martes, febreiro 06, 2007

Concentración este martes, 6 de febreiro, ás 8 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Ferrol

Tags

De: marchagaliza@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de febreiro de 2007 10:15:30


A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN EN SINAL DE DOR E REPULSA POLO ASASINATO DE Mª CARMEN


Concentración este martes, ás 8 da tarde, día 6 de febreiro, na Praza de Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Ferrol

A Marcha Mundial das Mulleres quere manifestar a súa dor pola morte de Mari Carmen, veciña de Meaño, e a sua repulsa unha vez máis pola violência de xénero. E queremos facer pública a nosa raiba e a nosa dor para que o seu asasinato non sexa silenciado.

Mari Carmen é a primeira víctima de violencia de xénero en Galiza neste ano 2007, pero temos que lembrar que non é a primeira en Galiza desde o 2005 como din algúns meios de comunicación. No ano 2006 foron asesinadas outras tres mulleres: Águeda (en Baiona), Argentina (en Vigo) e Mª Mar (en Cedeira), sen contar coa muller nixeriana aparecida morta en Vigo da que non sabemos se morreu por causas naturais.

Unha vez máis temos a constatación dolorosa de que a “familia e o fogar” seguen sendo lugares inseguros para as mulleres, porque non está garantida a nosa seguridade, e a nosa liberdade.

A violencia de xénero non é un problema individual causado polo álcool, ainda que éste pode ser un desencadenante, nen é un problema das mulleres, ainda que somos nós quen o sofrimos. É un problema da cultura masculina/patriarcal e dos homes. Son as normas desta cultura as que propician e toleran a violéncia e son “homes” as que a exercen de diversos modos e en diferentes ámbitos. Por todo iso é necesário o compromiso de toda a sociedade para colaborar na loita contra a violéncia.

Esta vez foi Mª Carmen quen morreu pero cando unha muller é asasinada todas somos víctimas.


MMM na comarca de Ferrol
FENE [Ferrol-Terra]:
Escola Fonte do Campo S/N
15500 Fene
Telfs 652201003 - 667685430 - 696732735

Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
http://www.feminismo.info

correio-e: marchagaliza@feminismo.info

MMM web-internacional
http://www.marchemondiale.org

Rede Estatal de Organizacións Feministas Contra a Violencia de Xénero
http://www.redfeminista.org


A Rede fai un chamamento:

A todas as mulleres para que non toleren nas súas relacións, tanto públicas como privadas, ningunha afronta á súa dignidade e integridade, sumándose á defensa de cantas iniciativas tendan á erradicación da Violencia de Xénero.



A noticia nos medios de comunicación convencionais:
=============
La Voz de Galicia
=============
Diario de Ferrol
=============
Galicia Hoxe
=============
Faro de Vigo
=============


Respéctame
as miñas diferencias, os meus desexos, a miña sexualidade, a miña historia, a miña capacidade de decidir, de pensar, de traballar, de gozar; de decidir sobre a miña vida , a miña sexualidade, as miñas amizades, os meus estudos, o meu traballo; sen imposicións, sen malos tratos, sen discriminacións, sen violencia, sen estereotipos, sen sexismo, sen machismo,...


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon