venres, febreiro 09, 2007

A SGHN oponse a que o polígono industrial de Leixa destrúa espazos naturais

Transcribimos unha nova que sae hoxe publicada no Diario de Ferrol, pois a consideramos de interese, para procurar a súa máxima difusión, relacionada coa presentación de alegacións ao proxecto do Polígono Industrial de Leixa e o seu informe de impacto medio ambiental, pois a realización deste proxecto destruiría espazos naturais de grande valor ecololóxico.

Diario de Ferrol

Ferrol | Vernes, 9 de Febreiro de 2007

A SGHN oponse a que o polígono industrial de Leixa destrúa espazos naturais

A Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol presentou alegacións ó proxecto sectorial e ó estudo de impacto ambiental do parque empresarial de San Pedro de Leixa por entender que este proxecto afecta á integridade dos espazos húmidos e ás manchas de bosque autóctono de Leixa.

REDACCIóN > FERROL

A SGHN reitera que é fundamental excluir da zona afectada a superficie das veigas existentes no cuadrante suleste, así como a Fraga da Pega. Con esta segregación sería, para a entidade, suficiente para a preservación dos espacios con maior biodiversidade, que se corresponden coas zonas húmedas asolagadas temporalmente, de veigas ocupadas por prados de sega e vexetación riparia asociada ós regos Fonteiroa, Leixa e Río Seco, así como pola Fraga da Pega, un dos escasísimos e reducidísimos exemplos de bosque autóctono que fican no concello de Ferrol, o que lle confire un grande valor ambiental.

A sociedade ecoloxista indica tamén que dende outro punto de vista, semella que a superficie restante disponible para o polígono é suficiente para as aspiracións de reindustrialización da zona, tendo en conta o espazo industrial xa existente nunha superficie que abrangue dende Leixa ata Catabois, que precisaría dunha maior optimización, dándolle unha nova configuración.

Ámbito > A Sociedade Galega de Historia Natural entende ademáis a necesidade dunha planificación supramunicipal, tendo en conta que as sucesivas fases urbanizadoras dos concellos de Narón e Fene deron lugar, según a entidade, a un proceso de "conurbanización, podendo considerarse hoxe en día como una unidade".

Finalmente a entidade pon en dúbida a legalidade dos proxectos sectoriais que se están a desenvolver, tendo en conta a "inexistencia de directrices de ordenación territorial, requisito indispensable para levar adiante este tipo de actuacións", afirma a SGHN, que cita, neste senso, a Lei de Ordenación do Territorio.

___________________________
Notícia orixinal no Diario de Ferrol
___________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon