venres, decembro 01, 2006

Acta da Asemblea Xeral da PA21, do 28 de Novembro

Tags

ACTA PROVISIONAL PENDENTE DE SER APROBADA NA SEGUINTE ASEMBLEA DO 19 DE DEZEMBRO

amadeo -avarela36@mundo-r.com-

1 de diciembre de 2006 13:38
Para: artabra21@gmail.com

Esta é a miña versión da acta da reunión do 28. Seguramente faltarán moitas cousas, pero tratei de abreviar.

De calquera xeito, pódese modificar todo o necesario.

========================================================

Acta nº…

As 19,30 horas do 28 de novembro do 2006, no Centro Cívico de Caranza, comeza a Asemblea da Plataforma Ártabra 21, con asistencia de 19 persoas, representantes dos membros da Plataforma, para tratar a seguinte Orde do Día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2.- Estado de Contas.

3.- Manifestación para o Domingo día 3 de decembro.

4.- Charla – Debate para o día 1 de decembro no C. C. Carvalho Calero.

5.- Análise do Pleno do Concello do día 17 de novembro.

6.- Incorporación da P. Ártabra 21, na rede Litoral Vivo.

7.- Preguntas e suxerencias.

8.- Datas para a próxima Xunta Coordinadora e Asemblea Xeral.

********************

1.- Léese o acta da Asemblea anterior, que é aprobada.

2.- Informa o encargado de contas de que faltan por ingresar as cuotas semetrais de varios membros da Plataforma. Informa tamén que, os cartos recaudados ata agora, non chegan para pagar os gastos a realizar con motivo da Manifestación.

Se acorda enviar un correo, co noso nº. de conta, ós que aínda non pagaron, para que fagan o ingreso o antes posible.

3.-Se informa dos contactos con Roi Xordo, que amosou oposición as obras da Praza de España pero que rexeitou participar na convocatoria da manifestación.

Se informa da roda de prensa celebrada na Galería Sargadelos, na mesma mañá do 28. Asistiron case tódolos medios de comunicación, que foron informados da intención da protesta cidadá do próximo domingo.

Se informa de terse recibido varias comunicacións de asociacións, entidades, sindicatos e partidos políticos, apoiando a manifestación.

4.- Se informa do acto a celebrar o 1 de decembro no C.C. Carvalho Calero que consiste nunha charla, na que intervendrán representantes de diversos membros da PA21, para expoñer os problemas dos seus respectivos colectivos.

Establécese como lema da xornada: "Outra política urbanística é posible".

5.-Faise unha valoración da actuación dos partidos políticos da oposición, no Pleno do pasado día 17, con respecto á retirada por parte do Concello, do Recurso contra a Planta de Gas en Mugardos. A moción foi presentada polo PP, e foi aprobada cos votos e abstención do BNG e o PSOE.

Se suscita un amplo debate, chegándose á conclusión de que este feito é consecuencia da política errática destas dúas formacións políticas, para as que parece que neste intre, os intereses económicos están por riba das persoas e as cidades.

Coméntase que a Planta de Gas nesa situación, é perigosa, tanto si o deciden os xuíces como se non, e que a actuación neste asunto do BNG e PSOE, perxudica a toda a Comarca.

Faise unha louvanza da intervención firme e documentada, da representante de EU/IU.

Coméntase que o problema da Planta de Gas e o cambio de actitude de BNG e PSOE, e culpable da perda de tres bos concelleiros, Mº. L. Sabio, Lastra e Fra Molinero, que non quixeron acatar ese cambio.

Acordouse redactar un comunicado, reprobando a actitude do Concello, pola retirada do mencinado Recurso.

6.- Informa a representante de Verdegaia sobre os obxectivos da rede "Litoral Vivo", que consisten en intercambiar información e experiencias, para poder denunciar os atentados ecolóxicos contra a costa galega.

Por parte de Verdegaia se propón a adhesión da Plataforma á mencionada rede.

Pregúntase polo custo e os problemas que pode representar a asistencia ás reunións. En principio parece que non hai un custo definido e que o das reuniós é cousa voluntaria e moi puntual.

Prodúcense varias intervención a favor da inclusión, aínda que con algúns reparos, e finalmente acórdase solicitar a inclusión da PA21 na rede Litoral Vivo, encargándose Verdegaia de realizar os trámites necesarios.

7.- Se propón non enviar información á Voz de Galicia, e en xeral ao Grupo Voz, tendo en conta o trato desfavorable que recibimos dese medio. Se acepta a proposta.

Se comenta a necesidade e posibilidade de editar pola nosa parte, unha especie de folliña informativa, xa que non se pode contar cos medios de comunicación para certas denuncias. Esta decisión queda pendiente.

8.- Establécese a data do 12 de decembro para a Xunta Coordinadora, e o 19 do mesmo mes para a asemblea mensual ordinaria.

E non habendo máis asuntos a tratar, remátase a asemblea ás 21,15 horas.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon