martes, maio 29, 2007

A mobilización cidadá consigueu impedir a entrada na Ría de Ferrol do buque gaseiro "Mourad Didouche", que pretende descargar GNL para REGANOSA



PA21 - Ferrol, 29.05.2007 16:00

Atendendo á chamada do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, sobre unhas 40 embarcacións obstruíron a entrada da Ría de Ferrol, impedindo deste xeito a entrada do buque gaseiro "Mourad Didouche". De novo o Goberno Civil puxose do lado dos intereses da empresa regasificadora REGANOSA, contra os intereses da cidadanía da Ría de Ferrol. Coa intervención dun helicótero, tres lanchas patrulleras e varias zodiacs da Guardia Civil, con cañons de auga e forzas da polícia en terra, pretendían impedir que a cidadanía exercera os seus direitos na defensa da Ría e da vida. Mais as embarcacións pilotadas principalmente por mariscadores da Ría, curtidos polo seu traballo na navegación rápida, impediron con destreza a maniobra do buque que non pudo enfiar a proa cara a Ría e nom tivo mais remedio que ir a fondear á Ría de Ares.

Parece ser que por "denuncia" da Guardia Civil, a Policia Nacional detiveu a Bernardo Bastida, Pratrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, que é a que agrupa aos Maricadores e Mariscadoras, cando desenbarcaba no peirao de Ferrol. As persoas que agardaban na concentración de apoio ás accións no mar, intentaron que non houbera detencións e a policia cargou con saña contra a cidadanía, deixando varias persoas feridas. Posteriormente unha manifestación de máis de 200 persoas, baixo a intensa chuvia, desplazouse desde o Porto de Ferrol até as inmediacións do Cuartel da Guardia Civil na Porta de Neira de Ferrol, onde foi trasladado Bastida, a estas alturas non sabemos se hai máis detencións [17:45 hrs do 29.05.2007].

Unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia entrou no Cuartel, para interesarse pola saúde e situación do Patrón Maior da Cofradía, ver se hai máis persoas detidas, enterarse de quen puxo a denuncia e cais son os cargos que se lle imputan ...

Nas inmediacións do Cuartel, baixo a chuvia, sigue unha concentración de apoio e solidariedade.

Confirmouse que só está detido o Patrón Maior da Cofradia, Bernardo Bastida.

A delegación do Comité de Emerxencia non puido falar co comandante do Cuartel, por negarse este a recibirlos. Os gardas manifestaron que até mañá non van poñer a disposición xudicial a Bastida, pensan deixá-lo nos calabozos do Cuartel detido, polo que o avogado do Comité de Emerxencia e unha delegación, vanse dirixir até o Xulgado de Guarda, para pedir o Habeas Corpus e solicitar a súa liberdade. O resto das persoas siguen concentradas diante do Cuartel.

Fontes do Comité Cidadán de Emerxencia, confirmaron que un remolcador militar da marina, participou no operativo represivo contra a cidadanía que estaba no mar defendendo a Ría e a seguridade das persoas que moramos na súa ribeira. Sendo este un feito moi grave que non pasaba desde marzo de 1972.

O Comité Cidadán de Emerxencia tiña convocada unha Rolda de Prensa nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol-Vello, mais a petición de xornalistas, camaras e fotógrafos presentes decideuse facer a Rolda de Prensa, mesmo diante do Cuartel da Guardia Civil, na Porta de Neira, onde sigue a concentración cidadá [18:45 hrs do 29.05.2007]


O Comité Cidadán de Emerxencia está realizando unha Asemblea para convocar unha nova concentración mañá, mércores, 30 de maio, ás 15:00 hrs no peirao de Ferrol e para informar de que a a Guardia Civil alega de que está coas dilixencias policiais e que non levará á presencia xudicial a Bernardo Bastida até mañá, obrigando-o a pasar a noite nos calabozos do Cuartel. [20:22 hrs do 29.05.2007]
______________________________


Nova convocatoria Urxente
do Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol

Mércores 30 de Maio

de novo tentará entrar na Ría
o buque gaseiro,"Mourad Didouche",
cargado de GNL para REGANOSA,
que rexeitamos hai unhas horas,
pois está agardando por unha nova pleamar,
para intentá-lo.


Polo que o Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol fai un chamamento a


CONCENTRACIÓN

no Porto de Ferrol, ás 15:00 horas ,

para rexeitar esta amenaza a nosas vidas
e a riqueza da nosa ría,
e reclamar o cese desta ilegalidade.

¡¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!!

Prégase difusión

_______________________________

Enlaces de interese:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Ferrol Cape

Noticiário de Noroeste: Planta de Gás Fora da Ria

1 comentarios so far

Moitas grazas desde o comité cidadán.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon