luns, xullo 09, 2007

De novo entrada ilegal e perigosa dun metaneiro na Ría de Ferrol, hoxe, luns, 9 de xuño, ás 12:15 hrs

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 8 de Julho de 2007 16:20

Asunto: De novo entrada ilegal e perigosa dun metaneiro na Ría de Ferrol, hoxe, luns, 9 de xuño, ás 12:15 hrs


O metanero Port Harcourt, o cuarto con destino a Reganosa, cunha carga de 55.000 toneladas en peso de GNL, equivalentes en volume a 110.000 m3, cunha eslora de 275 metros e antigüidade de 31 anos e bandeira de Bermudas, vén navegando en ruta polo mar para entrar na angosta ría de Ferrol, coa pleamar diúrna deste luns día 9 de xullo ás 12:15 horas, o cal de producirse repetirá a temeridade dunha operación que agudiza a ameaza á vida da poboación, pois este tipo de barcos cargados de gas natural licuado non ten garantida a saída ao mar en caso de urxencia durante a descarga, tal e como requiren as norma EN-1532 que é aplicables e obrigatoria a Reganosa.

O metaneiro "LNG Port Harcourt", para ampliar clicar acima da imaxe

Por iso o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, de acordo coas propostas que se realizaron na anterior Asemblea Cidadá, en reunión deste sábado acordou continuar a tregua de non realizar actuacións de bloqueo aos gaseros na canle de entrada da Ría. Así mesmo para este luns non se convoca mobilización externa algunha, segundo explicarase na Asemblea Cidadá convocada para o vindeiro martes ás 20 horas nos locais da A.VV. de Ferrol Vello, na que se proporá un conxunto de actuacións para os meses de xullo e agosto, a fin de finalizar nunha manifestación no mes de setiembre.

Tamén no CCE acordouse convocar unha Rolda de prensa para na mañá deste luns 9 de xullo de 2007, nos locais da A.VV de Ferrol Vello, na que se expresará a nosa posición, ademais das actuacións legais que se están promovendo estes días e as que se van a iniciar a partir da Asemblea Cidadá do próximo martes 10 de xullo, a fin de que os gaseros non entren na Ría de Ferrol, que non sexa autorizada a entrada en funcionamento de Reganosa e que sexa desmantelado o seu potencial de destrución masiva, que desde o pasado 9 de maio vén ameazando a vida humana na Ría de Ferrol e a súa riqueza marisqueira, cun acta de 4 de maio de posta en servizo para probas durante tres meses, contra a que no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid presentáronse medidas cautelares de paralización.
________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon