venres, agosto 10, 2007

Resultado da XV Asemblea Cidadá, celebrada o 9 de Agosto en Ferrol Vello

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de Agosto de 2007 09:14
Asunto: XV Asamlea Cidadá



Achegamos o informe de situación e plan de actuación que foi aprobado na XV Asemblea Cidadá realizada onte, 9 de agosto, a partir das 8 da tarde nos locais da Asociación de Veciñal de Ferrol Vello.

Carmelo Teixeiro
Croordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Tarefas ou actividades pendentes a 9 agosto de 2007

Desde a Asemblea de finais de xuño

Elaborouse un plan de actividades coas propostas recibidas e convocouse unha primeira Mesa de Traballo a principios de xullo, na que se acordou unha Delegación para ir á manifestación de Quilmas en Carnota. Así mesmo puxéronse ao longo do mes e ata o 30 de xullo dunhas seis mesas para recollida de firmas. Tamén concretouse a data da gran mobilización para o 30 de setembro e un boletín o número 13 cun resumo para divulgar a ameaza de Reganosa.

A raíz do peche de veciños de Mugardos iniciado o 23 de xullo fixéronse comunicados de prensa de apoio e promovéronse visitas de solidariedade. Convocouse a Asemblea Cidadá en Mugardos o venres 27 de xullo, na que se acordou un pasaruas con cacerolada, realizado o domingo 29 de xullo.

O día 27 de xullo a Francisco Barroso Palomino, Director do Area de Industria e Enerxía entregóuselle un dossier con documentación dos condicionados que debe ter en conta e que a Reganosa élle imposible de resolver. Devandita Area de Industria e Enerxia é un organismo provincial periferico, con sede na Coruña, que ten a competencia para aprobar ou non o acta de explotación comercial a Reganosa, que esta ten obligación de solicitar segundo prescribe a autorización de construción de 13/2/2004. Nesa oficina do Area de Industria e Enerxía o 27 de xullo informáronnos que Reganosa aínda non solicitara o acta de explotación comercial ou de funcionamento definitivo. Este mes de agosto a devandita oficina ten persoal de vacacións e dá a impresión que a súa lentitude fará que ese trámite se atráse para o mes de setembro, mais estaremos atentos

O martes 31 de xullo tivo lugar unha segunda Mesa de Traballo que se realizou en Mugardos, e concretáronse mesas para recoller firmas ata o cinco de agosto na Feira Medieval. Van recollidas unhas 2.000 firmas, e no resto de agosto hai que aumentar o numero de mesas en grandes actos.

Por iso nestes momentos todas as nosas actuacións e mobilizacións teñen como obxectivo solicitar que non sexa aprobada o acta de funcionamento comercial ou definitivo para Reganosa.

En canto a esta XV Asemblea Cidadá e nestes momentos.

Esta Asemblea Ciudadá reafirmou que o noso obxectivo segue sendo a derrota de Reganosa e os poderes que lle apoian, solicitando ás autoridades competentes que non autoricen a entrada en funcionamento comercial de Reganosa, en base a que non pode resolver os condicionados de distancias suficientes ata a poboación e de saída de emerxencia dos buques gaseros. Todo iso a fin de que a Planta de Gas de Galicia se situe no Porto Exterior que desde o ano 1994 está recoñecido con suficiente illamento e con declaración de impacto ambiental favorable para a unha Planta de Gas.

Sabemos que os promotores de Reganosa non soen quedarse cos brazos cruzados e que a súa resposta pode ser a través dos seus diversos mecanismos de prepotencia que lle vimos ostentar nos últimos sete anos. Hai aínda denuncias de Reganosa e por ateigados que foron presentados contra mariscadores a raíz do bloqueo dos dous primeiros gaseros no mes de maio.

Do colectivo globalmente afectado na Ría de Ferrol, os veciños de Meha e os Mariscadores son os mais directamente afectados. Desde o mes de maio a raiz das actuacións cos gaseros que entraron cargados de GNL, en o CCE somos conscientes diso, e por iso estámoslles prestando todo o noso posible apoio nas súas demandas ou reclamacións en relación cos danos e prexuízos que Reganosa causoulles ata a data ou que poida provocarlles no futuro o caso de que lle fose aprobada a entrada en funcionamento definitiva. No caso de que a Reganosa non lle sexa aprobada a entrada en funcionamento definitiva, tal e como estamos solicitando, todo simplificaríase e a Ría de Ferrol tería via libre para o seu desenvolvemento sostible.

En resumo esta XV Asemblea Cidadá concretou o plan de actuacións ata o 30 de setiembre, tendo como elemento novo e positivo o peche dos veciños de Meha na casa do Concello de Mugardos, sobre o que a Presidenta da Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meha deu información aos asistentes.

Tarefas ou actividades pendentes a 9 agosto de 2007

1.- Firmas para que non sexa autorizada a entrada en funcionamento de Reganosa. Recollidas unhas dúas mil, hai que aumentar en Ferrol o numero de mesas por semana e en grandes actos das festas. Os escritos con firmas enviaranse a:

1.1 Ministro de Industria e ao Director do Area de Industria e Energia da Coruña, solicitándolles non autoricen o acta de funcionamento comercial ou definitivo de Reganosa.
1.2 Os grupos parlamentarios galegos a fin de que o Parlamento Galego para que a Xunta de Galicia retírese dos seus recursos de casación ao Tribunal Supremo, contra as dúas sentenzas do TSXG que anularon a falsa tramitación ambiental a Reganosa aprobada no 2001 pola Consellería de Mediambiente e pronúnciese por unha planta de gas no Porto Exterior ou en mar aberto.

2.- Entrevistas e/ou escritos:

* Francisco Barroso Palomino, Director do Area de Industria e Energia da Coruña. Solicitude entrevista, 12/7/2007 por correo e por fax.), Realizada conxuntamente coa A.VV Meha.
* Protección Civil de Galicia. Solicitude enviada 12/7/2007 por correo e fax, dáse realizada por AVV de Meha o 26 de xullo a raiz do peche de veciños na casa do Concello de Mugardos.
* Escrito a Protección Civil. de Madrid, enviada 13/7/2007. Sen resposta.
* Presidente da Xunta Emilio Perez Touriño, Entrevista, solicitada o 19 de xullo por CCE. Sen resposta. Solicitada tamén pola AVV de Meha o 31 de xullo.
* Vicepresidente Xunta: Anxo Quintana, Entrevista, soilicitada por CCE 19 de xullo. Sen resposta.
* Conselleiro de Medio Ambiente: Manuel Vázquez. Entrevista pendente de solicitar.
* Conselleira de Política Territorial: Maria José Caride. Entrevista pendente de solicitar.
* Alcalde de Ferrol. Vicente Irisarri.. solicitada por CCE o 10 de xullo, reclamouse estes días.
* Presidente da Autoridade Portuaria. Amable Dopico Freire. Pendente de solicitar.
* Ministro de Industria en Ferrol o 11 de xullo. Entregado dossier, pendente de resposta. Solicitada entrevista ao mesmo e a DGPEyM por veciños pechados no concello de Mugardos.
* Delegado Provincial Conselleria de Industria: Luís Barcia Picos. Solicitado informe de Seguridade, pendente resposta e entrega do mesmo. Pendente solicitar entrevista.
* Entrevista con Anxela Bugallo, para posta in situ do xacemento romano de Caldoval. Pte solicitar.
* Entrevista cos alcaldes de Fene, Naron e Neda, pendente de solicitar.
* Escrito a Reganosa para que cancele o seu proxecto e trasládeo ao Porto Exterior, advertíndolle que desde o CCE apoiaremos a outros promotores que soliciten unha Planta de Gas no litoral exterior.

3.- Mobilizacións:

* Peche no Concello de Mugardos desde o 23 de xullo, de veciños de Meha máis próximos a Reganosa.
* 10 agosto ás 13, lanchas de mariscadores saen de Ferrol a visitar os veciños encerrados en Mugardos.
* Marcha a pé desde Ferrol a Mugardos, saída desde Ferrolvello, estudando a posibilidade dun percorrido para marcar puntos que estean a 2.000 metros de onde descargan os gaseros.
* Caravana de coches con bandeiras desde Ferrol a Mugardos.
* Turnos de varias persoas que de noite ou de día participen no peche de Mugardos.
* En caso de chegada dun gasero con gas natural licuado, como mínimo unha concentración con cacerolada-tamborrada en Ferrolvello ou no Peirao de Mugardos, sen descartar outras actuacións con lanchas para manifestacións por mar, ou para obstaculizar a entrada dos gaseros, de forma real ou simbólica.
* Pequena comisión para organizar en Ferrol outras mobilizacións durante agosto e setiembre.
* Proxección da reportaxe de Liña 900 e do documental de Namche Films. O 17 de agosto pola A.VV. de Caranza na praza do Centro Civico. Pola A.VV. Fontelonga en Esteiro en data a determinar.
* Reunión de intelectuais galegos en Ferrol.
* Falar con artistas de festas de Ferrol para que divulguen ameaza de Reganosa e que visiten Mugardos.
* Visita ao Parlamento Galego con mobilización diante do mesmo. Pendente de organizar.
* Todas as actuacións farán proxección e referencia á gran mobilización do 30 setiembre.
* Viaxe a Bruxelas para presentar en man información adicional e/ou nova denuncia no caso de que fose autorizada a entrada en funcionamento definitivo de Reganosa,

4.- Materiais e distintivos:

* Segunda edición de 400 camisetas iguais ás anteriores ou cunha foto diante na que se vexa un gasero fronte a unhas lanchas de mariscadores e co slogan ¡Planta de Gas Fora dá Ría!. Pendente financiamento.
* Bandeiras para colocar en fiestras e coches, co slogan ¡Planta de Gas Fora dá Ría!. En distribución.
* Cartel e pancarta para a manifestación do 30 de setiembre.

5.- Financiamento

* Donativos en conta bancaria, co resto logo de gastos pendentes de peritaje e procuradores.
* Venda de camisetas e bandeiras. Pendente cobrar gran parte das bandeiras distribuídas.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon