Polígono das Fontiñas
Area Central s/n
15781. Santiago de Compostela
ASUNTO: Alegacións ao “Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. 9.1.2007)
Antonio García Jiménez con DNI 22924851-S, actuando en representación da “Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa”, integrado por ADEGA(Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ),Club de Montaña de Ferrol, Esquerda Unida-IU, Nós-UP, e veciños de Brión e de Leixa con enderezo-para os efectos de notificación- R/Jamaica 2;5ºA. Ferrol. C.P. 15404, comparece e como mellor proceda en dereito,
EXPÓN:
1-Que por medio do presente escrito a “Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa”, e as entidades que o compoñen formulan alegacións ao “Estudo do Impacto Ambiental do Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. 9.1.2007).
2-O presente Proxecto, sae a exposición pública sen haberse resolto as alegacions presentadas en 2006 pola nosa Plataforma e demais colectivos á “Modificación Puntual do Plan Sectorial de Ordenación Territorial de Áreas Empresariais no Ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o Parque Empresarial de Ferrol.”(D.O.G 185, 25.10.2006). Por este motivo, ademáis, solicitamos en base ó Artigo 43 da Lei 30/92 de Procedemento Administrativo que se nos de resposta as alegacións que presentamos a tal proxecto.
3-Neste proxecto os impactos sobre territorio físico , a paisaxe e as afeccions ambientais son moi notorias contravinindo as prescripcions do Plan Sectorial de Areas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia ( 2004 ) .Como o propio EIA refire, se catalogan como “importantes” nas súa pax 131 as accións a desenrolar como: “emisión de gases a la atmósfera”, “emisiones de partículas a la atmósfera”, “niveles de ruido”, “vertidos a las aguas”, “vertidos al suelo”,”generacion de residuos”, etc, e ainda que se tomen medidas correctoras ou preventivas, está claro que o impacto ambiental sobre o entorno desta actuación sería moi notorio .
4-En relación có punto anterior, no propio EIA (Estudo de Impacto Ambiental) refire na súa pax 165: “5.3.3.2. Fase de ejecución: Es en esta fase donde se produce el mayor número de impactos negativos, de los cuales un número importante son de carácter severo”. (..emisión de partículas, transformación do sistema hídrográfico, verquidos, etc,etc), moitos destos impactos os define como “permanentes”. Evidentemente proponse unha serie de medidas preventivas ou correctoras, pero en calquer caso non poderá compensar este importante e severo impacto negativo
5-Este proxecto non esta en acorde, na nosa opìnión, có artigo 104 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia e a súa modificación Lei 15/2004 referente a “Adaptación a ambiente”. Xunto ó parque empresarial encóntrase o Castro da Leixa (Croa) , e na superficie do propio parque o Castro de Sta Icia , e a mámoa de Trasancos, polo que incumpre a norma “non existan nas proximidades do ámbito edificios ou grupos de edificios de carácter artístico, histórico, típico ou tradicional cos que se deban harmonizar as construcións”. Evidentemente unha nave industrial non é o mais axeitado para construir cerca dun castro.
6-A realización deste polígono industrial e as industrias que alís se ubiquen producirán un aumento das emisións de C02 e unha destrucción irreversible de masas forestaies, humedáis e afectación de ríos, todo iso iria en contra das actuáis recomendacións do IPCC (Intergubernamental Panel of Climate Change) de 2 de febreiro 2007, nas que ademáis de baixar as emisions de C02, é básico manter as nosas zonas boscosas, ríos e humedáis.
7- Baseándonos no carácter supramunicipal da “Plan Sectorial de Ordenación Territorial de Áreas Empresariais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia” e tendo en conta que na nosa comarca hai moito solo industrial nas proximidades de Ferrol (parques empresariáis de Narón, Fene, Pontedeume,etc) con moita superficie valeira, non é preciso danar a importante zona natural de Leixa . Ademáis de iso, no concello de Ferrol creouse recentemente grande cantidade de solo para ubicación de industrias e empresas na 1ª fase de porto exterior de Ferrol e tamén está contemplado para a 2ª fase do mesmo, ademais de recentes implantacion de empresas en solo adxacente a Leixa, quedar solo industrial na Gándara,etc,etc. Por outra banda punto 3.3.do EIA: “Análisis y justificación de alternativas”: Non se evalúa ninguna alternativa ó proxecto como , no noso criterio, debería de facerse.
8-Referente á paisaxe, no texto do EIA na pax 145, refire “Por lo tanto, se considera que la ejecución del Parque de Leixa no va a producir una modificación sustancial del paisaje de la zona”. Pensamos que evidentemente esto non é así, posto que esa zona natural, das mellor conservadas do interior do concello de Ferrol , sen case construccións humanas (pode comprobarse vindo as fotografías do propio EIA) , veriase claramente modificada coa construcción de naves , viales, e demais estructuras relacionadas.
9- Como na propia pax, 51 do E.I.A. refire en relación coa zona do proxecto: “..existen fragas de considerable extensión y bastante bien conservadas..”. Este proxecto urbanístico afectaría á “Fraga da Pega” un dos últimos reductos de bosque autóctono non ripícola que se conserva no municipio ferrolán. Está solicitado ó Concello de Ferrol, dende o ano 2001, que esta fraga xunto con outras 4 de Ferrol, sexa declarada como Espazo Natural de Interese Local dacordo coa Lei galega de Conservación da Naturaza, Lei 9/2001, de 21 de agosto) . Ademáis de iso, diversos colectivos como nós e o propio Concello de Ferrol, a través da súa Concellería de Medioambiente, solicitou á Xunta de Galicia no ano 2006 a inclusión da “Fraga da Pega” dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras da propia Xunta de Galicia.
10-Na zona da actuación existen unha serie de fragas de ribeira, constituídas por especies arbóreas cada vez mais escasas na nosa bisbarra, como o bidueiro (Betula sp), ameneiro (Alnus glutinos), freixo(Fraxinus agustifolia), carballo (Quercus robur), espiño branco(Crataegus monogyna), sabugueiro(Sambucus nigra), salgueiro(Salix sp), abeleira(Corylus avellana),etc . Con esta actuación se afectaría especies arboreas de caducifolias, laurifolias, e especies como Crataegus monogyna, Frnagula albus, Pyrus cordata, Malus silvestres, Arbusutus unedo, Ilex aquifolium, Laurus nobilis, etc. Estas masas arbóreas desaparecerían ou verianse seriamente mermadas con esta actuación.
11-Desaparecerían ou danaríanse fortemente as comunidades de Ripsilvas, especialmente Senecio bayoneneis e Valeriano pyrenaicae, árbores que están na veira dos ríos e as veces dentro dos propios cauces fluviáis e que son básicas para o mantemento dos cauces , suxeción dos mesmos antes as crecidas e avenidas.
12-Tamén atóupase na zona un ameneiral que permanece anegado gran parte do inverno, sendo unha formación arbórea de rara presentación que tamén afectariase polo parque empresarial.
13- Nesta zona atópanse especies animáis incluidas no “Catálogo Nacional de Especies Amenazadas” (CNEA) con categoría de vulnerable (V) e/o perigro de extinción. Máis de 40 especies entre mamíferos, reptiles, aves, peces, o anfibios da zona estarían englobadas dentro da Directiva Hábitats 92/43/CEE ou directiva Aves (Directiva79/409) etiquetadas de “interese especial” ou “vulnerable”. Entre eles destacar: Lontra (Lutra lutra), Xeneta (Genetta genetta), Desmán ibérico (Galemys pyrenaicus) , Morcego rateiro ( Rhinolophus hipposideros) , Garza pequena (Ixobrychus minutus),Falcón peregrino (Falco peregrinus) , Águia cabreira (Circaetus gallicus) ,etc,etc. Ademáis habería que sumar o impacto sobre a fauna residual da contaminación lumínica, acústica, etc, que suporía ter un polígono industrial na zona.
14-. O ámbito aparece cruzado por dous ríos: O regato de Fonteiroa e o Rego de Leixa. No EIA do proxecto (pax 185), se explicita que parte do curso fluvial canalizaríase. Ademáis as obras, construccións e movementos de terras case con toda seguridade vertería sobre estos ríos así como sobre o río Frexeiro que é a un dos límites do polígono. Por iso estimamos que tal actuación, estaría en contraposición coa recentemente aprobada Lei 5/2006 no parlamento galego para “Protección conservación e mellora dos ríos galegos”.
15-.Na zona de Leixa destaca por un solo de extraordinaria fertilidade , que evidentemente se perdería coa actuación. Precisamente no Tomo I do proxecto, na súa paxina,2-18 explicita referente á riqueza do só que : “tan só o 0,1 da superfície do ámbito considérase solo improdutivo”. E sería unha auténtica mágoa, adicar este só tan fértil, a polígono industrial, máxime cando a superficie agrícola do concello está a diminuir de forma considerable.
16-.O presente polígono industrial, en caso de levarse a cabo, estaría en estreito contacto có Hospital Novoa Santos e có Hospital Xeral de Defensa (Ver Anexo I) e moi preto da zona están o Hospital Arquitecto Marcide e o Centro de Minusválidos. É evidente o perigo que supón ter un polígono industrial, con posible tránsito o almacenamento de mercadurías perigrosas cerca de estos hospitais. Non E.I.A. non se analizan as repercusions de ter un polígono xunto a rede hospitalaria nin as medidas correctoras e preventivas a tomar.
17.Neste proxecto urbanístico, quedarían núcleos de casas na zona de Fonteiroa, prácticamente “enxaulados” dentro do polígono industrial asi como o Centro de Educación Especial ASPANAES.
Por todo o exposto SOLICITA
1.Que se teñan formuladas alegacións ao “Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. 9.1.2007) e persoada a “Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa” e as entidades cá compoñen( ADEGA, Club de Montaña de Ferrol, Esquerda Unida-IU, Nós-UP, e veciños de Brión e de Leixa como parte interesada no mesmo, informándonos por escrito en base ó Artigo 43 da Lei 30/92 de Procedemento Administrativo de cantas actuacións e resolucións se practiquen en diante
2.Que Estudo de Impacto Ambiental catalogue como NON APTO o “Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. 9.1.2007) por implicar un dano irreversible deste espazo natural con destrucción de zona boscosa, de cauces de ríos e a repercusión correspondente á fauna da zona e polo risco que supón ubicar un polígono industrial pegado a núcleos hospitalarios, máxime habendo espacios valeiros en polígonos industriais próximos.
Ferrol 8.2.2007
Asdo Antonio García Jiménez
“Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa”,
Vocal de Adega-Trasancos
1 comentarios so far
Moi ben feitas!. A ver nos deixan algo de espazo natural para vivir...
Graciñas
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon