martes, maio 29, 2007

Segundo metanero, o Mourad Didouche, que pretende descargar en Reganosa: Concentración ás 13:00 hs no peirao de Ferrol [29.05.2007]


De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 29 de Maio de 2007 00:17

Asunto: Segundo metanero que pretende descargar en Reganosa



Convocatoria Urxente
do Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol


Martes 29 de Maio

tentará entrar na Ría
outro buque gaseiro
cargado de GNL para REGANOSA.


O Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol fai un chamamento a


CONCENTRACION

no Porto de Ferrol, ás 13.30 horas ,

para rexeitar esta amenaza a nosas vidas
e a riqueza da nosa ría,
e reclamar o cese desta ilegalidade.

¡¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!!

Prégase difusión


Este martes 29 de maio a partir das 13:00 horas debemos estar nos peiraos de Ferrol, con bocadillos aos que non lles de tempo a comer, a pleamar é ás 15:48.

Púidose saber que o Metanero Mourad Didouche, o segundo buque cargado de GNL que pretende entrar na Ría de Ferrol, realizará o seu primeiro intento de entrada este martes 29 de maio de 2007 coa pleamar diúrna ás 15:48. Ten 274,4 metros de eslora (longo), capacidade 130.000 a 140.000 m3/GNL e trae unha Carga duns 110.000 m3 de Gas Natural Licuado.

Achégase unha foto e datos do buque.

Se é posible embarcar nas lanchas ás 13:00 podran ir os que caiban nas mesmas, no caso de que non este pechado o trafico dentro da Ría.

Como alternativa unha parte dos alli presentes irase cara a determinados puntos da Canle de acceso á Ría. A maioria permaneceremos no peirao á espera de acontecementos.

As normas de Capitanía Marítima de Ferrol de 27 de abril de 2007 requiren que o Práctico suba a bordo do buque entre unha hora e a media hora antes de devandita pleamar para guiar a súa entrada. É dicir entre as 14:48 e as 15:18 o Practico ten que estar abordo co barco enfilando a entrada no espazo fóra do morro do porto Exterior.

As mesmas normas de Capitanía Marítima de Ferrol determinan que en caso de urxencia durante a descarga o metanero sexa desatracado do peirao e levado ao fondeadero de Santa Lucía, é dicir movelo uns cen ou douscentos metros para fondealo dentro da Ría mais cerca do núcleo de poboación principal de Mugardos e da cidade de Ferrol. Con iso dita normas recoñecen que en caso de urxencia o metanero non podería saír ao mar como require a norma EN-1532 e ameazaría a vida da poboación.

O Comite Cidadán de Emerxencia ten decidido continuar con actuacións en defensade a vida da ría e da legalidade e para iso é necesario que este buque non entre. Tense ten solicitado das autoridades competentes que prohiban a entrada de metaneros cargados de GNL en base a que Reganosa non ten todos os permisos en regra e tamén porque é imposible a saída ao mar en caso de urxencia segun require a norma EN.1532.

Cabe a posibilidade de que as augas interiores da Ría esten pechadas ao trafico de lanchas e barcos de calquera porte, excepto as patrulleiras da Garda Civil.

Por iso emítese un SOS a quen teñan lancha na Ría de ares ou outra, a fin de que vexan de acudir á entrada da Canle da Ría de Ferrol desde o mar aberto, para estar na bocana no lado de mar aberto desde as 14:30 ata ata as 16:15 hora na que xa non pode entrar o metanero Mourad Didouche cargado duns 111.000 m3 de GNL.

Comite Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Nota: A quen teñan lancha ou buque con radioemisora, prégase que a partir das 13 horas e ata as 14:00 transmitan varias veces o texto anterior desta mensaxe, por se algunha lancha nas Rías de Ares ou da Coruña anímase a estar na bocana da Ría entre as 14:30 ata as 16:15.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon