CONVOCATORIA PARA MANTER UNHA REUNIÓN ESTE XOVES, 16 DE NOVEMBRO, ÁS 7 DA TARDE NOS LOCAIS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE ESTEIRO "FONTELONGA".
Estimadas veciñas e veciños:
A Plataforma Ártabra 21, é un movimento cívico e popular que nasceu nos seus comezos, como a confluencia de varios colectivos veciñais que loitan contra a especulación urbanística e os abusos que, desde instanciais municipais, provocan agresións contra os direitos das veciñas e veciños e entregan a mans privadas os espazos públicos. No proceso dos debates posteriores, a plataforma conformouse como expresión da participación popular cun programa progresista, reivindicativo, de promoción da participación cidadán, defensor do medio ambiente, dos espazos públicos, dos direitos civís, ... Na actualidade son 16 os colectivos e entidades que formam parte deste movimento popular.
O empeño do goberno municipal en levar adiante proxectos especulativos e nefastos para a cidade, como son os de Brión e Leixa, Praza da Porta Nova [Praza de España], Fraga de Menáncaro, Recimil, Sartaña, ... enfrentase á mobilización cidadá no camiño da defensa dos espazos públicos e do medio ambiente, e na denuncia da especulación urbanística.
A Plataforma Ártabra 21, está preparando unha mobilización popular, aprobada na pasada Asembleia Xeral do 31 de Outubro, para denunciar a actuación municipal no asunto do edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]. En concreto esta mobilización centrarase na denuncia da inxusta e ilegal usurpación do espazo público que se está cometendo na Praza, onde se pretende a construcción dun macro-edificio de cinco plantas, dúas soterradas e tres de superficie, cunha altura de 21 metros e case 7.500 m2 de superficie comercial, incluindo a concesión do mesmo a umha empresa privada durante 75 anos.
A Plataforma Ártabra 21, non é a única entidade que manifesta a súa oposición á actual actuación municipal sobre a Praza, polo que considera necesario compartir o seu proposito con outras entidades cidadáns e outro tipo de colectivos, asociacións e organizacións en xeral, para que en pé de igualdade, participen nunha convocatoria cidadán para manifestar o rexeitamento ao macro-edificio comercial e en xeral á actuación do goberno municipal neste asunto e demandando a paralización das obras.
Por tal motivo, convócase unha reunión de todas as entidades veciñais, sociais e políticas, para valorar esta situación e convocar unha mobilización cidadán unitaria. Esta reunión terá lugar o vindeiro xoves, 16 de Novembro, ás 7 da tarde nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", rúa Fernando VI, bloque 1 baixo s/n [tlf. 981 933 233].
Pola importancia dos asuntos a tratar, pregamos a vosa asistencia.
Ferrol, a 11 de Novembro de 2006
A Xunta Coordenadora da PLATAFORMA ÁRTABRA 21
Asdo.: Carlos Gª Seoane, Miguel Reimundez, Ernesto Lopes, Amadeo Varela, José R. Jove, Xosé M. Sanxoán
* NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NON A SÚA PRIVATIZACIÓN !!
* LIBREMOS AO PATRIMONIO PÚBLICO DA ESPECULACÍÓN, FEISMOS E CHAPUZAS !!
* CONTRA A ESPECULACIÓN URBANÍSTICA, NON AO MACRO-EDICIFIO COMERCIAL !!
* SI AOS ESPAZOS PÚBLICOS ABERTOS PARA USO E DISFRUTE DE TODA A CIDADANÍA !!
* PROMOVAMOS A PARTICIPACIÓN E A MOBILIZACIÓN POPULAR !!
* DEFENDAMOS OS NOSOS BARRIOS !!
* DEFENDAMOS OS NOSSOS DERITOS !!
* OUTRA ORDENACIÓN DO TERRITORIO, OUTRO URBANISMO É POSÍBEL !!
* PARTICIPA !!
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Unlabelled
Convocatoria dunha reunión de todas as entidades veciñais, sociais e políticas, opostas á actuación municipal na Praza da Porta Nova [Praza de España
martes, novembro 14, 2006
Convocatoria dunha reunión de todas as entidades veciñais, sociais e políticas, opostas á actuación municipal na Praza da Porta Nova [Praza de España
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, novembro 14, 2006
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon