luns, outubro 16, 2006

Proposta de regulamento de Amadeo Varela [modificada]

Tags

amadeo
16 de octubre de 2006 15:48
Para: artabra21@gmail.com

Recollendo e armonizando (ó meu xeito), as propostas de Carlos e a miña.
Coido que, antes de debater o presente borrador, deberíase debater a linguaxe a empregar,
e o xeito de adaptar, dentro do posible, as novas normas ás que xa temos aprobadas.
2º. Borrador para regulamento interno da Plataforma Ártabra 21

Texto refundido das aportacións de Carlos e Amadeo.

====================

Método e principios organizativos.
……………….
No documento fundacional aprobado o 29 de maio do 2006, establécense un método e principios organizativos, redactados en 9 paragrafos, que é necesario desenvolver e concretar, para acadar o funcionamento áxil e dinámico que se pretende, tal como especifica o paragrafo 7 dos citados principios.


Paragrafo 1.- “O funcionamento da plataforma baséase no compromiso moral, individual e colectivo, de participación para lograr a consecución dos obxectivos.”

a).- O principal fundamento para o funcionamento democrático da PA21 é o do CONSENSO. En caso de necesidade, recorrerase a votación, que será decidida por maioría simple.

b).- A PA21 componse basicamente de tres estructuras organizativas:

A Asemblea Xeral, a Xunta Coordenadora e os Grupos de Traballo.

c).- Todos os membros están obrigados a participar nos órganos de goberno e representación, cando sexan designados pola Asemblea. Exceptúanse os membros individuais, dos que, a participación será voluntaria.

d).- Todos os membros da Plataforma están obrigados a aceptar, apoiar e defender as decisións da Asemblea, aínda que, por causa xustificada, non houbesen participado nesa decisión asamblearia.

Correccións.-


Paragrafo 2.- “Esta Plataforma está aberta a entidades, organizacións e persoas de xeito individual que soliciten a súa integración, que será ratificada pola Asemblea.”

a).- Toda organización, colectivo ou persoa que solicite o seu ingreso na PA21, ten o deber de:

Aceptar o Documento Constituinte, coa súa Declaración de Principios, os seus Obxectivos Xerais e o seu Método e Principios Organizativos.

Asinar na lista de Membros da Plataforma.

Presentar a solicitude perante a Asemblea por medio do solicitante ou un representante.

b).- A solicitude deberase facer por escrito, no que constará o nome e firma da persoa solicitante, ou o nome da entidade e a firma do seu representante, expresando o seu desexo de integrarse na Plataforma e a súa decisión de aceptar todas as normas, principios e obxectivos da mesma.

c).- Cando unha entidade, organización ou persoa solicitante, houbese comprometido a súa opinión ou actividade en obxectivos contrarios ós da Plataforma, deberá rectificar – na medida do posible – para evitar que se poidan producir contradiccións no seo da Plataforma.

Correccións.-


Paragrafo 3.- “Faránse Asembleas todos os últimos martes laborales de cada mes.”

a).- A función da Asemblea consiste en determinar as liñas básicas xerais de actuación da PA21 como resultado da coordenación e debate entre os diversos membros, así como as iniciativas a pór en marcha para emprender algún tipo de acción.

b).- A Asemblea estará dirixida por un compoñente da Xunta Coordenadora, elexido Portavoz.

c).- Todos os membros da Plataforma teñen o deber de participar nas Asembleas con al menos un representante. Ningunha persoa poderá representar ó mesmo tempo a dous membros.

d).- En caso de votación, cada representante dun grupo ou colectivo, posuirá un voto. Os membros individuais terán voz, pero non voto. Os acordos da Asemblea tomaranse por maioría simple.

e).- Na Orde do Día das Asembleas incluiranse, para o seu debate, as propostas de Resolución presentadas polos membros.

f).- No último punto da Orde do Día de cada Asemblea - a celebrar o último martes laborable de cada mes - establecerase a data, hora e lugar da Asemblea seguinte. Nembargantes, enviaranse con antelación a todos os membros da Plataforma - via correo electrónico - as citadas circunstancias coa Orde do Día.

g).- As Asembleas celebraranse nun local o máis céntrico posible ó ámbito de actuación, para facilitar a asistencia. Tamén se poderá celebrar a xuntanza no local dalgunha Asociación membro, a petición súa e co consentimento da Asamblea.

Correccións.-


Paragrafo 4.- “Constituirase unha Xunta Coordenadora formada por dous coordenadores e dous responsables de Actas e Contas, estes serán renovados de xeito alternativo cada Asemblea.”

a).- Para mellorar o seu funcionamento, a Xunta Coordenadora, estará formada por SEIS persoas pertencentes a seis membros distintos da Plataforma.

b).- Como Organismo representante da PA21 entre Asembleas, a Xunta terá como misión:

Aplicar as liñas xerais establecidas polas Asembleas, determinando os medios necesarios para levar a cabo os acordos asamblearios.

Coordenar os grupos de traballo.

Difundir as iniciativas propostas nas Asembleas, vía correo electrónico, blogs ou comunicados nos medios informativos.

Apoiar con todos os medios disponibles, as accións propostas por membros da PA21, que fosen aprobadas pola Asemblea.

Elaborar a Orde do Día das Asembleas e da propia Xunta.

En caso de urxencia, terá capacidade decisoria, respecto dun tema concreto, debendo xustificar a urxencia e dar conta da súa actuación, perante a Asemblea máis proxima.

c).- Unha vez nomeados os compoñentes da Coordenadora, a Asemblea poderá designar as funcións de cada un, ou permitir que se organicen por si mesmos.

d).- A duración do desempeño destas funcións, será como mínimo de seis meses, sendo renovados os compoñentes, alternativamente, de tres en tres. A Asemblea poderá autorizar a continuación na Xunta de calquera membro, sempre que haxa unanimidade. Nembargantes, evitarase no posible a permanecia dunha persoa nas mesmas funcións por máis de seis meses.

e).- Os compoñentes da Xunta asumirán as seguintes funcións:

Portavoz (Coordenador ou Moderador), Secretario, Tesoureiro, Vocal 1º (suplente do Portavoz), Vocal 2º (suplente do Secretario) e Vocal 3º (suplente do Tesoureiro).

d).- Independientemente das súas funcións como compoñentes da Xunta, as funcións específicas de cada un serán as seguintes:

O Portavoz.-

Será o encargado de abrir e pechar as Asembleas, e dirixir o debate.

Representará á PA21 nos seus posicionamentos públicos, encargándose de enviar os comunicados ós medios informativos.

Estará á disposición dos membros da PA21.

O Secretario.-

Recollerá as aportacións dos asemblearios - que a ser posible deberán ser presentadas por escrito - e redactará as actas das Asembleas e da Xunta Coordenadora.

Redactará a Orde do Día de todas as xuntanzas.

Tamén redactará as Resolucións e os Comunicados, segundo o acordado nas Asembleas e nas Xuntas.

Ademais, levará sempre actualizada unha lista dos compoñentes da Plataforma.

O Tesoureiro.-

Levará control dos Ingresos e Gastos.

Informará dos ingresos non efectuados polos membros da Plataforma.

Presentará o estado de contas en cada Asemblea.

Os Vocais.-

Cada Vocal axudará ó seu correspondente e o suplirá en caso necesario.

e).- A Xunta Coordenadora proporá unha persoa responsable do blog e do correo electrónico da PA21, que informará do tema. Este nomeamento deberá ser ratificado pola Asemblea.

f).- A periodicidade das reunións, ordinarias ou extraordinarias, será determinada pola propia Xunta. A estas reunións poderá asistir calquera membro da Plataforma que o desexe.

g).- Calquera membro da PA21 poderá pedir a reunión da Coordenadora, para tratar un tema urxente.

Correccións.-


Paragrafo 5.- “Para as xuntanzas urxentes, a Xunta coordenadora fará a convocatoria o máis rápido posíbel.”

a).- En caso necesario, a Xunta deberá reunirse do xeito mais inmediato, e convocará rápidamente unha Asemblea Extraordinaria da Plataforma.

Correccións.-


Paragrafo 6.- “Para cada evento ou tema concreto nomearase un Comité organizador Permanente, até rematar este feito.”

a).- Para tratar un tema concreto, a Asemblea poderá nomear unha persoa, ou unha Comisión, que se integrarán na Xunta Coordenadora até rematar este feito.

b).- Por decisión da Asemblea poderán crearse Grupos de Traballo, para debater os aspectos dunha problemática concreta (urbanismo, medio ambiente, participación cidadá, cultura, etc.) e buscar unha saída práctica a unha determinada situación e ás propostas de actuación.

c).- Os Grupos de Traballo terán plena autonomía para organizar o seu funcionamento, debendo informar das súas conclusións, o máis rapidamente posible, á Xunta Coordenadora.

Correccións.-


Paragrafo 7.- “As Asembleas acordarán por Resolucións os principios xerais que rexerá a Plataforma, o método para un funcionamento áxil e dinámico, e as actuacións concretas a desenvolver.

a).- As propostas de Resolución constitúen o corpo teórico da PA21.

b).- As Asembleas acordarán, por medio de Resolucións, aqueles aspectos non recollidos ata agora, e que poidesen mellorar e axilizar o funcionamento da Plataforma.

c).- Igualmente acordaranse por Resolucións, as actuacións concretas a desenvolver.

Correcións.-


Paragrafo 8.- “Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma Ártabra 21 a mesma persoa dúas veces consecuctivas.”

a).- Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma, a mesma persoa, máis de seis meses seguidos. Para temas concretos, ou en caso de necesidade, a Asemblea poderá nomear un Portavoz ocasional.

Correccións.-


Paragrafo 9.- Esta declaración de principios poderá ser revisada en cada Asemblea, previa presentación por escrito do texto a engadir ou corrixir.”

a).- Tanto o Método como os Principios Organizativos e o Regulamento, poderán ser debatidos e modificados pola Asemblea.

b).-As propostas de modificación deberán ser presentadas por escrito cun mínimo de seis días de antelación á próxima Asemblea.

Correcións.-


Réxime Económico (Das Finanzas)
……………..

Artº. 1.- A Plataforma Ártabra 21, parte dun patrimonio de cero Euros.

Artº. 2.- Ante a imposiblidade de prever os posibles gastos, non se farán orzamentos anuais.

Artº. 3.- Establécese unha cota semestral de 25 euros, para cada unha das asociacións membros. No caso de membros individuais, a aportación cuantifícase en 3 euros por semestre.

Artº. 4.- As contas da Plataforma estarán sempre a disposición da Asemblea, mediante a información presentada polo tesoureiro.

Artº. 5.- En caso de que a reserva económica da Plataforma supere os 1000 (600) euros, suspenderase o cobro de cotas ata novo aviso.

Artº.6.- En caso de necesidade puntual urxente, a Asemblea poderá establecer unha cota extraordinaria.

Correccións.-


Disolución da Plataforma
……………..

Artº. 1.- A Plataforma disolverase voluntariamente, por acordo asambleario adoptado polos dous tercios dos membros presentes na Asemblea.

Correccións.-

Artº. 2.- En caso de disolución da Plataforma, a Xunta Coordenadora encargarase de facer a liquidación de bens, entregando o patrimonio activo a unha entidade benéfica. No caso de débedas, liquidaranse polas aportacións dos membros presentes.

Correccións.-


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon