Radio Liberada de Honduras A Voz do Pobo A Voz dos Movimentos Sociais Radio Online >>> Escoitar
[Hai que ter paciencia non sempre pode emitir]
Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTv

Os Verdes denuncian un Incendio na Planta de Gas de REGANOSA

20061015

Ferrol, a 15 de outubro de 2006

Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra comunican a posibilidade de que a Planta de Gas de Reganosa, en Ferrolterra, teña accidentes moi graves se chega a entrar en funcionamento, dada a súa proximidade aos núcleos urbanos de Mugardos (800 mts) e Ferrol (1.500 mts).

Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra denunciou na comisaría da Garda Civil de Mugardos a emisión á atmosfera, ao longo do dia de onte, de grandes volumes de gases irritantes producidos no incendio rexistrado nun dos tanques da Planta de Gas de Reganosa. Á hora de redactarse este comunicado -doce horas despois- aínda continuaba ardendo o interior do tanque.

Este accidente evidencia que as medidas de seguridade que a empresa di haber implementado dentro do recinto poden verse excedidas por calquera adversidad ou fallo, poñéndose así de manifesto que a industria gasística Reganosa é proclive a xerar unha CATÁSTROFE MOI GRAVE no caso de que as autoridades permitan a súa entrada en funcionamento por estar rodeada de densos núcleos de poboación, o cal contraviene as leis europeas (Seveso II) e españolas (Raminp).

Cada tanque da Planta almacenará 150.000 m3 de Gas Natural Licuado, e en caso de haber estado cheo a día de hoxe, a deflagración poñería en perigo mortal a toda a poboación da comarca de Ferrolterra, ou sexa, a máis de 100.000 persoas.

Os Verdes-Grupo Verde, así mesmo, denunciamos a necesidade de que se determine, mediante unha análise do aire, a composición e o volume dos gases emitidos á atmosfera, xa que foron respirados por numerosos veciños presentando despois irritación de garganta e dor de cabeza. Doce horas despois, cónstanos que esta medición do aire non se produciu, nin existe predisposición a realizala.

Todo isto evidencia que está fallando, non só a seguridade en Reganosa, senón tamén os plans de urxencias das autoridades locais e autonómicas, obrigándonos a cuestionar a súa capacidade para garantir saúde da poboación e o medio ambiente, tal como esixe a normativa Seveso II.

Por úlltimo, Os Verdes-Grupo Verde reclamamos que a Xunta de Galicia recoloque a Planta nun área afastada da poboación, como se fai con este tipo de instalacións noutros países mais avanzados que as sitúan en mar dentro ou en sitios illados e remotos.

Moitas grazas pola súa atención e pola difusión deste comunicado. Reciba un cordial saúdo de:

Carlos Lareo .
Portavoz de Os Verdes-Grupo Verde de Ferrol

Tfno. 619 083 499

http://www.osverdes.org


Información no Diario de Ferrol

Información na Voz de Galicia

Postado por Saúde e Liberdade ! às 22:18  

0 comentários:

Postar um comentário

Colectivo Ártabra 21 - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column