Onte partía do peirao de Ferrol, diante do edificio da Autoridade Portuaria, a Marcha a Teixeiro pola Defensa da Ría e a Liberdade de Bernardo Bastida, Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol. A iniciativa foi da Asemblea de Mariscadores e Mariscadoras, secundada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e apoiada pola Asemblea Cidadá celebrada nos locais da Asociación veciñal de Ferrol-Vello o pasado Xoves, 7 de xuño.
Sobre unhas duascentas persoas partiron de Ferrol, pasadas as tres e media da tarde, o maior grupo o compoñen mariscadores e mariscadoras, mais tamén se sumarón membros do Comité Cidadán de Emerxencia, VERDEGAIA, ADEGA, SGHN e outros colectivos da comarca.
A camiñata foi levadeira, mais chegou a dispersarse uns 500 metros, houbo reagrupamento en Cabanas e chegou a Pontedeume sobre as oito e media da tarde. A gente aproveitou para recuperar forzas e se dispersaron pola vila de Pontedeume. Sobre as dez e media da noite entraron no Pabillón Polideportivo "A Casqueira" que facilitou o Concello para utilizar as duchas, servizos e poder pasar a noite, até as 7 da mañá de hoxe sábado, 9 de xuño, que a marcha solidaria e reivindicativa parte até Coirós, con parada para xantar na vila de Betanzos, entre a unha e as dúas da tarde. Logo continurá a Marcha até chegar a Ois, no concello de Coirós, onde poderase descansar, cear e pasar a noite nun Pabillón Polideportivo.
A Marcha Solidaria e Reivindicativa, pretende seguir rompendo o silencio e a manipulación á que estivo sometida a oposición contra a instalación dunha Planta de Gas dentro da Ría.
Ninguén nos vai acalar, manifestou Jaime Gabarri, antes de saír de Ferrol, portavoz da Confradía de Pescadores.
Á Marcha, desde a saída de Ferrol, quedaballe sobre uns 80 Km até a prisión de Teixeiro, onde desde o 30 de maio permanece encarcerado en situación de prisión provisional sen fianza o Patrón Maior do pósito ferrolán.
Bernardo Bastida, permanece en prisión como refén de REGANOSA. Non hai que esquecer que REGANOSA, non só é o Grupo TOJEIRO [18%], que a estas alturas xa fixo grande parte do seu negocio, senon que tamén está ENDESA GENERACIÓN [21%], UNIÓN FENOSA GAS [21%], CAIXA GALICIA [10%], CAIXA NOVA [5%], BANCO PASTOR [5%], a coporación arxerina do gas SONATRACH [10%] e a propia XUNTA DE GALICIA [10%], porcentaxes dun capital social de 34,4 millóns de euros e un investimento que case chega aos 400, tamén en millóns de euros. O poder político e económico de REGANOSA, ten grandes tentáculos que lle permiten manter un refén no conflito que a cidadanía desta comarca libramos contra a empresa bomba que ameza a vida de miles de persoas que vivimos á beira da Ría e que paulatinamente vai destruindo, ainda máis do que está, o ecosistema mariño vertendo á Ría 300 millóns de litros/día de auga contaminada e enfriada.
E seguimos afirmando, que Bastida e refén de REGANOSA, senon non se pode entender que a xuíz e o fiscal, manteñan en prisión a un dirixente do movimento cidadán opositor á planta de Gás, Patrón Maior da Cofradía de Pescadores, do Comité Cidadán de Emerxencia, movimento cidadán que sempre promoveu accións de desobediencia civil máis non violentas, e que pediron a súa liberación por clamor popular mais de 5.000 persoas o pasado domingo 3 de xuño; alcaldes da comarca; o pleno do Concello de Mugardos; dirixentes políticos; parlamentarios; todas as organizacións ecoloxistas do País; Plataformas cidadáns; a Federación Galega de Cofradías de Pescadores e varias cofradías; case cen organizacións e asociacións veciñais, sociais e culturais; partidos políticos e todas as centrais sindicais da Comarca. O que realmente causa alarma social, é manter ao patrón Maior no cárcere, por iso hai que seguir berrando: Bastida Liberdade !! REGANOSA mentireira, ilegal e perigosa !! A Ría é nosa e non de REGANOSA !! Planta de Gas, Fóra da Ría !!
_____________________
O domingo, 10 de Xuño, tod@s en Teixeiro, ás 14:30 hrs.
Desde Ferrol, sairán, ás 12:30 hrs, Autobuses desde a parada da Praza de Galiza, diante do edificio de Correos. Quen queira ir en Autobus chamar a un destes telefonos: 690612737 ( Alexandre), 649024612 (Mel), 981-933223 (A.V. Fontelonga, Miguel).
______________________
Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
______________________
Como recollen, a noticia, os medios nas súas edicións dixitais:
Diario de Ferrol
Unha imaxe parcial da marcha a pé ao seu paso onte polo Cantón de Molíns
Autor: Luís Polo
_______
Atención !! Atención !! ...
Anónim@s colaboradores seguen discurrindo, para contribuir a rachar os muros de silencio, isto é o que nos acaban de achegar.
Se queres colaborar en seguir destruíndo os MUROS de SILENCIO, entra nesta WEB , pilla o código do barner [A Ría é nosa e non de REGANOSA] e coloca-o despois da etiqueta BODY da tua web ou blog.
Este é o barner:
Para pilla-lo entra nesta web que está o código completo para que che saía na esquina dereita do teu Blog ou Web.
Tamén nesa web podes atopar unha videoteca de moito interese.
Saúde e Liberdade !
_________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Planta de Gas: fóra da Ría
Reganosa
Realizada a primeira etapa até Pontedeume, comezou a sengunda até Coirós
sábado, xuño 09, 2007
Realizada a primeira etapa até Pontedeume, comezou a sengunda até Coirós
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, xuño 09, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios
moito ánimo
Falata parte do curriculum de BBastida,
que ademáis foi condenado 2 anos por un delito de agresión sexual a unha empregada do pósito ferrolano.
Os que hoxe pedides a libertade para ese delincuente, o mellor tamén colaboráchedes para votala do seu traballo.
Anónim@, sei do curriculum de B Bastida, e sim, ele tem muito que pagar, mais,por o que está preso ele, é por se opor a entrada dos gaseiro na ría, e isso nom é justo.
Fraga e Tojeiro som os que tinham que estar em Teixeiro, e os demais dirigentes políticos nos que as cidadans confiamos, nos que delegamos a misom de estar alerta e mobiliçar a povoaçom ante qualquer perigo ou estafa....esses som vendidos e incompetentes.
Bastida nom é inocente de outros delictos, mais nom é bom mesturar os alhos com os bugalhos.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon