sábado, marzo 10, 2007

As centrais Sindicais da Comarca, celebran o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, neste ano 2007, 35 aniversario

ACTOS CON MOTIVO DO 10 DE MARZO DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

Pasaron 35 anos desde aquel 10 de Marzo de 1972, onde caeron baixo as balas da policia da Dictadura Franquista, Amador Rei e Daniel Niebla, mentras se estaban mobilizando xunto a miles de traballadores da antigua BAZAN, hoxe NAVANTIA, por melloras laborais e sociais, na reivindicación dun convenio colectivo propio para o Asteleiro de Ferrol. O dereito á folga, o derito a manifestación e reunión, o dereito a reivindicar melloras laborais, o derito á liberdade de expresión, e a moitos outros dereitos fundamentais que hoxe os vemos como "normais", eran motivo de reivindicación e luita.

Haberá actos de CIG, CCOO, UGT e USTG, tamén un acto institucional do Concello de Ferrol.

Os actos conmemorativos do 10 de Marzo, organizados pola CIG comezarán en Ferrol ás 12:30 horas na Praza Dez de Marzal, onde terá lugar unha ofrenda floral perante a estatua dedicada á Solidariedade da Clase Obreira e a Amador Rei e Daniel Niebla. Nos actos participará o Secretario Xeral da CIG Suso Seixo.

De seguido, partirá deste mesmo sitio unha manifestación que percorrerá as rúas ferroláns até chegar ao Cantón, onde se celebrará un xantar popular. Neste mesmo lugar e xa pola tarde, proxectarase ás 16:30 horas o documentario “Metal en loita”, elaborado por FESGA, que versa sobre o conflito que se deu o ano pasado neste sector na provincia de Pontevedra.

A música e os concertos chegarán a partir das 18:00 horas, coas actuacións de A Quenlla (música tradicional), Os tres trebóns (mestizaxe) e Dandy Fever (ska, rocksteady).

"Os feitos na memoria, o compromiso con Ferrolterra", é o lema que elexiron CCOO e UGT, para celebrar este día, no que sairán unha vez máis xuntos en manifestación para conmemorar o Día dá Clase Obreira Galega.

Tamén CCOO, UGT e a USTG, xunto com os partidos políticos con representación na institución municipal, participarán na ofrenda floral que organiza o Concello de Ferrol ante o monumento do Dez de Marzo, no barrio de Recimil.

Os actos institucionais, programados polo Concello de Ferrol, comezarán ás ás 10:30 hrs cunha ofrenda floral ante o monumento "Dez de Marzal".

Ás 12:00 hrs, partirá desde o Inferniño a manifestación convocada por CCOO e UGT, que rematará na Praza do Concello. A manifestación contará coa presenza do Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CCOO en Galicia, Xan María Castro.

As 14:00 hrse, celebrarase nun Hotel de Narón a tradicional comida na que CCOO Galicia homenaxea a persoas que destaquen pola súa traxectoria e compromiso cos dereitos dos traballadores. Entre os distinguidos nesta ocasión atópase o político ferrolano Fernando Miramontes, ademais de Jesús Aneiros, Anxo Guerreiro, Pablo Vaquero e Alicerce Pérez.

A USTG fai un chamamento a todos os seus afiliad@s a participar no acto institucional organizado polo Concello de Ferrol diante do monumento dedicado a Amador Rei e Daniel Niebla.


Enlaces de interese:
__________________
CIG
__________________
CCOO
__________________
CNT
__________________
CUT
__________________
UGT
__________________
USTG
__________________

**********


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon