mércores, decembro 20, 2006

Sobre as inconsistencias do BNG

Opinión

De: os verdes
-osverdesferrol@yahoo.es-
Data: 20-dec-2006 1:35

O pasado día 14 de Decembro o responsable de pesca do BNG, Bieito Lobeira, esixíalle ao PSOE o cumprimento do seu compromiso de retirar os depósitos quimicos de O Ferrazo no porto de Villagarcía, así como a eliminación do transporte marítimo de hidrocarburos na zona, porque segundo el: ¿A ría de Arousa é unha bomba de reloxería?. Recordemos que son 80.000 m3 de produtos petrolíferos a menos de 1.200 mts de Villagarcía.

En Ferrolterra, en cambio, os responsables do BNG, con Francisco Rodríguez á cabeza, están promoviendo a ubicación da Planta de Gas de Reganosa a escasos 100 metros de casas habitadas, vulnerando a lei -e o sentido común- que esixe apartar estas industrias das proximidades da poboación. Recordemos que conterán 600.000 m3 de GNL, e estarán a 800 mts do centro de Mugardos e a 1.900 de Ferrol.

Os Verdes-Grupo Verde queremos denunciar a política inconsistente e plagada de contradicións do BNG, que está levando aos cidadáns de Ferrolterra a converterse nos habitantes sobre os que pende a mais grave ameaza para a vida das persoas e a riqueza natural de toda Europa.

A contorna da ría, ata hai pouco privilexiado, convértese a partir de agora -pola complicidade do BNG con Reganosa-, nunha auténtica BOMBA DE RELOXERÍA, susceptible de arrasar mais de 4 Km á redonda (100.000 habitantes), como sinalan os estudos internacionais dos peritos en dispersión de gas natural licuado.

Porque, entre todos, aínda estamos a tempo de deter este despropósito. Acode ás concentracións verdes os dias 30 de cada mes no Inferniño ás 7 da tarde.

Carlos A. Lareo, Portavoz de Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra
http://www.osverdes.org
Tfno. 619 083 499


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon