das VI Xornadas "Memoria dun tempo"
Martes 16 de agosto ás 19,30 h.

Cita coa Historia este martes 16 de agosto ás 19,30 h. no ‪#‎AteneoFerrolán‬.

Presentación das VI Xornadas "Memoria dun tempo" da asociación Nordés (Ortigueira - Mañón - O Vicedo)

  • Presentación das xornadas.
  • Reposición do documental "Ferrol 1936" de Jorge Gil.
  • Mesa redonda sobre a importancia de Ferrol durante a Guerra Civil, tanto como base naval como centro represivo. Coa participación de: Bernardo Maiz, Rafael Permuy e Eliseo Fernández (Moderador).
---
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org

O Ateneo en blogger, facebook e twitter.

Faite soci@ on line! Colabora con nos! Aquí.

Para axudas e colaboracións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa.
Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
13 de agosto de 2016 11:14

__________________

venres, agosto 12, 2016

Actos no 41 Aniversario do asasinato de Moncho Reboiras, un 12 de Agosto de 1975


A Unión do Povo Galego (UPG) convoca o conxunto da militancia e simpatizantes ao acto público de homenaxe a Xosé Ramón Reboiras Noia que terá lugar o vindeiro 12 de agosto, sexta feira, baixo o programa que se anexa.

Nestes momentos en que é máis necesario que nunca defender un proxecto político nacionalista, recollemos o exemplo do camarada Moncho no traballo de autoorganización do povo galego e proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o noso camarada entregou a súa vida, e te convidamos a participar con nós nesta homenaxe.

ACTOS CONMEMORATIVOS:

DODRO.
Cemiterio de Imo.
Ás 12:00h. Ofrenda floral.

SAN SADURNIÑO.
Finca da Cortiña (ao carón do Rio Xuvia).
Ás 14:30h. Xantar popular. [*]
Ás 16:00h. Sobremesa de debate: “A mudanza real que a Galiza precisa”

FERROL.
Ás 19:00h. Concentración da Praza de Armas. Saída cara á rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras. Ofrenda floral e canto da Internacional
Ás 19:30h. Intervencións Políticas no Cantón.
Manuel Polo (Secretario de Zona da UPG en Ferrolterra).
Antía Ínsua (Comité Nacional da UMG).
Néstor Rego (Secretario Xeral da UPG).

[*] O prezo do xantar é de 15 € e será preciso anotarse no correo electrónico upg@uniondopovogalego.org, indicando o nome das persoas. A data límite para anotarse será o mércores 10 de agosto.

Web da UPG:
http://www.uniondopovogalego.org/

Web da Fundación Moncho Reboiras:
http://www.fesga.org/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
12 de agosto de 2016 09:46

________________

xoves, agosto 11, 2016

Os nosos libros e os cárceres, ... Por Xaquín Campo Freire


Por Xaquín Campo Freire [*]
11.08.2016


OS NOSOS LIBROS E OS CÁRCERES


"Abride escolas e pecharanse cárceres". Esta frase é moito de dona Concepción Arenal. O concepto xa viña desde as culturas máis antigas.

Desde 1946, na miseria e analfabetismo da posguerra española, foi Corín Tellado a escritora que puxo máis xente a ler entre as clases máis humildes e populares incluídas as aldeas. Grazas a ela, os que pouco máis facían que poder leren unha carta, foron quen de seguiren un argumento novelado e desde aí espertar a seren xa lectores. Hoxe ninguén lle pode negar a súa categoría de escritora dentro do seu xénero literario peculiar. “Nin son romántica nin escribo novelas románticas. Son positiva e sensible, e escribo novelas de sentimentos, que non é o mesmo. As historias da vida cotiá inspíranme. Eu recompilo as vivencias da rúa e axústoas ás miñas cousas. Os meus personaxes teñen unha tremenda humanidade. Hai moitas mozas que na vida real viviron o que viven os meus personaxes”.

A partires destes dous exemplos socio-literarios citados quero falar das bibliotecas e dos libros nos cárceres e na sociedade.

Estanse a tirar aos contedores do papel, ao lixo, infinidade de libros de todas as clases cando nos nosos cárceres hai falta de libros tamén de todas as clases: Literatura, didácticos, científicos, enciclopedias dos tempos da crianza dos fillos e das de máis categoría ou especializadas, etc.

Cos ordenadores e internet moitos destes libros estorban nas casas e as xeracións novas non fan uso deles. Pero no cárcere non hai ordenadores e a internet non está autorizada. Aí é onde o libro non perdeu actualidade. Que clase de libros? Todos. Imos razoar xuntos e veremos por que.

Nos  cárceres están maioritariamente, case exclusivamente, os pobres. Por iso, mesmo eses libros de contos que xa fican arrombados na túa casa son do mesmo nivel cultural de moitos dos nosos reclusos. E só empezarán a ler de novo se retoman eses contos sinxelos de rapaciños onde ficou a súa formación de antano. E digo outro tanto dos libros de Primaria, da ESO ou de BUP. O tempo do cárcere ten de ser un tempo aproveitado, pero para iso fan falta medios e instrumentos axeitados.

Que con isto xa vai ser todo de cor de rosas? Certo que non. Pero, como di o Xénese 18, 30-32: “E se non houbese máis que cinco xustos ti xa nos destruirías a todos?”. Vale a pena o noso esforzo se un dez, quince ou vinte por cento vai adiante e muda as súas condicións de formación alí e para cando saia en liberdade?

Os educadores de cada módulo e do cárcere en xeral ben desexarían teren  máis medios. Os libros son moi importantes. Logo están aqueles internos que, con formación máis elevada, son capaces xa de avanzar en por si ou mesmo de crear un grupo de estudo en común onde algún deles poida axudar aos compañeiros que desexan progredir e avanzar se hai medios.

O problema é moito máis amplo e complexo. Xa sei que a Xunta, o Goberno, o Ministerio do Interior, etc, serían os que terían de dotar os cárceres. É verdade. Pero xa vemos como nos vai coa sanidade, a educación, os servizos sociais, etc. E por outra parte estou a falar de non desperdiciar recursos que van ir ao lixo se antes con eles non nos beneficiamos todos.

Non fagamos como fixeron D. Xesús Vázquez, conselleiro de educación e o Sr. Feixoo que para que os profesores non caeran na tentación de dar certas crases en lingua galega queimaron milleiros e milleiros de libros de texto,  noviños, sen estrear. Pero dixo Manolo Rivas: “Os libros arden mal”. A queima deles sempre se volverá contra do incendiario.

Que tampouco se volvan contra nós se os tiramos ao lixo. Claro que non debemos converter o cárcere noutro contedor cos que están xa inservíbeis.

E como podemos facer se os queremos levar alí? Falo dos cárceres pero tamén dos xeriátricos ou de institucións sociais que poidan precisar. Na Galiza hai cinco centros penitenciarios. Na internet están os telefones de cada un deles. Hai un encargado da biblioteca ou un grupo de educadores. Pedindo que nos poñan con algún deles, seguro que conseguimos boa información. Eles xa nos indican a forma, o modo e o xeito máis amañado de procedermos.

As forzas que se asocian para o ben non se suman, multiplícanse. O home que se levanta é aínda máis grande que o que non caeu”. (C. Arenal).

[*] Xaquín Campo Freire [Xaquín da Roca],  Narón 1937, é un relixioso galeguista. Graduado social, ATS pola Universidade de Santiago de Compostela, a diplomatura en Xerontoloxía Social pola Universidade Complutense de Madrid e é licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria, pola Universidade Camillianum de Roma dende 2005. É membro do consello de redacción da revista Encrucillada así como membro ordinario da AELG. Traballou de enfermeiro no PAC de Fene e de capelán de Residencia de Anciáns. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e da Escola e Saúde e Centro de Escoita Activa Mons. Araúxo.

Enviado por:
Xaquin Campo Freire
-xaquinderoca@gmail.com-
11 de agosto de 2016 00:09

______________

Centros Penitenciarios e CIS na Galiza. | Ir á Web.

Centros de Antención a Maiores na Galiza. | Ir á Web.
______________________________

Paelhada Ártabra, ao estilo Vidal, esta sexta-feira, 12 de Agosto, na Fundaçom Artábria - Travessa de Batalhons nº7, no bairro de Esteiro, em Ferrol


Paelhada Ártabra esta sexta-feira na Fundaçom Artábria


Nesta sexta-feira, 12 de agosto, contamos com umha nova cita com a gastronomia. Desde as 20.30h haverá umha Paelhada Ártabra ao "estilo Vidal". O preço do prato é de 4 euros e haverá opçom vegana.
A receita da paelha (e nom arroz com cosas) conta com o visto bom dos ortodoxos deste manjar do Païs Valencià.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
10 de agosto de 2016 23:08
____________

mércores, agosto 10, 2016

"A nosa voz en Europa", publicación periódica para dar a coñecer de forma directa a actividade política e social da eurodeputada galega Lídia Senra


Sae á luz o primeiro número do boletín informativo periódico “A nosa voz en Europa”. | A revista, que se reparte en Galiza de forma gratuíta, nace para dar a coñecer de forma directa o traballo da eurodeputada de AGEe. | Lídia Senra fai un chamamento a incluír na axenda galega os asuntos abordados nas institucións da UE, que “afectan a diario ás nosas vidas”.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquera Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de lanzar o primeiro número do boletín informativo “A nosa voz en Europa”, un boletín que nace con vocación de ser unha publicación de carácter periódico, e que pretende que a poboación galega coñeza de forma directa o labor que está a realizar nas institucións europeas para defender as loitas das galegas e galegos en todos os sectores.

A versión impresa do numero 1 de “A nosa voz en Europa”, que conta cunha tirada inicial de 1.500 exemplares, está a ser xa distribuída de xeito gratuíto na Galiza; ademais, todas aquelas persoas que o desexen, tamén poden acceder xa á versión dixital da revista en PDF, a través da propia web de AGEe. O obxectivo de iniciar este novo modelo informativo é incidir na axenda diaria galega e que a maioría de homes e mulleres tomen conciencia de que os asuntos abordados tanto na Comisión Europea como no Parlamento Europeo, a pesar de tratarse de lugares tan afastados de Galiza como poden ser Bruxelas ou Estrasburgo, afectan a diario ás nosas vidas e son temas que se deben ter presentes e seguir moi de preto.

Lídia Senra destaca que durante o tempo que leva sendo eurodeputada ven observando como “moitas decisións que atoparemos no DOG e no BOE dentro de varios anos se están decidindo agora no Parlamento Europeo e sen embargo acostuman a pasar desapercibidas neste momento”. “Despois, cando as apliquen, darémonos conta do dano que provocan no noso día”, advertiu.

Cunha maquetación e deseño a toda cor, realizado polo estudio compostelán Numax, o primeiro número de “A nosa voz en Europa” recolle a actividade que se desenvolveu desde que comezou a presente lexislatura europea, en xullo de 2014, e até principios desde ano 2016. Neste tempo, a eurodeputada de AGE rexistrou en Bruxelas 140 preguntas parlamentarias por escrito á Comisión e ao Consello Europeo relativas a agricultura e alimentación, sector pesqueiro, dereitos humanos e sociais, mulleres, sanidade, ensino, emprego, medio ambiente, benestar animal, infraestruturas ou tratados de libre comercio.

No boletín tamén se recollen as xuntanzas de traballo mantidas por Lídia Senra neste tempo, as súas intervencións nas sesións plenarias e nas diferentes comisións, así como todas as xornadas organizadas por AGEe en colaboración co GUE/NGL e con outras organizacións en Galiza e en Bruxelas.

A idea é continuar o camiño e poder publicar a finais deste ano o segundo número da revista, recollendo toda a actividade do 2016; e a partir de aí, que o boletín teña un carácter semestral nos sucesivos 2017, 2018 e 2019, ano no que remataría a lexislatura actual.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

lidia.senra@europarl.europa.eu

Equipa de Comunicación AGEe:
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Bruxelas:
vera.montotovazquez@europarl.europa.eu
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Galiza:
age.europa.galiza@gmail.com
Xornal dixital de AGEe:
http://ageuropa.gal/

Boletín “A nosa voz en Europa”, formato PDF. | Acceder/Baixar.

   



Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
9 de agosto de 2016 11:50
__________________________

Ante a entrada na Ría de Ferrol, dun novo buque gaseiro, o LNG Benue, cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentración sonora, este mércores 10 de Agosto, ás 8 da tarde na Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta - Enlaces ás catro Sentenzas e ao Auto a favor do Comité


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 MÉRCORES 10 DE AGOSTO, ÁS 8 DA TARDE
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

Un novo buque o "LNG Benue" cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, ten previsto a súa entrada na Ría de Ferrol para descargar na ilegal e perigosa Reganosa. Un buque, con bandeira de conveniencia das Bermudas, de grande porte, cunha eslora de 285 m, de 43 m de manga, e un calado de 11.5 m. E cunha capacidade de carga de 145.952 m³ de GNL (LNG). O buque entrará pola bocana da Ría e cruzará o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de 4.500 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de Punta Promontoiro, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un buque destas características, cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos. Este buque fai o gaseiro número 214 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Sentenzas

Este é o quinto buque que entra na Ría, despois de que o Tribunal Supremo ditara a súa Terceira Sentenza firme contra Reganosa que anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegalsa). E o primeiro, despois de que unha cuarta sentenza a favor do Comité Cidadán, anulara o Plan de Emerxencias Exterior da planta de gas.

Recursos

Despois de declarada ilegal Reganosa, polas sentenzas firmes do tribunal supremo, o goberno en funcións do estado, resolve eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concede a autorización de funcionamento, nun intento de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos. O movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio político, decidiu recorrer as resolucións gobernamentais sinaladas.

Concentración sonora

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada dun novo buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como ven sendo habitual sempre que entra un gaseiro cargado na Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este mércores ás 8 da tarde en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Sopa química clorada e arrefriada saíndo do colector de Reganosa
Tras as sentenzas do Tribunal Supremo, que declaran ilegal a Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRAN AS SENTENZAS DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Catro Sentenzas firmes e un Auto do Tribunal Supremo contra Reganosa:
  • Sentenza 1966/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do do Contencioso Administrativo - Sección Quinta - 26.07.2016 | Recurso de Casación Número: 2070/2014 | Anulando o Plan de Emerxencias Exterior de Reganosa e o Decreto 144/2007, do 9 de Xullo, da Xunta de Galicia | 16 páxinas en formato PDF | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia).
  • Auto de Aclaración do Tribunal Supremo, con data de 25 de maio de 2016, onde desestimou "o incidente de nulidade de actuacións..." promovido pola representación da empresa Regasificadora do Noroeste S. A. (REGANOSA), contra a Sentenza. Auto que denega o Recurso de REGANOSA á citada sentenza que declara a nulidade da Autorización Administrativa Previa (Recurso de Casación 599/2013). | Acceder/Baixar.
  • Sentenza 889/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 25.04.2016 | Estima o recurso contra sentenza do TSJM e declara nula a resolución que aproba o proxecto de execución de instalación de Reganosa. | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia).
  • Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Estimar recurso contra sentenza do TSJM, polo que debe ser anulada a Autorización Administrativa Previa para a instalación de Reganosa. | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia).
  • Sentenza do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección Quinta. 11.05.2012| Recurso de Casación Núm. 4512/2008 | Ratificando a sentenza do TSXG que anula aresolución do pleno do concello de Mugardos onde se modificaba o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos para facilitar a instalación de Reganosa, mais sen que esta modificación puntual fora sometida a avaliación de impacto ambiental. |  Acceder/Baixar. (Recorrían Reganosa e o Concello de Mugardos).
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de agosto de 2016 10:28
_______________