mércores, xuño 20, 2007

Cacerolada no porto de Ferrol, contra a entrada do terceiro Gaseiro na Ría de Ferrol para REGANOSA

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 20 de Junho de 2007 18:35

Asunto: Tercer buque Gasero para REGANOSA





Con motivo da chegada dun terceiro gaseiro cargado de Gas Natural Licuado, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar á cidadanía, para o xoves 21 de xuño, ás 21 horas, a unha concentración nos peiraos de Ferrol para unha cacerolada-tamborrada de protesta e alerta en relación co perigo que supón as instalacións de Reganosa.

Ás 20, 00 horas, do xoves 21 de xuño, nos locais da A.VV de Ferrol Vello terá lugar unha rolda de prensa na que se explicarán os motivos desta concentración e outras actuacións a realizar.

Achegase nota .

Carmelo Teixeiro

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es

A súa web: http://comitecidadan.org/
_________

O terceiro metanero que cargado de gas natural licuado pretende entrar na Ría de Ferrol, chámase “Cadiz Knutsen”, cunha eslora total de 284,4 metros, manga ou ancho de 42,5 metros e calado de 11,3 metros, ten capacidade para 138.000 m3. de GNL.

A esta hora coñécese que a entrada na Ría de Ferrol do devandito metanero podería producirse coa segunda pleamar diúrna do xoves 21 de xuño, que terá lugar ás 22:09 horas.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar á cidadanía a unha concentración para as 21 horas deste xoves 21 de xuño, nos peiraos de Ferrol, no extremo sur onde atracan as lanchas de pasaxe e no miradoiro existente fronte ás murallas do Arsenal Naval Militar, para protagonizar unha sonora cacerolada e tamboreada.

Ás 20, 00 horas, do xoves 21 de xuño, nos locais da A.VV de Ferrol Vello terá lugar unha rolda de prensa na que se explicarán os motivos desta concentración e outras actuacións a realizar.

DADOS TÉCNICOS.-

O Metanero Cádiz Knutsen.

Propiedade de Union FENOSA, o metenero Cádiz Knutsen comezou a navegar no mes de xuño de 2004, unha vez superadas as probas de mar e de gas. O buque está destinado ao transporte de gas natural licuado a baixas temperaturas, “-163ºC”, ten unha capacidade de 138.000m3, mide 284,40 metros de eslora e desenvolve unha velocidade máxima de 19,5 nós. É o segundo dos construídos no estaleiro Puerto Real e supuxo máis de 1.750.000 horas de traballo. O gasero pertence á flota que UNION FENOSA contratou para transportar gas natural licuado (GNL) desde a planta de licuefacción que constrúe no porto exipcio de Damietta.

O buque necesita ao redor de 15 días para efectuar unha viaxe Exipto - Ferrol - Exipto navegando á velocidade de deseño, ou preto de 10 días se a descarga prodúcese na terminal de Sagunto. A flota de UNION FENOSA conta con outro metanero de 140.500 metros cúbicos.

- Velocidade en servizo: 19,5 nós
- Tripulación: 40 persoas
- Potencia: 28.000 kW a 83 rpm xerados por unha turbina de vapor tipo Kawasaki-IZAR, fornecida pola Fábrica de Turbinas de IZAR situada en Ferrol.
______________________________

1 comentarios so far

Adiante a luita contra REGANOSA, por ilegal e perigosa. Estaremos no Porto de Ferrol, para dizer nom à planta de gás dentro da ria. nom podemos permitir que os corruptos ponham em perigo a toda umha poboaçom de Trasancos.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon