mércores, xaneiro 24, 2007

A oposición ao macro-edifio na Porta Nova, escenificada no corazón da obra: no furado escavado no medio da Praza

Para ampliar clicar por dúas veces acima da foto

O pasado venres 19 de xaneiro, 15 representantes das entidades convocantes das mobilizacións, ocuparon, nunha acción sorpresa, as obras do macro-edificio que se está construíndo na Praza da Porta Nova [Praza de España].

Con esta acción pretendíase deixar patente a oposición á construción do edificio, por ser innecesario, por ocupar un espazo público cualificado como sistema xeral viario e por ser ilegal.

O edificio estase construíndo sen licenza de obra, mas os responsables municipais, non só non a paralizan, senón que reclaman da empresa construtora a aceleración das obras.

Para ampliar clicar por dúas veces acima da foto

As entidades convocantes queríamos deixar patente a falta do letreiro indicador da obra coas características técnicas, responsables da mesma, o número de licenza e datas de execución, como mandan as ordenanzas municipais. Non existe esta indicación porque é un edificio ilegal, que se está construíndo sen a licenza de obra preceptiva. A inspección municipal de obras está deixando facer, sen actuar, conculcando a legalidade vixente e prevaricando. A representación cidadán de oposición ao edificio, pretendía que a policía municipal levantara un atestado de tal circunstancia, máis esta convidounos a que presentaramos a denuncia no cuarteliño de San Xoán, cousa que se fixo.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon