De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data:21 de Agosto de 2007 22:36
Asunto: MARCHA VISITA A ZAPATERO A FONSGRADA
A VECIÑANZA DE MUGARDOS Á FONSAGRADA , PARA VISITAR AO PRESIDENTE ZAPATERO
O vindeiro sábado 25 terá lugar unha comida mitin do PSOE na Fonsagrada (LUGO).
Os veciños encerrados no concello de Mugardos en contra da localización da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol, desprazaranse en autobús e convidan a todas as persoas que o desexen a sumarse á protesta.
Como Chegar
- Dende Lugo simplemente hai que seguir a 530 ata A Fonsagrada.
¡¡¡¡ SE MAHOMA NON VAI Á MONTAÑA, TERÁ QUE IR A MONTAÑA A MAHOMA.!!!!
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA
REGANOSA ILEGAL E PERIGOSA
AXUDANOS COA TÚA PRESENCIA NA FONSAGRADA
Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Mehá"
__________________
1 comentarios so far
O PSOE estima que 1.500
simpatizantes socialistas
acudirán á comida mitin de Zapatero na Fonsagrada
LUGO, 23 Ago. (EUROPA PRESS)
O secretario de organización do PSdeG, Ricardo Varela, calculou hoxe que en torno a 1.500 simpatizantes acudirán á comida mitin na Fonsagrada (Lugo) na que participará o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero.
O xefe do Executivo, que xa se atopa na localidade asturiana de Oscos esgotando as súas vacacións, asistirá a este acto que se celebrará no polideportivo do colexio e que se iniciará ás 13.30 horas do sábado. No entanto, Varela matizou que "o número de asistentes está condicionado polo limitado do recinto".
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon