domingo, outubro 08, 2006

Proposta de Amadeo Varela

Tags

De: amadeo
Para: artabra21@gmail.com
Fecha: 02-oct-2006 10:06
Asunto: Borrador para Regulamento


Aportación do Colectivo Recimil

.....ooooo00000ooooo.....


Borrador para regulamento interno da Plataforma Ártabra 21

====================

Método e principios organizativos.

……………….

No documento fundacional aprobado o 29 de maio do 2006, establécense un método e principios organizativos, redactados en 9 paragrafos, que é necesario desenvolver e concretar, para acadar o funcionamento áxil e dinámico que se pretende, tal como especifica o paragrafo 7 dos citados principios.


Paragrafo 1.- “O funcionamento da plataforma baséase no compromiso moral, individual e colectivo, de participación para lograr a consecución dos obxectivos.”

Para cumprir con este compromiso, acordamos:

Artº. 1.- Todos os membros da Plataforma están obrigados a aceptar, apoiar e defender as decisións da Asemblea, aínda que, por causa xustificada, non houbesen participado nesa decisión asamblearia.

Correccións.-

Artº. 2.- Todos os membros da Plataforma están obrigados a asistir ás Asembleas con al menos un representante, e a participar nos órganos de goberno e representación, cando sexan designados pola Asemblea.

Correccións.-

Paragrafo 2.- “Esta Plataforma está aberta a entidades, organizacións e persoas de xeito individual que soliciten a súa integración, que será ratificada pola Asemblea.”

Para cumprir esta condición, requírese:

Artº. 3.- A solicitude deberá facerse por escrito, no que constará o nome e firma da persoa solicitante, ou o nome da entidade e a firma do seu representante, expresando o seu desexo de integrarse na Plataforma e a súa decisión de aceptar todas as normas, principios e obxectivos da mesma.

A solicitude deberá presentarse perante a Asemblea por medio do solicitante ou un representante.

Correccións.-

Artº. 4.- Cando unha entidade, organización ou persoa solicitante, houbese comprometido a súa opinión ou actividade en obxectivos contrarios ós da Plataforma, deberá rectificar – na medida do posible – para evitar que se poidan producir contradiccións no seo da Plataforma.

Correccións.-

Paragrafo 3.- “Faránse Asembleas todos os últimos martes laborales de cada mes.”

Artº. 5.- No último punto da Orde do Día de cada Asemblea - a celebrar o último martes laborable de cada mes - establecerase a data, hora e lugar da Asemblea seguinte. Nembargantes, uns días antes, lembraranse ós membros da Plataforma - na medida do posible - as citadas circunstancias.

Para posibilitar esta e outras informacións, cada membro da Plataforma deberá aportar a súa dirección electrónica ou telefónica.

As Asembleas celebraranse nun local o máis céntrico posible ó ámbito de actuación, para facilitar a asistencia. Nembargantes, poderase celebrar a xuntanza no local dalgunha Asociación membro, a petición súa e co consentimento da Asamblea.

Os acordos da Asemblea tomaranse por maioría simple.

Correccións.-

Paragrafo 4.- “Constituirase unha Xunta Coordenadora formada por dous coordenadores e dous responsables de Actas e Contas, estes serán renovados de xeito alternativo cada Asemblea.”

Na curta vida da Plataforma, xa se comprobou que esta solución non da o resultado esperado, polo que se establece unha nova organización da Xunta Coordenadora.

Artº. 6.- Constituirase unha Xunta Coordenadora formada por SEIS persoas pertencentes a seis membros distintos da Plataforma, que asumirán as seguintes funcións:

Portavoz, Secretario, Tesoureiro, Vocal 1º (suplente do Portavoz), Vocal 2º (suplente do Secretario) e Vocal 3º (suplente do Tesoureiro).

Correccións.-

Artº. 7.- Independientemente das súas funcións como compoñentes da Xunta, as funcións específicas de cada un serán as seguintes:

O Portavoz será o encargado de abrir e pechar as Asembleas, e dirixir o debate. Ademais, encargarase de enviar os comunicados ós medios informativos.

O Secretario recollerá as aportacións dos asemblearios - que a ser posible deberán ser presentadas por escrito - e redactará as actas. Tamén redactará as Resolucións e os Comunicados, segundo o acordado nas Asembleas e nas Xuntas. Ademais, levará sempre actualizada unha lista cos compoñentes da Plataforma.

O Tesoureiro dará conta dos Ingresos e Gastos que houber e levará control dos ingresos efectuados polos membros da Plataforma.

Cada Vocal axudará ó seu correspondente e o suplirá en caso necesario.

Correccións.-

Artº. 8.- Unha vez nomeados os compoñentes da Coordenadora, a Asemblea poderá designar as funcións de cada un, ou permitir que se organicen por si mesmos.

Correccións.-

Artº. 9.- A duración do desempeño destas funcións, será como mínimo de seis meses, sendo renovados os compoñentes, alternativamente, de tres en tres. A Asemblea poderá autorizar a continuación de calquera membro, sempre que haxa unanimidade.

Correccións.-

Paragrafo 5.- “Para as xuntanzas urxentes, a Xunta coordenadora fará a convocatoria o máis rápido posíbel.”

Complétase este apartado co artigo seguinte:

Artº. 10.- A Xunta Coordenadora reuniráse a lo menos unha vez por mes, para recoller as aportacións dos membros da Plataforma, e redactar a Orde do Día da seguinte Asemblea.

En caso de urxencia, a Xunta deberá reunirse do xeito mais inmediato, e convocará rápidamente unha Asemblea Extraordinaria da Plataforma.

Correccións.-

Paragrafo 6.- “Para cada evento ou tema concreto nomearase un Comité organizador Permanente, até rematar este feito.”

Modifícase esta disposición, da maneira seguinte:

Artº. 11.- Para cada evento ou tema concreto, a Asemblea poderá nomear unha persoa, ou unha Comisión organizadora, que se integrará na Xunta coordenadora ata rematar este feito.

Corrección.-

Paragrafo 7.- “As Asembleas acordarán por Resolucións os principios xerais que rexerá a Plataforma, o método para un funcionamento áxil e dinámico, e as actuacións concretas a desenvolver.

Tendo en conta que os principios xerais xa están recollidos no documento fundacional, este paragrafo modifícase do seguinte xeito:

Artº. 12.- As Asembleas acordarán, por medio de Resolucións, aqueles aspectos non recollidos ata agora, e que poidesen mellorar e axilizar o funcionamento da Plataforma.

Igualmente acordaranse por Resolucións, as actuacións concretas a desenvolver.

Correcións.-

Paragrafo 8.- “Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma Ártabra 21 a mesma persoa dúas veces consecuctivas.”

É necesario clarificar.

Artº. 13.- Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma, a mesma persoa, máis de seis meses. Para temas concretos, ou en caso de necesidade, a Asemblea poderá nomear un Portavoz ocasional.

Correccións.-

Paragrafo 9.- Esta declaración de principios poderá ser revisada en cada Asemblea, previa presentación por escrito do texto a engadir ou corrixir.”

Artº. 14.- Tanto o Método como os Principios Organizativos, poderán ser debatidos e modificados pola Asemblea. As pretendidas modificacións deberán ser presentadas por escrito.

Correcións.-

Réxime Económico
……………..

Artº. 15.- A Plataforma Ártabra 21, parte dun patrimonio de cero Euros.

Artº. 16.- Ante a imposiblidade de prever os posibles gastos, non se farán orzamentos anuales.

Artº. 17.- Establécese unha cota de 25 euros semestrales, para cada unha das asociacións membros. No caso de membros individuais, a aportación cuantifícase en 3 euros por semestre.

Correccións.-

Artº. 18.- As contas da Plataforma estarán mensualmente a disposición da Asemblea.

Artº.- 19.- En caso de que a reserva económica da Plataforma supere os 600 euros, suspenderase o cobro de cotas ata novo aviso.

En caso de necesidade puntual urxente, a Asemblea podera establecer unha cota extraordinaria.

Correccións.-

Disolución da Plataforma
……………..

Artº. 20.- A Plataforma disolverase voluntariamente, por acordo asambleario adoptado polos dous tercios dos membros presentes na Asemblea.

Correccións.-

Artº. 21.- En caso de disolución da Plataforma, a Xunta Coordenadora encargarase de facer a liquidación de bens, entregando o patrimonio activo a unha entidade benéfica. No caso de débedas, liquidaranse polas aportacións dos membros presentes.

Correccións.-

SERIA INTERESANTE QUE SE POIDESE ENVIAR A TODOS OS MEMBROS UNHA COPIA DESTE BORRADOR, PARA QUE CADA UN FAGA AS CORRECCIÓNS QUE ESTIME OPORTUNAS. DESTE XEITO ADIANTARÍAMOS MOITO O TRABALLO DA XUNTA E DA ASEMBLEA.

Un saúdo do Colectivo Recimil a todos os ártabros. Por favor, comunicade recepción.

Amadeo.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon