domingo, outubro 08, 2006

Que é o que estamos debatindo ?

Tags

No propio proceso de constitución da Plataforma Ártabra 21, surdiron debates referentes ao modelo organizativo que teñen un parte de compoñente político-idolóxico e outra parte pretende buscar unha organización máis áxil e eficaz.

Non é muito o tempo que levamos camiñando e construindo este proxecto popular, mais xa hai persoas que consideran que o modelo do que nos dotamos na asemblea constituinte ten eivas que é necesario correxir canto antes.

Na última Xunta Coordenadora acordouse levar a Asemblea Xeral Ordinaria do pasado 26 de Setembro, unha proposta de debate sobre princípios organizativos para unha vindeira asemblea xeral. Para organizar o debate nesa asemblea e as proposta as levar, propusose a constitución dunha Comisión para apresentar un regulamento de funcionamento xuntas, comisións ou grupos de traballo, ..., para os vindeiros meses. Mais, para esta proposta de debate sobre princípios organizativos, non se puido constituir unha comisión por falta de persoas voluntarias, só se apresentou o compañeiro Carlos Gª Seoane. Polo que o asunto quedou en mans da Xunta Coordenadora que terá que organizar o debate e establecer un método democrático e participativo.

Polo de agora, até que a Xunta Coordenadora decida outra cousa os contributos e propostas serán publicadas neste Blog.



Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon