xoves, febreiro 15, 2007

Recuperación ambiental da Mina das Pontes: A FEG quere saír o paso das declaracións realizadas hoxe polo Conselleiro de Medio Ambiente

A FEG PIDE A MEDIO AMBIENTE QUE ACLARE CAL VAI SER O FUTURO DO RÍO EUME

A FEG quere saír o paso das declaracións realizadas hoxe polo Conselleiro de Medio Ambiente, sobre o reproche feito cara este colectivo no que se referiu á intención da FEG de trasladar a súa queixa á Unión Europea, e onde recriminou que “o normal será que viñeran a falar con nós antes de ir a Europa” .

Dende a FEG queremos contrastar que si existiron os contactos coa propia Consellería sobre este asunto xa que foi motivo, recentemente, de petición por escrito e por rexistro, con data de 29 novembro 2007, no que se formularon seis preguntas concretas sobre o proxecto e a propia captación sobre o río Eume. Preguntas ademais que foron contestadas, por escrito, pola propia Consellería, con data 19 xaneiro 2007, diante precisamente do Consello Galego de Medio Ambiente.

O contido do escrito dirixido pola Consellería de Medio Ambiente ao respecto foi precisamente o motivo que levou á FEG a estudar a posibilidade da vía Europea para frear este disparatado e custoso proxecto, debido a que na contestación, de redacción moi imprecisa, dedúcese un avanzado estado das autorizacións e resolucións administrativas: con favorable Declaración de Impacto Ambiental (do 8/07/2005), e outorgadas as concesións de captación de auga durante 15 anos a favor de Endesa Generación S.A. por resolución do 11/08/2005, e de autorización de vertido por resolución 10/08/2005. Expedientes todos resoltos durante o goberno en funcións. Igualmente a FEG non lle consta que a Consellería tivera intención de parar o proxecto, e á vista das últimas noticias publicadas en días recentes a execución do proxecto parece inminente. E por iso que a Federación consciente da complexidade e trabas legais que existen para revisar autorizacións administrativas recorrerá á opción de Europa para tentar salvar o río Eume e a súa marisma na desembocadura.

A Federación lle consta, que outras asociación, de ámbito galego e estatal teñen a intención de dirixirse á unión Europea, co mesmo motivo que a FEG.

Anexo: Preguntas á Consellería de Medio Ambiente formulada por rexistro, con data de 29 novembro, para ser atendidas no Consello Galego de Medio Ambiente celebrado o 1 decembro

¿Existe algunha Previsión de dano ambiental sobre o río Eume en relación a prevista captación de auga para o recheo do burato da mina das Pontes? ¿Canto caudal se vai a captar e transvasar do Fume á lagoa artificial? ¿Como se vai a recircular a auga dende o lago novamente o río Fume?¿Existe risco de contaminación coas augas procedentes do lago? ¿Cal val a ser o esforzo inversor da Consellería na execución da acción, e cales son as previsións futuras de inversión para manter a lagoa en condicións óptimas de salubridade?

Resposta da Consellería de Medio Ambiente, por escrito, e diante do Consello Galego de Medio Ambiente celebrado o 19 de xaneiro

Resposta:

Un recheo dun oco mineiro de gran tamaño pode supoñer uns riscos importantes de danos ambientais, tanto para as condicións físico- químicas, como estruturais e as propiamente ambientais do río. Por este motivo tramitouse un procedemento de avaliación ambiental, no que a autoridade ambiental emitiu a correspondente (8/07/2005).

(aquí pódese incluír unha copia do texto íntegro da Declaración de Impacto Ambiental)

A citada declaración de impacto ambiental debe servir de marco ás posteriores autorizacións substantivas, entre elas a concesión de desvío de auga dende o río Eume e a autorización de vertido para as augas evacuadas dende o oco, ambas outorgadas pola Administración Hidráulica.

As condiciones obxectivas e que vinculan atópanse na resolución da concesión a favor de Endesa Generación S.A. de 11/08/2005 e de autorización de vertido do 10/08/2005, que en resumo son:

—Toma do río Eume: toma no azud da central térmica das Pontes (toma directa do río Eume), no concello das Pontes e coordenadas X=592.214 Y=4.810.673, cun volume máximo anual de 120 Hm3, caudal máximo instantáneo de 20m3/s e caudal equivalente medio de 3,8 m3/s. Para o seu transporte ata o oco constrúese un canal de 5964 m. O prazo máximo para a derivación de augas é de 15 años.

—A calidade das augas, unha vez enchido o oco e este alimente o río Eume por rebose, atópase controlada polas condicións establecidas pola autorización de vertido (pódese xuntar copia da resolución de 10/08/2005).

— Establécese un control sistemático de vertido, cuios parámetros e valores límites se inclúen na táboa de Nivel de control 1 e a de control específico de metais na de control 2.

— Establécese un plan de vixilancia ambiental con libro de rexistro a disposición da Administración con control semanal para o nivel de control 1 e mensual para o nivel de control 2.

—O control do PH e do caudal máximo de vertido realizarase de forma gráfica continua.

—A empresa concesionaria manterá as instalacións de tratamento de efluentes líquidos (TEL) para efectuar, se fora necesaria unha depuración correctora das augas de rebose do lago antes do seu vertido ó río Carracedo.

—As augas de enchido del oco da mina poderán adicionarse na canle de entrada con neutralizantes (cal) mediante os correspondentes dispositivos.

—Ademais o concesionario corrixirá a acidez das augas que drenan cara o lago mediante seis humidais a distintas cotas con filtro de grava caliza, capa de materia orgánica y celda de superficie con plantación de vexetación de Typhalatifolia

En principio entendemos que non debe existir esforzo inversor por parte da Consellería e que toda a carga económica ata a restauración final e permanente do lago debe ser a cargo do concesionario de acordo cos principios medioambientais que rexen na UE. O esforzo inversor por parte da Consellería debe limitarse ós traballos de control e seguimento do proceso.

14/02/ 2007

FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA (FEG)

As asociacións ecoloxistas galegas desenvolven desde hai máis de dúas décadas un importante labor de concienciación ambiental da sociedade civil e de presión sobre as Administracións en defensa do medio ambiente do que depende o noso benestar e a nosa sobrevivencia. A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA (FEG) naceu para coordenar os esforzos das asociacións ecoloxistas do noso país.



Avogamos por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto, capaz de garantir as necesidades básicas de todos os habitantes do noso planeta sen destruír o ambiente. Galicia é o noso ámbito de actuación e a nosa prioridade. Desde Galicia tamén contribuímos á defensa do medio ambiente global.



FEG. Apartado de correos: 949 - 15780 Santiago

E-mail: feg@jet.es

web da FEG:
http://www.federacionecoloxista.org/

Blog das notas de prensa da FEG nesta páxina:
http://federacionecoloxista.blogsome.com/


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon